View
33
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
Camiño do NorteOs Camiños de Santiago en Galicia
PORTADAS en GALEGO 2009.qxp:30X21 28/10/09 10:35 Página 6
TextosFrancisco Singul
CoordinaciónAna B. FreireRosa García
Documentación:albergues e servizosPilar CuíñaRosa FernándezAna B. FreireRosa GarcíaCoroni Rubio
FotografíaArquivo da S.A. de Xestióndo Plan XacobeoPedro GarcíaTono Arias
Asesoría técnicaDpto. de Arquitectura daS.A. de Xestión do Plan Xacobeo
RevisiónDori AbuínCarla Fernández-RefoxoCarmo IglesiasAlfonso Salgueiro
TraduciónInterlingua Traduccións S.L.Eugenia Fernández Fernández
Deseño e maquetaciónPermuy Asociados
ImpresiónLITONOR
D.L.: C 3896-2009
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 05/11/09 9:15 Página 2
3 Camiño do Norte
A orixe da peregrinación a Santiago pola ruta da costa astur-galaica remóntase ós momentosinmediatamente posteriores ó descubrimento datumba do apóstolo Santiago o Maior (cara ó 820). Os camiños do antigo Reino de Asturias foronpioneiros en encarreirar peregrinos a Santiago. A ruta da costa gozou dunha vitalidade semellante á dos demais camiños xacobeos “primitivos”, antes de que nos séculos XI-XII os monarcashispanos potenciasen o Camiño Francés comoitinerario xacobeo privilexiado, vertebrando osreinos cristiáns do norte peninsular. A promocióndo Camiño Francés, así e todo, non supuxo a decadencia dos camiños astur-galaicos, xa que a peregrinación no tramo León-Oviedopotenciouse dende finais do século XI.
O Camiño do Norte non é un camiño costeirolocal para uso exclusivo dos asturianos da ribeira.A través desta ruta medieval constituíuse unhacorrente xacobina internacional canalizada cara ós santuarios de Oviedo e Santiagode Compostela, non tan nutrida como a do Camiño Francés, pero cunha vitalidadecomprobable ata o século XVIII. Estes peregrinosviñan por terra dende Francia, ou por mar,recalando nos portos vascos e cántabros,procedentes dos países atlánticos (Inglaterra,
Flandres, Alemaña e Escandinavia). Despoiscamiñaban cara ó santuario de San Salvador
de Oviedo e á catedral de Santiago.
Unha vez chegados a Castropol, os peregrinos tiñan que se embarcar para cruzar a ría de Ribadeo
ou bordeaban a súa marxe dereita ata a ponte deSantiago de Abres e así pasaban a terras galegas.
O Camiño do Norte
Alfonso II o Casto. Liber Testamenctorum (s. XII).
Arquivo da Catedral de Oviedo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 05/11/09 9:15 Página 3
Na actualidade, a ponte dos Santos, tendida entre Asturias eRibadeo, simplifica esta entrada. Unha vez en Galicia, a ruta deperegrinación está ben documentada: partía da vila de Ribadeo–porto no que tamén desembarcaban peregrinos–, internábasenos vales de Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, cruzaba asterras altas e chás de Vilalba e Guitiriz e recibía a hospitalidade do mosteiro de Sobrado dos Monxes, antes de unirse, en Arzúa, ó Camiño Francés. Poucas xornadas máis e xa estarían ante atumba do apóstolo.
Entre os milleiros de peregrinos que camiñaron a Santiago poloCamiño Norte destaca a figura de san Francisco de Asís. Segundo a tradición, peregrinou a San Salvador de Oviedo e a Compostelaen 1214. A finais do século XV, o bispo armenio Mártir de Azerdjanperegrinou a Roma e mais a Santiago; tanto para a ida como para a volta elixiu o Camiño Norte, pasando polo País Vasco, Cantabria,Asturias e Galicia. Do século XVI existen dous relatos de peregrinosque seguiron parecida ruta: Antonio Lalaing, señor de Montigny(1502), e o italiano Bartolomeo Fontana (1539).
Esquerda: Ponte sobre o río Arnela
Dereita: Lagoa de Sobrado
Illa Pancha. Ribadeo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 4
Durante a época barroca tamén houboperegrinos do Camiño Norte que escribiron assúas experiencias e itinerarios. Xacobo Sobieski(1611), pai do rei Xoán III de Polonia,peregrinou polo Camiño Francés ata León,tomou o desvío a Oviedo e dirixiuse polocamiño da costa ata Ribadeo, para seguir a Santiago polo Camiño Norte. O italianoSebastián Gatti chegou en 1698 a Ribadeopor mar e continuou a pé ata Santiago polamesma ruta. O francés Guillerme Manier e os seus compañeiros de peregrinaciónelixiron, en 1726, o Camiño Norte comoitinerario de regreso a Francia. En 1790, o francés Jean Pierre Racq escribiu un relato detallado da súa peregrinación a San Salvador de Oviedo e a Santiago de Compostela por este mesmo Camiño.
O tramo galego desta ruta estáactualmente sinalizado ó longo dos seus196 quilómetros, entre Ribadeo e Santiago,con marcos de pedra decorados cunhacuncha de vieira realizada en cerámica eunha valiosa información para o peregrino:o punto quilométrico no que se atopa.Ademais da célebre frecha amarela dasAsociacións de Amigos do Camiño, estesmarcos axudan a identificar o Camiño sendificultade ó estaren situados en lugaresestratéxicos, como encrucilladas e desvíos.
Ponte do Pasatempo. Mondoñedo
5 Camiño do Norte
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 5
Ribadeo – Vilanova de Lourenzá
A vila de Ribadeo, enclave turístico deimportancia e capital municipal, é o punto de partida do Camiño do Norte na súa entradaa Galicia. Ribadeo atópase sobre unha atalaianatural que domina a ría e que se amosa comoporta de entrada da ruta de peregrinación máissetentrional que serve de enlace entre ossantuarios de Oviedo e Santiago. A vila deRibadeo é un dos lugares estratéxicos eturísticos máis importantes da costa norte e un dos portos históricos galegos con maiortradición xacobea; neste sentido, cómprelembrar que entre os séculos XIII-XVIII foiconsiderada como a “defensa do Cantábrico”.
