ARTE GÓTICA: VOCABULARIO · 2017. 12. 18. · ARTE GÓTICA: VOCABULARIO . Ábsida (ábside): Parte...

Preview:

Citation preview

ARTE GÓTICA: VOCABULARIO

Ábsida (ábside):

Parte da igrexa situada na cabeceira. Xeralmente ten pranta semicircular e soe ir cuberta con casquete de cuarto de esfera (bóveda de forno). Tamén pode presentar forma poligonal. Construcción con planta semicircular ou poligonal, cuberta con bóveda, que sobresae na parte posterior dun templo e onde se sitúa o altar maior.

Arcobotante (arbotante):

Arco que transmite ós contrafortes a presión da bóveda que cobre a nave central. Elemento constructivo fundamental do gótico.

Arco apuntado ou oxival:

Consta de dúas porcións de curva que forman un ángulo na clave. Ten dous centros e o intradós cóncavo. Típico do gótico.

Arco rebaixado:

Aquel no que a frecha é inferior á semiluz.

Arquivolta:

Conxunto de arcos insertos uns noutros que constrúen unha portada abucinada.

Nas portadas góticas, as figuras escultóricas das arquivoltas dispóñense lonxitudinalmente no sentido dos arcos, e no radialmente como no Románico.

Bóveda de cruz (de crucería):

Formada por arcos ou nervios que se cruzan diagonalmente sobre unha clave central común.

Deambulatorio:

Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio: É prolongación das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas. Tamén xirola

Estatua-columna:

Estatua adherida ao fuste dunha columna, xeralmente de igual altura que esta.

Parteluz: Columna que divide en dous o oco dunha porta ou ventá. Mainel.

Planta cruz latina: Edificio con forma de cruz cos brazos desiguais.

Rosetón: Ventá ou van en forma circular. Normalmente están decorados con vidreiras.

Tímpano:

espazo delimitado polo frontón dun templo clásico grecorromano. Igualmente, espazo delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas.

Tribuna: Galería sobre a nave lateral dun templo onde se poden aloxar os fieis.

Triforio:

Serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no groso dos muros da nave central, por riba das arcadas que dan ás naves laterais.Non debe confundirse coa tribuna, que posúe unha anchura igual á da nave lateral sobre a que está construída.

Xamba (jamba): Cada unha das dúas pezas verticais que sosteñen o lintel (dintel).