View
3
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2013 - 2017
Concello de Toén
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
1
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Toén 2013 -2017
Coordinación: Concello de Toén
Elaboración: Armela, Xestión de Servizos Sociais e Educativos
Agradecementos: A todas as persoas que participaron na elaboración deste plan
Este Plan foi co- financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
2
PRESENTACIÓN
Mailos grandes avances acadados no eido da igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes, realidades como a desequilibrada distribución das tarefas
domésticas e de coidado, a discriminación laboral por razón de xénero, a exclusión das
mulleres dos órganos de poder ou a violencia de xénero – entre outros moitos
exemplos - amosan que as mulleres continúan a experimentar a desvalorización, a
discriminación e a violencia en graos diversos ao longo da súa vida.
Podemos afirmar que estamos ante un fenómeno universal, xa que as
desigualdades entre mulleres e homes atópanse en todas as culturas e espazos
xeográficos, se ben este adquire particularidades específicas segundo o contexto
económico e sociocultural de referencia. O Concello de Toén - concello rural situado na
provincia de Ourense - coincide coas características estruturais do medio rural galego,
caracterizado por unha forte dispersión do hábitat, o cal, unido ao feito da constante
perda poboacional do rural, implica unha precarización na cobertura dos servizos e
recursos ofrecidos á comunidade, déficit que acusan especialmente as mulleres ao
seren elas as que máis frecuentemente fan uso dos mesmos. A este illamento hai que
engadir, ademais, a dificultade que supón a necesidade de trasladarse aos núcleos de
poboación maiores nos que se ofrecen eses servizos cando as mulleres carecen de
medios de transporte públicos ou persoais, algo que é bastante habitual,
especialmente entre o elevado número de mulleres na terceira e cuarta idade
existente no eido rural. Por outra banda, atendendo ao contexto sociocultural, se ben
no rural producíronse grandes cambios sociais, a permanencia duns roles de xénero
que constriñen culturalmente á muller no seu vínculo co espazo doméstico e privado
as mantén afastadas da plena participación na vida económica, política e social da
comunidade.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
3
Tendo en conta estes factores, dende o Concello de Toén cremos necesaria a
adopción de medidas que garantan a equidade entre mulleres e homes e contribúan á
erradicación das discriminacións por razón de xénero aínda existentes na nosa
comunidade, aplicando políticas de igualdade que atendan ás especificidades do
ámbito no que actúan. Neste sentido, no contexto local os concellos configúranse
como potenciais axentes de cambio social que poden contribuír activamente á
promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, sempre en
coordinación coas políticas supralocais. Na procura destes obxectivos, o Concello de
Toén quere dar continuidade ao seu compromiso municipal co fomento da igualdade e
responder aos novos retos xa plantexados na avaliación do I Plan para a Promoción da
Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do noso concello. Para elo,
propoñémonos na actualidade poñer en marcha un segundo plan que atenda
especialmente ás necesidades sentidas e vividas polas mulleres, pero sen esquecer a
importancia daqueles intereses estratéxicos para derribar as condicións estruturais
que perpetúan a existencia de desequilibrios entre mulleres e homes.
Agradecer, por último, a implicación de todos os axentes políticos, económicos e
sociais que colaboraron na elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de
Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Toén, invitándoos de novo a
participar neste proxecto que agora iniciamos.
Amancio Cid Pérez
Alcalde de Toén
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
4
INDICE
1. Marco normativo ……………………………………………………………………………………………………… 5
2. Proceso metodolóxico para a elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de
Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Toén ………………………………….. 7
3. O contexto socioeconómico do Concello de Toén. Resultados da diagnose previa
realizada …………………………………………………………………………………………………………………… 9
4. Áreas de actuación do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre
Mulleres e Homes do Concello de Toén ………………………………………………….....…………… 45
5. Seguimento e avaliación do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades
entre Mulleres e Homes do Concello de Toén …………………………………......………………… 54
6. Glosario de termos ……………………………………………………………………………….......…………… 57
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
5
1. MARCO NORMATIVO
...............................................................................................................................................................
A elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e
Homes 2013 – 2017 do Concello de Toén enmárcase nas lexislacións, directivas e recomendacións
emitidas en materia de igualdade por organismos internacionais, europeos, estatais e autonómicos,
asumindo como principios inspiradores a equidade e a transversalidade de xénero e como principios
metodolóxicos a participación e o consenso da cidadanía.
Entre os diversos documentos de referencia no eido da igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes, podemos destacar os seguintes:
No marco internacional:
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, do ano 1948.
A Convención das Nacións Unidas para a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller (CEDAW), aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1979, que impón aos Estados a responsabilidade de garantir a protección do dereito á igualdade.
A IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres, de Beijing (China), no ano 1995, na que se plantexa a necesidade de integrar a perspectiva de xénero en todas as políticas nacionais.
No marco europeo:
O Tratado de Lisboa, aprobado polo Consello Europeo en 2009, no que se afirma o principio de igualdade de xénero e refírense as políticas da Unión Europea neste ámbito.
Directiva europea 2006/54, relativa á aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre mulleres e homes en asuntos de emprego e ocupación.
Informe da Comisión ao Consello, ao Parlamento Europeo, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións, de 2010, sobre a igualdade entre mulleres e homes.
Carta Europea para a igualdade entre mulleres e homes na vida local.
Resolución do Parlamento Europeo, de 12 de marzo de 2008, sobre a situación da muller nas zonas rurais da Unión Europea (2007/2117(INI)).
A Estratexia Marco Comunitaria sobre igualdade entre mulleres e homes, Plan de traballo para a igualdade entre mulleres e homes 2010 – 2015.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
6
No marco estatal:
Artigos 14 e 9.2 da Constitución Española, nos que se proclama o dereito á igualdade e a non discriminación por razón de sexo e se consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade sexan reais e efectivas, respectivamente.
Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.
Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Lei39/2006, de 14 de decembro, de promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2013 -2016
No marco autonómico galego:
Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
Lei 2/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.
VI Plan Galego para a Igualdade entre Mulleres e Homes. Estratexia 2013 – 2015
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
7
2. PROCESO METODOLÓXICO DE ELABORACIÓN DO II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE TOÉN
...............................................................................................................................................................
A elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e
Homes 2013 – 2017 partiu dos principios metodolóxicos da investigación - acción participante, tratando
de xerar un proceso de intercambio e construción colectiva de ideas para provocar procesos de cambio.
Na práctica, a adopción deste posicionamento metodolóxico implicou as seguintes premisas de traballo:
- O equipo coordinador ten presente a importancia do recoñecemento dos coñecementos que a
cidadanía ten da realidade local: son os propios suxeitos implicados no contexto de
intervención os que coas súas achegas apuntan a dirección dos cambios e ás estratexias de
intervención.
- O elaboración do PIO ten un carácter fundamentalmente participativo, sendo polo tanto un
proceso de carácter colectivo no que interveñen tanto homes coma mulleres, aínda que
tomando especial relevancia a participación destas últimas.
- Pártese de estratexias horizontais de comunicación, posibilitando a retroalimentación nos
procesos de reflexión e de toma da decisións.
- Traballa en rede cos diferentes recursos e axentes sociais do territorio, articulando diferentes
niveis organizativos e institucionais para integrar actores, procesos e procedementos.
De cara a facilitar esta metodoloxía de traballo, contouse coa participación de enlaces orgánicos
(persoas con capacidade para tomar decisións nos organismos públicos do territorio) e enlaces
periféricos (persoal técnico e profesionais con responsabilidades no ámbito socioeconómico, xunto coas
persoas que conforman o tecido asociativo, educativo e social). As técnicas empregadas para a recollida
da información foron a entrevista semiestructurada e os grupos de debate. Así mesmo, de xeito máis
xeral, invitouse a participar na elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades
entre Mulleres e Homes ás veciñas e veciños do territorio, plasmando as súas achegas a través da páxina
web do Concello.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
8
De forma esquemática, a elaboración do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades
entre Mulleres e Homes 2013 – 2017 seguiu as seguintes fases de traballo:
FASE
PREPARATORIA:
IDENTIFICAR ÁS PERSOAS
IMPLICADAS NO DESEÑO,
REDACCIÓN E IMPLANTACIÓN DO
PIO
FASE 1:
INVESTIGACIÓN E
DIAGNOSE
DETECTAR AS DESIGUALDADES
EXISTENTES NO CONCELLO E AS
SÚAS CAUSAS COMO FÓRMULA
PARA DETERMINAR AS ÁREAS DE
ACTUACIÓN NO FUTURO
FASE 2:
PRIORIZACIÓN E
PLANIFICACIÓN
PRIORIZAR PROBLEMAS,
ESTABLECER OBXECTIVOS E
DECIDIR AS ACTUACIÓNS QUE SE
VAN DESENVOLVER
FASE 3:
PREVISIÓN DO
SEGUIMENTO E
AVALIACIÓN
DEFINIR OS MECANISMOS PARA
CONTROLAR A IMPLEMENTACIÓN
DO PIO E DETERMINAR A SÚA
EFICACIA, EFICIENCIA E
DURABILIDADE NO TEMPO
FASE FINAL:
REDACCIÓN E
APROBACIÓN
FASES OBXECTIVO
PLASMAR O PIO NUN DOCUMENTO
ESCRITO COMO MARCO DE
REFERENCIA PARA AS POLÍTICAS
DE IGUALDADE DA
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL NOS
VINDEIROS CATRO ANOS
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
9
3. O CONTEXTO SOCIOECONÓMICO DO CONCELLO DE TOÉN. RESULTADOS DA DIAGNOSE PREVIA REALIZADA
..............................................................................................................................................................
3.1. PROCESO METODOLÓXICO PARA A REALIZACIÓN DA DIAGNOSE
Para investigar o estado actual da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no
Concello de Toén e coñecer o contexto real do que parte o PIO, realizouse inicialmente unha
investigación de carácter cuantitativo e cualitativo. Recolleuse información desagregada por sexo sobre
a realidade social de mulleres e homes no Concello de Toén, empregando para elo o método das 3R´s:
PRIMEIRA R - REPRESENTACIÓN: mapa cuantitativo da representación de mulleres e homes na
comunidade.
SEGUNDA R - RECURSOS: mapa cuantitativo da distribución e uso dos recursos da comunidade
(tempo, espazo, poder político, educación, emprego, servizos de asistencia sanitaria, servizos
sociais, transporte, etc.)
TERCEIRA R – REALIDADE: análise cualitativa para determinar a existencia de valores e/ou
normas na cultura que fomentan a permanencia de desigualdades entre mulleres e homes.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
10
Para a recollida de datos acudiuse ás seguintes FONTES:
ÁREAS DE ANÁLISE FONTES TÉCNICAS
DEMOGRAFÍA
TRABALLO E EMPREGO
USOS DO TEMPO
EDUCACIÓN E FORMACIÓN
CULTURA E DEPORTE
PRIMARIAS
Cidadanía
Persoal técnico e político do territorio
Organizacións sociais da localidade
Centros de ensino
Centros de saúde
Centros sociais e culturais
GRUPOS DE TRABALLO
ENTREVISTAS PERSOAIS SEMIESTRUCTURADAS
OBSERVACIÓN PARTICIPANTE
BUZÓN DE SUXERENCIAS ELECTRÓNICO MUNICIPAL
SAÚDE E BENESTAR SOCIAL
POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL
VIOLENCIA DE XÉNERO
PARTICIPACIÓN SOCIAL
SECUNDARIAS
Estatísticas
Normas lexislativas
Libros e revistas especializadas
Información do Concello
Memorias de actividades do Concello
I PIO Concello de Toén
LECTURA SELECTIVA E ANÁLISE
Os resultados da diagnose previa realizada reflíctense a continuación segundo as áreas de análise
investigadas.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
11
3.2. DEMOGRAFÍA E POBOACIÓN
O Concello de Toén sitúase a 12 km da cidade de Ourense, ocupando unha superficie de 58,3
km², cunha poboación total de 2.567 habitantes agrupados en 20 núcleos de poboación e 8 parroquias:
Toén, Moreiras, Mugares, Alongos, Xestosa, Puga, Feá e Trelle. O municipio limita con Ourense e Cenlle
ao norte, con Cartelle ao sur, con Barbadás ao este e con Castrelo de Miño ao leste. Alcanza unha
densidade poboacional de 44,03 habitantes por km², cumprindo así con dúas das características
habituais do medio rural galego: alta dispersión xeográfica e baixa densidade poboacional. Estes
factores incrementan as dificultades para xerar un entorno favorable para o desenvolvemento e
atracción de novas actividades, para rentabilizar redes e recursos e para incrementar a cohesión social,
o que podería influír ao tempo na progresiva perda poboacional do territorio. Sinalar, nembargante,
que a proximidade do Concello de Toén coa cidade de Ourense, facilita que os seus habitantes atopen
no núcleo urbano moitos dos recursos e servizos dos que carecen no seu lugar de residencia,
amortecendo así o seu descenso poboacional.
Neste sentido, no referido á evolución da poboación no noso territorio, cabe sinalar que esta
mantívose estable nos últimos 10 anos, amosando un leve incremento (pasou de 2.507 habitantes en
2002 a 2.550 habitantes en 2012). A pesares deses datos, no ano 2012 o Concello de Toén presentaba
un saldo vexetativo negativo de -29 habitantes, tal e como se recolle na seguinte táboa sobre o
movemento natural da poboación:
TOTAL HOMES MULLERES
Nacementos
9 4 5
Defuncións
38 15 23
Saldo vexetativo
-29
FONTE: IGE – INE (2012)
É previsible que, de non cambiar as condicións estruturais do territorio, este continúe a perder
progresivamente poboación nos vindeiros anos, dada a baixa taxa de natalidade (2,7‰ no ano 2011) e o
alto número de poboación na terceira e cuarta idade con respecto á poboación de menor idade, cun alto
índice de envellecemento (350,4% no ano 2012).
