View
7
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
RES
ERV
A D
A B
IOSF
ERA
MA
RIÑ
AS
CO
RU
ÑES
AS
E TE
RRA
S D
O M
AN
DEO
PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL,
COMUNICACIÓN E
PARTICIPACIÓN PÚBLICA
(2014- 2015)
2
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL,
COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA
RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”
ELABORADO POR:
Asociación Mariñas – Betanzos
Maio 2015
Maio 2015
3
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
AGRADECEMENTOS:
A todas as entidades que participaron na realización do traballo e a todas as institucións
que facilitaron os datos que se lles solicitou.
4
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
INDICE
1. PRESENTACIÓN ............................................................................................................................... 5
2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS ........................................................................................ 8
3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA ....................................................................... 9
4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA ........................................................................10
5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA .................12
5.1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................................... 12
5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA .................................................................................................................. 12
6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DA BIOSFERA ............................................................13
6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO). .................................................................................... 13
6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO). ......................................................... 14
6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO). ........................................................................................... 14
6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO ROMANO (CAMBRE). ............................. 15
6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL). ................................................................................................ 15
6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIROS). ................................................................................................ 16
6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO). .................................................................................... 17
6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO). ......................................................................................... 17
6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO MANDEO (CURTIS). ........................... 18
6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEXO-SERANTES (OLEIROS). ............................... 18
6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS) ...................................................................................................... 19
6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO). ................................................................................... 20
6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE). .......................................................................................... 20
6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO). ....................................................................................... 21
6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS) .................................................................................................... 21
7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA .................................................................22
7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA. ............................................................................................. 22
7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE BIOSFERA. .................................................. 23
7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA ......................................................................... 23
7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO. ................................................................................................... 24
7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA. ..................................................................................... 24
7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS. ...................................................................................................................... 25
7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO. ............................................................................................. 26
7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA. ............................................................................................. 27
5
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
1. PRESENTACIÓN
s RESERVAS DE BIOSFERA xurden no ano 1976, no marco do programa Home
e Biosfera (MaB) da UNESCO, como espazos nos que se conxuga e se
traballa activamente polo equilibrio entre o desenvolvemento
socioeconómico e a protección dos recursos naturais. Na actualidade, España
conta con 45 Reservas de Biosfera das 621 que existen a nivel mundial, estando
representados territorios con moi diversas características, desde uns cunha
clara prevalencia do medio natural, a outras Reservas máis poboadas e onde
se conxugan outro tipo de retos.
Os obxectivos que deben perseguir as Reservas da Biosfera se fixaron na
Estratexia de Sevilla aprobada na Conferencia Xeral da UNESCO do ano 1995,
así como polo sucesivos Plan de Acción de Madrid (2008- 2013) e Plan de
Acción de Montseny (2009-2013). Entre estes obxectivos están o de utilizar as
Reservas de Biosfera “como modelo de ordenación do territorio e lugares de
experimentación do desenvolvemento sostible, ademais de lugares de
aprendizaxe para a investigación, adaptación e mitigación en relación ao
cambio climático”.
As Reservas de Biosfera son por tanto, zonas de ecosistemas terrestres, e
costeiros ou mariños, cuxa finalidade é convertirse en modelos de cómo a
humanidade podería convivir coa natureza. Deste modo, as Reservas
pretenden conservar e protexer o patrimonio natural e cultural propio dun
determinado espazo, favorecendo o desenvolvemento socioeconómico da
súa poboación local.
O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita dos espazos
protexidos, xa que ata o momento as zonas adicadas á conservación de
especies e ecosistemas se aillaban da actividade humana, mentres nas
Reservas se fomenta a participación cidadá e o seu desenvolvemento
socioeconómico en respecto coa natureza. Para os territorios declarados
Reserva de Biosfera ábrense unha serie de novas oportunidades, tales como:
6
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Situar ó territorio no mapa mundial, pertencendo a unha rede de
excelencia e de intercambio de experiencias.
Dar prestixio ó territorio, ás súas empresas e ós seus produtos.
Ampliar os mercados para os produtos, a través das Marcas de
Calidade.
Recuperar as actividades económicas tradicionais e fomentar a
innovación.
Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ó turismo sostible.
Xerar oportunidades de emprego ligadas á natureza e ó medio rural.
Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e
proxectos ligados ó desenvolvemento sostible e á conservación
ambiental.
Mellorar o entorno ambiental e sensibilizar sobre os recursos naturais á
poboación xeral.
Coñecer mellor estes territorios, os seus espazos naturais e a súa
evolución.
Actualmente, Galicia conta cun total de seis espazos recoñecidos como
Reservas de Biosfera:
“Área de Allariz”
“Xurés- Gerês”.
“Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá”,
“Terras do Miño”
“Río Eo, Oscos e Terras do Bourón”.
“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
A Lei 42/2007, de 13 de decembro, de Patrimonio Natural e da Biodiversidade
establece que as Reservas da Biosfera deberán contar:
1. Ordenación espacial
a) Zona núcleo
b) Zona tampón/protección
c) Zonas de transición
2. Plan de Xestión. Programa de actuacións adaptado aos obxectivos do
Programa Home e Biosfera (MaB).
3. Órgano de Xestión, responsable de aplicar o Plan de Xestión e que garante
a participación dos axentes locais.
7
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, está situada
ao noroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro da provincia de A
Coruña e conta cunha superficie de 114.000 hectáreas terrestres.
Esta Reserva, a diferenza doutras, nace da cooperación entre as distintas
administracións, as organización sociais e o tecido socioeconómico do
territorio.
Ademais, esta Reserva de Biosfera, ten presente 49 tipos de hábitats de
interese comunitario, doce dos cales son tipificados como prioritarios pola
“Directiva Hábitats”.
Dentro do territorio da Reserva existen Espazos Naturais Protexidos incluídos na
Rede Natura 2000, como as Zonas de Especial Conservación (ZEC), ademais
doutras pequenas áreas de interese ambiental.
Dentro destas áreas, destacan o ZEC Abegondo- Cecebre, ZEC Costa da
Morte, ZEC Betanzos- Mandeo e o ZEC Costa de Dexo.
Figura 1.- Zonificación do territorio declarado Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
8
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS
A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” constitúese no
ano 2008 coa finalidade de ser núcleo de integración e representación dos
diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto
públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do
territorio de actuación. Ten xestionado o programa LEADER (2007-2013), dirixido
a promover o desenvolvemento rural.
O ámbito territorial da Asociación Mariñas – Betanzos, localízase no Noroeste
de Galicia, cunha extensión de 113.912 ha. e que corresponden aos municipios
de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós,
Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, coincidindo
co territorio da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”,
que corresponden coas cuncas hidrográficas dos ríos Mandeo e Mero. Esta
área inclúe zonas costeiras, vales litorais e serras interiores, estendéndose
dende o litoral ata o límite coa provincia de Lugo, onde enlaza coa Reserva
de Biosfera “Terras do Miño”.
Ten 128 entidades asociadas, que son as que forman a Asemblea Xeral, que
está organizada en Mesas Sectoriais, das que os representantes de cada mesa
conforman a Xunta Directiva. Actualmente as Mesas Sectoriais están
organizadas da seguinte forma: 1) Mesa do sector agrario, gandeiro e
cooperativo; 2) Mesa do sector forestal e da madeira; 3) Mesa de asociacións
de mulleres; 4) Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís; 5) Mesa de
asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS; 6) Mesa de
artesanía; 7) Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou
actividades na natureza; 8) Mesa do sector de turismo e hostalería; 9) Mesa de
asociacións de empresarios multisectoriais; 10) Mesa de colectivos de interese
social, discapacidade e ONG´s; 11) Mesa do sector institucional; 12) Mesa das
administracións locais; 13) Mesa da pesca, marisqueo, acuicultura.
Conta cunha poboación de 189.902 habitantes (IGE 2011) sendo a súa
densidade de 166,62 habitantes/km2.
9
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Figura 2.- Ubicación do territorio recoñecido como Reserva de Biosfera.
3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA
A entidade de xestión da Reserva de Biosfera é a Asociación de
Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, que ademais dos 17 concellos,
aglutina a representantes do tecido económico e social da Reserva. Ten
constituído dentro do Organigrama de Xestión, un Comité Científico e un
Comité de Participación.
