Aciñeira (Quercus ilex)

Preview:

Citation preview

Aciñeira enciño

(Quercus ilex)encina

holm oakchêne vert azinheira

CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIAFagáceas

Árbore de ata 12 m que moitas veces non pasa de arbusto. Ten a copa moi ampla e esférica. É orixinaria da rexión mediterránea.

Toro forte coa tona case negra, áspera, fendida en placas cadradas pequenas.

FOLLASPersistentes, simples, elípticas, de ata 7,5 cm de lonxitude e 5 cm de ancho, duras, coa beira lisa ou con algúns dentes pequenos, co dereito de cor verde-gris brillante e o envés máis craro e veludo.

Bugallos sobre follas de aciñeira

FLORESUnisexuais, as masculinas forman amentos colgantes e as femininas nacen en pequenos grupos cun rabo curto.Florece de abril a maio. Polinízase polo vento.

FROITOSLandras de 1,5 a 3,5 cm de lonxitude e de 1 a 2 cm de grosor. Están cubertas por unha cúpula de ata 1/3 da súa lonxitude. Maduran entre outubro e novembro.

CICLO ANUAL-ACIÑEIRA

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

USOS: Foi moi empregada como combustible e para facer carbón para as ferrerías.A tona úsase como astrinxente. As landras para alimentar aos porcos.

Os aciñeirais galegos son formacións de pouca extensión pero de gran interexe ecolóxico.Atópanse nos vales do Sil, do Limia e do Támega e asociados ás rochas calcárias en Cruzul (Becerreá) e no Courel.

Parque Natural Enciña da Lastra (Rubiá)

Aciñeiral de Cruzul. (Becerreá-Lugo). O máis septentrional de Galiza e da Península Ibérica. Está asentado sobre un banco de rochas calcarías con fortes pendentes que proporcionan un ambiente seco. Está protexido como LIC.

Aciñeira de Cobas (Rubiá-Ourense). É a máis grande e máis antiga de Galiza, con perto de 400 anos.Mide 17,50 m de alto e 6 m de perímetro. Segundo unha lenda local debaixo da pedra que está na base do toro hai enterrado un tesouro do tempo dos mouros.

¿Qué fas eiquí, forasteira,medo distas tenras baiastémeras contigo á veira?Recolle túas sete saiase volta prá parameira,medo distas doces baias.

Eduardo Blanco Amor“Poemas Galegos”

Enciños gachos de Cidoi as da Veiga de Lago!Ise enciñodeu a madeira dos mangosdas fouces que o chapodaron.

Uxío Novoneira “Os Eidos”, 1981

Javier Hermoso De Mendoza

Aciñeira Tres Patas de Mendaza (La Laguna, Navarra)Cunha idade estimada de 1.200 anos.-15,50 m de altura e 7,70 m de perímetro.

AS ACIÑEIRAS MÁIS GRANDES

E VELLAS

“La Terrona”, en Zarza de Montánchez (Cáceres) -16 metros de altura, 7,75 m de perímetro e uns 800 anos.

Azinheira da Herdade do Monte Barbeiro(entre Castro Verde e Mértola, Portugal).

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta InternetMarzo 2015

Recommended