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
12
A esta falta de relevo xeracional hai que engadir un saldo migratorio negativo,
fundamentalmente a partires do ano 2010 a causa da crise económica, a cal provocou un lixeiro
incremento da emigración interna – principalmente a outras localidades dentro da mesma provincia - e
un decrecemento da inmigración externa. Neste sentido, tanto nas entrevistas realizadas como nos
grupos focais de debate apuntouse á reanimación da actividade económica, así como á mellora das
conexións coa capital, como estratexias para frear a perda poboacional do Concello de Toén.
A evolución do saldo migratorio do territorio reflíctese no gráfico presentado a continuación, no
cal obsérvase claramente o cambio de signo en dito saldo nos últimos anos:
-30
-20
-10
0
10
20
30
40
50
2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
SALDO MIGRATORIO
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO IGE (2012)
En calquera caso – e tendo en conta os datos do ano 2012 reflectidos na seguinte táboa, en nº de
persoas - cabe sinalar que o Concello de Toén non se caracteriza por unha alta acollida de persoas
inmigrantes, dado que estas representan unha porcentaxe baixa de poboación, tratándose polo xeral de
suxeitos que se trasladan a vivir a esta localidade procedentes da mesma provincia de Ourense, sendo o
caso da poboación estranxeira pouco representativo (supoñen 134 habitantes dunha poboación total de
2.567).
INMIGRACIÓN TOTAL
RECIBIDA
INMIGRACIÓN
INTERNA
DA MESMA
PROVINCIA
DOUTRA
PROVINCIA DE
GALICIA
INMIGRACIÓN
EXTERNA
DOUTRA CC.AA. DO
ESTRANXEIRO
98
65 53 12 33 17 16
FONTE: INE. (2012)
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
13
Tendo en conta a distribución da poboación segundo sexo e idade – variables fundamentais
dende a perspectiva de xénero - a poboación do Concello de Toén repártese segundo se expresa no
seguinte gráfico:
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
POBOACIÓN TOTAL de 0 a 15 anos de 16 a 64 anos de 65 e máis anos
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO IGE (2012)
Como se pode observar, o grupo de idade que aglutina á meirande parte da poboación é o de 16
a 64 anos – no que os homes son maioría - seguido do de maiores de 65 anos, grupo no que - debido á
maior esperanza de vida das mulleres (unha media de vida de 6,80 anos máis que os homes, segundo os
datos do IGE do ano 2011) - a tendencia invértese, sendo maioría o grupo das mulleres. Mantendo unha
gran diferenza con respecto a eses grupos de idade, atópanse as persoas entre os 0 e os 15 anos, grupo
claramente minoritario no territorio. Estes datos amosan o envellecemento e a falta de relevo
xeracional xa mencionado con anterioridade, pero ademais, dende a perspectiva de xénero,
enfrontámonos a un fenómeno amplamente estendido no rural galego como é o da feminización da
terceira e cuarta idade. Neste sentido, pódese afirmar que as mulleres non só viven máis anos que os
homes, senón que o fan en peores condicións de vida e saúde. Esta realidade plantexa dende hai tempo
un serio reto ás administracións públicas, de cara a dar cobertura ás necesidades sanitarias e sociais das
persoas maiores, e, máis especificamente, das persoas dependentes, a través da posta en marcha e
sostemento de diversos recursos e servizos (programas para o envellecemento activo e saudable,
residencias, servizo de axuda no fogar, centros de día, comedores, etc.).
O índice de dependencia global no ano 2012 no Concello de Toén, o noso territorio de referencia,
era dun 64,4%, e, desta porcentaxe, o maior grupo de persoas en situación de dependencia, cunha clara
diferenza, é o formado polas mulleres maiores, tal e como podemos observar nos índices de
dependencia recollidos no seguinte gráfico:
1.321 1,246
91 94
855 700
375 452
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
14
0
20
40
60
80
DEPENDENCIA
GLOBAL
DEPENDENCIA
SENIL
DEPENDENCIA
XUVENIL
TOTAL
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO IGE (2012)
Estes datos indican unha primeira necesidade específica de cara a determinar os obxectivos do
noso PIO, como é a atención das mulleres anciás, en xeral, e das mulleres en situación de dependencia,
en particular, especialmente tendo en conta que moitas delas viven en situación de soidade. Indicar,
neste senso, que as mulleres constitúen o 74,22% dos fogares unipersoais constituídos por persoas de
65 ou máis anos en Galicia, cunha marcada diferenza con respecto dos homes, como se observa no
seguinte gráfico:
0
20
40
60
80
100
de 65 a 74 anos de 75 a 84 anos 85 e máis anos
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DAS CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS DO IGE (2012)
O ámbito da dependencia plantexa ademais outra realidade - a das persoas coidadoras –, a cal
analizaremos posteriormente.
13,1%
77.5%
64,4%
70.5%
29,5%
80.09% 78.5%
19,1% 21.5%
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
15
3.3. EDUCACIÓN
A educación é un dos factores que máis directamente determinan a participación de mulleres e
homes no ámbito sociocultural, político e económico dunha sociedade. Neste sentido, variables como o
acceso á educación, o nivel de estudos acadado ou a rama na que se inscriben os mesmos teñen unha
influencia decisiva na vida de mulleres e homes, delimitando as súas aspiracións profesionais e o seu rol
na sociedade.
No referido ao acceso á educación, se ben é certo que nos países occidentais a educación é un
dereito universal, estando garantido o seu acceso en igualdade para mulleres e homes, se analizamos a
taxa se analfabetismo da poboación de 16 e máis anos no Concello de Toén, atopamos os seguintes
datos:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
Se ben estas cifras nos dan idea dun fenómeno – o analfabetismo – presente entre a poboación
máis envellecida e cuxas taxas irán decrecendo progresivamente na nosa sociedade, no gráfico pódese
observar as diferenzas presentadas por mulleres e homes neste eido, o cal nos retrotrae a unha época –
a ditadura franquista – na que unha parte da poboación galega non foi escolarizada, sendo salientable
neste sentido a situación de moitas mulleres no rural galego, que atoparon negado ou limitado o seu
acceso á educación por factores de xénero. Isto explica que as mulleres no Concello de Toén formen o
70% das persoas que non saben ler ou escribir o que teñen unhas habilidades mínimas en lecto-
escritura, un factor de risco social que limita as súas posibilidades de desenvolvemento e autonomía.
1,9%
1,1%
2,5 %
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
16
Atendendo ao nivel educativo, na seguinte gráfica recollemos os datos sobre a poboación de 16
e máis anos no Concello de Toén, segundo sexo e nivel de estudos acadado:
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
Tal e como cabía esperar - dadas as maiores taxas de analfabetismo feminino - as mulleres
presentan menos anos de escolarización con respecto aos homes, sendo maioría numérica no grupo de
persoas que non teñen rematado o ensino obrigatorio: en total 739 mulleres fronte a 677 homes. Nos
estudos de Formación Profesional atopamos certo equilibrio entre mulleres e homes, se ben cumpriría
analizar como se reparten ambos nas diferentes ramas de estudo, como veremos posteriormente. Nos
estudos universitarios, pola contra, obsérvase unha maior existencia de mulleres (89 mulleres fronte a
59 homes), especialmente nas diplomaturas. A dicotomía que supón a maior presenza feminina tanto
nos niveis máis baixos da educación como nos niveis máis altos da mesma explícase se temos en conta
factores asociados á idade. Podemos distinguir, neste sentido, dous grupos diferenciados en función da
época histórica que lles tocou vivir: por un lado, atopamos á poboación máis envellecida, na que por
factores de xénero as mulleres forman o grupo con menores niveis de estudos; por outro, a poboación
máis nova, entre a que grazas a un acceso igualitario á educación e á concienciación da importancia da
formación de cara a acadar un futuro laboral atopamos unha maior presenza de mulleres nos estudos
universitarios.
No tocante ao tipo de estudios, tal e como apuntabamos anteriormente, cumpriría analizar
dende a perspectiva de xénero como se reparten homes e mulleres nos diferentes ámbitos de
coñecemento, de cara a determinar a existencia dunha especialización diferencial, froito da persistencia
duns estereotipos e roles de xénero que delimitan a liberdade na elección formativo-laboral.
0
100
200
300
400
500N
on s
abe
ler
ou e
scri
bir
Men
os 5
ano
ses
cola
riza
ción
Sen
com
plet
arES
O
ESO
Bac
hare
lato
supe
rior
FP g
rao
med
io
FP g
rao
supe
rior
Dip
lom
atur
a
Lice
ncia
tura
Dou
tora
men
to
homes
mulleres
31 32
0 1
28 56 32 25 15 25
100 104
255 196
467 425
13 30
197 284
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
17
0
5
10
15
20
25
30
35
40D
ere
ito
Ma
xis
teri
o,
Ed
uc
ac
ión
infa
nti
l
C.
So
cia
is
Art
es
Hu
ma
nid
ad
es
Info
rmá
tic
a
En
xe
ñe
ría
s
Fo
rma
ció
n
Té
cn
ica
e
Ind
ust
ria
s
Cie
nc
ias
Arq
uit
ec
tura
e c
on
stru
ció
n
Ag
ric
ult
ura
Ve
teri
na
ria
Sa
úd
e;
Se
rviz
os
So
cia
is
Ou
tro
s
serv
izo
s
Na seguinte gráfica recollemos os datos sobre a poboación de 16 e máis anos no Concello de
Toén, segundo sexo e o tipo de estudos realizado:
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
Na actualidade, a desigualdade no ámbito educativo non se fai patente nos niveis educativos
primarios e medios, senón nas posteriores orientacións académico – profesionais das mulleres e no uso
que fan das mesmas. Esta idea é avalada polos datos arriba ilustrados, cunha maior proporción de
mulleres tanto na formación profesional como na universitaria nas ramas de coñecemento
tradicionalmente femininas, especialmente naquelas que implican unha atención e/ou coidado das
persoas como a sanidade ou a educación, as que, ao estar inscritas nesa esfera do feminino, son menos
valoradas socialmente e dan acceso a postos de traballo con menor recoñecemento e retribución
salarial, mentres que os homes atópanse máis presentes naquelas formacións de tipo técnico, as cales
dan acceso a profesións de maior consideración social e con maiores retribucións salariais. Esta
segregación educativa supón unha continuidade do rol reprodutivo das mulleres no ámbito formativo-
laboral, determinando a súa posterior inserción no mercado laboral e as condicións que atoparán
dentro do mesmo.