Do seu nobre pasado consérvase un apreciable
conxunto arquitectónico baixomedieval
e moderno. Destaca, en primeiro lugar,
a igrexa parroquial de Santa María do Campo,
pertencente na súa orixe ó convento
franciscano que fora fundado, segundo a
tradición, en 1214 por un discípulo de san
Francisco. De época baixomedieval tamén
posúe Ribadeo o convento de Santa Clara, fundado a finais do
século XV por monxas procedentes de Oviedo, e a capela da
Trindade, do século XIV, situada no miradoiro chamado da Atalaia.
Este miradoiro era parte significativa do sistema defensivo da vila
dos séculos XVI-XVIII. Os edificios civís máis emblemáticos de
Ribadeo son a Casa Consistorial, antigo palacio neoclásico do
marqués de Sargadelos, e a Torre dos Moreno, luxosa casa
grande modernista rehabilitada como biblioteca pública.
Saíndo de Ribadeo, a ruta segue o chamado “Camiño Vello
de Lourenzá”, unha vella calzada que aparece coa denominación
de “antiqua stratta” nun diploma do rei Silo (774), o que induce
Casa dos Moreno. Ribadeo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 6
7 Camiño do Norte
a pensar que se podería tratar dunha vía romana da Antigüidade
ou dun camiño altomedieval anterior ó século VIII, aínda en bo
uso ó inicio das peregrinacións e en tempos posteriores. Á saída
da vila costeira hai que se dirixir a Ove, que conserva intacto un
tramo do camiño medieval, para encamiñarse cara á parroquia
de Covelas, pasando polos núcleos de Valín e Pastoriza.
O Camiño do Norte conduce, deseguido, a Vilela, pasa preto de
Cedofeita (cito facta, un dos asentamentos altomedievais da zona)
e segue ata Lourenzá, pasando por unha serie de pequenos e
entrañables lugares cheos de sabor tradicional: Cubelas, Ponte
de Arante –onde houbo hospital de peregrinos dende o século XVI
e que conserva unha interesante capela con frescos da época–,
Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán e O Corveiro.
Porto de Porcillán. Ribadeo
Esquerda: Pinturas murais. A Ponte. Ribadeo
Dereita: Hórreos en Ove. Ribadeo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 7
Arriba:Río Eo dende Santiago de Abres
Abaixo:Capela de San Marcos da Cadeira
Vilanova de Lourenzá, capital municipal, é unha vila de moita
historia, ó térense conformado as súas rúas e prazas arredor da
hospitalidade e laboriosidade do mosteiro benedictino fundado
polo conde don Osorio Gutiérrez (o “Conde Santo”) no ano 969.
O actual mosteiro de Vilanova de Lourenzá constitúe un grandioso
edificio barroco cunha igrexa proxectada en 1732 por Fernando de
Casas Novoa, un dos grandes arquitectos do barroco galego da
primeira metade do século XVIII. A airosa fachada da igrexa
trazouna Casas Novoa entre grosas torres, e hase entender como
un precedente propio da traza da célebre fachada do Obradoiro
da catedral de Santiago.
Unha vez no interior da antiga igrexa do mosteiro de Lourenzá,
rica en retablos e tallas de devoción, o peregrino pode visitar
a capela de Valdeflores (s. XVIII), onde se atopa o sarcófago de
mármore paleocristián do século VI que don Osorio Gutiérrez
importou no século X de Aquitania (Francia), para servirlle ó seu
corpo de eterno repouso. O legado barroco de Lourenzá
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 8
Mosteiro de Vilanova de Lourenzá
enriquécese coa capela de Nosa Señora de Valbanera
e o impresionante retablo-relicario do mosteiro. Á época
neoclásica corresponden a solemne arquitectura do
retablo maior e as súas imaxes de madeira policromada
realizadas polo célebre escultor galego José Ferreiro.
As interesantes coleccións do Museo de Arte Sacro
(imaxinería, pintura, ourivería, tecidos, etc.) reforzan
o potencial cultural desta vila.
No tramo Ribadeo-Vilanova de Lourenzá existe unha
alternativa que, durante varios períodos da historia,
tamén conduciu a Santiago importantes masas de
peregrinos. É a variante que transcorre pola comarca
astur-galaica da zona baixa do río Eo e atravesa os
municipios asturianos de Castropol, Vegadeo e Santiago
de Abres e mais o municipio lucense de Trabada
(fundación altomedieval). A ruta segue despois polo
máis profundo do val, pasando polos lugares das Lóngaras,
o Porto do Malle, Santo Estevo e Trapa, onde enlaza
co Camiño Vello de Lourenzá e chega
ata a capela de San Marcos da
Cadeira, nas proximidades
de Vilanova de Lourenzá.
9 Camiño do Norte
Retablo-relicario da igrexa de Vilanova de Lourenzá
Sarcófago do Conde Santo (s. V-comenzos VI d.C.). Capela de Valdeflores.
Igrexa de Vilanova de Lourenzá
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 9
10
Saíndo de Vilanova de Lourenzá, o antigocamiño de peregrinación cruza o val deLourenzá e pasa polos pequenos lugares deArroxo, Ogrobe, San Pedro da Torre, Reguengo e San Paio. O peregrino pode visitar en casecada un deles curiosas capelas como adedicada á Virxe de Guadalupe, en Ogrobe. A ruta xacobea do norte segue empregando,neste tramo, o camiño medieval da “brea”: un eixe viario procedente de Asturias endirección a Lugo e Parga, que fai a súa entradaen Mondoñedo polo barrio de San Lázaropasando por diante da capela do mesmo nome.
A cidade de Mondoñedo, declarada conxuntohistórico-artístico, é unha das sés episcopaisgalegas de maior tradición cultural e un dosnúcleos históricos máis senlleiros de Galicia. O Camiño pasa polo barrio dos Muíños, onde está a capela de Santiago (1645).Continúa pola medieval rúa de Sindín (1328),hoxe rúa Álvaro Cunqueiro, que comunicabaco núcleo urbano intra muros e que, en realidade, era o final do camiño real queentraba na cidade. Antes de chegar á catedral,principal edificio da urbe, os peregrinospodíanse lavar e beber na Fonte Vella (1548).
