View
121
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
Imos para 3º cursoDepartamento de Orientación
(Actualización: abril de 2012)
Criterios de promoción
Promoción a 3º curso
Promoción a 3º curso con materias pendentes
2º curso superado con todas as materias aprobadas
2º curso con 1 ou 2 materias suspensas
Criterios de promoción
Repetición de 2º curso
Promoción por imperativo legal a 3º curso con materias pendentes
2º curso con 3 ou máis materias suspensas.
Nas condición anteriores, pero en caso de estar repetindo curso
Criterios de promoción
As materias pendentes non superadas en cursos anteriores é necesario recuperalas.
Hai que lembrar que unicamente se poderá repetir o mesmo curso unha soa vez.
E, con carácter xeral, dúas veces como máximo en toda a etapa.
Materias a cursar en 3º
Bioloxía e xeoloxía Ciencias sociais, xeografía
e historia Cultura clásica Educación física Educación plástica e visual Física e química Lingua castelá e literatura 1ª Lingua estranxeira
Lingua galega e literatura Matemáticas Música Obradoiro de iniciativas
emprendedoras Tecnoloxías 2ª lingua estranxeira Ensinanzas Relixiosas Titoría
Materias a cursar en 3º
As materias que se estuden en 3º curso de ESO resultan moi importantes de cara aos estudos posteriores que se podan cursar:• Bacharelato.• Ciclos formativos de grao medio.• Artes plásticas e deseño.• Ensinanzas deportivas.• Ensinanzas de danza.• Ensinanzas de idiomas.• Ensinanzas de música.
Materias a cursar en 3ºItinerarios formativos
Materias obrigatorias (xa cursadas en 2º)
Ciencias sociais, xeografía e historiaEducación física
Lingua castelá e literaturaLingua galega e literatura
1ª Lingua estranxeira
MatemáticasMúsica
TecnoloxíasEnsinanzas relixiosas
Titoría
Materias obrigatorias (non cursadas en 2º)
Bioloxía e xeoloxíaEducación plástica e visual
Física e química
Materias optativas (escoller 1)
Cultura clásica2ª lingua estranxeira
Obradoiro de iniciativas emprendedoras
Materias a cursar en 3ºItinerarios formativos
A 1ª Lingua estranxeira ten que coincidir obrigatoriamente coa xa cursada en 2º curso.
As Ensinanzas de Relixión a cursar poden ser diferentes ás xa cursadas en 2º curso.
Hai que lembrar que neste caso pódese elixir entre as seguintes opcións:• Relixión católica.• Historia e cultura das relixións.• Atención educativa.
Materias a cursar en 3ºItinerarios formativos
De cara á elección da materia optativa deberase ter en conta o seguinte:
• O alumnado que curse a materia de 2ª Lingua Estranxeira en 3º curso poderá cursala novamente en 4º curso.
• Nos demais casos hai que cambiar de materia optativa (non pode coincidir coa xa cursada en 3º curso).
• Ademais, a materia optativa que se curse en 3º contará con unha carga lectiva de 2 horas semanais, mentres que en 4º será de 3 horas á semana.
Materias a cursar en 3ºItinerarios formativos Cabe a posibilidade de que o alumnado que así desexe
participe dunha sección bilingüe en 3º curso.
A mesma desenvolverase na materia de Tecnoloxías.
Consiste en cursar a materia antes citada dun xeito bilingüe, empregando como linguas de aprendizaxe o castelán e o inglés.
O alumnado que desexe participar desta opción deberá indicalo no momento de formalizar a súa matrícula.
E se as cousas non van ben?
Programas de cualificación profesional (PCPI):• Alumnado de entre 16 e 21 anos de idade.• É necesario contar con un informe favorable do profesorado.
Educación das persoas adultas (EPA):• Requisito de idade: 18 anos.• En determinados casos, pódese acceder con menor idade.
Probas para o acceso a determinadas ensinanzas:• Requisito de idade: 17 anos.
E se as cousas non saen ben?
Probas para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria:• Requisito de idade: 18 anos.
Grazaspola vosa atención
Departamento de OrientaciónIES “Praia Barraña” (Boiro – A Coruña)
Teléfono / Fax: 981846054E-mail: ies.praia.barrana@edu.xunta.es
Recommended