View
8
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
INDICE
PRIMEIRA PARTE
INFORME HISTÓRICO SOBRE O PAZO DE MEIRÁS
1. As Torres de Meirás antes de 1938
2. Guerra Civil e Ditadura. Contexto.
2.1. Golpe militar. Sublevación e violencia
2. Xestión. Goberno.
3. O mito de Franco. Ideoloxía e valores.
2. Orixe e natureza da iniciativa. A Deputación na Junta Provincial Pro Pazo
del Caudillo.
3. Adquisición e inscrición do inmoble a nome de Franco (1938-1941). A
Deputación e a subscrición Pro Pazo del Caudillo.
4. A xestión do Pazo de Meirás na ditadura. Residencia particular ou
residencia oficial?. O papel da Deputación.
5. Conclusións
6. Bibliografía y fontes utilizadas
SEGUNDA PARTE
INFORME SOBRE A EVENTUAL CUALIFICACIÓN XURÍDICA PÚBLICA OU PRIVADA DO PAZO DE MEIRÁS
1. Feitos
2. Consideracións xurídicas
2.1. Sobre a cualificación dos negocios xurídicos celebrados até o ano 1941. A existencia dunha simulación contractual.
2.2. Sobre a incorporación do Pazo de Meirás ao Patrimonio Nacional
2.3. Sobre a natureza xurídica dos bens do Patrimonio Nacional
2.4. Sobre a posible recuperación do ben para o Patrimonio Nacional
PRIMEIRA PARTE
INFORME HISTÓRICO SOBRE O PAZO MEIRÁS
1. As Torres de Meirás antes de 1938
O que hoxe coñecemos por Pazo de Meirás é unha residencia señorial emprazada na
parroquia homónima do municipio coruñés de Sada. O solar, como espazo de
habitación nobiliaria, posúe unha antigüidade moi superior á do edificio actual. A
construción orixinal foi alzada nos anos 70 do século XIV polo cabaleiro Roi de
Mondego. Esta primitiva fortaleza, de connotacións defensivas, iría adquirindo, xa
na Idade Moderna, a tipoloxía propia dun pazo, asociada a unha explotación agro-
gandeira, e conformaría un vínculo fundado polo Comisario do Santo Oficio Pedro
Patiño de Bergondo no ano 1630 . A sucesión xenealóxica, a través de varias 1
xeracións e partindo de Marta Patiño de Lourido, sobriña do fundador do morgado,
levaranos ata a incorporación do apelido Pardo e, xa a mediados do século XVIII, ao
traslado da familia á veciña cidade da Coruña, empregando Meirás como residencia
durante os meses cálidos, o que será tónica dominante nos séculos seguintes.
Nos primeiros anos do século XIX, eran propietarios do solar de Meirás Miguel Pardo
Bazán e Joaquina Mosquera y Ribera. O vinculeiro, na súa etapa de estudante
universitario en Compostela, combatería a invasión napoleónica no seo do Batallón
Literario, rematando por ser destinado ao Regimiento Provincial de Pontevedra.
Esta implicación resultaría transcendente para o devir do Pazo: no ano 1809 será
atacado polos franceses como resposta á posición do seu propietario. Isto levaría a
Miguel Pardo Bazán a reedificar a casa, mais aproveitando a circunstancia para
modificala e retirarlle elementos asociados á súa natureza nobiliaria. É entón
cando adquire a nova denominación de Granja, máis ligada á actividade agraria
malia seguir sendo lugar de veraneo dos seus propietarios. A seguinte xeración en
posuíla será a de José Pardo Bazán, deputado a Cortes, xornalista e autor da
Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de agricultura en Galicia, que
contraería matrimonio con Amalia de la Rúa e acadaría o título pontificio de Conde
de Pardo Bazán.
DE LA VÁLGOMA, D. (1952): La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: nobiliario, Imprenta Aldecoa, 1
Burgos; MARTÍNEZ BARBEITO, C. (1978): Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, Deputación da Coruña, A Coruña; OZORES PEDROSA, X. et al. (1928): Los pazos gallegos, PPKO, Vigo.
A única filla deste matrimonio será a figura máis relevante da familia: a escritora
Emilia Pardo Bazán, que, nacida na Coruña no ano 1851, empregará Meirás como
residencia boa parte do ano e como lugar de creación literaria: «en donde me hallo
mejor para sentir esta grata fiebre de la creación artística –dicía a autora de Los
Pazos de Ulloa– es aquí, en la vieja Granja de Meirás, en este rincón apacible de las
risueñas Mariñas», e engadía que «no es que la Granja tenga aspecto romancesco,
ni se parezca a ningún castillo de Escocia, ni a esos modernos palacetes que el
dinero y la vulgaridad mancomunados siembran por los caminos de San Sebastián y
Biarritz. […] A la casa, baja e irregular aunque extensa, se la come la vegetación
cubriéndola por todas partes» . 2
En efecto, a vella Granja era un edificio no que primaba a función agropecuaria e
que non reunía as características que a escritora e a súa nai consideraban
apropiadas ao seu estatus e ás súas necesidades. Por iso decidirán, logo da morte
de José Pardo Bazán, acometer a construción dun novo edificio: as Torres de
Meirás . As obras prolongaranse desde xullo de 1894 ata o ano 1910, e contarán coa 3
peculiaridade de estaren dirixidas por ambas condesas, nai e filla. Amalia de la Rúa
trazará a distribución interior e dona Emilia encargarase de deseñar o aspecto
exterior e a ornamentación das diferentes estancias, debuxando mesmo os motivos
pétreos que decoran fachadas e paredes. Outras persoas que intervirán serán o
arquitecto Vicente Lampérez, con puntuais asesoramentos, e Rafael Balsa de la
Vega, que participou no proxecto da capela.
O resultado sería un edificio de estilo historicista, de connotacións neorrománicas,
composto por tres torres cadradas en esquina formando escuadra. Completa o
conxunto unha nave prolongada en forma de «L». Os elementos máis destacados da
ornamentación exterior do edificio están dispostos en torno aos vanos: as
arquivoltas da porta principal e da capela, os arcos de ferradura do primeiro andar
da torre baixa da fachada principal e, sobre todo, o balcón do andar superior da
«Apuntes autobiográficos», en FREIRE LÓPEZ, A. Mª. (2001): «La primera redacción, autógrafa e 2
inédita, de los Apuntes «autobiográficos» de Emilia Pardo Bazán», Cuadernos para Investigación de la Literatura Hispánica, nº 26: pp. 305-336.
ACOSTA, E. (2007): Emilia Pardo Bazán. La luz en la batalla. Biografía, Lumen, Barcelona.3
torre alta . A eles, de evidentes trazos medievalizantes, únense as almeas que 4
coroan as tres torres. Os muros, por outra parte, están recubertos con panos de
perpiaño de granito, de certa irregularidade.
As Torres atópanse rodeadas de xardíns, con zonas de recreo e arborado, que
ocupaban entón unha superficie de 5,6 Ha. A escasos metros das Torres, decidían
conservar a vella Granxa, remodelada para uso do servizo.
O edificio principal distribúese en dous andares, a excepción das torres. No
interior, destaca o amplo vestíbulo, con escalinata central de pedra e dividido en
dúas estancias por un arco de grandes dimensións. Ao redor deste habitáculo,
distribúense as diferentes estancias. Na planta baixa, a capela, cun retablo barroco
procedente do pazo de Santa María de Sada; a zona nobre, cos salóns, biblioteca,
antigo despacho da Pardo Bazán e comedor, e, na parte traseira do edificio, os
espazos destinados á cociña e o servizo. No andar superior, os dormitorios. Na
distribución de estancias interiores distínguese a torre de Levante, a de maior
altura. Orixinalmente estaba destinada a albergar habitacións de uso particular da
escritora: despacho na planta baixa, dormitorio, vestidor, baño e, no último andar,
biblioteca e área de traballo, asomando ao balcón das Musas. Na decoración
interior, ademais dos elementos mobles, destacan as chemineas labradas en
granito, con tallas alegóricas deseñadas pola Pardo Bazán.
Unha vez concluído o edificio, as agora denominadas Torres de Meirás acollerán á
familia Pardo Bazán cada ano desde o comezo da primavera ata a fin do verán.
Meirás ficará ligado á figura da escritora, será escenario dalgunhas das súas ficcións
literarias, como a novela La Quimera, e converterase nun centro cultural e político
visitado polas figuras das letras e das artes que facían estancia na cidade da
Coruña, pero tamén por políticos e representantes da nobreza e das monarquías
europeas, desde o príncipe Alberte de Mónaco ata o rei Alfonso XIII . As Torres terán 5
unha presenza mediática continuada en xornais e revistas de ámbito galego e
SÁNCHEZ GARCÍA, J. A. (2010): «Las Torres de Meirás. Un sueño de piedra para la Quimera de 4
Emilia Pardo Bazán», en Goya, 07-09/2010.
La Época, 02/08/1909, La Época, 30/09/1927 e Vida Gallega, 10/10/1927.5
estatal, xa ligada á actividade creativa da condesa, xa aos eventos que alí tiñan
lugar de cotío . 6
No ano 1921 falecerá a propietaria do inmoble, legándoo en usufruto ao seu fillo,
Jaime Quiroga de Pardo Bazán, e en propiedade ao seu neto, aínda menor, Jaime
Quiroga Esteban-Collantes. O inmoble seguirá a ser lugar de veraneo dos fillos de
dona Emilia: Jaime Quiroga e a súa muller, Manuela Esteban-Collantes, Blanca
Quiroga e o seu marido, o xeneral Cavalcanti, e Carmen Quiroga. Porén, os
períodos de residencia nas Torres acurtaranse progresivamente e Meirás irá
perdendo protagonismo mediático. A sublevación militar de xullo de 1936 marcará
o futuro do edificio, en primeiro lugar, polo asasinato dos seus propietarios, Jaime
Quiroga Esteban-Collantes e o seu único fillo, que daba por extinguida unha
descendencia de Pardo Bazán limitada agora á súa filla Blanca e á súa nora Manuela
Esteban-Collantes, nova propietaria en exclusiva do inmoble. Por outra parte, as
Torres de Meirás rematarán en mans do novo Xefe do Estado.
2. Guerra Civil e Ditadura. Contexto.
2.1. Golpe militar. Sublevación e violencia
A sublevación militar de xullo de 1936 derivou nunha guerra civil de tres longos
anos. A súa percepción non é doada de reflectir, xa que en moi pouco tempo
considerouse unha situación singular como cotidiana. De repente xurdiron as
necesidades máis primarias como prioritarias. Sobrevivir converteuse na norma
vital ante a escalada de represión provocada en Galicia desde o día 20 dese mes.
Fuxir como se puidera dun entorno no que a crueldade converteuse en norma.
Onde todo o mundo se percibía a si mesmo sen matices. Maniqueo. Branco ou
negro. Azul ou «rojo».
Sirvan as seguintes como mostras desa presenza na prensa: El Heraldo de Madrid, 02/11/1900; La 6
Época, 01/07/1902; El Imparcial, 02/08/1905; ABC, 28/08/1908; La Época, 02/08/1909; El Noroeste, 26/11/1909;Nuevo Mundo, 01/09/1910; La Época, 18/10/1910; Por Esos Mundos, 01/11/1910;ABC, 18/07/1910; La Ilustración Artística, 12/06/1911; La Correspondencia de España, 22/07/1916; América-Latina, 09/1916; La Esfera, 21/04/1917; La Ilustración Española y Americana, 22/01/1920; Id., 30/01/1920; El Orzán, 25/07/1920; El Imparcial, 30/07/1920, ou ABC, 30/07/1920.
Os novos dirixentes da sociedade, do «Nuevo Estado», tiñan necesidades de
lexitimación. O seu refrendo non eran os votos, era a violencia, e sobre todo, foi a
vitoria no campo de batalla. A represión era algo máis que un pano de fondo:
converteuse nun dos pivotes do sistema. Non existiu un convencemento ideolóxico,
senón unha forzosa adaptación que servía para os obxectivos do novo poder. Estes
eran inicialmente frear a orientación fronte populista da República. Logo perdurar
no poder. O medo é unha peza fundamental en todas as Ditaduras, pero non resulta
moi doado de comunicalo a partir de informes controlados polo propio réxime.
O terror sentíase. Formaba parte do devir diario, mais só se pode percibir entre
liñas. Ou se transmitía, a través de cada testemuña que deixou pegada do seu
sufrimento . A realidade das relacións sociais, das estruturas de poder e do seu 7
exercicio era ben distinta do que se difundía por vías «oficiais», aínda dos informes
internos que utilizamos como pezas indispensables para este traballo. Vivir nunha
ditadura non é o mesmo que lela ou escribila.
Onde o golpe triunfou desde os primeiros días, como foi o caso daquela Galicia de
finais de xullo de 1936, identificouse de xeito inmediato o control da orde pública
primeiro coa eliminación da oposición ó golpe, e logo, cunha enorme campaña de
limpeza para asegurar a retagarda. O protagonismo do exército desde o primeiro
momento na dirección da sublevación determinou sen dúbida o carácter da
represión. Os militares xogaban o seu papel na sociedade civil a través da forza,
non do debate ideolóxico.
Realizouse un enorme proceso de depuración desde a aplicación dos primeiros
bandos de guerra para os poderes locais, executada por paramilitares ou as mesmas
unidades militares sublevadas. A vantaxe dunha guerra civil é que se coñece onde
está o que se considera «inimigo»: «La violencia rebelde fue, a la vez, masiva y
selectiva. Masiva en cantidad y selectiva en naturaleza» . 8
«Aquí miedo al régimen, ninguno, aquí había miedo a la guardia civil»; cita dunha testemuña en 7
CABANA, A. (2009):Xente de orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia, TresCTres Editores, Santa Comba: p. 268.
RODRIGO, J. (2017):Una historia de violencia. Historiografías del terror en la Europa del siglo XX, 8
Anthropos-UNAM-Siglo XXI, México:p. 86.
Tras a sublevación e os tres anos de guerra civil, a continuidade dunha situación
bélica foi continuada co inicio da Segunda Guerra Mundial. Aínda da imaxe de
rotunda fortaleza a dirección da Ditadura polo Xeneral Franco tivo momentos de
crise. Ás posibilidades certas de invasión alemá da Península Ibérica nos anos 1940
e 1941, se lle engadiron ó ano seguinte ás dunha invasión aliada polo norte galego
en 1942, o ano seguinte á caída do réxime nos feitos de apoio a Restauración
Monárquica entre os meses de verán e outono de 1943, ou a presión final dos
derradeiros anos do conflito mundial polasúa participación ó lado do Eixe. Mesmo
tras a finalización do conflito o recoñecemento das potencias occidentais
converteuse nun proceso lento que tivo que ser xestionado pola Ditadura.
Visto nesta perspectiva, desde 1936 o réxime do Xeneral Franco estivo nunha
permanente situación de provisionalidade, e polo tanto, unha constante necesidade
de «visualizar» o seu poder a través da violencia. Non era posible doutro xeito, xa
que desde o primeiro momento foi unha peza chave para o mantemento do
sistema. A indefensión, a impunidade, a ausencia de dereitos ante o poder do
Estado era a outra cara da moeda do sistema.
2.2. Xestión. Goberno
Os sublevados chegan de xeito sorpresivo ó control das institucións. O control da
sociedade galega queda en mans de Delegados de Orden Público que se confunden
nos primeiros días na súa capacidade de mando cos Gobernadores da provincia. A
partir do mes de setembro de 1936, cando se considera que a sublevación vaise
converter nunha guerra de trincheiras, precisan un proceso de estabilización da
retagarda, un goberno da sociedade. E comezan a dotarse de novos elementos.
Case como si de «paus de cego» se tratara, nun laboratorio de probas, desenvolven
o Nuevo Estado nas zonas ocupadas inicialmente.
Mais desde os primeiros meses do outono de 1936 insistiuse nun determinado xeito
de gobernanza radicalmente distinto do utilizado no período democrático
republicano. Fronte a variedade de opcións e alternativas dispoñibles no precario
diálogo parlamentario da Europa de entreguerras, a capacidade de xestión
impúxose como peza fundamental da política. Os perfís técnicos convertéronse nas
novas pezas clave do organigrama institucional, especialmente nos seus núcleos
urbanos e cabeceiras de provincia.
A insistencia na xestión como valor positivo fronte ó que se consideraba o «estéril»
debate da República provocaba que se primara a xerarquía, o mando, a obediencia
e a disciplina. Trasladábase o modelo militar ó civil, adaptando relatos e
argumentacións baseados na xustiza social. O novo poder só tiña que desenvolver
aquel presente coa mellor capacidade de xestión posible, mais sen asumir
responsabilidades de representatividade ante a sociedade –xa que a lexitimidade xa
estaba gañadapolas armas-. O equilibrio acádase ante os iguais, nun entorno
constante de pugna polo poder.
Durante moitos anos o réxime xurdido do golpe militar de xullo de 1936 non foi
recoñecido maioritariamente como «Franquismo». Esta denominación comeza a
considerarse varios anos despois do remate da Segunda Guerra Mundial, momento
no que o Estado español tenta e acada a súa inserción no espazo diplomático
internacional. Ata ese intre non se pretende botar abaixo o franquismo senón a
Franco. Eran realidades distintas. Non era o sistema de dominio o que se erixe
como a imaxe do Estado, senón o goberno unipersoal dun Xeneral que dirixe unha
Ditadura militar. Ata daquela era unha especie de «primus inter pares», sendo os
seus Xenerais compañeiros de armas. Aquí tamén España era unha singularidade, un
anacronismo no contexto da Europa Occidental.
O Estado diluíuse, desaparece tras o control de salientables figuras e persoas
representativas do que se dá en chamar as «familias» do réxime, acepción que non
agacha outra cousa que os distintos grupos de poder conservador xunto a algúns
novos máis necesitados de apoios tradicionais. Á hora das decisións importaba
moito máis a práctica que a teoría, a crúa realidade ante unha fachada amable.
Nunca se desprezou a difusión dun discurso amable, para non expresar a práctica
diaria e descarnada do poder.
O deterioro da consideración da función pública foi rotunda. Non foi só unha
cuestión de escaseza de recursos. O Estado, como «res pública», foi desmantelado.
