View
238
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
Revista escolar do colexio do Irixo
Citation preview
--
a
arracada numer0 5
SAÚDOTedes nas vosas mans a pu-
blicación número cinco da revista es-colar do CEIP Virxe Pena da Sela quecon moito gusto preparamos paraque todos a poidades disfrutar.
Neste proxecto pretendemosfacervos chegar unha pequena mos-tra dos traballos e actividades com-plementarias realizadas ao longo docurso 2009/2010. Inclúense numero-sas imaxes e fotografías que preten-den ilustrar o expresado de formaescrita. Este ano o noso cole mudouun pouquiño o seu aspecto e preten-
demos que no vindeiro curso sigamellorando. Verédelo reflexado nasfotografías anteriormente menciona-das.
Agradecemos o interese amo-sado por todas as persoas que fixeronposible este novo número da revistaescolar e de-sexamos que sexa do voso agrado eque vos faga pasar un rato agrada-ble. Nós pola nosa parte puxemostodo o interese e ilusión para que isofose así. Se conseguimos que disfrutene gocen da lectura deste exemplar onoso maior obxectivo estaría aca-
dado. Grazas por lernos.
SUMARIO
A ARRACADACEIP VIRXE PENA DA SELA
(O IRIXO)
LETRAS GALEGAS 2010Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda,Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos.Esta terra será o principal referente físico para osseus versos, ofrecendo unha anovadora visiónda paisaxe dentro da literatura galega. No ano1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con quecomeza un ciclo poético que retomará con Oseidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas(1974). Nos comezos da década de 80, o poetaprincipia a recompilar e depurar o seu ciclo cou-relán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel(1981), que terá diversas reedicións. No ano1983 afíncase definitivamente en Santiago, ci-dade desde a cal exerceu como presidente daAsociación de Escritores en Lingua Galega, até asúa morte no ano 1999.
Publica Poemas caligráficos en 1979, nunhaedición prologada e ilustrada por Reimundo Pa-tiño, con textos vinculados a unha vangarda pic-tórica organizada arredor do grupo Brais Pinto.Xa na segunda metade desa década comezacunha recompilación temática da súa produciónpoética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987),reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dousanos máis tarde, en Do Courel a Compostela1956-1986, os de temática política, que iránacompañados dunha antoloxía crítica. En1994, logo de varios anos de silencio edito-rial, editou Poemas de doada certeza i estebrillo premido entre as pálpebras. En 1998publicou Betanzos: Poema dos Caneirose Estampas.
Nos seus textos, Novoneyra explicitao seu compromiso nacionalista e mar-xista (especialmente na época en que
estes temas son protagónicos na literaturagalega), sen deixar de preocuparse en ningúnmomento pola forma poética e mais pola lin-guaxe, pesquisando na materia lírica até conse-guir o mellor resultado visual e —sobre todo—sonoro para os textos (botando man para talefecto de diversos recursos como o fonosimbo-lismo, a utilización de dialectalismos e vulgaris-mos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).
ANIMACION A LECTURA
No noso cole temos a sorte de realizar o último venres de cada mes
unha serie de actividades na biblioteca orientadas a promover hábitos
lectores así como o gusto e placer pola lectura. Unha das actividades le-
vadas a cabo este ano consistía en formar grupos de catro ou cinco
nenos. Cada grupo lería para o resto dúas novas: unha delas real (to-
mada dun xornal), e a outra falsa, previamente inventada e redactada
en común polos membros do equipo. Os demáis membros do equipo te-
rían que averiguar se a nova escoitada era a verdadeira ou a falsa.
A continuación deixámosvos unha mostra das novas que lemos
para que cada quen opine se é real ou falsa.
