Escolma Celso Emilio

Preview:

DESCRIPTION

Escolma de poemas de Celso Emilio Ferreiro precedida dunha breve introdución teórica. Baseado nun material do profesor de Suso Sambade, do IES Esparís de Brión (http://centros.edu.xunta.es/iesesparis/files/CELSO%20EMILIO%20FERREIRO%20E%20OUTROS%20POETAS.pdf).

Citation preview

CELSO EMILIO FERREIRO NA POESÍA DA POSGUERRA

O primeiro libro de poesía da posguerra publicado en Galiza foi Cómaros Verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. O caso da literatura galega posterior á Guerra Civil é anómalo, posto que agromarán ao mesmo tempo tres xeracións diferentes que non rompen esteticamente as unhas coas outras:- A xeración de 1936: a dos autores nacidos entre 1910 e 1920.- A Promoción de Enlace: formada por autores nados entre 1920 e 1930, que accederon á cultura nos anos 40, nun ambiente de extrema penuria material e intelectual e de illamento internacional, sendo así, en boa medida, autodidactas.- A Xeración das Festas Minervais: a de escritores vidos ao mundo entre 1930 e 1940, e que se deron a coñecer nas Festas Minervais que organizaba a Universidade de Santiago de Compostela nos anos 50.

Aínda así, débese especificar que tres compoñentes da xeración de 1936 xa publicaran poesía con anterioridade ao alzamento antirrepublicano. Estes serían: Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Ricardo Carvalho Calero. Estes autores, ao igual que o resto dos membros da súa xeración, foron educados nun ambiente de maior liberdade da que permitía o réxime franquista, o cal se verá reflectido na súa obra. Os membros da Promoción de Enlace ( Luz Pozo Garza, Antón Tovar, Manuel Cuña Novás...) medraran nun medio adverso cultural e lingüisticamente, polo que comezarán a súa produción poética en español. As carencias formativas e de referentes europeos estarán presentes na súa poesía. Non acontecerá o mesmo cos membro da Xeración das Festas Minervais (Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Manuel María...), que, como o grupo Nós, intentarán conectar novamente a súa produción literaria coa europea.

Por outra parte, as dúas correntes dominantes nesta etapa na poesía galega son:- A poesía social (ou socialrealismo), cuxo máximos representantes serían Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.- A escola da Tebra, a cal se presenta como unha alternativa á poesía reivindicativa, e que estaría fortemente caracterizada polo clima de anguria do "eu lírico" e pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así tamén pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus.

CELSO EMILIO FERREIRO (1912-1979)

Poeta da Xeración do 36 que tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social. Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas na vila natal. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra. Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG. En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para voltar en 1973. Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.

Celso Emilio Ferreiro é autor dunha abondosa obra que combina dúas liñas temáticas:- Intimista: a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975). - Social: recolle a tradición dunha poesía cívica que arranca na literatura galega con Curros Enríquez, Rosalía e Cabanillas. Celso Emilio entendía a poesía como expresión do compromiso coa realidade social e o momento histórico que lle toca vivir ao poeta.

Nesta poética belixerante hai lugar para a solidariedade cos oprimidos e coa clase operaria, a denuncia da guerra e as súas nefastas consecuencias, a crítica do imperialismo, o capitalismo e a falta de liberdades, a visión negativa da emigración, etc. O poemario Longa noite de pedra (1962) é a súa máxima expresión e grupos como Voces Ceibes e Fuxan os Ventos ou cantautores como Suso Vaamonde popularizaron os seus textos contestatarios entre unha mocidade ávida de liberdades e democracia nos estertores da ditadura.

De lado destas dúas liñas principais, hai espazo para o humor e a ironía que, se ben está presente ao longo da súa poética, procúrase intencionadamente en Cantigas de escarnio e maldecir (1968) e Viaxe ao país dos ananos (1968) e Antipoemas (1972) combinando a sátira de tipo moral cunha sátira persoal ou de arquetipos como na súa feroz crítica á diáspora galega.

1

POEMA NUCLEARO soño sulagado (1955)

¡Que ben, que bomba ven co seu rebombio!A bomba, ¡bonf!, a bomba, bon Amigo...A bomba con aramios, con formigas,con fornos pra asar meniños loiros.A bomba ten lombrices, bombardinos,vermes de luz, bombillas fluorescentes,peixes de chumbo, vómitos, anémonas,estrelas de plutonio plutocrático,esterco de cobalto hidroxenado,martelos, ferraduras, matarratos.A bomba, bong. A bomba, bon Amigo.Con átomos que estoupan en cadeiaE creban as cadeias que nos atan:Os outos edificios.Os outos funcionarios.Os outosOs outos fiñanceiros.Os outos ideais.¡Todo será borralla radioaitiva!As estúpidas nais que pairen fillos

Polvo serán, mais polvo namorado.Os estúpidos pais, as prostitutas,as grandes damas da beneficencia,magnates e mangantges, grandes cruces,altezas, excelencias, eminencias,cabaleiros cubertos, descubertos,nada serán meu ben, si a bomba vén,nada o amor, e nada a morte mortacon bendiciós e plenas indulxencias.¡Que ben, que a bomba ven! Nun instantiñoa amable primavera faise cinzade vagos isotopos placentarios,de letales surrisas derretidasbaixo un arco de átomos triunfaes.A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombode setas e volutas abombadas,axiña ven, vela ahí ven, bon Amigo.Estanos ben! ¡Está ben! Está bon!¡¡¡Booong!!!

