View
2
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
ENTROIDO 2018
Estimadas familias:
O venres 9 de febreiro celebraremos o entroido no CEIP A Solaina. Se
o tempo o permite sairemos ás 10:00h e faremos o pasarúas polo barrio de
A Solaina, para que familiares e veciños poidades disfrutar desta tradición,
xunta os vosos pequenos e pequenas.
En caso de chuvia, cancelarase o pasarúas, e a celebración será só
para o alumnado no propio centro educativo.
Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o entroido no
CEIP A Solaina a través do personaxe tradicional galego do “MECO”. Deste
xeito, ao longo desta semana, enviaremos os mandatos que conducirán á
consecución do disfraz, usando roupa e obxectos que teñades por casa,
dando liberdade a vosa imaxinación e creatividade. Estes mandatos son
acumulativos, é dicir, que o luns traerán a roupa que se designa, o martes
traerase a peza de vestimenta que corresponde engadida á do luns, e así
sucesivamente día a día, ata completar o disfraz. Atentos aos primeiros
mandatos:
C.E.I.P. “ A SOLAINA “
R/ CARDENAL CISNEROS S/N 15570 NARÓN – A CORUÑA
TLF/FAX 881930373/881930373 E- MAIL ceip.asolaina@edu.xunta.es NIF Q-6555187-A
PARA COMEZAR A DIVERSIÓN,
O LUNS TRAERÁS DE COR OSCURA,
SAIA OU PANTALÓN.
SEGUIMOS O MARTES CON ESTA RAREZA,
PANO NA CABEZA.
Recommended