View
3
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
CAPÍTULO III (data de remisión 15 de novembro)
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
CURSO 2018/19
C A P Í T U L O S I I I e A N E X O S
6.- PROGRAMA ANUAL ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
INTRODUCCIÓN
O obxectivo fundamental da educación é o pleno desenvolvemento da personalidade
formada no respecto ós principios democráticos de convivencia e nos dereitos e liberdades
fundamentais. Para acadar este fin, as actividades lectivas deben complementarse con outras
que desenvolvan aspectos non incluídos nos currículos.
O elemento de diversión non debe ser o único que leve á realización das actividades
complementarias e extraescolares. É posible por iso educar ós alumnos/as para coñecer por
qué realizan unha determinada actividade, a programala e seleccionala en función das súas
capacidades, intereses e finalidades, e a avaliar o rendemento acadado. Preténdese que todas
as actividades aparezan ante os alumnos non xa como simple ocio, senón como un
fenómeno cultural con implicacións sociolóxicas, culturais, estéticas, económicas...e que
sexan capaces de valorar criticamente, asumindo as responsabilidades que supón a súa
conserva e mellora como fonte de goce e recurso para o desenvolvemento individual e
colectivo
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. OBXECTIVOS.
Considéranse actividades complementarias as organizadas polo Centro realizadas
durante o horario escolar, de acordo coa Programación Xeral Anual, e que teñan un carácter
diferenciado das propiamente lectivas polo momento, espazos ou recursos que utilizan. Así
se contemplan actividades como:
- Colaboración cos distintos Departamentos didácticos na realización de actividades
disciplinares ou interdisciplinares (visitas, saídas, exposicións, conferencias...).
- Colaboración en iniciativas que sexan consideradas de interese común pola comunidade
educativa: profesorado, alumnado, institucións, ( ANPA, Concello, Deputación ) etc.
- Temas de interese transversal.
- Conmemoracións e efemérides: Habitualmente no centro véñense desenvolvendo
actividades de distinta índole en datas sinaladas como o Magosto, o Entroido, o Nadal e a
Semana Cultural que contará coa participación de persoeiros das letras, obras de teatro,
actividades físico-deportivas, conferencias, saídas culturais, etc.
Considéranse actividades extraescolares as organizadas polo Centro e realizadas fora do
horario escolar, encamiñadas a potenciar a apertura do centro ao seu contorno e a procurar a
formación integral do alumno en aspectos referidos á ampliación do seu horizonte cultural, á
preparación para a súa inserción na sociedade, no mercado laboral ou o uso do tempo libre.
Estas actividades son voluntarias.
Obxectivos das actividades complementarias e extraescolares.
• Específicos das distintas disciplinas académicas: serán os obxectivos que determinen
os diferentes departamentos didácticos, de acordo cos contidos das materias, a fin de
proporcionar unha sólida formación nos distintos campos do saber.
• Obxectivos relacionados co fomento de bos hábitos de conduta para ter unha vida sá:
prevención de accidentes, educación sexual, alimentación e nutrición responsable,
actividade física e deportiva, hixiene...
• Educación para a convivencia: fomentar o respeto e a tolerancia fronte ás diferencias
de raza, sexo, relixión..., . Adquirir habilidades sociais de convivencia en grupo,
aceptación de normas e urbanidade. Favorecer a integración no grupo, no centro, co
entorno, etc. Educación viaria. Fomentar o gusto por viaxar. Fomento do ocio activo
e a utilización apropiada do tempo libre.
• Formación cultural: entender a cultura como un todo que englobe a formación
científica, humanística e artística, integrándoas e interrelacionándoas. Fomentar unha
actitude aberta e crítica ante os avances tecnolóxicos. É dicir, contribuír ó pleno
desenvolvemento da personalidade e capacidades dos alumnos.
• Medio ambiente: fomentar o respecto e protección do medio natural e urbano.
• Permitirlle poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos,
os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas.
• Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en
equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da
aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
• Achegar experiencias distintas ao traballo na aula.
• Cohesionar ós distintos estamentos educativos.
• Organizar as viaxes culturais tendo en conta a súa finalidade educativa e procurando
que non se convertan en meras excursións de lecer. As actividades terán un
fundamento educativo, cultural ou deportivo, favorecendo a integración e
convivencia entre os alumnos/as e o profesorado.
• Facer unha oferta equilibrada de actividades para tódolos niveis, evitando o exceso
ou falta de actividades en grupos determinados.
• Fomentar a implicación de todos os membros da comunidade educativa na
planificación e na práctica das actividades.
• Intentar contar coa colaboración das nais e pais do alumnado na realización de
actividades e facilitarlles aquelas que queiran organizar eles e sexan factibles.
NORMAS DE FUNCIONAMENTO.
• As actividades complementarias e extraescolares programadas van dirixidas a todo o
alumnado do instituto.
• O alumnado e as nais/pais recibirán con tempo suficiente a información dos
profesores/as organizadores da actividade acerca do destino, duración da mesma e
obxectivos que se perseguen.
• A realización das actividades comunicarase con antelación suficiente á
Vicedirección. Dende vicedirección facilitarase a súa realización a condición de que
sexan viables as datas, horarios, orzamentos e unha vez confirmadas polas
institucións responsables. O profesorado encargado recollerá as autorizacións
asinadas polas familias. Con tempo suficiente a súa realización quedarán pechadas,
estando abonadas polos alumnos/as e tendo o profesorado organizador a lista final do
alumnado autorizado para informar á Vicedirección e ó resto do profesorado. En caso
de incumprimento desta norma pode suspenderse a actividade.
• Todas as actividades deben estar na programación dos departamentos ou da
vicedirección e aprobadas polo consello escolar antes de realizarse.
