View
252
Download
9
Category
Preview:
DESCRIPTION
o alumnado de terceiro ciclo escribiulle unha carta a un personaxe do samaín
Citation preview
Sigüeiro, 27 de outubro de 2011
Estimada Dona Cabaza:
Esperamos que esta carta chegue o antes posible ao seu destino.
Rogámoslle que non asuste aos nenos do pobo porque lle collen medo. Pode ser máis amable con eles, darlles caramelos, xogar con eles… E non poñerlle caras feas nin maldicilos.
Dicímoslle isto polo seu ben, non o tome a mal. Se mellorara a súa conduta lograría a amizade dos nenos e tería máis amigos.
Un cordial saúdo.
Carmen.
Sigüeiro, 26 de outubro de 2011
Odiado Don Suspenso:
Gustaríame saber por que lle gusta ver as caras de desgusto dos nenos e nenas cando vostede aparece nalgún exame. Por que a min nunca se me apareceu? Non me gustaría que o fixera pois para min sería unha sensación terrorífica.
Aos nenos e nenas aos que entristece non lles gusta velo e pásano mal. Creo que debería procurar deixar de aparecer porque non é bo, non para vostede xa que provoca que a xente non queira velo e isto non é agradable para ninguén.
Espero que reflexione sobre o que lle conto.
Saúdos
Iria 6º B
Querida Bruxa:
Estiven lendo un libro sobre vostede “A bruxa Curuxa” de Antón Cortizas e gustaríame facerlles chegar o meu descontento sobre algunhas condutas que non me gustan e que quero que cambien.
A primeira delas é a verruga que tedes no nariz. Por que non facedes un feitizo para quitalas?
A segunda é sobre a roupa. Por que sempre vestides de cores escuras? Pregúntome se non poderiades ir de amárelo, vermello ou rosa. Seguro que estariades moito máis guapas.
E, por último, a vasoira. Non é hora de modernizarse un pouco? Eu creo que si. Espero que na próxima reunión do mes que vén e na que se reúnen todas as bruxas do mundo, llo faga saber ás súas compañeiras e adopten algún acordo máis moderno. Eu podo suxerirlle: un Ferrari, unha moto…
Unha aperta dunha seguidora súa..
Leticia.
Sigüeiro, 28 de outubro de 2011
Querido Zankú:
Espero que cando reciba a miña carta estea ben.
Chámome Rosi. Cando estaba durmindo díxome que ías roubarme a alma e asusteime moito, por iso che escribo esta carta.
Creo que se vostede fose máis educado, agradable e simpático, ao mellor aceptaríano nun traballo e así non tería a necesidade de asustar aos nenos para roubárllela alma.
Por favor, intente cambiar. Grazas.
Un cordial saúdo.
Rosy.
Sigüeiro 21 de outubro de 2011
Querido Frankestein!
Cando fun á túa mansión cos meus amigos “Os cabaza” sorprendinme porque non nos abriches a porta.Iso non sei se é bo ou malo. Quizais tiñas a música a todo volume e non me escoitaches. Ou sería porque che estaban poñendo outro ollo?
Por certo, que eran eses paxaros que sobrevoaban a túa casa?Xa me contarás amigo meu! Escríbeme!
Feliz Hallowen!
Pablo
Sigüeiro, venres 28 de outubro de 2011
Querida pantasma de Canterville:
Descubrín un aceite xenial para que non che chirríen as cadeas. Ademais, merquei sabas de cores para que as cambies pola túa vella saba branca.
Xa contrataches a alguén para que che limpe o castelo? Espero que así sexa porque a última vez que te fun visitar estaba moi sucio e con tanto po case non se vía.
Unha aperta e un susto,
Emma.
Sigüeiro, 26 de outubro de 2011
Señor Don suspenso:
Queríalle dicir que vostede é un monstro moi respectado entre as nenas e os nenos do CEIP de Sigüeiro. Aínda así desexaríalle pedir que non viñera a este colexio e que reflexionara un pouco sobre o seu traballo porque non me parece ben que nos faga sufrir desa maneira.
Un saúdo e que lle vaia mal.
Atentamente,
Lorena 6º B
Sigüeiro, 28 de outubro de 2011
Querido Monstro Alado:
Como está? Son Carlos, o teu creador. Acórdaste de min? Vivo en Galicia que está en España. Un día tes que vir!
Quería facerche unha preguntas: Segues a cortar cabezas pola rúa? E se a resposta é positiva, pregúntome para que quedes as cabezas?
Antes de despedirme gustaríame preguntarche por que non es bo. Poderías axudar aos anciáns, xogar cos nenos…
Se che gusta a proposta envíame unha carta.
Adeus. O teu amigo, Carlos.
Sigüeiro, xoves 26 de outubro de 2011
Malvado Home do Saco:
Como está? Fai moitos anos que non nos vemos. Dende que era pequena!
Oia, aínda segue asustando e secuestrando aos nenos que non van durmir? Cambie o seu xenio.
Como se achega o Samaín, quería preguntarlle se virá á festa do colexio comigo. Se non pode vir non importa, pero a min faríame moita ilusión e os meus compañeiros levarían unha boa sorpresa.
Un saúdo cheo de bicos e apertas. Escríbame,
Erika.
Sigüeiro, domingo 23 de outubro de 2011
Querida pantasma:
Que tal está? A última vez que a vin eu tiña 3 anos e vostede 140.
Preguntábame como están Andrea e Juan. Cantos anos teñen xa?Hai moito tempo que non tomamos o té xuntas e conversamos con tranquilidade.
Entereime de que unha familia se instalo una súa cas. A xente sabe que somos amigas e pídenme que non os asuste. Así que, pídolle que non o faga. Aínda que pensándoo ben, que faría vostede se non asusta ás persoas? Xa sei, xa sei…darémoslle unha licenza coa que só poderá meterlle medo á xente na noite de Samaín, o resto dos días descase. Parécelle ben o trato?
Contáronme tamén que a señora vampiresa cumpre mañá 160 anos, felicítea da miña parte.
Bicos da súa amiga,
Jesica.
Sigüeiro, mércores 26 de outubro de 2011
Querido Home Lobo:
Cando lin a túa historia non me deu moito medo mais unha dúbida que me xurdiu foi a de por que te converte sen home lobo só cando hai lúa chea. Poderíasmo explicar?
Tamén quería preguntarche: por que non podes converterte nun vampiro?E, como te sentes cando asustas á xente?
Contéstame estes segredos,prométoche que non llos direi a ninguén. Escríbeme.
Un bico da Lúa Chea.
Rebeca.
Sigüeiro, mércores 26 de outubro de 2011
Querida pantasma:
Que tal estás?
Como xa sabes, está a chegar o Samaín. Os vampiros, as momias, as pantasmas e as bruxas sodes os personaxes de medo típicos desta festa.
A miña familia máis eu ímolo celebrar ao grande. Fai moito tempo que non vés á miña casa a tomar o té. Vén o día 31 deste mes. Non esquezas porque pasarémolo ben.
Feliz Halloween.
Zaira.
Recommended