A catedral de Santa María de Mondoñedo (s. XIII) é de estilo románico con influenciascistercienses. Construíuse con planta de cruzlatina con tres naves, cruceiro e tres ábsidas na cabeceira (só queda a central). A fachada
Vilanova de Lourenzá – Mondoñedo
Fonte Vella. Mondoñedo
Rúa de Mondoñedo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:45 Página 10
11 Camiño do Norte
conserva o seu aire medieval,aínda que bastante remodelada enépoca barroca. Destacan nesta fronte aportada románica e o gran rosetón gótico queilumina a nave maior. A capela maior medieval rodeouse dedeambulatorio con capelas no século XVI, decorouse cun granretablo barroco de 1769 e cubriuse de murais ó óleo en 1773. Os tesouros artísticos da catedral son moitos e de gran calidade.
Comezando pola nave central, cómpre resaltar as pinturasmurais situadas baixo os fermosos órganos barrocos. Estesfrescos son obra do chamado Mestre de Mondoñedo e foronpintados nas primeiras décadas do século XVI en estilo góticohispano-flamengo. No lado do evanxeo, estes muraisrepresentan varios episodios da vida de san Pedro, mentres queno muro do lado da epístola desenvólvese, en varios rexistros, o dramático episodio da Degolación dos Inocentes e, noextremo da dereita do mesmo mural, a Fuxida a Exipto. Talesmurais foron trasladados a este lugar tras ser arrincados duns antigos muros que pechaban o coro cara ás naves laterais.
Vista de Mondoñedo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 11
12
No presbiterio e transepto norteatópase o cadeirado coral de principiosdo renacemento, un conxunto taméndun notable interese.
No extremo sur do cruceiro ábrese a porta que comunica co claustro
catedralicio. Alí os peregrinos podíandescansar paseando baixo as coxías
antes de continuar a súa visita ó templo. As trazas deste claustro de estilo herreriano
corresponden ó mestre Diego Ibáñez Pacheco,quen o construíu entre 1636 e 1641 por encargo
do bispo don Antonio de Valdés e do cabido da catedral. O claustro constitúe un sobrio edificio de planta cadrada, conpatio central e con alzado dun só piso, organizado con arcadasde medio punto rematadas por un balaústre con bólas. A ordedórica coida do clasicismo deste hortus conclusus que rodea a uncruceiro gótico, único vestixio do claustro medieval preexistente.
O deambulatorio da catedral mindoniense posúe varias capelas.A primeira que se abre á man dereita é a do SantísimoSacramento, coñecida popularmente como a capela da VirxeInglesa. A súa arquitectura concibiuse no século XIV en estilooxival e, na súa orixe, estaba aberta ó primitivo claustromedieval. No seu interior, consérvase unha imaxe gótica da Virxemoi querida na cidade e que procede da Inglaterra de finais doséculo XV. Popularmente, denomínase de dous modos: A NosaSeñora a Grande ou tamén a Virxe Inglesa. Segundo diversosindicios, parece que procede da catedral de San Pablo de Londres.
De esquerda a dereita: Claustro e fachada da catedral de Mondoñedo
Rosetón da catedral de Mondoñedo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 12
13 Camiño do Norte
Chegou a Galicia tras o cambio anglicano, protexida polo nobre e rico comerciante británico John Dutton, asentado na vila de Viveiro.
Unha porta situada algo máis adiante comunica coas estanciasque configuran as actuais salas do Museo Catedralicio eDiocesano de Mondoñedo. Neste museo atópase un notableconxunto de pezas de arte sacra como a imaxe románica da Nosa Señora da Sede (s. XII), os relevos ingleses de alabastro que pertencían ó primitivo retablo maior (s. XIV), o retablo daMadalena (do s. XVI, integrando un relevo do XIV), varias táboasflamengas do século XVI, lenzos de Luis Tristán (discípulo doGreco) dedicados a santo Tomás de Villanueva, unha VirxeInmaculada de Roelas (s. XVII) e varios obxectos suntuarios comoa arqueta de ébano con pranchas de carei e prata repuxadamanufacturada en Filipinas a finais do XVII. Por último, tamén hai varios pergameos de música gregoriana.
En Mondoñedo hai outros edificios históricos que embelecen as rúas e prazas da cidade: a vella Casa Consistorial (1568), a igrexa conventual da Concepción (1716), a igrexa da Virxe dos Remedios (1733), o Hospital de San Pablo (1755), o Seminario(1775), o Concello novo (s. XVIII), o palacio episcopal (s. XVIII) e a igrexa de Santiago (s. XIX). Nas aforas destaca o convento deSan Martiño de Vilalourente, “Os Picos” (s. XVIII).
Os Picos. Mondoñedo
Virxe Inglesa. Catedral de Mondoñedo
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 13
Trátase dun itinerario medieval que se forma e desenvolve enépoca tardía, durante a baixa Idade Media.
Este camiño baixomedieval sae de Mondoñedo polas rúas FonteVella e Rigueira para ascender cara ás pequenas localidades deSan Caetano por Valiñadares e Maariz. O camiño medievalcontinúa polo fondo do val bañado polo río Valiñadares, pasandopolos lugares de Valiña, Pacios e Lousada. Despois segue ataGontán, e entra na vila de Abadín, capital do municipiohomónimo, situado no comezo da Terra Chá. Nesta vila aínda se conserva, da época medieval, a igrexa románica de Santa Maríade Abadín, que presenta na fachada portada de arquivoltas tóricase un grande oco para iluminar a nave.
A partir de Abadín, o Camiño transcorre pola Terra Chá a través das parroquias de Castromaior e Goiriz. Primeiro chega a Ponterroxal, cruza o río Arnela por unha ponte medieval,
Mondoñedo – Vilalba
Cemiterio de Castromaior
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 14
Torre dos Andrade. Parador de Vilalba
Queixo de San Simón
15 Camiño do Norte
Igrexa de Santa María de Vilalba
alcanza Castromaior e pasa pola magníficaponte medieval de Pontevella, que leva osperegrinos a través dunha área despoboada;nas inmediacións desta están os lugares deMámoa e Outeiro. A ruta continúa ata Santiagode Goiriz, segue ata As Chouzas e entra enVilalba, corazón da Terra Chá, célebre pola súagastronomía (capóns e queixos de San Simón)e encrucillada de camiños defendida polafortaleza dos Andrade; do conxunto defensivodesta, do século XV, subsiste a poderosa torretransformada en Parador Nacional de Turismo.