• Ningún alumno/a poderá facer unha saída sen a previa autorización.
• Como norma xeral acompañará ó alumnado un profesor/a por cada 20 alumnos/as.
• O centro aportará o 50% do orzamento por autobús para as sídas a Coruña, Santiago
e distancias similares. Deberase optimizar o número de alumnos/as por autobús,
implicando cando sexa posíbel a varios departamentos, para que o alumnado asuma
o menor custo.
• No caso de custos adicionais, como entradas, guías, monitores..., o centro
incrementará a subvención para que o alumnado aporte arredor de 6 euros por
persoa.
• Ningún alumno/a deixará de participar nunha actividade por motivos económicos,
pois nese caso o centro asumiría o gasto.
• Evitarase programar actividades extraescolares en datas previstas para exames.
• Así mesmo intentarase a non acumulación de actividades nun día.
• A actividade lectiva anterior e posterior á actividade desenvolverase con total
normalidade.
A continuación detállanse as actividades complementarias e extraescolares programadas
polos distintos Departamentos e inclúese neste apartado a excursión de fin de curso que nos
últimos anos se vén realizando en 4º de E.S.O. Asemade a estas actividades se engadirán
todas aquelas que os diferentes departamentos consideren oportunas nun momento
determinado sempre e cando sigan os procedementos comentados.
DEPARTAMENTO DE CCNN.
ACTIVIDADE CURSO
Limpeza praia de Traba en colaboración con ADEGA. 1º ESO
Visita ao Museo Melga de Ponteceso e roteiro Esteiro doAnllóns-praia de Balarés.
1º ESO
Preparación, mantemento e uso da horta do IES 1º ESO
Visita a Domus para participar nas actividades doLaboratorio Aberto.
3º ESO
Preparación, mantemento e uso da horta do IES 3º ESO
Visita a Domus para participar nas actividades doLaboratorio Aberto.
4º ESO
Intercambio co alumnado do IES Agra de Leborís- ALaracha para realizar itinerarios biolóxico-xeolóxicospolos penedos de Traba e Pasarela e por Malpica eBaldaio.
4º ESO
Visita a Domus para participar nas actividades doLaboratorio Abert
1º BAC
Visita á estación Biolóxica de A Graña e Museo deHistoria Natural de Ferrol
1º BAC
Roteiro biolóxico-xeolóxico e cultural pola contorna. 1º BAC
Visita á estación Biolóxica de A Graña e Museo deHistoria Natural de Ferrol
2º BAC
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.
ACTIVIDADE CURSO
Rota do megalitismo castrexo da comarca deSoneira. Visita dolme de Dombate e castro deBorneiro. Saídas por Baio e arredores (Vimianzo,Zas, Laxe, etc)
1º, 2º, 3º , 4º ESO e 2º FP Básica
Visita á Catedral de Santiago, Museo do PoboGalego e algunha exposición.
1º, 2º, 3º , 4º ESO e 2º FP Básica
Visita ó Porto da Coruña e o castelo de San Antón,Torre de Hércules e cidade.
1º, 2º, 3º , 4º ESO e 2º FP Básica
Visita a Santiago: Idade Media, Renacemento,Barroco e arquitectura contemporánea(Catedral,Casco Histórico e Cidade da Cultura e
1º, 2º BAC
exposicións que haxa na cidade, Meteogalicia, etc).Visita á provincia de Ourense, ás principais obras dearte atopadas en pobos como Bande, Celanova, etc.
Asistencia a proxeccións cinematográficas 1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º, 2º BAC e 1º FPBásica
Visitas a institucións culturais(museos,bibliotecas...) e asistencia a conferencias, charlas ecoloquios. Prevista viaxe a Madrid para ruta demuseos.
1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º, 2º BAC, e 1º FPBásica
Visitas á empresas, explotacións agrarias,realización de entrevistas con profesionais etraballadores da zona para coñecer a súa realidade.
1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º, 2º BAC, e 1º FPBásica
Participación en actividades coordinadas polaBiblioteca do Centro.
1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º, 2º BAC, e 1º FPBásica
Traer algunha exposición, conferencia, charla aocentro relacionada coas materias do dpto.
1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º, 2º BAC, e 1º FPBásica
DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA.
ACTIVIDADE CURSO
Charlas Redes e Seguridade Todos os niveis
Visita a CPD dalgunha empresa da Coruña e deSantiago.
Todos os niveis
Charlas de Seguridade da UAC Todos os niveis
Charla Novas Profesións en Santiago Todos os niveis
Charla sobre becas para a incorporación ao mercadolaboral. FEUGA e FUAC
Todos os niveis
Charla exalumnos ou profesionais Todos os niveis
DEPARTAMENTO DE DEBUXO
ACTIVIDADE
Visita ao Centro de Interpretación do dolme de Dombate, ao castro de Borneiro, á igrexa deS. Pedro do Allo e ao Pazo do Allo.
Saídas polos arredores do Instituto (apuntes do natural, debuxo de movementos)
Saídas a exposicións artísticas que se realicen na zona.
Visita ao Museo Carlos Maside e ao Museo de Belas Artes da Coruña.
Análise dun conxunto de arquitectura tradicional.
Colaboración na maquetación, portadas, ilustracións da revista dixital.
Colaboración nas actividades do Equipo de Normalización Lingüística.
Deseño e realización dun mural, inspirado na obra de artistas plásticos galegos.
Participación nas actividades educativas promovidas polo Museo do Pobo Galego e oMuseo de Arte Contemporánea de Santiago.
Axuda á divulgación de actos que se realicen no centro mediante carteis, dípticos,logotipos...