Neste sentido, cabe reflexionar acerca da importancia da escola como axente de socialización de
nenas e nenos, analizando ata que punto dende este ámbito continúase ou non a transmitir e reproducir
os estereotipos e roles tradicionais de xénero a través tanto do currículo explícito - os contidos
transmitidos ao alumnado – como do currículo oculto - a transmisión implícita de normas, valores e
crenzas na escola a través da interacción do alumnado e o profesorado. Nas entrevistas
semiestruturadas realizadas á comunidade educativa salientouse o seguinte:
“Eu creo que dende a escola non se transmiten estereotipos de xénero, coidamos moito de
ter en conta o tema da igualdade, tratalos a todos por igual, e temos incorporado o principio
de igualdade no noso proxecto pedagóxico”
8 7 6 5
6 7 5 6
2 1 2 1
22
15
33
13
31
3
39
19
4
1
6
3
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
18
“Na nosa programación xeral está o tema da igualdade, o traballamos de xeito explícito cada
certo tempo: por exemplo, o ano pasado fixemos unha actividade sobre mulleres que
gañaron o premio Nobel”
A comunidade educativa do Concello de Toén amosa, como vemos, unha gran sensibilidade con
respecto á coeducación e á importancia da implantación do principio de igualdade no proxecto
pedagóxico de centro, a pesares do cal recoñécese a existencia de barreiras a este respecto, tales como
a persistencia de contidos sexistas ou que sub-representan ás mulleres nos materiais pedagóxicos ou a
transmisión inconsciente de estereotipos a través da relación entre alumnado e profesorado:
“Temos en conta a perspectiva de xénero á hora de escoller os materiais pedagóxicos pero as
veces é difícil (…) a verdade é que á hora de comprar materiais si que se ve a desigualdade,
nos propios contos, por exemplo, nótase moito…”
“Penso que dende a escola conscientemente non se transmiten estereotipos nin roles de
xénero pero, a ver, ao mellor inconscientemente si que se fai”
Deste xeito, existe unha distancia entre o plantexamento pedagóxico e a práctica real no ámbito
docente, o cal ten o seu reflexo nos comportamentos e actitudes de nenas e nenos na vida escolar máis
alá da aula, tal e como se expresou nas entrevistas:
“En infantil non se ven diferenzas no comportamento de nenas e nenos, pero a medida que
van crecendo si, por exemplo, nos xogos no patio: os nenos xogan fútbol - que é o deporte
estrela- e as nenas máis a cousas como a goma, hai algunha nena que xoga a fútbol pero é a
excepción”
“Existe un patrón diferencial á hora de decantarse por unha u outra actividade extraescolar:
o ano pasado, por exemplo, en danza creativa eran todo nenas, non había ningún neno, este
ano está máis equilibrado pero, por exemplo, en fútbol de dezaseis cativos só hai dúas
nenas”
Non sería axeitado, nembargante, cargar o peso da socialización de xénero na escola, dado que
este proceso é realizado durante as primeiras etapas de vida fundamentalmente dende o ámbito
familiar. Na institución familiar, a semellanza da sociedade occidental no seu conxunto, fóronse
producindo avances que favorecen a transmisión duns roles de xénero máis igualitarios no seu seno: a
existencia dun reparto máis equilibrado das tarefas do lar entre homes e mulleres; a crecente
incorporación feminina ao mundo laboral, que recoñece á figura materna un papel importante fóra do
entorno doméstico; a maior implicación da figura paterna na crianza; o afianzamento de novas
tipoloxías familiares como as formadas por parellas homosexuais... ao que hai que engadir o aumento
da preocupación de proxenitores e familiares por educar a nenas e nenos nos valores da igualdade. Sen
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
19
embargo, a realidade indica que as familias continúan a educar dun xeito diferencial a nenas e nenos,
segundo uns imperativos culturais tan arraigados que frecuentemente isto realízase de maneira
involuntaria. A responsabilidade da educación dende o ámbito familiar foi un dos puntos de reflexión
dentro das entrevistas e grupos focais de debate:
“Antes educábase aos rapaces dun xeito e ás rapazas doutro, agora se ten mellorado, aínda
que quizais aínda queda moito que avanzar na educación dentro das familias”
“Dende as familias continúanse reproducindo os roles e estereotipos de xénero, hai
excepcións pero na maioría si, ves diferenzas no trato de nenas e nenos, na forma de actuar
dos pais, realmente moitos deles o fan inconscientemente (…) o típico “isto é máis de homes,
isto é máis de mulleres”, o teñen asumido e o reproducen inconscientemente. O tema da
socialización hai que traballalo moito coas familias”
“Eu creo que está cambiando, ao mellor non todo o que desexaríamos ou non todo o que
cremos, porque hai familias que segues vendo que teñen vinte e pico anos e que alí o pilar é
ela, segues vendo xente nova que parece mentira… dentro de que as familias cambiaron
moitísimo, pero aínda queda moito traballo ,as cousas parecen dunha maneira e a realidade
é outra”
Na escola e fóra da mesma actúa outro axente socializador, o grupo de pares, que xoga un
importante papel no reforzo do proceso de construcción da identidade de xénero. Se ben xa na primeira
infancia, coas relacións que se establecen mediante o xogo, o grupo de pares vai modelar o a conduta
de nenas e nenos, isto cobra especial importancia na adolescencia, período no que a amizade cumpre
un papel emocional fundamental. Os grupos de iguais configuran toda unha cultura informal coa que se
transmiten e aprenden unha serie de valores acerca do que se entende como a forma de ser axeitada
para un rapaz ou unha rapaza, o que implica a observación dun conxunto de normas, comportamentos e
actitudes, especialmente referidas á imaxe persoal e ao plano sexual e afectivo. A pesares dos avances
neste eido, no referente á sexualidade os estudos sobre os grupos de adolescentes amosan a existencia
dunha continuidade no rexeitamento das relacións homosexuais, así como da reprodución dunha dobre
norma acerca do código de conduta moral: mentres que ás rapazas esíxeselles castidade e fidelidade nas
relacións, nos rapaces, pola contra, a promiscuidade e a infidelidade supoñen un plus para a súa persoa
en tanto que son consideradas un síntoma de éxito. Deste xeito, un mesmo comportamento é
sancionado positivamente no caso dos chicos, mentres que no caso das chicas acarrea a imposición de
sancións negativas, tales como a mala fama ou a expulsión do grupo. Neste sentido, parece necesario
promover entre a poboación nova unhas relacións afectivo-sexuais igualitarias e libres de estereotipos
sexistas, posibilitando o desenvolvemento persoal das e dos adolescentes a través de novos modelos de
masculinidade e feminidade.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
20
Vemos necesario, en conclusión, continuar a introducir a perspectiva de xénero no ámbito
educativo, apoiando ao profesorado no seu labor e fomentando o valor da igualdade entre o alumnado,
así como traballando coas familias de cara a sensibilizalas sobre a importancia da súa función
socializadora na educación de nenas e nenos. Sinalar, nembargante, que na introducción da igualdade
de oportunidades no ámbito educativo sería necesario partir dun traballo en rede que transcenda aos
centros de ensino e ás ANPAS:
“Deberíamos empezar por traballar coas familias, un obradoiro para padres sería
fundamental, o problema é que a xente non participa moito, e menos os homes (…)
“Sería interesante facer actividades para as familias, o problema é que a xente non ten
interese, nas actividades da ANPA sempre acoden as mesmas persoas, que por outra banda
normalmente son as que están máis concienciadas e menos necesitan este tipo de cursos”
3.4 ÁMBITO LABORAL
O xénero ten un importante compoñente económico, estreitamente relacionado na actualidade
cos mercados laborais. Neste sentido, a pesares de que a incorporación das mulleres ao mercado de
traballo supuxo unha profunda modificación da estrutura sociolaboral dos países occidentais, os estudos
realizados a este respecto indican que nestes persisten aínda a día de hoxe elementos que dificultan a
consecución dunha igualdade real entre mulleres e homes neste eido, podéndose afirmar que a
presenza de actitudes discriminatorias no ámbito laboral baseadas no xénero continúan a condicionar as
posibilidades profesionais das mulleres por enriba da súa preparación para un determinado posto de
traballo.
Como veremos a continuación, a nosa realidade – o Concello de Toén – non se atopa exenta desa
desigualdade no acceso e situación de mulleres e homes no mercado laboral, podendo distinguir como
fenómenos máis significativos as brechas existentes nas taxas de participación, nos tipos de
contratación, nas ocupacións e nos niveis salariais. Sinalar, non obstante, que a meirande parte da
poboación do Concello de Toén en situación de ocupación atópase inscrita laboralmente fóra do noso
territorio - principalmente no contexto urbano da cidade de Ourense - un factor que condicionará as
estratexias de actuación do noso PIO nesta área. Neste sentido, segundo os últimos datos dos que
dispoñemos sobre o noso ámbito xeográfico - os datos do IGE referentes ao ano 2001 - do total de 969
persoas ocupadas, 451 traballaban noutro concello da mesma provincia, tal e como se recolle na
seguinte táboa sobre o lugar de traballo:
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
21
TOTAL HOMES MULLERES
Total
969 587 382
O propio domicilio
77 28 49
Varios concellos
91 83 8
Mesmo concello
291 177 114
Outro concello da mesma provincia
451 267 184
Outra provincia de Galicia
26 18 8
Outra Comunidade Autónoma
20 7 13
Estranxeiro
13 7 6
FONTE: CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
Analizando a situación laboral das mulleres e homes do Concello de Toén, atopamos en primeiro
lugar unha desigual participación no mercado de traballo. As taxas de actividade feminina no Concello
de Toén incrementáronse nos últimos anos, o que é un claro reflexo do aumento do nivel formativo das
mulleres e, en consecuencia, da súa maior accesibilidade ao traballo remunerado. Nembargante,
segundo os datos dos que dispoñemos, referentes ao ano 2001, as taxas de actividade revelan unha
gran diferenza entre mulleres e homes neste ámbito, cunha taxa de actividade feminina dun 35,7%
fronte a unha taxa de actividade masculina dun 57%. Os datos sobre a situación laboral da poboación no
Concello de Toén reflíctense na seguinte táboa:
TOTAL HOMES MULLERES
Poboación de 16 e máis anos
2.316 1.138 1.178
Poboación activa
1.070 649 421
Ocupados
969 587 382
Parados
101 62 39
Poboación inactiva
1.246 489 757
FONTE: CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
22
Como se pode observar, mentres que os homes son maioritarios no grupo de persoas en
situación de actividade, as mulleres son maioritarias no grupo de persoas en situación de inactividade.
Estes datos revelan diferenzas na participación de mulleres e homes no mercado laboral, debido en gran
medida á persistencia da adscrición do rol produtivo á esfera masculina e do rol reprodutivo á esfera
feminina, especialmente se temos en conta, como veremos a continuación, que gran parte das mulleres
que permanecen en situación de inactividade o fan por mor da súa dedicación ás tarefas do fogar, cunha
gran distancia con respecto dos homes, tal e como se observa no seguinte gráfico sobre a poboación
inactiva e a razón da inactividade:
0
100
200
300
400
500
600
700
800
XUBILADOS/AS PENSIONISTAS ESTUDANTES TAREFAS DO
FOGAR
OUTRAS
SITUACIÓNS
TOTAL
homes
mulleres
Por outra banda, retomando os datos recollidos na anterior táboa e atendendo ao número de
homes e mulleres en situación de desemprego, cabe salientar que - a diferenza do que viña
acontecendo en anos anteriores, cunha taxa de paro feminina que dobraba polo xeral á masculina -
existe unha igualación no desemprego entre a poboación masculina e a poboación feminina. Neste
sentido, pódese afirmar que nos últimos anos produciuse unha viraxe con respecto á poboación
desempregada, igualándose relativamente a situación de mulleres e homes a este respecto, con 100
homes e 87 mulleres en situación de desemprego no mes de setembro de 2013, segundo os últimos
datos do IGE. Nembargante, este descenso das diferenzas nas taxas de paro non responde tanto a un
cambio nas condicións estruturais do mercado de traballo como a un cambio nas condicións
conxunturais do mesmo: a igualación no número de mulleres e homes en situación de paro ten unha
estreita relación coa crise económica e, máis especificamente, coa crise no sector da construción, sector
no que se atopaban empregados moitos dos homes do noso concello a través do sector da cantería.
781
396
67 49
160 95
202 200
36 17
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DO CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
23
Outro dos elementos fundamentais á hora de analizar o mercado laboral dun determinado lugar
dende a perspectiva de xénero é observar cómo se organiza a presenza de homes e mulleres no
mercado de traballo, determinando a existencia ou non de segregación na súa distribución por
ocupacións e sectores da economía. A distribución da poboación ocupada do Concello de Toén segundo
sexo e rama da actividade recóllese no seguinte gráfico:
0
100
200
300
400
500
600
700
800
900
1000
TOTAL AGRICULTURA,
GANDEIRIA,
CAZA E
SILVICULTURA
INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS
TOTAL
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DO CENSO DE POBOACIÓN E VIVENDAS INE - IGE (2001)
Como se pode observar, agás no sector da agricultura, gandería, caza e silvicultura, os homes son
maioría en todos os sectores económicos, algo lóxico se temos en conta as maiores taxas de ocupación
masculina. O sector dos servizos é o sector de ocupación predominante, no cal se sitúa case a metade
da poboación ocupada do Concello de Toén, sen diferenzas na presenza de mulleres e homes no
mesmo, se ben sendo este o ámbito no que se atopan inmersas a meirande parte das mulleres. Destaca,
por outra banda, a existencia de sectores masculinizados nos que atopamos unha destacada maioría de
homes, como son a industria e, especialmente, a construción. Podemos afirmar, polo tanto, a
persistencia dun elevado nivel de segregación ocupacional por sexos, con sectores nos que a presenza
dun e outro sexo presenta un grao claramente diferenciado. Esta segregación horizontal por traballos
“tipicamente femininos” e “tipicamente masculinos” pon de manifesto a pervivenza dunha estrutura
ocupacional tradicional. Esta realidade foi un dos puntos de reflexión nas entrevistas e grupos focais de
traballo:
“Sempre houbo traballos destinados ás mulleres, nos que por un home atopas vinte mulleres,
e outros traballos que son ocupados polos homes; iso segue a ser así e vai ser difícil
cambialo”
238
227
465
146 164
18
216 162
54 83 41
124
969
587
382
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
24
“Si que se van vendo mulleres que traballan como canteiras ou na extinción de lume pero é a
excepción, e viceversa, por exemplo, cando se convocan prazas para axuda no fogar nunca se
inscriben homes, e sería bo que iso fora cambiando”
Sinalar, neste sentido, a persistencia de estereotipos de xénero para xustificar esta segregación
ocupacional, tal e como se recolle na seguinte afirmación:
“Hai postos de traballo aos que só acceden os homes e é o normal porque son traballos nos
que é necesario ter forza e as mulleres non teñen a mesma forza que os homes… ademais,
non entendo por que as mulleres queren acceder a ese tipo de traballos tan duros podendo
elixir outros tipos de empregos máis cómodos para elas”
No referido á tipoloxía contractual, se ben non temos datos a nivel local, se analizamos o
territorio galego e estatal, a tendencia xeral é unha maior eventualidade na contratación e unha maior
parcialidade nas xornadas de traballo no caso das mulleres, tendencia que probablemente sexa
trasladable ao Concello de Toén. No tocante ao tipo de contratación, o seguinte gráfico reflicte a
tipoloxía contractual das persoas asalariadas en Galicia, expresado en miles de persoas:
0
200
400
600
800
TOTAL CONTRATO INDEFINIDO CONTRATO TEMPORAL
total
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA INE - IGE (2013/III)
Tal e como se observa, o contrato indefinido é a tipoloxía contractual predominante en Galicia,
tanto para homes como para mulleres, se ben existe unha lixeira diferenza entre ambos sexos a este
respecto: mentres que na contratación indefinida atopamos unha maior presenza de homes asalariados,
as mulleres asalariadas están máis presentes na contratación temporal.
587,3
383,7
393,9
300,9
216
286,4 190,4
777,7
93,1 97,3
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
25
De cara a analizar a tipoloxía das xornadas de traballo, recollemos a continuación o seguinte
gráfico no que se reflicten os datos sobre a poboación ocupada en Galicia segundo tipo de xornada e
sexo, expresado en miles de persoas:
CONTRATACIÓN A TEMPO COMPLETO
HOMES
MULLERES
TOTAL
CONTRATACIÓN A TEMPO PARCIAL
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA INE - IGE (2012)
Nos anteriores gráficos poden apreciarse claramente diferenzas entre homes e mulleres no
referido á tipoloxía da xornada laboral, sendo especialmente salientable a gran distancia entre mulleres
e homes na contratación a tempo parcial, cunha porcentaxe de mulleres galegas empregadas a tempo
parcial dun 21,1% fronte a unha porcentaxe dun 6% de contratos a tempo parcial no caso dos homes na
nosa Comunidade Autónoma, segundo os datos da enquisa de poboación activa do INE no ano 2012.
Temporalidade e parcialidade son, como vemos, factores característicos do emprego feminino, os
cales inciden de xeito directo na calidade do emprego - posto que existe unha forte correlación entre a
precariedade na contratación e o risco de desemprego - así como no nivel económico das mulleres e na
súa autonomía - dado que xeralmente a parcialidade no traballo implica salarios máis baixos.