A vila de Vilalba é unha fundación do séculoXIII, o que supón que a súa capacidade deatracción como foco económico e comercialnon cristaliza ata ben entrado o século XIV. A partir destes anos, Vilalba xa pode competircoa atracción que a cidade de Lugo manteríana ruta, axudando a concretar un camiño máiscurto cara a Compostela e evitando adesviación que supoñía ir, por esta ruta, ata a cidade das murallas.
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 15
Esquerda: Igrexa de Santiago de Baamonde Abaixo: Ponte de Saa
A partir de Vilalba, o camiño segue ata Baamonde eSobrado dos Monxes, enlazando algúns camiños reaisben documentados no século XVII e que seguramenteretomarían camiños medievais.
O traxecto é o seguinte: o camiño sae de Vilalba,pasa por Ponte Rodríguez, Boizán, Gabín, San Xoánde Alba, Pedrouzos, continúa ata Insua, cruza a pontede Saa, segue ata Ferreira de Pacios e entra enBaamonde. Os peregrinos repousaban nesta pequenavila e atendían a súa devoción na igrexa de Santiagode Baamonde, unha interesante edificación gótica demediados do século XIV, construída con lembranzasde tradición románica na súa decoración escultórica.
Vilalba – Sobrado
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 16
Río Parga
No seu adro hai árborescentenarias e un calvario formadopor tres cruceiros.
Sáese de Baamonde pola estrada N-VI, paralela ó ferrocarril e ó ríoParga. Despois, para chegar a Santa Leocadia de Parga, a rutaxacobea do norte transcorre a travésda pintoresca paisaxe que rodea a fermosa capela de Santo Albertee cruza a ponte baixomedieval deSanto Alberte, formada por dousarcos oxivais separados por un tallamar central. A capela é gótica, construída na segundametade do XIV; ten nave única e presbiterio abovedado
17 Camiño do Norte
Capela de Santo Alberte de Parga
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 17
con crucería e iluminado por unha resgada fiestra oxival.No seu exterior destaca a nobreza da súa cantería
reforzada por contrafortes e aberta por portas dearco apuntado. O Camiño continúa ata San Breixode Parga e chega a Santa Leocadia de Parga.
O camiño de peregrinación continúa ataCarballedo, pasa por San Paio de Seixón(Friol), cunha igrexa románica levantada nomedio dunha chaira e que conserva aportada orixinal, sen tímpano, composta dearquivoltas tóricas decoradas co infrecuentetema das rosetas, raro no románico galego;no muro setentrional, un epígrafe informasobre o autor do templo, o Mestre Juan, e a data de construción, o ano 1140.
O Camiño continúa por Ponte Leixosa echega a Santiago de Miraz, lugar ondeaínda se ergue parte da antiga fortalezados Saavedra: unha torre ameada deplanta cadrada do século XV, hoxerehabilitada. Preto desta casa-torrelevántase a poderosa fortaleza de San Paio de Narla, que na actualidadealberga a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo.
Esquerda: O Camiño por Santa Leocadia de Parga
Abaixo: Marco das Pías
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 18
Dende a súa torre dahomenaxe pódesecontemplar unhaimpresionantepanorámica. A catroquilómetros está opalacio-fortaleza coñecidocomo “Torre de Friol”,orixinariamente do séculoXIII, que pertenceu áantiga liñaxe dos Prado,descendentes dos reis deGalicia e León. Retómaseo Camiño do Norte eséguese ata Mantelle,Cabana, Ledro, Travesa,Pedramaior e Marco dasPías, límite da provinciade Lugo. A partir de aquí,a través de Esgueva,chégase ó mosteirocisterciense de SantaMaría de Sobrado(Sobrado dos Monxes, A Coruña).
Fortaleza de San Paio de Narla
Ponte de Parga
19 Camiño do Norte
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 19
O mosteiro de Sobrado contacunha antigüidade superior ósmil anos. Foi fundado comomosteiro familiar e dúplice (para mulleres e homes) no ano952. Durante a segunda metadedo século X viviu unha época de prosperidade ó abeiro doscondes de Présaras e de sanPedro de Mezonzo, abade deSobrado antes de ser nomeadobispo de Santiago. En 1142integrouse na Orde do Císter,
Sobrado – Arzúa – Santiago de Compostela
Mosteiro de Sobrado dos Monxes
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 20
21 Camiño do Norte
gran difusora dos valores da hospitalidade monástica, o quesupuxo un apoio fundamental á peregrinación. Sobrado foi oprimeiro mosteiro cisterciense de España; a construción da grandeigrexa abacial iniciouse en 1150 e no século XVII foi substituídapolo actual templo barroco. Da igrexa medieval subsiste a capelade San Xoán (1230), no cruceiro norte, a fermosa sala capitular(1215-20) e a cociña do século XIII.
O mosteiro de Sobrado incorpórase á Congregación Cisterciensede Castela en 1498, no marco da reforma das ordes relixiosasauspiciada polos Reis Católicos. A partir de fins do século XVcomezou un período de profundo anovamento que afectou tamén á igrexa e ás dependencias monásticas. Comezouse estarenovación levantando un novo claustro procesional a partir de 1560, en substitución do medieval. Realizouse con plantarectangular e alzado de dúas plantas con orde toscana.
Cociña do mosteiro de Sobrado dos Monxes Claustro dos peregrinos. Mosteiro de Sobrado dos Monxes
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:46 Página 21
22
A sancristía da igrexa ergueuse tamén en época renacentista,trazada seguindo plano central e con exquisito gusto clasicista polo mestre santanderino Juan de Herrera, quen traballa nela entre1569 e 1572. Está situada no brazo sur do cruceiro do templo,ocupando o lugar das primitivas capelas abertas nesta parte daigrexa medieval. É de planta cadrada cuberta por unha cúpula demedia laranxa sostida sobre trompas en forma de vieira e accédesea ela por unha entrada en forma de arco de triunfo de medio puntosobre pilastras xónicas.
O século XVII será a época de maior impulso construtivo domosteiro de Sobrado. As obras de renovación inícianse en 1623,coa construción do claustro dos Peregrinos, de planta cadrada e dous pisos de altura, con alzado de ordes clásicas superpostas:dórica no inferior e xónica no superior. As dependencias desteclaustro anuncian o interese do mosteiro por ser digna hospedaríapara aqueles que pasaban polo cenobio na súa ruta cara aSantiago de Compostela.
