View
222
Download
2
Category
Preview:
DESCRIPTION
Traballo sobre Arxentina
Citation preview
1. Presentación e situación do país:
Mapa de
Arxentina
Arxentina provén de Argentum que en latín significa “prata”. A bandeira de
Arxentina constitúese de tres bandas horizontais, das cales dúas son de cor celeste e
unha de cor branca. No centro desta hai un sol dourado de 32 puntas que leva un
rostro debuxado. Hai varias explicacións que xustifican as cores da bandeira, pero a
máis popular e poética di que foi inspirada no ceo. Esta bandeira foi creada polo
xeneral español Manuel Belgrano, no lugar onde hoxe está a cidade de Rosario. O
día da bandeira celébrase no aniversario da súa morte (20 de xuño).
O país está presidido dende o 10 de decembro de 2007 por Cristina Fernández
de Kirchner. O seu idioma oficial é o español, aínda que algunhas minorías
falan quechua e outras linguas indíxenas. A relixión maioritaria é a cristiá
católica e a súa moeda oficial é o peso.
O territorio divídese en 23 provincias e a Capital Federal (a cidade de Bos
Aires), que é a capital do país. A súa poboación é arredor de 39.000.000 de
habitantes e a súa superficie é de 2.780.400 Km cadrados.
Arxentina está situada no estremo meridional de América do Sur, é o segundo
país en extensión de Suramérica e o oitavo do mundo. Este país limita con
Bolivia e Paraguay no norte, con Brasil, Uruguay e o Océano Atlántico no
este e con Chile polo oeste e o sur.
A cordilleira dos Andes é o sistema montañoso máis impresionante deste país,
ten cumios con neves perpetuas, entre as que destaca o Aconcagua que é a
máxima altitude do continente americano. A Pampa cubre a rexión centro-
oriental do país. É unha inmensa planicie de intensa explotación agropecuaria.
En Mesopotamia sitúase a selva subtropical e a cuenca hidrográfica formada
polos ríos Uruguay e Paraná, os máis importantes do país que se unen ao
desembocar no Océano Atlántico formando o estuario do Río da Prata.
Patagonia é una meseta situada no sur do país, cuya paisaxe está dominada por
lagos, bosques e cimas cubertas por glaciares, como o Perito Moreno, este
glaciar é unha marabilla natural en continuo movemento sobre o lago
Arxentino, o máis extenso do país. No estremo meridional do continente, o
estreito de Magallanes conecta cos Océanos Atlántico e Pacífico. Máis ao sur,
a Terra de Fuego vístese de grandes chairas, ríos con meandros, lagos,
montañas e glaciares.
En Arxentina están considerados Patrimonio da Humanidade: 5 espazos
naturais, 1 cova, 1 conxunto de igrexas jesuíticas e a música de tango.
Lagos e glaciares arxentinos
Sobre a superficie do lago Arxentino álzanse algúns dos glaciares máis impresionantes do mundo. Un deles é o Perito Moreno, que mide 5 km de fronte e uns 60 m de altura, e está situado no Parque nacional Os Glaciares,
na rexión meridional da Patagonia.
O glaciar Perito Moreno.
As cataratas do Iguazú
A caída do río Iguazú (as súas augas precipítanse dende unha altura máxima de 80 m) ofrece un inigualable espectáculo de son e cores. O nome
guaraní Iguazú significa 'auga grande'. As cataratas trazan a fronteira entre Arxentina e Brasil.
O parque de Ischigualasto ou “ Val da Lúa”, encontrase no norte da provincia de san
Xoán. E un lugar único para o estudio do período Triásico, por a gran cantidade de
restos xeolóxicos-palentolóxicos que se poden atopar en el, así como fósiles de
dinosauros.
A quebrada de Humahuaca atopase no noroeste de Arxentina, na provincia de Jujuy. E
un conxunto de cerros multicolores, covas prehistóricas e fortalezas indíxenas. Destacan
por a súa beleza o “ Cerro de los Siete Colores” e A Paleta do Pintor.
A península de Valdés.
A península de Valdés e un accidente costeiro sobre o mar arxentino. Está considerada un dos principais e mais importantes destinos de avistamento de baleas do planeta. Recibe ademais a maior poboación reprodutora de
baleas francas austrais.
“ Cueva de las Manos” en Río Pinturas.
A “ Cueva de las Manos” é un sitio arqueolóxico e de pinturas rupestres que
se atopa nun fondo canón do Río Pinturas, na provincia de Santa Cruz.
Manzana Jesuítica de Córdoba
A “ Manzana Jesuítica “ de Córdoba, e un conxunto de colexios e igrexas que comprende; a Capela Doméstica, o Colexio Nacional de Monserrat, a
Igrexa da Compañía de Xesús, a antiga sede da Universidade Nacional de Córdoba e a Residencia.
