View
15
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
2
Neste boletín: Tema do mes: VII Congreso Estatal de Educación Social. Sevilla 2016. Eva López.
CGCEES:
Conclusións do Congreso de Sevilla 2016.
O compromiso de Sevilla.
Actualidade:
Olladas dende a Educación Social.
Implicámonos nunha nova edición do Galisenior.
Presentación do libro de actas do I Encontro Luso-Galaico de Educación Social.
A diplomatura en Educación social ten recoñecido o nivel 2 do MECES. Que é isto e para
que serve?
Formación: 4ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio rural.
Aulas xurídicas para profesionais e estudantes de Educación Social.
A educación social e a peritaxe xudicial.
Formación con desconto para colexiadas e amigas. Formación externa.
Emprego
Grupos de traballo:
Fiadeiras: O Ceesg e Fiadeiras no mapa feminista de Compostela.
Informe da participación de Fiadeiras no Parlamento de Galicia.
Grupo de traballo de Saúde.
BloguES: 5 ideas clave para a educación dixital. Isaac Azor.
http://www.educadordemenores.es
Para ler e reflexionar: España. Un país de niños pobres. (Antonio Salvador Jiménez Hernández)
Qué fas ti pola Educación Social? Laura Vilaboy Romero.
Actuacións.
15 anos de historia. IV Congreso Estatal da Educadora e o Educador Social.
Os soños de todas. Tamén como agasallo.
Documentos profesionalizadores
Avisos
Boletín do Ceesg
Nº 102 - abril 2016
3
Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795
Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089
Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850
Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103
Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979
Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968
Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901
Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892
Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398
Eva López Soto Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0924
Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118
Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999
Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286
Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195
Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389
Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873
2015 - 2019
XUNTA DE GOBERNO
4
TEMA DO MES VII Congreso Estatal de Educación Social
Arredor de 650 persoas participamos en Sevilla no VII Congreso Estatal de
Educación Social, unha das citas máis importantes da profesión. Desde o 21
ao 23 de abril tivemos ocasión de encontrarnos en torno a un lema que
rezaba “A máis educación social, máis cidadanía”. E sobre estes dous
conceptos xiraron os diálogos dos catro eixos temáticos do Congreso:
Contribúe a educación social á construción da cidadanía e aos procesos de
transformación social que esixe o século XXI?
O estar da Educación Social.
Refacer a educación social para impulsar a construción da cidadanía e o
pensamento crítico na transformación social.
Revolucionando as emocións: formulando os malestares para propoñer
estratexias de mellora.
Penso que foi sentir xeral das aproximadamente 35 persoas que formamos a
representación galega no Congreso que os discursos xerados nestes eixos (re)
volveron mirar nos adentros da profesión como nos primeiros Congresos,
insistíndose en ideas como
“militancia da profesión”, “a
necesaria vocación”, .... Amén
de honrosas excepcións como
as do reitor honorario da
Universidade de Lisboa Antonio
Manuel Seixas Sampaio da
Novoa co que aprendemos o Algunhas/algúns das/os
congresistas procedentes de Galicia
Eva López Soto.
Referente do Ceesg na
organización do VII Congreso
Estatal de Educación Social.
Vogal do Ceesg.
Colexiada nº 0924.
5
termo de “capilaridade educativa”. Este profesor falounos de que estando
inmersas na terceira revolución tecnolóxica, cada vez máis os espazos
públicos escolares tenderían a saír dos espazos físicos para situarse nunha
rede de institucións e profesionais que conformarían os espazos educativos. A
nosa colexiada de honra, Ana Iglesias, membra do comité científico do
Congreso, tamén nos enorgulleceu coas súas verbas cando presentou a Marco
Marchioni, un dos grandes teórico-prácticos da intervención comunitaria,
unha palabriña que toda a educación social se esforza por sinalar como a nosa
ferramenta principal para construír esa cidadanía activa, política, e que
queremos encher de dereitos para que non sexa un concepto baleiro en
discursos demagóxicos na política do poder. O acto de agarimo e
recoñecemento a Marco Marchioni puxo un broche final e emotivo a un
Congreso que desatou o enfado de moitas persoas en relación aos recortados
espazos de debate, de encontro profesional e de participación fronte ao
demasiado extenso para os formatos comúns. As experiencias, as mesas, os
obradoiros e os espazos de reflexión si contribuíron á construción da
profesión, e aí estiveron as Fiadeiras, ocupando un espazo e un tempo
importantísimo do Congreso onde analizaron o programa desde a perspectiva
de xénero e puxeron de manifesto as desigualdades existentes, espazos e
tempos irrelevantes para as mulleres nunha profesión feminina e onde o
número de educadores presentes case nos igualaba. As comunicacións das
galegas Andrea Maroñas, Carmen Morán, Laura Cruz, María Barba, Naiara
González, Noelia Darriba,
foron moi aplaudidas e
serviron para propoñer
estratexias de abordaxe
desde a educación social
aos problemas da
cidadanía.
