entroido recetas

Preview:

DESCRIPTION

recopilación de receitas aportadas polas familias do alumnado

Citation preview

FABAS DO ENTROIDO

INGREDIENTES:

1Kg. De fabas 2 orellas de porco

2 cebolas picadas 1 vaso de aceite

4 culleradas de fariña 4 dentes de allo

200 gr. de chourizo Tomiño

Ourego Romeu

Loureiro Sal

ELABORACIÓN

Remóllanse as fabas e a orella 24 horas. Córtase a orella e ponse a cocer coas fabas.

Cando rompe a ferver bótaselle auga fría para que rompa o fervor e se deixa a lume lento uns 15

minutos. Se lle engaden as herbas aromáticas. Sofrítese a

cebola co chourizo e se lle engade a fariña, incorpóranse as fabas e cócese unhas 2 horas.

Receita da bisavoa de Paula 5a

LACÓN CON GRELOS

INGREDIENTES:

1 Lacón 2 feixes de grelos

Patacas Aceite de oliva

Sal

ELABORACIÓN

Nunha tarteira con auga ponse a auga a cocer e cando ferva se lle bota o lacón e se deixa cocer cun

chorro de aceite. Cando xa case estea feito se lle engaden os grelos e as patacas e se deixa cocer ata

que as patacas estean cocidas. Xa está listo para comer.

Receita aportada pola familia de Brian 3a

LACÓN CON GRELOS

INGREDIENTES:

Lacón Grelos

Patacas Chourizos

ELABORACIÓN

As nove en punto da mañá, despois de ben lavado, debe poñerse a cocer o lacón con bastante cantidade

de auga. Ás once se lle xuntan os grelos e os chourizos. Ás doce as patacas mondadas e enteiras.Á

unha do mediodía se colocan o lacón e ou chourizos nunha fonte, as patacas e os grelos noutra e todo

sobre a mesa, que debe estar previamente rodeada de cidadáns con apetito.

Receita aportada pola familia de Alejandro 3b

LACÓN CON GRELOS

INGREDIENTES:

Grelos Lacón

Patacas Chourizos

Costela de tenreira Cacheira de porco

ELABORACIÓN

Ponse a ola coa auga a cocer coa carne, o lacón e a

cacheira. Cando xa esta cocido se lle botan as patacas e os chourizos. Por último se lle engaden os grelos

Receita aportada pola familia de Anxo 4a

ROSQUILLAS

INGREDIENTES

8 culleradas de fariña

10 culleradas rasas de maicena ½ sobre de lévedo royal

2 culleradas rasas de azucre 4 culleradas de leite

3 culleradas de aceite 1 ovo

½ copa de anís Rela de ½ limón

Azucre en po

ELABORACIÓN

Mesturar a fariña, a maicena e o lévedo.

Formar coa mestura un círculo e engadir no centro o ovo, o azucre, o leite, o aceite, o anís e a reladura do

limón. Mesturar ben. Amasar todos os ingredentes fora do cazo ata formar

unha masa lisa e deixar repousar ½ hora. Facemos as rosquillas e as fritimos ata que estén ben douradas.

En quente lle botamos azucre en po.

Receita aportada pola familia de Leticia 5b

ROSQUILLAS

INGREDIENTES

2 ovos 2 culleradas de azucre

½ sobre de lévedo en po 1 cullerada de manteiga

1 cullerada de auga 1 cullerada de maicena

Un chorro de esencia de anís Fariña (a necesaria)

ELABORACIÓN

Mestúranse tódolos ingredientes e faise unha masa consistente. Déixase feita do día anterior tapada con

un pano. Cando se vaian facer se lles da forma de rosquilla e frítense nunha tixola con abundante aceite

quente ata douralas. Pásanse por azúcre moido e xa están listas.

Receita aportada pola familia de Yerai 3a

ROSQUILLAS DE ANÍS

INGREDIENTES

Fariña 1 copa de anís

2 ovos Lévedo

Azucre 1 vasiño de aceite ou 50 gr de manteiga

ELABORACIÓN

Cóllense 100 gr. De azucre e mestúranse coa

manteiga ou o aceite. Trabállase uns momentos e se lle poñen os ovos batidos e a copa de anís. A esta

pasta ben traballada se lle vai engadindo fariña mesturada cunha culler de lévedo e se forma unha

pasta que non se pegue as mans. Cóllense pequenos anacos de masa e se forman as

rosquillas que se van fritindo en aceite ben quente. Cando estean ben douradas pásanse a unha fonte

con papel de cociña e se lles bota azucre moído.

