View
8
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
1
Aula de natureza do
XUNTA DE GALICIACamiñar para coñecer, coñecer para conservar
VERALItinerario ambientalpola ruta das Chousas
2
Esta pequena guía pretende achega-los visitantes destaaula de natureza a todos aqueles aspectos naturais, cultu-rais e patrimoniais que fan deste contorno un espacio paraaprender a conserva-lo noso patrimonio.
Os itinerarios organízanse arredor de paradas relativas aaspectos do medio natural, etnográfico e cultural que, polasúa peculiaridade, valor ou singularidade, merecen ser des-tacados.
As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e direccións que sedeben seguir durante o noso percorrido.
¿Como usar esta guía?
Para evitar crear impactos innecesarios, debes ter en contaalgunhas das seguintes recomendacións:
- Evita camiñar fóra dos camiños. Estes están debidamen-te sinalizados. Se os abandonas, estás creando un impactoinnecesario.
- Deixa o vehículo no aparcadoiro e goza do contornocamiñando polo itinerario que che propoñemos.
¿Como comportarnos naturalmente durante onoso camiñar?
3
- Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.
- A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas asfontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivospoderiamos precisala máis adiante.
- Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuí-zos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo.
- Respecta as plantas e animais, xa que todos cumpren unimportante papel na natureza.
- Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molesta-los animais que teñen nestelugar un refuxio de tranquili-dade.
- Aproveita estes momentospara gozar do contacto coanatureza. Esquece as présas,utiliza tódolos sentidos, prestaatención ás pequenas cousas even visitar este espacio en dis-tintas épocas do ano.
Aula de natureza do Veral
PERFIL TOPOGRÁFICO
440 m
420 m
400 m
Aula deNatureza
480 m
460 m
3.200 m
Muíño daRoxa
Abelairas Canteira Aula deNatureza
LugoVERAL
480
460
440440
460
460
460
480
500
440460
46048
0440
CARBALLIDO
AULA DENATUREZADE VERAL
A Lugo
ABELAIRAS
RíoMera
480500
A Friol
A Bóveda
Canteira
6
A “ruta das chousas”, que sae da Aula de Natureza deVeral, discorre inicialmente polas marxes do río Mera, doque se vai desviar para achegarnos ata o lugar de Abelairasa través de camiños entre campos, chousas, fragas e pra-dos... Desde Abelairas o camiño condúcenos ás beiras dorío Mera, para rematar de novo nas instalacións da aula denatureza.
Este itinerario por vellos camiños e carreiros amósanosdistintos elementos do noso medio natural, pero taménoutros moi interesantes do medio humanizado, medios queno caso de Galicia se encontran intimamente relacionados.O muíño, as pontes, os pasais, os valados, os camiños ecarreiros, as carballeiras, o forno... son elementos da nosacultura popular que se encontran perfectamente integradosna paisaxe pola que discorre a ruta das chousas.
VERALAula de natureza do
Itinerario ambientalpola ruta das Chousas
A Aula de Natureza doVeral e o itinerario dasChousas sitúase á beira dorío Mera, no Concello deLugo, a uns 8 quilómetrosda cidade amurallada.
7
O río polo que estamos a camiñar é o Mera, un dos afluen-tes do río Miño. As súas cabeceiras encóntranse a máis de700 m de altitude, entre os altos de Pena Crespa (707 m) eos Croios Brancos (732 m). Despois dun curto percorridoduns 18 km, desemboca no río Miño, nas proximidades deLugo, a uns 360 m de altura.
parada 11O río Mera escavou o seu curso aproveitandozonas máis febles
Distancia: 3 km.Dificultade: baixa, pero non é accesible nin practicablepara público con mobilidade reducida. Inicio e fin: aparcadoiro da Aula de Natureza do Veral.Duración: 1 hora e media, camiñando tranquilamente egozando da paisaxe e das paradas.
Inicio: Comezámo-lo itinerario a carón da Aula de Natureza, quese sitúa sobre unha pequena illa do río Mera. Ó lado daaula existe un centro ictiolóxico da Consellería de MedioAmbiente, centro que serve para facilita-la reproduccióndalgunhas especies de peixes dos nosos ríos, que se utili-zarán posteriormente para repoboalos.
Aproveitando as fallas e fracturas do terreo, o río discorreencaixando o seu leito nesas zonas máis débiles sobre unhazona de aplanamento máis alta. Á altura da aula de natureza, o leito do río ensanchousemáis, aproveitando a confluencia de dúas fallas que con-verten esta parte nunha área especialmente feble. A aulasitúase nunha pequena illa que o río Mera deixou no seuleito. Arredor da aula existen especies de árbores exóticas, comoo carballo americano, o pinabete ou o ciprés.