Participación no Congreso de Educación Ambiental organizado polo CEIDA. Saídas aespazos de especial interese natural, etnográfico ou cultural.
Participación en actividades organizadas pola Asociación Ecoloxista ADEGA de limprezade praias (saída á Praia de Traba)
Saída para coñecer o proxecto de arte urbana do Concello de Carballo.
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Visita ó Museo do PoboGalego
ESO Por determinar
Visita ó Parlamento deGalicia
ESO, BAC Por determinar
Visita ó Centro Galego deArte Contemporáneo
ESO Por determinar
Visita á redacción dun xornal BAC Por determinar
Visita ao Dpto de Psicoloxíada Universidade da Coruña
BAC Por determinar
Colaboración naorganización da Semana
Todos os cursos
Cultural
DEPARTAMENTO DE INGLÉS.
ACTIVIDADE
Actividade relacionada coa cultura anglosaxoa (concurso, proxección de película...)
Charla conferencia cun poñente nativo dalgún país de fala inglesa.
Asistir a algunha representación teatral en inglés.
Actividade interdisciplinar ou participar en proxectos de colaboración con outros dptos docentro
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Conferencias, charlascoloquio, talleres
Por determinar Ao longo do curso
Consumópolis (PlanProxecta)
1º, 2º ESO Ao longo do curso
Concurso redacción, CocaCola (Relatos)
2º ESO Ao longo do curso
Saídas didácticas, asistenciaa espectáculos
1º, 2º ESO Ao longo do curso
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Charla con autores actuais Todos os niveis Ao longo do curso.
Asistencia a algunharepresentación teatral
1º BAC. Ao longo do curso
Clubes de Lectura e aBiblioteca
Todos os niveis Ao longo do curso
Asistencia a algunharepresentación teatral
Todos os niveis Ao longo do curso
Participación nos diferentesactos conmemorativos coaBliblioteca
Todos os niveis Ao longo do curso
Colaboración conDinamización e cos AIKUS;greguerías, microrelatos,caligramas, etc
Todos os niveis Ao longo do curso
Abertos a calquera propostade colaboración con outrosdptos.
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Feira Matemática(PALEXCO, A Coruña)
ESO, BAC, Ciclo Un sábado do mes de maio
Olimpíada MatemáticaGalega (Santiago).Olimpíada MatemáticaGalega para 2º ESO (Coruña,Santiago, Vigo)
BAC
2º ESO
Decembro ou xaneiro
Abril
Probas de Estalmat Todos Xuño
Matemáticas na Raia 3º ESO marzo
Concurso Incubadora deSondaxes e Experimentos
Durante todo o curso
DEPARTAMENTO DE MÚSICA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Asistencia a filmesrelacionados coas artesescénicas en Coruña eSantiago (Numax, CicloAmal, Curtocircuito...)
Por determinar Por determinar
Concertos didácticos Por determinar Por determinar
Asistencia a conferencias,charlas e obradoiros.
Por determinar Por determinar
Excursións e saídasdidácticas para verexposicións e concertos.Posible viaxe a Madrid paraver un Musical.
Por determinar Por determinar
Proxecto Regueifesta, saídase actividades varias
Por determinar Por determinar
Proxecto Regueibertso,saídas e actividades varias(posible viaxes a EuskalHerría e Barcelona)
Por determinar Por determinar
Participación na SemanaCultural
Por determinar Por determinar
Encontros a través doprograma Erasmus + conalumnado de Illa de Madeirae Portugal
Por determinar Por determinar
Actividades co IES Marco doCamballón de Vila de Cruces
Por determinar Por determinar
Organización da FoliadaSolidaria de Nadal
Alumnado de ArtesEscénicas e Xestión Cultural
Nadal
Saída a ciclos de cine enCoruña e Santiago
Por determinar Por determinar
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Visita a algunha parroquia. 1º, 2º e 3º ESO Por determinar
Convivencia con outroalumnado de centroseducativos.
Por determinar Por determinar
Visita a unha localidade coninterese cultural - relixioso
Por determinar Por determinar
Viaxe a Santiago paraachegamento á tumba doApóstolo ou doutro lugar deinterese cultural-relixioso.
Por determinar Por determinar
Visita ao Mosteiro de Por determinar Por determinar
Carboeiro.
DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Xornadas de Festival deTeatro Grecolatino.Asistencia a unharepresentación dunha obraclásica
Alumnado de latín Por determinar
Abertos a participar conoutros departamentos
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Teatro en galego Por determinar Por determinar
Música en galego Por determinar Por determinar
Obradoriro xornalístico Por determinar Por determinar
Actividade reguei-vertxo Por determinar Por determinar
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Carreira de campo a travésinterzonal en Cee (ProgramaXogade)
1º, 2º, 3º ESO 1º Trimestre
Carreira de campo a travésinterzonal en Cee (ProgramaXogade). 2ª proba
1º, 2º, 3º ESO 2º Trimestre
Carreira de orientaciónintercomarcal Xogade
1º, 2º, 3º, 4º ESO 2º Trimestre
Celebración dos días daactividade física e da saúde.
1º BAC (Anatomía Aplicada 2º Trimestre
Olimpiadas rurais. Todos os grupos 2º-3º Trimestre
Visita ao Melga de Pontecesoe ruta de sendeirismo poladesenvocadura do Anllónsata a praia de Valarés.
1º, 2º, 3º ESo 3º Trimestre
En colaboración co dpto deBioloxía, rutas desendeirismo en intercambioco IES de Laracha por Baio eLaracha.
4º ESO 3º Trimestre
Ruta de sendeirismo polacomarca de Terra de Soneiraou de Bergantiños.