Receita aportada pola familia de Adrián 3a

ORELLAS

INGREDIENTES

700 gr. de fariña de trigo 1 sobre de lévedo tipo royal

5 ovos Medio pocillo de viño branco

Medio pocillo de auga 2 copas de anís

100 gr. De manteiga de vaca (manteca) Unha chisca de sal

Rela de limón

ELABORACIÓN

Amasar todo moi ben e deixar repousar. Estirar e

fritir en aceite de oliva Botarlle azucre en po ó gusto

Receita aportada pola familia de Hugo Sanlés 4b

ORELLAS

INGREDIENTES

Lévedo de panadería Manteiga de vaca (manteca)

Fariña Esencia de anís

Un ovo Unha chisca de sal

Auga quente

ELABORACIÓN

Amasar a fariña có lévedo, a manteiga de vaca

(previamente derretida), o ovo, unha chisca de sal e a esencia de anís. Iremos botando auga quente os

poucos. Deixaremos repousar nunha tarteira. Estiraremos a masa e cortaremos en forma de orella.

Preparar a tixola con aceite quente e ir botando as orellas dándolle a volta cando esten douradas.

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a

ORELLAS DE ENTROIDO

INGREDENTES 3 ovos

½ Kg.de fariña 3 culleradas de azucre

50 gr. de manteiga Rela de limón

Un chorro de anís Un pouco sal

ELABORACIÓN

Mestúranse todos os ingredientes ata conseguir unha masa ben ligada. Logo estírase a masa e se cortan

anacos en forma de triángulo. Frítense nunha tixola con aceite moi quente. Cando empecen a coller unha

cor tostada retíranse e se lles bota azucre en po ó gusto.

Receita aportada pola familia de Brais Olveira 4a

ORELLAS

INGREDENTES

1 Kg.de fariña 10 ovos

250 grs. De manteiga 6 Culleradas de azucre

Un pouco leite ½ vaso de anís

Un pouco de esencia de anís Un pouco sal

ELABORACIÓN

Faise un volcán coa fariña e vánselle engadindo os ingredientes:a manteiga derretida no leite quente, o

sal, o azucre, o anís e a esencia. A continuación engádenselle os ovos un a un. Empézase a amasar

ata que a masa se despegue das mans. Deixase repousar ½ hora aproximadamente.

Estírase enriba da mesa a masa, córtase un anaco e dáselle forma de orella. Frítense en abundante aceite

e se lles bota azucre en po ó gusto.

Receita aportada pola familia de Kike 3a

ORELLAS DA TERESA

INGREDIENTES

½ kg. De fariña triga I ovo

I cullerada de margarina 1 vaso de auga

1 anaco de canela en rama Pela de limón

sal

ELABORACIÓN

Ponse a quentar a auga coa canela e a pela do limón ate que ferva. Déixase arrefriar ate que esta morna.

Ponse a fariña sobre unha superficie dura, ábrese un burato no medio e bótaselle a margarina, o ovo e a

auga(que se deixou arrefecer) necesaria para que ligue ben ó amasala. Déixase repousar durante dez

minutos. Procédese a estarricar a masa cun rolo, salferindo de fariña onde se vai facer, deixándoa ben

fina e facéndoo ós poucos. Cuartéase a masa, previamente estarricada, coa forma que se lle queira

dar. Frítense en abundante aceite ben quente, sen deixalas queimar. Para servir salfírense de azucre

Variantes

Hai quen engade azucre e lévedo a masa e substitúe a auga por leite.

Hai quen substitúe a margarina por aceite.

Nota: sen lévedo aguantan máis tempo frescas e

renxen máis.

Receita aportada pola familia de Aldara 5a

CHULAS

INGREDIENTES

Fariña 4 ovos

½ litro de gasosa (máis ou menos) Rela de limón

ELABORACIÓN

Bater os ovos, botar a fariña ata que quede unha

masa espesa. Engadir a gasosa. Ponse a quentar unha tixola con abundante aceite e

cando estea ben quente, cunha culler colleremos a mestura e a botaremos dentro facendo pequenos

botóns. Cando estea dourado sacar e escorrer sobre un papel

de cociña. Botarlle azucre por riba

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a

CHULAS (BUÑUELOS) DE ENTROIDO

INGREDIENTES

8 culleradas cheas de fariña 8 culleradas de maicena

3 ovos 75 grs. De manteiga

4 culleradas de ron 1 cullerada chea de azucre

½ sobre de lévedo en po Unha chisca de sal

ELABORACIÓN

Mesturar a fariña, a maicena, o lévedo, o azucre e o sal. Engadir os ovos un a un, o ron e a manteiga

abrandada. Amasar coas mans enfariñadas ata obter unha masa espesa.

Esténdese a masa sobre unha superficie enfariñada cun rolo ata que quede unha capa delgada. Cun vaso

ou similar cortamos uns discos de masa. Frítense en abundante aceite quente un a un dourándoos polos

dous lados. Escórrense e se lles bota azucre en po.

Receita aportada pola familia de Leticia 5b

CHULAS (BUÑUELOS) DE PATACA

INGREDIENTES

8 patacas Sal

Auga Lévedo

Aceite Fariña

mel

ELABORACIÓN

Cócense as patacas. Cando estean cocidas se pasan

polo pasapurés cun pouco da auga da cocción. Nunha tarteira quéntase auga e bótase nunha cunca

grande xunto co puré, fariña, sal e lévedo. Deixase repousar unhas dúas horas.