E como non podía ser
6
doutra maneira os extras do Congreso foron os que maior satisfacción
xeraron, o compartir mesas de xantar, o (re)encontro coas educadoras sociais
doutros territorios, as reflexións, as apertas e as risas anímannos a seguir
apostando por novos encontros profesionais, e aínda que quedan outros
antes, o VIII Congreso de Educación Social será en Aragón, así que… xa
podemos comezar a pensar. Agradecementos tamén a todo o equipo
organizador e científico polo seu grande traballo para que este evento saíse
adiante. Sabemos que as avaliacións serven para avanzar e desexámoslle ao
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Aragón bo traballo e o noso
apoio para os próximos catro anos. Vémonos alí no 2020!!
Quixera rematar trasladándovos o acto que me pareceu máis intenso e
relevante, a entrega do Compromiso de Sevilla a un representante de cada
territorio. Por Galicia foi a colexiada e membra da xunta de goberno Andrea
Maroñas. Neste documento saliéntase o noso compromiso como profesión
para educar pola consecución dos dereitos humanos de todas as persoas,
“desde unha posición ética, respectando as decisións das persoas e xerando
contextos dialogantes para un pacto para a convivencia”.
Acto de entrega do “Compromiso de Sevilla”
7
CGCEES Conclusións do Congreso de Sevilla 2016
O pasado sábado 23 de abril tivo lugar en Sevilla a xornada de clausura do VII
Congreso Estatal de Educación Social, organizado polo Colexio Profesional de
Educadoras e Educadores Sociais de Andalucía xunto ao Consello Xeral de
Colexios de Educadoras e Educadores Sociais, onde se realizou a lectura das
conclusións e retos dos catro eixos-diálogos.
As conclusións e retos foron expostos nun diálogo final, xunto á intervención
maxistral de Marco Marchioni -traballador e investigador social, experto no
campo da intervención comunitaria e a participación-, que serviu de
inspiración ás e aos profesionais da Educación Social alí reunidas/os e as/os
insuflou de enerxía positiva animando a continuar na súa tarefa cotiá e
imprescindible de transformación social e que “se non fan política deixen de
chorimicar”, remarcando tamén
que "non se pode tolerar a
desigualdade desde os
primeiros anos de vida" e que
temos o deber de poñer a
infancia no centro de todo para
conseguir unha sociedade máis
xusta e igualitaria.
Ver as conclusións
Marco Marchioni e Marichu Cal-vo de Mora (vicepresidenta do
CGCEES) durante o acto de clau-sura do Congreso.
Final do acto de clausura, o público en pé aplaudindo a
Marco Marchioni
8
No acto de clausura do VII Congreso Estatal de Educación Social leuse o
Compromiso de Sevilla, froito do debate e participación dos dezaseis colexios
profesionais e a última asociación de educadoras e educadores sociais de
Cantabria, do Comité Científico, do Comité Organizador, e tamén de maneira
participativa coas e cos asistentes do VII Congreso.
Tras a súa lectura, chamouse a cada un dos colectivos de educadoras/es
presentes e foilles entregado o un pergamiño co texto do Compromiso de
Sevilla para que fose levado a cada un dos territorios. Un compromiso
colectivo.
COMPROMISO DE SEVILLA
O tránsito que vai desde o Congreso de Valencia á celebración do VII Congreso
de Educación Social de Sevilla, remítenos a tempos de cambio social e político.
Este Congreso puxo a énfase explicitamente na capacidade de xerar unhas
cidadanías centradas nos dereitos e nunha vida digna das persoas. Temos a
responsabilidade de colocar nunha certa centralidade o a compoñente de
utilidade social da acción das e dos profesionais da Educación Social. Este é o
noso compromiso para a transformación do noso contexto máis próximo,
exercer con profesionalidade e humildade aquilo que mellor sabemos facer: o
cambio social mediante a Educación Social.
Os diferentes actores, reunidos neste VII Congreso, interconectados polo
Dereito de cidadanía que é a Educación Social, e desde a promoción de valores
solidarios e a potenciación do pensamento crítico e autocrítico,
comprometémonos a:
O compromiso de Sevilla
9
Implicarnos na transformación social que se concrete de maneira
efectiva na implantación dos Dereitos Humanos e Sociais Fundamentais,
desenvolvendo a Educación Social, nas diferentes esferas ao longo da
vida das persoas, sendo estas as protagonistas das súas historias e da
Historia.
Esixir unhas políticas que creen contextos baseados en a xustiza social e
a igualdade, promovendo a mediación como proceso educativo que nos
empodera como persoas e como suxeitos activos da sociedade.
Incrementar a nosa presenza nos escenarios políticos e sociais
defendendo unhas políticas de benestar que permitan o pleno
desenvolvemento das persoas, renovando a maneira de facer a Política e
creando unhas relacións económicas que aseguren unha maior cohesión
social desde o respecto á dignidade de todas e de todos.
Loitar para conseguir institucións sensibles coas problemáticas sociais,
que aposten por políticas de prevención e pola promoción duns valores
solidarios.
Poñer no centro da nosa acción socioeducativa as persoas, os colectivos
e as contornas máis vulnerables da nosa sociedade, desde unha posición
ética, dando voz a a cidadanía e xerando contextos dialogantes e
participativos reais que posibiliten un novo pacto social para a
convivencia.
Compartir e transferir o coñecemento que se xera desde a reflexión
sobre a práctica creando espazos de confluencia con aqueles que teñen
o encargo social de formar ás e aos profesionais.
