View
716
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
Documentos Doc 1 Doc 2 Doc 3 doc4
Tema Hispania musulmana
Hispania romana
Hispania 1147
Hispania 1085
Orden 2º 1º 4º 3º
Información Conquistas árabes
Guadalete, Covadonga
Territorios cristiáns
Fronteira 1050
Fases da conquista
Provincias e conventus
Vias romanas
Reinos: Portugal, Castela, Aragón, Navarra,
Musulmáns (almohades)
Reinos:
León/Castela
Navarra e Aragón
Condado Barcelona
Taifas
Falta Visigodos e Suevos
Evolución posterior
Doc 2
Hispania romana
1º
Fases da conquista
Provincias e conventus
Vias romanas
Doc 1
Hispania musulmana
2º
Conquistas árabes
Guadalete, Covadonga
Territorios cristiáns
Fronteira 1050
doc4
Hispania 1085
3º
Reinos:
León/Castela
Navarra e Aragón
Condado Barcelona
Taifas
Doc 3
Hispania 1147
4º
Reinos: Portugal, Castela, Aragón, Navarra,
Musulmáns (almohades)
V
I
S
I
G
O
D
O
S
…
EVOLUCIÓN ATA O 1492:
FIN DA RECONQUISTA
GUIÓN
1. Introducción
2. Composición:
a Hispania romana
• conquista
• organización territorial
b Conquista visigoda
c Hispania musulmana:
• Conquista
• Organización de Al Andalus: emirato, califato, reinos de taifas …
d Reinos cristianos:
• Evolución
3. Conclusión
1º INTRODUCCIÓN:
“O tema da seguinte composición é explicar a evolución política e territorial da península ibérica dende a conquista romana ata a idade media …”
“ Despois das guerras púnicas a península ibérica quedou nas mans do Imperio romano, aínda que a súa conquista durou casi 200 anos como podemos observar no documento dous … “
“ A medida que os romanos tomaban posesión do territorio peninsular o integraban dentro do amplo e complexo Imperio romano, primeiro como dúas provincias (tarraconense e bética) que mási tarde se convertiron en cinco como podemos ver no mapa do documento 2: cartaginense, lusitanica e gallaecia ademáis das xa citadas …”
2º Doc. 2: Hispania romana 1º conquista
2º organización territorial
“A conquista romana parteu da ocupación do litoral Mediterráneo e avanzou ata o interior das dúas mesetas entre os anos 184 e o 29 a. C. Este avance tivo dous momentos álixidos nas chamadas guerras lusitánicas e guerras celtibéricas, onde os romanos tiveron que facer fronte a …”
“Por último nas chamadas guerras cántabras Octavio Augusto someteu definitivamente ós habitantes do Norte peninsular, quedando toda a península baixo o control romano.”
“Estas provincias estaban divididas en conventus cuia función era …”
“Todas estas entidades administrativas estaban unidas mediante unha completa rede de carreteiras, as vias romanas, que posibilitaban a xestión de tan vasto territorio …”
3º CAIDA DO IMPERIO ROMANO –
CHEGADA DOS BÁRBAROS: VISIGODOS E SUEVOS
Non hai ningún documento pero é imposible non falar deste período como intermedio entre o poder romano e o musulmán…
“ A caída do Imperio romano supuxo a desaparición da organización territorial e administrativa da Península Ibérica, sendo sustituida polo feble control do territorio que supuxo a ocupación dos distintos pobos bárbaros: suevos, alanos e vándalos primeiro e visigodos despois.”