Figura 3.- Órganos de Xestión da Reserva de Biosfera.
10
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA
Este documento é o instrumento a través do cal se enmarca a estratexia a
seguir no período (2013- 2017), definindo as principais liñas de acción.
Nel se definen 5 grandes áreas de traballo:
I. Xestión Adaptativa, Comunicación e Cooperación.
Accións encamiñadas á posta en marcha dos órganos de xestión da
Reserva de Biosfera; seguimento dos resultados; creación da imaxe da
Reserva e divulgación dos seus valores; así como o impulso a proxectos
de cooperación con outras Reservas de Biosfera e con outros territorios.
II. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.
Accións encamiñadas á conservación, recuperación, difusión e
mellora dos recursos naturais e patrimoniais, fundamentalmente nas
“Zonas núcleo” da Reserva.
III. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.
Accións para mellorar a calidade de vida da poboación, fomentando
a sostibilidade e a diversificación das actividades agrogandeiras e do
mar, e facilitando a incorporación de novos activos. Asemade,
reforzaríanse as actividades artesanais e de calidade, a
comercialización e o consumo local, creando unha Marca para
produtos e servizos da Reserva que cumpran determinados requisitos.
11
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
IV. Ciencia e desenvolvemento de capacidades
Fomentar a investigación e o coñecemento sobre os recursos da
Reserva de Biosfera e o seu aproveitamento sostible.
V. Entorno socioeconómico, emprego e cambio climático.
Accións dirixidas a fomentar o emprego e o emprendemento sostible na
Reserva, así como a Responsabilidade Social Corporativa como
ferramenta de cambio, que implique ó tecido socio-económico do
territorio.
12
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN
E PARTICIPACIÓN PÚBLICA
5.1. INTRODUCIÓN
Con este documento preténdese impulsar o
compromiso da Reserva de Biosfera coa difusión
dos valores que este territorio acolle, así como
dispoñer dunha ferramenta na que vertebrar
actividades que se realizan no territorio da Reserva,
no eido ambiental en sentido amplo.
Trátase de que sexa un instrumento de
participación pública, no que a poboación local
interactúe, e que en definitiva, sirva para dar a coñecer a Reserva de Biosfera.
5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA
1.- Integrar nun mesmo Documento actividades no eido ambiental que se
ofrezan de maneira estable, polas distintas institucións e colectivos do ámbito
xeográfico da Reserva.
2.- Difundir os valores da Reserva e fomentar a educación e sensibilización
medioambiental nos centros educativos.
3.- Fomentar a colaboración entre axentes, establecendo un programa de
actividades conxunto e coordinado.
4.- Animar á participación pública no eido da Reserva de Biosfera e establecer
unha nova canle de cooperación, co fin de fomentar sinerxías e lograr un
desenvolvemento socioeconómico deste territorio.
13
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DE
BIOSFERA
Os equipamentos de educación ambiental constitúen unha ferramenta clave
para a divulgación dos valores do patrimonio natural e cultural.
A Rede de equipamentos de educación ambiental presentes no territorio da
Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” son:
6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO).
Centro interactivo de educación ambiental que conta con diversos paneis
interpretativos da fauna e flora do entorno natural do Encoro Abegondo-
Cecebre. Ademais organiza rutas de sendeirismo guiadas.
Enderezo: Lugar Vilar, 86 – Crendes, Abegondo
Teléfono: 981 647 909
Correo electrónico: aula.natureza@abegondo.es
Horario: Sábados e domingos, de 10 a 13.30 h.
Máis información: www.abegondo.es
Actividades complementarias:
Roteiro pola Zona de Especial Conservación
(Z.E.C.) Encoro Abegondo- Cecebre.
Coordenadas
43º15´51.77´´ N
8º 16´23.69´´ O
14
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO).
Centro de visitantes que realiza actividades relacionadas coas abellas, a
ecoloxía, o medio ambiente e os produtos das abellas. Realízanse obradoiros
para a elaboración de mel e cera, e conta cun parque temático exterior con
colmeas de observación.