- Este POEMA NUCLEAR é antibelicista, contra que tipo de armamento se pronuncia? Cal é a mensaxe que transmite? É actual?- O poeta utiliza o sarcasmo e a ironía, pois quere facer unha finxida celebración da chegada da bomba, En que versos? - Que valor teñen especialmente as recorrencias fónicas (localiza as aliteracións no texto)? - Utiliza unha linguaxe poética convencional ou técnico-científica? Exemplifica a túa resposta e cita os campos semánticos que aparecen no texto?- Como se denomina este tipo de poesía comprometida e de denuncia?

LONGA NOITE DE PEDRALonga noite de pedra (1962)

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

- Cales son as circunstancias persoais que rodearon a creación deste poema? E cales as históricas?

- O símbolo da pedra, recorrente na composición, que significación ten, a que aspectos se aplica?

- Identifica os seguintes recursos poéticos: o paralelismo e a enumeración.

2

NOTA NECROLÓXICA

Cemiterio privado (1972)

Deron os abecedariosa nova da túa morte,meu vello can de palleiro,meu vello can de palleiroabandonado da sorte.Un poeta sin fortunamorto de morte matadamentras soñaba coa terra,mentras soñaba coa terra,malferida a malpocada.A moura necroloxíaresultou ser unha trolade xente anana e mezquiña,de xente anana e mezquiña,a quen o teu verbo esfola.Xente á que debes decirllesurrindo e sin acritude:os mortos que vós matades,os mortos que vós matadesgozan de boa saúde.

Pode o corpo ser vencido,pode o dereito ser torto,mais o lume que alampea,mais o lume que alampeaxamais o veredes morto.Pro, por si chegase o intrede mandar todo ó carafio,meu vello can de palleiro,meu Celso Emilio Ferreirovai facendo un epitafio:Unha vez soñou que morrerae que o soterrabana carón dun río petruciona terra máis fermosae disgraciada do mundo.Por iso xaz eiquí,á beira do Pai Miño ...Non podía ser outroo lugar do seu soño.

- Este poema garda relación con referencias concretas da súa biografía, ás que o poeta se enfronta con ironía. O nde a

detectas?

IRMAUSLonga noite de pedra (1962)

Camiñan ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estranos.

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,

máis alá das sabanas e das illas,

coma un irmau che falo.

Si é túa a miña noite,

si choran os meus ollos o teu pranto,

si os nosos berros son igoales,

coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sean distintas,

e ti negro i eu branco,

si temos semellantes as feridas,

coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,

por enriba de muros e valados,

si os nosos soños son igoales,

coma un irmau che falo.

Común temos a patria,

común a loita, ambos.

A miña mau che dou,

coma un irmau che falo.

- A quen se dirixe o poeta? Que características reúne ese destinatario?

- En que se basea a irmandade que o poeta quere establecer co destinatario?

3

XANEIRO 1972, IIOnde o mundo se chama Celanova (1975)

Cando quero vivirdigo Moraima.Digo Moraimacando semento a espranza.Digo Moraimae ponse azul a alba.Cando quero soñardigo Moraima.Digo Moraimacando a noite é pechada.Digo Moraimae ponse a luz en marcha.Cando quero chorardigo Moraima.

Digo Moraimacando a anguria me abafa.Digo Moraimae ponse a mar en calma.Cando quero surrirdigo Moraima.Digo Moraimacando a mañá é crara.Digo Moraimae ponse a tarde mansa.Cando quero morrernon digo nada.E mátame o silenciode non decir Moraima.

- Con que valores ou virtudes asocia o poeta á súa compañeira? Que elementos lle serven para simbolizar eses valores e os contrarios?- Sinala o paralelismo no poema?

DEITADO FRENTE AO MARLingoa proletaria do meu pobo,eu fáloa porque sí, porque me gosta,porque me peta e quero e dame a gaña;porque me sai de dentro, alá do fondodunha tristura aceda que me abrangueao ver tantos patufos desleigados,pequenos mequetrefes sin raícesque ao pór a garabata xa nan sabenafirmarse no amor dos devanceiros,falar a fala nai,a fala dos abós que temos mortos,e ser, co rostro erguido,mariñeiros, labregos do lingoaxe,remo i arado, proa e rella sempre.Eu fáloa porque sí, porque me gostae quero estar cos meus, coa xente miña,perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.Non falo pra os soberbios,non falo pra os ruis e poderosos,non falo pra os finchados,non falo pra os valeiros,non falo pra os estúpidos,que falo pra os que agoantan rexamentementiras e inxusticias de cotío;pra os que súan e choranun pranto cotidián de volvoretas,de lume e vento sobre os ollos núos.Eu non podo arredar as miñas verbasde tódolos que sofren neste mundo.E ti vives no mundo, terra miña,berce da miña estirpe,Galicia, dóce mágoa das Españas,deitada rente ao mar, ise camiño...

1. Este poema expresa toda unha idea sobre a situación do idioma ao tempo que unha declaración identitaria. Identifica os elementos que integran eses dous eixes do texto.2. Localiza no texto casos de anáfora, polisíndeton e metáfora.

4

Recommended