ROUBO NUNHA XOIERÍA
Un home duns 38 anos de idade foi
sorprendido roubando na xoiería “Jose
Luís” situada na rúa Doctor Fleming no
centro de Ourense. O dono da xoiería de-
catouse do roubo ao revisar as cámaras de
seguridade que grabaran o home gar-
dando varias xoias de alta calidade nun
maletín. O valor das xoias ascende a un
total de 30.000 euros. O ladrón tivo tempo
suficiente para escapar. O dono puxo os
feitos en coñecemento da policía, a cal in-
vestiga o paradoiro do ladrón.
AS BOLSAS DE PLÁSTICO FORMARÁN PARTE
DO MUSEO DE MEDIO AMBIENTE DE CÁDIZ
Ante a inminente desapari-
ción das bolsas de plástico como
consecuencia da introducción das
bolsas de papel para protexer o
medio ambiente, as autoridades res-
ponsables do Museo Do Medio Am-
biente de Cádiz, decidiron que varios
exemplares de bolsas de plástico
formaran parte desta institución.
INVESTIGAN A ORIXE DUN METEORITO AVISTADO EN GALICIA
Pese a proliferación de embustes a conta de falsos ovnis e me-
teoritos, a caída de bólidos a Terra é frecuente e cada vez se detec-
tan máis e mellor en Galicia. Os astrónomos da Universidade de
Santiago estudian un meteorito que vai cruzar o ceo en Galicia na
noite do 28 de setembro, despois de que unha cámara captara a
traxectoria dunha bóla de lume.
O CABECILLA DA “OPERACIÓN ROJAS” ADMITE QUE ESCONDÍA
COCAÍNA EN CASA E EXCULPA A SÚA MULLER
A audiencia provincial acolleu onte a primeira sesión do
xuízo contra oito persoas, acusadas en distinto grao, de tráfico de
drogas. Só o presunto cabecilla, Jorge Luís Rojas Espino, nado en
Colombia, recñeceuse autor dagúns dos feitos que o fiscal lle atri-
buíu. Si asumiu a propiedade dos catro quilos de cocaína atopada
na súa casa, pero desentendeuse da que o 12 de novembro de 2006
incautaron a Victoria Martínez, que asegurou exercer de simple co-
rreo para Rojas.
CANDO VOA A IMAXINACION...
Neste curso tivemos a ocasión de dis-
frutar de dúas sesións de contacontos. A
primeira delas levouse a cabo o 29 de ou-
tubro de 2009 e titulábase “Leo e as estre-
las”. Tratábase dun espectáculo de sombras
co que aprendemos moitas cousas acerca
da Vía Láctea.
O venres 30 de abril, con motivo da
celebración do día do libro contamos coa
presenza do contacontos Mario Tomás, do
Consorcio Editorial Galego, que nos deleitou
con historias nas que os protagonistas
eran monicreques como a titulada “O rei e
as tres princesas”. Pero o personaxe que
máis nos gustou a todos pola súa simpatía
foi o avó pato.
ERASE UNHA VEZ...Aquí vos deixamos algún conto escrito e ilustrado por nós. Teñen
como principal ingrediente a imaxinación...
A FADA ARREGLEIRA
Hai algúns días, non paraba de ch
over.
Estaban todos os ríos cheos e os “
nenos-fada”
non podían xogar e tiñan que que
dar na casa
e aburrirse. Un día a fada Arregle
ira, que tiña
os mesmos anos ca nós, ocurríus
elle que ao
mellor o rei das nubes lle pasara
algo. A
fada falou con el e o rei-nube cont
oulle que
non tiña amigos e por iso estaba
triste.
Entón Arregleira díxolle: -”Pois, p
or que
non eres o meu?”. A nube púxose
con-
tenta e deixou de chorar. Finalmen
te,
como deixou de chover, os rapaces
es-
taban contentos e os ríos deixaro
n de
estar repletos de auga.
Nerea Cibeira Trigás. 3º de E.P
.
O RELOXO DURMIÑÓNUn día o alcalde dos reloxos estaba moi
canso e foise deitar. En dous días non despertou.