A renovación ou substitución de funcionarios municipais para executar de xeito
eficaz o traballo foi considerado case accesorio, xa que o que importaba era a
capacidade da escala superior de mando polas súas relacións. A arbitrariedade
deste proceso de depuración foi considerada en informes internos como un
problema, xa que afectaba á mesma construción da imaxe do Nuevo Estado. O
desenvolvemento do que despois se chamou Estado franquista non era a
mobilización, senón pola contra a desmobilización como elemento de consenso. A
pasividade e submisión ante a administración. A percepción da distancia entre
administrador e administrado. A súa capacidade de monopolio do poder aumenta.
Non hai discrepancia, non hai debate. Unha sociedade «inactiva» de política
restauradora e reaccionaria, e de moral impregnada de valores católicos . 9
Hai unha reivindicación da individualidade, un desenvolvemento das capacidades
relacionais das súas elites, precisamente en loita contra o progresivo protagonismo
das masas, que eran representadas cunha valoración negativa a través dos
«desordenados» e «conflitivos» anos republicanos. Non está tan lonxe dos xeitos da
Ditadura de Primo de Rivera, mais cun rigor moito maior no apartado represivo,
que determina absolutamente as condicións do contexto histórico do que estamos a
falar.
O contorno social na Galicia da etapa autárquica era de notable pobreza, moi
especialmente nos ámbitos urbanos, necesitados do comercio de produtos de
primeira necesidade. De feito, a concesión de beneficio de pobreza convertíase
nun obxecto moi desexado nestes contornos, xa que daba acceso a certos recursos,
aínda que, cunha estrutura administrativa deficiente daba lugar a numerosos
abusos por parte das autoridades. Os delitos contra a propiedade incrementáronse
de xeito notable. A corrupción moral converteuse en frecuente ante a prioridade de
procurar necesidades primarias de supervivencia.
A manipulación do abastecemento dos bens de primeira necesidade xunto os altos
grados de represión provocou que a protesta política quedara nun segundo plano.
Os servizos de seguridade e información multiplicáronse, converténdose nunha
peza fundamental do novo esquema de xestión. A autocensura das persoas foi o
resultado de varias décadas deste réxime, que consideraba que todo podía ser
castigado porque todo podía ser escoitado ou transmitido. O «pueblo», a
SANZ ALBEROLA, D. (1999):La implantación del franquismo en Alicante. El papel del Gobierno Civil 9
(1939-1946), Publicaciones de la Universidad de Alicante: p. 222.
«población» son conceptos amplamente difundidos polos voceiros da Ditadura para
dar a idea do seguimento dunha causa común. Sen crítica, sen debate, sen
interpretacións… Difúndese unha única verdade, un único relato sobre o rol que
xoga cada un dos membros na sociedade española, nun «destino común no
universal», mais de escasa definición concreta.
2.3. O mito de Franco. Ideoloxía e valores
As ideas de progreso da Ilustración quedaron varridas. As novas claves eran
depuración, «recristianización» da sociedade e desenvolvemento económico . A 10
Ditadura non nace da nada. O proxecto aseméllase moito á mestura de varios
proxectos da dereita española da Segunda República e da Ditadura de Primo de
Rivera. Colocar a «praxe» por riba da «teoría» foi unha parte esencial da dereita
española protagonista do período republicano a través do «accidentalismo» en
materia de réxime de goberno. De feito, a consideración de que a xefatura do
Estado é algo accidental e que o relevante é o control da administración é unha
situación que se axusta perfectamente a aquel «Reino de España» sen Rei mais con
Xefe de Estado que era Francisco Franco. Esta tese viuse respaldada por un amplo
apoio popular nas elecciónsde novembro de 1933 e tamén, aínda que con derrota
final, nos comicios de febreiro de 1936.
É dicir. Que a idea dunha España secuestrada por varios Xenerais non é real. O
golpe de Estado contra a República ten o activo apoio dunha ampla masa social. E
doutro maior que, asumindo o que faga e dispoña a autoridade militar, deixa actuar
sen opoñerse. A diferenza radica nos medios de execución dese poder, na diferenza
entre Ditadura e Democracia.
A campaña de construción do mito de Franco mesmo ten as súas orixes na
utilización de servizos de propaganda que exaltaban a súa figura desde os anos dos
seus combates en Marrocos. Porén, a grande construción da súa figura de liderado
ten lugar de xeito indubidable nos anos da Guerra Civil. Especialmente a partir do
RICHARDS, M. (1999):Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la represión en la 10
España de Franco, 1936-1945, Crítica, Barcelona: p. 8.
verán de 1937 . Un intre non casual: rematada a fronte do Norte, e no momento 11
en que morre Mola, o organizador máximo –o «Director»– da planificación golpista,
nun accidente de aviación. A propaganda sobre a súa figura increméntase co
obxectivo de vincular o novo réxime á súa figura . 12
A imaxe do heroe da guerra e da vitoria converteuse no mito que dotaba de
identidade á comunidade nacional. Identifícase a Franco e España a través de
nocións sagradas imbricadas coa política . 13
A relixión foi un apartado imprescindible nos actos do franquismo. Presuponse unha
conciencia de pertencer a un pobo elixido. A interpretación da guerra como
«Cruzada» é fundamental para entender a capacidade de poder da imaxe de
Franco. Franco sinala o camiño a seguir. Se ben o Führer e o Duce representaban o
espírito do pobo, ben polas eleccións gañadas ben pola mobilización social, no caso
do «Caudillo» hai unha vitoria militar, mais tamén unha «identidade de destino»
como nación elixida pola Historia para unha empresa universal. Retómanse
aspectos tradicionais sacralizados para loitar contra a modernización –circunstancia
que non acontecía nin en Alemaña nin en Italia–, contra o «abismo» ó que conduce
ó progreso. O Caudillo é o «soberano actualizador de la comunidad de valores que
forman parte de la tradición española» . Franco non foi derrocado nin derrotado. 14
Morreuna cama. O réxime sabía que a súa imaxe tamén morría.
A posta en escena do novo réxime só é dun partido de masas nas imaxes
imprescindibles: na toma dunha cidade durante a guerra, na visita do
Generalísimo, nos elementos indispensables de aclamación da «población»… O que
ZENOBI, L. (2011):La construcción del mito de Franco, Cátedra, Madrid: p. 116.11
Este texto publicouse en La Gaceta Regional de Salamanca un par de datas antes de que se 12
establecera a «Fiesta Nacional del Caudillo» o 1 de outubro de 1937. Sobre el pavés de los triunfos ya logrados y por lograr, fue alzado hace un año el general Franco. El nuevo Estado nacía en paridad con él y dadas la base de conciencia nacional y la cúspide del Poder, fácil es reconstruir la gran pirámide en que cristalizan los pueblos bien constituidos. Jerarquía es la palabra que sirve de clave para que todas las fuerzas, todas las clases, todos los elementos de la sociedad, se reduzcan a la unidad, logrando una fecunda armonía mediante la debida graduación de órganos y funciones. Y no cabe distinguir entre sociedad civil y militar, aparte de otras razones, porque España, en tal sazón, era todo un pueblo en armas y sigue procediendo al dictado de una exigencia vital: ser o no ser; citado por SEVILLANO, F. (2017):La cultura de guerra del ‘nuevo Estado’ franquista. Enemigos, héroes y caídos de España, Biblioteca Nueva, Madrid: p. 129.
Id.: p. 115.13
BOTTI, A. (1992):Cielo y dinero. El nacionalcatolicismo en España, Alianza, Madrid, pág. 120.14
é predominante e constante é un espazo simbolicamente copado polo catolicismo.
A estreita relación co poder da xerarquía católica española permitía unha imaxe de
comunicación simbólica co «pueblo». Realmente o que se procura de novo é a
solución aos problemas que lles supón a modernización, e procúranos nun retorno ó
pasado –teorías medievalistas moi en auxe no universo reaccionario europeo da
etapa de entreguerras–, ós valores tradicionais e da tradición, mais trasladados ao
contexto altamente conflitivo dos anos trinta e corenta do século XX.
O obxectivo é manterse no poder. Como sexa. Desde o principio o réxime difunde a
idea de que se está a facer «historia» . Unha «historia» cun pasado ríxido e un 15
futuro inexistente: o presente é «eterno». Sen cambio. Toda esta amalgama de
valores tradicionais combinarase de xeito rotundo cunha imaxe externa fascista ata
o remate da Segunda Guerra Mundial.
Desenvólvese a primacía do privado sobre o público. O control deste último
considerase exclusivo dunhas determinadas elites. O recordo permanente da vitoria
a través do «Caudillo» reafirma a percepción. Aínda que o franquismo non é
monolítico, tanto pola mesma pluralidade interna de sectores como pola duración e
evolución do réxime, si é certo que non atopou unha oposición sería das
institucións máis tradicionais máis que en momentos puntuais xa citados. Aínda das
súas discrepancias, boa parte da intelectualidade e da opinión pública, xunto as
principais forzas económicas valoraron as vantaxes de vivir no novo réxime que lles
facilitaba orde e disciplina. Seguridade . 16
SÁNCHEZ RECIO, G. (2008):Sobre todos Franco. Coalición reaccionaria y grupos políticos, Flor del 15
Viento, Madrid: p. 26.
«Los escasos pero crecientes estudios locales disponibles nos muestran una realidad bastante 16
alejada de las diferencias ideológicas de los grupos políticos franquistas y más cercana al bruto ejercicio del poder y a la dominación económica. Caciques y arribistas ejerciendo de falangistas, como antes habían sido católicos o incluso republicanos, dominaron sindicatos, hermandades y cooperativas en un contexto de escasa actividad, burocratismo, abusos, corrupción y, luego, hasta pucherazos en las elecciones sindicales»; CAZORLA SÁNCHEZ, A.; (2000): Las políticas de la victoria. La consolidación del nuevo Estado franquista (1938-1953), Marcial Pons, Madrid: p. 118-119.
Os conceptos de «protección», «favor» ou «apoio» son máis achegados á realidade
daqueles anos que a análise dos «oficiais» e administrativos papeis . O Estado 17
atopábase achegado a grupos concretos, sectores coas súas relación internas
consolidadas durante décadas. O funcionamento real daquel Estado, fora a
tentativa de democratización no seu acceso durante o período republicano, tivo
unha continuidade moi palpable cos xeitos de actuar de principios do século XX en
España. O exterior imaxe e simbolismo efectista de masas nas rúas e apoio da
«población»; internamente unha política real con grandes contrapesos para regular
os distintos poderes internos, asimilados progresivamente baixo a dirección dun
«Nuevo Estado» que se estaba a crear.
Porque a Ditadura de Franco foi sobre todo «funcional». Procuraba por riba de todo
a maior capacidade operativa para acadar os seus obxectivos. Non foi estritamente
«estática». Non podería durar tanto tempo. Era capaz de mudar, sempre ante a
necesidade última. Mantendo a capacidade do poder intacta e de calquera xeito
posible. A súa ideoloxía atopábase sustentada pola utilización constante –explícita
ou implicitamente– de métodos violentos. A Ditadura tivo a súa evolución porque
víase obrigada a adaptarse para perdurar . E por riba de todo a continuidade da 18
representación do poder, a personalización do réximenun líder: Francisco Franco.
Tras a finalización desta a necesidade de homologación exterior da Ditadura fará
virar o réxime cara a procura de apoios do catolicismo, mais os valores imperantes
sistema de dominación seguen a ser semellantes. A partir destes intres comeza a
consolidarse entre os cadros políticos do réxime un «militante sen pasado»,
procedente das antigas organizacións da dereita da República, especialmente entre
as súas xuventudes. Unhas novas elites formadas nos anos das masas, na
necesidade da palabra. Agora nun terreo social e político distinto, claro, mais que
lles permitía facer unha lectura axeitada da situación e do rol que lles correspondía
para garantir a orde e a paz social. Racionalizouse a violencia en beneficio da
Desta opinión é Sánchez Recio, cando comenta que «el concepto de apoyo, por el contenido 17
pragmático que tiene, es más adecuado que el de consenso, en el que el acuerdo es más general y reside prioritariamente en los principios del ordenamiento político y social»; SÁNCHEZ RECIO, G. (2008):Sobre todos Franco. Coalición reaccionaria y grupos políticos, Flor del Viento, Madrid, pág. 67.
RICHARDS, M. (1999): Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la represión en la 18
España de Franco, 1936-1945, Crítica, Barcelona, p. 8.
eficacia da xestión. Nos anos cincuenta, a nova elite, xa «franquista», cos ollos
postos en Europa e nos EE.UU. mellorou, foi máis operativo, mais non «menos
corrupta» . Cada vez mais eran menos servidores do réxime franquista e mais do 19
Estado.
O pragmatismo á hora de elixir a xerarquía do Estado foiunha constante. A
afinidade ideolóxica non era o fundamental . Formalmente herdeiros de tendencia 20
ideolóxicas; na realidade que lle importaba o réxime, eran «franquistas». Ambiguo,
limitado a unha persoa e un líder, mais que se verificaba como eficaz para cumprir
os seus obxectivos. A Ditadura conseguiu levar a unha elite fracturada en
tendencias durante os anos trinta, a unha unidade de acción para cumprir
obxectivos de poder baixo disciplina militar. Co tempo creou unha elite propia e
autónoma, cada vez con menos dependencias ideolóxicas anteriores.
3. Orixe e natureza da iniciativa. A Deputación na Junta Provincial Pro Pazo del
Caudillo
Á altura dos anos trinta do século XX Coruña era o nexo que unía Galicia coa capital
do Estado, a través das súas elites políticas. A dirección do fluxo de poder era nas
dúas direccións: nas influencias acadadas desde Madrid e a capacidade da cidade
de exercer de trampolín cara a política estatal. A esta situación engadíuselle desde
os anos da Guerra Civil un elemento máis: o Pazo de Meirás. No días de verán en
que Francisco Franco se achegaba á súa residencia estival a cidade cambiaba.
Enchíanse os seus hoteis e chegaba xente de todo o Estado para estar preto dunha
Corte temporal, mais que na realidade convertíase no epicentro da política
nacional durante esas datas. E case durante catro décadas do século XX. O seu
achegamento ó poder permitiu sen dúbida o desenvolvemento das súas elites
económicas e políticas . 21
SAZ, I. (2004):Fascismo y franquismo, PUV, Valencia:p. 15.19
«La afinidad del pasado político no fue casi nunca determinante y sí prevaleció el pragmatismo o 20
la idoneidad de ciertas personas para servir al régimen o la defensa de unos intereses particulares que podían estar por encima de la adscripción a una u otra ‘familia política’»; CENARRO, A.; (1997), op. cit.: p. 385.
GRANDÍO SEOANE, E. (2000):Años de guerra. A Coruña, 1936-1939, Vía Láctea Editorial: p. 113.21
A orixe desta circunstancia sitúase no ano 1938. Nese marco bélico no que o
territorio galego forma parte da retagarda, xorde a idea de agasallar a Franco coas
Torres de Meirás . As razóns da formulación desta iniciativa e da elección de 22
Meirás foron varias. A proximidade do inmoble coa capital herculina era
contemplado polo sector da elite coruñesa que desprazara á elite republicana como
unha oportunidade para achegarse ao centro do poder, tendo ao Xefe do Estado
preto cada verán. Ademais, a súa presenza podería ser unha ferramenta para
afianzar a posición dos sublevados na Coruña e ter outro motivo para exercer a
represión e o control sobre unha sociedade que, en anos previos, fixera da Coruña
un referente do republicanismo e do movemento obreiro. Por outra parte, o
edificio, co seu aspecto de trazas medievais, ofrecía, a nivel estético e simbólico, a
imaxe que o novo réxime estaba a demandar no proceso de construción do seu
mito: Franco como Caudillo. Por último, o inmoble contaba cunha hipoteca
formalizada no Banco Pastor, do que era director Pedro Barrié de la Maza, quen se
había erixir nun dos principais responsables de todo este proceso. Na orixe da
escolla de Meirás, semella que influíu este feito . 23
A iniciativa xorde na Comisión Permanente do Concello da Coruña en marzo de
1938 e trasládase, o día 27, a unha Junta Local de Iniciativas que constituíra ese
mesmo día o Gobernador Civil, Julio Muñoz R. de Aguilar. Dela formaban parte,
ademais do Gobernador, o alcalde e concelleiros Rey Romero e Álvarez de
Sotomayor, o presidente da Deputación Provincial, o xefe provincial de Falange, o
presidente da Cámara de Comercio, os directores de La Voz de Galicia, El Ideal
Gallego e AEG, o secretario do Patronato Nacional de Turismo –José María
Marchesi–, o presidente da Cámara de la Propiedad Urbana, o Decano da Banca
Privada e o Presidente do Sporting Club . 24
Sobre este proceso e o percorrido histórico posterior do Pazo de Meirás, vid. BABÍO URKIDI, C. e 22
PÉREZ LORENZO, M. (2017): Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, Fundación Galiza Sempre, Santiago de Compostela.
Nun informe dun Tenente Coronel do exército, datado en novembro de 1939, advertíase que 23
correra o rumor de que a elección de Meirás «obedecía a que así se favorecía a una Entidad Bancaria (Banco Pastor), por el hecho de tener hipoteca sobre la finca», relacionando este feito co «precio excesivo de 415.000 pesetas que se dice importó la compra». Este documento foi dado a coñecer en RICO BOQUETE, E. (2005): «El Franquismo en Galicia», en DE JUANA, J. e PRADA, J.: Historia contemporánea de Galicia, Ariel.
La Voz de Galicia, 27/03/1938.24
Quen formula a proposta en ambas entidades é o pintor e concelleiro Fernando
Álvarez de Sotomayor, segundo reflicten os libros de actas do Concello da Coruña:
Esta feliz iniciativa, que ha sido acogida con gran entusiasmo y
general aplauso por toda la Región, fue sugerida en la Permanente de
este Ayuntamiento por el miembro de la misma Don Fernando Álvarez
de Sotomayor que puso todo su celo y actividad en realizar las
gestiones precisas para ello, y habiendo llegado a conocimiento del
Excmo. Señor Gobernador Civil de la Provincia Don Julio Muñoz de
Aguilar, dicha primera Autoridad Civil de la Provincia, la acogió con
todo calor y entusiasmo, laborando incansablemente hasta que el
éxito coronó las gestiones que vienen a dar cumplida satisfacción a los
anhelos de Galicia de ofrecer bello y digno lugar de reposo a su ilustre
hijo el providencial Salvador de España.