Revisar o noso modelo organizativo para dar resposta ás novas formas
de participación e ao noso compromiso social, baseado como mínimo
nos principios de solidariedade, xustiza social, igualdade e
transparencia.
10
Consolidar o desenvolvemento profesional das educadoras e dos
educadores sociais desde unha formación inicial que nos capacite para o
desenvolvemento das nosas funcións e desde unha formación
permanente que actualice as nosas capacidades de dar resposta aos
cambios sociais.
Construír un espazo profesional amplo que necesariamente se
complemente con outras disciplinas e perfís profesionais, que
desenvolvan melloras das condicións do exercicio profesional en
beneficio das persoas, dos colectivos e das comunidades coas que
traballamos, desde redes colaborativas entre os diferentes profesionais
de todos os ámbitos que conforman o Estado do benestar.
Promover a incorporación da educadora e do educador social nos
espazos de toma de decisións para influír no deseño e implementación
das políticas públicas.
As organizacións que representan nosa profesión orientaranse á mellora de
vida das cidadanías e difundir a utilidade social do exercicio profesional, sendo
un instrumento para o recoñecemento da Educación Social.
11
ACTUALIDADE Olladas dende a Educación Social
Chega unha nova edición, e xa imos pola terceira, do Concurso de fotografía
“Olladas dende a Educación Social”, cunha importante novidade, pois
amplíase a posibilidade de participación a todas as persoas colexiadas do
Ceesg, sumándose así ao estudantado, profesorado e PAS das universidades
galegas.
Este concurso de fotografía xurdiu no 2014 como iniciativa do PIC (Punto de
Información Colexial) da Universidade da Coruña, un grupo de dinamización
formado por alumnado voluntario do Grao en Educación Social cuxa
finalidade é crear un vínculo entre o Colexio de Educadoras e Educadores
Socias de Galicia (Ceesg) e o estudantado. Á segunda edición con concurso
sumáronse tamén os PIC da Universidade de Santiago e da Universidade de
Vigo (Campus de Ourense). Nesta terceira edición, o Ceesg toma o relevo
dunha iniciativa que une fotografía e educación social, coa finalidade de
inmortalizar en imaxes a nosa mirada socioeducativa da vida cotiá e da
contorna que nos rodea.
As bases prevén a posibilidade de participar enviando ata tres fotos (orixinais,
inéditas, realizadas por ti). Cada unha delas debe ir acompañada dun pé de
foto, que debe incluír o título da fotografía e unha pequena reflexión sobre a
imaxe. Moi pronto faremos públicas as bases de participación con todos os
detalles.
As persoa que resulte gañadora do concurso poderá participar de xeito
gratuíto noutro proxecto fotográfico do colexio: os soños do Ceesg.
12
Implicámonos nunha nova edición do Galisenior
GALISENIOR, Salón galego das persoas maiores é unha feira especialmente
dirixida ás persoas maiores, ás súas familias e a profesionais que traballan
neste sector.
Ten o obxectivo de conceptualizar a vellez como unha etapa máis da vida,
participando na sociedade, a través de todo tipo de actividades e da
aprendizaxe, coa colaboración das institucións públicas e privadas.
Configúrase tamén como un punto de encontro de profesionais do sector
xerontolóxico, a través das Xornadas Técnicas de Galisenior, que no 2016 se
desenvolverán seguindo os seguintes bloques temáticos:
Fraxilidade e envellecemento poboacional.
Nutrición e recomendacións dietéticas (pautas da Sociedade Española
de Nutrición).
Política social, servizos sociosanitarios e oportunidades empresariais ou
de emprendemento.
I+D+i aplicada ao envellecemento saudable.
Apoios técnicos.
O Ceesg forma parte do seu Comité Asesor, e o Geix terá un stand no salón e
participará en diversas actividades dentro do salón.
Será en Expourense os días 25 e 26 de maio.
Toda a información en www.galisenior.es
Actividades para maiores, na anterior edición da feira.
Unha das mesas da Xornada teécnica para profesionais, na que o Geix tivo alta presenza.
13
Presentación do Libro de Actas do
I Encontro Luso-Galaico de Educación Social
En marzo do 2015 tiña lugar en Vigo o I Encontro Luso-Galaico de Educación
Social, que organizamos xunto coa Asociação Proffisional de Técnicos
Superiores en Educação Social.
Démonos cita profesionais da Educación Social de máis acá e máis alá da raia,
tendo lugar un debate e reflexión que nos permitiu coñecernos máis e mellor,
crear vínculos de traballo común.
Temos agora xa por escrito todo o alí exposto, para quen non tivese
oportunidade de asistir, e a presentación oficial deste Libro de Actas ímola
facer en Pontevedra, previsiblemente no mes de maio. Será un acto aberto ao
público, polo que estade atentas, informaremos por aviso online do lugar e
data nos próximos días.
14
A diplomatura en Educación Social ten recoñecido o
nivel 2 do MECES. Que é isto e para que serve?
Hai xa uns meses á titulación de Diplomatura en Educación Social recoñecéuselle o Nivel 2 no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES).
Este nivel para a Educación Social recoñécese a través dunha resolución do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicada no BOE casualmente o Día Mundial da Educación Social 2015 (2 de outubro), pero é no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro sobre homologacións e correspondencias onde se regula este aspecto.