8
O bosque de ribeira protexe o río
parada 22O bosque de ribeiracobre o leito do ríoMentres camiñamos acarón do río podemos con-templa-lo bosque que obordea. É o bosque deribeira ou bosque en gale-ría, pois como se se tratasedunha fermosa galería,cobre e axuda a conserva-lo leito do río.
9
Unha das árbores máis característica deste tramo do río vaise-lo bidueiro, unha árbore que podemos diferenciar per-fectamente en calquera época do ano pola súa característi-ca casca de cor branca con vetas de finas liñas escuras.No outono, cando os bidueiros comezan a perde-la folla ese tinguen dun ton violáceo, aparecen baixo o seu troncovarios cogomelos, pero o máis común é, sen dubida, o“reventabois”, ese fermoso cogomelo de sombreiro verme-llo cuberto de finas escamas brancas. O reventabois é uncogomelo tóxico que nos pode causar moi graves trastor-nos nerviosos e dixestivosse o comemos. O nomepopular vénlle dos efectosque lles causa ás vacascando o comen, poispóñense moi nerviosas,como se estiveran en celo.
O bidueiro é unha árboreque forma bosques enlugares altos e fríos. Estesbosques, os bidueirais, sonos que establecen o límitedo crecemento da vexeta-ción arbórea en Galicia.
Reventabois
Nas zonas baixas, o bidueironon forma bosques, e apa-rece de xeito illado aso-ciado a outras formacións,
especialmente ós bos-ques de ribeira.Entre algúns dosusos tradicionais
da súa madeiraestán os famosos pra-
tos do polbo das feiras,os zocos e madroñas ou
varias pezas de utensilios agrícolas como oarado romano ou os xugos...
Acompañando os bidueiros, aparecen outras árbores, comoos ameneiros, os salgueiros e as abeleiras.
A abeleira é unha árbore que acompañou ó home desde aantigüidade pola importancia alimenticia do seu froito, aabelá, rica en elementos nutritivos. O aceite da abelá, ade-mais de se empregar en alimentación, utilízase como lubri-cante industrial, para alumeado ou para a elaboración deperfumes e xabóns.
10
Bidueiro
1 1
parada 33O muíño da Roxa: un aproveitamento tradicional da forza da auga
Encontrámonos agora ante o muíño da Roxa, un muíñoque tamén foi vivenda e aínda conserva algunhas cons-truccións asociadas.O muíño desvía a auga do río Mera a través dun azude noseu curso. Desde o azude a auga chega á canle e desde obalde chega ó rodicio. Omovemento do rodicio faixira-la “moa” do muíñosobre o “pé”. Desde amoega o gran caía a travésdo “ollo” entre as dúaspedras e moíase. Ó moeloseparábase a casca -o sal-vado ou farelo- da fariña eambos caían no “tremiña-do” ou nun “caixón”.Podémonos fixar nosmateriais que se emprega-ron na súa construcción enas estructuras asociadas
O muíño da Roxa
As chousas son unha forma de aproveitamento dos recur-sos forestais nesta zona da provincia de Lugo. Como pode-mos comprobar, son masas de árbores pechadas por vala-dos que as delimitan.
Nas chou-sas apro-veitábase amadeira ea leña dasá r b o r e s ,pero taménas follas eo mato
As chousas e outros aproveitamentos do contorno
12
do muíño, a canle e o balde, verdadeiras mostras dunespléndido traballo de cantería. Nesta zona, e por causa dos materiais que conforman estaárea, as construccións son de granito, fronte a outras loca-lidades próximas, nas que se utilizan os xistos. Os telladosdas vivendas son de lousa.
Chousa
parada 44
13O carballo e o cerquiño: tan parecidos pero tan distintos
Neste tramo do noso percorrido, o carballo é aárbore máis común. Pero tamén aparecen confrecuencia exemplares de �cerquiño�. Para dis-tinguir uns doutros, podémonos fixar en variosdetalles: As follas do cerquiño están poboadas dunha pelu-xe de cor branca, case aveludada nos exemplaresnovos, mentres que as follas do carballo non ateñen. Outra diferencia é que as follas do cerqui-ño posúen uns lóbulos moito máis profundos cásdo carballo.
para face-la cama do gando, que posteriormente produciráun bo esterco co que se abonarán as terras agrícolas.Neste tramo do noso percorrido podémonos fixar nalgúnsdos carballos máis grandes e ver que están esmoucados,mostra do seu aproveitamento para leña: podábanse os car-ballos para obter unha maior producción a partir dos novosabrochos.A medida que nos achegamos ó lugar de Abeleiras, aschousas de bosques son substituídas progresivamente porprados, que son fundamentais para o mantemento da caba-na gandeira.