1º BAC 3º trimeste
Carreira de orientación noentorno do centro
Todos oso grupos 3º Trimestre
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Actividades socioculturalesrelacionadas co país francés
Por determinar Por determinar
Saídas ao teatro, para verunha obra de teatro enfrancés....
Por determinar Por determinar
Posible intercambio,intercambio decorrespondencia
Por determinar Por determinar
Proxeccción dunha prelíuculasubtitulada en colaboracióncon outros centros da zona
Por determinar Por determinar
Visita a páxinas web,audición de cancións deartistas francófonos e estudiodesta civilización medianteimaxes, videos, textos,...
Todos os grupos Ao longo do curso
TECNOLOXÍA.
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Propostas de organismosoficiais públicos ou privadosque xurdan ao longo do curso
Por determinar Por determinar
FÍSICA E QUÍMICA
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Asistencia a conferencias,charlas, coloquiosrelacionadas co mundo dafísica e química
Por determinar Por determinar
Saídas e excursiónsdidácticas relacionada coamateria (MUNCYT, CASADAS CIENCIAS DOMUS)
Por determinar Por determinar
Proxección dalgúndocumental relacionadas comundo da físca e químa
Por determinar Por determinar
ECONOMÍA
ACTIVIDADE CURSO TEMPORALIZACIÓN
Obradoiros de:- xogo da bolsa de valores.- xogo sobre funcionamentoda economía.- aplicación on line deeconomía
4º ESO, 1º BAC Ao longo do curso
BIBLIOTECA
Actividades complementarias e extraescolares
Dentro das actividades proxectadas pola Biblioteca están as saídas ao teatro, encontroscon autores e contacontos que se podan ofertar ao longo deste curso.
Arredor dos clubs de lectura prevese unha saída conxunta do centro de todos eles.
Contémplase a posibilidade de visitar en Santiago as Bibliotecas Ánxel Casal e Américae a Librería Couceiro, e distintos espazos da Facultade de Historia, entre eles a Bibliote-ca.
Prevese visitar unha libraría para que sexan as propias rapazas e rapaces quen adquiranexemplares tendo traballado previamente os criterios de selección.
Con estas actividades, tanto coas propias da Biblioteca coma coas específicas dos clubsde lectura os obxectivos serían fomentar e favorecer o achegamento á lectura e á escritu-ra dos rapaces e rapazas ó tempo que se esperta o desexo de ler, como fonte de pracer ecoñecemento. Preténdese deste xeito propiciar a participación do alumnado en diferen-tes experiencias que lle permitan achegarse á creación literaria ó tempo que se traballanfóra da aula as competencias básicas.
OUTRAS ACTIVIDADES E CONMEMORACIÓNS.
COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN CULTURAL e CONVIVENCIA
Neste curso 2018 -2019 continuarase co traballo iniciado o curso pasado. Seguirase a
traballar no protocolo en canto ao establecemento dunha serie de pautas para a organización
de actividades culturais e lúdicas, actividades que se pretenden que pouco a pouco se vaian
instaurando no discurrrir dos anos académicos, como unha parte máis das distintas
programacións e departamentos. Asemade, este ano o Dpto. de Música imparte a optativa de
“Achegamento ás artes escénicas e xestión cultural”, e o "Obradoiro de Regueifa e
Improvisación Oral en Verso", feito que aproveitaremos para facer partícipe ao alumnado
desta comisión. Esta comisión neste curso asume as competencias da Comisión de
Convivencia. Os integrantes de dito grupo de dinamización para este curso son:
• Antonio Díaz Amor (Filosofía).
• Óscar Rey Calo (Informática).
• Carlos Fernández Concheiro (Debuxo).
• Manolo Maseda Deán (Música).
• Dolores Torrano Vicente (Francés).
• Ricardo Vigueret Gil (Xeografía e Historia).
• Judith Carbajo Vázquez.
• Adrián Levoso Fernández (Educ. Física)
Actividades, conmemoracións ... sobre os que se vai a traballar neste curso:
• Revista do centro, en formato dixital e formato papel.
• Centro aberto a facer cine.
• Campaña concienciación:
Solidariedade.
Reciclado.
Mantemento do Centro.
Concienciación sobre hábitos saudables
• Acampada en Soesto.
Aulas ao aire libre.
Concertos.
Xantar popular.
• Andaina polos arredores e zona.
• Letras Galegas.
• Intercambio cun centro do País Vasco co nexo común “reguei-bertso”.
• Intercambio con Portugal, a través do programa Erasmus +.
EXCURSIÓN 4º ESO
Do mesmo xeito que en anos anteriores, o alumnado de 4º ESO realizará, nas datas que se
acorden, a excursión anual do curso. Dita actividade coordinarase dende a Vicedirección e
coa axuda do profesorado implicado na mesma. Preténdese que sexa unha excursión lúdica
pero cun marcado carácter cultural. O alumnado desenvolverá actividades varias
aproveitando as conmemoracións que se celebren no IES coa finalidade de recadar fondos e
financiarse.
XIV SEMANA CULTURAL
Neste curso celebrarase a XIV Semana Cultural, da cal aínda están por establecer as datas e
a programación.
ACTO DE GRADUACIÓN – DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC.
Ó igual que a Semana Cultural, a súa programación está pendente de fecha.
7.- ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E HORARIO DA BIBLIOTECA
Consideramos que a biblioteca é un punto neurálxico dentro do bo funcionamentodun Centro Educativo. Así pois, apostamos por dotar este espazo de dinamismo a través dunequipo docente implicado e co material axeitado para poder levar a cabo as interesantes pro-postas que se realizan dende este espazo de encontro. O equipo está coordinado pola profe-sora María Trinidad López Souto e conta coas seguintes docentes:
.- Ana María Facal Maroñas
.- María Antonia Abad Alastruey
.- Judit Carbajo Vázquez (colaboradora)
.- Dolores Torrano Vicente (colaboradora)
Ademais de velar polo cumprimento do Programa Anual de Lectura, participar no PLAMBE e de colaborar co desenvolvemento dos clubes de lectura, a comisión ten estas outras funcións:
Analizar as necesidades da biblioteca escolar referidas a infraestrutura, equipamento, mantemento e atención en horario lectivo e en horario extraescolar.
