Hospital Lucus Augusti , 7-8 de junio de 2013

Preview:

DESCRIPTION

INMUNODEFICIENCIA COMÚN VARIABLE: CARACTERÍSTICAS DOS PACIENTES EN SEGUEMENTO NUNHA CONSULTA ESPECIALIZADA DE MEDICINA INTERNA. Caínzos Romero T, Sánchez Trigo S, Mariño Callejo A, Lijó Carballeda C, García Alén D, Gómez Buela I, Vilariño Maneiro L, Sardina Ferreiro R, Sesma Sánchez P. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

INMUNODEFICIENCIA COMÚN VARIABLE: CARACTERÍSTICAS DOS

PACIENTES EN SEGUEMENTO NUNHA CONSULTA ESPECIALIZADA

DE MEDICINA INTERNA

Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013

Caínzos Romero T, Sánchez Trigo S, Mariño Callejo A, Lijó Carballeda C, García Alén D, Gómez Buela I, Vilariño Maneiro L, Sardina Ferreiro R, Sesma

Sánchez P.Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

INTRODUCCIÓN

OBXECTIVOS

MATERIAL E MÉTODOS

A Inmunodeficiencia Común Variable (ICV) describe un grupo heteroxéneo de patoloxías que se manifesta fundamentalmente pola presenza de infeccións recurrentes, sobre todo pulmonares e/ou gastrointestinais e que ademáis se pode asociar a outras enfermidades. Desde febreiro de 2012 o servizo de Medicina Interna puxo en marcha unha consulta protocolizada para o diagnóstico, seguemento e tratamento destes pacientes.

Presentamos as características clínicas e epidemiolóxicas dunha serie de pacientes diagnosticados de ICV e en seguemento nunha consulta protocolizada de Medicina Interna.

Revisamos as historias clínicas dos pacientes diagnosticados de ICV en seguemento nunha consulta especializada de Medicina Interna desde febreiro de 2012 ata marzo de 2013.

RESULTADOS (1)

Total de casos: 16 (prevalencia = 7,6 casos/100000 habitantes)

50% mulleres

Idade media: 58,25 anos (rango: 34-76)

RESULTADOS (2)

Das manifestacións clínicas crónicas de tipo respiratorio, as máis frecuentes foron as bronquiectasias (43,8%).

Das patoloxías autoinmunes asociadas, as máis frecuentes foron o hipotiroidismo (12,5%) e a anemia perniciosa (12,5%).

RESULTADOS (3)

Tratamento

50% reciben Inmunoglobulina intraveosa

12,5% (2 pacientes) tiveron reaccións adversas (un deles, reacción anafiláctica con anticorpos anti-IgA positivos)

Mortalidade

12,5% (2 pacientes): adenocarcinoma gástrico avanzado e shock séptico

CONCLUSIÓNS

Os pacientes con ICV presentan unha importante variedade de complicacións infecciosas, respiratorias, dixestivas, autoinmunes e neoplásicas.

A infección respiratoria é a manifestación clínica inicial máis frecuente nos nosos pacientes.

Un manexo protocolizado e especializado permite realizar un diagnóstico precoz das complicacións e optimizar o seguemento e o tratamento.

Recommended