Terminó proponiendo, y así lo acordó por unanimidad de la Comisión
Permanente sumarse al júbilo que esta fausta noticia ha producido en
todos los sectores de la Ciudad, y felicitar efusiva y cordialmente al
Excmo. Señor Gobernador Civil de la Provincia que con su eficacísima
ayuda hizo posible la realización de la idea, y a Don Fernando Álvarez
de Sotomayor, autor y propulsor de la iniciativa, acordándose
igualmente que en el día de mañana una representación de la
Permanente acuda a visitar en su despacho al Señor Muñoz de Aguilar,
para trasmitirle esta felicitación. 25
Se a iniciativa parte do ente municipal e materialízase a través desa Junta Local de
Iniciativas, a Deputación da Coruña participa activamente da mesma desde o
propio día 27. A premura por adiantarse a outras capitais provinciais no obsequio ao
Xefe do Estado fai que os feitos, a partir de aquí, se desenvolvan con gran
celeridade.
Arquivo Histórico Municipal da Coruña. Comisión Municipal Permanente. Libros de Actas. Sesión 25
correspondente ao 31 de marzo de 1938.
O día 31, Sotomayor xa se desprazara a San Sebastián para acordar a compra do
edificio coa súa propietaria, Manuela Esteban-Collantes, en presenza tamén de
Blanca Quiroga. Así o recolle un Tenente Coronel do exército nun informe que
remite á Delegación Nacional de Provincias de Falange o 2 de novembro de 1939:
Este mismo Señor hizo un viaje a San Sebastián para tratar con los
dueños la venta a la que accedieron por el precio aproximado de
400.000 pesetas. Todas estas gestiones se efectuaron con rapidez ante
las noticias que había otras poblaciones o provincias que teniendo la
misma idea podían adelantárseles. 26
Ese mesmo día, anunciábase publicamente nos xornais e o Gobernador remitía un
telegrama a Ramón Serrano Suñer, Ministro do Interior, no que notificaba a
formalización da escritura de adquisición do edificio «para donarlo a nuestro
Caudillo S.E. Jefe del Estado, confiando merecer honor sea su residencia veraniega
cuando circunstancias guerra permitan» . 27
O 2 de abril contestaba o secretario militar de Franco, Francisco Franco Salgado-
Araujo, transmitindo a aceptación do obsequio . En consecuencia, Muñoz de 28
Aguilar visita ao Xefe do Estado en Burgos, onde Franco lle comunica que será el
quen tome posesión en Meirás no verán, á contra do quese tiña previsto:
desprazarse unha delegación a Burgos para facer alí o acto de entrega.
Unha vez anunciada a iniciativa e adquirido o inmoble, faise tamén pública a
creación dun organismo que terá o obxecto de coordinar todo o proceso e,
nomeadamente, procurar financiamento para a operación. Nace entón a Junta
Provincial Pro Pazo del Caudillo, cunha composición moi semellante á da propia
Archivo General de la Administración. Información sobre Coruña y Lugo. 2-11-1939. IDD 26
(09)017.010, caixa 51/20529. Carpeta A Coruña (1939-1940). Expediente nº 31. Sign. 51/20529.
El Compostelano, 31/03/1938.27
Diario de Pontevedra, 06/04/1938 e VIÑAS, A.: La otra cara del Caudillo. Mitos y realidades en la 28
biografía de Franco, Crítica, Barcelona, 2015.
Junta Local de Iniciativas e co soporte institucional de, fundamentalmente, tres
administracións: o Goberno Civil, o Concello da Coruña e a Deputación Provincial
da Coruña . 29
O papel da Deputación en todo o proceso de adquisición, entrega e posterior
xestión do Pazo de Meirás está documentado nos materiais que se conservan no seu
arquivo. En primeiro lugar, como administración integrante da Junta Pro Pazo, e
non como unha peza calquera deste organismo. Isto podemos comprobalo no
momento en que Franco toma posesión do inmoble, que se vai retrasar, pola
conxuntura bélica, ata o 5 de decembro de 1938. Entón, a Junta Pro Pazo faille
entrega dun pergameo que acredita a doazón, co seguinte texto:
En el día veintiocho de Marzo del Año del Señor de mil novecientos
treinta y ocho, segundo de la Victoria, la Ciudad y Provincia de La
Coruña hicieron la ofrenda-donación de las Torres de Meirás al
fundador del Nuevo Imperio y Jefe del Estado Generalísimo de los
Ejércitos y Caudillo de España Francisco Franco Bahamonde.
Galicia, que le vio nacer, que oyó su voz el dieciocho de Julio, que le
ofreció la sangre de sus hijos y el tesoro de sus entrañas, que le
siguió por el camino de triunfo en la unidad, grandeza y libertad de
la Patria, asocia en esta fecha, para siempre, el nombre de Franco a
su solar en tierras del Señor Sant-Yago, como una gloria más que
añadir a su historia.
A Junta Pro Pazo estará integrada polo Gobernador Civil na presidencia, o presidente da Cámara 29
de Comercio, Arcadio García Tizón, como presidente efectivo, o banqueiro Del Río como tesoureiro, Pedro López Sors, tamén da Cámara de Comercio, como secretario xeral e unha longa lista de vocais que comprende a un representante do Exército, José de Fano Díaz Coronel do Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, a varios alcaldes (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos e Sada), a representantes da prensa local e a outras persoas, en número indeterminado , entre as que figuran a Matilde Vela, de Mujeres al Servicio de España, Alfonso Molina, presidente da Cámara da Propiedade, Pedro Barrié de la Maza, director do Banco Pastor, o pintor Enrique Caruncho Astray, José María Marchesi, Jacobo López Rúa, José Casteleiro Varela ou José Luis Bugallal Marchesi. Canda todos eles, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, primeiro Emilio de las Casas, logo Juan José Barcia Goyanes [doc. 1].
Do pergameo elaborábanse dous exemplares: un asinado por todos os integrantes
da Junta presentes e outro só polas tres entidades principais que a compuñan. O
primeiro, será custodiado de alí en adiante pola propia Deputación, ata a súa
desaparición no ano 2006 [doc. 1] . O segundo contará coas sinaturas do 30
Gobernador Civil, o Alcalde da Coruña (entón xa Álvarez de Sotomayor) e o
presidente da Deputación, Barcia Goyanes . As tres patas institucionais nas que 31
descansara todo o proceso.
En torno á iniciativa de agasallar a Franco coas Torres organizaranse diversos actos
protocolarios nos que a Deputación xogará un papel preeminente: desde os que se
celebran con motivo das visitas de Carmen Polo ata os que teñen lugar xa en
presenza do Xefe do Estado; isto é, o acto de entrega do Pazo e os actos
organizados co gallo do primeiro veraneo en Meirás. Antes de decembro de 1938, e
ante a imposibilidade de facelo Franco persoalmente, Carmen Polo visitara o Pazo
en dúas ocasións.
En ambas visitas, na de maio e na de agosto, era cumprimentada por unha
representación da Deputación, dando conta ante o presidente ante a Xestora da
«bondadosa atención con que los visitantes fueron recibidos por tan ilustre dama
en las Torres de Meirás» [doc. 2]. O 5 de decembro tiñan lugar os actos de entrega 32
do Pazo a Franco. Ese mesmo día reúnese en sesión plenaria a comisión xestora,
dando conta o presidente no último punto da presenza do Xefe de Estado en Meirás
e acordándose, acto seguido, o traslado ás Torres de toda a devandita Corporación
«para rendir a tan elevada personalidad el requerido homanaje» [Doc. 3]. 33
Porén, a estadía de Franco en Meirás no ano 1938 non se demora demasiado, co cal
en 1939, coa guerra concluída, as homenaxes ao ditador reproduciranse con
especial énfase á súa chegada en 1939 para a estancia vacacional de Meirás. Todas
estas actividades son asumidas, así a nivel organizativo como financeiro, pola Junta
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Expedientes de bens. P 1-8/1/1.30
Clisé para AEG. Arquivo persoal de Carlos Babío.31
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas da Comisión Xestora. L909.Sesión de 32
05/09/1938.
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas da Comisión Xestora. L909. Sesión de 33
05/12/1938.
Pro Pazo, da que a Deputación fai parte. Por iso, cando a Junta quebre, ante a
imposibilidade de facer fronte aos seus impagos, a Deputación asumirá parte da súa
débeda contraída con motivo destes actos e doutros dos que o organismo tamén se
fixera cargo, como a homenaxe á 83 División. No seu informe á Delegación Nacional
de Provincias de Falange, o Tenente Coronel xa citado facía alusión á situación
económica da Junta en relación a este aspecto:
Sobre el Homenaje a la 83 División se adeudan 43.000 pesetas. La
Alcaldía envió Besalamanos al Comercio local para la ayuda al pago
de dicha cantidad, no respondiendo a ellos mas que dos entidades que
donaban 3.000 pesetas, las cuales les fueron devueltas por dicha
alcaldía al ver que no respondía el resto del comercio. 34
En consecuencia, o presidente da Deputación, agora Emilio Romay, daba conta de
ter asistido a unha reunión na que particiaran «representaciones del Ayuntamiento
y entidades diversas de esta capital, para tratar de la liquidación de los gastos
ocasionados con motivo del viaje de S. E. el Jefe del Estado a La Coruña y del
homenaje tributado a la Gloriosa Ochenda y dos [sic.] división». A continuación, a
Comisión Xestora acordaba «librar a dicho fin la suma de quince mil pesetas,
además de las cinco mil acordadas anteriormente».
Archivo General de la Administración. Información sobre Coruña y Lugo. 2-11-1939. IDD 34
(09)017.010, caixa 51/20529. Carpeta A Coruña (1939-1940). Expediente nº 31. Sign. 51/20529.
4. Adquisición e inscrición do inmoble a nome de Franco (1938-1941). A
Deputación e a subscrición Pro Pazo del Caudillo
Os problemas de financiamento acosarían á Junta Pro Pazo e, xa que logo, ás
institucións a ela ligadas, desde moi cedo. A premura na compra do edificio leva a
que esta se financie a través dun crédito co Banco Pastor por valor de 500.000
pesetas coas que custear a adquisición do inmoble e a entrega a Franco . A 35
previsión inicial é poder amortizalo e cubrir os demais gastos que xurdan por medio
dunha subscrición popular, seguindo o modelo das que estaban en marcha no
contexto da guerra. Ese é o cometido co que, unha vez feito público o anuncio da
iniciativa, nace a propia Junta Pro Pazo del Caudillo: organizar a colecta que, nas
circunstancias en que se produce, teríase levado a cabo, en moitos casos, sen
contar coa voluntariedade dos contribuíntes.
Este extremo queda acreditado no informe interno que realiza para Falange o
Tenente Coronel, no que critica os procedementos recadatorios, afirmando que «ha
resultado que han contribuido al regalo, no los buenos españoles que le quieren,
sino todos, buenos y malos, saliendo como es natural de estos últimos los
disparates mayores y las censuras para quien lo merece todo» . 36
Para o desenvolvemento da subscrición, a Junta responsabiliza directamente aos
concellos da execución da colecta no seu territorio e asígnalles a contía que cada
un ten que satisfacer. Logo, o municipio organiza a subscrición para cubrir esa
cantidade coas achegas dos seus habitantes[doc. 19]. A estratexia acordada
consistira en solicitar un crédito da banca local «para las primeras atenciones» e
logo cubrir os gastos coas achegas recadadas polos concellos . 37
A subscrición abrirase a comezos de maio a través dun escrito que Pedro López
Sors, secretario xeral da Junta, remite aos municipios da provincia. Na carta,
solicitaba a cooperación dos concellos na recadación «para que nadie pueda
mañana considerarse postergado […], pues todos, del más potentado al más
«La banca local proporcionó un crédito aproximado de 500.000 pesetas»(id.).35
Id.36
Id.37
humilde, pueden poner su esfuerzo en la realización del proyecto» [doc. 16].
Trasladáballes o cometido de coordinala e indicáballes como debían proceder:
Nos permitimos indicarle la conveniencia, de nombrar comisiones que
se compondrán de dos o tres personas de significación en la localidad
quienes se encargarán de visitar personalmente a sus convecinos,
pudiendo ser varias estas comisiones, a fin de realizar esta labor
rápidamente.
Estas Comisiones formalizarán las listas con Ud. como Presidente de
la Comisión local y, Ud. a su vez en el momento oportuno, las
formalizará con esta Junta Provincial a través del Banco Pastor, quién
expedirá un recibo por duplicado, que debe coincidir con las listas,
quedando un ejemplar en poder de Ud. y el otro debe ser remitido a
esta Junta Provincial con los pliegos y listas.
No dudamos del éxito de la labor que le encomendamos, para lo que,
contamos co su entusiasmo y el de sus convecinos, que tantas
muestras de amor y admiración llevan dando a nuestro invicto
Caudillo. 38
A circular ía acompañada de impresos para a recollida das sinaturas dos
contribuíntes, cos que se tiña intención de confeccionar un álbum como obsequio a
Franco, idea que non chegaría a materializarse[doc. 17]. Tamén xuntaba follas para
a elaboración de listaxes que identificasen a cada persoa coa súa respectiva achega
á subscrición[doc. 18]. Os Concellos, pola súa parte, encargábanse de imprimir
recibos que eran entregados a cada contribuínte.
A subscrición prolongaríase ata comezos do ano 1940, máis dun ano despois de que
oXefe de Estado se atope instalado napropiedade [docs. 20-23, 26, 27]. Durante
estes meses, o Gobernador Civil, como presidente da Junta, exercía presión sobre
os municipios para que achegasen novas remesas[doc. 24]. En Oleiros, por
exemplo, o 27 de febreiro de 1939 o Concello recibe un comunicado do Gobernador
Arquivo Municipal de Oleiros. Beneficencia e Asistencia Social. Suscricións. Suscrición Pro Pazo del 38
Caudillo / Arquivo Municipal de Carballo. 1.3.7. Beneficencia e asistencia social. Donativos/Suscricións. Suscripción Pro Pazo del Caudillo.
que remite un escrito reclamando cantidades e lembrando que se lle entregará ao
ditador unha relación dos doantes coas contías achegadas, salientando a cantidade
aportada por cada municipio. Pregaba aplicar «la máxima diligencia para que los
vecinos puedan [contribuír] a la suscripción» . 39
O municipio remitirá 1.004 pesetas que, sumadas ás entregas anteriores, facían un
total de 5.009,60 pesetas, pouco máis da metade da cifra que lle correspondía, o
que motivará un novo reproche: «ingrese lo antes posible el saldo que adeuda hasta
la cantidad de 9.036,34 pesetas convenida por ese Ayuntamiento» . O alcalde 40
tamén xustificaba a insuficiencia da subscrición indicando que moitos veciños tiñan
tamén propiedade na capital provincial e preferiran tributar alí, mais, en todo caso
«no por eso puede decirse que los vecinos de este no hayan rendido el óbolo
necesario para tal suscripción, e incluso, algún rezagado que quedó, está ahora de
buen agrado contribuyendo a tal fin» . 41
De todos os xeitos, o Concello remitirá escritos á veciñanza en agosto instando a
cooperar, segundo se deduce da resposta de Atanagildo Pardo de Andrade, que
afirma, efectivamente, ter xa aportado á subscrición na Coruña [doc. 25]. A última
achega que remite o municipio oleirense á Junta, 1.050 pesetas,ten data de 30 de
xaneiro de 1940.
A situación que se dá no municipio de Carballo é similar. Tampouco aquí a
recadación acada as cifras requiridas. Cunha poboación que superaba en moito á de
Oleiros (18.159 habitantes fronte a 10.941 ), a achega final ascendeu a un total de 42
7.954,60 pesetas [docs 26, 27]. En Carballo, tomando a parte de listaxes de 43
contribuíntes que se conserva, que representan pouco máis da metade da
recadación, participaron na colecta 3.847 persoas ás que habería que engadir as
Arquivo Municipal de Oleiros, id.39
Id.40
Id.41
http://www.ine.es/intercensal/intercensal.do;jsessionid=F21E4E95D5DFEE7BC0A2A22EA91E3FC642
Arquivo Municipal de Carballo, id..43
que figurarían nas listaxes non conservadas. Considerando que o municipio contaba
en 1940 con 3.744 fogares , pódese concluír que foron moitas as casas visitadas. 44
Tampouco en Culleredo os resultados son os agardados. Mais o consistorio decide
garantir o cumprimento do preceptuado, adiantando, mediante un acordo plenario,
a cantidade adxudicada (4.816,24 pesetas) e poñendo en marcha a subscrición a
posteriori para cubrir esa contía anticipada. Dado que a cifra recada, 841´90
pesetas, é moi inferior á adiantada, o municipio facíase cargo das case 4.000
pesetas restantes . 45
Este recurso á achega directa de fondos municipais á Junta Pro Pazo verifícase
tamén na capital provincial, onde se toma o acordo en marzo de 1939 de consignar
«una partida de VEINTICINCO MIL PESETAS en el Capítulo primero. Artículo décimo.
Concepto catorce del Presupuesto Municipal ordinario del corriente ejercicio, como
contribución que este Ayuntamiento hace para la adquisición del Pazo de las Torres
de Meirás» [doc. 28]. Todo isto nun contexto de precariedade económica e de 46
dificultades financeiras para as administracións. O propio Concello da Coruña,
semanas despois daquel acordo, víase na obriga de pedir axuda ó Goberno de
Burgos para facer un orzamento de liquidación, dados os problemas de caixa da
Facenda municipal coruñesa.
A solución proposta desde a capital do exército sublevado deixaba caer o peso
sobre o lado máis feble da balanza: «Se levantaría el crédito municipal
disminuyendo el número de obreros eventuales y no ejecutando obra alguna nueva
y gastos aún de pequeña importancia sin acuerdo y consignación suficiente» . 47
25.000 pesetas ían parar ao «Pazo del Caudillo» mentres se instaba a reducir a
contratación e a execución de obra nova.
