View
220
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
1/23
Módulo 1:Conceptos
Actuacións do voluntariado cocolectivo de persoas afectadas conalzhéimer, enfermidades mentais
crónicas e outro tipo de demencias
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
2/23
© 2015. Xunta de Galicia. Curso en liña“Actuacións do voluntariado co colectivo depersoas afectadas con alzhéimer,
enfermidades mentais crónicas e outro tipo de demencias”
Este curso foi organizado no ano 2015 pola Subdirección Xeral deVoluntariado e Participación e elaborado e titorizado por TaniaVázquez Corbacho , da entidade de acción voluntaria ASOCIACIÓNXARUMA, para a impartición deste curso a través da plataforma deteleformación de voluntariadogalego.org, formación a cuxo fomentose refiren os artigos 25 e 26 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, deacción voluntaria.
Esta obra distribúese cunha licenza Atribución-CompartirIgual 4.0España de Creative Commons . Para ver unha copia da licenzaprema no icono anterior.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
3/23
Antes de comezar coa clarificación de conceptos clave desta
formación, cómpre afondar brevemente no concepto de saúde e
enfermidade.
Nos primeiros momentos da historia da humanidade entendíase a
enfermidade como castigo divino. As civilizacións exipcia e mesopotámica
foron as que cambiaron o seu sentido relixioso, achegándoo máis ao de
hixiene persoal e pública. O gran cambio conceptual aconteceu no século XX
por parte da OMS, definíndoo como algo máis que ausencia de enfermidade.O concepto de Saúde, segundo a Organización Mundial da Saúde, en
adiante OMS, ten unha definición concreta: é o estado completo de benestar
físico e social que ten unha persoa. Esta definición é o resultado dunha
evolución conceptual, xa que xurdiu en substitución dunha noción que se tivo
durante moito tempo, que presumía que a saúde era, simplemente, a
ausencia de enfermidadesbiolóxicas.
A partir da década dos 50, a
OMS revisou esta definición e
finalmente modificouna por unha
nova, na que a noción de benestar
humano adquire más importanciaque o meramente físico.
A Organización Panamericana da Saúde aportou logo un dato a
maiores: a saúde tamén ten que ver co medio ambiente que rodea á persoa.
Resultado disto, o Doutor Floreal Ferrara concluíu a definición de saúde
establecendo 3 áreas:
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
4/23
Saúde física. Corresponde á capacidade dunha persoa de manter o
intercambio e resolver as propostas que se expoñen. Isto se explica
pola historia de adaptación ao medio que ten o ser humano, polo que
os seus estados de saúde o enfermidade non poden estar ao marxe
desta interacción.
Saúde Mental. Rendemento óptimo dentro das capacidades que un
posúe, relacionadas co ámbito que as rodea. A saúde radica no
equilibrio da persoa coa súa contorna, o que implica a posibilidade de
resolución dos conflitos que aparecen.
Saúde Social. Representa a combinación das dúas anteriores. Na
medida na que o ser humano poida convivir cun equilibrio
psicodinámico, con satisfacción das súas necesidades e tamén coas
súas aspiracións, goza de saúde social.
A OMS, logo de caracterizar o concepto de saúde, tamén estableceu unha
serie de compoñentes que a integran:
Adaptación ao medio, tanto biolóxico como sociocultural.
Estado fisiolóxico de equilibrio.
Equilibrio entre a forma e a función do organismo, orientándoo á
alimentación.
Perspectiva biolóxica e social, atendendo ás relaciones familiares e
sociais e aos hábitos.
A relación entre estes compoñentes determina o estado de saúde, e o
incumprimento dalgún deles xera o estado de enfermidade, vinculado cunha
relación triádica entre o suxeito (hóspede), o síndrome (axente) e os factores
que interveñen (ambiente).
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
5/23
Outro dos aspectos no que se centra a OMS para definir o concepto de
Saúde é a organización da saúde pública . Con isto fai referencia a todas as
medidas que poidan tomarse dende os organismos xestionados polo Estado
para a prevención de doenzas e discapacidades, para a prolongación da vida
e para a educación dos individuos no que respecta á hixiene persoal e
prevención de riscos. Afirma a OMS que “ a saúde é parte da responsabilidade
dos gobernos”. Neste sentido inclúese a mellora dos hospitais públicos e a
protección do medio ambiente.