Hai certa confusión sobre este recoñecemento de nivel, polo que recollemos a continuación algunhas cuestións básicas intentando aclarar as dúbidas máis frecuentes.
Que é o MECES?
A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) estableceu un marco de referencia académico aplicable a toda Europa, para poder determinar claramente o nivel das diferentes cualificacións académicas que se impartían en todos os países europeos. Este marco de referencia, chamado FQ-EHEA (The Framework for Qualifications of the European Higher Education Area) establecía catro niveis. Os países adheridos ao EEES debían implantar este marco, e en España materializouse co MECES (Marco Español de Cualificacións de Educación Superior), nos que os niveis académicos son:
Nivel 1. Técnica/o superior
Nivel 2. Grao
Nivel 3. Mestrado
Nivel 4. Doutoramento
Real Decreto 1027/2011, de 15 de julio, por el que se establece el Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior
15
Homologación, equivalencia, correspondencia…. son o mesmo?
Non. O RD 967/2014 regula todos estes procedementos, pero non son o mesmo.
A homologación e a equivalencia fan referencia a procesos que se poden aplicar a títulos ESTRANXEIROS.
A correspondencia fai referencia aos niveis do MECES para os títulos anteriores á implantación do EEES (como as diplomaturas)
Este recoñecemento, significa que as persoas diplomadas obteñen automáticamente o título de grao?
Non. É unha correspondencia de nivel, non unha homologación ou equipara-ción directa. As persoas que cursaron diplomatura seguen sendo diplomadas, non graduadas.
Entón, para que serve?
É unha aclaración destinada sobre todo ao ámbito europeo, onde diplomatu-ras/licenciaturas non existen, que determina a qué nivel formativo correspon-de a diplomatura en Educación Social. Así, quen cursase a carreira antes da implantación do EEES, non terá tantos problemas á hora de traballar ou com-plementar estudos noutros países.
En calquera caso, o recoñecemento de nivel non é válido para oposicións.
RD 967/2014, Disposición adicional oitava: “O previsto neste real decreto non resulta de aplicación ao réxime de titulacións esixible para o ingreso nas Administracións Públicas, que se rexerá, en todo caso, polo previsto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e o resto da súa normativa específica que resulte de aplicación.”
Que pasa coas persoas que fixeron ou están a facer cursos de adaptación (ou cursos ponte) ao grao?
Xa explicamos que o recoñecemento de nivel MECES non supón a equivalencia directa do grao. Polo tanto, quen realice un curso de adaptación ou curso ponte para obter o grao, si serán graduadas en Educación Social. Dito de outra forma: quen queira obter o título de grao terá que facer estes cursos ou os procedementos que estableza cada universidade.
16
Teño que ter algún título ou documento para demostrar que a miña diplomatura ten o nivel 2 de MECES?
Non. O artigo 27 do RD 967/2014 di que “A posesión do nivel MECES correspondente por titulado ou titulada quedará acreditada coa mera referencia da publicación no BOE, presentada de forma conxunta co título de que se trate”. Polo tanto, é innecesario solicitar unha certificación explícita.
Aínda así, o Ministerio habilitou a través da Sede Electrónica de Educación un procedemento polo cal unha persoa titulada pode solicitar e obter directamente un certificado de correspondencia ao nivel MECES. Como xa dixemos, isto supón un certificado de correspondencia, non un título oficial directo.
Quero ter un certificado da correspondencia do meu título. Que teño que facer?
Solicítase e obtense a través da Sede Electrónica de Educación (é imprescindible dispoñer de certificado ou DNI electrónico, ou acceso co sistema Cl@ve)
Convén sinalar que o número do título é o que se indica no diploma como Número de Registro Nacional de Títulos (non confundir co número de rexistro universitario) Se o título non ten número, marca o recadro no que se autoriza á consulta dos datos e a súa xestión segundo a normativa vixente (clic na lapela “Obtener correspondencia”), a continuación, en “formulario de incidencias”; cumprimenta os datos persoais, o nome do título que figura no diploma, a universidade que o expediu e a data de expedición, finalmente preme en “comunicar incidencia”. A unidade competente resolverá a incidencia e facilitará o certificado de correspondencia.
O prazo de solicitude está permanentemente aberto.
Consultas ou dúbidas sobre o procedemento deben dirixirse ao Ministerio de Educación a través das canles que pon a disposición:
Formulario de contacto https://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/
Teléfono: 910 837 937
17
FORMACIÓN
O Ceesg colabora coa Asociación Carballo Vivo para a organización destas
xornadas, que pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e
tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de
supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer
experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas
de desenvolvemento social e económico na nosa contorna.
Será os días 30 de abril, e 7 e 14 de maio no centro social da parroquia de
Carballo - Friol (antiga escola)
A xornada do 30 de abril xirou en torno á figura do lobo (experiencias
educativas, tradición oral asociada a el, a percepción do alumnado, e
proxectarase o filme “Entre lobos”). O 7 de maio estará centrado na saúde e
na alimentación; e o día 14 terá lugar unha homenaxe ao escritor Xerardo
Quintiá e un contacontos.