Outra vía para o financiamento da empresa, que xa se estaba a por en marcha no
marco da Suscripción Nacional, será a dos descontos nas nóminas dos traballadores.
http://www.ine.es/intercensal/intercensal.do;jsessionid=F21E4E95D5DFEE7BC0A2A22EA91E3FC644
Arquivo Municipal de Culleredo. Libro de Actas da Corporación Municipal (28-2-1938 a 7-12-1939).45
Arquivo Municipal da Coruña. C/2482/30.46
Arquivo Municipal de Coruña , «Informe años 1937 y 1938».47
Xa no mesmo momento de se anunciar a doazón do Pazo, a prensa informaba
acerca da intención de canalizar estas achegas a través das estruturas sindicais do
réxime. Ante a multitude de alcaldes que se dirixía ao Gobernador para expresar a
vontade de cooperar economicamente, xurdían ofrecementos do tecido produtivo
coruñés:
El Delegado Sindical de F. E. T. hizo idéntico ofrecimiento de las
distintas Organizaciones Obreras; los dueños de hoteles, cafés y
bares, el ramo de constructores y otras muchas entidades
mercantiles, se han apresurado a manifestar su ilimitada
aportación. 48
Estas medidas faríanse efectivas, cando menos en casos como o que recolle unha
nota do diario El Compostelano na que se indica que «El personal que integra la
plantilla del Cuerpo de Seguridad de Santiago contribuyó con una peseta, cada uno
de sus componentes, a la suscripción abierta en esta provincia para adquirir el Pazo
de Meirás y regalárselo al Caudillo» . 49
Os problemas económicos que acosaban á Junta viñan motivados por dúas razóns,
que fan que teña que reinventar os seus métodos de financiamento. A primeira,
que a recadación acadada coa subscrición non tería sido a agardada. No seu
informe, encargado por Falange, o Tenente Coronel xa advertía acerca desta
cuestión: «Por circunstancias de forma y propaganda, se vio desde los primeros
momentos el fracaso de dicha suscripción».
En termos semellantes incidía o embaixador do Reino Unido en España, Samuel
Hoare, logo de ter visitado a Franco en Meirás anos despois, en agosto de 1943:
Se había decidido ofrecer al héroe gallego una propiedad en el seno
de su provincia natal, en reconocimiento de sus servicios a España.
Así, se había expropiado al propietario del más bello lugar de la
región y se abrió una colecta pública para pagar el alto precio que se
solicitó por la compra. Este arreglo había parecido muy satisfactorio
La Voz de Galicia, 02/04/1938.48
El Compostelano, 01/06/1938.49
«sobre el papel» y se le entregó al Generalísimo la donación en el
curso de una ceremonia adecuada. Pero he aquí que los organizadores
de la gratitud nacional hacia el Caudillo se percataron de que lo que
no estaba marchando era la suscripción pública. Los ahorrativos
gallegos reprobaron la donación en el momento de entregar su parte
y el resultado fue que el Banco local, que había adelantado los fondos
para la operación, se había quedado con sus gastos 50
A segunda razón, probablemente a máis determinante, tería radicado
fundamentalmente nun incremento do gasto previsto. Isto viría á súa vez motivado
polas actuacións que se realizan en Meirás –reformas, ampliacións da superficie do
terreo– a partir, sobre todo, das primeiras visitas que realiza Carmen Polo e da
primeira estancia de Franco nas Torres. No informe xa aludido, o Tenente Coronel
advertía que «La cifra gastada en el Pazo es de tal magnitud que si se supiese
causaría asombro ya que esto responde al diez por ciento de la contribución de la
provincia aparte de donativos importantes, facilitados por Organismos y
Entidades» . 51
Neses meses que median entre a adquisición do inmoble e a súa entrega a Franco,
abordaranse toda unha serie de actuacións que rematarán por transformar en boa
medida o edificio e o seu contorno. A construción dunha nova rede de
abastecemento, as obras de mellora e ornamentación no interior das Torres, o
axardinamento e trazado de camiños interiores, a edificación dun muro de pedra
de 1,5 km e a construción de infraestruturas deportivas forman parte dunha lista
de intervencións que acrecentan os gastos asumidos pola Junta con cargo á
subscrición . Pero non son os únicos cambios que se producen. 52
A incorporación de terras limítrofes fará que as 5,6 ha iniciais de superficie da
finca das Torres se vexa incrementada en 3,7 ha neste primeiro período, dotando á
parcela dunha conformación máis regular. Para a adquisición das terras
HOARE, S. (1977): Embajador ante Franco en Misión Especial, Sedmay Ediciones, Madrid, p. 248.50
Archivo General de la Administración. Información sobre Coruña y Lugo. 2-11-1939. IDD 51
(09)017.010, caixa 51/20529. Carpeta A Coruña (1939-1940). Expediente nº 31. Sign. 51/20529.
Unha pormenorizada descrición destas actuacións podémola ler en DEL BURGO, S. (1938): «Las 52
rutas de Meirás. Como se embellece el Pazo del Caudillo», La Voz de Galicia, 11/08/1938.
procederase mediante a ocupación forzosa –incluída unha vivenda– e a posterior
obriga aos seus propietarios de asinar o contrato de compra-venda . 53
Que papel xoga a Deputación neste proceso? O ente provincial xestionaba boa parte
do sistema viario limítrofe co Pazo. Por esa razón, traballará co obxecto de
mellorar as estradas do contorno de Meirás e mesmo de modificar o seu trazado.
No que respecta á primeira cuestión, desenvolverá intensas tarefas de mellora xa
nos meses previos á entrega da propiedade a Franco. Así o recollía a prensa:
Las carreteras del Estado y de la provincia que afluyen al majestuoso
«Pazo del Caudillo» –una tupida red que enlaza diversas rutas– están
siendo reparadas. El polvo, enemigo implacable del turismo
desaparecerá en un extenso radio. El riego asfáltico aleja las
cegadoras nubes. Obras Públicas y Obras Provinciales se emulan en la
repentización.
Pertenece a la Diputación la carretera que lleva directamente a
Meirás. Se trabaja con ahínco ensanchando o suavizando las curvas
desmontando trincheras, acentuando peraltes, y aumentando la
visibilidad.
En Santa Cruz, por ejemplo, la revuelta de la carretera contigua a la
playa tiene ya una insospechada amplitud. Desapareció el antiguo
salón de baile que en la curva había. Fue expropiado y raído. Es desde
allí, a la vera del Castillete de Torres Moreno más breve el trayecto
para ir de La Coruña al Pazo; aunque giran y zigzaguean cerca otras
muchas carreteras.
Los cortes que se dieron a taludes y ribazos, codos y recodos, y los
obstáculos que hubo que barrer despejando las perspectivas! La del
castillo asentado en el riente altozano, es sorprendente y
galleguísima. 54
“Escritura de compra-venta otorgada por Josefa Portela y otros a favor de Francisco Franco. 53
Autorizada por el notario que fue de La Coruña Emilio Arín Borgoñós” (Arquivo Xeral de Protocolos, Colexio de Notarios de Galicia).
Id.54
Neses meses, entre o inicio dos traballos e os actos de entrega a Franco, a
Deputación asume os seguintes traballos en relación co viario conducente a Meirás:
• Reparación de estradas Abono a R. Cachafeiro por certificación de obras na
prolongación do ramal de Meirás a Sta Cruz: 2.907,85 pesetas
• Reparación de estradas Obras na estrada de Carnoedo á Coruña a Sada polo
alto do Castelo e 1º sección a Meirás: 9.702,05 pesetas
• Reparación de estradas Obras 2º sección. Prolongación ramal Meirás-Porto de
Sta Cruz e de Carnoedo a Sada: 8.128,83 pesetas
• Reparación de estradas Obras 2º sección. Prolongación ramal Meirás-Porto de
Sta Cruz na estrada de Carnoedo a Sada: 14.168,00 pesetas
• Reparación de estradas Obras de conservación na estrada provincial da
Coruña a Sada pola Pasaxe a Perillo: 7.727,72 pesetas
Por outra parte, será a Deputación unha das administracións encargadas de variar o
trazado da estrada que atravesaba a frontal da finca para así afastala do inmoble e
acrecentar a parcela [doc. 14]. Unha demanda formulada polo propio Francisco
Franco no transcurso da súa primeira visita a Meirás que será inicialmente 55
asumida pola Jefatura Provincial de Obras do Ministerio de Obras Públicas, á que lle
fora trasladada polo Gobernador Muñoz de Aguilar, titular precisamente deste
tramo de estrada. Porén, a actuación non se chegará a desenvolver ata máis tarde.
Concretamente, ata o ano 1940, cando outro membro da Junta, Alfonso Molina,
como enxeñeiro da Deputación encargado do sistema viario, redacte o
correspondente proxecto, en paralelo ao que ía iniciar a Jefatura Provincial de
Obras.
La Voz de Galicia, 07/12/1938.55
Tamén Molina instruirá os expedientes para executar a expropiación de terreos que
ocuparán a nova estrada (no tramo de competencia provincial), 1.914,33 m2 de
terras de labradío e dous alpendres por valor total de 5804,81 pesetas, así como
para afrontar os gastos derivados da explanación e da execución da obra de
variación da estrada por valor de 15.380,02 e 18.286,63 pesetas respectivamente . 56
Neste caso, xurdirán imprevistos que dificultarán a realización das obras: a Junta
Pro Pazo será incapaz de adquirir unha parcela e unha casa que mediaba entre a
nova estrada e a antiga, pois o seu propietario residía en EEUU e non conseguiran
conducilo ante notario para formalizar a transacción. Decidiranse entón a renunciar
á idea inicial de practicar un acceso ao Pazo neste punto cun aparcadoiro
proxectado precisamente neses terreos.
O que farán as administracións será trazar a estrada nova fronte ás Torres,
ocasionando que a antiga estrada, limítrofe co muro do Pazo, perda o seu uso. Este
feito motivará unha actuación posterior: a transferenciada titularidade do antigo
vial directamente a nome de Franco.
Estes traballos que asumen as administracións, como a propia Deputación, correndo
cos gastos ocasionados, non servirán para evitar a quebra económica da Junta Pro
Pazo, incapaz de facer fronte ás súas débedas con particulares e coa banca. Para
proceder á súa liquidación, o Gobernador Civil Muñoz de Aguilar, antes de deixar o
cargo para aceptar a xefatura da Casa Civil de S. E. el Jefe del Estado, decide
deixar á fronte da Junta a Pedro Barrié de la Maza. A partir deste momento, será o
banqueiro quen pilote o proceso, encargándose, entre outras cuestións, da
inscrición no Rexistro da Propiedade das fincas incautadas e da propia transferencia
da propiedade do Pazo a Franco. Barrié, de feito, actuará facultado por Franco
mediante un poder que lle permitía xestionar no seu nome a adquisición de
propiedades . 57
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. 1.3.3. Vías e obras. «Proyecto de las obras de 56
variación en el origen de la carretera provincial de Meirás al Puerto de Santa Cruz, en las inmediaciones del Pazo».
Poder Notarial que Francisco Franco outorga a Pedro Barrié ante o notario Luis Sierra Bermejo con 57
data de 7 de outubro de 1941.
Os trámites non se realizarán ata o ano 1941, cando se faga efectiva a inscrición do
terreo do Pazo en calidade de compravenda entre Manuela Esteban-Collantes e
Francisco Franco, sen que se aluda ao feito de ter sido as administracións quen
adquiriron o inmoble para despois cederllo ao Xefe do Estado:
En su virtud examinado el Registro y no apareciendo del mismo
asiento alguno opuesto a lo relacionado inscribo a favor de Su
Excelencia Don Francisco Franco Bahamonde su título de Compraventa
sobre la finca de este número sin condiciones especiales y con las
limitaciones establecidas en párrafo cuarto del artículo veinte de la
Ley Hipotecaria, toda vez esta inscripción se practica al amparo del
párrafo tercero de dicho artículo y su vigencia queda pendiente de
que se acredite la publicación del edicto el artículo ochenta y siete
del reglamento dentro del plazo que determina.= Todo lo referido
consta del Registro y de una escritura de aceptación y adjudicación de
herencia y compraventa otorgada en Madrid el veinticuatro de mayo
del corriente año, ante el Notario con residencia en dicha capital
Don Luis Sierra Bermejo en la cual se inserta en lo preciso el poder
relacionado y cuya primera copia, debidamente legalizada, se
presenta en este Registro con el solo objeto de inscribir la
compraventa, a las trece del veinte del actual, o sea el día de ayer,
según consta del asiento número quinientos veinte del folio dos
cientos treinta y tres vuelto del tomo treinta y cuatro del Diario.
Pagadas por el impuesto de Derechos reales, en cuanto a la
Compraventa, cinco mil doscientas siete pesetas sesenta y siete
céntimos, según carta de pago expedida por la Intervención de
Hacienda de Madrid el treinta de septiembre último con el número
tres mil setecientos sesenta y cuatro la cual dejo archivada en el
legajo corriente de su clase. Y siendo conforme todo lo dicho con el
Registro y demás documentos a que me refiero, firmo la presente en
Betanzos a 24 de octubre de 1941. 58
Rexistro da Propiedade de Betanzos, historial rexistral da finca número 7623, correspondente ao 58
municipio de Sada.
5. A xestión do Pazo de Meirás na ditadura. Residencia particular ou residencia
oficial? O papel da Deputación
A partir do ano 1939, o Xefe do Estado empregará o Pazo de Meirás como residencia
estival cada ano ata o da súa morte, en 1975. Nel desenvolverase non so a súa vida
familiar, senón tamén boa parte da actividade política do réxime, coa celebración
anual de Consellos de Ministros ou recepcións a autoridades do Estado e
estranxeiras.
Ao longo destas catro décadas, as administracións actuarán en Meirás do mesmo
xeito que se o Pazo fose residencia oficial de Franco, sen distincións, por exemplo,
co xeito de intervir no palacio de El Pardo. As institucións que asuman a
coordinación de todos os traballos que alí se levan a cabo serán as Casas Civil e
Militar do Xefe do Estado, asumindo un papel protagonista quen exercería como
secretario particular do ditador ata o ano 1975, Ricardo Catoira Garaboa, formando
parte da estrutura da Casa Civil.
En Meirás realízanse ano a ano traballos de mantemento, reforma e construción de
novas infraestruturas que serán asumidos, fundamentalmente, pola Comandancia
de Obras, dependente do Ministerio del Ejército [doc. 31]. Deste xeito,
desenvólvense actuacións destinadas a garantir a seguridade do ditador
(construción de garitas, iluminación…), entre as que destaca a construción, en
terreos adquiridos e inscritos a nome de Franco, dun acuartelamento para albergar
a unha escolta que medraba ano a ano. Porén, tamén se levarán a cabo traballos
que nada teñen que ver coas competencias en materia de defensa do Ministerio
que os asumía.
A Comandancia de Obras encargarase tamén do mantemento do interior das Torres
no que respecta a instalación eléctrica, abastecemento de auga, pintado de
paredes, reformas ornamentais, reformas das casas destinadas aos gardas (casa
almenada e casa das cunchas) ou reformas nas dependencias destinadas ás Casas
Civil e Militar (o edificio da antiga Granxa de Meirás) . 59
Os proxectos, orzmentos e memorias das actuacións realizadas pola Comandancia de Obras de La 59
Coruña están depositados no Archivo Intermedio Militar Noroeste (España. Ministerio de Defensa. Archivo Intermedio Militar Noroeste. Caixas 13399 e 14000).
Por outra parte, Ricardo Catoira encargarase de xestionar a adquisición de novas
parcelas por parte da Casa Civil para a súa inscrición a nome de Franco. Deixando a
parte os terreos adquiridos que non son limítrofes coa parcela do Pazo, esta verá
incrementada a súa superficie desde os 56.892 m2orixinais ata os 108.741 m2. Entre
estas incorporacións, destaca a da finca e vivenda comprendida entre a nova
estrada e o muro, coa que non se puideran facer anteriormente e que no ano 1963
será adquirida ao propietario coa mediación do alcalde da Coruña Sergio Peñamaría
de Llano . 60
Por outra parte, é coñecido o traslado continuado de elementos do patrimonio
cultural galego a Meirás, polo xeral previa demanda de Carmen Polo. O máis
significativo é o da Torre de Dodro, agasallada en 1938 pola Corporación Municipal
a Franco e trasladada a Meirás para a recolocación dos seus elementos ornamentais
nos xardíns do Pazo [doc. 30]. Tamén se lle tería feito doazón por parte do 61
Concello de Santiago de Compostela de dúas estatuas que pertenceran ao Pórtico
da Gloria e que o municipio adquirira ao Conde de Ximonde en 1948, condicionando
daquela a transacción a que «a que las estatuas que son objeto de la misma
permanezcan indefinidamente en el patrimonio del Excmo. Ayuntamiento de
Santiago de Compostela, de manera que si por cualquier circunstancia dichas
estatuas salieran del patrimonio municipal […], la Corporación Municipal deberá
indemnizar la cantidad de cuatrocientas mil pesetas» . 62
Neste marco, a Deputación volve ser determinante. E o é da man do enxeñeiro
Alfonso Molina ata a súa morte en 1958, mesmo tamén no seu período na alcaldía
da Coruña, que compaxinaba co seu traballo como técnico. A Deputación será
tamén unha peza chave na xestión que as administracións públicas teñen realizado
do Pazo ao longo da ditadura. O ente provincial tamén asume o seu papel ao
respecto como sae dunha residencia oficial do Xefe do Estado se tratar. Neste
sentido, acometerán actuacións destinadas á ampliación da superficie da parcela, á
Archivo General de Palacio. Fondo de la Casa Civil del Jefe del Estado.60
LORENZO BALEIRÓN, M.: Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga, Concello de Dodro, 61
Dodro, 2011; BAYOD, Á.: Franco visto por sus ministros. La figura humana y política del Caudillo descrita por sus colaboradores más directos, Planeta, Barcelona, 1981.
VV.AA.: Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago, Concello de Santiago de Compostela, 62
2011.
construción de novas infraestruturas viarias para servizo de Franco e ao
mantemento e ornato periódico da rede viaria con motivo das visitas do ditador.
Con respecto á primeira cuestión, no ano 1946 actúase para reverter a situación
daqueles terreos que ficaran sen uso pola variación do trazado da estrada fronte ao
Pazo [doc. 15]. Ricardo Catoira solicitaba á Deputación que o solo ocupado polo
vial desaparecido fose transferido a Franco e Comisión Xestora da Deputación o 30
de outubro tomaba o seguinte acordo:
después de haber visto el informe de Asesoría Jurídica y de
conformidad con lo que en el mismo se propone, declarar dicha
parcela sobrante y sin utilidad para la Diputación, e interesar de la
superioridad la correspondiente autorización para enajenarla a un
colindante único y determinado debiéndose en su día, si se concede
tal autorización, realizarse la venta en los términos que prescriben
las disposiciones vigentes. 63
O encargado de valorar estes terreos, por orde da Sección de Caminos y
Construcciones, non será outro que Alfonso Molina, a través dun informe solicitado
pola Presidencia. Concluirá que «siendo de 2,45 pesetas el precio del metro
cuadrado, la parcela deberá valer 1.568,00 pesetas que es el precio que estimamos
justo y equitativo». Molina decidía non actualizar o valor da finca –as lindeiras
foran valoradas tempo atrás na mesma contía– en base a que «por haber sido
carretera habrá de dedicársele bastante tiempo y trabajo hasta hacerla
producir» . 64
Ante as dúbidas legais suscitadas pola operación, a Comisión Xestora da Deputación
decidía solicitar un informe que a avalase. O Gobernador Civil trasladaba un escrito
no que se daba resposta favorable á adxudicación destes terreos «sin necesidad de
recabar la previa conformidad que previenen las disposiciones vigentes» . 65
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas da Comisión Xestora. L733.Sesión de 63
30/10/1945.