Enderezo: Meangos, Abegondo
Teléfono: 630 069 635
Correo electrónico: casadasabellas@gmail.com
Horario: Aberto para grupos concertados,
Sábados de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.
Máis información: www.casadasabellas.com
6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO).
Centro de educación ambiental que realiza actividades con fins pedagóxicos
e culturais. O seu muíño, un dos máis grandes da zona, conéctase cun tramo
de paseo fluvial dentro do medio rural.
Enderezo: Travesía de Arteixo 309- A, Arteixo
Teléfono: 981 600 009 - 981 647 146
Correo electrónico: educacion@arteixo.org
Horario: luns a venres, de 10 a 13 h.
Máis información: www.arteixo.org
Coordenadas
43º13´21.33´´ N
8º 15´10.76´´ O
Coordenadas
43º17´59.93´´ N
8º 30´39.32´´ O
15
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO
ROMANO (CAMBRE).
Centro que forma parte da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.
Ofrece unha explicación exhaustiva non só dos restos conservados, tamén da
romanización en Galicia, co obxectivo de mostrar unha interpretación das
relacións económicas, humanas e sociais da vida na época romana.
Enderezo: Praza do Mosteiro, 1 – Cambre
Teléfono: 981 656 217 Fax: 981 675 969
Correo electrónico: museo@cambre.org
Horario: luns a venres, de 11 a 14 h. e 17 a 20 h.
Sábados e domingos, de 11 a 14 h.
Máis información: http://www.cambre.org
6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL).
Constituído por catorce muíños de auga e unha central hidroeléctrica,
pretende mostrar a beleza do seu entorno natural, moi ben preservado, así
como a súa historia.
Enderezo: Estrada N-550, Carral
Teléfono: 981 672 580 - 981 613 520
Correoelectrónico:
educacion@concellocarral.com
Horario: Aberto para grupos concertados.
Máis información: www.concellocarral.com
Coordenadas
43º17´30.90´´ N
8º 20´41.91´´ O
Coordenadas
43º11´13.59´´ N
8º 22´05.84´´ O
16
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Actividades complementarias: conecta coa Ruta de Sendeirismo PR-G 101.
Percorrido: 13 km. (3,5 horas)
Dificultade: media- baixa. Tipo de trazado: lineal e circular.
Punto de inicio/fin: Igrexa de San Estevo de Paleo/Muíño da Costa da Égoa.
6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIRÓS).
Equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga, nela
pódese aprender todo sobre a fauna e flora da cunca hidrográfica, o
funcionamento dos muíños ou os diferentes usos da auga.
Enderezo: Chelo, Coirós
Teléfono: 981 796 088
Correo electrónico: omix@coiros.es
Horario: Ata o 31 de agosto,
de martes a venres, de 10 a 13 h. e de 16 a 19 h.,
sábados e domingos de 10 a 13 h. e de 16 a 20 h.
Luns e festivos pechado.
Máis información: www.coiros.es
Actividades complementarias:
Conecta con varias rutas de sendeirismo, coa SM. 19 (Paseo Fluvial dos
Caneiros) e coa Ruta SM. 12 (Ruta do Bocelo).
Información sobre as rutas en: www.riomandeo.com
Coordenadas
43º16´24.62´´ N
8º 10´28.06´´ O
17
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO).
Centro de educación ambiental, que realiza visitas ao Xardín Botánico “Ría do
Burgo” e que leva a cabo actividades medioambientais e culturais.
Enderezo: Xardín Botánico do Burgo
Avda. Juan Carlos s/n, Culleredo
Teléfono: 981 665 597
Horario: luns a venres, de 18 a 21 h.,
Sábados de 11 a 13.30 h. e de 18 a 21 h.
Máis información: www.culleredo.es/
6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO).
Museo que recolle todos os elementos necesarios para coñecer o mundo dos
muíños de marea e o seu labor no medio rural, e introducirse nunha
experiencia chea de tradición galega.
Enderezo: Acea da Ama, O Burgo, Culleredo
Teléfono: 981 665 597
Horario: Aberto para grupos concertados
Correo electrónico: servizosmultiples@gmail.com
Máis información: www.culleredo.es
Coordenadas
43º19´10.06´´ N
8º 22´20.52´´ O
Coordenadas
43º19´07.27´´ N
8º 22´19.25´´ O
18
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO
MANDEO (CURTIS).