Tradicionalmente arguméntase que esta tipoloxía de contratación é elixida polas mulleres como unha
forma de conxugar a vida laboral e familiar, especialmente cando é necesario atender a menores u
outras persoas dependentes, dado que estas seguen a ter asignado o papel de coidadoras principais.
Esta idea parece referendada polos datos estatísticos, se temos en conta o seguinte gráfico sobre a
porcentaxe de persoas na provincia de Ourense ás que coidar menores ou persoas dependentes
903,5
517,9
385,6
32,9
136
103,1
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
26
impídelles desempeñar un traballo remunerado ou mellorar o nivel de ingresos actuais do traballo,
segundo o sexo:
0
1
2
3
4
5
COIDADO DE
NENOS/AS
COIDADO DE PERSOAS
DEPENDENTES
total
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
Sinalar, sen embargo, que estudios máis recentes apuntan que o maior número mulleres
contratadas de xeito temporal e/ou parcial non pode ser explicado unicamente por unha voluntariedade
na elección deste tipo de contratos, posto que en moitas ocasións é máis ben a falta de mellores
oportunidades laborais a que inflúe para aceptar ditas condicións laborais.
Os elevados niveis de segregación laboral entre homes e mulleres e a modalidade de contratación
son a causa dunha porcentaxe significativa da brecha salarial entre ambos sexos. Na seguinte táboa,
recóllense as percepcións salariais medias segundo o sexo, con datos referidos a Galicia, podendo
apreciarse a persistencia de desigualdades no salario medio de mulleres e homes:
HOMES MULLERES
ASALARIADOS SALARIO MEDIO
ANUAL ASALARIADAS
SALARIO MEDIO ANUAL
575.348
20.393 € 472.684 15.688 €
FONTE Axencia Estatal da Administración Tributaria. IGE (2011)
A discriminación salarial é un factor decisivo para o maior risco das mulleres de vivir na pobreza,
especialmente para as mulleres asalariadas pertencentes a determinados colectivos, como aquelas en
fogares monomarentais con menores a cargo ou en fogares unipersoais constituídos por mulleres en
idade laboral, aspectos que analizaremos nun posterior apartado.
2,67 4,59
0,57 2,09 1,09
3,02
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
27
Podemos afirmar, en conclusión, que a existencia de crenzas estereotipadas sobre os roles de
mulleres e homes inflúe na súa participación laboral e na organización do traballo. Os mercados de
traballo xurdiron e evolucionaron nun contexto no que os homes - exentos dos labores domésticos e das
responsabilidades familiares - tiñan unha dispoñibilidade espacial e temporal completa para o traballo
asalariado, algo que determina a actual configuración do mundo laboral. Coa incorporación das mulleres
ao mercado laboral, xurde o problema de quen substitúe ás mesmas no traballo doméstico e nas tarefas
de coidado que antes realizaban en exclusiva e de xeito gratuíto, emerxendo a necesidade de por en
marcha servizos de atención ás persoas dependentes e de reestruturar a organización do traballo a nivel
familiar. Neste sentido, dende a perspectiva de xénero as políticas integrais para o emprego deben ter
como obxectivos o aumento da actividade feminina e a mellora das condicións laborais das mulleres,
contemplando a adopción de medidas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral de homes e
mulleres e que promovan a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidado, aspectos que
analizaremos a continuación.
3.5 CORRESPONSABILIDADE E CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR.
Se ben no último século asistimos a un profundo cambio social coa incorporación das mulleres ao
mercado laboral, dito cambio non trouxo consigo un reequilibrio no reparto das funcións de homes e
mulleres no ámbito público e privado, dado que estas continúan polo xeral a asumir como propias as
tarefas de mantemento do fogar e de coidado das persoas. Frecuentemente escoitase afirmar que xa se
foi acadando unha distribución equitativa do traballo produtivo e reprodutivo entre ambos sexos, sen
embargo, a realidade amosa que continúa a existir unha gran desigualdade con respecto ao reparto de
ditas funcións.
Atendendo á responsabilidade sobre os labores domésticos, no seguinte gráfico podemos
observar a porcentaxe de mulleres e homes que realizan tarefas do fogar segundo o sexo, con datos
relativos á provincia de Ourense, o entorno máis próximo do que temos referencias:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
52,52 %
79,99 %
22,63 %
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
28
Como se observa, as mulleres continúan a asumir maioritariamente as obrigas domésticas,
mantendo unha gran distancia con respecto aos homes neste eido e, a pesares de que os datos referidos
corresponden á provincia de Ourense, se temos en conta as opinións e comentarios recollidos durante a
realización da diagnose, estes parecen corresponder coa realidade do noso territorio de referencia, tal e
como analizaremos posteriormente.
Mención especial merece o ámbito dos coidados e a educación dos nenos e nenas ou a
prestación da necesaria asistencia ás persoas dependentes, tarefas de gran valor para o funcionamento
da nosa sociedade e que non sempre se atopan xustamente recoñecidas. No referido ao coidado de
menores, os datos referidos á provincia de Ourense recóllense no seguinte gráfico:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
Como se pode observar, a porcentaxe de mulleres que coidan nenos e nenas é superior á
porcentaxe de homes que desenvolven ditas tarefas, se ben a distancia entre ambos sexos non é tan
grande. Sinalar, neste sentido, que as persoas participantes no proceso de diagnose percibían unha
crecente implicación dos pais na educación dos fillos e fillas, especialmente nas parellas máis novas, a
pesares do cal apréciase que o peso da responsabilidade da atención e educación de nenas e nenos
continúa a recaer en maior medida sobre as nais, tal e como se sinala nos seguintes comentarios
recollidos nas entrevistas e grupos focais de traballo:
“Fai tanto o home como a muller, a nai como o pai, preocúpanse igual os dous, sobre todo
cando son pequeniños, quizais co tempo vas vendo máis involucradas ás nais que aos pais
pero non é como antes que todo o facía a nai”
“Ten máis peso a figura da nai, aínda que o pai colabore pero…. por exemplo, ás reunións no
colexio ou ven a nai ou veñen os dous, é máis raro que veña o pai só”
“Hai de todo pero a responsabilidade da educación dos nenos é da nai, por exemplo,
normalmente quen ven a recollelos ao centro educativo é a nai, veñen os pais cando a nai
traballa, cando a nai non pode vir polo horario, pero se coincide que están os dous libres ven
a nai; cando un neno enferma é a nai quen ven buscalo; ás titorías é a nai a que asiste, etc.”
11,21 %
13,73 %
8,47 %
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
29
No tocante ao coidado de persoas dependentes, se analizamos o número de persoas que coidan
dependentes en Ourense, tendo en conta a variable de sexo, atopámonos cos seguintes datos:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
Como vemos, o número de mulleres coidadoras principais de persoas dependentes é
notablemente superior ao número de homes nesa situación e, de novo, se ben estas cifras indican a
situación da provincia ourensá, segundo as opinións expresadas nas entrevistas e grupos focais de
traballo, a realidade do noso contorno non difire dos datos sinalados:
“Sempre son as mulleres as que se encargan do coidado destas persoas… eu creo que na
sociedade aínda temos a mentalidade de que son as mulleres as que se encargan dos
coidados... por iso aos homes lles custa máis, tanto a eles como ás persoas que son coidadas
por eles, sobre todo... ademais, ao ser persoas maiores que viviron outra época, están
acostumados a que é a muller a que debe ocuparse deles”.
“Normalmente é a muller a que se encarga de atender ás persoas dependentes e cando é un
home quen o ten que facer porque non lle queda outra busca a unha muller para que o faga
pagándoa”
Este desequilibrio ten claras consecuencias na realidade das mulleres en tanto que o coidado de
persoas dependentes adoita traer consigo unha sobrecarga de traballo, repercutindo na súa peor
calidade de vida. Máis alá, a responsabilidade do coidado de persoas dependentes ten unha relación
directa coa vida laboral das mulleres dado que, en función do seu grao de cualificación e da súa
situación laboral, esta responsabilidade pode chegar a carrexar o seu afastamento do mercado laboral,
e, para aquelas que se atopan empregadas, isto adoita implicar unha dobre xornada de traballo e un
incremento das dificultades para conciliar a vida laboral e familiar.
Con todo, atopamos unha alta desigualdade entre mulleres e homes no reparto das tarefas do
fogar e de coidado, o que ten unha clara implicación nos usos do tempo e, por ende, na súa calidade de
vida. Na seguinte gráfica recóllense os datos sobre o tempo medio diario dedicado ao fogar e á familia
6,35 %
4,48 %
8,06 %
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
30
segundo o sexo, con indicadores referidos neste caso a Galicia, se ben extrapolables ao noso contexto
de referencia:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE EMPREGO DO TEMPO INE - IGE (2002-2003)
A falta de corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidado foi un dos puntos principais
de reflexión nas entrevistas e grupos focais de traballo, sendo esta unha das desigualdades entre
mulleres e homes máis destacada polas persoas participantes, se ben ás veces xustificada en base a
estereotipos de xénero:
“Melloramos no tocante á igualdade porque os homes colaboran máis nas tarefas
domésticas, sobre todo entre a xente nova, pero continúa a existir desequilibrio, as mulleres
seguen tendo maior carga de traballo”
“A responsabilidade de casa e familia non é proporcional entre o home e a muller, que sexa
proporcional é a excepción, non a norma”
“As mulleres temos un don especial para compatibilizar nenos, casa e traballo, a muller ten
unha capacidade superior para compatibilizar un montón de cousas, é algo endóxeno que
levamos dentro, mentres que o home non é capaz”
Podemos afirmar, en conclusión, que sería necesario traballar na ruptura dos estereotipos e roles
tradicionais de xénero aínda presentes na sociedade, os cales prexudican tanto a mulleres - véndose
frecuentemente sometidas a unha dobre xornada de traballo e sufrindo grandes dificultades para
compaxinar vida laboral e familiar – como a homes – véndose privados do exercicio dos seus dereitos e
responsabilidades como pais e da posibilidade de adquirir unha autonomía persoal nas tarefas cotiás-,
traballando na procura dun reparto igualitario das tarefas produtivas e reprodutivas entre mulleres e
homes. Por outra banda, dende a perspectiva das políticas de igualdade de oportunidades entre
mulleres é homes, debemos abordar e combater a clara desigualdade de xénero no ámbito dos
coidados, incrementando os recursos para a atención ás persoas dependentes e para facilitar o respiro
familiar das persoas coidadoras.
3:55
2:20
4:52
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
31
Neste sentido, no referido aos servizos para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e
laboral, no Concello de Toén atopamos os seguintes recursos para a atención de menores e persoas
maiores, segundo os últimos datos do ano 2013:
RECURSO
HORARIO DE
ATENCIÓN TOTAL
NENOS/
HOMES
NENAS/
MULLERES
Escola Infantil A Galiña Azul
7,30 a 16 horas
25 12 13
Servizo de Atención Temperá no CEIP
Saco e Arce
7,30 a 9,45 horas 10 8 2
Comedor escolar
13,15 a 14,30 horas
88 50 38
Actividades extraescolares no CEIP Saco
e Arce
16 a 17 horas 38 28 10
Campamento urbano de verán 9 a 14 horas Xullo - agosto
22 13 9
Centro de Día para persoas da terceira
idade
9 a 19 horas 30 9 21
Servizo de Axuda a Domicilio
Segundo as necesidades
24 8 16
As persoas participantes nos grupos focais e nas entrevistas realizadas expresaban unha
avaliación moi positiva dos recursos existentes no territorio para a atención de menores, salientando así
mesmo a importancia no só das redes familiares senón tamén das redes informais de apoio e
colaboración entre veciños e veciñas para o coidado das fillas e fillos:
“Aquí a conciliación cando tes fillos pequenos non é tan problemática como nunha gran
cidade, aquí as familias viven preto e axudan no coidado dos meniños, sobre todo os avós; e
cando non está a familia sempre hai algún veciño que che pode botar unha man nun
momento dado, hai máis confianza”
Sinalar, como dato negativo, a apreciación de carencias no relativo á atención de persoas
dependentes, sinalando a necesidade de incrementar os recursos existentes neste eido:
“Non hai apenas servizos para a atención de persoas dependentes, se falamos de persoas
maiores, porque se falamos doutro tipo de dependentes como poda ser unha persoa cun
trastorno psiquiátrico que necesite atención especializada, alí xa non atopas recurso ningún,
non existen recursos para estas persoas”
“A lei de dependencia non está sendo aplicada, non existen recursos, e as mulleres son as
grandes perdedoras da non aplicación destas medidas”
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
32
3.6 O LABOR DOS SERVIZOS SOCIAIS
Os factores ata agora analizados – tales como a menor inserción laboral feminina, a percepción
de salarios máis baixos no caso das mulleres, o seu papel como vertebradoras da vida familiar ou as
maiores taxas de envellecemento e dependencia das anciás –teñen estreita relación co fenómeno social
da feminización da pobreza. Neste sentido, podemos afirmar que existe unha desigualdade estrutural
entre mulleres e homes no acceso aos recursos económicos e sociais, a cal sitúa ás mulleres en
situacións de especial vulnerabilidade. Atendendo aos datos numéricos, segundo o VIII Informe do
Observatorio da Realidade Social de Cáritas, de octubre de 2013, dous de cada tres persoas en risco de
exclusión social son mulleres. Estes datos, referidos á situación estatal, parecen ser trasladables a
Galicia, comunidade na que a taxa de risco de pobreza sitúase nas seguintes porcentaxes entre os anos
2008 e 2011:
0
2
4
6
8
10
12
14
16
2008 2009 2010 2011
TOTAL
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2012)
No gráfico podemos observar o incremento nas taxas de pobreza da poboación galega, efecto da
crise económica e dos progresivos recortes do gasto público, sendo notable o feito de que as mulleres
manteñen de xeito constante unha maior taxa de pobreza con respecto aos homes, se ben recortando
distancia cos mesmos nos últimos anos como efecto do crecente desemprego masculino. Neste sentido,
o informe antes mencionado describe como grupos de especial vulnerabilidade ás familias con baixa
intensidade laboral, ás persoas procedentes de países extracomunitarios e ás familias monomarentais,
situacións que supoñen un dobre risco de exclusión social para as mulleres, converténdose así en
colectivos con especiais necesidades de atención.
