8º pentecoste c 2013

Preview:

Citation preview

Á noitiña daquel día, o día primeiro da semana,

estaban os discípulos nunha casa coas portas pechadas por

medo aos xudeus.

Nisto entrou Xesús, púxose no medio e díxolles:

PAZ A VOSOTROS…

Ciclo C

PAZ convosco

E dito isto exhalou o seu alento sobre eles e díxolles:

- Recibide o Espírito Santo:

Aos que lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados:

Aos que llelos reteñades, quedaranlles retidos.

Xn 20, 19-23

O Papa Bieito XVI subliñaba que en Pentecoste o Espírito Santo concede aos fieis

o don de comprender.

“Supera as rupturas iniciadas en Babel – a confusión dos corazóns,

que nos enfronta uns a outros -, e abre as fronteiras”.

O vento do Espírito sácanos de noso individualismo Ábrenos á comprensión de todos Axúdanos a superar os nosos límites e prexuízos Introdúcenos no pobo de Deus que é esencialmente

católico, é dicir universal.

O Papa subliña a importancia do saúdo

de Xesús que desexa aos seus o don da paz.

Unha paz que non nace dos ferrollos,

senón das presenzas do Señor no medio das comunidades, chamadas a vencer o medo.

Xesús exhala o seu alento sobre os discípulos

e comunícalles o seu Espírito para que poidan perdoar

os pecados.

O alento de Xesús recorda o sopro de Deus sobre o home inicial para que teña vida.

O Espírito ofrécenos a paz e, grazas ao perdón de Deus, inicia en cada un

de nós unha nova creación e unha nova revelación da súa vontade.

O vento impetuoso e O sopro da brisa.

Evócannos a forza e beleza do natural, pero remítenos a un mundo sobrenatural.

A festa de Pentecoste é representada por dous símbolos bíblicos:

Así é o Espírito de Deus.Purifícanos e arranca as nosos ancoraxes.

O furacán rise das fronteiras. E o vento de Deus invítanos a superar os nosos particularismos,

aldeanismos e nacionalismos.

Grazas ao vento purifícase o ambiente contaminado, pero ninguén o pode deter cando sopra impetuoso.

Grazas ao alento podemos respirar e vivir.Pero o alento é silandeiro.

Cando se fai sonoro indícanos que estamos enfermos.

Tamén o perdón é discreto.O griterío das prazas o das promesas políticas non

se compaxina co perdón que nos dá a paz e crea verdadeiras comunidades.

Pai celestial, ti déchesnos o Espírito para que nos encha de vidae nos guíe polos caminos do amor.

Fainos dóciles á súa orientación para que vivamos na unidad e na paz.

Por Xesucristo noso Señor. Amén.