É unha actividade aberta a todos os públicos do concello de Friol, de todas as
idades e profesións. Todas as actividades son gratuítas excepto o xantar, para
o que hai que anotarse antes do 11 de maio no email
carballovivo@gmail.com.
Xornadas de Interpretación e Dinamización
do medio rural
18
Aulas xurídicas para estudantes e profesionais de
Educación Social
12 DE MAIO
Alfabetización xurídica. Como funciona a xustiza? (actrices/actores, leis, xurisdicións)
19 DE MAIO
Fundamentos básicos do dereito laboral.
26 DE MAIO
Fundamentos básicos do dereito administrativo.
2 DE XUÑO
Fundamentos básicos do dereito penal e penitenciario, Estatuto profesional dos /as Educadores/as.
Rúa Lisboa, 20, baixo.
Santiago. (Sede do Ceesg)
de 17:00 a 19:00
Inscricións en www.ceesg.org
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN
No mes de maio comezaremos unha nova edición das Aulas xurídicas, nas que
o noso servizo xurídico, A Sensu Contrario, explicará nocións básicas para
comprender o sistema xudicial, afondando en cuestións que nos interesan
pola nosa profesión.
Serán catro sesións, dedicadas cada unha a un tema diferente, e hai a
posibilidade de inscrición en todas elas, ou ben en sesións soltas.
A inscrición para educadoras/es sociais colexiadas/as ou amigas/os do
Ceesg é gratuíta; outras persoas poderán asistir abonando unha cota de 5€
por sesión.
19
A actividade pericial consiste na valoración por parte de persoal experto
dunha determinada situación ou feito, que pode ser influinte para a decisión
xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo.
A comezos de cada ano, os colexios profesionais envían a xulgados e tribunais
o listado de persoas dispostas a actuar como peritas/os, por se necesitan dos
seus servizos. Para formar parte desta listaxe de educadoras/es sociais
recomendamos encarecidamente ter unha formación básica previa, e algunha
experiencia profesional no ámbito socioeducativo. Consideramos
imprescindibles uns coñecementos básicos en canto á redacción de informes,
coñecer como funcionan os procedementos xudiciais, chamamentos e
incompatibilidades, como actuar durante un xuízo no caso de ter que
comparecer...
Esta formación básica organízase precisamente coa finalidade de comprender
e coñecer a actividade pericial por parte das educadoras/es sociais
interesadas nesta actividade.
Encargarase de impartilo a nosa asesoría xurídica, A Sensu Contrario.
Será en Ourense, nos locais das Asociacións Universitarias (Parque dos
Parrulos, tras o Edificio de Ferro, Facultade de Ciencias da Educación) o
vindeiro 28 de maio, en horario de 9:30 a 14:30.
Información detallada.
A educación social e a peritaxe xudicial
20
Formación de outras entidades
1º Congreso Internacional sobre as necesidades e dereitos da Infancia: como crecer valentes, confia-dos e confiables. A Coruña. 19 e 20 de maio. Asociación Xornalística, de Estudios e Comunicación (P-Estudio). www.congresoinfancia.es
Información detallada de
todas estas accións
formativas en
www.ceesg.org
21
EMPREGO
Profesor/a asociado/a. Santiago. Estas son as ofertas de
emprego publicadas o mes
pasado na web do Ceesg.
Para ver a información
completa e actualizada,
recorda consultar
frecuentemente a web do
Ceesg
Docente. Familia prof. servizos sociosanitarios. Arteixo.
Técnica/o de inclusión sociolaboral. Santiago.
Técnica/o dinamizador/a do plan de inclusión dixital. Betanzos.
Autor/a para manuais de certificado de profesionalidade. Pontevedra.
Técnica/o de intervención familiar. A Coruña.
Profesionais de apoio social para Oxdfordshire. Reino Unido. Selección en Vigo.
Corpos de profesorado de formación profesional e secundaria. Galicia.
22
Axente TIC. Arzúa.
Educador/a familiar. Cariño.
Educador/a familiar. Arzúa.
Formador/a titor/a para aprender traballando. A Coruña.
Técnica/o de intervención familiar. Vigo.
23
GRUPOS DE
TRABALLO
O Ceesg e Fiadeiras, no mapa feminista de Compostela
Dende hai uns meses, a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago está
a traballar no proxecto Compostela, territorio das mulleres. Dentro deste
proxecto estiveron incluídas diversas actuacións do 8 de marzo, entre as que
se encontra un mapa con perspectiva de xénero
de Compostela, que servirá por unha banda, para
poñer en valor lugares e espazos que teñen
relevancia no relato histórico das mulleres da
cidade e, por outra, apoiar e promover aos
axentes sociais e económicos que fan unha aposta
pola igualdade de oportunidades entre homes e
mulleres en Compostela.
O Ceesg e o seu grupo Fiadeiras estamos neste
mapa, que poderemos ver moi pronto.
Territorio de mulleres
@CompostelaTM
Informe da participación de Fiadeiras no Parlamento de Galicia
Despois da súa participación na Comisión non Permanente de estudo para a
Igualdade e para os Dereitos das Mulleres do Parlamento de Galicia, o pasado
2 de marzo, o grupo Fiadeiras presentou recentemente un informe sobre esta
comparecencia pública.
Descargar informe.
