View
126
Download
6
Category
Preview:
Citation preview
30 de marzo de 20144º Coresma (A)
Xoán 9, 1- 41
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASXesús é tamén para os excluídos. Pásao.
José Antonio Pagola
Música:Montovani orquestaPresent:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain
É cego de nacemento. Nin el nin seus pais teñen culpa ningunha, pero o seu
destino quedará marcado para sempre. A xente mírao como un pecador castigado por Deus.
Os discípulos de Xesús pregúntanlle se o pecado é do cego o de seus pais.
Xesús mírao de maneira diferente. Desde que o viu, só pensa en rescatalo daquela vida desgraciada de mendigo, desprezado por
todos como pecador. El séntese chamado por Deus a defender, acoller
e curar precisamente os que viven excluídos e humillados.
Despois dunha curación traballosa na que tamén el tivo que colaborar con Xesús, o cego descobre por vez primeira
a luz. O encontro con Xesús cambiou a súa vida.
Por fin poderá gozar dunha vida digna, sen temor a avergoñarse ante ninguén.
Engánase. Os dirixentes relixiosos séntense obrigados a controlar a pureza da relixión.
Eles saben quen non é pecador e quen está en pecado. Eles decidirán se pode ser aceptado na
comunidade relixiosa.
O mendigo curado confesa abertamente que foi Xesús quen se lle achegou e o curou, pero os fariseos rexéitano irritados:
“Nós sabemos que ese home é un pecador”.
Os fariseos non o poden aguantar: “En pecado
naciches de pés a cabeza e,
ti vasnos dar leccións a nós?”.
O home insiste en defender a
Xesús: é un profeta, vén de Deus.
O evanxelista di que,
“cando Xesús oíu que o
expulsaran, foi a
encontrarse con el”.
O diálogo é breve. Cando Xesús lle
pregunta se cre no Mesías, o expulsado
di:
“E, quen é, Señor, para que crea nel?”.
Xesús respóndelle conmovido: Non está lonxe de ti.
“Estalo vendo; o que che está falando, ese é”.
O mendigo dille: “Creo, Señor”.
Os que non teñen sitio nas nosas igrexas teñen un lugar privilexiado no seu corazón.
Non abandona aos que o buscan e o aman Non abandona aos que o buscan e o aman aínda que sexan excluídos das comunidades
e institucións relixiosas.
Quen llevará hoxe esta mensaxe de Xesús ata eses colectivos que, en calquera momento, escoitan
condenas públicas inxustas de dirixentes relixiosos cegos; que se achegan ás celebracións cristiás con temor a ser recoñecidos; que non poden comungar
con paz nas nosas eucaristías; que se ven obrigados a vivir a súa fe en Xesús no silencio do seu corazón,
case de maneira secreta e clandestina?
Amigos e amigas descoñecidos, non o esquezades: cando os cristiáns vos
rexeitamos, Xesús estavos acollendo.
PARA EXCLUÍDOS
É cego de nacemento. Nin el nin seus pais teñen culpa ningunha, pero o seu destino quedará marcado para sempre. A xente mírao como un pecador castigado por Deus. Os discípulos de Xesús pregúntanlle se o pecado é do cego ou de seus pais.
Xesús mírao de maneira diferente. Desde que o viu, só pensa en rescatalo daquela vida desgraciada de mendigo, desprezado por todos como pecador. El séntese chamado por Deus a defender, acoller e curar precisamente os que viven excluídos e humillados.
Despois dunha curación traballosa na que también el tivo que colaborar con Xesús, o cego descobre por vez primeira a luz. O encontro con Xesús cambiou a súa vida. Por fin poderá fozar dunha vida digna, sen temor a avergoñarse ante ninguén.
Engánase. Os dirixentes relixiosos séntense obrigados a controlar a pureza da relixión. Eles saben quen non é pecador e quen está en pecado. Eles decidirán se pode ser aceptado na comunidade relixiosa.
O mendigo curado confesa abertamente que foi Xesús quen se lle achegou e o curou, pero os fariseos rexéitano irritados: “Nós sabemos que ese home é un pecador”. O home insiste en defender a Xesús: é un profeta, vén de Deus. Os fariseos non o poden aguantar: “En pecado naciches de pés a cabeza e, ti vasnos dar leccións a nós?”.
O evanxelista di que, “cando Xesús oíu que o expulsaran, foi encontrarse con el”. O diálogo é breve. Cando Xesús lle pregunta se cre no Mesías, o expulsado di: “E, quen é, Señor, para que crea nel?”. Xesús respóndelle conmovido: Non está lonxe de ti. “Estalo vendo; o que che está falando, ese é”. O mendigo dille: “Creo, Señor”.
Así é Xesús. El vén sempre ao encontro daqueles que non son acollidos oficialmente pola relixión. Non abandona os que o buscan e o aman aínda que sexan excluídos das comunidades e institucións relixiosas. Os que non teñen sitio nas nosas igrexas teñen un lugar privilexiado no seu corazón.
Quen levará hoxe esta mensaxe de Xesús ata eses colectivos que, en calquera momento, escoitan condenas públicas inxustas de dirixentes relixiosos cegos; que se achegan ás celebracións cristiás con temor a ser recoñecidos; que non pueden comungar con paz nas nosas eucaristías; que se ven obrigados a vivir a súa fe en Xesús no silencio do seu corazón, case de maneira secreta e clandestina? Amigos e amigas descoñecidos, non o esquezades: cando os cristiáns vos rexeitamos, Xesús estavos acollendo.
José Antonio Pagola
Recommended