14
No outono podémo-nos fixar nos seusfroitos, as landras.No caso do carballocolgan dun longopedúnculo, mentresque no cerquiño esteé máis pequeno.Tamén nesta época,podemos contemplarcomo ó carballo lle
caen as follas, mentres que as do cerquiño perma-necen secas na árbore durante máis tempo; nal-gúns casos ata que os novos abrochos as fan caer.
O carballo e o cer-quiño son unhaimportante fonte dealimento e refuxiopara unha gran can-tidade de seresvivos: fungos, liques,escaravellos, bolbo-retas, paxaros,mamíferos...
Carballo
Cerquiño
15
Se nos fixamos, podemos ver unhas pequenasbólas que colgan das pólas dos carballos: son osbugallos. Unha pequena avespa deposita os seus ovos sobreas pólas do carballo. Este, para se defender, creaesa estraña estructura onde o vai pechar. Dentrodo bugallo, a larva da avespa encontra o alimen-to preciso para se desenvolver e refuxio segurodos seus inimigos.
A finais do verán eprincipios do outono,o bugallo vólvesemarrón e leñoso, e aavespa abandónao.Como testemuña dasúa existencia, que-da no bugallo opequeno furado queabren no seu camiñocara ó exterior. Anti-gamente eran utili-zados para xogar nolugar das actuaisbólas de vidro.
Bugallos
16
S e g u i m o sandando poloscamiños bor-deados dosimpresionantesvalados, quenos levarán ataun curiosopasal, que nos
permite sortear unha zonaencharcada e un regato. Ospasais son unha das máissinxelas pero eficientessolucións populares parasortea-las augas. Están for-mados por varias pedraschantadas fortemente noleito do río. O nome popu-lar de pasais ou pasos débe-se a que a distancia dunhapedra a outra é normalmen-te “dun paso”.
Valados
Pasal
A fraga, un bosque cheo de vida
1 7
Camiñamos agora a carón dun bosque de carballos de con-siderable tamaño, tanto no seu toro como no seu porte.Igual ca antes, podemos ver mostras de que estes foronaproveitados para obter leña. Nesta zona de Galicia o bosque de carballos caracterízasepola presencia dun pequeno arbusto de 15 a 40 cm, a aran-deira, que florece entre maio e xuño. Durante o inverno sópermanecen uns longos e estreitos talos. Os froitos, osarandos, son comestibles e moi apreciados para a elabora-ción de confeituras e licores de augardente.
Aparecen outras árbores ademais do carballo ou o cerqui-ño, como o bidueiro, a abeleira, o acivro ou o castiñeiro.Outras plantasdestes bosquesson a xesta, asuces, a anémonabranca ou a saxí-fraga.
parada 55
Arandeira
18
Os animais que viven na carballeira
No bosque encontran alimento e refu-xio unha gran cantidade de animais. A riqueza e diversidade de insectos é
enorme. A vacaloura é un dosmáis rechamantes e curiosos, e o
máis grande dos escaravellos do bos-que. Os machos teñen unhaspotentes mandíbulas que
empregan para pelexar entre eles oupara suxeita-la femia durante o
apareamento. As súas larvas, queviven no interior de troncos deárbores mortas, tardan tres anosen alcanza-la madureza.