24
Grupo de traballo de Saúde
O vindeiro 6 de maio, na sede do Ceesg, está prevista unha reunión entre
varias persoas interesadas en crear un novo grupo de traballo centrado en
Educación Social e Saúde, que englobaría tamén o traballo de prevención e
intervención sobre o uso de drogas.
A xuntanza é aberta a quen lle interese, se te animas, pregamos confirmes
asistencia.
Lugar: Sede do Ceesg.
Rúa Lisboa, 20, baixo. Ver ubicación
Data: 6 de maio.
17:00 h.
25
BloguES 5 ideas clave para a educación dixital
Despois de dous días de reflexións en #formaredes aquí déixovos as miñas
ideas clave sobre o uso educativo das redes sociais como profesionais da
educación de menores.
Claro é que son conclusións persoais, e en que en cada ámbito de traballo
poden e serán distintas ou que á fin e ao cabo é o equipo educativo quen e
como decide que se debe de traballar neste campo das Tic e as redes sociais,
aínda un mundo por explorar pero ao que temos que empezar a ter menos
medo.
1. As redes sociais son os novos patios/rúas, a nosa presenza é necesaria.
É sinxelo. Non vin nunca un educador que mentres no patio ou na rúa os
menores xogan ou falan, el se atopa cara á parede e alleo ao que alí
ocorre.
É unha realidade que todos os menores están nas redes sociais e nós non
podemos permanecer alleos a iso, debemos entrar e compartir ese espazo
con eles, dándolle un uso educativo e transformador, tal e como fariamos
no patio. Sinxelo.
2. A cuestión non é se debemos usar ou non as redes, senón como
integralas como ferramenta educativa.
As discusións nos equipos educativos sobre se debemos usar ou non as
redes sociais son eternas, con mil posicionamentos ou teorías, pero se
partimos desde o punto 1, o debate non se atopa en se debemos ou non
usar as redes, o debate atópase en como debemos usalas para darlles un
uso educativo. Agora ben, a partir de aí podemos debater como as imos a
usar e de que maneira.
Isaac Azor
Educador Social
https://educadordemenores.com/
Educador de menores
@EducadorMenores
26
3. Relación por Whatsapp profesional ou persoal?
Outro eterno debate. Onde termina a implicación laboral ou onde chega
esta? Ben, eu penso que non debe de ser unha decisión persoal, senón de
equipo educativo. Se un menor me escribe un WhatsApp ás 23:30 , debo
contestalo? Primeiro, sentido común e segundo, debería ser decisión do
equipo educativo poñer límites neste tema. O ideal e o máis profesional,
segundo o meu criterio e escoitando as achegas dos meus compañeiros en
#formaredes, debería de haber un WhatsApp da entidade, onde se
centren todas as mensaxes, sendo un lugar “publico” para todo o equipo
educativo e onde o límite de horario se establece co horario laboral do
proxecto e dos seus profesionais. Ao día seguinte todo se pode solucionar,
seguro.
4. Debemos ser referente nas Redes Sociais.
Consideramos importante ser referentes dos menores na vida cotiá, Por
que non nas redes sociais? Xa o dixemos, as redes son os novos patios, as
novas rúas un novo espazo para as persoas. Por iso nós debemos de ser
referentes no bo uso das redes sociais, ensinándolles todas as vantaxes e
preocupacións que teñen as redes. Se ven que nós facemos un bo e
interesante uso das redes sociais, poderemos conseguir que eles tamén o
fagan, sendo referente en como manexar este novo espazo.
5. Un reto: Conectar aos desconectados.
As redes sociais son un novo espazo de normalización. É interesante poder
conectar aos desconectados sociais, para normalizar e non crear fenda
dixital. En moitos barrios de España lévase traballando desde hai tempo
este tema, ofrecer espazos de encontros dixitais para os máis
desfavorecidos.
Publicado en https://educadordemenores.com/ en outubro de 2015
27
PARA LER E
REFLEXIONAR
España. Un país de niños pobres (GEU editorial) Ano: 2015
Autor: Antonio Salvador Jiménez Hernández
Este libro non fai referencia exclusiva á pobreza económica,
senón que fala tamén de outros tipos de pobrezas, que son
invisibles e que igualmente padecen os nenos e nenas.
Neste libro podemos atopar as claves para salvar dun empo-
brecemento integral a moitos nenos e nenas.
Este é o libro oficial da Xira “España por la infancia”, que co
lema “Despertando conciencias, compartiendo responsabili-
dades” percorreu durante varios meses todas as provincias
españolas, coa finalidade de deseñar o Plan Estratéxico Espa-
ña pola Infancia.
Podes consultar esta publicación na
28
QUÉ FAS TI POLA
EDUCACIÓN SOCIAL
Dende ben pequena loitaba polos dereitos das persoas máis indefensas,
axudaba aos demais, analizaba todo con detalle, gustábame que se fixera
xustiza… Podo dicir que dende ben pequena tiña claro que a miña profesión
sería no eido do social; e podo dicir que son Educadora Social por vocación,
involúcrome no meu traballo, intento reciclarme profesionalmente, intento
fomentar as miñas relacións sociais con profesionais do ámbito social para
seguir tecendo redes e estar sempre “na onda” e actualizada.
