Estudo urbanístico baiona-tania rodríguez

Preview:

Citation preview

URBANISMOURBANISMO

Estudo dunha vila: BaionaEstudo dunha vila: Baiona..

1-PRESENTACIÓN DA VILA1-PRESENTACIÓN DA VILA

• Baiona A Real un dos centros turísticos de maior auxe da provincia de Pontevedra e en xeral, de Galicia. Atópase situada no Noroeste da Península Ibérica, concretamente no extremo suroccidental de Galicia e asimesmo da provincia de Pontevedra á que pertence administrativamente.

• Actualmente, forma parte da Comarca Metropolitana de Vigo, cidade da que dista tan só 21 Km.

• Esta vila costeira limita polo Norte co municipio de Nigrán, polo Este co de Gondomar e tanto polo Sur coma polo Oeste co de Oia.

• O conxunto municipal de Baiona conta cunha superficie de 34,26 km2, moi inferior á media de municipios de Galicia e de Pontevedra que son respectivamente de 93,97 km2 e 71,57km2.

• Está formada por un total de 5 parroquias: Baíña, Baredo, Belesar, A Ramallosa e o núcleo urbano de Baiona.

• Xeográficamente, atópase á beira da Ría de Vigo.

2-MODELO DE BAIONA2-MODELO DE BAIONA

• Dos diferentes modelos existentes en función da súa orixe, Baiona pertencería á clasificación de pobos en Istmo, de tal xeito que permite un fondeadoiro protexido por unha península cunhas primeiras construcións ao pé do mar que, co tempo, se unirán coas que vaian facendo en torno ao camiño que comunica o istmo con terra dentro. Á continuación, co análise histórico da vila profundizaremos a orixe da disposición e as súas causas.

3-ANÁLISE DO PLANO. Estudo da 3-ANÁLISE DO PLANO. Estudo da morfoloxía e a estrutura urbana.morfoloxía e a estrutura urbana.

• *Emprazamento e situación: atópase situada no Noroeste da Península Ibérica, concretamente no extremo suroccidental de Galicia e da provincia de Pontevedra á que pertence administrativamente.

• *Funcións que deron orixe: para facer referencia a este punto é importante falar da historia de Baiona.

*Breve de *Breve de historia de Baionahistoria de Baiona

• O primeiro nome que recibiu a localidade foi o de Abobriga, durante a dominación romana. Nos anos 60 o xeneral Xulio César coa intención de asaltar as Illas Cíes. A continuación tivo lugar a dominación visigoda e árabe, ata ser recuperada finalmente por Alfonso I. Máis adiante, Almanzor conquista a vila pola súa importancia estratéxica e o lugar e a súa fortaleza.

• No ano 1201 o rei Alfonso IX de León firmou nas Illas Cíes unha carta na que outorgaba a Erizana o nome de Baiona e concedía ós seus habitantes foros e privilexios para o comercio marítimo..

• No ano 1388 o británico duque de Lancaster chegou a Coruña e os ingleses toman Baiona, Compostela e Vigo. En 1474 a vila é asaltada por Pedro Madruga e será en 1493 cando Martín Alonso Pinzón chega a Baiona con noticias do descubrimento de América.

• No século XVI alcanzou un grande esplendor; era cabeza de partido xudicial e exercía o señorío dos vales da Louriña e Rosal. En 1533 unha flota francesa atracou a vila. A isto se lle sumou unha epidemia que diezmou a poboación.

• En 1585 o pirata inglés Francis Drake ó mando de 1500 homes atacou á comarca. Os homes da vila mandados polo Conde de Gondomar conseguiron expulsar ó pirata. Nos séculos XVII e XVIII foron tempos de guerra constante e Baiona era o porto máis importante do sur de Galicia.

• No século XIX Baiona perde a xurisdicción da comarca do Val Miñor. O canóns da fortaleza dispararon por última vez durante as guerras carlistas. No 1877 o marqués do Pazo da Merced compra en Subasta pública a fortaleza de Monterreal que en 1966 comeza a funcionar como Parador Nacional de Turismo.

