View
449
Download
6
Category
Preview:
Citation preview
21 de xullo de 201316º Tempo ordinario (C)
Lucas 10, 38-42
Red evangelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a difundir o Evanxeo de Xesús. Pásao.
José Antonio Pagola
Música:Puccini;present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
O episodio é algo sorprendente.O episodio é algo sorprendente. Os discípulos que acompañan a Xesús desapareceron da Os discípulos que acompañan a Xesús desapareceron da
escena. escena. Lázaro, o irmán de Marta e María, está ausente. Lázaro, o irmán de Marta e María, está ausente.
Na casa da pequena aldea de Betania, Xesús encóntrase Na casa da pequena aldea de Betania, Xesús encóntrase a soas con dúas mulleres que adoptan ante a súa a soas con dúas mulleres que adoptan ante a súa
chegada dúas actitudes diferenteschegada dúas actitudes diferentes
Marta, que sen dúbida é a irmá maior, acolle a Xesús como ama da casa, e ponse
totalmente ao seu servizo. É natural. Segundo a mentalidade da época, a dedicación
ás faenas do fogar era tarefa exclusiva da muller.
María, pola contra, a irmá
máis nova, senta aos pés de Xesús para escoitar a súa
palabra. A súa actitude
é sorprendente
pois está ocupando o lugar propio
dun “discípulo”
que só correspondía aos varóns.
Nun momento determinado, Marta,
absorbida polo traballo e desbordada
polocansazo, séntese
abandonada pola súa irmá
e incomprendida por Xesús:
“Señor, non che importa que miña
irmá me teña deixado soa co
servizo? Dille que me bote
unha man”.
Por que non manda á súa irmá
que se dedique ás tarefas propias de
toda muller e deixe de ocupar o lugar reservado
aos discípulos varóns?
A resposta de Xesús é de grande importancia.
Lucas redáctaa pensando
probablemente nas desavinzas e pequenos
conflitos que se producen nas
primeiras comunidades á hora de fixar as diversas tarefas:
““Marta, Marta, andas Marta, Marta, andas inqueda inqueda
e nerviosa con tantas e nerviosa con tantas cousas; cousas;
só unha é necesaria. só unha é necesaria. María escolleu a mellor María escolleu a mellor
parte, e esa nunca se lle parte, e esa nunca se lle vai quitar”vai quitar”..
En ningún momento critica Xesús a Marta
a súa actitude de servizo, tarefa fundamental
en todo seguimiento a Xesús, pero invítaa
a non deixarse absorber polo seu
traballo ata o punto de perder a paz.
E lembra que a escoita da súa Palabra E lembra que a escoita da súa Palabra ha de ser o prioritario para todos, tamén ha de ser o prioritario para todos, tamén para as mulleres, e non unha especie de para as mulleres, e non unha especie de
privilexio dos varóns.privilexio dos varóns.
É urxente hoxe entender e organizar
a comunidade cristiá como un lugar onde se coida, antes de nada,
a acollida do Evanxeo no medio da sociedade secular e plural dos nosos días.
Nada hai máis importante. Nada máis necesario.
Temos que aprender a reunirnos mulleres e Temos que aprender a reunirnos mulleres e varóns, crentes e menos crentes, en pequenos varóns, crentes e menos crentes, en pequenos
grupos para escoitar e compartir xuntos as grupos para escoitar e compartir xuntos as palabras de Xesús.palabras de Xesús.
Esta escoita do Evanxeo en Esta escoita do Evanxeo en pequenas “células” pode ser hoxe a “matriz” desdepequenas “células” pode ser hoxe a “matriz” desde
a que se vaia rexenerando o tecido dasa que se vaia rexenerando o tecido das nosas parroquias en crise.nosas parroquias en crise.
Se o pobo sinxelo coñece de primeira manSe o pobo sinxelo coñece de primeira man o Evanxeo de Xesús, o saborea e o reclama o Evanxeo de Xesús, o saborea e o reclama
á xerarquía, arrastraranos a todos cara a Xesús.á xerarquía, arrastraranos a todos cara a Xesús.
NADA HAI MÁIS NECESARIOO episodio é algo sorprendente. Os discípulos que acompañan a Xesús desapareceron da
escena. Lázaro, o irmán de Marta e María, está ausente. Na casa da pequena aldea de Betania, Xesús encóntrase a soas con dúas mulleres que adoptan ante a súa chegada dúas actitudes diferentes.
Marta, que sen dúbida é a irmá maior, acolle a Xesús como ama da casa, e ponse totalmente ao seu servizo. É natural. Segundo a mentalidade da época, a dedicación ás faenas do fogar era tarefa exclusiva da muller. María, polo contrario, a irmá máis nova, senta aos pés de Xesús para escoitar a súa palabra. A súa actitude é sorprendente pois está ocupando o lugar propio dun “discípulo” que só correspondía aos varóns.
Nun momento determinado, Marta, absorbida polo traballo e desbordada polo cansazo, séntese abandonada pola súa irmá e incomprendida por Xesús: “Señor, non che importa que miña irmá me teña deixado soa co servizo? Dille que me bote unha man”. Por que non manda á súa irmá que se dedique ás tarefas propias de toda muller e deixe de ocupar o lugar reservado aos discípulos varóns?
A resposta de Xesús é de grande importancia. Lucas redáctaa pensando probablemente nas desavinzas e pequenos conflitos que se producen nas primeiras comunidades á hora de fixar as diversas tarefas: “Marta, Marta, andas inqueda e nerviosa con tantas cousas; só unha é necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar”.
En ningún momento critica Xesús a Marta a súa actitude de servizo, tarefa fundamental en todo seguimento a Xesús, pero invitáa a non deixarse absorber polo seu traballo ata o punto de perder a paz. E lémbralle que a escoita da súa Palabra ha de ser o prioritario para todos, tamén para as mulleres, e non unha especie de privilexio dos varóns. É urxente hoxe entender e organizar a comunidade cristiá como un lugar onde se coida, antes de nada, a acollida do Evanxeo no medio da sociedade secular e plural dos nosos días. Nada hai máis importante. Nada máis necesario. Temos que aprender a reunirnos mulleres e varóns, crentes e menos crentes, en pequenos grupos para escoitar e compartir xuntos as palabras de Xesús.
Esta escoita do Evanxeo en pequenas “células” pode ser hoxe a “matriz” desde a que se vaia rexenerando o tecido das nosas parroquias en crise. Se o pobo sinxelo coñece de primeira man o Evanxeo de Xesús, o saborea e o reclama á xerarquía, arrastraranos a todos cara a Xesús.
José Antonio PagolaEn
Recommended