13,05 14,64 13,88
14,32 13,93
14,69 14,28 14,05
14,50 15,73 15,66 15,79
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
33
Como vemos, as mulleres continúan a ser o rostro máis visible das situacións de pobreza e
exclusión social, e isto ten o seu reflexo na tipoloxía de persoas usuarias dos Servizos Sociais.
Atendendo á última actualización do mes de outubro sobre as persoas atendidas segundo o sexo
durante o presente ano 2013 polos Servizos Socias do Concello de Toén, atopamos os seguintes datos:
Nº USUARIOS/AS PORCENTAXE TOTAL
HOME
42 36,21%
MULLER
74 63,79%
TOTAL
116 100%
FONTE: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TOÉN (xaneiro– outubro de 2013)
Neste caso, o número de mulleres atendidas polos Servizos Sociais é sensiblemente superior ao
número de homes, se ben isto non quere dicir que elas sexan as únicas beneficiarias dos servizos e
axudas tramitadas, en tanto que frecuentemente estas van destinadas a toda a unidade de convivencia.
Segundo os datos referidos ao mesmo período, a tipoloxía de persoas usuarias dos Servizos
Sociais do Concello de Toén en función do sexo e idade reflíctese no seguinte gráfico:
0
10
20
30
40
50
60
de 0 a 15 anos de 16 a 61 anos de 62 e 115 anos sen cumprimentar
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS REXISTRADOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TOÉN (xaneiro– outubro de 2013)
O perfil medio da persoa usuaria dos Servizos Sociais no noso territorio de referencia, como se
pode observar, é unha muller na terceira ou cuarta idade, algo que determina a tipoloxía das demandas
recibidas e xestionadas. Neste sentido, no tocante ao tipo de axudas xestionadas a través dos Servizos
Sociais do Concello de Toén ao longo do presente ano 2013 podemos destacar as seguintes:
3 1
9 15
54
1
31
2
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
34
RENDA DE
INTEGRACIÓN SOCIAL
DE GALICIA
AXUDAS DE
EMERXENCIA SOCIAL
DEPENDENCIA
(Prestación básica/
axudas á dependencia)
BANCO DE ALIMENTOS
DE CRUZ VERMELLA
TOTAL
HOME
2
0
8
16
26
MULLER
1
1
16
24
42
TOTAL
3
1
24
40
68
FONTE: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TOÉN (xaneiro– outubro de 2013)
Segundo os datos recollidos na táboa, as mulleres son beneficiarias dun 61,76% das axudas
xestionadas e concedidas dende os Servizos Sociais do Concello de Toén, resaltando a súa presenza
como receptoras no banco de alimentos e nas axudas á dependencia.
As mulleres son, así mesmo, as que cobran en maior medida pensións non contributivas da
Seguridade Social por xubilación con respecto aos homes, tal e como se observa no seguinte gráfico
referente á poboación no Concello de Toén:
0
10
20
30
40
50
60
70
TOTAL INVALIDEZ XUBILACIÓN
total
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DO IGE (2012)
Estes datos dan idea da vixencia dun rol de xénero que desvinculou historicamente á muller da
súa inserción no mercado laboral formal, manténdose como traballadoras no espazo doméstico ou ben
en actividades dentro da economía somerxida (coidado de persoas, negocio familiar, explotacións
agrogandeiras, etc) sen cotización á Seguridade Social.
Máis alá do perfil das mulleres anciás que viven soas e/ou en situación de dependencia, nas
entrevistas realizadas ao persoal técnico do Concello de Toén non se describe o predominio doutras
situacións de dobre risco social para as mulleres tales como paradas de longa duración, familias
monomarentais, mulleres inmigrantes, prostitución ou violencia de xénero, aspecto este último que
merece unha análise máis pormenorizada.
26
14 12
43
31 12
26 43
69
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
35
A violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións - física, psicolóxica, sexual ou
económica - constitúe unha estratexia de control social sobre as mulleres para o mantemento dunha
situación de desigualdade, supoñendo unha traba á consecución dunha sociedade democrática ao
impedir ás mulleres o exercicio dos seus dereitos e liberdades. É necesaria, polo tanto, a implicación de
todos os organismos e institucións, así como da sociedade en xeral, na erradicación desta lacra social.
Neste sentido, resulta fundamental o papel da administración local como institución máis próxima á
cidadanía e, moi especialmente, a implicación dos Servizos Sociais de Atención Primaria na prevención e
tratamento integral da violencia de xénero .
No referido á violencia de xénero no ámbito das relacións de parella, se ben non existen datos
rexistrados a nivel local, a evolución das denuncias por violencia de xénero en Galicia, expresadas no
número de mulleres que denunciaron, recóllese a continuación:
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
2007 2008 2009 2010 2011 2012
DENUNCIAS POR V.X.
FONTE: MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIAIS E IGUALDADE - INE (2012)
Segundo a mesma fonte, a taxa de denuncias por violencia de xénero no ano 2012 era de 3.329
denuncias por millón de mulleres, amosando, como vemos no gráfico, un progresivo descenso nos
últimos anos. Paralelamente, se atendemos ao número de mulleres mortas en Galicia nos últimos anos a
mans das súas parellas ou exparellas, atopámonos cun paulatino decrecemento na cifra de mulleres
asasinadas:
0
1
2
3
4
5
6
7
2007 2008 2009 2010 2011 2012
MULLERES MORTAS
FONTE: MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIAIS E IGUALDADE - INE (2012)
A pesares desta lenta pero positiva evolución, a violencia de xénero continúa a ser unha das máis
graves manifestacións da desigualdade estrutural entre mulleres e homes, sendo necesario afondar na
loita contra este preocupante fenómeno social.
5.181
5.959 6.068
5.270 5.153 4.788
6
7
3 2
3
4
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
36
Ao longo do presente ano 2013, non se recibiron solicitudes de atención por parte de mulleres
vítimas de violencia de xénero nos Servizos Sociais do Concello de Toén, sendo este un factor a ter en
conta no marco das actuacións do noso PIO, tal e como se expresaba nas entrevistas realizadas ao
persoal técnico do concello:
“Aquí non hai violencia de xénero, ou polo menos non chega aos servizos sociais,
posiblemente pola proximidade coas vítimas e agresores… tampouco temos un protocolo de
actuación ante estas situacións, e quizais sería bo incorporalo”
Dado o fundamental labor dos Servicios Sociais de Atención Primaria en materia de prevención e
tratamento da violencia contra as mulleres, resulta prioritario intervir neste ámbito de cara a poñer en
valor a importante función dos servizos sociais entre a poboación local, facéndoos visibles como
primeira instancia á que acudir en caso de sufrir violencia de xénero. De xeito paralelo, entre as medidas
a por en marcha dentro do PIO, cumpriría incorporar protocolos de actuación para o persoal técnico do
concello, de cara a facilitar a súa intervención social nestes casos. Estas actuacións configúranse como
condicións necesarias para facilitar unha atención de calidade ás mulleres que podan padecer algunha
situación de violencia, sen esquecer, como veremos a continuación, a importancia da prevención neste
eido.
A violencia de xénero foi un dos aspectos que máis debate xerou dentro dos grupos focais de
análise. Sinalar, como dato positivo, o alto umbral de percepción da violencia de xénero entre a
poboación local:
“Violencia de xénero hai, e moita, o que pasa é que está encuberta, pero existe”
“Hai moita violencia que non se ve, por exemplo,a violencia psicolóxica, a violencia verbal, de
ter arrinconada á muller, deso hai moito”
“Agora hai moito onde recorrer, hai moita información, moito apio, non é como era antes (…)
o problema é que as mulleres non denuncian, ou denuncian e despois volven co agresor”
Neste sentido, cabe aquí facer unha avaliación positiva dos obradoiros de sensibilización social
sobre a violencia de xénero desenvoltos entre as asociacións de mulleres rurais dentro das actuacións
do I Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Toén, se ben sería
necesario levar estas accións de sensibilización a outros ámbitos e colectivos, como poden ser as
asociacións veciñais, especialmente tendo en conta a persistencia de determinados mitos e ideas
erróneas sobre a violencia de xénero:
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
37
“Os homes tamén sofren violencia de xénero, sobre todo psicolóxica, o que pasa é que non
denuncian”
“A violencia é unha cousa privada de cada un, non che podes meter neses asuntos”
Un dos intereses estratéxicos do noso PIO será, polo tanto, o desenvolvemento de actuacións
encamiñadas á sensibilización e á prevención da violencia de xénero, de cara a favorecer a diminución
de condutas que supoñan calquera dos tipos de violencia de xénero – dende os micromachismos ata a
violencia física ou sexual - e a promover o establecemento dunhas relacións positivas e nas que prime a
igualdade.
3.7 SAÚDE
Os factores socioeconómicos descritos ata agora - tales como a maior dedicación das mulleres ás
necesidades alleas, a distribución desigual do traballo doméstico, os menores ingresos económicos, o
maior risco de exclusión social, ou o sufrimento de violencia de xénero - determinan de forma decisiva a
saúde física e mental das mulleres. Neste sentido, podemos afirmar que as desigualdades de xénero
contribúen a que - a pesares de gozar dunha maior lonxevidade - as mulleres presenten unha peor
calidade de vida con respecto aos homes.
Dado que non dispoñemos de datos estatísticos referidos ao noso contexto de intervención, se
atendemos á realidade galega, atopamos que as mulleres amosan unha peor percepción da súa saúde,
tal e como podemos apreciar na seguinte gráfica na que se recollen os datos da poboación en Galicia
segundo a valoración do estado de saúde, expresado en miles de persoas:
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
Moi bo Bo Regular Malo Moi malo
TOTAL
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DA ENQUISA NACIONAL DE SAÚDE - INE (2006)
1.285,6
290,7
158,3
132,4
700,7
584,9 349,4
843,8
494,4
76,1
221,4
68,9 21,5 47,3
145,3
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
38
A OMS destaca a interrelación entre as condicións de vida e a saúde das persoas, dado que
existe a evidencia de que os déficits no desenvolvemento persoal inciden na percepción subxectiva de
malestares que frecuentemente provocan síntomas somáticos. Sinalar, neste sentido, os datos
recollidos no Informe Salud y Género do Ministerio de Sanidad y Consumo (2005), no que se apunta ao
estres causado pola sobrecarga de traballo e aos conflitos de xénero como factores causantes dos
maiores problemas de saúde nas mulleres, así como da maior sintomatoloxía psíquica e enfermidades
crónicas constatadas na poboación feminina.
Na análise da saúde dende a perspectiva de xénero cabe observar os patróns de vida de mulleres
e homes, de cara a determinar se presentan diferenzas e desigualdades en función do xénero. O estilo
de vida na sociedade actual caracterízase polo sedentarismo, con traballos que requiren menor
mobilidade e esforzo físico, cunha dependencia crecente do coche para desprazarnos, incluso nos
traxectos curtos, cun maior número de horas dedicado a actividades de ocio de tipo pasivo como ver a
televisión e cuns patróns alimenticios que incorporan cada vez máis frecuentemente “comida rápida”.
Neste sentido, un dos factores que determinan un estilo de vida saudable é a práctica de exercicio
físico. Se ben non dispoñemos de indicadores sociodemográficos a nivel local, atendendo á realidade da
comunidade galega no referido á porcentaxe de persoas que practican deporte segundo o sexo,
obtemos os seguintes datos:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2006)
Os datos dispoñibles indican, en termos xerais, que as mulleres presentan un maior sedentarismo
con respecto aos homes, dedicando menos tempo ao deporte e a actividades ao aire libre: mentres que
os homes manteñen unha media diaria de 2 horas 14 minutos a estas actividades, as mulleres dedican
unha media de 1 hora 40 minutos (Enquisa de emprego do tempo, INE –IGE, 2002-2003). Esta diferencia
na práctica deportiva de mulleres e homes é reflexo dunha socialización que promove o estereotipo da
actividade física como unha actividade eminentemente masculina, de xeito que na infancia e na
adolescencia as nenas adquiren un menor hábito neste ámbito e, na idade adulta, a esa falta de
costume establecido na infancia e mantido na xuventude, súmase a maior dedicación das mulleres ao
traballo reprodutivo, cunha maior sobrecarga de traballo que limita a súa dispoñibilidade de tempo
propio e enerxía para actividades físicas.
50,86% 56,61%
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
39
Dentro do ámbito deportivo tamén atopamos unha segregación por sexos en función do tipo de
actividade física ao que fagamos referencia. A distribución por sexo en función da porcentaxe de
persoas que practican habitualmente algún deporte en Galicia, segundo a súa tipoloxía, recóllese no
seguinte gráfico:
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2006)
Como se pode apreciar, os homes son maioría en todas as prácticas deportivas, con dúas
excepcións: correr ou camiñar e o fitness, deportes nos que a porcentaxe de mulleres é maior, se ben
con pequena distancia con respecto aos homes. Pola contra, atopamos algunhas actividades onde a
maior presenza de homes é claramente notable, tales como o ciclismo, a caza e pesca e, moi
especialmente, o fútbol. Cabe afirmar, polo tanto, a existencia dunha segregación por sexos segundo o
tipo de actividade física, o que pon de manifesto a persistencia de estereotipos de xénero neste ámbito.