**Servizos en Baiona.Servizos en Baiona.

• -Alumbrado• -Benestar social• -Comercio e pesca• -Cultura• -Deportes e actividades

marítimas• -Educación• -Facenda• -Igualdade de xénero• -Xuventude• -Medio Ambiente• -Medio Rural

• -Participación cidadá• -Persoal• -Relacións cos pobos irmáns.

(Pornic, Santa Fé(Granada), Palos de la Frontera, Rafael Freire(Cuba)

• -Seguridade cidadá• -Traballo• -Turismo (Baiona é un

municipio de excelencia turística que ambiciona proxectarse a nivel nacional e internacionar ao ser integrante do proxecto de Portos Atlánticos)

• -Vías e obras

ACEBA: asociación de empresarios de Baiona.

4-ANÁLISE DO PLANO4-ANÁLISE DO PLANO(máis material nos planos entregados)(máis material nos planos entregados)

**Antiga MurallaAntiga Muralla

• A función da muralla na época medieval era esencialmente para defenderse dos ataques doutros navíos e desempeñou un papel fundamental no caso da invasión do pirata inglés Francis Drake, aínda que éste finalmente conseguiu sorteala.

**Tipo de plano.Tipo de plano.

• Baiona ten un tipo de plano irregular, isto é, de aspecto anárquico, sen forma definida.

• As cidades medieváis presentan unha gran variedade de esquemas planimétricos como resultado da falta de planificación previa, é dicir que case a totalidade xurdiu como resultado do crecemiento natural e orgánico.

5-5-ANÁLISE DA TRAMAANÁLISE DA TRAMA

• A trama de Baiona varía en función de se falamos do casco antigo, o ensanche ou a periferia.

• No decreto 48/1993 do 25 de febreiro, declárase ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico o casco antigo de Baiona.

• Desde este punto de vista, a vila de Baiona pode considerarse coma un área de identidade, un territorio que pode entenderse como un fragmento coherente no seu contorno, unha vez que se saltan os seus límites, atopámonos con crecementos de alta densidade, xa sexa ao leste apoiados na Avda. de Monterreal ata chagar ó Burgo ou cara ó Oeste a partir de Carabela la Pinta. Cara o sur o crecemento ten sido menos denso, cambiándose o modelo de vivenda colectiva en cuarteirón pechado, pola vivenda unifamiliar acoroada en banda. Este cerco preciso e rotundo en torno o CHA, convérteo nun Área Homoxénea Única, aínda que podan sinalarse diferencias, basicamente no que se refire ao mantemento da poboación e actividade tradicional.

• Nesta área, a edificación é moi compacta, trátase de cuarteiróns pechados sen patios, nin hortas, só pequenos patios de parcela dan luz en algún caso, a un parcelario longo e estreito ocupado ao 100%. Esta situación só cambia nas zonas de bordo cara o Sur, onde o casco se entregaba ao campo ou en algunhas das grandes propiedades como a Casa de Ceta, a de Correa ou Carvajal, o Hospital ou o Convento. Polo tanto, os espacios libres son mínimos; por outra banda, a calidade homoxénea da arquitectura é bastante austera. Sendo o tecido urbano un dos elementos fundamentais de calquera ámbito urbano, neste caso nos atopamos cun área moi coherente con un parcelario e tipoloxía unidos solidariamente e con moi escasas variacións das edificacións.

O elemento máis relevante e que caracteriza en maior medida ao Conxunto é a rede viaria, reducida dada a propia dimensión do casco pero definitiva na lectura do mesmo. Por unha parte, está o fronte marítimo, centro de actividade e conexión co exterior de Baiona. Preséntase como un bordo no que se concentra o carácter representativo do CHA coa arquitectura máis formal e o paseo marítimo, co comercio e o paseo como reclamo da animación que ten feito a Baiona popular.

• A auténtica estrutura como eixos de formación e crecemento da vila son as rúas de Ventura Misa e rúa Conde - San Lorenzo, dous eixos converxentes en Fonte de Ceta, un lugar de reunión ata tempos recentes dada a presencia da fonte e a auga potable, o primeiro eixo iníciase na fachada principal do Convento, referente dende o século XVI, e o segundo na outra fonte na que tamén se forma outra praciña, o que confirma a importancia da auga na vida urbana.