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. 1.3.3. Vías e obras. Leg. 1951. «Proyecto de las obras 64
de variación en el origen de la carretera provincial de Meirás al Puerto de Santa Cruz, en las inmediaciones del Pazo».
Id.65
Para formalizar definitivamente a operación, Molina –«Ingeniero Director de la
Sección de Vías y Obras de la Exma. Diputación provincial, en nombre y
representación de la misma»– e Catoira –«representación del EXCMO. SEÑOR DON
FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE»– asinan o 22 de outubro de 1947 unha acta na
que se dispón o seguinte[doc. 15]:
El Sr. Catoira exhibe en el acto de la reunión una Carta de Pago de la
Excma. Diputación, de fecha 21 del actual, mandamiento de ingreso número
novecientos noventa y tres (993), Capítulo quinto (5º) – Artículo segundo
(2º) – Concepto catorce (14), en ella consta que dicho Señor ha ingresado en
la Depositaría de la misma la cantidad de MIL QUINIENTAS SESENTA Y OCHO
(1568) pesetas, importe del precio fijado a la parcela.
El Sr. Ingeniero Director, encontrando cumplido a satisfacción el acuerdo de
la Comisión Gestora, de que a la entrega de la parcela había de preceder la
formalización del pago, invita al Sr. Catoira a que entre en la misma y tome
posesión de ella, en nombre y representación del EXCMO. SEÑOR DON
FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, que acredita con la exhibición del
oportuno documento, acto que realizó en presencia de varias personas,
paseándose por ella, arrancando hierba y haciendo otros actos en el uso de
la propiedad que se le otorgaba.
La parcela de referencia está formada por un sobrante de la expresada
carretera, de seiscientos cuarenta (640) metros cuadrados de superficie,
situada en el kilómetro primero (1º), margen derecha de la carretera
provincial de Meirás al Puerto de Santa Cruz, que linda al Norte con la
citada carretera, al Este y Norte con el muro de cierre del Pazo de Meirás;
al Este con la carretera del Estado abandonada por variación, y al Sur y
Oeste con fincas del mismo Pazo o sea del EXCMO. SEÑOR DON FRANCISCO
FRANCO BAHAMONDE.Y no habiéndose producido incidente ni reclamación
alguna, el Sr. Catoira en nombre y representación del EXCMO. SEÑOR DON
FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, queda en propiedad total y sin reservas
de la parcela arriba indicada […]. 66
Id.66
Á superficie da antiga estrada engadiránselle as servidumes e entronques con dous
camiños, que conformarán dúas novas parcelas tamén propiedade de Franco. De
feito, o Catastro segue recollendo as parcelas por separado, porque nunca foron
agrupadas, nas seguintes referenzas : 67
• As Torres e a súa finca (93.263 m2), que xa incorpora as terras incautadas en 1938
• A parcela da casa «das cunchas» (7.179 m2), adquirida en 1963
• Unha parcela nun dos extremos da parcela «casa das cunchas» (956 m2), correspondente a un baldío e ao entronque coa antiga estrada transferida a Franco
• Id. no outro extremo da parcela (563 m2)
Por outra parte, a intervención da Deputación para a construción de novas
infraestruturas estará relacionada coas actuacións da Comandancia de Obras. A
construción do acuartelamento en parcelas propiedade de Franco emprazadas na
parte traseira do Pazo motivará o inicio en maio de 1943 dun expediente por parte
de Alfonso Molina para dotar de acceso ás novas instalacións [doc. 12]. O proxecto,
redactado «en virtud de instrucciones y órdenes verbales de la Presidencia de esta
Exma. Diputación», xustificábao nos seguintes termos:
Se trata […] de la construcción de una rampa o camino de acceso al
Cuartel, de tipo comarcal, de análogas características que la
carretera provincial donde tiene su orígen […].
La finalidad de las obras es proporcionar una fácil comunicación al
Cuartel de la Escolta de S. E. que se proyecta fuera del recinto del
Pazo y en tierras próximas al mismo.
En la actualidad existe como única comunicación un camino de carros
que desde la rotonda de entrada principal al Pazo, va a las fincas en
que se emplazará el Cuartel. 68
https://www1.sedecatastro.gob.es/OVCFrames.aspx?TIPO=CONSULTA67
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. 1.3.3. Vías e obras. Leg. 1951. «Proyecto de rampa 68
provincial al cuartel de la escolta de S. E. en Meirás en la carretera provincial de Meirás al puerto de Santa Cruz».
A construción da rampla orzamentaríase en 23.764,36 pesetas, suplementándose en
novembro de 1944 con outras 6.530,30. O proxecto establecía que «el importe de
estas obras ha de ser satisfecho con cargo a los fondos procedentes de la Décima
del Paro Obrero, por lo que además de someterlo a la aprobación de la Comisión
Gestora, habrá de ser también aprobado por la Comisión Administradora de la
citada Décima».
Por último, o papel que vai asumir a Deputación nas décadas seguintes, e ata a
morte do Xefe do Estado, estará tamén relacionado coa súa competencia sobre as
estradas que eran da súa titularidade. A que transcorría entre Santa Cruz e Meirás
(denominada «de Meirás al Puerto de Santa Cruz»), pola que se desprazaba Franco
entre a súa residencia e a capital da provincia, será ano a ano obxecto de
intervencións da Deputación, consistentes no seu rebacheo, rego asfáltico e
coidado das marxes [docs. 11 e 13]. Intervencións que tiñan a finalidade de agradar
ao ditador ao seu paso e de ofrecer aos medios despregados unha imaxe acaída do
contorno do Pazo.
A actuación nas marxes, en toda a súa extensión e por un orzamento que
acostumaba acadar ou superar a metade do total, e a periodicidade rigorosamente
anual dos traballos diferenciaban este vial dos demais que estaban ao coidado do
ente provincial. Nos primeiros anos após a entrega do Pazo a Franco, estas
intervencións realizábanse nun contexto –o da posguerra– de carestía de materiais
e de control das actividades económicas por parte do Estado central. A Deputación,
a través de Molina, dirixíase ao Ministerio de Obras Públicas para urxir a entrega,
por exemplo, do cupo de alcatrán que lle correspondía a esta institución [doc. 11].
Xustificaba a demanda e a urxencia das obras, precisamente, no feito de que, «de
no aprovechar estos meses, no podrán estar terminadas en la época en que S. E. el
Generalísimo y Jefe del Estado, acostumbra a fijar su residencia en el Pazo de
Meirás» . 69
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. 1.3.3. Vías e obras. Leg. 1951. «Proyecto de rampa 69
provincial al cuartel de la escolta de S. E. en Meirás en la carretera provincial de Meirás al puerto de Santa Cruz».
Os traballos tiñan que comezar o 15 de xuño. Todo debía estar disposto para cando
a comitiva do Xefe do Estado fixese acto de presenza, e a Deputación porá todo o
seu empeño en que así sexa, ata o punto que envía ao propio Alfonso Molina a
Madrid a realizar as xestións persoalmente, tamén coa finalidade de recadar
financiamento para o arranxo de viais do «Circuito de la Zona de Defensa del
Departamento Marítimo de Ferrol», que non figuraban nos plans provinciais e non
tiñan, xa que logo, consignación orzamentaria. Unha das persoas ás que Molina
debía visitar na capital era o xefe da Casa Civil de S. E. el Jefe del Estado, que non
era outro que Julio Muñoz de Aguilar, antano Gobernador Civil da Coruña e
presidente da Junta Pro Pazo. En carta a Muñoz, o presidente da Deputación
recalcaba o motivo da viaxe e a razón da necesidade perentoria do demandado
alcatrán:
Excuso exponerle a Vd. el interés que tenemos en vencer estas
dificultades, ya que esta Diputación quisiera corresponder al honor
que nos dispensa S. E. durante sus estancia veraniega [sic.] en esta
provincia, acondicionando y reparando en las mejores condiciones
posibles las carreteras que son de obligado paso para acceso al Pazo
de Meirás.
Xa sen as limitacións anteditas, a actuación da Deputación ata o ano 1975 estará
guiada por esa mesma vontade de compracer ao ditador, asegurando as mellores
condicións –tanto do seu firme como do aspecto estético– para a rede de estradas
das que Franco facía uso. Isto pódese contrastar nos expedientes que estas
actuacións xeraron ano a ano . Todo tiña que estar disposto á chegada do ditador. 70
A súa presenza anticipada, con motivo do Ano Santo de 1954, motivaba a alteración
dos trámites administrativos precedentes para a realización dos traballos, co
obxecto de adiantalos.
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. 1.3.3. Vías e obras. Leg. 1967, 1951, 79, 171, 401, 70
1933, 2434 ou 2438.
O 26 de xuño, a corporación provincial acordaba en sesión plenaria o seguinte
[doc. 9]:
Eximir del trámite de subasta las obras de riego superficial de betún
asfáltico del grupo de carreteras “De Meirás al Puerto de Santa Cruz” y “Del
Puente del Pasaje a Palavea”, ante la imposibilidad de llevar a cabo, con la
urgencia que requiere, la conservación de dichas obras, puesto que han de
ser realizadas antes de la llegada de S. E. el Jefe del Estado […], llevándose
a cabo dicha reparación por concierto directo, y que por la Dirección de Vías
y Obras Provinciales se proceda, con urgencia, a concertar el
correspondiente destajo. 71
Porén, a relación entre o ente provincial e as estadías do Xefe do Estado en Meirás
non se circunscribirá ao mantemento do viario. A Deputación asumirá unha terceira
parte dos gastos ocasionados polas estancias dos ministros na Coruña, desprazados
para a celebración do Consello de Ministros anual que se celebraba no Pazo [docs. 72
7 e 8].Con motivo da presenza anual de Franco, o presidente trasladaba á
Corporación a súa satisfacción e consignábase en acta o seu recibimento en
audiencia en Meirás.
Era a Deputación, ademais, quen xogaba un papel activo na entrega ao ditador de
honras e condecoracións. No ano 1951, no marco dunha desas audiencias en Meirás,
acordábase «por aclamación y entre salvas de aplausos» que Francisco Franco «sea
considerado como número Uno en todos los Títulos Honoríficos existentes en esta
Diputación Provincial y en los que se creen en lo futuro, sin necesidad de acuerdo
especial en cada caso», o que implicaba que «será considerado como Primer Hijo
Predilecto de la provincia de La Coruña, y que se consigne así en artística Placa» 73
[doc. 6].
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L742.Sesión de 71
26/06/1954.
No ano 1952, por exemplo, o plenario acordaba «aprobar la cuenta de estancias causadas por los 72
Excmos Sres Ministros en los Hoteles Embajador y Finisterre de esta capital […] y satisfacer la 3ª parte de la misma, o sea la cantidad de quince mil cuatrocientas noventa pesetas y noventa y tres céntimos» (Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L740.Sesión de 25/11/1952). O ano seguinte aprobábase un acordo similar, ascendendo a contía asumida pola Deputación a 22.585,88 pts. (Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L742.Sesión de 27/11/1953).
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L739.Sesión de 73
29/08/1952.
A Deputación e o Xefe do Estado compartirán o feito de administraren sendas
explotacións agropecuarias nos respectivos pazos de Mariñán e Meirás. Isto
motivará o intercambio de reses nunhas actuacións que fan patente a indefinición
entre a esfera do público, do que compete ao Estado e ás administracións, e a do
particular. Este extremo fica acreditado en dous acordos plenarios do ano 1949
polos que se decide a adquisición, por parte da Deputación e con cargo ao
orzamento provincial, dunha vaca á granxa «La Cerdeira» para súa entrega a
Franco, e noutro posterior, nese mesmo ano, polo que o Xefe do Estado dona á
Deputación o seu touro Luminoso, «procedente del Pazo de Meirás» [docs. 4 e 5]. 74
O ente provincial emprestará, ademais, outro servizo de índole particular ao Xefe
de Estado. Era a encargada, nos Talleres del Hogar Calvo Sotelo, de reencadernar
os libros da biblioteca propiedade de Franco que albergaba o Pazo. Ata o ano 1963,
as encadernacións afectaban a tomos soltos que a Casa Civil ía entregando de
forma máis ou menos esporádica. Mais nesa data, Ricardo Catoira, actuando como
secretario particular de Franco, remite ao Gobernador Civil unha ampla lista de
volumes , o que semella que fixo presentir aos responsables dos Talleres que eses 75
traballos ían adquirir carácter sistemático. Ante este panorama, o presidente da
Deputación, Rafael Puga Ramón, traslada ao Pleno a seguinte diatriba:
que existiendo un número considerable de libros que precisan ser encuadernados,
se estaba en el caso de que se someta este asunto al Pleno, para que se pronuncie
en el sentido de continuar o no encuadernando los expresados libros que envíen sin
pasar cuenta alguna por ello, o cobrando los gastos que esta produzca. 76
O ditame, porén, foi inequívoco: «que no se marque cantidad alguna por los gastos
que puedan producir las encuadernaciones de libros de la Biblioteca del Pazo de
Meirás, de S. E. el Jefe del Estado y Generalísimo de los Ejércitos». Xustificábase o
acordo co argumento de que constituía «un algo honor para la Corporación
provincial el continuar encuadernando […] los libros que tengan por conveniente
enviar de la expresada Biblioteca» [doc. 10].
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L736.Sesión de 74
20/04/1949; Id., L737. Sesión de 28/10/1949.
Archivo General de Palacio. Fondo de la Casa Civil del Jefe del Estado.75
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña. Libros de Actas do Plenario. L754. Sesión de 76
28/10/1963.
6. Conclusións
Da elaboración do presente informe histórico, e da análise da documentación que
existe ao respecto, pódense extraer algunhas conclusións en relación ó Pazo de
Meirás reunidas en tres apartados:
1. Caracterización e transcendencia do edificio e do recinto.
2. Natureza da transmisión da propiedade a Franco.
3. Actuacións desenvoltas polas administracións públicas desde o ano 1938 ata
a morte do Xefe do Estado.
1. En primeiro lugar, cómpre sinalar a relevancia do Pazo de Meirás como lugar
histórico. Escenario de acontecementos de relevancia, a nivel galego, estatal e
internacional, o edificio, a súa finca e os bens que albergan son un valor en si
mesmos como testemuña histórica e atópanse vinculados a figuras que
desempeñaron un papel senlleiro na historia deste país:
• As Torres de Meirás foron construídas e deseñadas, en boa medida, por
Emilia Pardo Bazán. Son determinantes -como tamén a veciña Granxa- á hora
de comprender a súa obra literaria. Foron o seu lugar de residencia habitual,
o espazo no que desenvolveu gran parte da súa actividade creadora e,
ademais, un referente cultural e social ligado á súa figura.
• Xa como propiedade de Francisco Franco, o Pazo de Meirás albergou os
períodos estivais –non necesariamente de lecer– do Xefe do Estado desde o
ano 1939 ata o ano 1975, adquirindo connotacións de residencia oficial e
acollendo actos institucionais e políticos diversos: Consellos de Ministros
(todos os anos entre 1946 e 1975), recepcións, xantares e ceas de gala con
personalidades, Xefes de Estado, etc. En Meirás dirimíronse e aprobáronse
cuestións fundamentais que afectaron ao decorrer da ditadura.
2. En segundo lugar, extráense conclusións sobre o procedemento empregado entre
os anos 1938 e 1941 para efectuar a transmisión da propiedade a Franco. O
proceso está indisolublemente ligado á posta en marcha –e continuidade– da
represión como elemento pivotal do sistema político ditatorial, nun contexto
no que o aparello do réxime actúa con absoluta e total impunidade.
Indubidablemente non era unha sociedade na que se puidera obrar libre e
voluntariamente. Non é posible desvincular o cruel e brutal contexto daqueles
momentos da realidade xurídica en que se realizaron os feitos. Coa inserción
deste contexto debemos salientar os seguintes aspectos:
• A Suscripción Popular Pro Pazo del Caudillo, aberta en 1938, ponse en
marcha nun contexto no que proliferan numerosas propostas de colectas
dedicadasa satisfacer as necesidades bélicas dos sublevados, financiar os
servizos asistenciais do réxime e sufragar actos de homenaxe inseridos no
aparello propagandístico. Acredítanse as prácticas coercitivas que
acompañan a estes procedementos. A subscrición coa que se recada unha
parte da contía dedicada á adquisición e reforma do Pazo non pode ser
considerada de xeito alleo a este marco.
• A ampliación da superficie orixinal da finca, ata conformar o espazo cercado
polos muros no ano 1938, realizarase, na maior parte dos casos, a través da
súa ocupación de facto, e, no caso da vivenda que se toma, mediante o
despoxo forzoso dos seus propietarios. Posteriormente, a estas adquisicións
darase forma de compra-vendas, coa sinatura de contratos inscritos no
mesmo contexto coercitivo no que se practica a subscrición. Ese proceso de
regularización da transmisión da propiedade ás mans de Franco concluirá no
ano 1941, coa inscrición dos bens no Rexistro da Propiedade de Betanzos.
• O Pazo de Meirás é entregado a Franco o 5 de decembro de 1938 pola Junta
Provincial Pro Pazo del Caudillo como doazón da provincia da Coruña. Un
agasallo que se lle tributa en calidade de «Jefe del Estado y Generalísimo de
los Ejércitos», segundo consta nos pergameos de entrega. Polo tanto, non é,
nun primeiro momento, unha transmisión á súa propiedade particular. De
feito, na documentación que este proceso xera nestes anos, alúdese ao Pazo
como «residencia oficial» e xustifícanse actuacións, como a do cambio de
trazado da estrada frontal, «por tratase de un itinerario de acceso a una
residencia del Jefe del Estado» [doc. 29]. De feito, a transacción que 77
remata co Pazo en propiedade de Franco non terá efectos xurídicos ata o
ano 1941, cando se formaliza como compra-venda entre particulares e se
inscribe no Rexistro da Propiedade como tal. O proceso levado adiante entre
1938 e 1941 é relevante para entender cómo se produce o acceso á
propiedade do Pazo por Francisco Franco.