Polos troncos gabean douspequenos paxaros na pro-cura de insectos que vivenna árbore, como avelaíñas,escaravellos ou chinches...Un deles, o piquelo azul,faino coa cabeza cara aabaixo, e outro, o gabeadorcomún, faino cara a arriba facen-do espirais arredor do tronco
Vacaloura
Piquelo azul
19
apoiándose sobre a cola. Outra ave forestal que podemosescoitar mentres �peta� nostroncos buscando insectos é o�peto real�. O seu tamborileoóese especialmente a partir daprimavera.No momento en que nos achegue-mos ó bosque, un estridente sondelatará a nosa presencia. É o gaio.Como un acusicas avisa a todo o bosque de queaquí estamos. O gaio aliméntase de insectos efroitos do bosque, especialmente landras de car-ballo. Ten un curioso costume: agáchaas baixoterra para alimentarse no inverno, pero como asúa memoria non é infalible,sempre esquece algunhas,das que nacerán novoscarballos; deste xeitoaxuda a propaga-lobosque.O leirón careto éoutro dos habitantesdos bosques de carba-llos. Pasa desde o mes de
Gabeador común
Gaio
20
outubro ata case o mes de marzohibernando nun niño que cons-trúe aproveitando o oco dunha
árbore. Aliméntase tanto de ani-mais como de vexetais, e come vermes,
arañas, caracois, sementes de árbores, amoras...A algaria é undos principaispredadores doleirón. Vive ta-mén nos bosques emasas de árbores cercade ríos. Parece ser quechegou á península Ibéricadesde África traída polospobos árabes, pois tíñanadomesticada para que perseguise os ratosnas casas. O forte cheiro que desprendemotivou o abandono dese uso.
A superficie do bosque autóctono en Galicia reduciuse ó longo do tempo
Neste itinerario vemos unha pequena mostrada vexetación potencial de Galicia e daestructura de uso do territorio.
Leirón
Algaria
21
Hoxe en día o bosque autóctono ocupa case un30% da superficie arborada de Galicia, o querepresenta algo máis do 10 % do noso territorio. Galicia debeu estar cuberta por unha vexetaciónformada principalmente (as 2/3 partes) por bos-ques de carballos acompañados doutras especiescomo a sobreira. Noutros lugares o carballo esta-ría substituído polo cerquiño, a propia sobreira ea aciñeira, ou a cabra. Sen embargo, ó longo da historia o home foi modi-ficando a paisaxe. O manexo do lume permitiuque desaparecera unha importante superficie debosque para crear terras de cultivo ou para o pas-toreo. A necesidade de leña e madeira foi outrouso que fixo diminuí-la superficie de bosques. Houbo, ademais, algúns séculos nos que os bos-ques galegos sufriron importantes cortas: para aconstrucción naval, para tonelerías, para as ferre-rías, para face-las travesas das vías do tren...As carballeiras do contorno do itinerario foronsubstituíndose por praderías para o pastoreoextensivo do gando, ou para cultivos agrícolas,nunha pequena proporción. Noutros casos, repo-bóanse con especies de crecemento rápido, comoos piñeiros.
22
Os castiñeiros, un recurso cun valor en alza
parada 66Xa case chegando a Abelairas, existe un pequeno camiño áman esquerda que durante as épocas de menores chuviasnos pode achegar á aldea. A uns metros do comezo deste carreiro, podemos ver unpequeno grupo de castiñeiros novos. Os castiñeiros foron moi importantes na economía rural.Ata a introducción da pataca no século XVII, a castaña foiunha importante fonte de alimento para a poboación gale-ga.Nesta zona pola que discorre o noso itinerario, os soutos decastiñeiros non son moi abundantes na actualidade, aíndaque si é unha forma de aproveitamento forestal moi comúnno resto da provincia de Lugo. A finais da primavera, o castiñeiro florece e énchese debarbas amarelas, as candeas. No outono tínguese de dou-rado, e das súas pólas colgan os ourizos, dentro dos que seencontran as castañas, entre unha e tres. Ás castañas decedo chámaselles “migueliñas”, e ás máis serodias, “san-martiñas”.Aínda que antigamente a castaña se empregaba para pratosde gastronomía popular: caldo de castañas, castañas condente de porco, castañas con leite..., hoxe en día o seu uso
23
restrínxese máis á cociña e repostería selecta e comerciali-zase en fresco, en marmelada, en puré ou como marrónglacé. Galicia e a zona occidental de León son as áreas de maiorproducción de castaña en España.As varas do castiñeiro aínda se empregan para a elabora-ción de cestos e tonelería. Actualmente, existe certa controversia entre os científicossobre se o castiñeiro é unha árbore autóctona ou non esobre quén contribuíu ó seu cultivo e expansión.As últimas investigaciónsparecen deixar claro que éunha árbore autóctona enGalicia, e que foron osmonxes procedentes dou-tras terras, e non os roma-nos -como se cría-, os quefomentaron o seu cultivo eexpansión en Galicia.
Castañas
24
Chegamos a Abelairas, unha pequena aldea que conservaunha boa representación de construccións populares.Desde as propias casas, as entradas e os valados, ata osalpendres e hórreos, están construídos en pedra, construc-cións talladas por excelentes canteiros. Os materiais empregados son fundamentalmente o granitoe a lousa, o mesmo ca no muíño da Roxa. Se nos fixamos, vemos que na aldea a maior parte da casadistribúese dentro dos muros que a limitan. O acceso ó seuinterior realizase a través dunha gran porta. Dentro está acasa, o alpendre, a eira e o hórreo...
