View
138
Download
2
Category
Preview:
DESCRIPTION
Citation preview
Paula Rey Silva3ºB, Celso Emilio Ferreiro
Outubro 2013
Na parte superior dereita escribimos o lugar onde nos atopamos e o día no que escribimos o texto.
Exemplo: Vigo, 14/10/2013
Despois da data, cambiamos de liña e na marxe esquerda comezamos a escribir o saúdo:Prezado amigo (nome), Ola amigo, querido, querida…
Colocamos: e pasamos a outra liña.
No primeiro parágrafo interesámonos por el/ela: Que tal che vai?...Espero que …
No segundo explicamos o motivo polo que escribimos a carta: Escríbote … para coñecerte mellor.
No seguinte escribimos o que queiramos contarlle: Esta semana fixemos … O outro día…
Rematamos despedíndonos: Espero recibir novas túas pronto. Teño moitas ganas de recibir novas de ti… E asinamos.
*Ao rematar cada parágrafo poñemos punto e aparte.
RELATOS:• Ao final propomos o noso relato ou
contestamos o relato que nos propoñen.
DESPOIS DA PRIMEIRA CARTA:• Damos a nosa opinión do relato do noso
curmán ou curmá.
Cando nos esquecemos de algo escribimos PD: e o que non puxemos antes
PD: Lembra mandarme un debuxo na túa próxima carta…
Na parte dianteira escribimos os datos da persoa a que lle escribimos a carta:
• Nome e apelidos:• Nome do cole:• Direción:• Deixamos a parte superior dereita para o selo
(imposto que pagamos para que os carteiros manden a carta)
María Sánchez SueiroCEIP VICENTE RISCOav/Castelao nº…. CP: 36209, Vigo (Pontevedra)
Na parte traseira, os datos do remitente, é dicir, os da persoa que escribe a carta.
• Nome e apelidos:• Nome do cole:• Direción: Rmt: PAULA REY SILVACEP CELSO EMILIO FERREIROrúa Porriño nº…. CP: 36209, Vigo (Pontevedra)
Recommended