3. En terceiro lugar, dende o propio nacemento da iniciativa, as administracións
públicas asumen un papel singular e protagonista. Este pódese observar en
diversos aspectos:
• Representantes de institucións públicas forman parte destacada da creada
ex-profeso Junta Pro Pazo, participan na dirección das operacións que, en
1938, conducen á entrega do Pazo a Franco. Son as administracións as que
poñen en marcha e xestionan a subscrición, coordinada polo Gobernador
Civil e executada por cada concello seguindo sempre as directrices marcadas
pola Junta (unha entidade particular, lembremos, sen constitución formal e
que funcionaba á marxe da arquitectura institucionaldo momento).
• Xa unha vez o Pazo se atopa rexistrado como propiedade particular de
Francisco Franco, son as administracións as que asumen a súa xestión, como
se se tratar dunha residencia oficial do Xefe do Estado e, xa que logo, como
propiedade pública. Así, o Ministerio del Ejército, a través da Comandancia
de Fortificaciones y Obras de La Coruña, é a institución encargada das
tarefas de mantemento do edificio, da finca e de todas as construcións
anexas, e é quen realiza obras de reforma, parcial ou integral, de
edificacións existentes ou de construción doutras novas (como o
acuartelamento). Todas estas actuacións son demandadas e coordinadas
polas Casas Civil e Militar de S. E. el Jefe del Estado, que de feito contan
con oficinas propias no complexo.
Arquivo do Reino de Galicia, Jefatura Provincial de Carreteras, «Propuesta de variación de la 77
carretera de tercer orden de Sada al Puerto de Santa Cruz».
• Tamén son as administracións, fundamentalmente a Casa Civil, pero coa
colaboración de órganos ministeriais e outras entidades públicas como o
Concello da Coruña, etc., as que asumen e xestionan a adquisición de novas
parcelas para a propiedade particular de Franco, ben limítrofes coa finca,
ben nos arredores. Este é o caso, por exemplo, da finca na que se empraza a
Casa das Cunchas, adquirida pola Casa Civil no ano 1963 coa mediación do
alcalde da Coruña.
• As administracións públicas asumirán outras funcións relacionadas coas
estadías do Xefe do Estado en Meirás e coas repercusións que estas levaban
aparelladas. A Deputación, por exemplo, facíase cargo dos gastos
ocasionados polas estancias dos ministros na Coruña, trasladados á capital
provincial para asitir ao Consello de Ministros que se celebraba anualmente
en Meirás.
Tamén temos que salientar o rol que xoga a Deputación en todo este proceso no
que participa activamente, mesmo nalgún intre con remarcado protagonismo. Por
exemplo nos seguintes casos:
• No proceso de adquisición, reforma e entrega do Pazo a Franco. A
Deputación é unha das tres pezas chave da Junta Pro Pazo, canda o Goberno
Civil e o Concello da Coruña. Os representantes das tres institucións son os
encargados de asinar o pergameo co que se obsequia a Franco, e a
Deputación é quen asume a custodia do outro pergameo. O organismo
provincial atópase presente no inicio mesmo do proceso, naquela reunión do
27 de marzo de 1938, e aproveitará as súas competencias para encargarse da
reforma do viario en torno ao Pazo, que, entre outras actuacións,
comprende a desviación do tramo de estrada situada no frontal das Torres.
Tamén nos actos protocolarios de entrega, a Deputación ten un papel
preeminente, correndo mesmo con parte dos custes.
• Na ampliación da superficie da parcela do Pazo. Os terreos sobrantes do
anterior retranqueo da estrada, coas súas servidumes e entronques, serán
transferidos a Franco no ano 1946, malia tratarse dun vial titularidade do
Estado.
• Na construción de novas infraestruturas. A Deputación asume, en concreto, a
obra para dotar de acceso ao acuartelamento construído en parcelas
propiedade do ditador (1943-1944).
• No mantemento e ornato da rede viaria que unía o Pazo de Meirás cos
destinos habituais do ditador, e, nomeadamente, da estrada «de Meirás al
Puerto de Santa Cruz». A Deputación puña todos os medios ao seu alcance e
actuaba con especial dilixencia para garantir que o aspecto dese tramo fose
o axeitado ante o paso do Xefe do Estado. Este proceder está rexistrado
documentalmente desde o propio ano 1938 ata a fin da ditadura.
• Noutras actuacións derivadas dunha relación entre a Xefatura de Estado e a
Deputación na que non se delimitan as esferas do público e do particular
(desde o agasallo dunha vaca ata a encadernación nos talleres provinciais
dos libros propiedade de Franco).
Malia este tratamento dispensado polas administracións, que conciben todo o que
estea relacionado co Pazo de Meirás como se se tratase dun asunto público, cando
falece o ditador a propiedade é transmitida en herdanza, nun proceso que se
repetirá máis tarde logo da morte da súa viúva, Carmen Polo. Nos últimos anos
téñense producido mudanzas e avances, como a declaración do Pazo de Meirás
como Ben de Interese Cultural, que posibilitou o acceso de inspectores da Xunta de
Galicia ao interior do inmoble e a apertura ás visitas públicas.
7. Bibliografía e fontes
7.1. Bibliografía empregada
ACOSTA, E. (2007): Emilia Pardo Bazán. La luz en la batalla. Biografía, Lumen,
Barcelona.
BABÍO URKIDI, C. e PÉREZ LORENZO, M. (2017): Meirás. Un pazo, un caudillo, un
espolio, Fundación Galiza Sempre, Santiago de Compostela.
BAYOD, Á. (1981): Franco visto por sus ministros. La figura humana y política del
Caudillo descrita por sus colaboradores más directos, Planeta, Barcelona,.
BOTTI, A. (1992): Cielo y dinero. El nacionalcatolicismo en España, Alianza, Madrid.
CABANA, A. (2009): Xente de orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia,
TresCTres Editores, Santa Comba.
CAZORLA SÁNCHEZ, A.; (2000): Las políticas de la victoria. La consolidación del
nuevo Estado franquista (1938-1953), Marcial Pons, Madrid.
DE LA VÁLGOMA, D. (1952): La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: nobiliario,
Imprenta Aldecoa, Burgos.
DEL BURGO, S. (1938): «Las rutas de Meirás. Como se embellece el Pazo del
Caudillo», La Voz de Galicia, 11/08/1938.
FREIRE LÓPEZ, A. Mª. (2001): «La primera redacción, autógrafa e inédita, de los
Apuntes «autobiográficos» de Emilia Pardo Bazán», Cuadernos para
Investigación de la Literatura Hispánica, nº 26: 305-336.
GRANDÍO SEOANE, E. (2000): Años de guerra. A Coruña, 1936-1939, Vía Láctea
Editorial.
HOARE, S. (1977): Embajador ante Franco en Misión Especial, Sedmay Ediciones,
Madrid.
LORENZO BALEIRÓN, M. (2011): Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga,
Concello de Dodro, Dodro.
RICHARDS, M. (1999): Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la
represión en la España de Franco, 1936-1945, Crítica, Barcelona.
RICHARDS, M. (1999):Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la
represión en la España de Franco, 1936-1945, Crítica, Barcelona.
RICO BOQUETE, E. (2005): «El Franquismo en Galicia», en DE JUANA, J. e PRADA,
J.: Historia contemporánea de Galicia, Ariel.
RODRIGO, J. (2017):Una historia de violencia. Historiografías del terror en la
Europa del siglo XX, Anthropos-UNAM-Siglo XXI, México
SÁNCHEZ GARCÍA, J. A. (2010): «Las Torres de Meirás. Un sueño de piedra para la
Quimera de Emilia Pardo Bazán», en Goya, 07-09/2010.
SÁNCHEZ RECIO, G. (2008):Sobre todos Franco. Coalición reaccionaria y grupos
políticos, Flor del Viento, Madrid.
SÁNCHEZ RECIO, G. (2008): Sobre todos Franco. Coalición reaccionaria y grupos
políticos, Flor del Viento, Madrid.
SANZ ALBEROLA, D. (1999): La implantación del franquismo en Alicante. El papel
del Gobierno Civil (1939-1946), Publicaciones de la Universidad de Alicante.
SAZ, I. (2004): Fascismo y franquismo, PUV, Valencia.
VIÑAS, A.: La otra cara del Caudillo. Mitos y realidades en la biografía de Franco,
Crítica, Barcelona, 2015.
VV.AA. (2001): Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago, Concello de
Santiago de Compostela, 2011.
ZENOBI, L. (2011):La construcción del mito de Franco, Cátedra, Madrid.
7.2. Arquivos 78
Arquivo da Deputación Provincial da Coruña
Arquivo do Reino de Galicia
Arquivos municipais de A Coruña, Sada, Oleiros, Fene, Culleredo, Carballo, Teo
Archivo Intermedio Militar Noroeste
Archivo General de Palacio
Archivo General de la Administración
Arquivo persoal de Carlos Babío Urkidi
Arquivo persoal de Juan Pérez Babío
7.3. Fontes hemerográficas
América-Latina
El Compostelano
El Heraldo de Madrid
El Imparcial
El Noroeste
El Orzán
La Correspondencia de España
La Época
La Esfera
La Ilustración Artística
La Ilustración Española y Americana
La Voz de Galicia
Nuevo Mundo
Por Esos Mundos
Vida Gallega
Boa parte da documentación empregada para a elaboración deste informe, procedente dos 78
arquivos sinalados, foi facilitada por Carlos Babío Urkidi.
SEGUNDA PARTE
INFORME SOBRE A EVENTUAL CUALIFICACIÓN XURÍDICA PÚBLICA OU
PRIVADA DO PAZO DE MEIRÁS
O presente Informe ten como obxecto principal determinar a natureza xurídica do Ben de Interese Cultural “Torres de Meirás”, tamén coñecido como “Pazo de Meirás”, integrado pola construción principal do Pazo, as fincas adxacentes ao mesmo e outras construcións auxiliares integradas no conxunto.
Para a realización do presente Informe, tivéronse en conta a documentación e os datos subministrados pola Deputación Provincial de A Coruña e, singular e principalmente, o informe histórico elaborado por Emilio Grandío Seoane e Manuel Pérez Lorenzo, membros do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela “Hispona”.
O informe emítese sobre a base dos seguintes
1.-Feitos
Primeiro.- En 1938, e froito de diversos avatares familiares, o Pazo de Meirás era propiedade de Manuela Esteban-Collantes y Sandoval, á sazón, lexítima herdeira da filla da finada Emilia Pardo Bazán. Convén ter presente que da información subministrada non consta que a construción denominada “Torres de Meirás” ou “Pazo de Meirás”, e os terreos aledaños, foran de titularidade pública en momento algún dende a súa construción.
Segundo.- Consta que o 31 de marzo de 1938, no seno da Comisión Permanente do Concello de A Coruña, e a iniciativa de Fernando Álvarez de Sotomayor, tal e como figura na correspondente acta, “la Presidencia dio cuenta oficial a la Corporación de la adquisición que la Ciudad y Provincia de La Coruña hacen del Señorial Pazo de las Torres de Meirás enclavado en uno de los más bellos rincones de las Mariñas, para ofrecerlo como residencia veraniega a nuestro invicto Generalísimo y Glorioso Caudillo”.
Terceiro.- Consta, de acordo co informe reservado remitido por un Tenente Coronel do exercito á Delegación Nacional de Provincias de Falange o 2 de novembro de 1938, que Fernando Álvarez de Sotomayor “hizo –antes do 31 de marzo de 1938– un viaje a San Sebastián para tratar con los dueños –do Pazo– la venta a la que accedieron por el precio aproximado de 400.000 pesetas.
Todas estas gestiones se efectuaron con rapidez ante las noticias que había otras poblaciones o provincias que teniendo la misma idea podían adelantárseles”.
Cuarto.- Consta, por anuncio público en diversos xornais, que ese mesmo día, o 31 de marzo de 1938, o gobernador civil de A Coruña remitiu un telegrama a Ramón Serrano Suñer, Ministro do Interior, no que se dicía o seguinte:
“En nombre de esta ciudad y provincia, compláceme comunicar a V.E. acaba de ser adquirido por pueblo coruñés el Castillo de Meirás, para donarlo a nuestro Caudillo S.E. Jefe del Estado, confiando merecer honor sea su residencia veraniega cuando circunstancias guerra permitan. Formalizada escritura día hoy esperamos solo fecha regreso Caudillo Burgos y aviso V.E. para traslado representaciones militares, obreras, mercantiles y sociales con objeto de hacer su entrega en nombre Galicia”.
Quinto.- Consta que en maio de 1938 estaba constituída a denominada “Junta Provincial Pro-Pazo del Caudillo”, presidida polo gobernador Civil da Coruña, Julio Muñoz R. de Aguilar, e da que formou parte, dende un primeiro momento, o Goberno Civil, o Concello de A Coruña e, nomeadamente, a Deputación Provincial de A Coruña. A finalidade da “Junta”, ao igual que o doutras de similar natureza, era a de procurar o financiamento preciso para facer efectiva a doazón ao Xefe do Estado, e con isto garantir que a segunda residencia do futuro xefe do Estado se situara en Sada, na parroquia de Meirás.
Sexto.- Con data 28 de marzo de 1938 redactouse un documento no que se fixo constar o seguinte:
“En el día veintiocho de marzo de nuestro segundo año triunfal del señor de mil novecientos treinta y ocho, la ciudad y Provincia de La Coruña hicieron la ofrenda de donación de las Torres de Meirás al fundador del nuevo imperio, Jefe del Estado, Generalísimo de los ejércitos y Caudillo de España, Francisco Franco Baamonde.
Galicia que le vio nacer, que oyó su voz el dieciocho de Julio, que le ofreció la sangre de sus hijos y el tesoro de sus entrañas, que le siguió por
el camino del triunfo en la unidad, grandeza y libertad de la Patria, asocia en esta fecha, para siempre, el nombre de Franco a su solar, en tierras del Señor San Yago, como una gloria más que añadir a su Historia”.
O documento aparece asinado por diversos membros da Junta Pro-Pazo, figurando, así mesmo, unha aceptación autógrafa asinada por Francisco Franco no Pazo de Meirás con data 5 de decembro de 1938.
Sétimo.- Consta que con data de 3 de febreiro de 2009 se formulou denuncia perante o Fiscal da Comunidade Autónoma de Galicia por parte de Ramón Valentín López Rey, Letrado-Asesor xurídico da Deputación Provincial de A Coruña, no seu nome e representación, na que se fixo constar o seguinte:
“Primero.- Que el 20 de septiembre de 2007, por personal adscrito al Archivo provincial, se echó en falta el documento original de cesión del Pazo de Meirás al anterior Jefe del Estado, Don Francisco Franco Baamonde.
Segundo.- La archivera bibliotecaria de esta Diputación Provincial informó, el pasado 24/1/2009, que a pesar de la búsqueda exhaustiva del citado documento, revisando la totalidad del archivo, el mencionado documento sigue sin localizarse.
Tercero.- Según se indica en el meritado informe, el documento original es un pergamino con orla, escudo central y letras capitales en colores, con unas medidas aproximadas de unos 60 cm. de alto y 30 cm. de ancho.
De las comunicaciones efectuadas en la fecha en la que se tiene constancia de la desaparición del documento, se constata que el mismo se encontraba en la habitación nº 541 de la segunda planta del edificio del archivo, en el cajon nº 8 del armario portaplanos. Asimismo, que la última fecha en que se tiene constancia de su localización no se puede precisar con total seguridad pero sería aproximadamente en el año 2003.
(...)
Es por ello que siguiendo lo ordenado por la Presidencia de esta Excma. Diputación Provincial, lo que se ratifica por esta Asesoría Jurídica, y en relación a los hechos antes indicados, se remiten copias de los siguientes documentos:
1. Informe de 24/1/2009 al que se adjunta una fotocopia del documento original desaparecido.
2. Copia de las comunicaciones internas efectuadas con relación a dicha desaparición”.
Oitavo.- Consta que, ao longo de 1938 e 1940, se realizaron aportacións por parte de institucións públicas e persoas privadas á Junta Pro-Pazo para facilitar o pago da súa adquisición.
Da natureza coactiva de moitas destas aportacións dan conta, tanto as reiteradas misivas remitidas polo Gobernador Civil aos distintos concellos afectados, como Oleiros, Carballo ou Culleredo, como as afirmacións do Tenente Coronel antes citado quen, no seu informe antes transcrito, afirmou que “ha resultado que han contribuido al regalo, no los buenos españoles que le quieren, sino todos, buenos y malos, saliendo como es natural de estos últimos los disparates mayores y las censuras para quien todo lo merece”, así como tamén os descontos coactivos das nóminas dos empregados municipais, tal e como se fai constar no Informe histórico citado.
Do mesmo xeito, consta que con posterioridade á data da eventual doazón, a Junta pro Pazo, e singularmente a Deputación de A Coruña, realizaron notables investimentos para a mellora do Pazo e das restantes construcións, xardíns e accesos ao mesmo. En canto á súa concreción e contía, nos remitimos ao Informe histórico citado.
Noveno.- A pesares das evidencias relatadas nos apartados anteriores, non consta elevada a escritura pública nin a eventual adquisición do ben pola Junta pro Pazo aos seus propietarios, nin tampouco a doazón efectuada a favor de Francisco Franco.
Décimo.- Con data 8 de marzo de 1940 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei de 7 de marzo de 1940 do Patrimonio Nacional. Na mesma regulábase, seguindo unha longa tradición, o patrimonio adscrito ao uso e servizo do Xefe do Estado. No artigo terceiro, apartado oitavo, establecíase que, entre outros, integraban o Patrimonio Nacional “ los –bienes- que en lo sucesivo pudieran resultar de la pertenencia de dicho Patrimonio o fuesen incorporados al mismo”.