Poucos anos despois, en 1630, comezaron as obras dunha novaigrexa do mosteiro. A construción continuou en 1647, seguindonovas trazas do arquitecto Pedro Monteagudo, que traballará nela ata o seu falecemento en 1700, acadando unha das máisimpresionantes obras do barroco galego. Mostra, esta fermosaigrexa de planta de cruz latina, un espectacular alzado de ordecomposta, cúpula sobre o cruceiro e unha fachada, que seconcluíu en 1666, de extraordinaria verticalidade e granplasticidade na súa decoración.
Ó arquitecto Pedro Monteagudo tamén se debe a realización dacapela do Rosario (1673), situada no transepto norte, configurandoun magnífico espazo de plano central cuberto con cúpula sobrependentes. O seu carácter barroco enriquécese cos teatraisefectos que afectan ó ambiente, decoración, disposición deretablos e iluminación. Os ricos detalles ornamentais desta capela realízanse a base de labores en relevo de gran naturalismo,orquestrados nun programa de exaltación do triunfo do Rosariosobre o pecado orixinal.
Os monxes cistercienses de Sobrado, tras os desarranxos causadospolos procesos desamortizadores do século XIX e o posteriorabandono do edificio, regresaron ó seu mosteiro para rehabilitaloe darlle vida. Na actualidade está totalmente recuperado eamósase en todo o seu antigo esplendor.
Fachada do mosteiro de Sobrado dos Monxes
Igrexa de San Lourenzo de Carelle
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 22
23 Camiño do Norte
Deixando atrás a hospitalidade e seguridade de Sobrado, a ruta continúa ata as localidades de Vilarchao, Peruxil e Carelle,onde se pode visitar a igrexa de San Lourenzo. Despois alcánzase o lugar de Corredoiras e pásase por unha encrucillada de camiños, antes de encamiñarse cara a Boimorto e polo núcleo de Gándara.
O Camiño Norte únese finalmente ó Francés na vila de Arzúa,célebre polos queixos da comarca, onde o camiño se faiurbano. Hai fontes documentais do século XIII que se refiren a este tramo local como “Camiño de Oviedo”; e aínda hoxe en día recibe esta rúa o nome de Rúa do Camiño. Deste xeito, a infraestrutura viaria e asistencial do Camiño Norte encóntraseco seu camiño irmán e xuntos diríxense cara a Compostela, a meta soñada. En Arzúa visítase a igrexa de Santiago e mais acapela da Madalena, que pertenceu a un hospital de peregrinose, se o tempo non se nos bota enriba, pódese facer turismo ruralnas fermosas proximidades do encoro de Portodemouros.
A ruta, a partir de Arzúa, é a francesa: o Camiño de Santiagointérnase entre prados, carballos e eucaliptos que rodeanpequenas aldeas como Calzada, Calle, Ferreiros, Salceda, Brea, Santa Irene –onde se fai un alto para visitar a súa igrexa– e Rúa, antes de entrar a Arca, capital municipal do Pino,último concello antes de chegar a Santiago.
En terras compostelás, o peregrino chega á Lavacolla, pasapolas inmediacións do aeroporto compostelán e alcanza o célebre Monte do Gozo –área residencial para peregrinos e visitantes– e, dende as súas alturas, divisa por vez primeira o perfil da cidade apostólica e as torres da catedral que acolle a tumba de Santiago o Maior.
Peregrinos por Arzúa
O Camiño por Boimorto
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 23
O Camiño do Norte entra na parte urbana de Santiago (258 m)polo barrio de San Lázaro, convertido nunha zona de servizos na que se sitúan o Palacio de Congresos e Exposicións, o estadiomultiusos, diversos centros administrativos do Goberno galego e o Pavillón de Galicia, con exposición permanente sobre Galicia e os Camiños de Santiago. Os dous edificios de maior relevanciahistórica desta zona, en todo caso moi recentes, son o vellolazareto (s. XIX) e a capela de San Lázaro (mediados s. XX).
Despois de deixar atrás a zona residencial de Fontiñas, na que seabre unha das maiores áreas comerciais da cidade, o peregrinochega ó antigo barrio e rúa dos Concheiros, onde se colocabanos postos que lles vendían as cunchas de vieira ós peregrinosacabados de chegar. Esta tradición fixo que tamén se coñeceseos peregrinos popularmente na cidade como concheiros.
A zona histórica da vila móstraselle ó peregrino dende a pequenapraza de San Pedro, na que se levanta un cruceiro cargado delendas. Baixando pola rúa de San Pedro, a encrucillada da Portado Camiño –de significativo nome– permítelle ó peregrinoobservar á súa dereita dous dos máis representativos edificios da cidade: o antigo convento de San Domingos de Bonaval–sede do Museo do Pobo Galego– que alberga a única igrexagótica da cidade –sede do Panteón de Galegos Ilustres–, e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC),
En Santiago
San Domingos de Bonaval
Praza da Quintana
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 24
obra do arquitecto portugués Álvaro Siza, hoxe consolidado como un dos espazos máis salientables da arte contemporánea en España.
Unha vez superada a Porta do Camiño, a ruta entra no seu últimotramo seguindo diversas rúas e prazas peonís. A primeira é a rúa deCasas Reais, con varios edificios relevantes e na que antigamente seasentaba o gremio de cambiadores de moeda. Á súa esquerda deixao peregrino a pequena pero fermosa parroquial neoclásica da NosaSeñora do Camiño, para pasar uns metros máis arriba ante aimpresionante capela das Ánimas, ambas de finais do século XVIII e con interesantes coleccións que se poden visitar.
O penúltimo paso antes de entrar na basílica pasa pola praza deCervantes, o primeiro grande espazo histórico de encontro e comercio da cidade, na que se situou o Concello ata finais do século XVIII. A igrexa parroquial de San Bieito do Campo –s. XVIII–, tamén neoclásica, é un dos edificios máis antigos desta praza.