Destacar, neste sentido, que o Concello de Toén ten posto en marcha o “Programa de fomento
do deporte para todos”, organizando actividades de ximnasia de mantemento e batuka en diferentes
localidades do territorio, participando un total de 44 mulleres (10 mulleres no Grupo Escolar de Toén, 20
mulleres na Casa da Cultura de Moreiras e 14 mulleres no Local Social de Puga). Sinalar que, a pesares
de ser unha actividade destinada a todo tipo de público, ningún home participa na mesma, sendo neste
caso a existencia de ideas prefixadas a causa desta ausencia masculina:
“A verdade que nin sequera sabía que podían participar homes, pensei que era só para
mulleres, ao ser ximnasia así tipo aerobic realmente din por feito que era só para elas”
“Hai actividades que están pensadas para as mulleres, alí os homes non pintamos moito”
05
1015
20253035
Co
rre
r-ca
miñ
ar
Nat
ació
n
Fitn
ess
Fútb
ol
Bal
on
cest
o
Ten
is
Cic
lism
o
Caz
a e
pe
sca
De
po
rte
sn
aúti
cos
Bo
xeo
Xad
rez
homes
mulleres
5,93 5,27
30,01 34,76
8,15
6,15
13,78
1,46 3,26 3,13
6,17
1,15 1,12 2,51
4,68 0,31
1,96 2,39
3,94
0,66 0,51 1,35
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
40
Outro dos aspectos a analizar para avaliar os estilos de vida de homes e mulleres son os hábitos
alimenticios e os seus efectos na saúde. Se atendemos aos resultados sobre o índice de masa corporal
da poboación adulta na provincia ourensá, obtemos os seguintes datos, expresados en miles de persoas:
TOTAL HOMES MULLERES
Total 301.864 147.211 154.653
Normopeso ou Peso insuficiente
103.454
46.275 57.178
Sobrepeso
99.840
61.278 38.562
Obesidade
42.815
24.242 18.573
Non sabe/Non contesta
55.756
15.416 40.340
FONTE: ENQUISA NACIONAL DE SAÚDE - INE (2006)
A partires dos datos recollidos na táboa, podemos inferir que os patróns culturais de xénero
inflúen nos hábitos alimenticios de mulleres e homes, dada a maior tendencia das mulleres a manterse
nun peso menor do estipulado como un peso saudable ou nun peso normalizado, mentres que os
homes parecen sufrir en maior proporción sobrepeso e obesidade. Chama a atención, así mesmo, o
gran número de mulleres que non souberon ou non quixeron responder a esta cuestión. Neste sentido,
cabe aquí reflexionar sobre a influencia social de arquetipos estéticos – aqueles referidos ao corpo e á
imaxe persoal - diferenciados para mulleres e homes, os cales son transmitidos fundamentalmente a
través dos medios de comunicación de masas e que teñen unha gran influencia na nosa sociedade. Na
sociedade occidental, a satisfacción e logro persoal das mulleres mídese en gran medida en termos de
aparencia física, impoñendo uns canons de beleza que son dificilmente alcanzables para a maioría das
mulleres e que reforzan ideas estereotipadas de muller: así por exemplo, o ideal corporal feminino
caracterizado por unha delgadez case anoréxica reflexa unha imaxe de fraxilidade e debilidade que se
opón por completo ao ideal dun corpo masculino atlético, imaxe de forza e vigor. Este ideal estético vai
contra a propia natureza das mulleres e, como modelo irrealizable para a maior parte das mesmas,
conduce ao desenvolvemento dun autoconcepto negativo de se mesmas, algo que está en estreita
relación coa prevalencia de desordes de alimentación como a anorexia ou a bulimia nas mulleres novas.
Por outra banda, a maior proporción de homes con sobrepeso ou obesidade é un dos indicadores que
amosan que estes, polo xeral, continúan a presentar estilos de vida menos saudables que as mulleres.
No Plan de Atención Integral de Saúde das Mulleres da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
41
(2006), indícase que a menor esperanza de vida dos homes correlaciónase con hábitos de vida pouco
saudables e coa adopción de condutas de risco, dado que existe unha relación entre a socialización
tradicional masculina e os comportamentos daniños para a saúde. Así, por exemplo, é mais frecuente a
adopción de condutas aditivas nos homes, amosando un maior consumo de sustancias tóxicas, tales
como o tabaco. Para ilustrar a prevaleza do tabaquismo nos homes, recollemos na seguinte gráfica os
datos sobre poboación de 16 ou máis anos e consumo de tabaco en Galicia, expresados en miles de
persoas:
0
100
200
300
400
500
600
700
800
900
Fumador
diario
Fumador
ocasional
Ex fumador Nunca fumou
homes
mulleres
FONTE: ENQUISA NACIONAL DE SAÚDE - INE (2006)
Pero como apuntabamos anteriormente o ideal tradicional de masculinidade non só pode chegar
a implicar a adopción dun estilo de vida pouco saudable, senón que tamén trae consigo un incremento
das condutas de risco relacionadas co estereotipo masculino de virilidade e agresividade, as cales
conducen a un maior número de mortes por accidentes e outras causas evitables na idade media da
vida: no ano 2011 en Galicia, dun total de 1077 defuncións por causas externas de mortalidade, 750
mortes foron de homes, fronte ás 327 mortes de mulleres. Resulta salientable, neste sentido, a maior
imprudencia dos homes con respecto á condución, cun preocupante número de defuncións por
accidentes de tráfico, a pesares do continuo descenso na mortalidade por esta causa nos últimos anos.
O número de defuncións por accidente de tráfico en Galicia reflíctese na seguinte gráfica, na que se
pode apreciar a gran distancia mantida entre mulleres e homes neste ámbito:
0
50
100
150
200
250
300
350
400
2005 2006 2007 2008 2009
TOTAL
homes
mulleres
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DOS DATOS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE RECOLLIDOS POLO INE
376
346 325
253 251
288
88
260
86
245
80
198
55
197
54
887,9
426,1
130
332,1
28,1 39,8
196,6
336,2
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
42
A saúde, en conclusión, atópase determinada por múltiples factores biolóxicos, psicolóxicos e
sociais, factores que se atopan traspasados polo xénero, con diferentes consecuencias para a vida de
homes e mulleres. Resultaría preciso, polo tanto, desenvolver actuacións tendentes á promoción da
saúde da poboación, partindo dun enfoque biopsicosocial do benestar que teña en conta as
necesidades individuais e sociais das mulleres, pero tamén as consecuencias que teñen para a saúde os
modelos tradicionais de masculinidade e feminidade. A consideración da saúde integral das persoas
pasa polo recoñecemento de que non é só o corpo o que enferma ou está saudable, senón que na saúde
interveñen tres esferas interdependentes entre si: a esfera biolóxica (aquela que comprende o corpo
que nos constitúe, a fisioloxía); a esfera social (aquela que comprende os vínculos e formas de relación);
e a esfera psíquica (aquela que comprende o mundo interior onde residen os afectos, os sentimentos, a
nosa identidade...)
3.8 ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O asociacionismo constitúe un instrumento clave tanto no achegamento de recursos e servizos á
comunidade como no establecemento de canles para as relacións sociais e o fomento da cohesión
social, sendo fundamental dende o ámbito da promoción da igualdade de cara a acadar unha maior
participación na vida social por parte das mulleres, contribuíndo ao seu empoderamento tanto
individual como colectivo.
No Concello de Toén atopamos un amplo tecido asociativo, cun total de 20 asociacións
rexistradas repartidas nos 16 centros sociais cos que conta o territorio. No seguinte gráfico podemos
observar a tipoloxía das asociacións presentes na zona:
0
2
4
6
8
10
CULTURAIS VECIÑAIS MULLERES
RURAIS
DEPORTIVAS XUVENÍS AMBIENTAL
Nº ASOCIACIÓNS
Existe, como vemos, unha gran diversidade no asociacionismo do Concello de Toén, sendo o
asociacionismo de tipo veciñal o que ten maior presencia na zona, seguido do de tipo cultural. Sinalar,
nembargante, que o asociacionismo de mulleres rurais ten bastante peso na comunidade, contando con
algunhas asociacións deste tipo bastante activas no territorio.
9
6
3
1 1
8
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
43
A pesares de que non temos datos exactos do número de persoas que forman parte das
asociacións do Concello de Toén, polas informacións obtidas nos grupos focais de traballo o número
medio de persoas asociadas sitúase en torno ás 90 socias e socios por entidade, se ben con grandes
diferencias a este respecto entre as diversas asociacións: así por exemplo, mentres que a Asociación de
Mulleres Rurais San Mamede de Puga conta con 21 socias, a Asociación Veciñal San Pedro de Moreiras
conta cun total de 280 persoas asociadas.
Máis aló do número de persoas asociadas, habería que analizar a participación activa das
persoas que configuran as asociacións, aspecto que preocupa especialmente ás directivas das
asociacións consultadas, tal e como reflicten os seguintes comentarios:
“Asociacións hai moitas e de diversa índole, o problema é a pouca participación que hai”
“Hai bastantes asociacións pero escasa participación, habería que dinamizar a vida
asociativa e que a xente animárase máis a achegarse ás asociacións”
Se ben non dispoñemos de datos actualizados con respecto da participación de mulleres e
homes nas asociacións do noso territorio, o asociacionismo na provincia de Ourense segundo o sexo das
persoas asociadas configúrase segundo se pode observar na seguinte gráfica:
HOMES
MULLERES
TOTAL
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
Como se pode apreciar, a participación masculina na vida asociativa é algo maior, realidade que
parece ser extrapolable ao noso territorio de referencia, segundo as informacións recollidas nos grupos
focais de traballo. Unha das razóns desta menor participación feminina parece que pode ser a asunción
das responsabilidades familiares, factor que limitaría as súas posibilidades de participación no tecido
asociativo, especialmente cando están a desenvolver labores de crianza:
“Eu antes participaba moito na vida das asociacións, gustábame e estaba en varias, pero
dende que son nai entre os fillos, o traballo, a casa….a verdade que non das para todo”
32,96%
36,19%
30%
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
44
A pesares desto, no Concello de Toén existe a percepción dunha alta participación feminina no
ámbito social, quizais pola implicación activa dalgunhas mulleres en manter e promover o tecido
asociativo da zona.
No referido ao perfil medio das persoas participantes, segundo as estatísticas consultadas
respecto das persoas que participan en asociacións segundo a súa idade na provincia de Ourense,
obtemos os seguintes datos:
0
5
10
15
20
25
de 14 a 29 anos de 30 a 39 anos de 40 a 54 anos de 55 ou máis anos
porcentaxe persoas
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIRES DA ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS - IGE (2002)
No Concello de Toén, a meirande parte das persoas que integran as asociacións son maiores de
50 anos, sendo esta realidade un punto de debate nos grupos focais de traballo:
“ A xente nova non se involucra en nada, non teñen motivación por nada, eu non sei a que
andan (…) estaría ben que participase xente máis nova nas actividades das asociacións
porque aquí sempre estamos a tirar delas as mesmas persoas”
“As persoas maiores case non participan en nada, segundo van sumando anos desaparecen
das asociacións e eu creo que hai moitas das actividades que facemos que lles irían moi ben”
En conclusión, habería que buscar estratexias para fomentar o asociacionismo e a participación
cidadá, atendendo especialmente á integración das mulleres na vida asociativa, por unha banda, e á
promoción da diversidade xeracional na configuración do tecido asociativo, nomeadamente coa
implicación da xente nova, de cara a facilitar o relevo xeracional na vida asociativa.
A promoción do asociacionismo responde á necesidade de xerar espazos sociais e dinámicas
culturais que fomenten o desenvolvemento persoal e promovan a cohesión social. Dende o punto de
vista da promoción da igualdade de oportunidades, as asociacións son unha plataforma idónea dende a
que sensibilizar á poboación na igualdade e involucrar á cidadanía na consecución real deste valor.
Sinalar, neste sentido, a importancia de dirixir as accións para a promoción da igualdade de
oportunidades cara a todo tipo de asociacións, dado que frecuentemente as actuacións realizadas neste
ámbito destínanse ás asociacións de mulleres rurais, esquecendo así a necesaria implicación dos homes
na loita pola igualdade de oportunidades para poder producir cambios estructurais na sociedade.
20,31
24,04 21,93
12,24
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
45
4. ÁREAS DE ACTUACIÓN DO II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE TOÉN
...............................................................................................................................................................
O II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de
Toén estrutúrase en torno ás seguintes áreas de actuación:
1. ALCALDÍA E ADMINISTRACIÓN LOCAL
2. EDUCACIÓN E CULTURA
3. EMPREGO, FORMACIÓN CONTINUA E CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, PERSOAL E FAMILIAR
4. SAÚDE E BENESTAR SOCIAL
5. ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
6. SENSIBILIZACIÓN SOCIAL NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
A continuación recóllense os obxectivos propostos en cada unha destas áreas e as
respectivas actuacións a realizar para o desenvolvemento do II Plan para a Igualdade de
Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Toén.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
46
ÁREA 1: ALCALDÍA E ADMINISTRACIÓN LOCAL
OBXECTIVO XERAL: Sensibilizar e implicar á Administración local no fomento da igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes, promovendo a aplicación da perspectiva de xénero dun
xeito transversal en todas as súas actuacións.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.1.1. Difundir o principio de igualdade
de oportunidades entre mulleres e
homes e dar a coñecer os instrumentos
para a implantación das políticas públicas
neste eido entre o persoal técnico e
político do Concello de Toén.
1.1.1. Formación en materia de Igualdade de
Oportunidades do persoal municipal, de cara a fomentar a introdución da estratexia do mainstreaming de xénero nos seus ámbitos de traballo, aproveitando os recursos formativos en materia de igualdade postos en marcha por outros organismos e administracións públicas.
1.1.2. Sensibilización do persoal técnico e político do
Concello sobre a importancia dun uso non sexista da linguaxe na vida pública.
O.E.1.2. Impulsar a incorporación
sistemática da perspectiva de xénero en
todas as actuacións da Administración
local, promovendo ase mesmo a
aplicación de medidas específicas para o
fomento da igualdade entre mulleres e
homes dende o Concello de Toén.
1.2.1. Supervisión da ausencia de carácter discriminatorio
no contido gráfico e lingüístico da comunicación e/ou publicidade municipal.