A saúde é un dereito que se encontra recollido no artigo 43 da
Constitución Española1, e por elo, o estado debe garantirnos unha atención
sanitaria adecuada e ao alcance de todas e todos. Pero ademais, tamén é
unha obriga da sociedade o seu coidado e promoción, xa sexa a través da
contribución á conservación do medio ambiente como prestando os
primeiros auxilios básicos a quen os precise.
No ámbito laboral, a OMS tamén se pronuncia ao facer referencia á
saúde ocupacional. Entendemos por saúde ocupacional a actividade que
promove a saúde das persoas nos seus ámbitos laborais. Ten que ver coas
condicións físicas da persoa traballadora, pero tamén co aspecto psicolóxico.
Á hora de ingresar nun traballo, as persoas vense sometidas a un exame de
saúde, pero os accidentes laborais, os movementos repetitivos asociados a
determinadas tarefas, a exposición a condicións prexudiciais e a tensión e a
presión por parte de superiores poden deteriorar as súas condicións. Para
evitalo, é necesario que quen contrata ás persoas traballadoras o fagan
1 Art. 43 da Constitución Española de 1978:1. Recoñécese o dereito á protección da Saúde2. Compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas
preventivas e das prestacións e servizos necesarios. A lei establecerá os dereitos e deberes de
todos/as ao respecto.3. Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte.
Asemade, facilitarán a adecuada utilización do ocio.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
6/23
asegurándolles as condicións de traballo adecuadas, enmarcadas en normas
de seguridade, e tamén é necesario que o Estado, mediante os seus
organismos de control, se asegure do cumprimento das leis neste sentido.
Polo tanto, atendendo as anteriores especificacións, podemos concretar
que:
A saúde é o completo benestar físico, psíquico e social e non só a ausencia de
enfermidade, resultado de condicións biolóxicas, materiais, psicolóxicas,
sociais, ambientais, culturais e da organización e funcionamento do sistemade saúde.
A saúde é un feito social tanto material como inmaterial. Polo tanto, se
trata dun fenómeno multidimensional e multicausal que transcende e
desborda a competencia estritamente médica, relacionándose ademais coa
bioloxía e a psicoloxía, coa economía e a política, en tanto que é un asunto
individual e colectivo ao unísono.
O concepto de Saúde da OMS
ten que ser constantemente
analizado e avaliado, tomando en
conta o seu propósito normativo e
carácter institucional, pois é o
punto de partida de múltiples
programas, proxectos e políticas de saúde a nivel global e mundial.
Aínda cando a OMS fala soamente de saúde, resulta indubidable que se
trata de moito máis, pois o termo de saúde está indefectiblemente asociado á
enfermidade, conformando ambas un binomio inseparable ao cal se lle
denomina como proceso saúde-enfermidade. Trátase dun proceso porque éimpertinente falar de saúde e enfermidade en forma absoluta, pois ambas
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
7/23
son nocións que se localizan dentro dunha escala gradual, aparecendo o
cualificativo de enfermo para un individuo ou grupo con fins prácticos ante
unha determinada situación ou relación social.
O voluntariado, como veremos máis adiante, traballa no benestar das
persoas, en prol da súa saúde tanto física como mental, por iso cómpre
coñecer en profundidade as patoloxías coas que trata e todo o que abarca a
saúde para así poder intervir axeitadamente.
a. Trastornos mentais crónicos
A Saúde Mental relaciónase co raciocinio, as emocións e o
comportamento fronte a diferentes situacións da vida cotiá. Tamén axuda a
determinar como manexar o tensión, convivir con outras persoas e tomar
decisións importantes. Ao igual que outras formas de saúde, a saúde mental
é importante en todas as etapas da vida, dende a nenez á adolescencia ata a
idade adulta e a vellez.