.- Realizar propostas ao Consello Escolar e á Dirección para as melloras necesarias.
.- Xestionar a apertura da biblioteca en horario escolar, procurando a necesaria colaboración e garantindo que todas as intervencións se realizarán seguindo os criterios estabelecidos polo equipo de apoio e a responsábel da biblioteca escolar.
.- Promover actividades de sensibilización e dinamización cultural entre toda a comunidade escolar.
.- Realizar propostas para a adquisición de fondos e equipamento, co correspondente proxecto orzamentario, que se remitirán ao Consello Escolar.
.- Realizar xestións cos sectores culturais, educativos, sociais e económicos do ámbito do centro educativo que poidan colaborar coa biblioteca escolar e os seus obxectivos.
A lectura é un instrumento esencial no desenvolvemento intelectual e humano dos/as adolescentes, e ademais: estimula a curiosidade intelectual e mellora os coñecementos. Quen le, aprende, esperta o sentido crítico e desenvolve a fantasía e a creatividade.
Con estas actividades, tanto coas propias da Biblioteca coma coas específicas dos clubs de lectura, os obxectivos son fomentar e favorecer o achegamento á lectura e á escritura dos rapaces e rapazas ó tempo que se esperta o desexo de ler, como fonte de pracer e coñecemento. Preténdese deste xeito propiciar a participación do alumnado en diferentes experiencias que lle permitan achegarse á creación literaria ó tempo que se traballan fóra da aula as competencias básicas.
http://bibliotecamaximino.blogspot.com.es/
8.- PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NO CENTRO
Este Plan de Formación do Profesorado preséntase como unha ferramenta de planificación e mellora da calidade de ensino no noso centro. A través do mesmo preténdese responder ás necesidades de formación demandadas polos distintos colectivos docentes de acordo cos obxectivos e as liñas de traballo estabelecidas. Inténtase dar resposta ás necesidades formativas dos docentes deste centro, ou as derivadas da implantación de determinadas medidas de mellora do sistema educativo na actualidade e que son necesarias para o desenvolvemento do currículo.
O Plan de Formación do Profesorado é o elemento do Proxecto Educativo no que o propio profesorado planifica e articula as actuacións que, respecto da súa formación, considera necesarias para a atención das necesidades detectadas no contexto do propio centro e para a elaboración e desenvolvemento das Programacións Didácticas.
O noso Centro leva os últimos anos ofrecendo ao profesorado e alumnado a participación en diversas actividades e proxectos educativos (Plan Proxecta, Plan de Mellora da Biblioteca Escolar, Proxecto Dragal, Revista do Centro, Grupo de Teatro, Programas de Educación Ambiental, Grupo de Música Tradicional, Grupo de radio, Club de Regueifa...) co obxectivo fundamental de convertilo nun espazo de formación, encontro, participación e compromiso. Para iso contamos coa opinión, colaboración e participación de todos os sectores da comunidade educativa, implicándoos na organización e desenvolvemento das actividades.
Os obxectivos xerais que se pretenden cubrir con este plan son os seguintes:
- Desenvolver as áreas de actuación prioritarias marcadas pola Consellería de Educación para o ano en curso en materia de formación.
- Facilitar ao profesorado a formación e o asesoramiento necesario para o desenvolvemento dos currículos contribuíndo a mellóraa dos procesos de ensino- aprendizaxe nas distintas áreas e materias e a súa contribución á adquisición das competencias básicas necesarias para unha aprendizaxe ao longoda vida.
- Fomentar a cultura do traballo en equipo, toma de decisións e os acordos compartidos, así como o intercambio de boas prácticas profesionais xerando unha actitude de reflexión permanente sobre a práctica docente e as súas implicacións seducativas e sociais.
- Apoiar o desenvolvemento de modelos educativos e estratexias de ensino-aprendizaxe que permitan dar resposta á diversidad e á atención personalizada do alumnado, contribuíndo ao incremento da equidade e a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
- Apoiar, mediante actuacións específicas de formación, asesoramento e a confluencia de soportes tecnolóxicos e materiais en distintos formatos, os procesos de innovación, os plans e programas de cambio educativo e de mellora da organización escolar desenvolvidos nos centros educativos considerados estes como referentes de todo o proceso formativo.
Para a elaboración do plan seguimiento e avaliación do plan de formación realizaremos secuencialmente os seguintes puntos.
- Enviar toda a información ao Claustro por correio electrónico das actividades que oferta o CAFI ou calquera outra entidade que oferte formación educativa.
- Informar na CCP, do Plan de Formación do Profesorado para este curso.
- Levar a cabo o proceso de detección de necesidades de formación no
centro educativo.
- Reunión cos asesores do CEFORE de Vimianzo, dependente do CAFI de Coruña, para analizar e concretar as propostas de formación xurdidas do estudo de necesidades dentro das diferentes modalidades de formación á nosa disposición.
- Elaboración do calendario de seguimiento do plan de formación.
- Seguimiento do Plan de formación.
- Finalmente procederase á avaliación deste plan de formación e o estabelecemento de propostas de mellora a partir da valoración da mesma para o próximo plan que se diseñe.
