A fronte polar

Preview:

Citation preview

A Fronte Polar

Unha fronte ou, mellor, unha superficie frontal é a fronteira que separa dúas masas de aire de propiedades distintas.

Nos mapas do tempo (mapas sinópticos) unha fronte é a intersección da su- perficie frontal co chan, a nivel do mar

A través das frontes danse contrastes fortes de temperatura e/ou humida- de, é dicir, unha manifesta discontinuidade nas propiedades do aire.

Nos primeiros decenios do s. XX, meteorólogos noruegos estudaron a fronteira que separa o aire temperado ou cálido de latitudes medias ou baixas (Masa de aire tropical) do aire frío de la- titudes altas (Masa de aire polar): esta fronteira ten a súa posición media a nivel do mar a uns 55º latitude e recibiu o nome de FRONTE POLAR.

Esta superficie frontal está inclinada porque o aire frío, ao ser máis pesado, tende a meterse en cuña por debaixo do cálido.

_______________________________________________________ CHAN

Polar marítima

Masa de aire fría e

húmida

Tropical marítima

Masa de aire cálidae

húmida

Zona de contacto entre ambas

Como mostra esta imaxe:

Aire frío: pesa máis e métese en forma de cuña

Aire cálido: pesa menos e ascende pola “rampa que lle “facilita” a masa de aire fría

Outra forma (tridimensional):

Unha posible ubicación da superficie de contacto entre as dúas masas de aire que orixinan a fronte polar:

A fronte polar ten moita importancia na meteoroloxía das latitudes medias xa que a partir del xéranse borrascas, chamadas ondulatorias ou borrascas ondulatorias da fronte polar, as máis habituais nestas latitudes.

As etapas da súa formación (das borrascas) coñécese como cicloxénese.

Xénese dunha borrasca ondulatoria:

I – Fronte polar practicamente rectilíneo separando a masa polar, ao norte, da masa tropical, ao sur, no hemisferio norte. As frechas indican o sentido dos ventos: os da masa polar proceden do NL e os da tropical do SO (segundo os fluxos de circulación xeral atmosférica)

II – Fronte polar suavemente ondulada ao empuxar o aire polar hacia o tropical e, como reacción, este sobre aquel.

I I I – Fronte polar con dous claros segmentos, trozos ou fron- tes que separan as dúas linguas de aire que penetran na masa de aire oposta. O sentido de xiro dos ventos é ciclónico, co que se orixinará unha borrasca con centro aproximado no “pico” de unión da parella de frontes.

En conxunto:

O mesmo, en cor (hasta a fronte ocluída):

Así o vemos nos mapas sinópticos:Centro da borrasca ou depresión

Fronte cálido: vermello/semicírculos

Fronte frío: azul/trángulos

Unha vez formadas, sóense desprazar dende o oeste hacia o leste ou ou norleste na hemisferio norte.

A súa evolución é tal que a fronte traseira, máis rápida ca dianteira, tende a dar alcance a esta.

As borrascas ondulatorias soen presentarse, en moitos casos, en grupos, a xeito de rosario, desprazándose unha detrás doutra, falando, neste caso de familias de borrascas: é así porque cada unha delas está orixinada por unha ondulación ou onda da longa fronte polar.

As frontes son de tres tipos - cálida - fría - ocluída

Fronte cálida:

> é a que corresponde á separación de dúas masas na que a cálida avanza contra a fría, deslizándose hacia arriba pola suave e longa rampa que lle “ofrece” a masa de aire fría.

> neste ascenso orixínanse nubes estratiformes que producen choivas na banda de mal tempo dunha anchura algo importante.

> nun mapa do tempo de superficie, unha fronte cálida represéntase median- te unha liña continua e algo grosa con semicírculos adosados a ela (soe indi-carse con cor vermella)

> corresponde ao trozo dianteiro dunha onda polar.

Corte transversal, na vertical, dunha fronte cálida, coa sucesión de nubes típica:

En cor:

Fronte cálida >>>>>>>

<<<<<<<< Fronte fría

Fronte ocluída >>>>>>>>>>>>>>

Fronte fría:

> é a que corresponde á separación de dúas masas nas que a fría avanza contra a cálida, obrigando a esta a elevarse violentamente, co que se orixi- nan nubes de desenvolvemento vertical que producen chubascos nunha es- treita banda de mal tempo.

> nos mapas do tempo de superficie represéntase mediante unha liña conti- nua e algo grosa con triángulos adosados á mesma (soe indicarse con cor azul)

> corresponde ao trozo traseiro dunha onda polar.

Corte transversal, na vertical, dunha fronte cálida, coa sucesión de nubes típica:

Fronte ocluída: (oclusión)

> é o que corresponde ao solapamento dunha fronte fría e unha cálida: é can- do o aire frío, máis rápido, alcanza ao aire cálido, obrigando a elevarse e a despegarse do chan a toda a masa de aire cálido (o sector de aire cálido que estaba entre os dous sectores de aire frío)

Masa de aire frío

Masa de aire cálido

Fronte cálida: máis lentaFronte fría: máis veloz acaba alcanzando a

orixinando

Fronte ocluída

> Dan lugar a unha mezcla da nubosidade e dos meteoros típicos das frontes cálida e fría.

> nos mapas de tempo de superficie, as frontes ocluídas represéntanse mediante unha liña contínua e algo grosa con parellas de semicírculos e triángulos adosados a ela.

Enlaces:

* Os sistemas frontais:http://www.youtube.com/watch?v=6QRb9A8xqqc * A fronte cálida:http://www.youtube.com/watch?v=Oc9xDjoAkGE

* A fronte polar:https://www.youtube.com/watch?v=bKL-7wNOFbc

* A fronte fría:http://www.youtube.com/watch?v=56k2oiQBGjQ

* As oclusións:http://www.youtube.com/watch?v=BWusLdtKNhQ