2. O clima e a vexetación:
O clima que se impón en case todo o territorio arxentino é o temperado, agás na
alta montaña andina e no sur patagónico, de clima frío (onde se mesturan a
paisaxe esteparia e os densos bosques de abetos, cipreses, pinos, cedros e
coihués), ademais da rexión do Noreste, de clima subtropical (con vexetación
característica de árbores tropicais, como a palmeira, o pao de rosa e a
Jacaranda). Herbas e outras variedades arbóreas (eucalipto e acacia) resisten a
ausencia de precipitacións da Pampa. Os cháns fértiles e o clima favoreceron o
cultivo de cereais, Arxentina é un dos principias produtores mundiais de trigo.
En canto ao número de cabezas de vacas e cabalos, o país sitúase no quinto
posto do mundo.
3. A cultura: En canto a súa cultura, este país conta cunha orixe Europa que se ve
reflexada na súa música, comida, arquitectura e literatura, pois por un
tempo houbo unha gran corrente inmigratoria de varios países de Europa.
No país hai diversidade de actividades culturais e una importante
actividade artística, de renome internacional, no teatro, na pintura, na
escultura, na música, na literatura. Ofrécense en todas as cidades máis
importantes do país e fundamentalmente en Bos Aires, a
diario,conferencias, concertos, exposicións, museos, cursos, funcións de
teatro e ballet. As salas de cinematografía e espectáculos abundan en todas
as cidades máis grandes. Na música unha das expresións musicais de
Arxentina máis coñecidas internacionalmente é o Tango que se coñeceu a
finais do século XIX en Bos Aires, sendo o seu principal instrumento o
bandoneón e tendo tamén o seu propio baile característico. Destacan como
cantantes de tango Carlos Gardel, Julio Sosa, Astor Piazzolla e Roberto
Goyeneche.
Nas provincias do interior do país, hai máis música folclórica e un dos seus
festivais máis importantes é o Festival de Cosquín e o de Jesús María na
provincia de Córdoba. Hai moitos tipos de bailes e ritmos folclóricos no
país como por exemplo Cuarteto, Gato, Chamamé, Zamba, Chacarera,
Malambo, etc. A partir dos anos setenta, o artista Sandro introduciu o rock
and roll no país. Pero un estilo que reúne a multitudes é a cumbia.
Figuras ilustres nacidas no territorio arxentino foron o compositor e
bandoneísta Ástor Piazzola, o cantante Carlos Gardel, os escritores Julio
Cortázar e Jorge Luis Borges, os directores de cine María Luísa Bemberg e
Eliseo Subiela, os actores Federico Luppi e Héctor Alterio, os futbolistas
Mario Alberto Kempes, Diego Armando Maradona e Lionel Andrés Messi.
Na pintura sobresaen Antonio Berni, Raúl Soldi, Fernando Fader e Roberto
Aizenberg.
4. Gastronomía:
A principal característica da cociña arxentina son os influxos das
gastronomías italiana e española, destaca fundamentalmente pola carne
vacuna e os viños, tamén as súas pizzas teñen fama internacional. Un dos
seus pratos fortes son os asados de tira e bifés de chourizo, o asado con
coiro, ponse a tenreira en anacos nunha zanxa prendida, o coiro apoiase na
terra e cóbrese cunha chapa de zinc e encima colócanse unas brasas de
lume que manteñen a comida cocida por varias horas, para lograr o punto
perfecto da carne. As súas delicias son o choclo ou millo tenro, os ajíes ou
pementos pequenos e o charquí (de vaca, cordeiro ou porco), desgrasado e
secado ao sol. Este prato cando se prepara con sal chámase tasajo. Na
Patagonia andina destacan os patés e afumados, carnes de cervo ou xabaril,
troitas, salmóns de criadeiros e mariscos, e na parte sur o cordeiro e as
centolos. Nos postres son famosas as tortas galesas, os chocolates
artesanais e as marmeladas de Bariloche, os alfajores, as macitas finas, os
doces de froitas, o chocolate en rama é o doce de leite. De España
conservan varios pratos como o polbo á galega e os arroces.
Arxentina é un país gran produtor de trigo, poroto, choclo ou millo e leite.
Ademais as enormes producións trigueiras fan que o pan máis común sexa
o pan branco de fariña de trigo.
As bebidas que máis se consumen neste país son o viño, a champaña e a
cervexa, pero a bebida nacional máis popular é o mate, herba que se toma
en infusión, colocada nunha cáscara de cabaza, onde logo se verte en auga
quente bebendo o estrato por un tubiño ou boquilla de prata. Pódese tomar
en calquera momento do día e neste país é unha maneira de relacionarse
coa xente. Esta típica costume xurde no Río da Prata e os primeiros en
usala foron os indios guaranís, para eles o mate tiña poderes relaxantes.
Hoxe en día hai mates de diversos materiais, dende mate de cabaza e
Madeira, ata de metal e plástico. Segundo como se preparen os mates teñen
diferentes significados, por exemplo:
- Mate amargo: Simboliza a forza, o valor e a vida.
- Mate doce: (E espumoso) significa amizade, cariño.
- Mate moi doce: É mostra de amor, e de interese en chegar ao
casamento.
- Mate moi doce e quente: É mostra de amor ardente e apaixonado.