Neste curso académico os seminarios, cursos e xornadas de formación do profesorado que se materializarán no noso IES son:
1.- PLAN PROXECTA: O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros públicos a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
Este curso o noso Centro participa en varios plans proxecta, implicándose neles case a maioría do Claustro:
.- AO SON DO RURAL (PLAN PROXECTA 5)
O proxecto "Ao son do Rural" ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dun proceso innovador de participación da Comunidade Educativa no coñecemento, valoración e difusión do patrimonio, da lingua e do coñecemento tradicional do rural como impulsor e dinamizador social e cultural. Asemade, nace xa vinculado a outros dos proxectos transversais: "Ao son Delas" proxecto coeducativo do centro baixo unha perspectiva feminista e "Ao son da saúde" que pon o foco na educación física, saúde e nutrición. Nun sentido máis amplo, o obxectivo fundamental que intentamos acadar con este proxecto educativo é conseguir formar persoas libres, con sentido crítico e de participación social. Colaborar na formación crítica do alumnado para identificarse e enorgullercerse da zona na que viven, coñecendo e axudando a visibilizar a potencialidade do rural como espazo con gran riqueza patrimonial, como espazo onde vivir e traballar. En último termo, conseguir con este proxecto que o noso centro sexa contedor cultural e dinamizador do patrimonio material e inmaterial na contorna, prestando especial atención a aquelas actividades e
saberes que se perderon ou están en proceso de desaparición debido ás profundas mudanzas económicas e sociais das últimas décadas.
O noso Proxecto Educativo fundamentase na consecución dun servizo educativo de calidade, que redunde nunha mellor formación académica e humana do noso alumnado. Temos a sorte de desempenar unha profesión que a diario presenta novos retos e estes, lonxe de constituíren un aspecto negativo, debemos abordalos con entusiasmo e sen perdermos nunca de vista o obxectivo final e principal de educar. Tendo en conta que a educación é unha formación integral, non quedando só como unha mera transmisión de coñecementos, resulta necesario constatar unha serie de valores e fundamentos que deben acompañar ao alumnado na súa formación.
Por todo o exposto, o proxecto "Ao son do Rural" sitúase no traballo en valores e, fundamentalmente, no uso e interese pola lingua e o patrimonio material e inmaterial, fomentando a inmersión do alumnado na sociedade, nas comunidades máis próximas, que interactúen e dialoguen coa veciñanza, cos maiores, na procura de coñecer e poñer en valor herdanzas léxicas, usos tradicionais e o patrimonio material e inmaterial. Que o alumnado se sinta parte activa dun movemento social maior que está a poñer en valor e modificar o noso sistema cultural, desde abaixo, e co protagonismo dos diálogos interxeracionais.
.- AO SON DELAS (PLAN PROXECTA 36)
O Proxecto Educativo "Ao son delas" nace da inquedanza dun grupo de docentes, que traballan na Comisión de Cultura e Convivencia e no EDL do Centro, á que se suma boa parte da comunidade educativa: do alumnado, que leva traballando con metodoloxías activas e participativas dentro de anteriores plans proxectas, como o último "Feminino Plural" (curso 2017-2018), das familias (a través da ANPA), e da contorna (mediante o Concello e Asociacións Culturais e Veciñais). Un xeito de traballar nun "Centro de Portas Abertas" á comunidade que nos rodea. O proxecto "Ao son delas" consiste nunha experiencia educativa ideada na asignatura de libre configuración de Centro "Artes Escéncias e Xestión Cultural" en 1o BACH en colaboración co alumnado de Imaxe e Son de 2o BACH.
O proxecto "Ao son delas" ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dun proceso innovador de participación da Comunidade Educativa no coñecemento, valoración e difusión da lingua e da música en galego entre a xuventude e ao mesmo tempo exportalo como ferramenta impulsora de dinamización social e cultural.
"Ao son delas" é un proxecto impulsado pola enerxía da innovación educativa e das TIC , procurando identificar valores da sociedade actual -autoxestión, participación social, intelixencia emocional, ecoloxismo lingüístico, visión internacional do idioma, etc.- co uso normalizado da lingua galega nos espazos vitais -formais e informais- da xente nova. Ten como interese principal crear un modelo metodolóxico orientado a promover a participación directa e a co-responsabilidade de todos os axentes da comunidade educativa en primeira instancia e da sociedade coa que o Centro Educativo convive no día a día (Transporte Escolar, Comercios... ).
En último termo, conseguir con este proxecto que o noso Centro Educativo siga sendo un referente como contedor cultural e dinamizador do noso patrimonio artístico e cultural,
prestando especial atención á creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar que fomente a coeducación no coñecemento, valoración e práctica do feminismo como impulso de transformación social a través da linguaxe e a música.
.- AO SON DA SAÚDE (PLAN PROXECTA 2)
Os preocupantes datos de sobrepeso e sedentarismo da poboación infantil e xuvenil galega fan do Proxecto Deportivo de Centro un elemento necesario en todos os Centros educativos de Galicia. Concretamente, no IES Maximino Romero de Lema maniféstase un claro descenso no tempo de actividade física diaria a medida que avanzan os cursos, nunha gran porcentaxe do alumnado por debaixo da hora diaria que recomenda a Organización Mundial da Saúde. Ademais, obsérvanse outros hábitos de vida pouco saudables, como o consumo de alcol e tabaco ou o consumo de alimentos procesados con exceso de azucre. Por estes motivos pretendemos realizar unha serie de actividades durante todo o curso para fomentar non só a actividade física, senón hábitos de vida saudables a nivel xeral.