1.2.2. Establecemento de mecanismos para a avaliación
do impacto de xénero das iniciativas e actuacións levadas a cabo dende a administración local.
1.2.3. Participación no desenvolvemento de acordos de
colaboración municipal con diferentes organismos e institucións, para coordinar a execución de programas conxuntos que persigan a igualdade de oportunidades.
1.2.4. Incorporación da figura de profesionais
especializados/as que impulsen, xestionen e difundan accións para o fomento da igualdade de oportunidades no Concello de Toén, tentando establecer para isto redes de colaboración con outras administración locais.
1.2.5. Difusión dos contidos do PIO entre o persoal
técnico e político do Concello de Toén, de cara a impulsar a realización das distintas actuacións nel recollidas e sistematizar o seu seguimento.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
47
ÁREA 2: EDUCACIÓN E CULTURA
OBXECTIVO XERAL: Promover un cambio nos roles e estereotipos que propician as desigualdades
entre mulleres e homes a través da realización de actividades educativas e culturais que integren
a perspectiva de xénero.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.2.1. Fomentar a realización de
actividades de educación formal e non
formal para a poboación en idade escolar
que incorporen dun xeito transversal a
perspectiva de xénero e promovan a
igualdade de oportunidades entre nenas
e nenos.
2.1.1. Integración da perspectiva de xénero en todas
aquelas actividades dirixidas ao público infantil que estean organizadas e/ou promovidas polo Concello.
2.1.2. Colaboración cos centros de ensino na realización
de actividades que incidan na ruptura dos estereotipos e roles tradicionais de xénero, na promoción da igualdade de oportunidades e na prevención da violencia de xénero.
2.1.3. Realización de actividades de carácter lúdico
dirixidas ao público infantil programadas especificamente para sensibilizar na igualdade de oportunidades entre nenas e nenos.
O.E.2.2. Sensibilizar á comunidade
educativa no principio da igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes,
concienciándoa da súa importante
función socializadora e implicándoa na
consecución dunha sociedade máis xusta
e igualitaria.
2.2.1. Asesoramento á Asociación de Nais e Pais na
programación de actividades libres de estereotipos sexistas e que promovan a igualdade entre nenas e nenos.
2.2.2. Colaboración coa Asociación de Nais e Pais no
desenvolvemento de obradoiros e actividades de sensibilización das familias sobre a importancia da coeducación e da promoción da igualdade dende o ámbito familiar.
2.2.3. Colaboración co profesorado para integrar de xeito
sistemático os principios da coeducación no seu labor docente.
O.E.2.3. Dinamizar a oferta cultural do
Concello, incorporando a perspectiva de
xénero na súa programación e
visibilizando as achegas das mulleres
neste ámbito.
2.3.1. Aplicación da perspectiva de xénero en todas as
actividades culturais levadas a cabo e/ou promovidas dende o Concello.
2.3.2. Incorporación da perspectiva de xénero nas
actividades desenvoltas dende a Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello.
2.3.3. Organización, con carácter periódico, de
exposicións de creación artística das mulleres do territorio, para incentivar e difundir a súa creatividade.
2.3.4. Posta en marcha dun ciclo de cine no que se
aborden temáticas relacionadas coa igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
48
ÁREA 3: EMPREGO, FORMACIÓN CONTINUA E
CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, PERSOAL E FAMILIAR
OBXECTIVO XERAL: Contribuír á configuración dun mercado laboral máis equitativo entre
mulleres e homes.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.3.1. . Mellorar a capacitación formal
e informal das mulleres do noso
territorio, de cara a facilitar a súa
inserción laboral.
3.1.1. Deseño e posta en marcha de plans de formación
adaptados ás necesidades das persoas asistentes, especialmente dirixidos a aquelas mulleres desempregadas ou que desexen mellorar o seu emprego actual, en colaboración con outros organismos e administracións públicas.
3.1.2. Impulso da formación das mulleres que se atopen
nalgún colectivo considerado de difícil inserción laboral ou en risco de exclusión social (maiores de 45 anos, paradas de longa duración, vítimas de violencia de xénero, inmigrantes...), en colaboración con outros organismos e administracións públicas.
3.1.3. Promoción da realización de cursos de
alfabetización dixital para mulleres, de cara a facilitar o seu acceso ao emprego, ase como o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación, formación e promoción no seu traballo.
O.E.3.2. Promover a participación das
mulleres no mercado de traballo,
facilitando a súa inserción laboral e
contribuíndo a eliminar as barreiras aínda
existentes para a consecución da
igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes no ámbito laboral.
3.2.1. Mantemento do servizo de información e
asesoramento laboral, ofrecendo itinerarios personalizados de orientación e acompañamento á inserción laboral, con atención específica a aquelas mulleres con especiais dificultades para o acceso ao mercado de traballo.
3.2.2. Fomento da concienciación entre o empresariado
do Concello, para tratar de eliminar os prexuízos en materia de contratación de mulleres e difundir medidas incentivadoras para a súa contratación, especialmente naqueles postos e ámbitos nos que se atopan infrarepresentadas
3.2.3. Divulgación dunha imaxe non estereotipada dos
empregos, fomentando a igualdade de oportunidades no mundo laboral e traballando contra a segregación laboral feminina e masculina.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
49
O.E.3.3. Potenciar a creación, ampliación
ou mellora de servizos e recursos
sociocomunitarios que faciliten a
conciliación da vida laboral, persoal e
familiar de homes e mulleres.
3.3.1. Organización do “Banco do Tempo” para o
intercambio de prestacións voluntarias de coidado para e por persoas do Concello, en colaboración con outros organismos e administracións públicas.
3.3.2. Mantemento dos servizos de apoio para o coidado
de persoas dependentes que faciliten a conciliación e o respiro familiar, ampliando progresivamente a oferta de prazas e o horario, cando a demanda o aconselle.
3.3.3. Divulgación entre a cidadanía dos recursos sociais
e de conciliación da vida persoal, laboral e familiar existentes a súa disposición, creando na web do Concello o “Espazo de Conciliación”, cos horarios dos servizos municipais que podan resultar de interese para a cidadanía (Transporte escolar; Escola Infantil, Servizo de atención temperá do CEIP; Centro de día; actividades para nenas e nenos durante as vacacións...)
3.3.4. Difusión entre o empresariado local dos beneficios
da aplicación de prácticas de responsabilidade social e de conciliación da vida laboral e familiar.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
50
ÁREA 4: SAÚDE E BENESTAR SOCIAL
OBXECTIVO XERAL: Contribuír á mellora na calidade de vida da comunidade en xeral, e das
mulleres en particular, partindo dunha perspectiva integral da saúde que contemple o benestar
biolóxico, psicolóxico e social das persoas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.4.1. Promover hábitos de vida
saudables que minimicen os factores de
xénero na saúde dos homes e das
mulleres, contribuíndo a fomentar o
benestar biopsicosocial da comunidade.
4.1.1. Fomento da celebración de “Encontros para a
Saúde”, onde se desenvolvan actividades informativas e formativas en materia de promoción da saúde dende unha perspectiva de xénero
4.1.2. Realización - en colaboración con outros
organismos - de obradoiros formativos en materia de educación afectivo sexual dirixidos á poboación en idade escolar.
4.1.3. Posta en marcha dun Programa de envellecemento activo e saudable que atenda especificamente ás necesidades das mulleres maiores, en colaboración con outros organismos e entidades.
4.1.4. Mantemento e potenciación da Rede Municipal de circuítos biosaudables nos diferentes núcleos de poboación do Concello.
4.1.5. Introdución da perspectiva de xénero no Programa
de fomento do deporte do Concello, tentando acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes.
O.E.4.2. Integrar a perspectiva de xénero
nas actuacións encamiñadas a previr e
combater a exclusión social, atendendo
as necesidades e demandas específicas
daquelas mulleres que presentan factores
de risco social.
4.2.1. Información e asesoramento sobre servizos e
recursos económicos e sociais xestionados a través dos Servizos Sociais municipais (Banco de Alimentos; Renda de Integración Social de Galicia; Axuda de Emerxencia Social; pensións de invalidez, etc.), atendendo especialmente ás situacións de dobre risco social que poidan presentar as mulleres de determinados colectivos (familias monoparentais; paradas de longa duración; inmigrantes; vítimas de violencia de xénero; discapacitadas…)
4.2.2. Establecemento dun protocolo de actuación con
mulleres vítimas de violencia de xénero, fomentando o apoio entre os diferentes organismos e institucións que interveñen ante esta problemática social
4.2.3. Coordinación con outras áreas ou servizos que
estean a traballar con mulleres en colectivos desfavorecidos.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
51
ÁREA 5: ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
OBXECTIVO XERAL: Fomentar a participación social de mulleres e homes, apoiando a
cooperación e o asociacionismo e implicando ás entidades presentes no municipio na promoción
da igualdade entre mulleres e homes.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.5.1. Favorecer a participación activa
da cidadanía na vida pública do Concello,
implicándoa na consecución da igualdade
de oportunidades entre mulleres e
homes
5.1.1. Fomento da participación da cidadanía nas
iniciativas e actividades postas en marcha dende o Concello, tentando acadar unha presenza igualitaria de mulleres e homes nelas.
5.1.2. Impulso da participación e implicación da cidadanía
na consecución do PIO.
5.1.3. Creación e consolidación da “Mesa de
participación pola igualdade” onde estean representados tódolos axentes sociais
O.E.5.2. Fomentar o mantemento e
dinamización do tecido asociativo do
municipio, con especial atención ás
asociacións de mulleres rurais existentes
na zona.
5.2.1. Apoio do asociacionismo, con especial atención ás
asociacións de mulleres rurais da zona, asesorándoas no seu funcionamento e difundindo as súas actividades e iniciativas.
5.2.2. Mantemento dunha liña de subvencións para as
asociacións, valorando a incorporación da perspectiva de xénero na súa programación de actividades.
5.2.3. Promoción do traballo en rede entre as asociacións
da zona, fomentando a colaboración e o coñecemento mutuo
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
52
ÁREA 6: SENSIBILIZACIÓN SOCIAL NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
ENTRE MULLERES E HOMES E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
OBXECTIVO XERAL: Implicar á cidadanía na consecución dunha igualdade real entre mulleres e
homes e na superación das discriminacións por razón de xénero aínda existentes, visibilizando os
diferentes tipos de violencia de xénero exercidos contra as mulleres
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS
O.E.6.1. Sensibilizar á poboación xeral
sobre o valor da igualdade de
oportunidades, fomentando o seu
compromiso na consecución dunha
sociedade máis xusta e igualitaria e na
loita contra todos os tipos de violencia
exercidos contra as mulleres
6.1.1. Creación dun área na web do Concello con enlaces
sobre a igualdade.
6.1.2. Promoción e apoio á organización de seminarios
específicos en materia de Igualdade dirixidos a empresas,
asociacións e entidades que colaboren co Concello.
6.1.3. Realización de actos de concienciación,
sensibilización e información que tenten visibilizar os diversos tipos de violencia de xénero existentes e rachar cos mitos sobre a mesma aínda presentes na sociedade.
6.1.4. Difusión do PIO entre a cidadanía en xeral, de cara
a dar a coñecer a filosofía e obxectivos do mesmo.
O.E.6.2. Fomentar un cambio de actitude
favorable á corresponsabilidade no
ámbito público e privado, concienciando
á poboación da necesidade de compartir
as responsabilidades familiares e
domésticas, contribuíndo á erradicación
dos estereotipos sexistas na asignación
de tarefas dentro e fóra da familia.
6.2.1. Información e asesoramento sobre dereitos en
materia de permisos parentais e apoio no exercicio deste dereito.
6.2.2. Promoción da realización de actividades específicas
de sensibilización entre a poboación xeral, especialmente entre os homes, para intensificar a idea de compartir en igualdade o traballo doméstico, os coidados e as responsabilidades familiares.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
53
5. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE TOÉN
...............................................................................................................................................................
Durante a execución do II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres
e Homes 2013 – 2017 o enlace de coordinación será o responsable liderar o desenvolvemento dunha
avaliación continua e final, distinguindo as seguintes fases no proceso de avaliación:
A) AVALIACIÓN CONTINUA DO PIO: avaliación que será realizada de xeito sistemático a través
dun sistema de recollida da información, levando a cabo un monitoreo das accións no que se
rexistre de xeito organizado os datos sobre cada unha das actuacións desenvoltas. A avaliación
continua supón o seguimento da execución do PIO para determinar se o mesmo cumpre cos
obxectivos propostos e revisar a súa evolución.
B) AVALIACIÓN INTERMEDIA DO PIO: avaliación que será realizada de xeito anual para contrastar
os datos obtidos a través da avaliación continua, valorar as accións desenvoltas e determinar os
posibles axustes a realizar no desenvolvemento do PIO.
C) AVALIACIÓN FINAL DO PIO: avaliación que será realizada unha vez remate a execución do PIO
de cara determinar o impacto de xénero da súa aplicación, redactando un informe no que se
establezan recomendacións sobre futuras accións municipais no eido da promoción da
igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Para o seguimento e avaliación do PIO teranse en conta criterios tanto cualitativos como
cuantitativos que dean conta dos avances cara á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no
Concello de Toén. Sinaladamente, no proceso de avaliación atenderase aos seguintes criterios
cuantitativos e cualitativos:
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
54
CRITERIOS CUALITATIVOS
Pertinencia: Criterio relacionado coa diagnose previa e a planificación das actuacións, de cara a
determinar se as acción propostas teñen correspondencia coas necesidades e intereses
estratéxicos detectados.
Eficacia: Criterio que relaciona os resultados esperados das actuacións cos que se acadaron
finalmente, de cara a comprobar se as acción son eficaces e acadan resultados concretos na
promoción de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Eficiencia: Criterio que relaciona os resultados obtidos co seu custe, de cara a determinar a
adecuación custe/ beneficio. Sinalar, nembargante, que este criterio non pode valorarse de xeito
illado, dado que moitas das accións de sensibilización social son pouco eficientes en se mesmas,
requirindo de moitos recursos para acadar pequenos e progresivos resultados.