- Mate lavado: Demostra desprecio
- Mate con canela: Envía a mensaxe de interese polo outro “Penso
en vós”
- Mate con cáscara de laranxa: Significa “Esperareite”
- Mate largo: Indica desinterese ou despreocupación pola persoa a
quen se lle sirve.
Receita dos alfajores:
Ingredientes: 350 gr. de fariña, 1 culleriña de polbo de hornear, 3 barras de
chocolate rallado, 150 gr. de manteiga, 3 yemas, 1 culleriña de esencia de
vainilla, 100 gr. de azucre y leche condensada.
Preparación: Cribar a fariña co polbo de hornear. Facer un oco no medio e
agregar o chocolate, a manteiga, as yemas, a esencia de vainilla e o azucre.
Incorporala esencia de vainilla e a ralladura de limón e mesturar ben.
Formar unha masa non moi branda e estirala fina.
Facer medallóns e colocalos nunha chapa untada con manteiga e
enfariñada. Deixar enfriar e unir coa leite condensada.
Rallar 3 barras de chocolate de cobertura ou chocolate á taza. Colocar a
lume suave xunto con 3 culleriñas de leite condensada e 3 culleriñas de
maicena. Revolver ata obter un baño liso e cremoso. Bañalos alfajores
polos dous lados.
Deixar secar o baño e gardar envoltos con papel de aluminio. Quedan moi
ricos con améndoas fileteadas ou noces picadas colocadas polos bordes.
Receita do doce de leite:
Ingredientes: 3 litros de leche, 1 barra de vainilla en rama, 800 gramos de
azucre, ½ culleriña de bicarbonato, una olla de cobre.
Preparación: Poñer a ferver a lume forte nunha cazola tódolos ingredientes
e remexer ata que se disolva. Agregar ½ culleriña de bicarbonato de soda e
deixar que siga fervendo. Cando comece a espesar, remexer continuamente
con culleriña de madeira para que non se pegue. Tomará color e espesarase.
Retírase e ponse nun tarro de vidro.
5. Deportes:
Unha das máis grandes paixóns dos arxentinos é o fútbol. A Selección
Arxentina gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e
nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008, sendo o futbolista arxentino Diego
Armando Maradona considerado un dos mellores xogadores da historia do
fútbol. Pero sen embargo o deporte nacional é o pato, no que se demostra a
habilidade e a coraxe do xinete. O polo arxentino goza de nivel
internacional, tanto pola excelencia dos seus xogadores como pola calidade
dos animais que montan. Tamén teñen importancia mundial outros deportes
coma o ciclismo, o golf, o hockey sobre céspede e sobre patíns, o polo, o
paddle, o remo, o rugby, o tenis, o voleibol e o yachting. No boxeo,
Arxentina octivo nos Xogos Olímpicos 7 medallas de ouro, 7 de prata e 10
de bronce. O Polo arxentino é indubidablemente o mellor do mund
o, despois de ser campións mundiais dende o ano 1949 ata hoxe en día.
6. Outros elementos simbólicos arxentinos:
O Gaucho, home de sombreiro negro cun pano roxo que lle rodea o
pescozo, de botas e case sempre sobre o lombo dun cabalo, é uns dos
símbolos da Pampa arxentina. Esta figura da cultura arxentina remóntase ao
ano 1.600, cando as chairas preto do Río da Prata estaban cheas de gando
salvaxe. O gaucho viaxaba sen rumbo no seu cabalo, con boleadoras, lazo e
coitelo. O comercio de coiros e carne de gando cimarrón, era o sustento
destes paisanos, criollos, mestizos e mulatos que vivían ceibes nas pampas
sen emprego fixo. Máis tarde estes homes convirtéronse en cazadores de
gando.
As estancias, estas casas cuyas residencias principias eran mansións
adaptadas para recibir hóspedes, ocupaban grandes extensións de terra,
onde o gando pastaba libremente e os sembrados aproveitan as condicións
da terra. Pódense ver estas estancias na Pampa, na Patagonia etc e todas
teñen a particularidade de ofrecer un aloxamento cómodo, ademais de
permitirlle aos turistas participar das actividades típicas que caracterizan ao
campo arxentino.
O lunfardo, é unha xerga peculiar, a cal xurde da unión de linguas,
coñecementos e costumes, traídas polos inmigrantes e que era usada polos
porteños, habitantes de Bos Aires. Esta forma de falar consiste en deformar
o propio castelán, tomando palabras de algúns dialectos italianos e de
outras linguas, para logo adaptalas a un novo idioma. Nesta linguaxe
invértese a orde das sílabas, e pódese escoitar frecuentemente nos tangos.
Varios exemplos deste tipo de fala son:
- As rapazas son “minas”, os homes “tipos”, o diñeiro é a “guita”, un
policía é un “botón”, unha ladroa é unha “mechera”, un adiñeirado é un
“bacán” e un covarde é un “maula”.
Traballo realizado por:
Ariadna Abigail González Díaz
Óscar Pérez Sánchez
Tamara Monelos Suárez
Mª Isabel González Vera
Samuel Fernández Montoya
Lucía Viqueira Fuentes
C.E.I.P. Juan Fernández Latorre. Curso 6º B
Recommended