Exposicion dia do libro

Preview:

DESCRIPTION

carta as familias

Citation preview

Prezadas familias:

Xa é na escola da Doblada e andamos quentando

motores para celebrar o 2 de abril2 de abril2 de abril2 de abril con certo retraso, dez días despois.

Se o vermello foi a cor do ano pasado, este ano impoñeremos o

gris-pardo de rato.

Os ratos son criaturas de conto:

heroes, ás veces; cómplices dos

protagonistas, outras; cando non,

necesaria comparsa. Ademais a nosa

mascota é tamen un rato e o Rato

Pérez iluminou algunha noite da nosa

infancia… e xa que traballamos a

“interculturalidade” imos averiguar que pasa cos dentes cando nos

caen noutros países, noutras culturas máis alén dos mares…

Pero a vós, pedirvos que traiades algo relacionado cos ratos;

máscaras, disfraces, gorras, peluxes,

bigotes, xoguetes, recortabeis, orellas,

rateiras, ditos, dentes, refráns, contos,

pegadas, cancións, anuncios, bonecos,

películas, debuxos, poemas, rabos… e…

sobre todo emoción emoción emoción emoción gris-parda, esa que se

agocha na gorxa cando nos contan un

conto.

O Equipo de Biblioteca

Recommended