Dende este lugar, o Camiño Francés ten como senda tradicional a quediscorre pola rúa da Acibechería, deixa á súa dereita a impoñentefachada do antigo mosteiro de San Martiño Pinario (ss. XVII-XVIII) polacal se accede a un dos máis impresionantes claustros de Galicia, e entrana catedral pola antiga porta románica do Paraíso. Esta porta, coñecidahoxe como da Acibechería, foi substituída na segunda metade doséculo XVIII por unha obra de transición do barroco ó neoclásico
Durante os Anos Santos Composteláns os peregrinos optan por entrar na basílica pola Porta Santa, na praza da Quintana, que permanece aberta só durante os devanditos períodos.
Praza do Obradoiro
Porta Santa da catedral
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 25
Pazo de Raxoi
Botafumeiro
26
Unha vez que se visitou a catedral compostelá,punto de chegada e encontro dos peregrinos,a cidade de Santiago ofréceselle ó visitantecon todo o seu esplendor histórico, en toda a súa diversidade e dinamismo presentes.
A actual cidade de Santiago de Compostelanace como un pequeno núcleo de monxescustodios ó redor do sepulcro do Apóstolo no momento do seu descubrimento, contra o ano 820. O desenvolvemento da cidade naIdade Media é espectacular, grazas ó auxeeuropeo das peregrinacións, que a converte,con Xerusalén e Roma, nun dos tres grandescentros da Cristiandade.
Dende o século XV ó XIX a cidade alternamomentos de dinamismo e de certa decadencia,seguindo os vaivéns da historia galega, españolae europea. As peregrinacións perden peso, mais Santiago consolídase como centro culturalcoa creación da Universidade, e mantén a súainfluencia relixiosa, o que se reflicte na súarenovación urbana renacentista e barroca, tan presente e palpitante nos máis sobranceirosedificios históricos da cidade.
Na catedral A catedral de Santiago empezouse a construírno 1075; é un dos grandes monumentoseuropeos, tanto a nivel artístico, comosimbólico. Dende a súa orixe románica,evolucionou a través dos máis diversos estilos,especialmente o barroco, que acadou a súacima na fachada do Obradoiro (1738-1750).Percorrendo as súas naves e Museo é posibleacceder a un patrimonio tan singular comodiversificado nos seus contidos e significados.
Durante a visita ó conxunto catedralicio, operegrino adoita cumprir cun ritual que o levaráó camarín do altar maior para darlle a tradicional“aperta” ó apóstolo Santiago –unha escultura deorixe románica– e visitar deseguido a cripta naque se conservan os seus restos. A visita ó
Pórtico da Gloria tamén forma parte deste ritual,así como a asistencia á misa do peregrino –12,00 h.– na que é frecuente o funcionamentodo botafumeiro, grande incensario que co seu“voo” dende o alto da nave do cruceirosorprende a todos os visitantes.
Tras a estancia na catedral, o peregrino, sedispón das credenciais que xustifican a súaperegrinación a pé, dacabalo ou en bicicleta,pode solicitar na Oficina do Peregrino a“compostela”, o documento acreditativo da súa peregrinación, concedido polo Cabidocatedralicio. A partir dese momento ábreseante el, en plenitude, a cidade de Santiagode Compostela.
A cidade histórica
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 26
Cidade da Cultura
Centro Galego de Arte Contemporánea
27 Camiño do Norte
Santiago vive dende a segunda metade do século XX un continuado período deexpansión. Ó progresivo renacemento das peregrinacións, que manteñen o seusignificado espiritual tradicional,engádeselle o singular e imparable atractivoturístico-cultural do Camiño de Santiago.
Nos últimos anos Santiago, capitaladministrativa da comunidade autónomagalega, dotouse de grandes infraestruturasculturais e turísticas, e consolidou a súaproxección internacional como centrohistórico-cultural e europeísta; algo queconfirman día a día os milleiros deperegrinos e turistas que, en calqueraépoca do ano, a visitan.
Cidade declarada Ben Patrimonio daHumanidade pola UNESCO, quere manterneste novo século a súa milenaria chamadaó espírito, a concordia e o progreso, a través do significado histórico do Camiño de Santiago.
A cidade actual
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 27
28
1 Catedral-Porta Santa-Pazo de Xelmírez
2 Pazo de Raxoi
3 Hostal dos Reis Católicos
4 Colexio de San Xerome
5 Igrexa de San Fructuoso
6 Colexio de Fonseca
7 Casa do Cabido
8 Casa da Conga
9 Casa da Parra
10 Convento de San Paio de Antealtares
11 Mosteiro de San Martiño Pinario
12 Igrexa de San Martiño Pinario
13 Casa do Deán. Oficina do Peregrino
14 Pazo de Vaamonde
15 Pazo de Bendaña
16 Igrexa de Santa Mª Salomé
17 Convento de San Francisco
18 Convento do Carme
19 Convento de Santa Clara
20 Igrexa e antigo hospital de San Roque
21 Casa Gótica. Museo das Peregrinacións
22 San Domingos de Bonaval. Museo do Pobo Galego
23 Centro Galego de Arte Contemporánea
24 Facultade de Xeografía e Historia
25 Igrexa da Universidade
26 Igrexa de San Fiz
27 Convento e igrexa de Madres Mercedarias
28 Colexio das Orfas
29 Igrexa de San Miguel dos Agros
30 Igrexa de Santa María do Camiño
31 Igrexa de San Bieito do Campo
32 Convento de Santo Agostiño
33 Colexio de San Clemente
34 Capela Xeral de Ánimas
35 Capela de Santiago
36 Igrexa do Pilar
37 Colexiata de Santa María a Real de Sar
Camiño do Norte / Camiño Francés
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 28
29 Camiño do Norte
Plano do casco histórico de Santiago
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 29
Rede de alberguesDende o 1 de xaneiro de 2008, para acceder ósalbergues o peregrino deberá comprar en cada undeles un bono-albergue (3 €), que habilitaunicamente para o uso das instalacións nas que foiadquirido e na data que figura no anverso. Non serávalido en calquera outra data nin noutro albergue. Só se poderá permanecer unha noite en cada albergue,agás nos do Monte do Gozo e San Lázaro, ambos osdous en Santiago de Compostela, e o número deperegrinos acollidos cada día estará limitado ás camasque teña cada instalación. A orde de preferencia é ade sempre: peregrinos a pé, dacabalo, en bicicleta eos que viaxan con coche de apoio.