Chamárono pero non collía o móbil. Como
crían que non funcionaba ben, levárono a
enfermería dos reloxos e fixéronlle unha
operación: cambiáronlle o mecanismo
das agullas. Despois da operacióntodo volveu a normalidade.
Álvaro Lorenzo Diéguez 3º E.P.
DINAMIZAMOS O GALEGOO xoves 18 de marzo participamos xunto aos centros de Beariz e
Nosa Señora de Xuvencos nunha "Convivencia cultural-deportiva" no
concello de Beariz. Foi unha xornada moi especial, onde todos os nenos e
nenas participaron nas diferentes actividades programadas ao longo de
toda a xornada. Este ano na orqanización das actividades tamén parti-
ciparon os ENDL dos respectivos colexios favorecendo que parte das mes-
mas estiveran orientadas á "dinamización do galego", entre as que hai
que destacar a elaboración dun gran cartaz co lema:” "Sube ao tren do
Galego”.
Como xa levamos fa-cendo algúns anos, estecurso tamén participamosnun concurso organizadopola Coordinadora do Ga-lego da Comarca, que con-sistía na elaboración duncartel e lema que animaraao uso do galego. Estesforon os que presentamosos alumnos de primaria:
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, este ano lemos na clase un libro titulado:“Boca de arame”. Ana Blanco de 2º e María Cibeira de 1º escribiron unha pe-
quena sinopse do mesmo.
Había unha nena que se cahamba Ali-
cia. Tiña unha tía e un tío que polo seu
aniversario lle regalaron un diario.
Cada día escribía nel un anaquiño do
que lle pasaba. O seu maior problema
era que como tiña aparato nos dentes,
algúns compañeiros ríanse dela. Un día
escribíronlle na pizarra “Boca de
arame” e Alicia sentiuse moi triste. Fi-
nalmente coa axuda da profesora de-
catáronse de que todos tiñan algún tipo
de problema: aparatos nos dentes, pio-
llos, zapatos correctores, lentes....
O que opinan os lectores...Santiago López 3ª: O que máis me gustou foi cando ao compañeiro que se ríadela lle puxeron tamén aparatos. Tamén me gustou cando Alicia do mal que opasaba se fixo pis.” María Cibeira 1º: “Gustoume que os seus tíos lle regalaran un diario.”Santiago Pampín 3º: “ O mellor foi a idea da profesora de escribir unha cartaaos pais de tódolos nenos para axudar a Alicia.Álvaro Lorenzo 3º: Que os amigos de Alicia a consolaran cando choraba foi oque máis me gustou.Lucía Penedo 1º: A min o que máis me gustou foi cando Alicia non quería ir áescola.
C R I T I C A L I B R O S
O libro “Vinte mil leguas de viaxe
submarino” é un libro un pouco
longo pero moi entretido. Algún
dos personaxes que aparece na
historia é un tanto raro, sobre
todo o capitán Nemo, porque se
separou da civilización hu-
mana e vive nun submarino
cos seus tripulantes. A parte
máis emocionante do libro é
cando o capitán da fragata
Abraham Lilcoln, por orde
d o
goberno, intenta capturar ao
submarino porque pensan
que é un monstro marino e
que é necesario eliminalo.
“Vinte mil leguas de viaxe
submarino” é un libro cheo de
aventuras, no que a túa imaxi-
nación pode voar ata mundos
que nin sequera imaxinaches, por
iso llelo recomendo a todos os que
aínda non o leron.
m a i s C R I T I C A L I B R O SOs nenos de 4º, 5º e 6º este curso un dos libros que
lemos foi o de “Vinte mil leguas de viaxe submarino”. ElenaBlanco Otero, alumna de cuarto de primaria fai unha valora-ción persoal acerca do mesmo.
