View
230
Download
0
Category
Preview:
DESCRIPTION
Traballo Producción
Citation preview
VIVEIROS FRANCO: SECCIÓN ORNAMENTAL
Autor: Fernando García Blanco
Viveiros Franco: sección ornamental
- 2 -
ÍNDICE
1- INTRODUCCIÓN E OBXECTIVOS 3
2- DESCRICIÓN XERAL
3
2.1- Situación e localización 3
2.2- Historia 3
2.3- Tipo de viveiro 4
2.4- Dimensións e distribución 4
3- PRODUCCIÓN
6
3.1- Esquemas de producción 6
3.2- Sistemas de rega 8
3.3- Tipos de sustratos e abonos 10
3.4- Material e medios de producción 11
4- COMERCIALIZACIÓN
17
4.1- Tipos de venta 17
4.2- Tipos de planta 17
4.3- Topiaria 19
4.4- Catálogo de prezos e productos 19
Viveiros Franco: sección ornamental
- 3 -
1- INTRODUCCIÓN E OBXECTIVOS
- Este traballo constitúe a segunda parte da publicación “Viveros Franco: sección
forestal” (Autor: Andrés García Pérez) Polo tanto, realízase para complementalos datos
sobre o citado viveiro, centrándose exclusivamente na sección ornamental.
- Todos aqueles apartados que xa foron tratados no estudio da sección forestal, están
descritos brevemente e simplemente para situarnos en contexto. Deste xeito, o
obxectivo principal deste proxecto será dar a coñecer os aspectos relacionados coa
producción e comercialización dos productos ornamentais.
2- DESCRICIÓN XERAL
2.1- Situación e localización
Lugar
A Cabana S/N
Parroquia
A Graña
Concello
Abadín
Provincia
Lugo
2.2- Historia
- Este é un viveiro de privado e foi creado na década dos 80 pola familia do actual
propietario. Nun primeiro momento adicouse á producción de pino a raíz núa e
posteriormente a outras especies forestais.
- A sección ornamental non comezou ata mediados dos 90 e na actualidade este tipo de
plantas representan unha parte moi importante dentro da actividade global do viveiro.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 4 -
2.3- Tipo de viveiro
- Producción – Comercialización.
- Prodúcense a maioría das especies ornamentais salvo algunhas excepcións.
2.4- Dimensións e distribución
- O conxunto das fincas que forman parte do viveiro alcanza unha superficie total
próxima ás 30 ha.
- Soamente 4 ha pertencen á finca principal obxecto de estudio e dentro dela podemos
facer a seguinte distribución aproximada:
Instalacións e parcelas Superficie (m2) Superficie (%)
1-Oficina e recepción 50 0.13
2-Almacén maquinaria e suministros 100 0.25
3-Invernadoiro 150 0.38
4-Tanque de auga 16 0.04
5-Planta forestal contedor 5000 12.5
6-Plantación e aviveirado* 3000 7.50
7-Planta ornamental en maceta* 4500 11.25
8-Árbores e arbustos ornamentais* 13000 32.50
9-Terrazas árbores e arbustos en maceta* 5500 13.75
10-Zona producción planta en solo 7000 17.50
11-Outros: accesos, almacenamento, etc. 1684 4.21
*As parcelas 6-7-8 e 9 están adicadas á producción ornamental e abranguen
aproximadamente 26000 m2, o que supón un 65 % da superficie total da finca.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 5 -
Parcela 6: Plantación e aviveirado
Parcela 7: Planta ornamental en maceta Parcela 8: Árbores e arbustos ornamentais
Parcela 9: Terrazas árbores e arbustos en maceta
Viveiros Franco: sección ornamental
- 6 -
3- PRODUCCIÓN
3.1- Esquemas de producción
-O sistema de cultivo a seguir depende da especie e do tipo de producto final que queren
obter, pero en xeral realizan dous ciclos productivos básicos.
Ciclo productivo para obtención de plantas de tamaño medio en envase:
1º- Esgallado de plantas nai e plantación en bandexas
2º- Transplante a maceta definitiva
3º- Formación e engorde
-Este proceso é habitual para escalonia, photinia, tuia, loureiro, etc.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 7 -
Ciclo productivo para obtención de plantas en contedor ou con cepellón:
1º- Esgallado de plantas nai e plantación en bandexas ou producción en morteiros
2º- Transplante a terra
3º- Transplante a contedores ou continuación do cultivo en terra
4º- Formación e engorde
-Normalmente seguen este procedemento para as árbores ou arbustos.
*Nota: debemos aclarar que a primeira fase de multiplicación das plantas (esgallado,
plantación,…) así como algunhas tarefas de producción e mantemento (enxertado,
tallas de formación, poda, repicado,...) realízanse na súa maior parte nas outras fincas
do viveiro distintas ás da finca principal e non tivemos a posibilidade de acceder a elas.