Centro de interpretación situado no medio do bosque, que nos ensina o máis
importante e destacado da etnografía que o rodea. Ademais, dende o centro
existe unha ruta de sendeirismo de aproximadamente dous km. ata a aldea “A
Restreva”.
Enderezo: Acceso ao paseo fluvial, Teixeiro, Curtis.
Teléfono: 981 789 589
Horario: De martes a venres, de 10 a 13 h.
De 16 a 19 h., sábados e domingos de 10 a 13 h.
Luns e festivos pechado.
Correo electrónico: centroetnografico.teixeiro@yahoo.es
6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEXO-
SERANTES (OLEIROS).
Antiga Casa do fareiro dedicada á recepción de visitantes que desexen
coñecer o Monumento Natural Costa Dexo-Serantes, chea de paisaxes con
cantis.
Alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuída en dúas salas e
dous miradoiros, un laboratorio, áreas para a proxección de audiovisuais,
ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica.
Coordenadas
43º08´14.41´´ N
8º 02´20.87´´ O
Coordenadas
43º22´59.52´´ N
8º 21´13.24´´ O
19
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Enderezo: Mera, Oleiros.
Teléfono: 981 630 618
Horario: Aberto para grupos concertados
(máis de 10 persoas).
Máis información:
www.ceida.org/costadexo/index.php/centro-de-visitantes.html
6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
Centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. Promove a
educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio
científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas
ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Enderezo: Castelo de Santa Cruz, s/n.
Teléfono: 981 630 618.
Horario: Outubro-marzo:
De luns a venres, de 9 a 14 h.
Sábados de 11 a 14 h.
Abril-Setembro:
De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h./
Sábados de 11 a 14 h.
Correo electrónico: educacion@ceida.org
Máis información: www.ceida.org
Coordenadas
43º20´54.08´´ N
8º 21´00.43´´ O
20
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO).
Complexo inmerso en plena natureza formado por unha Granxa-Escola, un zoo
de animais domésticos, un museo do queixo e unha fábrica de queixos, en
definitiva, un espazo natural no que aprender divertíndose e saboreando os
manxares autóctonos da gastronomía galega.
Enderezo: Casal de Abaixo, 2 Grixalba,
Sobrado dos Monxes
Teléfonos: 981 195 729,
650 955 265 e 650 955 260
Correo electrónico: info@casadoqueixo.com
Horario: Aberto para grupos concertados,
Luns a domingo, de 10.30 a 17 h.
Máis información: www.casadoqueixo.com
6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE).
Lugar que permite a observación de aves na Zona de Especial Conservación
“Betanzos- Mandeo”, dotado de paneis informativos didácticos para os
visitantes, e outros de tipo técnico para os expertos.
Teléfono: 981 797 001 (Concello).
Apertura permanente.
Máis información: www.riomandeo.com
Coordenadas
43º05´13.06´´ N
7º 58´21.25´´ O
Coordenadas
43º18´21.99´´ N
8º 12´36.75´´ O
21
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO).
Situado a carón do Pazo de Mariñán, onde se poden contemplar as diferentes
aves das marismas. Está dotado de binoculares de campo e paneis
informativos didácticos para os visitantes non expertos e de tipo técnico para
os expertos.
Teléfono: 981 791 252 (Concello)
Apertura permanente
Máis información: www.riomandeo.com
6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS)
Parque temático que está distribuído en diferentes áreas que contan con
numerosos elementos relativos á cultura universal (elementos naturais,
elementos ornamentais e arquitectónicos,...).
Enderezo: Rúa Fraga Iribarne, Betanzos.
Teléfono: 981 773 698
Máis información: www.betanzos.net
Coordenadas
43º18´52.50´´ N
8º 12´57.49´´ O
Coordenadas
43º16´39.61´´ N
8º 13´08.90´´ O
22
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA
7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA.