A MECÁNICA DO CORAZÓNO protagonista desta historia ten o seu cora-zón ferido e deberá reemplazalo por un reloxode madeira que o obrigará a cumprir tres re-gras para sobrevivir: non tocar as agullas, do-minar a cólera e non namorarse nunca.Viaxará desde Escocia ata Andalucía na buscado seu amor.
VIAXE AO CENTRO DA TERRA
Valoración persoal. no-
vela de aventuras que deisxa
voar a imaxinación... nos
sitúa xeofgreaficamente
Sinopse:
ço obstinado profesor Liden-
brock descifra un criptograma
do alquimista Arne Saknus-
semm e chega a conclusión de
que é posible viaxar ao centro
da terra. Combínanse porten-
tosas aventuras, escenarios
insólitos, e elementtos científi-
cos
Facer filosofía, non é outra cousa que refle-
xionar sobre: a morte, a verdad, a xustiza, a natu-
reza, o tempo, etc......
Este libro pretende contar coa maior sencilez
posible, sin discursos académicos, quen a lea disfu-
tará sin temor nin temblor da súa emoción inte-
lectual..... e poida seguir pensando pola súa conta.
Daniel Pennac “ Mal de Escola”: nesta obra,
mestura as testemuñas, coas disfuncións das
institucións escolares, o papel dos pais e da fa-
milia co papel da televisión e dos medios de
comunicación
QUE LER ....
Xa hai moito tempo que temos a Mari Luz entre nós como encargada da
biblioteca e como colaboradora nunha das tarefas máis importantes que
pode haber nun centro escolar: fomentar unha das afección máis bonitas
que pode ter unha persoa, a LECTURA. Por iso, estamos encantados de fa-
cerlle esta entrevista.
Silvana: Que cres que lle pode aportar a lectura a calquera persoa?
Mari Luz: Moitos coñecementos, moitísimo saber e comprensión cara os de-
mais.
Eric: Se tiveras que ir vivir a unha illa deserta, que tres libros elixirías para
levar contigo?
Mari Luz: Lo que el viento se llevó, La gangrena e A nosa cinza.
Silvana: No tempo que levas encargada da biblioteca, cales dirías que son os libros máis lidos polos nenos?
Mari Luz: Os Bolechas e contos infantís.
Eric: Cres que cambiaron moito os hábitos lectores dos nenos da túa época con respecto aos nenos de hoxe en día?
Mari Luz: Si, os nenos de hoxe en día len menos.
Silvana: Cal é o libro máis aburrido que liches nunca?
Mari Luz: Non o sei porque os que son moi aburridos non os acabo de ler.
Eric Que outras afeccións tes ademais da lectura?
Mari Luz: Andar, ir á praia, bordar e facer ganchillo.
Silvana:: Escolle un libro que marcara cada unha das etapas da túa vida: infancia, adolescencia, xuventude e idade
adulta.
Mari Luz: Infancia: Marcelino pan y vino, adolescencia: la vida sale al encuentro, xuventude: Tiburón e idade adulta:
Non sen a miña filla.
Eric Algunha xente di que prefire unha boa película a un libro, porque o cine ten imaxe e son, que cres que nos
aporta un libro que non teña unha película?
Mari Luz:: Imaxinación.
Silvana: En canto ao día a día na biblioteca, que consideras o máis gratificante do teu traballo?
Mari Luz:: Cando veñen os nenos e queren que lles leas un libro.
Eric E o que menos che gusta?
Mari Luz: Colocar os libros.
Silvana: Que cousas mellorarías na biblioteca?
Mari Luz: Poñería máis espazo, obras actuais e INTERNET, estamos sen el desde 2008.
Eric Hoxe en día as novas tecnoloxías estanlle a gañar terreo aos libros de toda a vida, cres que o libro tradicional
en soporte papel ten os días contados, como opinan algúns?
Mari Luz:: ESPERO QUE NON!
