View
230
Download
10
Category
Preview:
DESCRIPTION
Dosier de "ATRA BILE" de Laila Ripoll, espectáculo de Teatro de Ningures
Citation preview
ATRA BILE
Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunhagran casona dun pobo calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver domarido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. Eserá ao redor deste velorio cando saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredosocultos que permanecen alí, latexantes, durante cincuenta anos.
O elemento común que une a estas catro mulleres é o difunto marido de Nazaria quepermanece en escena durante todo o tempo no que se desenvolve a obra e que de unhamaneira ou doutra formou parte da vida das catro mulleres, como se irá descubrindo aolongo da obra, e que sempre deixou un pouso de amargura biliosa nelas. A partir de el e dasdiscusións que a súa propia presencia provoca, descubrirán os segredos que as catro mulleresforon gardando ao longo dos anos, e será o responsable de que afloren nelas sentimentos queconstituirán un abano onde teñen cabida todas as cores do espectro sentimental: odio, amorenfermizo, vinganza, xenreira, tristura, noxo…
Estes sentimentos son os que moven o fío argumental e conducen aos personaxes a unhatraxedia fallida (ou case) na que desemboca a obra.
FICHA TÉCNICA
REPARTO:
DARÍA: SONIA RÚA
NAZARIA: CASILDA ALFARO
AURORA: JOSI LAGE
GARDAMARINA: DAVID NOVAS
ULPIANA: FRAN PAREDES
TÉCNICOS: HÉCTOR PAZOS e DIEGO CAMAÑO
TRADUCIÓN: XOSÉ MANUEL PAZOS
MAQUILLAXE: FANY BELL
MÚSICA: ANXO GRAÑA
FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO: DIEGO SEIXO
ESCENOGRAFÍA: PABLO GIRÁLDEZ
DESEÑO VESTIARIO: CARLOS ALONSO
DESEÑO ILUMINACIÓN: ETELVINO VÁZQUEZ
CONFECCIÓN VESTIARIO: MILA ABAL
OFICINA: MARÍA MARTÍNEZ
DISTRIBUCIÓN: CHRISTELLE LORY
PRODUCIÓN: SALVADOR DEL RÍO
AXDTE. DIRECCIÓN: SANTIAGO CORTEGOSO
DIRECCIÓN: ETELVINO VÁZQUEZ
Rúa Moaña 25 entrechán, 36940, Cangas, PontevedraTel: 986304817 - 654464360www.teatrodeningures.com
Compañía de Teatro Residente en Cangas do Morrazo
Recommended