Unha vez adquirido o bono é moi importante que seconserve ata que se abandone o albergue, no casocontrario, os albergueiros/as poderán pedirlle aoperegrino que desaloxe as instalacións. O alberguedeberá deixarse libre antes das 8 da mañá paraDe esquerda a dereita, albergues de
Ribadeo, Lourenzá, Vilalba e Sobrado
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 30
permitir a súa limpeza. Permanecerá abertodesde as 13 ata as 22 horas.
No caso de que chegue algún peregrino conmobilidade reducida poderá pedirse acolaboración das persoas xa aloxadas tras tercompletado o albergue o seu aforo, co obxectode acomodalo nas instalacións.
En calquera caso, o peregrino e cantos seachegan ó Camiño de Santiago dispoñendoutras alternativas para a hora do seudescanso. Diversos centros relixiosos emunicipais atenden tamén o peregrino, sobre todo nos momentos de maior afluencia.Nos últimos anos tamén xurdiu, ó longo dasdistintas rutas, unha moderna e variada rede de hoteis e casas de turismo rural que diversificaos servizos e atractivos do Camiño.
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 31
32
Albergue
RibadeoRehabilitación de edificio*Área recreativa O Cargadeiro.Ribadeo12 prazas8 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 30 km (Vilanova de Lourenzá)
Vilanova de LourenzáRehabilitación de edificio*Campo da Feira, 15. Vilanova de Lourenzá30 prazas5 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 8 km(Mondoñedo)
MondoñedoRehabilitación da sancristía da capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco*San Pedro de Alcántara, s/nMondoñedo28 prazas5 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 17 km (Gontán, Abadín)
Interior do albergue de Baamonde
Punto de información do Camiño
1. Ribadeo
2. Vilanova de Lourenzá
3. Mondoñedo
4. Gontán
5. Vilalba
6. Baamonde
7. Sobrado dos Monxes
8. Arzúa
9. Santa Irene
10. O Pino
11. Monte do Gozo
12. San Lázaro
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 32
33 Camiño do Norte
GontánEdificio restauradoGontán, Abadín26 prazasPróximo albergue, a 22 km(Vilalba)
VilalbaEdificio de nova planta*Polígono industrial de Vilalba. Zona da Cruz Vermella. Vilalba48 prazas10 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 18 km(Baamonde, Begonte)
BaamondeRehabilitación de casa* Estrada Terra Chá, 9. Baamonde. Begonte94 prazasPrazas para bicicletasPróximo albergue, a 41 km (Sobrado dos Monxes)
Sobrado dos MonxesEspazos rehabilitados da “Casa das audiencias” do mosteiro de Sobrado dos Monxes*Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Rúa Convento, s/n. Sobrado dos Monxes66 prazasPróximo albergue, a 23 km (Arzúa)
ArzúaRehabilitación de casa urbanatradicional*Cima do Lugar, 6. Arzúa50 prazas 10 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 17 km (Santa Irene, O Pino)
Santa IreneRehabilitación de casa rural*Santa Irene. Arca. O Pino36 prazas5 prazas para bicicletasPróximo albergue, a 4 km (Arca, O Pino)
O PinoEdificio de nova planta*Pedrouzo. Arca. O Pino126 prazas Próximo albergue, a 15 km(Monte do Gozo, Santiago de Compostela)
Monte do GozoConxunto de nova planta*Monte do Gozo. Santiago de Compostela400 prazas (800 en Ano Santo)100 prazas para bicicletas
San Lázaro (residencia de peregrinos)Edificio de nova planta*Rúa San Lázaro, s/n Santiago de Compostela80 prazasPrazas para bicicletas
* Acondicionado para minusválidos
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 33
34
ServizosConcellos
RibadeoPza. de España, 1Tf.: 982-120701Fax: 982-130975ribadeo@ribadeo.orgwww.ribadeo.org
BarreirosRúa Vila, 63. San Cosme de BarreirosTf.: 982-124002Fax: 982-124110concello@barreiros.e.telefonica.net
TrabadaRúa do Concello, 15Tf.: 982-135011 Fax: 982-135257
Vilanova de LourenzáPza. do Conde Santo, s/nTf.: 982-121006Fax: 982-121506sixlourenza@terra.es
MondoñedoPza. do Concello, 1Tf.: 982-524003Fax: 982-507421mondonedo@fegamp.eswww.mondonedo.com
AbadínXeneral Franco, 29Tf.: 982-508021Fax: 982-508051abadin@concellos.eswww.concello.abadin@eidolocal.es
VilalbaPza. da Constitución, 1Tf.: 982-510305Fax: 982-511815info@vilalba.orgwww.vilalba.org
GuitirizRúa do Concello, 4Tf.: 982-370109Fax: 982-372178concelloguitiriz@teleline.es
BegontePza. dos Irmáns Souto-Montenegro, 1Tf.: 982-396143Fax: 982-396155concello.de.begonte@eidolocal.es
FriolPza. de España, 1Tf.: 982-375001Fax: 982-375206friol@fegamp.eswww.lugonet.com/friol
Sobrado dos MonxesPza. Portal, 1Tf.: 981-787508Fax: 981-787577correo@sobrado.dicoruna.eswww.sobrado-es.com
BoimortoVilanova, 1Tf.: 981-516020Fax: 981-516045correo@boimorto.dicoruna.es
ArzúaRúa Santiago, 2Tf.: 981-500000Fax: 981-500914alcaldia@arzua.dicoruna.eswww.concellodearzua.org
O PinoPedrouzo, s/n. ArcaTf.: 981-511002Fax: 981-511123correo@opino.dicoruna.eswww.concellodeopino.com
Santiago de CompostelaPza. do Obradoiro, s/nPazo de RaxoiTf.: 981-542300Fax: 981-563864alcalde@aytocompostela.eswww.santiagodecompostela.org
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 34
35 Camiño do Norte
Urxencias médicas061
Emerxencias(de calquera tipo, gratuíto e internacional)112
Información Xacobeo
Oficina de Información, SantiagoTf.: 902-332010Rúa do Vilar, 30-32, baixoinformacion.xacobeo@xunta.es
Páxina Webwww.xacobeo.es
Central de reservas de Turismo RuralTf.: 902-200432webrural@xunta.es
Oficinas de TurismoRibadeoRúa Dionisio Gamallo Fierros, s/nTf.: 982-128689
LugoPza. Maior, 27-29Tf.: 982-231361
A CoruñaDársena da Mariña, s/n.Tf.: 981-221822
Santiago de CompostelaRúa do Vilar, 30-32, baixoTf.: 981-584081
Urxencias
TurgaliciaTf.: 902-200432Fax: 981-542510www.turgalicia.es
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 35
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 36
37 Camiño do Norte
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o Maior, a principios do século IX,xerou axiña unha multitudinaria corrente de peregrinación cara á súa localización no que hoxe é a cidade galega de Santiago de Compostela. Esta afluencia acabou formando, dende os máis diversos puntos de Europa, unha densa redede itinerarios coñecida, no seu conxunto,como o Camiño de Santiago, ou Ruta Xacobea.