Un poucomáis afastadoda aldea sitúa-se o forno. Ungran fornoonde cadaquince díascocerían o panos habitantesda aldea.
Abelairas conserva interesantes valores etnográficos
parada 77
Forno en Abelairas
25
As leiras da aldea están pechadasnalgúns casos con valados acom-pañados de árbores, como o buxo,formando sebes.O buxo é unha pequena árbore “sem-pre verde” de lento crecemento e moilonxeva. A madeira de buxo, de coralaranxada e moi dura, é moi aprecia-da para a talla e o traballo no torno. Demadeira de buxo facíanse vasos, fende-dores de vimbias, pezas da gaita (espe-cialmente o punteiro e o ronco), ou un estimado xoguetepopular: a buxaina.
As sebes son pequenas reservas biolóxicas
As sebes son pequenas illas que lle proporcionanalimento erefuxio aunha impor-tante canti-dade ediversidadede seresvivos, cons-tituíndo ver-d a d e i r a s Sebes
Buxo
26
Desde aquí temos unhafermosa vista que nospermite descubri-losdistintos usos e aprovei-tamentos do contorno,as hortas e campos de
A paisaxe desdeAbelairas
parada 88
reservas xenéticas e de biodiversida-de. Moitos dos seres vivos que habitannas sebes poden actuar como contro-ladores das poboacións doutras espe-cies que, se aumentaran en númeroexcesivamente, poderían derivar enpragas sobre os cultivos. Un exemploson as aves insectívoras, como os
ferreiriños, que encontran aquí unespléndido refuxio. Ademais, cumpren outras funcións,
pois serven de amortecedor de fenómenosmeteorolóxicos, como o forte vento, ou mesmocomo pantalla visual ou acústica.
Usos e aproveitamentos do contorno
Ferreiriñoreal
27
labor, os prados, as chousas de carballos, o piñeiral..., quenesa mesma orde se van afastando das casas. E, ó fondo, oleito do Mera.Vemos tamén con maior claridade, se cabe, cómo o bloquedo Veral, achairado, é escavado fondamente polo río, apro-veitando as liñas de debilidade creadas polas fallas, na pro-cura inexorable do río Miño.
Os cerquiños e os piñeiros de Monterrei
parada 99Vemos dúas masas forestais diferentes a medida que segui-mos a camiñar. Un grupo de arbustos de baixo porte flan-quéanos polo lado dereito. Trátase dunha masa de cerqui-ños, tamén coñecidos polo nome de rebolos. Este nomepopular procede da súa facilidade para rebrotar de cepa oude raíz. Cando as condicións ambientais lle son desfavora-bles ou ben debido ás cortas excesivas ou ó lume, o cer-quiño aparece en forma arbustiva como neste caso, ouincluso pode formar unha matogueira.
A continuación encontrámonos cun bosque de repoboaciónde piñeiros de Monterrei que se estende tamén polo terreodo Veral.
O piñeiro de Monterrei é orixinario da costa do mesmonome do estado de California, en Estados Unidos. Foiintroducido en Galicia a mediados do século XIX, aíndaque a súa extensión é moito menor cá do piñeiro bravo, apesar de que crece máis rápido ca el.
Descendemos polo camiño que vai seguindo o valado doCentro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Veral e daGranxa Cinexética. Ó chegarmos ó cruce, tomamos áesquerda e continuamos ata unha pequena ponte de pedraque nos permite cruza-lo río Mera.Agora achegarémonos ata unha vella canteira.
28
Cerquiños e piñeiros nocamiño
29
Esta canteira de granito encóntrase abandonada e aíndapodemos ver mostras dos efectos dos barrenos sobre assúas paredes. Agora está en pleno proceso de rexeneración natural epodemos atopar, especialmente na primavera, unha boarepresentación de animais acuáticos no seo da pequenacharca que se formou ó seu pé. A súa vexetación está formada por plantas acuáticas deaugas paradas. Xuncos, preciosos lirios amarelos, as espa-danas... limitan os seus bordos. Entre as árbores, os sal-gueiros son os máis abundantes, e tamén se incorporaalgún bidueiro e algún ameneiro.