O tema da Saúde Mental non concirne tan só ao xurdimento de
desordes mentais evidentes, se non que tamén lle corresponde ao terreo da
prevención dos mesmos coa promoción dun ambiente sociocultural
determinado por aspectos como a autoestima, as relacións interpersoais e
outros elementos que deben incorporarse dende a educación máis primaria.
Esta prevención non ten que vir tan só por parte do sistema sanitario ou os
expertos en medicina, se non que tamén debe partir da formación no núcleo
familiar e na escola, e cunha gran responsabilidade asumida polos medios de
comunicación.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
8/23
A promoción da Saúde Mental parte do principio de quetodas as
persoas teñen necesidades de saúde mental e non só aquelas diagnosticadas
cun trastorno mental. A promoción da Saúde Mental concirne esencialmente
á realidade social na que todos se sintan
comprometidos co benestar mental.
A psicoloxía positiva interésase tamén
pola saúde mental e incluso está máis preto dela
que os tratamentos psiquiátricos. A promociónda Saúde Mental é un termo que cubre unha
variedade de estratexias, que poderiamos dividir
do seguinte xeito:
Nivel individual: motivar os recursos propios da persoa por medio de
estímulos en autoestima, resolución dos propios conflitos e
asertividade.Nivel comunitario: crecente e cohesionada inclusión social,
desenvolvendo as estruturas de axuda que promoven a saúde mental
nas contornas máis próximas.
Nivel oficial: estado de cada país comprometido en plans que reduzan
as barreiras socioeconómicas promovendo oportunidades en
igualdade de acceso aos servizos de saúde pública.
Xa vimos anteriormente que a saúde era o estado de completo benestar
físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade, pero, que é a
Saúde Mental?
Podemos entender por Saúde Mental ao estado de equilibrio entre unha
persoa e a súa contorna sociocultural, que garante a súa participación laboral,
intelectual e de relacións sociais para alcanzar benestar e calidade de vida. É
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
9/23
un termo que foi definido de múltiples formas por autores de diferentes
culturas.
De maneira xeral, podemos afirmar que todos conclúen en incorporar
dentro da súa definición o benestar subxectivo, a autonomía e o potencial
emocional; con todo, a OMS establece que non existe unha definición oficial
sobre o que é saúde mental, pois calquera definición estará sempre
influenciada polas diferenzas culturais, suposicións, a forma na que as
persoas se relacionan coa súa contorna... Pero se hai algo no que existe unacordo xeneralizado é en que Saúde Mental e Enfermidade Mental son dous
conceptos que deberiamos ter diferenciados.
A ausencia dun trastorno mental recoñecido non indica necesariamente
que se goce de Saúde Mental, e, ao revés, sufrir un determinado trastorno
mental non constitúe un impedimento para gozar dunha saúde mental
razoablemente boa.
O concepto de Saúde Mental
tórnase subxectivo e culturalmente
determinado, posto que a
observación do comportamento
dunha persoa na súa vida diaria é o
principal modo de coñecer o seu
estado de saúde mental en aspectos
como o manexo dos seus conflitos, temores e capacidades, as súas
competencias e responsabilidades, a manutención das súas propias
necesidades, a forma na que afronta as súas propias tensións e relacións
interpersoais e a forma na que dirixe unha vida independente, entre outros.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
10/23
Tamén é necesario clarificar o termo “condicións de saúde mental”, que
fan referencia ao estudo das enfermidades mentais e ao posible tratamento.
Para isto último, dende psiquiatría baséanse no Manual diagnóstico e
estatístico dos trastornos mentais (DSM) ou na Clasificación Internacional de
Enfermidades (CIE). É por isto que a maioría dos servizos prestados en Saúde
Mental atópanse asociados á psiquiatría, cando pódense abrir moitas canles
de traballo dende outros sectores profesionais.
Xa vimos como o concepto de saúde mental é unha construción social ecultural, aínda que poden definirse ou determinarse algúns elementos
comúns. Por esta razón, diferentes profesións, comunidades, sociedades e
culturas teñen modos diferentes de conceptualizar a súa natureza e as súas
causas, determinando que é saúde mental e decidindo cales son as
intervencións que consideran apropiadas segundo a súa ideoloxía. .