Silvana: Nunha sociedade na que os máis novos adican a meirande parte do seu tempo libre á televisión e os vide-
oxogos, que poderiamos facer para fomentar a lectura?
Mari Luz: o primeiro é intentar que os nenos adquiran o hábito de vir á biblioteca, e logo dende as isntitucións,
facer campañas de acercamento a biblioteca ( bibliobús no verán, concursos, etc...... )
Eric: Tes algunha anécdota divertida que che pasara con algún dos nenos do centro?
Mari Luz: Pois terlle que cambiar as braguiñas a unha nena, aínda que esta non era do centro, ter que consolar a
algún que lle saiu mal un exame…
Silvana: Moitas grazas pola túa colaboración e esperamos que sigas entre nós mooooitos anos máis!
ENTREVISTA
COMICYeray Diéguez 6º
FALAN AS PAREDES...
As paredes donoso colexio bosteza-ban de aburrimento,pero a partires deagora falan e divír-tense, grazas a quedecidimos darlles pro-tagonismo e facelaspartícipes dos trabal-llos e acontecemen-
tos ocurridos aolongo do ano. A conti-nuación podedes verunha serie de fotogra-fías que reflictencomo se engala-naron as paredesdo noso cole se-gundo a ocasión deque se tratase.
FALAN AS PAREDES... DO NADALEstas imaxes recollen momentos do
xa tradicional festival de Nadal que vimoscelebrando todos os anos, e ao que está in-vitado a asistir quen o desexe. Todos osnenos participamos en diferentes actua-cións teatrais e musicais.
As postais expostas son as queparticiparon no primeiro concurso detarxetas de nadal que celebramos esteano. A gañadora foi a de Mara Gon-zález Otero de 1º de E.P.
FALAN AS PAREDES: MAIS NADAL
A visita de Papá Noel xa éalgo tradicional por estas datas, eeste ano non ía ser menos. Apa-receu no comedor cun saco delambetadas para todos.
Este ano como novidade pui-demos deixar as nosas cartas aosReis Magos nunha caixa de co-rreos que eles mesmos colocaronno cole. Unha carta que nos invi-taba a que lles escribísemosacompañaba á caixa de correo.Eles agradecidos pola participa-ción deixaron agasallos paratodos debaixo da árbore de nadal.Gustáronnos moito!
VisitadePapaNoel
festasCelebramos o Samaíncon xogos e cancións.Tampouco faltaron re-presentacións teatrais.As paredes do cole deco-ráronse para a ocasión.
Non podía faltar a celebración do magosto
no que as castañas e os xogos populares
foron os protagonistas.
entroido
Unha das celebracións que máis nos
gusta é a do entroido. O Meco volveu ser un
dos protagonistas destes días. Nas súas
mandas pedíanos que levásemos unha bata,
colares, a cara pintada, algo na cabeza....
Todos fomos moi obedientes! O venres dis-
frazámonos cada quen como quixo e saímos
pola localidade. Recibíronnos no concello,
na farmacia, no centro de saúde e no
centro de maiores. A todos lles animou a
nosa presenza e enchéronnos de larpeiras
para alegría nosa. Pasámolo moi ben. De
volta no colexio degustamos un menú típico
do entroido no que no podían faltar as ore-
llas de
postre.
A
día da paz
Para celebrar o día daPaz xuntámonostodos os nenos e le-vamos a cabo unhaserie de actividades:unha delas consistíaen que cada neno es-cribiría nunha tar-xeta cualidades evirtudes do compa-ñeiro que lle tocase aoazar. Unha vez escri-tas colocaríanas nointerior duns cora-zóns postos na pa-
rede para ser lidas. Acontinuación cadaneno escollería unhatarxeta de entre todase lería o nome e ascualidades do neno aoque se lle adica. Outraactividade foi a repre-sentación de dúas po-esías. Taméncantamos unha can-ción, e os máis pe-queno do coleparticipamos nunhaguerra de bicos.
imos ao cine
Avatar é unha película de ciencia
ficción estadounidense, escrita, produ-
cida e dirixida por James cameron.