Son coordinadora do grupo Geix, Grupo de estudos e investigación
xeragóxica, e vogal da Área de Formación da Xunta de Goberno do Ceesg.
Dende a miña colexiación, funme involucrando pouquiño a pouco no colexio
pois paréceme moi importante facer presente a profesión, loitar por ela e
defendela. Hai moito traballo por facer e temos que seguir a loitar por
facernos visibles en tódolos ámbitos nos que temos cabida profesionalmente,
e temos que unir forzas. E o Colexio é un bo “foro” para poder loitar pola
Educación Social.
A educación social pode aportar moito a nivel persoal e profesional, pois
crecemos como persoas, a educación vai con nós da man ao longo da nosa
vida, é transversal; e hai moitos colectivos, comunidades, suxeitos…
esperando a nosa intervención, que lles facilitemos información, orientemos,
facilitemos recursos, que lles ensinemos outras perspectivas e alternativas… A
través da educación social podemos axudar a crear suxeitos máis autocríticos,
con recursos e integrados na sociedade.
Son autónoma; debido á situación de crise que se está a vivir, dende o 2011
decidín traballar pola miña conta, tanto impartindo formación ocupacional e
Laura Vilaboy Romero
Educadora Social autónoma.
Vogal do Ceesg.
Colexiada nº 3873.
29
bonificada, como impartindo diferentes talleres de avellentamento activo,
coordinadora de campamentos urbanos, e como educadora social nunha
residencia de maiores. A situación laboral é moi complexa e hai que loitar nun
terreo onde existen moitos profesionais. Pero invito ao ánimo, ao
positivismo… temos que loitar polo que estudamos, pola nosa profesión, polo
noso traballo, pola sociedade que está á espera de profesionais coma nós
para realizar intervencións socioeducativas con éxito! E que sabemos traballar
en equipo! Sempre cos pes na terra, sendo obxectivos e analizando a
realidade. Unha vez escoitei: “non debemos ser pesimistas, senón optimistas
informados”, e creo que é unha boa premisa para tela en conta. Temos que
loitar polo que cremos. “A máis cidadanía, máis educación social”.
30
ACTUACIÓNS Achegas á normativa sobre os CIM Recentemente, dende o Ceesg, enviamos achegas ao Proxecto de
Decreto polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o
recoñecemento, modificación e extinción dos centros de información á
muller. Propuxemos unha maior dotación de recursos humanos,
incorporando a figura da educadora social. Ademais, suxerimos unha
maior especialización do persoal, non sendo suficiente a formación
específica en materia de xénero que se recolle no proxecto.
Presentación da revista Galeduso en Santiago A Facultade de Ciencias da Educación acolleu a presentación do número 11
da revista Galeduso. Contamos para isto coa colaboración de Mª Carmen
Gutiérrez Moar, e de Celso F. Sanmartín, que publicaron sendos artigos na
revista, e con Sofía Riveiro, do consello de redacción. Este número 11 é un
número monográfico sobre educación social e persoas maiores, e estamos
xa traballando no seguinte número, que se centrará na historia da Educa-
ción Social organizada en Galicia. O 3 de maio faremos a presentación na
Universidade da Coruña.
Reclamacións sobre prazas convocadas nos concellos No mes de abril, interpuxemos recursos de reposición ás prazas de Auxiliar
de Animación Sociocultural do Concello de Lobeira, Auxiliar Administrativo
(con funcións de información xuvenil) do Concello de Xove (que foi desesti-
mado), técnico de servizos sociais do Concello de Miño, e educador/a fami-
liar dos Concellos de Cariño e Arzúa. Tamén recibimos notificación da deses-
timación do presentado á praza de Axente TIC en Burela e de Educador/a
familiar en Poio.
31
E tamén... Reunión da Comisión ética e de benestar profesional.
Inauguración da exposición Refuxiados sen Camiños.
Reunión da Plataforma ProCAPDOurense.
Reunión da Comisión específica de Regularización.
Reunión do Comité asesor do Galisenior.
Asemblea da Plataforma Feminista Galega—Ourense.
Reunións de traballo dos grupos aBeira e Escaravellan-do, así como da Área de Comunicación.
Xuntanza da Xunta de Goberno.
Reunión do Foro de Inmigración.
IV Congreso Internacional “A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión e equidade”.
Foro profesional de diálogo CEAVIGAL.
Participación no VII Congreso Estatal de Educa-ción Social.
Presentacións do libro “Machismos, de micro nada”, dentro da xornada Feminismos diversos(organizada pola Universidade de Santiago) e das IX Xornadas da abordaxe integral da violencia de xénero dende o ámbito local (organizada polo CIM de Ribadeo)
Realización de obradoiro dentro do VII Congreso Estatal de Educación Social (Fiadeiras).
Servizo xurídico do Ceesg, primeiro martes e ter-ceiro mércores de cada mes.
Asistencia ás II Xornadas de Atención á Diversi-dade, de Surgapa, en Vigo.
Participación na Asemblea do CGCEES.
Sesión presencial do curso sobre (Tran)sexualidade, infancia e intervención socio-educativa.
Asistencia e participación nas 4ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural, organizadas pola Asociación Carballo Vivo, Friol.
Asistencia e participación no Congreso da Socie-dade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, como integrantes do Comité Organizador (Geix).