Como xa comentabamos antes, todas as patoloxías no eido da SaúdeMental están recollidas no DSM e no CIE, e dun modo xeral, agrupámolas do
seguinte xeito:
o Trastornos de ansiedadeo Trastorno bipolaro Trastornos da personalidadeo Trastornos do estado de ánimoo Trastornos alimentarioso Trastornos psicóticos
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
11/23
Trastornos de ansiedade
A ansiedade é unha reacción normal á tensión. Trastornos asociados áansiedade:
Trastorno Obsesivo
Compulsivo (TOC)
Caracterizado por pensamentos repetidos e
angustiantes denominados obsesións. É posible
repetir unha mesma cousa moitas veces para
intentar que eses pensamentos desaparezan. A esasaccións repetidas coñécense co nome de
compulsións.
Algúns exemplos de obsesións son o medo aos
xermes ou ao dano. Entre as compulsións inclúense
lavarse as mans, contar, revisar unha e outra vez as
cousas ao limpar, comprobar moitas veces que seapagou o forno... Cando un TOC non se trata, pode
dominar a vida dunha persoa.
Trastorno de pánico
Consiste en sensacións repentinas de terror sen un
motivo aparente. Tamén poden presentarse
síntomas físicos tales como a taquicardia, o dolor no
peito, dificultade para respirar ou mareos. Poden
acontecer en calquera momento e lugar sen previo
aviso. Debido a iso, en moitos casos o medo domina
a vida das persoas e vense incapaces de abandonar
as súas casas.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
12/23
Trastorno de
ansiedade
xeneralizada
Caracterízase por un patrón de ansiedade frecuente
e persistente respecto dunha variedade deactividades, situación na que o individuo
experimenta unha ansiedade constante e a longo
prazo sen coñecer a causa. Senten medo de algo,
pero son incapaces de explicar de que se trata.
Debido á súa ansiedade, non poden desempeñarse
de forma natural, non logran concentrarse, non
poden apartar os seus temores e as súas vidas
comezan a xirar en torno á ansiedade. Isto tamén
pode derivar en problemas fisiolóxicos como dores
da cabeza, mareos, palpitacións cardíacas ou
insomnio.
Trastorno de tensión
postraumática
Ten lugar despois de vivir situacións traumáticas
como a guerra, violacións, abusos físicos, accidentes
graves... Crea unha sensación de sentimento de
tensión e de medo unha vez rematado o perigo.
Pode darse as seguintes consecuencias:
Flashbacks ou sentimento de que o
acontecemento está sucedendo novamente.
Dificultade para dormir ou pesadelos.
Sentimento de soidade.
Explosións de ira.
Sentimentos de preocupación, culpa ou tristeza.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
13/23
Os síntomas poden comezar inmediatamente
despois da situación traumática e permanecer; eoutras persoas desenvolven síntomas novos e máis
serios meses e ata anos máis tarde.
Fobias
Temor forte e irracional sobre algo que representa
pouco ou ningún perigo real. Algúns exemplo poden
ser a acrofobia, temor ás alturas; agorafobia, temor
aos lugares públicos, ou claustrofobia, medo aos
espazos pechados.
Trastorno bipolar
Consistente en cambios de ánimo pouco comúns. Poden pasar de ser
moi activos e felices a sentirse moi tristes e desesperanzados, repetíndose o
ciclo. Con frecuencia teñen estados de ánimo correntes entre un e outrociclo.
As sensacións de euforia e actividade son manías, e as de tristeza e
desesperanza, depresión. Acostuma comezar nos últimos anos de
adolescencia ou ao inicio da idade adulta, aínda que tamén pode darse na
nenez. É unha enfermidade que dura toda a vida.
Trastornos da personalidade
Patróns do pensamento e comportamento que provocan problemas
serios coas relacións e o traballo. Os síntomas poden varias amplamente
dependendo do tipo específico do trastorno da personalidade. O tratamento
acostuma incluír psicoterapia, e en ocasións, medicación.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
14/23
Estraña/excéntrica
Trastorno da personalidade paranoica: as persoas con
este trastorno acostuman ser frías, distantes e
incapaces de xerar vínculos interpersoais estreitos.