A Reserva da Biosfera adicará cada ano a unha especie emblemática,
endémica ou en perigo de extinción presente no territorio. Trátase de difundir
entre a cidadanía os valores da especie en cuestión, as súas ameazas,
distribución, así como o seu hábitat. É importante destacar que non só se trata
de sensibilizar, senón de que a sociedade participe e se involucre neste tipo de
iniciativas ambientais. Desenvolvéranse actividades e seminarios temáticos.
(Actividade coordinada co Grupo Naturalista Habitat)
Figura 4.- Cartaz sobre a Especie do Ano 2014 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
23
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE
BIOSFERA.
Data: 21 de marzo (Día da Árbore).
Actividade desenvolvida en colaboración cos
concellos integrantes da Reserva de Biosfera
“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Neste
evento, farase fincapé na plantación de árbores
autóctonas en colaboración con centros
escolares do territorio.
7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA
Data: 28 de Maio
O día 28 de maio de cada ano realízanse
diversas actividades para conmemorar a data en
que a Unesco declarou os 17 concellos que
forman parte das Mariñas Coruñesas e Terras do
Mandeo como Reserva de Biosfera.
24
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO.
Data: Última semana de setembro.
Organiza: Fundación Fragas do Mandeo e
colabora Asociación Mariñas- Betanzos.
Semana repleta de actividades xornadas,
conferencias, voluntariado ambiental, etc., co
obxectivo de sensibilizar á cidadanía e mellorar o
medio natural do territorio declarado Reserva de
Biosfera.
7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA.
Data: mes de abril.
Organiza: Grupo Naturalista Hábitat e Asociación Mariñas – Betanzos.
Competición por equipos cun experto ornitólogo á cabeza, na que a cada
equipo se lle asigna un concello dos 17 que conforman o territorio declarado
Reserva. Algúns dos obxectivos son tratar de que a sociedade coñeza dunha
maneira divertida a biodiversidade presente neste espazo natural, así coma o
fomento desta área como lugar de investigación, ademais de demostrar a gran
riqueza natural deste territorio, confirmándose como un lugar idóneo para o
turismo ornitolóxico.
Máis información: www.naturalista.blogspot.com / Tlfno. 981 135 014
25
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Figura 5.- Cartaz da I Maratón Ornitolóxica na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS.
Organiza: Grupo Naturalista Hábitat.
Actividades teórico- prácticas nas que se ensina a
escoitar, ver e identificar os distintos elementos da
biodiversidade galega. Organízase unha
actividade mensual de formación impartida por
un especialista nunha determinada área de
coñecemento, con charlas e unha saída de
campo.
Máis información: www.naturalista.blogspot.com
Tlfno. 981 135 014
26
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO.
Organiza: Red Española de Reservas de Biosfera.
Programa de Educación ambiental e recollida de datos fenolóxicos sobre
distintos cambios ocorridos nas especies autóctonas máis emblemáticas do
territorio en relación co cambio climático a nivel global.
O Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da
Biosfera consiste en realizar un seguimento continuado de especies comúns de
fauna e flora nas reservas da biosfera, co fin de analizar cambios a longo prazo
(adiantos ou retrasos) das datas nas que teñen lugar os diferentes feitos
biolóxicos que caracterizan ás especies estudadas: migracións, floracións,
reprodución, etc.
O obxectivo deste Programa é avaliar, a través de estudos fenolóxicos, os
efectos do cambió climático na Rede Española de Reservas da Biosfera,
involucrando no seu desenvolvemento aos diferentes sectores da sociedade
representados nestes espazos: xestores, profesionais, profesores, escolares,
agricultores, gandeiros e público en xeral. Fomentarase a sensibilización da
sociedade cara a reserva da biosfera e se fomentará a súa participación en
proxectos comúns.
Máis información:
http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/red-
espanola-reservas-biosfera/fenologia-cambio-climatico-reservas-biosfera.aspx
27
Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA.
Coa finalidade de achegar á comunidade escolar as vantaxes que supón
formar parte desta Reserva de Biosfera e darlle a oportunidade de tomar parte
activa dela, organízanse durante todo o ano, diversas actividades nos centros
de ensino do territorio, na procura da implicación tanto do centro educativo
como dos rapaces e rapazas, así como das súas familias.
Figura 6.- Presentación en Centros de Ensinanza do territorio.
Recommended