Calendario 2015

Preview:

DESCRIPTION

Calendario elaborado polo alumnado e profesorado do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas

Citation preview

O O O O XABARIL XABARIL XABARIL XABARIL (Sus scrofa) (Sus scrofa) (Sus scrofa) (Sus scrofa) é un mamífero de tamaño mediano con cabeza grande e alongada, na que destacan uns ollos pequenos. O pescozo é groso e as patas moi curtas. Ten os cuartos dianteiros máis altos que os traseiros o que o diferenza do porco doméstico. Caracterízase pola mala vista pero cun importante sentido do olfacto para compensar. As crías nacen con raias lonxitudinais polo que se lles da o nome de raións, estas desaparecen durante os primeiros meses de vida e a súa pelaxe escurece.

A PITA DO MONTE Tamén chamada “pita montesa”

Ave galinácea de plumaxe de cor escuro con reflexos verdosos metálicos

no peito e manchas brancas. O pico de cor marfil. Nas patas ten unas

escamas que lle serven para aumentar a superficie de apoio e manter o

equilibrio.Cola redonda.

Alimentación: Segue dous tipos de dieta, no verán é unha ave terrestre,

come herbas, crisálides de formigas, bagas ou silvas; no inverno é unha

ave arborícola, mantense de agullas dos piñeiros, gromos e bagas de silva,

arandeira e acivro.

Nas épocas de celo da gritos roncos que recorda ao uro. É unha especie

ameazada.

3 ANOS A

AULA DE APOIO

CABALOS E BURROS Son parte da familia equina, pero non son o mesmo tipo de animal. As

orellas e os ollos do burro son máis grandes. O cabalo é un animal de maior tamaño cunha pelaxe máis suave e sedosa. Os burros viven máis anos, axudan nas tarefas agrícolas e aínda que intelixentes son moi teimosos. Quedan poucos exemplares. Os cabalos teñen unha gran beleza e intelixencia.