Trastorno da personalidade esquizoide : as persoas con
este trastorno soen ser frías, distantes, introvertidas e
ter un gran temor á intimidade e aos vínculos estreitos.
Permanecen absortas nos seus propios pensamentos e
fantasías que se autoexclúen dos vínculos coa realidadee outras persoas.
Trastorno da personalidade esquizotípica : similar ao
anterior. As persoas soen ser frías, distantes,
introvertidas e ter un gran temor á intimidade e aos
vínculos estreitos; tamén presentan trastornos do
pensamento, da percepción e habilidade ineficaces decomunicación.
Dramática/errática
Trastorno da personalidade límite: presentan
inestabilidade na percepción de si mesmas e teñen
dificultade para manter relacións estables. A miúdo
cren que os coidados que percibiron ó longo da súa
infancia foron insuficientes e, como consecuencia,buscan incesantemente máis atención dos demais na
etapa adulta. Isto pódeno lograr manipulando aos
demais, o cal a miúdo os deixa sentíndose baleiros,
enfadados e abandonados, sensación que pode levalos
a un comportamento desesperado e impulsivo.
Trastorno da personalidade antisocial: non teñen en
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
15/23
conta os sentimentos, propiedade, autoridade e
respecto aos demais, en busca do propio beneficio.
Trastorno da personalidade narcisista: presentan
sentimentos excesivamente esaxerados de
autovaloración, grandiosidade e superioridade na
relación cos demais. Son demasiado sensibles ás
críticas, xuízos de valor e fracasos.
Trastorno da personalidade histriónica: están
demasiado preocupadas polo seu aspecto,
constantemente buscan atención e se comportan
dramaticamente en situacións que non xustifican este
tipo de reacción. As expresións emocionais soen ser
consideradas superficiais e esaxeradas.
Ansiosa/inhibida
Trastorno da personalidade dependente: dependen
excesivamente dos demais para a súa validación e paraa satisfacción das súas necesidades básicas, ademais de
non ser capaces de coidar de si mesmas correctamente.
Fáltalles confianza en si mesmos/as e teñen dificultade
para tomar decisións.
Trastorno da personalidade de evitación: son
hipersensibles ao rexeitamento e evitan as situaciónsque lles poden xerar conflito, reacción impulsada polo
temor. Séntense perturbadas polo seu propio illamento
social, retraemento e a súa incapacidade de manter
vínculos interpersoais estreitos.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
16/23
Trastornos do estado de ánimo
Afectan ao estado emocional da persoa, e son moi diferentes entre si.Aproximadamente, unha de cada dez persoas maiores de 18 anos ten un
trastorno do estado de ánimo.
Trastornosdepresivos
Enfermidade clínica severa que afecta ao cerebro,
cuxos síntomas baséanse en tristeza, perda do
interese ou pracer en actividades que acostuma
gozar, perda ou aumento de peso, dificultade paradurmir ou soño excesivo, perda de enerxía,
sentimentos de desvaloración e ideas de morte ou
suicidio.
Outros trastornos
do estado do ánimo
Trastornos afectivos
Trastorno do estado de ánimo inducido por
substanciasTrastorno do estado do ánimo non especificado
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
17/23
Trastornos psicóticos
Trastornos mentais graves que causan ideas e percepcións anormais.As persoas con psicosis perden o contacto coa realidade. Dous dos seus
síntomas principais son falsas crenzas, (como a idea de que alguén está na
súa contra) e as alucinacións (percepcións falsas como escoitar, ver ou sentir
algo que non existe).
Esquizofrenia
Trastorno cerebral severo que perdura toda a vida
consistente en delirios e alucinacións. Outrossíntomas poden ser os pensamentos ou percepcións
fóra do común, trastornos do movemento,
dificultades para falar e expresar emocións e
problemas de atención, memoria e organización.