“O primeiro reino bárbaro da península foi o suevo que se asentou na vella Gallaecia, pero que foi conquistado no ano 585 polo rei visigodo Leovixildo, conseguindo a unificación penínsular ó derrotar tamén os bizantinos do sur da península e ós cantabros e vascóns no norte …”
“A aparente centrtalización do poder visigodo nas mans dos reis, escondía unha enorme debilidade destes xa que a nobreza estaba dividida e a poboación non tiña demasiada afinidade coa poboación visigosa. Esto explicará a rápida conquista musulmana a partires doa no 711 …”
4º HISPANIA MUSULMANA (Doc 1)
“No mapa do documento 1 podemos observar os avances das campañas de Tariq e Muza que en apenas 11 anos pasaron a controlar totalmente a península ibérica , a pesar de que algúns cristianos resistiron no norte despois da batalla de Covadonga…”
“Esta división da nobreza visigoda, en concreto á morte do rei Witiza, favoreceu a chegada dos musulmáns á península que contaron coa axuda do nobre Xulián enemistado co rei Rodrigo”
“A derrota deste en Guadalete marcou o final do dominio visigodo …”
1º conquista
2º organización territorial “Os novos dominadores da península formaban parte dun Imperio moito maior cuia capital estaba en Damasco …Nesta primeira etapa polo tanto, Hispania (Al-Andalus), era unha provincia (emirato) do Imperio árabe, e a súa capital estaba en Córdoba ”
“O conflicto dinástico entre os Omeias e os Abasís provocará a independencia de Al Andalus respecto do Imperio árabe, nun principio como emirato independente e a partires do 929 como Califato con capital en Córdoba”
“A progresiva debilidade dos califas andaluces provocou a súa desaparición no ano 1031, comezando unha nova etapa de dispersión do poder musulmán, os chamados reinos de Taifas …”
“Esta evolución de Al Andalus podémola apreciar nos documentos 1, 3 e 4”
“O primeiro amosará os avances da conquista musulmana pero tamén a organización no norde dos primeiros focos de resistencia cristián en Asturias e Santander e a chamada Marca Hispánica que se acabarán convertindo nos futuros reinos de Castela e León, Navarra e Aragón … Esta marca hispánica foi creada por …””
“No documento catro (1085) xa aparecerán representados en territorio musulmán os chamados reinos de taifas, cuia debilidade favorecerá o avance cristián… mentras que no norde observamos a gran extensión que acada o reino de Castela e León e tamén o asentamento na zona pirenaica dos reinos de Aragón e Navarra e dos condados cataláns, os territorios que no documento 1 aparecían como a Marca Hispánica.”
DOCUMENTOS 3 E 4 (e 1): Al Andalus e os reinos cristianos do Norde
“Na parte inferior deste mapa observamos unha frecha procedente do Norde de África que informa da invasión almorábide no ano 1085-6 que frenou temporalmente o avance cristián ó unificar os reinos de Taifas no Imperio almorábide do Norde de África con capital en Marraquesch…”
“No último documento, o número 3, o mapa do ano 1147, veremos como o territorio da antiga taifa de Zaragoza foi conquistado polo reino de Aragón, desgaxado do reino de Navarra, xurdindo tamén en territorio castelán un novo reino, o de Portugal. Este mapa amosa tamén o breve período de unficación de Al Andalus nas mans dos almohades, que cruzaran o estreito no ao 1146 e que serán derrotados definitivamente no ano 1212”
“A partir deste momento os novos reinos de taifas serán conquistados doadamente polos cristianos que avanzarán imparablemente ata que a mediados do século XIII só quede baixo control musulmán o reino de Granada no Sur da península, que resistirá como tributario do reino de Castela ata o ano 1492”
Ainda que os mapas non falan máis que deste período deberemos inevitablemente explicar que pasou a continuación coa Península Ibérica dende o punto de vista político e territorial
“A conquista deste último reino musulmán da Península, foi un elemento clave na idea de unificación peninsular que perseguiron os reis católicos, iniciada coa súa unión matrimonial e que concluirá coa anexión de Navarra no ano 1512. Só Portugal manterá a súa independencia aínda que a política matrimonial dos Reis Católicos dará os seus froitos e durante o reinado dos reis Filipe II, III e IV toda a península recuperará a unidade da época romana e que so se conseguirá brevemente durante a época visigoda…”
Recommended