Décimo primeiro.- Consta que, en data 24 de maio de 1941, se outorgou en Madrid, perante o notario D. Luis Sierra Bermejo, unha escritura de compravenda que tiña como obxecto a finca urbana denominada “Torres de Meirás”. A dita escritura inscribiuse no Rexistro civil de Betanzos en data 24 de novembro de 1941, inscrición na que se fixo constar o seguinte:
“Urbana. Finca denominada “Torres de Meirás” en la aldea de Meirás, Ayuntamiento de Sada. Se compone de una gran extensión de terreno dedicado a jardín, huerta, prado y bosque con palacio y otros pabellones destinados a diferentes servicios. Ocupa según el título una superficie de 56892 m2 o sea 5 hectáreas, 68 áreas, 92 centiáreas equivalentes a 128 ferrados, un cuartillo y 2 tercios de otro. Pero según medición recientemente practicada, su cabida real es de 66792 m2, equivalentes a ciento cincuenta ferrados, diez cuartillos y cuatro novenas partes de otro.
Dentro de la finca existen las siguientes edificaciones:
I.- La Casa Palacio, emplazada en el centro aproximadamente del predio con su fachada principal al sur, ocupando una extensión de 2 mil m2 y compuesta de dos grandes cuerpos uno de ellos las Torres propiamente dichas, entre dos de las cuales se levanta la capillar y otro pabellón de 2 plantas.
II.- Varios pabellones en número de 5 actualmente, dos de ellos emplazados a uno y otro lado del camino de entrada a la finca, con superficies cubiertas de 100 metros... y los 3 restantes con superficies de 30 metros, 150 metros 80 decímetros y 36 metros 96 decímetros, dedicados a servicios propios de estas fincas de recreo.
(…)
No aparece gravada. Se valora en 85 mil pesetas.
La Ilustrisima Señora Doña Manuela Esteban Collantes y Sandoval, Condesa viuda de la Torre de Cela, mayor de edad, viuda… como única heredera de su hijo Don Jaime Quiroga y Esteban Collantes, formalizó el inventario y avalió liquidación y adjudicación del caudal … redactando en correspondiente cuaderno particional que fué aprobado y protocolizado por escritura otorgada el 18 de marzo de 1940 ante el Notario de Madrid Don Eduardo Caseiro de la Hesa Quintana, en las
cuales operaciones particionales se omitió incluir la finca de este número que anteriormente fue inventariada entre los bienes quedados del fallecimiento de la Excelentisima Señora Doña Emilia Pardo Bazán y de la Rúa, condesa de Pardo Bazán y adjudicada en armonía con el testamento bajo el cual falleció, en usufructo vitalicio a un hijo don Jaime Quiroga y Pardo Bazán también fallecido y en nueva propidad a su nieto Don Jaime Quiroga y Esteban Collantes en concepto de mejora, todo según el título y sin que esta finca aparezca inscrita a nombre de la Ilustrísima Señora Doña Manuela Esteban Collantes ni de ninguna otra persona.
Y dicha Ilustrísima Señora, mediante el documento que se registra… defecto u omisión padecido en la escritura de aprobación y protocolización de operaciones particionales antes reseñada, adicionándola con la finca de este número que se adjudicó como única heredera en dicho valor de 85 mil de pesetas y como dueña de la misma, la vende en unión de otras dos fincas indicadas en el asiento de presentación que luego se dirá, libres de cargas a su Excelencia Don francisco Franco Bahamonde, mayor de edad, casado con Doña Carmen Polo y Martínez Valdés, Jefe del Estado Español y Generalísimo de los Ejércitos…………………………………, representado por Pedro Barrié de la Maza, mayor de edad, en virtud del poder especial que le ha conferido por escritura otorgada el 14 de mayo del año actual ante el propio Notario autorizante de la que se registra, verificándose la venta por el precio total de 85 mil pesetas que la vendedora confiesa tener recibidas con anterioridad acto del otorgamiento, expidiendo en consecuencia al favor del comprador por la indicada suma la más eficaz carta de pago.
Por el carácter de reservable que pudiesen tener las fincas objeto de la compraventa, compareció en el acto de otorgamiento de la escritura que motivó este asiento la Excelentísima Señora Doña María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán, Condesa de Pardo Bazán y de la Torre de Cela, mayor de edad, viuda de Cavalcanti………………………………… única pariente dentro del tercer grado que pertenece a la línea de donde los bienes proceden, y por tanto, única con expectativa de derecho de dichos bienes, para hacer constar su más absoluta conformidad con esta transmisión y su voluntad firme de renunciar a cuantos derechos pudieran corresponderle en lo sucesivo, obligándose a no ir en tiempo alguno contra la firmeza y validez de esta compraventa.
En su virtud examinado el Registro y no apareciendo del mismo asiento alguno opuesto a lo relacionado inscribo a favor de Su Excelencia Don Francisco Franco Bahamonde su título de Compraventa sobre la finca de este número sin condiciones especiales y con las limitaciones establecidas en párrafo cuarto del artículo 20 de la Ley Hipotecaria, toda vez esta inscripción se practica al amparo del párrafo tercero de dicho artículo y su vigencia queda pendiente de que se acredite la publicación del edicto el artículo 87 del reglamento dentro del plazo que determina.
Todo lo referido consta del Registro y de una escritura de aceptación y adjudicación de herencia y compraventa otorgada en Madrid el 24 de mayo del corriente año, ante el Notario con residencia en dicha capital Don Luis Sierra Bermejo en la cual se inserta en lo preciso el poder relacionado y cuya primera copia, debidamente legalizada, se presenta en este Registro con el solo objeto de inscribir la compraventa, a las 13 del 20 del actual, o sea el día de ayer, según consta del asiento número 520 del folio 233 vuelto del tomo 34 del Diario”.
Décimo segundo.- A partires do ano 1941, e esporadicamente antes, Franco utilizou o Pazo como segunda residencia oficial da xefatura do Estado, celebrando de xeito regular e sistemático os correspondentes consellos de ministros e audiencias oficiais durante a súa estadía na mesma, tal e como se amosa na seguinte táboa:
Ano Chegada e saída de Franco
Consellos de Ministros en Meirás Audiencias no Pazo de Meirás
1945 Do 28/07 ao 04/09 - 28 de agosto
1946 Do 18/08 ao 18/09 29 e 30 de agosto 17 de setembro
1947 Do 15/09 ao 29/09 22 de setembro 26 e 27 de setembro
1948 Do 23/07 ao 21/08 13 de agosto 19 de agosto
1949 Do 26/08 ao 21/09 14 de setembro 19 de setembro
1950 Do 27/08 ao 26/09 8 de setembro 13 de setembro (*)
1951 Do 27/08 ao 16/09 7 de setembro -
1952 Do 29/08 ao 21/09 5 de setembro 19 de setembro
1953 Do 24/08 ao 18/09 12 de setembro 17 de setembro
1954 Do 29/08 ao 14/09 7 de setembro 13 de setembro
1955 Do 25/08 ao 19/09 2 de setembro 15 de setembro
(*) Celebrada no Goberno Civil da Coruña/ (***) Celebrado no Castelo de San Antón / (****) Presidido por Juan Carlos de Borbón / (*****) Debido ao estado de saúde de Franco só se celebra unha comida con diferentes autoridades.
Tal e como ten afirmado Ramón Villares Paz (La Voz de Galicia, serie “Pazos de Galicia”, 2001), “Meirás foi desde entón – dende a toma de posesión polo Xefe do Estado- un dos lugares de referencia na vida política do franquismo, durante case corenta anos. Alí veraneou, sen fallar ningún verán, o Caudillo coa súa familia e demais parentela política, desde 1939 ata o mesmo ano da súa morte, 1975, no que botou case mes e medio de vacacións. En Meirás celebráronse importantes reunións políticas e mesmo Consellos de Ministros. Alí se asinaron decretos e leises e alí se teceron intrigas e se procuraron influencias. De ser unha Meca literaria, Meirás foise convertindo nunha prolongación da residencia de El Pardo, ao noroeste de Madrid, a utilización da vivenda por Franco o é ao igual que o palacio do Pardo.”
1956 Do 28/08 ao 24/09 14 de setembro 17 de setembro
1957 Do 30/08 ao 23/09 13 de setembro 18 de setembro
1958 Do 26/08 ao 20/09 5 de setembro 13 de setembro
1960 Do 26/08 ao 21/09 14 de setembro 19 de setembro
1961 Do 23/08 ao 16/09 8 de setembro 11 de setembro
1962 Do 23/07 ao 15/08 10 de agosto 12 de agosto
1963 Do 23/08 ao 16/09 6 de setembro 12 de setembro
1964 Do 28/08 ao 16/09 10 de setembro 14 de setembro
1965 Do 25/08 ao 24/09 13 de setembro 23 de setembro
1966 Do 27/07 ao 28/08 12 de agosto 22 de agosto
1967 Do 23/07 ao 29/08 18 de agosto 26 de agosto
1968 Do 28/07 ao 05/09 14 de agosto 2 de setembro
1969 02/04 e do 28/07 ao 05/09 14 de agosto 30 de agosto
1970 Do 29/07 ao 04/09 21 de agosto 31 de agosto
1971 Do 24/07 ao 03/09 13 de agosto 27 de agosto
1972 Do 27/07 ao 05/09 18 de agosto 2 de setembro
1973 Do 27/07 ao 06/09 16 de agosto 30 de agosto
1974 Do 16/08 ao 09/09 30 de agosto (****) 6 de setembro (*****)
1975 Do 28/07 ao 08/09 22 de agosto 4 de setembro
Décimo terceiro.- Cómpre salientar, como xa se reflectiu no feito oitavo do presente informe, que ao longo da ocupación do Pazo polo Xefe do Estado, diversos organismos públicos (sinaladamente o Concello e a Deputación de A Coruña) realizaron diversos investimentos no mesmo, así como nas súas inmediacións, co fin de dotar ao Pazo da seguridade, ornato, accesibilidade e relevancia propias da segunda residencia oficial do xefe do Estado. No informe histórico faise un minucioso relato de ditos investimentos, así como da súa constancia documental.
Décimo cuarto.- No ano 1979 figura unha anotación rexistral, que seguidamente se transcribe, na que se fai constar que o Pazo pasa a ser propiedade de Carmen Polo y Martínez Valdés nos termos seguintes:
“ASIENTO 2
Urbana. Finca denominada Torres de Meirás, que linda al este con labradíos de María y Ramón Babío, Francisco González Ramos, Emilio Chas y Josefa Portela. Y al Sur con la carretera de Sada a Santa Cruz descrita en lo demás por la inscripción 1ª que precede.
Sin cargas. Es la partida número 53 del inventario que se dirá. Valorada en 14 millones de pesetas.
El Excmo. Señor Don Francisco Franco Bahamonde adquirió esta finca por título de compraventa en estado de casado con Doña Carmen Polo y Martinez Valdés, según la citada inscripción anterior, y falleció en Madrid el 20 de noviembre de 1975, según certificación expedida el 16 de marzo del siguiente año por Miguel Núñez Seco encargado del Registro Civil de Fuencarral, Juzgado Municipal número 30 de Madrid
Otorgó su único testamento, siendo mayor de edad casado ………………… con fecha 20 de febrero de 1968 ante el notario de dicha Capital don Fernando Férnandez Savatés, bajo el número 1 de su protocolo reservado testamentario, según certificación número 335974C- 13708 del Registro General de actos de Última Voluntad expedida con fecha del sello en tinta sin día, 1975, por el Jefe de la sección Don Jose Mª Reguera Barquín con el VB del Director del Director General don José Bóveda. En dicho testamento declarase el Excmo. Señor otorgante, entre otros particulares que no interesa consignar, estar casado con la Excma. Señora Carmen Polo y Martínez Valdés de cuyo matrimonio único
que ha contraído tiene una hija llamada Doña Carmen Franco Polo Marquesa de Villaverde.
Lega a su nombrada esposa en pleno dominio el tercio de libre disposición de sus bienes sin perjuicio de la cuota vidual usufructuaria que por Ley le corresponde y en el remanente de todos sus bienes, créditos, derechos y acciones presentes y futuras instituye y nombra heredera a su hija anteriormente citada.”
Décimo quinto.- Por Decreto 229/2008, do 30 de decembro, da Xunta de Galicia, declaráronse Ben de Interese Cultural, coa categoría de sitio histórico, as Torres de Meirás (tamén coñecidas como Pazo de Meirás), situadas no termo municipal de Sada, na provincia da Coruña. Na exposición de motivos do Decreto saliéntase o singular valor histórico e artístico do Pazo nos seguintes termos:
“Así, para os efectos de valorar a oportunidade de proceder á declaración como ben de interese cultural das Torres de Meirás, os anteditos organismos culturais non consideraron tan decisivos os seus valores arquitectónicos ou artísticos, senón a súa destacada importancia como lugar de memoria, reflexo dun pasado burgués, cosmopolita, nobiliario e político, indubidablemente asociado con dúas personalidades históricas de gran notoriedade: a eminente escritora galega Emilia Pardo Bazán, unha das máis salientables representantes españolas do naturalismo literario, e a figura de Francisco Franco, xefe do Estado español durante 40 anos.
Consonte coas consideracións dos citados órganos consultivos, as Torres de Meirás son unha fantasía persoal de Emilia Pardo Bazán, un soño ou recreación arquitectónica que está moi unida á súa figura e personalidade e que é, incluso, soporte das súas ficcións literarias, o resultado do seu desexo de recrear un mundo de arquitecturas que estaba a cabalo entre un pazo e un castelo galegos, onde configurou ámbitos e espazos de forte sabor literario. Así, aínda que os deseños do pazo se asocien co arquitecto-historiador Vicente Lampérez ou ao artista e crítico de arte Rafael Balsa de la Vega, non debe dubidarse que, en xustiza, as Torres de Meirás constitúen unha recreación persoal de dona Emilia, son a súa novela ou narración pétrea feita arquitectura. Isto significa que as Torres de Meirás son feitura da condesa de Pardo Bazán, quen ademais o
converteu en escenario creativo de moitos dos seus escritos, algo do que moi poucas construcións señoriais galegas poden presumir.
Finalmente, entenden tamén as expresadas institucións culturais que a memoria histórica impide esquecer a estreita vinculación das Torres de Meirás coa figura de Francisco Franco desde o ano 1939, pois, a partir desta data, o pazo convértese nun referente arquitectónico, acaso na construción máis mediática de toda a etapa franquista, pois foi a residencia estival do xefe do Estado español durante case catro décadas, e alí tiveron lugar numerosos consellos de ministros, visitas de estado, recepcións oficiais e diversos actos, que foron enchendo unha vida histórica que superou sobradamente o marco xeográfico da Galicia de Emilia Pardo Bazán”.
2.- Consideracións Xurídicas
2.1.- Sobre a cualificación dos negocios xurídicos celebrados ata o ano 1941. A existencia dunha simulación contractual.
Con carácter previo debemos facer mención expresa, neste concreto apartado, de varios dos antecedentes xa referenciados no relatorio de feitos precedente, tendo en conta a súa substancial incidencia na comprensión da realidade xurídica que rodeou a subscrición de determinados documentos que agora pretenden facer ver a adquisición das “Torres de Meirás” como un negocio entre particulares.
Como dixemos, o 31 de marzo de 1938, no seo da Comisión Permanente do Concello da Coruña, e a iniciativa de Fernando Álvarez de Sotomayor, tal e como figura na correspondente acta, “a Presidencia deu conta oficial á Corporación da adquisición que a Cidade e Provincia da Coruña fan do Señorial Pazo das Torres de Meirás situado nun dos máis belos recunchos das Mariñas, para ofrecelo como residencia estival ao noso invicto Generalísimo e Glorioso Caudillo”.
Fernando Álvarez de Sotomayor fixo –antes do 31 de marzo de 1938– unha viaxe a San Sebastián para tratar cos donos do Pazo a venda, á que accederon polo prezo aproximado de 400.000 pesetas. Todas estas xestións efectuáronse con rapidez ante as noticias de que había outras poboacións ou provincias que, tendo a mesma, idea podían adiantárselles.
Como tamén dixemos, coñecemos por anuncio público en diversos xornais, que ese mesmo día, o 31 de marzo de 1938, o gobernador civil da Coruña remitiu un telegrama a Ramón Serrano Suñer, Ministro do Interior, no que se dicía o seguinte:
“En nombre de esta ciudad y provincia, compláceme comunicar a V.E. acaba de ser adquirido por pueblo coruñés el Castillo de Meirás, para donarlo a nuestro Caudillo S.E. Jefe del Estado, confiando merecer honor sea su residencia veraniega cuando circunstancias guerra permitan. Formalizada escritura día hoy esperamos solo fecha regreso Caudillo Burgos y aviso V.E. para traslado representaciones militares, obreras, mercantiles y sociales con objeto de hacer su entrega en nombre Galicia”.
Non nos foi posible acceder ao contido da escritura pública de compravenda subscrita, aínda que non nos cabe dúbida de que a mesma existiu, toda vez que resulta impensable que, en tempos nos que a Guerra Civil aínda non concluíra, autoridades franquistas puidesen faltar á verdade nas súas comunicacións co Xefe do Estado.
Durante o ano 1938, coa finalidade de proceder á compra das citadas Torres de Meirás para facer doazón das mesmas ao Xefe do Estado, a Junta pro Pazo recolleu numerosas achegas diñeirarias, tanto de particulares como de organismos públicos, como a propia Deputación da Coruña ou varios Concellos da provincia, que o fixeron de fondos públicos, como de retencións dos salarios de funcionarios e outros traballadores públicos. Ditas achegas empregaríanse na compra inicial (supostamente), así como noutras posteriores de leiras e edificacións lindeiras, ademais de en varias obras realizadas na contorna da edificación principal.
Nese mesmo ano atópase documentada a doazón ao “Fundador del Nuevo Imperio, Jefe del Estado, Generalísimo de los Ejércitos y Caudillo de España, Francisco Franco Bahamonde” do Pazo de Meirás, doazón aceptada por Francisco Franco con data manuscrita do 5 de decembro de 1938. Este documento coñecémolo por copia, ao ser substraído do Arquivo da Deputación Provincial da Coruña, feito do que se deu cumprida comunicación á Fiscalía provincial, a través da correspondente denuncia.
Parece evidente que, con carácter previo á aceptación da doazón polo Xefe do Estado -5 de decembro de 1938-, se produciu a compra das Torres aos seus propietarios, ben pola Junta pro Pazo, ben por algún outro organismo público que participou na mesma; feito, polo demais, ao que se refiren o telegrama remitido polo gobernador civil de A Coruña e a acta do Concello da Coruña de data 31 de Marzo. Non podería entenderse doutro xeito a existencia da referida doazón, como tampouco podería entenderse que a referida doazón non fose efectuada a favor da persoa que ocupaba a xefatura do Estado, precisamente, en tal concepto.