Tipos:
Esquizofrenia de pensamento desorganizadoEsquizofrenia catatónica
Esquizofrenia indiferenciada
Esquizofrenia tipo residual
Outros trastornos
psicóticos
Trastorno esquizoafectivo
Trastorno deliranteTrastorno psicótico breve
Trastorno psicótico compartido
Trastorno psicótico inducido por substancias
Trastorno psicótico no especificado
.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
18/23
b. Alzhéimer
O alzhéimer é unha alteración neurodexenerativa primaria que acostumaaparecer a partir dos 65 anos, aínda que tamén pode darse en xente máis
moza (hai casos rexistrados de persoas de entre 20 e 40 anos con esta
enfermidade). Foi descuberta en 1906 polo neuropsiquiatra alemán Alois
Alzheimer. Esta enfermidade afecta ao sistema nervioso central alterando de
forma progresiva a memoria, o pensamento, a aprendizaxe e a
psicomotricidade.
Cáusase debido á perda progresiva e constante de acetilcolina, unha
substancia química que funciona como neurotransmisor, substancia vital para
o funcionamento cerebral. Isto provoca que, as células nerviosas, xunto cos
cambios no tecido de diferentes partes cerebrais, non se comuniquen entre
elas e, polo tanto, se vexan afectadas as actividades mentais vinculadas á
aprendizaxe, a memoria e o pensamento.Esta alteración cerebral é complexa, e descoñécense os motivos polos
que ten lugar, polo que faise difícil determinar quen vai desenvolver a
enfermidade de Alzhéimer, pois poden intervir múltiples factores. Con todo,
os seguintes son algúns dos elementos que poden aumentar as
probabilidades de padecer esta patoloxía:
- Idade: acostuma aparecer en maiores de 65 anos, aínda que haxa
casos nos que se teña dado en menores de 40. A idade media de
diagnóstico é de 80 anos.
- Sexo: ten máis prevalencia nas mulleres, pero isto pode terse dado
pola maior esperanza de vida delas.
- Herdanza familiar: o 40 % das persoas con alzhéimer presentan
antecedentes familiares coa mesma enfermidade.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
19/23
- Xenética: investigacións indican como importante a mutación do xen
de determinadas proteínas implicadas no transporte e eliminación do
colesterol.
- Factores ambientais: investigadores amosan como factores de risco o
tabaco, as dietas graxas e o feito de convivir nunha familia numerosa.
Fases
A enfermidade do alzhéimer presenta unhas características diferentes
dependendo de en que fase se atope. Diferéncianse tres estadios:
ESTADIO LEVE:o dano da enfermidade aínda pasa desapercibido,
tanto para a persoa que a padece como para os familiares. É común ter
pequenos esquecementos e dificultades menores coa linguaxe. Poden
aparecer signos de apatía, illamento, cambios bruscos de humor e dificultade
para resolver novos conflitos e organizar actividades.
ESTADIO MODERADO: a enfermidade resulta evidente para a familia e
achegados. A persoa presenta dificultades para recordar e efectuar tarefas
como facer a compra, seguir un programa de televisión, ler o periódico...
Tamén perde capacidade de razoamento e comprensión e amósanse apáticos
e deprimidos. Nesta etapa, o deterioro cognitivo e psicomotriz avanza con
bastante rapidez. Aínda manteñen certo grado de autonomía, mais precisan a
alguén que mire por eles.
ESTADIO GRAVE:nesta fase, todas as áreas relacionadas coa función
cognitiva se atopan afectadas: perde a capacidade de falar correctamente,
repite frases inconexas, non recoñece a amigos e familiares, nin a si mesmos
ante un espello. Están constantemente desorientados e perden a control
sobre as súas funcións orgánicas. Deixan de ser individuos autónomos eprecisan dunha terceira persoa para os seus coidados básicos.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
20/23
Sintomatoloxía
Os primeiros síntomas da enfermidades acostuman pasar desapercibidospois son os signos naturais do envellecemento, como a perda de
concentración, pequenos esquecementos, dificultades ao camiñar... Os
síntomas máis comúns son:
- Perda progresiva de memoria.
- Confusión e desorientación no tempo e espazo.