Ambiéntase no ano 2154 e os feitos des-
enrólanse en Pandora, habitada por
unha raza humanoide chamada navi,
coa que os humáns se atopan en con-
flicto, xa que dispoñen dun mineral moi
cotizado polos humáns que suporía a
solución aos problemas enerxéticos da
Terra. Jake, un marine parapléxico é
seleccionado para participar nun pro-
xecto que transporta a mente dos cien-
tíficos a uns corpos artificiais de navi,
para que así a comunicación sexa máis
sinxela. Nun principio, Jake cumple
profesionalmente a súa misión, pero
namórase dunha das nativas e deberá
decidir de que lado está.
Aproveitando que no Novocine de Leiro proxectaban a películaen 3D de AVATAR, non dubidamos en saír do cole para disfrutalaxunto cos compañeiros do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Bo-borás.
EXCURSION A MARCELLEO venres 24 de marzo
realizamos unha excursiónao Parque da Natureza deMarcelle en Outeiro de Rei(Lugo). Alí recibíronnos dousmonitores que nos acompa-ñaron toda a xornada nunhavisita guiada ao parque noque coñecemos as distintasespecies de animais alí exis-tentes, así como as súas ca-racterísticas e curiosidades.Tivemos ocasión tamén devisitar a reserva, onde poide-mos observar algúns animaisque alí viven en semiliber-dade e coñecer as particulari-dades sobre o bosque e a vidaneste. Algúns dos animais quevimos foron cisnes, cervos,cobos, avestruces, dromeda-rios, canguros, lobos, suricatos,ñandúes, renos etc... Pasámolomoi ben e aprendemos moito.Grazas!
FestivaldasLetras Galegas
Este ano sentímonos moi satisfeitos co resultadoacadado no festival das Letras Galegas. Durantevarias semanas traballamos arreo para que todosaise o mellor posible. O programa ofrecido aopublico que decidiu acompañarnos foi moi va-riado: varias representacións teatrais, sendo in-cluso unha delas en lingua inglesa, cancións concoreografías, pezas instrumentais, poemas... E,para todas as nais e pais que estaban presentessorprendémolos cunha canción especial adicadaa eles, que se acompañaba da proxección dunvideo con fotos de cada un deles e a letra da can-ción. Máis dun emocionouse. Esperamos que vosgustase e grazas pola vosa colaboración.
GALERÍA DE ARTE INFANTIL
DEPORTE ESCOLARDurante o curso
2009/2010 participamos nacampaña de deporte escolar daXunta de Galicia, Xogade, envarias modalidades deportivas:fútbol sa, atletismo, campo através e balonmán.
Unha das mellores xor-nadas deportivas foi a xun-tanza polideportivo-culturalque tivo lugar no colexio deBeariz, á que se uniu tamén ocolexio de Boborás. O próximocurso volverémola realizar,sendo o centro de Boborás, ocentro anfitrión e organizador.
XANEIRO
aniversarios
FEBREIRO MARZO
ABRIL MAIO XUÑO
XULLO
AGOSTO
SETEMBRO
OUTUBRO
NOVEMBRODECEMBRO
17- Paula
21- Lucía Nogueira
23 - Alejandro
8- Jose Ramón
18- Andoni
9- S. Pampín
12- Jose Luís
20- Andrea
8- Álvaro19- Alex20- Diego 21- Lucía V
21- Miguel23- Éric24- Santi26- Fátima
7- Lucía Penedo13- María28- Daniel Álvarez
21- Daniel Bernard26- Nerea28- Vera
2- Sheila7- Mara17- Elisabeth23- Ana
7- Silvana
8- Suso
10- Adrián
28- Tania
3- Esther19- Elena21- Yeray31- Lucía lópez
EXCURSION A CORUÑA
Recommended