Cóllese a masa cunha culler e se bota nunha tixola con aceite quente. Cando estean fritidos póñense

nunha fonte e se engade o mel.

Receita aportada pola familia de Miguel Pérez 3b

CHULAS (BUÑUELOS) DE OVO

INGREDIENTES

1 ducia de ovos 4 vasos de Auga

1 vaso de Aceite de xirasol 400 gr.Fariña

mel Sal

ELABORACIÓN

Nunha tixola bótanse os 4 vasos de auga, un pouco de sal e o vaso de aceite; Cando estea un pouco

quente se engade a fariña e lle vai dando voltas ata que se forme unha masa algo pegañenta. Sácase da

tixola e ponse a arrefriar nunha cunca grande. Bátense ós ovos e ese engaden a masa fría

mesturándoos ben. Ponse ó lume unha tixola con bastante aceite (metade xirasol, metade oliva). Vaise

collendo a masa cunha culler e se bota na tixola cando o aceite está ben quente. Cando estean fritidos

colócanse nunha fonte se lles engade mel líquida.

Receita aportada pola familia de Miguel Pérez 3b

FILLOAS

INGREDIENTES

Fariña 3 ovos

1 litro de auga Unha chisca de sal

ELABORACIÓN

Mestúrase a auga, os ovos, o sal e vaise engadindo a

fariña ata conseguir unha masa líquida pero algo espesa. Ponse unha pedra especial para filloas a

quentar enriba do lume. Refrégase a pedra cun cacho de touciño de porco e bótase cun cullerón un pouco

de masa. Déixase callar e dáselle a volta para que se faga polo outro lado.

Están moi ricas recheas de marmelada ou con chourizo asado.

Receita aportada pola familia de Yerai 3a

FILLOAS CON TONA (NATA)

INGREDIENTES

½ Kg. De Fariña 6 ovos

½ litro de auga 1 vaso de anís

Rela de limón azucre

Tona

ELABORACIÓN

Mestúranse os ingredientes ata conseguir unha masa

suave. Untar a tixola con aceite ou manteiga. Botara en porcións cun cullerón. Darlle a volta canto estea

feita. Colocar nun prato cun pouco de azucre. Botarlle tona o gusto.

Receita aportada pola familia de Ozara 3b

FILLOAS

INGREDIENTES

8 ovos 1 litro de leite

Azucre Un chorro de anís

Un pouco fariña Unha chisca de sal

ELABORACIÓN

Bótase todo menos a fariña nunha cunca grande. Mestúrase todo e se lle vai botando fariña pouco a

pouco ata que quede unha pasta non moi espesa.Cóllese unha tixola e se lle bota unha chisca

de aceite e con un cacho de touciño se unta a tixola. Cando estea a tixola ben quente se colle a culler do

caldo e se bota unha cullerada na tixola deixándose facer. Cando se empece a despegar co garfo se lle da a

volta e cando esta se colle un prato e se lle bota azucre e logo a filloa enriba. Logo se lle bota azucre

por riba e así sucesivamente ata que se acabe a masa.

Receita aportada pola familia de Brian 3a

FILLOAS INGREDIENTES

4 ou 6 ovos

Leite Un pouco de anís

Rela dun limón Unha pouca de auga

ELABORACIÓN

Bater os ovos coa fariña, a rela do limón, o anís, a

auga e o leite. Poñemos a tixola ó lume e cubrimos o fondo da tixola

coa mestura

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a

CANAS DE CREMA

INGREDIENTES

Para a masa: 400 grs. De fariña

½ vaso de leite Sal aceite

Para a crema pasteleira:

75 grs. De azucre 40 grs. De fariña

½ litro de leite 4 ovos

1 pola de vainilla

Para decorar: Azucre

Canela

ELABORACIÓN

PARA A MASA: Poñer a fariña, o leite o sal e un vaso de aceite nunha cunca grande. Amasar coa man ata

que estea ben mesturada. Tapar e deixar 2 horas.

PARA A CREMA PASTELEIRA: botar nun cazo o leite a poliña de vainilla e deixar ferver. Nunha cunca

grande mesturar a fariña e o azucre, verter un pouco de leite fría. Engadir os 4 ovos e bater ben. Botar un

chorriño de leite quente e seguir batendo. Botar o contido da cunca no cazo e seguir batendo ata que

espese.

MONTAXE FINAL: estira a masa co rolo. Corta anacos

rectangulares e enrólaos nunha cana de metal. Fritir nunha tixola con aceite ben quente. Desmoldar e

deixar arrefriar. Coloca a crema nunha manga pasteleira e enche as

cañas. Para decorar bótalle azucre en po e canela.

Receita aportada pola familia de Kike 3a