Os momentos de maior apoxeo da peregrinación producíronse nos séculos XI,XII e XIII coa concesión de determinadas indulxencias espirituais. Mais esta corrente mantívose, con maior ou menor intensidade,ó longo dos restantes séculos. Dende a segunda metade do século XX o Camiño de Santiago vive un novo renacer internacionalque combina o seu tradicional acervo espiritual e socio-cultural co seu poder de atracción turística e como renovado lugar de encontro aberto a todo tipo de xentes e culturas.
Tradicionalmente, os períodos de maior afluencia de peregrinos e visitantes do Camiño coinciden cos Anos Santos Composteláns, que se celebran cada 6, 5, 6 e 11 anos, pero calquera ano e momento é idóneo para realizar algún itinerario desta ruta
e visitar a súa cidade meta, Compostela.
Os Camiños de Santiago
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:47 Página 37
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 38
O Camiño de Santiago xerou ó longo dos seus doce séculos de
existencia unha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social.
Por mor del naceu a primeira gran rede asistencial de Europa e
creáronse mosteiros, catedrais e novos núcleos urbanos.
Grazas ó encontro entre xentes de tan diversa procedencia que esta ruta
propiciou, xurdiu unha cultura baseada no intercambio aberto de ideas
e correntes artísticas e sociais, así como un dinamismo socioeconómico
que favoreceu, sobre todo durante a Idade Media, o desenvolvemento
de diversas zonas de Europa. A pegada do Camiño e dos peregrinos a
Compostela é recoñecible en infinidade de testemuños públicos e
privados, en distintas manifestacións da arte ou, por exemplo, nos máis
de mil libros que nas últimas décadas se ocuparon en todo o mundo
desta senda, obra e patrimonio de todos os europeos.
As vías principais do Camiño de Santiago foron declaradas
Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987) polo Consello de Europa,
Ben Patrimonio da Humanidade pola UNESCO nos seus trazados
ó longo de España e Francia (1993 e 1998, respectivamente)
e Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2004,
outorgado pola Fundación Príncipe
de Asturias.
Camiño de Europa
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 39
40
A Península Ibérica formaría parte, segundo determinados
textos antigos, das terras nas que o apóstolo Santiago
predicou o cristianismo. Tras morrer decapitado en
Palestina, polo ano 44 d.C., os seus discípulos,
conforme á tradición, trasladaron o seu corpo nunha
nave a Galicia, unha das terras hispánicas incluídas
na súa predicación.
Os difíciles tempos dos primeiros anos do cristianismo
e a despoboación de boa parte do norte peninsular levarían
ó esquecemento do lugar do enterramento. Con todo,
polo ano 820 descóbrense uns restos que as autoridades
eclesiásticas e civís consideraron os de Santiago o Maior.
Sucede nunha perdida fraga galega e o acontecemento
daría lugar ó nacemento da actual cidade de Santiago
de Compostela.
Convertida na atractiva meta dunha peregrinación que
levaba ó sepulcro do único apóstolo de Cristo enterrado
en terras europeas xunto con San Pedro, en Roma,
a Santiago irán chegando, ó longo dos séculos,
peregrinos de toda procedencia e polos máis
diversos itinerarios.
Galicia, o país de Santiago
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 40
Debido á gran diversidade de procedencias dos peregrinos
iranse definindo sobre o chan galego seis itinerarios principais
de chegada dende toda Europa.
O itinerario que acada unha maior concorrencia e relevancia,
tanto socio-económica como artística e cultural, é o denominado
Camiño Francés, que entra en España, dende Francia, polos
montes Pireneos, e en Galicia polo mítico alto do Cebreiro.
Pero outros cinco itinerarios conseguiron facerse, así mesmo,
un lugar na historia das peregrinacións xacobeas.
Camiños xacobeos galegos
Camiño Francés
Camiño do Sueste–Vía da Prata
Camiño Portugués
Ruta do mar de Arousa e río Ulla
Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño Inglés
Camiño do Norte
Camiño Primitivo
41 Camiño do Norte
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 41
42
Son os Camiños Primitivo e do Norte,
que acadaron sona nos primeiros tempos
da peregrinación, con dous trazados
principais que entran en Galicia por
Asturias, procedentes do País Vasco e
Cantabria; o Camiño Inglés, seguido sobre
todo polos peregrinos que dende o norte
de Europa e as Illas Británicas arribaban
a portos como os da Coruña e Ferrol;
o Camiño Portugués, que dende o
sudoeste de Galicia utilizaban os
peregrinos procedentes de Portugal,
e o Camiño do Sueste, polo que se dirixían
a Santiago os peregrinos que, dende o sur
e o centro da Península, seguían a popular
Vía da Prata, entre Mérida e Astorga,
para continuaren, dende terras ourensás,
ata Compostela.
O Cebreiro. Camiño Francés
Oseira. Camiño do Sueste-Vía da Prata
“Compostela” e credencial A Coruña. Camiño Inglés
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 42
Tamén se consideran itinerarios
xacobeos, pola súa simboloxía histórica,
outros dous. Son o Camiño de Fisterra-
Muxía, utilizado por determinados
peregrinos medievais que, despois de
venerar a tumba apostólica, se sentían
atraídos pola viaxe ata o cabo Fisterra,
o extremo occidental da terra naqueles
tempos coñecida, e a denomina da
Ruta do mar de Arousa e río Ulla,
que rememora o itinerario polo que,
segundo a tradición, chegaron en barco a
Galicia os restos mortais do apóstolo (s. I).
Cabo Fisterra. Camiño de Fisterra-Muxía
43 Camiño do Norte
NORTE EN GALEGO 2009=IMP.qxd:Maquetación 1 27/10/09 22:48 Página 43
Recommended