O mesmo sucede coa producción de planta ornamental a raíz núa.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 8 -
3.2- Sistemas de rega
- As instalacións de rega están formados por distintos elementos:
Depósito de auga de dimensións 4 x 4 x 2 m (capacidade 32 m3)
Bomba de auga e sistema automatizado con electroválvulas
Viveiros Franco: sección ornamental
- 9 -
Rede de tuberías de polietileno de distintos diámetros según sectores.
Aspersores elevados (para plantas de tamaño medio en maceta)
Viveiros Franco: sección ornamental
- 10 -
Goteiros con lanza (para árbores e arbustos en contedor)
3.3- Tipos de sustratos e abonos
- Como sustrato principal para as macetas e contedores emprégase corteza de pino e
turba rubia (Ex.Mikskaar)
- Empregan abonos minerais de liberación lenta (Ex.Osmocote) ou en ocasións
compostos orgánicos ecolóxicos ( Ex.Siro-Equídeo)
*Debemos destacar que a pesar de dispor
dunhas instalacións de rega por todas as
parcelas, non se emprega a fertirrega.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 11 -
3.4- Material e medios de producción
Invernadoiro
- Existe un invernadoiro tipo túnel de plástico flexible, con estructura metálica.
* Emprégase básicamente para almacenar os productos en envase ou cepellón que xa
están listas para a venda. Por iso, no seu interior solo atopamos elementos de protección
e mantemento: malla de sombreo, malla antiherbas, sistema de rega automatizado por
aspersión, etc.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 12 -
Titores
- Dependendo do tipo e tamaño das plantas, encontramos diferentes xeitos e elementos
para realizalo entitorado. Nuns casos simplemente consisten en varas de madeira,
noutras son estructuras metálicas e a veces unha mezcla de ambas.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 13 -
Ferramentas
- Ferramentas de uso habitual nun viveiro: legóns, aixadas, palas xardineiras, etc.
* Atopámolas nun almacén próximo ás parcelas, para que estean facilmente dispoñibles.
Apeiros
-Algúns dos empregados para a preparación do terreo: arados, fresadora, etc.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 14 -
Elementos para a prepación da planta en envase
suministradora de sustratos móbil enmacetadora
Elementos para o movemento das plantas dentro do viveiro
remolque bandexas caixóns
Viveiros Franco: sección ornamental
- 15 -
Maquinaria
repicadora
toro mecánico
tractor con fresadora
tractor con elevador
todoterreo
furgoneta e camión
Viveiros Franco: sección ornamental
- 16 -
Instalacións
oficina, almacén, aseos, etc...
Medios humanos
- O equipo de traballo está formado por 7 traballadores fixos e na época de máxima
carga de traballo pode aumentar en 2 ou 3 empregados eventuais.
*Desenvolven as seguintes funcións: xefe e encargado (o propietario), administración,
facturación-cobro e tarefas de mantemento e producción (habitualmente son realizadas
por 4 persoas e reforzadas polos traballadores eventuais)
Viveiros Franco: sección ornamental
- 17 -
4- COMERCIALIZACIÓN
4.1- Tipos de venta
- A maioría das ventas realízanse de forma directa na propia finca principal ou nas
feiras e mercados que se realizan ó longo da xeografía galega (sobre todo na provincia
de Lugo) Esto fai que a marxe de beneficios sexa moito maior.
- Moitos dos clientes son particulares, pero tamén hai un gran número de ventas a outros
viveiros e maioristas.
4.2- Tipos de planta
En envase
-Este é o procedemento onde existe maior variedade de productos en función do tipo e
tamaño do envase: bandexas de alvéolos, pequenas macetas e grandes contedores. O
proceso de preparación xa se realiza durante a producción da planta, aínda que cando se
produce a planta na terra temos que proceder ó arrincado coa repicadora.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 18 -
Con cepellón
-Este método soe empregarse para árbores e arbustos de gran tamaño. No momento de
arrincala planta xa se lle realiza un repicado e a continuación deposítase xunto coa terra
nun saco tipo rafia e átase mediante unha malla se aramio dulce. Finalmente procédese
ó atado das pólas dende a base ata o ápice mediante un cordel.
-Este sistema é moi cómodo porque permite a plantación directa xa que tanto o saco
como o aramio son biodegradables. Ademais, para o seu transporte precisa moito menos
espacio que en envase.
A raíz núa
*Como xa dixemos en apartados anteriores, todo o relacionado coa producción
ornamental a raíz núa lévase a cabo noutras parcelas distintas á finca principal. Sen
embargo podemos dicir que non se debe realizar con plantas de excesivo tamaño e que
debemos realizar o arrancado xusto antes da plantación (máximo sobre 48 horas) ou en
caso contrario proceder ó aviveirado das mesmas.
Viveiros Franco: sección ornamental
- 19 -
4.3- Topiaria
-Simplemente destacar que existe unha gran variedade de plantas con figuras e formas
moi chamativas
4.4- Catálogo de prezos e productos
* Ver ANEXO no blog do IES de Arzúa.
Recommended