Por outra banda, “Ao son da Saúde” nace vinculado a dous proxectos transversais do Centro: “Ao son do rural” que pon foco no coñecemento e posta en valor da tradición e o patrimonio e “Ao son Delas” proxecto coeducativo do centro baixo unha perspectiva feminista. De esta maneira, moitas das actividades ademais de ter o obxectivo de fomentar a práctica de actividade física, tamén perseguirán o coñecemento e a posta en valor da tradición do rural galego e do patrimonio do Concello de Zas, da Comarca de Terra de Soneira e dos concellos das outras comarcas próximas, con propostas que se levarán a cabo en espazos ao aire libre en colaboración co Concello de Zas ou con outras entidades públicas, poñendo en valor tanto o patrimonio histórico como o natural. Nun sentido máis amplo, o obxectivo fundamental que intentamos acadar con este proxecto educativo é conseguir formar persoas libres, con sentido crítico e de participación social. Sen esquecer que se involucre toda a comunidade educativa con actividades que impliquen a todas e todos: ao persoal docente e non docente, ao alumnado, que leva traballando con metodoloxías activas e participativas dentro de anteriores plans proxectas. O labor educativo é un traballo permanente e planificado a medio-longo prazo. “Ao son da Saúde” non é simplemente unha sucesión de actividades continuadas relacionadas coa promoción de hábitos de vida saudable, senón que é un proxecto planificado con bases metodolóxicas nas dinámicas dos movementos sociais, da pedagoxía social, da psicoloxía social. Así que este proceso comeza nas aulas e é aí onde, coa implicación importantísima das familias e veciñanza, alumnado e profesorado, comeza a crecer a vontade de crear, desde o coñecemento de hábitos de vida saudables, unha nova forma de ser, facer e pensar.
.- CONSUMAMOS “CON-SUMO” XUÍZO: CONTIGO, MENOS É MÁIS!
(PLAN PROXECTA 18)
O noso Instituto, mediante a participación neste concurso, desexa facer reflexionar ao alumnado dun xeito consciente, ético, crítico e solidario sobre os aspectos que se dan no mundo de hoxe en día no que atinxe ao consumo responsable ou irresponsable na nosa sociedade, distinguindo tanto os beneficios como os aspectos perxudiciais que conleva o consumo no mundo que nos rodea.
2.- PROGRAMA LANZADEIRAS A CORUÑA
No marco deste proxecto crearase unha empresa (πSolucións) adicada a proporcionar solucións informáticas de baixo custo a pequenas empresas (PEMEs) de calquera sector.
Para iso se crearán e ofertarán unha serie de produtos e servizos que permitirán dar cobertura ás necesidades informáticas que puidera ter calquera empresa.
Plantexanse os seguintes produtos e servizos:
➢ Ordenador de baixo custo: O obxectivo é construír un equipo co que cubrir as necesidades de calquera pequena empresa e cuxo prezo final non supere os 200€. Incluirá:
● Monitor ● RaspberryPI(Integradanomonitor) ● Teclado ● Rato ● Impresoradetickets
O software incluirá: sistema operativo, suite ofimática, programa de xestión de citas, contabilidade, programa de impresion de tickets e control de stocks.
➢ Servizo de NAS e cloud: Permitir o almacenamento de ficheiros, copias de seguridad en rede, ademais do acceso “cloud” dende o móvil, tablet... O prezo final establecese en 100€.
➢ Sistema de videovixilancia: Permitirá ver o que ocorre no noso negocio de forma remota. O prezo final establecese en 90€.
➢ Soporte 24*7 dos produtos e servizos prestados.
A empresa contará cunha páxina web para dar a coñecer o produto e os servizos que ofrece, os seus prezos, así como consultar a información de contacto (correo electrónico, teléfono, skype, etc...).
Tamén se deseñará unha “landing page” pensada para promocionar os nosos produtos e servizos.
3.- ESCOLA COMUNITARIA:
Un proxecto de formación experimental para tentar tecer lazos de unión entre unha escola de familias tradicional e o persoal docente. Tentaremos organizar unha serie de charlas os venres á tarde, con temas diversos que podan interesar a toda a comunidade. A primeira charla está programada para o mes de decembro coa presentación de “AO SON DO RURAL”. Un proxecto conxunto entre o Centro Educativo e a ANPA A seguinte charla que estamos a valorar é sobre as técnicas de estudo e a coordinación entre os docentes e as familias para xestionar as tarefas do alumnado.
4.- XORNADA ENREGUÉIFATE: para o fomento e aproveitamento educativo da improvisación oral
Enreguéifate é un proxecto colectivo no que o noso IES participa activamente cos Concellos de Carballo, Santiago, Teo e Ames, a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL), dirixido ao alumnado, familias e profesorado de todo o país, coa intención de crear unha regueifa expansiva. Estas xornadas teñen como obxectivo fornecer de recursos á rede de profesorado interesada na promoción dunha forma de traballo cooperativa, dunha escola
aberta á sociedade, e dunha sociedade aberta á escola. Con este proxecto de formación preténdese modernizar a creación cultural desde o ámbito escolar, actualizar a nosa tradición. A Regueifa é un importante elemento do patrimonio cultural inmaterial galego, e a nosa intención tamén é darlle ao imaxinario tradicional unha funcionalidade no momento actual, crear tradición en activo, ou activar a tradición e actualizala coa enerxía da xuventude.Pretendemos, polo tanto, que esta xornada sexa un punto de arranque do proxecto neste curso, un apoio formativo e informativo para o profesorado interesado e un espazo de coñecemento e compartición de ideas, recursos, materiais, experiencias, etc.
Este ano tamén están interesados en recibir formación o CFR de Vigo e o Concello de Moaña pretende que realicemos unhas xornadas similares ás de Carballo do curso pasado.