• Configúrase así unha estrutura lineal de crecemento Leste-Oeste aproveitando as mellores condicións do terreo e de orientación e preoxección do núcleo, facendo recoñecible a súa vinculación co mar. Os resto dos viais, transversais e de curto recorrido, só teñen por obxecto facilitar a conexión transversal e o que é máis importante a parcelación e por tanto o acceso a edificación que sustentan.

• O segundo elemento a analizar en calquera estudo da estrutura urbana son os espazos libres de uso público. Como xa se ven comentando, éstes están escasamente representados en Baiona xa que só son pequenos ensanchamentos na trama urbana sen capacidade para ser referentes do crecemento ou apoio de edificación.

• No que se refire ao tercer elemento, os equipamentos dada a súa escasa presenza no núcleo teñen unha moi pequena incidencia na estruturación do mesmo, excepción feita do relixioso, centrado así o do convento-Sta.Liberata-Colexiata acompañado do Hospital do Sancti Spiritu, a igrexa de San Xoán, centro do barrio da Laxe e a misericordia como referente da zona máis baixa.

4- AS RÚAS4- AS RÚAS

• As rúas son na súa meirande parte laberínticas e cunha anchura que varía; no caso antigo adoitan ser de entre 2 e 3m namentres que nas zonas do paseo marítimo e a perfieria, superan a meirande parte das veces os 5m de ancho.

CASCO ANTIGOCASCO ANTIGO

ZONAS MÁIS PERIFÉRICASZONAS MÁIS PERIFÉRICAS

PASEO MARÍTIMOPASEO MARÍTIMO

PavimentoPavimento

• Moi variable: cemento, pizarra, pedra…

Estado das rúas e do mobiliarioEstado das rúas e do mobiliario

• Aínda que cada vez son maiores as obras públicas destinadas a mellorar as características do mobiliario e das rúas, existen certas zonas que están altamente deterioradas. Tamén é salientable a suciedade nalgunhas zonas, especialmente referido aos excrementos dos cans que afecta en gran medida ao Casco Antigo.

**Nomes das rúas.Nomes das rúas.

• En xeral, asociadas a topónimos, isto é, nomes de lugares ou personaxes importantes.

5-EDIFICACIÓNS5-EDIFICACIÓNS

• En xeral as edificacións están seguidas, predominantemente no Casco Antigo e máis esparcidas a medida que avanzamos cara a periferia. No que respecta altura poden ser de Baixo +1; Baixo +2; Baixo +3… ata Baixo + 6. Tamén aparecen progresivamente novas urbanizacións e altos edificios nas aforas.

• (*) Ver anexo do proxecto de rehabilitación dunha vivenda no Casco Antigo para máis información.

• A textura: o material máis habitual é a pedra e para as ventás, balcóns e galerías varía: aluminio, madeira, forxa…

• Os cores predominantes son o gris, o marrón (claro e escuro) o verde ou o branco.

6-USO COMÚN DOS BAIXOS.6-USO COMÚN DOS BAIXOS.

• COMERCIAL.

VALORACIÓNVALORACIÓN

• Un dos aspectos que me gustaría tratar antes de rematar referido á vila de Baiona é a progresiva penetración do pobo no mar, con claras consecuencias como a perda lenta pero constante de moitas praias, así coma a contaminación paisaxística que isto produce. É importante que os cidadáns sexan conscientes deste aspecto para evitar os conseguintes problemas e para preservar na medida do posible as raíces mariñeiras de Baiona.

• (*) Ver anexo de fotografías de Baiona antigamente para facer a comparativa.

FONTES CONSULTADASFONTES CONSULTADAS

• Planos do concello: arquitecto e aparellador do Departamento de Urbanismo.

• Proxectos prestados pola asociación de veciños do Casco Histórico. (CA.HI.BA.)

• Baiona.org• Wikipedia• Imaxes do Faro de Vigo.• Fotografías: elaboración propia.

Traballo realizado porTraballo realizado por::

TANIA RODRÍGUEZ BRAGATANIA RODRÍGUEZ BRAGA

2ºA BACHARELATO2ºA BACHARELATO