View
228
Download
5
Category
Preview:
DESCRIPTION
Resumo da exposicion a chinoteca
Citation preview
A CHINOTECA
Hoxe dicímoslle adeus a unha exposición que estivo no
centro desde o día 18 deste mes de novembro:
“ A CHINOTECA”
Unha aportación da Asociación Cultural Qu Yuan
(ACEQUYUAN) a quen lle temos que agradecer o
préstamo dos seus libros. Así mesmo, agradecerlles
tamén a aquelas persoas, pais, nais e compañeiras e
compañeiros do centro, que aportaron o seu grao de
area para facer realidade este proxecto.
Libros, xornais, parasoles, papaventos, algo de roupa,
sombreiros, unha escultura en xade, monecas e un oso
panda, un pergamino, música e algunhas cousas máis
foron expostas na nosa querida biblioteca. Visitada por
todo o alumnado do centro e cantas familias quixeron
acudir, acercounos un pouco á cultura en China, o seu
idioma, aos seus contos...
Pero tamén nos acercou ao mundo da adopción, da
tolerancia, da diversidade, do respecto á diferencia.
Valores que hoxe, máis ca nunca, debemos cultivar.
Un primeiro paso que, esperamos, poda ter
continuidade en próximos cursos.
Recommended