Viabilidade: Criterio que determina a posibilidade de que os resultados obtidos trala execución das
accións se manteñan no tempo sen necesidade de mobilizar novos recursos, de cara a determinar
se as accións xeneran efectos positivos continuados para a igualdade entre mulleres e homes.
CRITERIOS CUANTITATIVOS
Número de persoas participantes nas accións do PIO, desagregadas por sexo
Grao de satisfacción das persoas que participan nas accións
Número e tipo de asociacións/ entidades no concello
Número e tipo de asociacións/ entidades no concello que participan na execución do PIO
Número de actuacións planificadas no PIO
Número de actuacións desenvoltas
Recursos económicos destinados
De cara a facilitar o monitoreo das accións, empregarase unha ficha para a recollida de
información como instrumento marco de traballo, o cal recollemos a continuación.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
55
FICHA DE SEGUIMENTO
PLAN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
2013 – 2017 CONCELLO DE TOÉN
CÓDIGO E NOME DA ÁREA DE ACTUACIÓN
CÓDIGO DO OBXECTIVO:
LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLL
CÓDIGO DA ACTUACIÓN:
LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLL
DESCRICIÓN DA ACCIÓN
PERSOAS DESTINATARIAS
ÁREA/S OU PERSOA/S RESPONSABLE/S DA
EXECUCIÓN
ORGANIZACIÓNS/ENTIDADES COLABORADORAS
NA EXECUCIÓN (SE PROCEDE)
TEMPORALIZACIÓN DA ACTUACIÓN (DATA OU
PERÍODO DE REALIZACIÓN)
LOCALIZACIÓN DA ACTUACIÓN
Nº DE PERSOAS PARTICIPANTES (SE PROCEDE) MULLERES/NENAS: LLLLLLLLL HOMES/NENOS: LLLLLLLL
Nº E TIPO DE ENTIDADES/ASOCIACIÓNS
PARTICIPANTES (SE PROCEDE)
ORZAMENTO TOTAL
AVALIACIÓN CUALITATIVA DA ACTUACIÓN:
PERSOA QUE CUBRE A FICHA E DATA
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
56
6. GLOSARIO DE TERMOS
...............................................................................................................................................................
Acción Positiva:
Estratexia destinada a establecer a igualdade de oportunidades a través da implantación de medidas que permitan contrarestar ou corrixir aquelas discriminacións que son o resultado de prácticas ou sistemas sociais. Comité para a Igualdade entre mulleres e homes do Consello de Europa
Androcentrismo:
Visión do mundo e das cousas, desde o punto de vista teórico e do coñecemento, na que os homes son o centro e a medida de todas elas, ocultando e facendo invisible todo o demais, entre elas as achegas e contribucións das mulleres á sociedade. Unha visión androcéntrica presupón que a existencia masculina sería “a universal”, a principal, a referencia ou representación da humanidade, obviando a experiencia feminina. Palabras para la Igualdad. Biblioteca Básica vecinal.
Barreiras invisibles:
Actitudes resultantes das expectativas, normas e valores tradicionais que impiden a plena participación da muller na sociedade. 100 palabras para a igualdade. Comisión Europea
Coeducación:
Posicionamento pedagóxico que implica unha intervención educativa que parte do respeto á diferenza e o recoñecemento do valor das persoas, potenciando o desenvolvemento integral de nenas e nenos dende a plena igualdade.
Conciliación:
Supón propiciar as condicións para lograr un adecuado equilibrio entre as responsabilidades persoais, familiares e laborais. Trátase dun un concepto que tradicionalmente apareceu ligado, en exclusiva, ás mulleres, polo que é necesario transcender o seu significado para lograr unha auténtica corresponsabilidade, prestando especial atención aos dereitos dos homes nesta materia, evitando que as mulleres sexan as únicas beneficiarias dos dereitos relativos ao coidado de fillos e outras persoas dependentes, xa que a asunción en solitario por parte das nais destes dereitos entra en colisión co seu dereito de acceder e permanecer no emprego. Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (2008-11). Instituto da Muller.
Corresponsabilidade:
Concepto que vai máis aló da mera “conciliación” e que implica compartir a responsabilidade dunha situación, infraestrutura ou actuación determinada. As persoas ou axentes corresponsables posúen os mesmos deberes e dereitos na súa capacidade de responder as súas actuacións nas situacións ou infraestruturas que están ao seu cargo. Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (2008-11). Instituto da Muller.
Discriminación directa:
Considérase discriminación directa por razón de sexo a situación en que se atopa unha persoa que sexa, fose ou puidese ser tratada, en atención ao seu sexo, de maneira menos favorable que outra en situación comparable. Artigo 6.1. LEI ORGÁNICA 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
57
Discriminación indirecta:
Considérase discriminación indirecta por razón de sexo a situación en que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros pon a persoas dun sexo en desvantaxe particular con respecto a persoas do outro, salvo que dita disposición, criterio ou práctica poidan xustificarse obxectivamente en atención a unha finalidade lexítima e que os medios para alcanzar esa finalidade sexan necesarios e adecuados. Artigo 6.2. LEI ORGÁNICA 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Empoderamento:
Termo acuñado na Conferencia Mundial das Mulleres en Beijing (Pequín), en 1995, para referirse ao aumento da participación das mulleres nos procesos de toma de decisións e acceso ao poder. Actualmente, esta expresión leva tamén outra dimensión: a toma de conciencia do poder que, individual e colectivamente, ostentan as mulleres e que ten que ver coa recuperación da súa propia dignidade e autonomía como persoas. Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (2008-11). Instituto da Muller.
Estereotipos de xénero:
Os estereotipos son un conxunto de ideas e crenzas sobre un determinado grupo humano que, sen basearse en criterios obxectivos, atribúen a tódolos compoñentes do grupo determinadas características. No caso dos estereotipos de xénero, son ideas demasiado simplificadas pero fortemente asumidas sobre as formas de ser, pensar e actuar de homes e mulleres.
Feminismo:
O feminismo oponse aos abusos en función do sexo: non é o contrario do machismo, pero é absolutamente contrario ao machismo. É unha tradición política da Modernidade, igualitaria e democrática, que mantén que ningún individuo da especie humana debe ser excluído de calquera ben e de ningún dereito por mor do seu sexo. Amelia Valcárcel
Feminización:
Fálase de sector, actividade ou profesión feminizada, cando estes están ocupados case exclusivamente por mulleres.
Feminización da pobreza:
Proceso de empobrecemento das mulleres como consecuencia das desigualdades existentes a nivel político, económico e social, que xeneran un maior risco de exclusión social e marxinalidade para as mesmas.
Igualdade formal versus igualdade real:
A igualdade formal fai referencia aos diferentes textos lexislativos, constitucións, tratados, regulamentos e convenios que recoñecen a necesidade de velar pola igualdade como un dereito que debe ser garantido para homes e mulleres. A igualdade real supón verificar se o principio de igualdade formal concrétase na práctica, cun equilibrio entre mulleres e homes nos seus dereitos e obrigas como cidadás e cidadáns.
Igualdade de Oportunidades:
Principio xeral cuxos dous aspectos son a igualdade de trato entre as persoas e a igualdade entre mulleres e homes. Devandito principio debe aplicarse en todos os sectores e, en especial, na vida profesional, a educación e o acceso á asistencia sanitaria, os bens e os servizos. Unión Europea
Igualdade de Xénero:
Fai referencia á ausencia de discriminación, en base ao sexo, sobre as oportunidades e o acceso aos recursos dos que as persoas gozan.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
58
Linguaxe sexista:
Denomínase así a aquela linguaxe que nomea a realidade ocultando o feminino ao integralo no masculino, imposibilitando deste xeito que se nomee o mundo dende o xénero feminino.
Machismo:
Conxunto de normas, actitudes e trazos socioculturais que ten como fin último perpetuar o dominio e o control de poder dos homes e a submisión das mulleres.
Micromachismo:
Actitudes de dominación “suave” ou de "baixa intensidade", formas e modos larvados e negados de abuso e imposición ás mulleres na vida cotiá. Agora que as "grandes" violencias e dominacións masculinas estanse deslexitimando socialmente cada vez máis, probablemente sexan as armas, trucos, tretas e trampas máis frecuentes que os homes utilizan actualmente para exercer a súa "autoridade" sobre as mulleres, ocupando gran parte do repertorio de comportamentos masculinos "normais" cara a elas. Luís Bonino
Misoxinia:
Actitude de odio cara ás mulleres polo feito de selo.
Patriarcado:
Sistema de prácticas e estructuras sociais a través das cales explótase e oprímese ás mulleres, de xeito que estean sometidas ao poder dos homes.
Perspectiva de Xénero:
Sistema polo cal analízase a realidade tomando en consideración as diferencia entre mulleres e homes, os seus roles na sociedade, as relacións desiguais de poder entre eles e as consecuencias destas desigualdades sobre as súas vidas, saúde e benestar.
Plan de Igualdade:
Un plan de igualdade é unha ferramenta que se utiliza para diagnosticar e propor medidas que eliminen as situacións de desigualdade nunha organización ou entidade. O máis habitual é utilizalo na administración pública, especialmente nos concellos, pero tamén se aplica ás empresas. Un plan de Igualdade caracterízase por ser transversal, o que quere dicir que se pode aplicar a todos os ámbitos dunha organización.
Políticas de Igualdade:
Posta en marcha de medidas compensatorias tendentes a eliminar aquelas discriminacións por razón de sexo que limitan a mulleres e homas na oportunidade de acceder e desenvolverse en igualdade an calquera ámbito, xa sexa político, social, económico, cultural, afectivo, educativo, etc..
Roles de xénero:
Tarefas e actividades que unha cultura determinada asigna a cada sexo, o que leva consigo unha distribución desigual de recompensas e unha diferenciación na súa posición dentro da xerarquía social. Os roles están asociados a ámbitos de relación, determinando tempos e espazos diferenciados.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
59
Rol productivo:
Son as tarefas que se desenvolven na esfera pública, é o espacio do mercado, rexido polos criterios de intercambio e beneficio. Inclúe todas aquelas actividades que se desenvolven cun fin económico. O rol productivo foi tradicionalmente o rol masculino.
Rol reproductivo:
Son as tarefas que se desenvolven na esfera privada, é o espacio doméstico, rexido pola gratuidade e reciprocidade. Inclúe todas aquelas actividades que son fundamentais para a vida das persoas como a crianza, o coidado e o afecto. O rol reproductivo foi tradicionalmente o rol feminino.
Segregación horizontal:
Concentración de mulleres e homes por sectores da economía. As mulleres acceden máis facilmente a empregos ou estudos que se presupoñen tipicamente femininos – como os servizos - á vez que atopan obstáculos e dificultades para chegar a ocupacións que socialmente se seguen a considerar masculinas, aquelas ligadas á produción, á ciencia e aos avances das tecnoloxías.
Segregación vertical:
Concentración de mulleres e homes en postos de traballo diferenciados segundo niveis de responsabilidade. A falta de acceso das mulleres aos postos de poder e toma de decisións, é denominada "teito de cristal", fenómeno que establece límites ás posibilidades de ascenso laboral das mulleres.
Sexismo:
O sexismo é unha actitude caracterizada por menosprezar e desvalorizar, xa sexa por defecto ou por exceso, ás mulleres ou o que estas fan. A ideoloxía sexista asigna valores, capacidades e roles diferentes a homes e mulleres, exclusivamente en función do seu sexo, estereotipando, xeneralizando, incluso desvalorizando o que fan as mulleres fronte ao que fan os homes que é o que está ben, o que importa. Aitana Garí Pérez
Sexismo benevolente, sexismo moderno:
Os valores de sexismo transformáronse en novas formas máis encubertas e sutís de expresión que pasan máis inadvertidas, e que se seguen caracterizando por un tratamento desigual e prexudicial cara ás mulleres. O sexismo moderno baséase nos seguintes fundamentos: 1: Negación da discriminación; 2: Antagonismo ante as demandas que fan as mulleres; 3: Resentimento acerca das políticas de apoio que conseguen. María Lameiras Fernández
Sexo:
Características físicas que marcan a diferencia biolóxica entre machos e femias.
Sexualidade:
Conxunto de prácticas sexuais, integradas por aspectos físicos, emocionais, intelectuais e sociais do ser sexual.
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
60
Socialización de xénero:
Proceso a través do cal as persoas aprenden e interiorizan as formas de ser, pensar e actuar adscritas a mulleres e homes nunha sociedade dada, configurando a súa identidade de xénero.
Sororidade:
Provén de sor: irmá. Trata de establecer relacións de irmandade entre as mulleres, busca que se apoien, que se alíen para conseguir exercer os seus dereitos e que destapen as trampas patriarcais da “rivalidade feminina”.
Transversalidade ou mainstreaming:
O concepto de «transversalidade» consiste en ter en conta de forma sistemática as diferenzas entre as condicións, situacións e necesidades das mulleres e dos homes no conxunto das políticas e accións comunitarias. Este enfoque global e transversal require un esforzo de mobilización de todas as políticas. Comisión Europea (1996)
Violencia de Xénero ou Violencia contra as mulleres:
Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, inclusive as ameazas de tales actos, coacción ou privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública como privada. Está considerado o crime encuberto máis frecuente do mundo. Asemblea Xeral de Nacións Unidas
Xénero:
O xénero designa modelos sociais e conductas que determinan o masculino e o feminino nun lugar e tempo determinados. O “feminino” e o “masculino” non son feitos naturais ou biolóxicos, senón construcións culturais. Ao longo da historia todas as sociedades construíronse a partir das diferenzas anatómicas entre os sexos, convertendo esa diferenza en desigualdade social e política. Rosa Covo
II Plan para a Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Toén
_____________________________________________________________________________
61
Recommended