A canteira abandonada rexenérase naturalmente
parada 1010
Canteira
30
¿Sabías que da cortiza do sal-gueiro se extraía a salicina, subs-tancia precursora para a obten-ción do coñecido “ácido acetil-
salicílico”?Sobre a lámina de auga desprá-zanse incansablemente oszapateiros á procura dalgúninsecto que caia sobre a augaou que intente saír á superficie
desde o fondo da charca.Xa desde lonxe sentímo-lo canto
das ras, que a partir do mes de marzo e case ata o mes dexuño enchen de música a charca. A ra verde é un dos habi-tantes máis comúns de charcas como esta. Despois dosrigorosos meses do inverno que pasan hibernando, a partirdo mes de marzo os machos cantan desde a auga en pro-
cura da femia. Posteriormente,a femia poñerá entre
8.000 e 10.000 ovos,que chegaráná súa eclosiónen menosdunha semana.
Ra verde
Zapateiro
31
O paso de cágado a ra aínda tarda entre dous e catro meses. A ra verde aliméntase, sobre todo, de invertebrados comoinsectos, arañas, moluscos e vermes, pero tamén podecomer pequenos vertebrados como peixes ou inclusooutras ras. Tamén é posible que na vexetación da beira encontremosunha pequena ra de colorido rechamante gabeando polosmatos da beira da charca. Trátase da estroza, unha ra quenon gusta moito da auga.
Estroza
32
Outros usos que existen no terreo do Veral teñen que vercoa conservación e recuperación do noso contorno. Son oCentro de Recuperación de Fauna Salvaxe e o CentroIctiolóxico. Ámbolos centros dependen da Consellería deMedio Ambiente da Xunta de Galicia. O Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe acolle aque-les animais silvestres que encontremos feridos ou abando-nados. Despois de curados e recuperados son devoltos ómedio natural. No noso percorrido pasamos moi pretodunha gaiola de voo, onde as aves recuperan forzas nas ás.O Centro Ictiolóxico ten como función facilita-la repro-ducción dalgunhas das especies de peixes (fundamental-
Outras formas de conserva-lo medio
parada 1111
CentroIctiolóxico doVeral
33
mente troitas) para, con posterioridade, repoboar aquelesríos galegos que o precisen. A conservación do contorno natural e do noso patrimoniocultural e etnográfico depende en boa medida de que todos ocoñezamos e de que ese coñecemento nos axude a valoralos.
Esperamos que este itinerario fose do seu agrado e quegozase desta visita pola Ruta das Chousas.
Outras visitas no contorno
Nas proximidades do Veral encóntrase unha dasconstruccións máis fermosas e enigmáticas deGalicia, o edificio de Santa Olaia de Bóveda.A orixe deste edificio, situado a carón da igrexaparroquial, remóntase a finais do século IV, aíndaque sobre unhas estructuras de s. II.Conserva uns espectaculares frescos e elementosescu l tó r i -cos, daépoca dasúa orixe,únicos enGalicia.
Santa Olaia de Bóveda
34
Abelaira - Corylus avellanaAciñeira - Quercus ilexAcivro - Ilex aquifoliumAlgaria - Genetta genettaAmeneiro - Alnus glutinosaAnémona branca - Anemone trifoliaArandeira - Vaccinium myrtillusBidueiro - Betula celtibericaBuxo - Buxus sempervirensCarba - Quercus petraeaCarballo - Quercus roburCarballo americano - Quercus rubraCastiñeiro - Castanea sativaCerquiño - Quercus pyrenaicaCiprés - Cupressus sp. Estroza - Hyla arboreaFerreiriño - Parus sp.Gabeador común - Certhia brachydactylaGaio - Garrulus glandariusLeirón careto - Eliomys quercinusPeto real - Dendrocopus majorPinabete - Abies albaPiñeiro de Monterrei - Pinus insignisPiquelo azul - Sitta europaea
Especies citadas neste itinerario
35
Ra verde - Rana pereziReventabois - Amanita muscariaSalgueiro - Salix atrocinereaSaxifraga - Saxifraga spathularisSobreira - Quercus suberUz - Erica arboreaVacaloura - Lucanus cervusXesta - Cytisus scoparius
36 Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental
Idea orixinal, realización e textos:
cem, s.coop.galega. ©
Fotografías: XK3 foto © e cem, s.coop.galega. ©
Ilustracións: Rafa Salvadores©, Suso Cubeiro© e A. Campos©
Deseño gráfico, infografía e maquetación:Mazaira grafismo, s.l.
Impresión: Edym, s.l.
Depósito legal: C-223/2001
Recommended