View
9
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Separata
Compañía Viravolta
O MUSEO GALEGO DA MARIONETA
RI o
Anuario de Estudios e Investigación
2005-
S.ED.
ASOCIACiÓN DE AMIGOS DO MUSEO GALEGO DA MARiONETA
403
o MUSEO GALEGO DA MARIONETACompañía Viravolta
No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da estrea do primeiroespectáculo de títeres da compañía Viravolta, realizouse unha exposiciónconmemorativa no Museo Municipal de Lalín. Nista exposición puideronsecontemplar monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas dende o comezo da actividade teatr al dos membros deViravolta. Materiais que na súa totalidad e conserva a compañía. Esta exposición foi o punto de partida para a criación do MUSEO GALEGO DAMARIONETA, resultado dun convenio firmado entre a compañía Viravoltae o Concello de Lalín , que posibilitou a creación dun espacio permanentepara a recuperación, estudio e goce deste tipo de materiais teatrais, conveniopolo que o Concello de Lalín exerce a titularidade do Museo e a compañía éa encargada da súa xestión.
O museo, aberto dende outubro do 2001, ademáis de amosar a colección de obxectos titiriteiros da compañía, máis de 300 pezas que configuranun pequeno recorrido polas diferentes formas e técnicas de facer títeres, epermitir a consulta do material documental do seu fondo (libros, cartaces,programas, videos ...) accesible tamén a través da páxina http://www.opac
meiga.rbgalicia.org mantén unha programación estable cara ao público realizando obradoiros de iniciación, cursos para profesionais dos títeres e da
404
educación e mostras de teatro de marionetas como Titerentroido, Titirideza e
Cantos e Contos de Nadal.
O espacio físico do Museo, sito en rl Manuel Rivero 1-10 36500 Lalíne cos teléfonos 986784694 e 645137031 sempre dispostos a concertar visitascon calquera persoa interesada, tarnén serve de obradoiro ás compañíasViravolta e Seisdedos para realizar os traballos de producción e distribucióndos seus espectáculos.
O Museo Galego da Marioneta que naceu coa intención de con vertersenun punto de encontro para todos os interesados no mundo do títere e, aomesmo tempo, realizar un traballo de recuperación e adquisición de materiaistitiriteiros, así como de catalogación, restauración, conservación e intercambio ou prestamo de fondos é hoxe ademais un importante elemento de dinamización cultural na nosa comarca.
Desde a súa apertura o museo alberga todo tipo de obxectos vinculadosao amplo mundo da marioneta. Así, o visitante pode contemplar tanto marionetas destinadas a representación teatral como marionetas destiñadas a decoración, ao xogo infantil, etc. pero tamen decorados e outros obxetos relacionados coa marioneta como máscaras ou autómatas e obxectos artísticos queteñen como motivo o mundo das marionetas como cadros, carteis, esculturas,etc.
UNHA DUCIA DE RAZÓNS PARA VISITAR O MUSEO GALEGODA MARIONETA
Desde as líneas que seguen queremos amosar alguns dos diferentesobxectos que os visitantes poden contemplar nas nosas instalacións.
1- O Clérigo Ignorante
Marioneta de variñas (manipulación desde abaixo)Creación de Francisco Peralta, esta marioneta foi elaborada ao longo de
dous cursiños impartidos polo autor para titiriteiros profesionais.Marioneta "de autor". Investigación personal do autor nos distintos sis
temas de manipulación.Títere con fín dramático: representación do texto "El Clérigo
Ignorante" unha das "Cantigas de Santa María"
Compañía Viravolta 405
406
2- Máscara de Boteiro.
Máscara de antroido. Mostra, xunto con outras que se amasan noMuseo deste cercano parente da marioneta que é a máscara.
Máscara tradicional de Vilariño de Canso, Ourense. Elaborada porFrancisco Nuñez, artesan de Padroalbar
Compañía Viravolta 407
3- Vestido de títere. (Luva)
Do espectaculo tradicional de títeres Barriga Verde. Peza orixinal sendatar que se pode contemplar xunto con fotografías das marionetas e dabarraca na que se representaba este espectáculo popular.
408
4- O Chosco
Presente no Museo xunto con outras reproduccións de títeres tradicionais. Neste caso un "jurnping jack" I como os que se usan nalgunhas danzasde entrenzado da nasa comunidade.
l . Chamamos así aos titeres que se moven tirando dun cordel que acciona as súás estremidades
Compañía Viravolta 409
5- Teresa Repola
Títere de vara usado na adaptación do "Retablo das marabillas" deMiguel de Cervantes. Espectáculo realizado pala compañía lalinense domesmo nome.
410
6- Marionetas do mundo
Un panel no que se amasan marionetas de distintas partes do mundo noque o visitante pode captar a complexidade e diversidade das distintas formasde representación con marionetas
Compañía Viravolta 411
7- Sapoconcho
Esta compañía coruñesa, hoxe desaparecida, é unha das vinculadas aosinicios da recuperación das marionetas en Galicia (anos setenta) e foi a organizadora dos primeiros "Encontros dos Titiriteiros Galegos", evento que marcou un antes e un despois no mundo da marioneta en Galicia. Amósanse nomuseo sete marionetas pertencentes a dous dos seus espectáculos e dousdecorados.
8-Fabanaola
Compañía galega xa desaparecida moi vinculada ao mundo do ensino .Un feixe de marionetas de variña que compoñen un conxunto de temiblespiratas.
Compañía Viravolta 413
9-Karagoz
Teatro de sombras nacional de Turquia. Xunto a este amósanse outrosexemplos de esta variante do teatro de marionetas que é o teatro de sombrasorixinais de Grecia e Indonesia.
414
10- O Simple
Marioneta de pistola. Curioso método de manipulación ideado enCentroeuropa coa aparición dos primeiros programas de televisión realizadoscon marionetas.
Marioneta pertencente ao espectáculo "As Olivas" realizado pola compañía "Viravolta" sobre textos de Lope de Rueda
Compañía Viravolta 415
Il-Marionetas en reposo
Cadro do pintor galego Leandro , realizado en acrílico sobre lenzo, 65x 81 cm.
416
12 - Viroliño
Mascota e logotipo do Museo Galego da Marioneta. Creación do artista Guillermo Aymerich realizada en distintos materiais por varios artistas eartesáns locais. Amosase na fachada do edificio que alberga as instalaciónsdo Museo.
Descubrindo ten un dobre significado. É investigar,analizar, atopar. É tamén ensinar, destapar, divulgar.Con Descubrindo, Anuario de Estudios e Investigaciónde Deza, büscase o logro deste dobre obxectivo, pois asüa finalidade é afondar no coñecemento da nosacomarca e amosarno exterioros resultados acadados.
o patrimonio, a economía, a historia, a arte, a etnografía, a xeografía, a natureza,... todo ten cabida enDescubrindo como unha publicación aberta e comprometida.
Descubrindo é resultado dun esforzo colectivo deestudio e reflexión dosseus colaboradores, ós que debemos darlle-las gracias por nos axudara coñecer mellore respectar estepedazo da Terra no que nos tocou vivir.
Concello de Latin!J Patronato Cultural de LaUn - seminario Eatudioa de Deza
Recommended