anecdotas de fina casalderrey

Preview:

DESCRIPTION

aneccdotas de fina casalderrey

Citation preview

• “Cando aprendín a utilizar a palabra, pedín unha irmá. Insistinllesmoito a meus pais para que fosen á feira a comprarma antes de que se esgotasen as mellores. Tardaron case oito anos en me facercaso, pero á fin trouxéronma e fun a nena máis feliz do mundo.”

“ Cando entro nunha gran librería sinto unha mesturade gozo e de angustia. ¡Cantos libros! ¡Que marabilla! ¡Como me gustaría lelos todos! ¿A metade? ¡Imposible! O tempo, o tempo...”

• “Ben, tamén vén á miña memoria os desgustos por non me poder quedar cun gato que atopara nun camiño...”

• “Outro dos meus grandes desexos foi ter unhas botas de goma para poder meterme nas pozas. Odiaba os zocos, facían tanto ruído que tiña a sensación de portar un transmisor que avisaba a cotío da miña situación.”

• “Da escola, o máis fermoso que recordo é aquela caixa de botelliñas con tintas de cores. Eran das inxeccións. Lavabámolas, comprabamos unha especie de pos máxicos que se mesturabancon auga, dentro xa das botellas ¡e listo!, obtiñamos marabillosastintas de moitísimas cores.”

• “Forrabámola con papel bonito como de agasallo. Cada botella levaba un babeiro de deseño propio. Con aqueles luxos, todas (sónenas) estabamos desexando ir para a escola de arriba, que era

onde nos volviamos alquimistas das cores.”

• “Gustaríame saber moito máis do que sei; pero, ás veces, deléitomedeitada na herba mirando ó ceo. Gustaríame ter feito cousas que non puiden, viaxar máis... Desexaría seguir sempre unida ós meuspor unha cola elástica...”

• “A primeira vez que saín da miña terra tiven a sensación de que o mundo se ía encollendo ó meu paso, e hoxenon entendo como sendo tan pequeno podemos estar tan afastados uns dos outros.”

• “Encántame recitar poemas, aínda que non os escribise eu, gústame ler e descubrín que escribir permíteme ter e facerbastantes cousas ¡incluso tocar o piano anque non saiba! Taménme gustan as nenas e os nenos (vivos, non frixidos), comer, bailar, falar cos amigos, rir... Amar e sentirme querida segue sendo moiimportante para min, aínda que me ocupe tempo. “

• “Outra das miñas afeccións é o teatro, poder meterme na pel de diferentes personaxes... Para a escola teño escrito, dirixido ou mesmorepresentado algunha peciña. Iso faime gozar extraordinariamente.”

• “Na miña infancia, unha das nosas obrigacións era carrexar auga a caldeiros dende a fonte de Tres canos que alimentaba o lavadoiro, no fondo do barrio. Cando deixaba este labor para a noitiña, vía vellas malvadas nas silveiras do camiño que levaba á fonte do Gramal. Teño sentido (e aínda os sinto) como corrían os trasgos polo tellado da miña casa... Desgusteime cando o gato do veciño foi atropelado.”

• “Ás veces, apetéceme mesturar as miñas propias vivencias cos soños, coa imaxinación, coa fantasía... e crear historias na miña mente, que só despois de darllesmoitas voltas paso ó papel.”

ENDEREZO

• http://fina.casalderrey.com/

• Feito por: Gabriel, Raquel e Manuel .