Reunión do Consello Galego de Benestar Social.
Asistencia á presentación do libro “Diseño de políticas sociales”, de Fernando Fantova, organi-zada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Adhesión á Plataforma ProCAPDOurense
Sumámonos á plataforma cidadá para a consecución en Ourense de
centros públicos e de xestión pública que atendan a persoas con
discapacidade, en especial, ás persoas maiores de 21 anos, e
participamos nas reunións mantidas neste mes. Nos últimos días,
publicouse en prensa o anuncio da creación dun centro deste tipo.
32
15 ANOS DE
HISTORIA IV Congreso Estatal da Educación Social. Santiago, 2004.
Acaba de celebrarse o VII Congreso Estatal de Educación Social. Antes de
Andalucía, outros seis territorios acolleron este evento, e foi en Galicia onde
tivo lugar a súa cuarta edición, organizada polo noso colexio profesional.
O Cesg e Asedes (Asociación Estatal de Educación Social) foron as entidades
encargadas de promover e organizar daquela cuarta edición, celebrada en
Santiago de Compostela do 30 de setembro ao 2 de outubro de 2004.
Os obxectivos fundamentais deste encontro, baixo o lema “Políticas
socioeducativas: Retos e propostas para o século XXI” eran:
Contribuír á realización dunha lectura política sobre a educación social e
unha lectura educativa sobre as políticas sociais a través da creación de
espazos de análise e reflexión sobre as relacións que rexen entre o
plano profesional e o político.
Suxerir pautas para orientar o marco normativo e lexislativo de cara á
mellora na calidade dos servizos e das prácticas das administracións
públicas e privadas.
Definir retos e propostas para as políticas socioeducativas no século XXI.
Durante máis dun ano traballouse na configuración do espazo científico
arredor de dúas conferencias, a presentación pública e oficial do Código
deontolóxico do educador e da educadora social, tres mesas redondas,
dezasete encontros por ámbitos, once grupos de traballo e outras actividades
lúdicas.
Entre as persoas encargadas das conferencias e relatorios: Cristina Almeida,
na conferencia inaugural, falando sobre educación igualitaria; Carmen
Cartaz do IV Congreso Estatal de Educación Social.
33
Sarmiento, que falou sobre xornalismo comprometido, ou Toni Juliá, naquel
momento responsable da Oficina Europea da AIEJI, que na clausura nos
emprazou ao Congreso Mundial de Educación Social que tería lugar ao ano
seguinte en Uruguay. Responsables políticos e técnicos de diferentes ámbitos,
xunto coa actividade dos “encontros por ámbitos” e os “grupos de traballo”
completaban o programa.
Entre os aspectos positivos, podemos destacar a colaboración de entidades,
tanto públicas como privadas, que achegaron financiamento, chegando a
acadar o 40% do gasto real do congreso. O resto dos gastos foron cubertos
coas inscricións dos congresistas xa que –outro dato positivo- as educadoras e
educadores sociais responderon moi ben en canto á participación. Foron en
total 490 profesionais procedentes de todo o territorio español, dos que 173
eran de Galicia.
Como aspecto menos positivo, a escasa atención dos medios de comunicación
a un evento de tal relevancia.
Como testemuño daquel evento queda
aínda a páxina web, para quen queira
esculcar no programa, comités,
comunicacións.... E tamén os libros e CDs
de actas que conteñen toda a
documentación xerada no congreso
(dispoñibles na biblioteca do Ceesg, para
quen non tivo oportunidade de estar no
congreso)
O remate do congreso non quedou
naquel 2 de outubro, senón que esas
conclusións, eses retos e propostas para
as políticas socioeducativas, foron
trasladadas a diferentes organismos,
O vestíbulo do Pazo de Congresos de Galicia, durante un dos
descansos.
Asistiron case 500 congresistas.
34
partidos políticos e administracións con responsabilidades na aplicación e
xestión de políticas socioeducativas.
Murcia, Madrid, Barcelona, Santiago, Toledo, Valencia e Sevilla xa acolleron as
citas profesionais máis importantes para a Educación Social. E moitas que nos
quedan. Próxima parada: Zaragoza 2020 (e aínda antes, no congreso
internacional, Brasil 2017).
35
“Os soños de todas” tamén pode ser un agasallo precioso. Que mellor maneira de celebrar un
aniversario agasallando cunha sesión de fotos “Os soños de todas”.
Moi pronto teremos os nosos paquetiños preparados para agasallar con soños e lembranzas.
Merillotes fotografía está traballando no deseño da tarxeta regalo coa Asociación Juan XXIII
adicada á formación e promoción integral das persoas con disCapacidade intelectual.
Informaremos en canto estean listas.
36
Principios deontolóxicos xerais Principio de respecto aos suxeitos da
acción socioeducativa
«O/A educador/a social actuará en interese
das persoas coas que traballa e respectará
a súa autonomía e liberdade»
DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES
37
AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publícalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.
38
Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
ceesg.gal
Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia
@GaledusoCeesg
Boletín do Ceesg
http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/
Fiadeiras Ceesg
Geix Ceesg
Escaravellando Grupo de
Infancia e Adolescencia
aBeira Ceesg
A Eira do Ceesg
Recommended