- Repetición constante da mesma pregunta ou idea.- Gardar cousas en lugares pouco usuais, como por exemplo, gardar
unha revista no frigorífico, ou perder as chaves con moita facilidade e
frecuencia.
- Amosar inquietude e nerviosismo, e incluso agresividade.
- Sentir que a súa casa non é a súa casa, e tentar marchar dela por ese
mesmo motivo.- Perderse por sitios que antes coñecía á perfección
- Non recoñecer a familiares e amigos próximos.
- Amosarse canso, triste, deprimido, calado...
- Poden presentar alucinacións, escoitando ruídos que non existen ou
vendo cousas que non son.
Tratamento
Até o momento, non existe cura para a enfermidade do alzhéimer,
mais existen tratamentos farmacolóxicos que poden mellorar a esfera
cognitiva e condutual, pero non curala, simplemente diminuír e retrasar
moitos dos seus síntomas. Asemade, o tratamento tan só funciona nas dúas
primeiras fases da enfermidade.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
21/23
Outro dos tratamentos máis importantes é a psicoestimulación
cognitiva da persoa. A perda de capacidades intelectuais pode compensarse
cos coñecementos adquiridos, polo que cómpre practicalos e mantelos, pois
tamén motivan e reafirman a confianza e a autoestima fronte ao illamento, a
soidade e a depresión. A actividade social e intelectual mellora de forma
global o envellecemento activo da sociedade, polo que, a longo prazo, as
persoas diagnosticadas con alzhéimer terán unha maior necesidade de
información respecto á súa calidade de vida e toma de decisións sobre a súa
saúde e xestión da dependencia. As actividades cognitivas como ler, escribir,
participar en grupos de debate, xogar a xogos de mesa, facer puzzles ou
encrucilladas diminúen altamente o risco de demencia, polo que é esencial ao
longo da vida estimular estas facetas, así como tamén no inicio da
enfermidade.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
22/23
c. Demencia
A demencia é unha perda da función cerebral que ocorre a causa dedeterminadas enfermidades. Afecta ao pensamento, á linguaxe, ao xuízo e ao
comportamento.
A maioría dos tipos de demencia son dexenerativos e irreversibles. O
Alzhéimer é o tipo máis común de demencia, mais non todas as persoas que
teñen demencia son diagnosticadas de Alzhéimer.
Afeccións que levan consigo a demencia
- Alzhéimer
- Demencia vascular, provocada por pequenos pero numerosos
accidentes cardiovasculares.
- Demencia dos corpos de Lewy, moi común nas persoas maiores.
- Enfermidade de Huntington
- Lesión cerebral
- Esclerose múltiple
- Parkinson
- Enfermidade de Pick
- Infeccións como o VIH, SIDA, sífilis ou enfermidade de Lyme.
Aínda que tamén atopamos algunhas demencias curables como as que sedan por causa de tumores ou lesións cerebrais, consumo excesivo de alcohol,
cambio nos niveis de azucre, calcio e sodio no sangue, por niveles baixos da
vitamina B12, ou polo uso de determinados medicamentos para baixar o nivel
de colesterol.
8/18/2019 1 1807 d Modulo1 Conceptos Galego
23/23
Sintomatoloxía
Os síntomas da demencia afectan a moitas áreas da función mental dapersoa, entre as que destacamos:
- Cambio no comportamento emocional da persoa.
- Diminución ou desaparición da linguaxe, sendo incapaz de formar
frases coherentes.
- Perda de memoria
- Pensamento e xuízo pobre. Chegan a ser incapaces de entender,razoar, xestionar conflitos ou detectar perigos.
Tratamento
O tratamento da demencia dependerá directamente da afección que a
cause, polo que non hai unha vía común de intervención farmacolóxica; con
todo, si existe no caso da estimulación psicocognitiva, converténdose nunhavía eficaz e retardante na evolución da demencia.
Tamén é moi importante a prevención da demencia a partir de
consumir alimentos saudables, facer exercicio, deixar de fumar, controlar a
presión arterial e manexar e tratar a diabetes.
DOCUMENTAL RECOMENDADO
http://www.esquizofrenia24x7.com/di-capacitadosRecommended