5.- PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO: O departamento de Informática ao completo solicitou realizar un PFPP a dous anos para mellorar a xestión das redes informáticas no Centro Educativo e ao mesmo tempo camiñar cara a formación do profesorado nas novas tecnoloxías. O obxectivo para o vindeiro ano vai ser sumar profesorado na iniciativa formadora.
9.- PROGRAMA FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO
O calendario de seguimento por parte do titor de ciclos formativos, Gonzalo de Castro Acuña Vidal, que garanten o correcto desenvolvemento dos programas formativos do alumnado no período de FCT, axustarase á normativa reguladora do desenvolvemento dos ciclos formativos de formación específica, e desenvolverase en catro etapas:
- Primeira etapa: Visitas do titor ao centro de traballo correspondente as tarefas propias de xestión: contacto, firma de convenios, etc..., labor a realizar con posterioridade á elaboración desta programación.
- Segunda etapa: Presentación do alumnado por parte do titor na empresa. Tarefa que fará o titor de FCT antes do mes de marzo de 2019 no caso do Ciclo Medio e antes de Outubro no caso da FP Básica se estaban pendentes de algunha materia (como era o caso).
- Terceira etapa: Tarefas de seguimento. Cada titor establece dúas visitas mínimas de seguimento ao centro de traballo para observar directamente as actividades que o alumnado realiza e rexistrar o seu propio seguimento.
- Cuarta etapa: Avaliación. Na avaliación do módulo de FCT colaborará a persoa titora designada por cada centro de traballo para realizar o seguimento das tarefas xunto coa titora do centro educativo.
Este calendario poderá ser completado mediante a programación por parte do titor docente de cantas visitas ou mecanismos de contacto considere oportunos para o correcto seguimento do alumnado que desenvolve a FCT.
Na primeira etapa, que se realizará inmediatamente antes do inicio de cada período previsto, os titores do ciclo establecerán, en colaboración e baixo a supervisión do coordinadorao de FCT, unha previsión, con datas provisionais, das visitas que se realizarán e dos gastos que soportará con indicación dos motivos, centros de traballo que se van visitar, quilómetros que se percorrerán e importes previstos, que será asinada polo titor. Cumprida a primeira etapa o documento someterase á aprobación do director do centro, que mediante o seu visto e prace autorizará a realización das actividades previstas.
Na terceira etapa, e a medida que desenvolve o plan de seguimento, o titor irá recollendo as datas reais de realización das visitas, xustificándoas mediante sinatura ou selo dos centros de traballo visitados, así como os gastos realmente soportados. Por último asinará a declaración de veracidade dos datos recollidos no documento.
A divulgación dos Programas Formativos aplicados no desenvolvemento do módulo da FCT será informado todo o alumnado implicado (con explicación e xustificación dos contidos), titores de centros de traballo e dirección do instituto.
Tamén se informará e explicará, se fose necesario, a todo o resto dos membros da Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema (Anpa, familias, alumnos/as e profesorado), se están interesados en coñecer ditos programas.
Para a realización do módulo da FCT no curso 2018/19 tivéronse en conta varios factores antes de tomar a decisión definitiva en prol dunha empresa concreta. Como máis importantes indicamos os seguintes:
.- Empresas que garanten a mellor preparación para os nosos alumnos/as, é dicir, que poidan desenvolver a maior parte dos contidos previstos no Programa Formativo.
.- Capacidade produtiva e influencia operativa na comarca.
.- Emprego das novas tecnoloxías.
.- Que no futuro oferte empregos que poidan acoller ao noso alumnado.
.- Situación xeográfica máis axeitada para os intereses do alumnado.
.- Interese do empresariado.
Para a captación de novas empresas ou centros de traballo aplicamos os criterios antes expostos e, de forma xeral, contactará coas empresas a coordinadora da FCT co asesoramento da persoa titora de cada grupo do ciclo formativo por ser a persoa con coñecemento suficiente do perfil básico do ciclo.
A documentación relativa á xestión do módulo da FCT levaráa a cabo a persoa coordinadora de FCT, empregando a aplicación FCT-WEB (www.edu.xunta.es/fct).
Tamén se terán en conta os contactos realizados polos alumnos/as implicados e peticións voluntarias do mundo empresarial.
A avaliación do módulo da FCT ten por obxecto determinar a competencia profesional, entendida esta como a habilidade para realizar papeis ou postos de traballo aos niveis requeridos no emprego. Xa que logo, os métodos de avaliación deste módulo débense orientar a obter evidencia desa competencia.
A avaliación da FCT será continua, é dicir, realizarase durante todo o proceso formativo correspondente, de acordo coa normativa reguladora.
Na avaliación deste módulo colaborará a persoa responsábel designada por cada centro de traballo. O instrumento de seguimento e avaliación do módulo de FCT será a carpeta de seguimento e avaliación da FCT.
Dende a Dirección do Centro animams todos os anos á persoa coordinadora da FCT a que valore a posibilidade de facer as prácticas a través dos convenios europeos Erasmus+.
CAPÍTULO IV (febreiro)
10.- ORZAMENTO DO CENTRO
A presentar no mes de febreiro pola Secretaría do Centro, coa conseguinte aprobación do Consello Escolar.
ANEXOS
ANEXO 1.- PEC (modificacións e observación de que segue vixente)
ANEXO 2.- PLAN ANUAL DE LECTURA
ANEXO 3.- PLAN DE INTEGRACIÓN TIC
ANEXO 4.- ACTIVIDADES A DESENVOLVER PARA O FOMENTO DA
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
ANEXO 5.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
ANEXO 6.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN DE CONVIVENCIA
ANEXO 7.- PLAN PROXECTA
ANEXO 8.- PROGRAMA LANZADEIRAS
ANEXO 9.- PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO
PERSOAL NON DOCENTE
ANEXO 10.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
Recommended