Debe salientarse, e así consta documentado, que xa no ano 1938 e mesmo antes da aceptación da doazón ao seu favor, o Xefe do Estado comezou a facer uso das Torres de Meirás. É máis, o día 5 de setembro de 1938, a Comisión Xestora da Deputación Provincial da Coruña, reunida en Sesión Extraordinaria, acordou trasladarse ás Torres de Meirás, nas cales se atopaba xa o Xefe do Estado.
En data 24 de maio de 1941 outorgouse en Madrid, perante ou notario D. Luís Sierra Bermejo, unha escritura de compravenda que tiña como obxecto a finca urbana denominada “Torres de Meirás”. A dita escritura inscribiuse non Rexistro civil de Betanzos en data 24 de novembro de 1941, inscrición na que se fixo constar o texto transcrito no antecedente fáctico décimo primeiro.
Curiosamente, reflíctese na citada escritura unha compravenda directa das “Torres de Meirás” entre os herdeiros da familia Pardo Bazán, como vendedores, e Francisco Franco Bahamonde como comprador, a título persoal, representado por Pedro Barrié da Maza, membro da Junta pro Pazo e premiado, posteriormente, co título de Conde de Fenosa.
Non nos cabe dúbida algunha, ante a abundante documentación existente, de que o destino das Torres de Meirás, Pazo de Meirás, dende 1938 ata 1975, ano do falecemento de Francisco Franco, foi o de residencia oficial estival do Xefe do Estado. Non en van, no inmoble analizado se celebraron múltiples Consellos de Ministros, audiencias, sinaturas de diversas leis e decretos, sufragándose a súa celebración, así como determinadas obras de coidado e mellora, con investimentos públicos.
Vistos os feitos transcritos e os negocios xurídicos que acabamos de relatar, podemos considerar que a escritura pública de compravenda efectuada no ano 1941 é un contrato simulado.
A simulación contractual defínese, en palabras de Díez Picazo, como "a declaración dunha vontade non verdadeira que se fai para que naza a aparencia dun negocio xurídico"; é dicir, existe unha diverxencia ou contradición consciente articulada cunha finalidade de engano. Así, como notas definitorias do negocio simulado podemos considerar as seguintes:
a) A existencia dunha diverxencia, querida e deliberadamente producida, entre a vontade real e a súa manifestación;
b) A existencia dun acordo simulatorio entre as partes, nos negocios bilaterais, de modo que a declaración ou declaracións que se emiten non son as reais.
c) A concorrencia dun fin de engano aos terceiros estraños ao acto. Así, os que simulan pretenden mostrar unha exterioridade enganosa mediante unha declaración allea á realidade. Trátase, xa que logo, de producir a aparencia dun negocio xurídico que na realidade non existe.
No caso que nos ocupa, o certo é que nas declaracións, comunicacións e documentos analizados e datados o 31 de Marzo de 1938 xa se pon de manifesto que se produciu a compra das “Torres de Meirás” aos seus propietarios coa finalidade de proceder á súa doazón ao Xefe do Estado. É mais, os documentos referenciados fan constar precisamente que, nesa data -31 de marzo de 1938- se estaba só “á espera” de que “o xefe do Estado” puidera trasladarse á súa “residencia estival” para documentar o acto, o que efectivamente tivo lugar coa estampaxe do “Acepto” por parte de Franco o día 5 de Decembro de 1938.
É certo que dita doazón non se elevou a escritura pública, requisito que requiría, e require, o artigo 633.1 do Código Civil (xa vixente coa mesma redacción no ano 1938) para a validez das doazóns de bens inmobles a favor de particulares; pero o certo é que dita doazón se realizaba en favor do Xefe do Estado, na súa condición de tal, e non a un particular. Isto unido ao feito de que a súa inicial adquisición, ampliación, mantemento, adecuación e conservación, polo menos entre os anos 1938 a 1975, se levou a cabo, na súa meirande parte, con fondos públicos, e ao seu uso, como residencia oficial temporal do Xefe do Estado nos devanditos anos, fainos pensar que nos atopamos diante dun ben de titularidade pública que, como tal, formaría parte do Patrimonio Nacional.
Todo parece indicar que a escritura pública de compravenda das “Torres de Meirás” outorgada en data do 24 de Maio de 1941 é un contrato sen causa, un contrato simulado a medio do cal quen xa non era lexítimo propietario da devandita finca (lembremos que a mesma fora xa vendida en data do 31 de Marzo de 1938) finxiu a existencia dunha nova compravenda na que o comprador, que apareceu nese acto representado, o fixo a título exclusivamente particular. En consecuencia, atopámonos diante dunha venda efectuada por quen non era propietario e diante dunha compra realizada por quen, a título de Xefe de Estado, xa tiña aceptado o ben mediante unha doazón previa, e todo iso artellado coa finalidade de eludir a incorporación do ben obxecto da compravenda ao Patrimonio Nacional, incorporándoo así ao seu patrimonio particular.
Como sinala a Sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra do 30 de Decembro de 2014, da que é relator o Sr. Picatoste Bobillo, recollendo doutrina xurisprudencial consolidada:
“Lembra a STS de 13-2-2003 (RJ 2003, 1046) a reiterada xurisprudencia da Sala Primeira en SSTS de 23 Sep. 1990 e 16 Sep. 1991 (RJ 1991, 6274), segundo a cal "a simulación contractual prodúcese cando non existe a causa que nominalmente expresa o contrato, por responder este a outra finalidade xurídica distinta sen que se opoña á apreciación da simulación o que contrato fose documentado ante fedatario público"; en parecidos termos maniféstase a sentenza de 30 Sep. 1989 (RJ 1989, 6394) ao dicir que "o concepto xurisprudencial e científico de simulación contractual --doutrina superada pola afectante á causa-- que é un vicio da declaración de vontade dos negocios xurídicos polo cal, ambas as partes, de común acordo, e co fin de obter un resultado fronte a terceiros, que pode ser lícito ou ilícito, dan a entender unha manifestación de vontade distinto do seu interno querer"...)». Tamén a STS 13-2-2006 ( RJ 2006, 551) cita a do 6 de xuño de 2000 ( RJ 2000, 4004) para lembrar que "a " simulatio nuda" é unha mera aparencia enganosa (" substancia vero nullam") carente de causa e urdida con determinada finalidade allea ao negocio que se finxe ( STS do 19 de xullo de 1984 ); que o contrato simulado prodúcese cando non existe a causa que nominalmente exprésase, por responder a outra finalidade xurídica ( SSTS do 1 de xullo de 1989 ); que a simulación implica un vicio na causa negocial ( STS do 18 de xullo de 1989 ( RJ 1989, 5715) ); que en ningún sitio consta dito por esta Sala que a simulación non se pode
declarar se non se proba unha finalidade defraudatoria ( STS do 15 de marzo de 1996 ( RJ 1996, 2367) ); que o negocio con falta de causa é inexistente ( STS do 23 de maio de 1980 ( RJ 1980, 1958) ); que a falsidade da causa equivale á súa non existencia e, por conseguinte, produce tamén a nulidade do negocio, en tanto non se probe a existencia doutra verdadeira ( STS do 21 de marzo de 1956 ); que a simulación absoluta dá lugar a un negocio xurídico que carece de causa e este é o caso da compravenda en que non houbo prezo ( SSTS do 24 de outubro de 1992 ( RJ 1992, 8282) , 7 de febreiro de 1994 , 24 de maio de 1995 e 26 de marzo de 1997 ( RJ 1997, 1996) , ademais doutras que tamén cita)".
A consecuencia da simulación absoluta é a nulidade radical do negocio; en efecto, a xurisprudencia vén sinalando que a simulación absoluta pola súa natureza esencialmente contraventora da legalidade, foi estruturada pola doutrina decantada como un suposto incluíble na causa do negocio, é dicir, a simulación que implica un vicio na causa negocial, coa solución dos artigos 1275 e 1276 e por tanto coa declaración imperativa de nulidade (sentenzas do Tribunal Supremo de 29 xullo 190093.21 setembro de 1998. 25 outubro2005 . 30 marzo 2006, 25 xaneiro 2008 ( RJ 2008, 224) ). A principal razón de levar a simulación absoluta ao terreo da nulidade radical débese a que, para a xurisprudencia a que nos referimos, os efectos dun contrato simulado son os mesmos que un negocio radicalmente nulo; ademais, coa nulidade exprésase mellor a idea de sanción ou destrución do que se creou aparentemente. Seguramente por iso exercítase a práctica frecuentemente a acción de nulidade por simulación, no canto da acción de simulación, para expresar así mellor o que suxeito do petitum da demanda (por exemplo, STS de 3 xuño 1995 (RJ 1995, 5047)).
Característica da acción de simulación é a súa imprescriptibilidade, tanto cando se trata da simulación absoluta como cando é relativa. Sobre a imprescriptibilidade da simulación absoluta non houbo dúbida na xurisprudencia (SSTS do 6 de abril de 1986, 29 de novembro 1989, 17 de xuño de 1991, 23 de outubro de 1992 (RJ 1992, 8279), 12 de marzo de 2002, entre outras). A imprescriptibilidade nos casos de simulación relativa admitiuse en SSTS do 23 de outubro de 1992, 22 de febreiro de 2007 (RJ 2007, 1478), 18 de marzo de 2008 ( RJ 2008, 3054) .(…)”
Para engadir:
“En relación coa lexitimación activa, afírmase que é necesario ter un interese xurídico, un interese lexítimo; o terceiro que non fose parte do contrato ha de ter interese na inexistencia ou nulidade por simulación, é dicir ha de resultar prexudicado afectado dalgunha maneira polo contrato cuxa nulidade se pretende. Algunhas sentenzas do Tribunal Supremo seguen un criterio de certa amplitude e admiten a lexitimación activa con tal de que haxa un simple interese lexítimo sen precisar un dereito nin un interese directo (sentenzas do 5 de decembro de 1986, 22 de decembro de 1987, 13 de abril de 1988 ( RJ 1988, 3146) ). Segundo a sentenza de 3 maio de 2001 só gozan de lexitimación activa para solicitar que se declare a simulación os terceiros que teñan un dereito subxectivo ou situación xurídica ameazada polo negocio xurídico simulado que se realizou.”
A Sentenza do Tribunal Supremo do 14 de Novembro do 2008 resalta as dificultades existentes á hora de probar a simulación contractual e a posibilidade, para iso, de acudir á proba de indicios:
“Como señala la sentencia de esta Sala de 3 noviembre 2004 ( RJ 2004, 6870) «al ser grandes las dificultades que encierra la prueba directa y plena de la simulación de los contratos, por el natural empeño que ponen los contratantes en hacer desaparecer los vestigios de la simulación y por aparentar que el contrato es cierto y efectivo reflejo de la realidad, es preciso acudir a la actividad probatoria de las presunciones que autoriza el art. 1253 CC ( LEG 1889, 27) ( SS., entre otras de 13 de octubre de 1987 ( RJ 1987, 9985) , 5 ( RJ 1998, 8589) y 24 de noviembre de 1998 ( RJ 1998, 9322) , 31 de diciembre de 1999 ( RJ 1999, 9758) , 27 de noviembre de 2000 ( RJ 2000, 9317) , 22 de julio de 2003 ( RJ 2003, 6581) ). Normalmente la prueba de la simulación se desenvuelve sobre la base de una pluralidad de indicios, los cuales tomados individualmente pueden no tener entidad suficiente para apreciar la simulación, sin embargo valorados en su conjunto permiten estimar la conclusión razonable de la falta de causa, y consiguiente inexistencia contractual».”.
Resulta máis que evidente, no que a adquisición das Torres de Meirás se refire, a abrumadora existencia de indicios que nos permiten entender que o contrato de compravenda formalizado en 1941 foi, en puridade, un contrato simulado ou, como sinalaremos máis adiante, un contrato inexistente ao carecer absolutamente de causa. Así, produciuse a primeira compra aos seus lexítimos propietarios no ano 1938, adquisición esta que foi comunicada a Franco a través do seu cuñado Serrano Suñer; posteriormente materializouse a doazón do ben inmoble ao seu favor, que foi efectivamente aceptada o 5 de decembro de 1938 e a toma de posesión do pazo nesas datas. Polo demais, como vimos, os gastos das reunións e actos institucionais alí celebrados, así como as obras de conservación e mellora realizadas no inmoble se fixeron con cargo ao erario público
No caso que nos ocupa, máis que falar da posible nulidade do contrato, por simulación absoluta, atopámonos diante un contrato sen causa, o que determinaría a súa inexistencia e, así mesmo, a imprescritibilidade da acción para tal declaración, se ben os seus efectos son coincidentes. Así o indica ao Sentenza do 14 de Setembro de 2006 da Sala Primeira do Tribunal Supremo, da que foi relator o Sr. O’Callahan Muñoz:
“Y respecto a la simulación: El negocio jurídico carente de causa es el simulado con simulación absoluta, que al estar falto de aquel elemento esencial es inexistente, aunque doctrinal y jurisprudencialmente se habla con frecuencia de nulidad ya que los efectos de aquélla y ésta son coincidentes. Hay negocio aparente y acuerdo simulatorio por el que las partes coinciden en la inexistencia de aquél; lo cual difícilmente se acredita por prueba directa, siendo necesaria la prueba de presunciones. Sobre la simulación absoluta tienen interés las siguientes sentencias, entre otras anteriores, de: 10 de diciembre de 1996 ( RJ 1996, 8846) , 14 de abril de 1997 ( RJ 1997, 2882) , 30 de septiembre de 1997 ( RJ 1997, 6614), 21 de octubre de 1997 ( RJ 1997, 7178), 27 de febrero de 1998 ( RJ 1998, 968), 21 de septiembre de 1998 ( RJ 1998, 6549), 27 de octubre de 1998 (RJ 1998, 8256), 31 de diciembre de 1999 ( RJ 1999, 9758), 6 de junio de 2000 ( RJ 2000, 4004) y 20 de octubre de 2005 ( RJ 2005, 1960). Esta última recopila la doctrina jurisprudencial en estos términos: «la doctrina jurisprudencial ha declarado que es facultad peculiar del Juzgador de instancia la estimación de los elementos de hecho sobre los que ha de basarse la declaración de existencia de la causa o de su falsedad o ilicitud ( SSTS de 20 de octubre de 1966 [ RJ 1966, 4721], 11 de mayo de 1970 [RJ 1970, 2280] y 11
de octubre de 1985); igualmente, la simulación es una cuestión de hecho sometida a la libre apreciación del Juzgador de instancia (SSTS de 3 de junio de 1953 [ RJ 1953, 1657], 23 de junio de 1962 [RJ 1962, 3020], 20 de enero de 1968, 3 de junio de 1968 [RJ 1968, 3064] , 17 de noviembre de 1983 [ RJ 1983, 6118], 14 de febrero de 1985 [ RJ 1985, 553], 5 de marzo de 1987 [ RJ 1987, 5415], 16 de septiembre [ RJ 1988, 6689] y 1 de julio de 1988 [ RJ 1988, 5550], 12 de diciembre de 1991 [RJ 1991, 8997], 29 de julio de 1993 [ RJ 1993, 6493] y 19 de junio de 1997 [RJ 1997, 5418] ); que la simulación se revela por pruebas indiciarias que llevan al Juzgador a la apreciación de su realidad ( SSTS de 24 de abril de 1984 [ RJ 1984, 1967] y 13 de octubre de 1987 [RJ 1987, 9985] ); que la "simulatio nuda" es una mera apariencia engañosa ("substancia vero nullam") carente de causa y urdida con determinada finalidad ajena al negocio que se finge (STS de 19 de julio de 1984 [RJ 1984, 3847]); que el contrato simulado se produce cuando no existe la causa que nominalmente se expresa, por responder a otra finalidad jurídica (SSTS de 1 de julio de 1989); que la simulación implica un vicio en la causa negocial (STS de 18 de julio de 1989 [ RJ 1989, 5715] ); que en ningún sitio consta dicho por esta Sala que la simulación no se puede declarar si no se prueba una finalidad defraudatoria (STS de 15 de marzo de 1996 (sic) [RJ 1996, 2656]); que el negocio con falta de causa es inexistente ( STS de 23 de mayo de 1980 [ RJ 1980, 1958]).”.
O feito de que tal inexistente contrato de compravenda resultase inscrito no Rexistro da Propiedade e de que mesmo, con posterioridade, a raíz do falecemento de Francisco Franco, pasase aos seus herdeiros, non supón que os mesmos poidan acollerse á súa protección. Como sinala a Sentenza da Sala Primeira do Tribunal Supremo do 5 de Febreiro de 1999 da que foi relator o Maxistrado Sr. González Poveda:
“Es jurisprudencia reiterada que el principio de exactitud registral contiene una presunción «iuris tantum», por lo que puede ser destruida mediante prueba en contrario. Consecuencia de ello es que los asientos practicados en el Registro conlleven una presunción de exactitud hasta que se demuestre o acredite en debida forma su discordancia con la realidad extrarregistral, dado que dichos Registros carecen de una base física fehaciente en cuanto lo cierto es que reposan sobre las manifestaciones de los otorgantes, razón por la cual el instituto registral
no puede responder de la exactitud de las circunstancias y datos fácticos ni por consiguiente de los relativos a las fincas; asimismo se declara en Sentencia de 26 de abril de 1986 ( RJ 1986\2004) que «el principio de legitimación, que presume la existencia de los derechos inscritos tal y como constan en el asiento y su posesión, no es aplicable cuando intenta oponerse a una titularidad de dominio público, pues ésta es inatacable aunque no figure en el Registro de la Propiedad, puesto que no nace del tráfico jurídico base del Registro, sino de la ley y es protegible frente a los asientos registrales e incluso frente a la posesión continuada». Por ello y acreditado que la realidad extrarregistral no corrobora los datos físicos que constan en los títulos causantes de los asientos registrales a favor de «Monte Vida, SA», es procedente la anunciada desestimación del motivo. Lo razonado conduce a la desestimación del motivo cuarto en que se alega infracción del artículo 34 de la Ley Hipotecaria ya que la fe pública registral opera en relación a la titularidad, extensión y existencia de los derechos reales inscritos, pero no cubre los datos o circunstancias de mero hecho que consten en el Registro o que sirvan de soporte material a los derechos inscritos, por lo que éste no responde de que sean exactos los datos descritos de la finca inmatriculada”.
Desta forma, resultando inexistente, por absoluta falta de causa que o lexitime, o contrato de compravenda das “Torres de Meirás” polas razóns expostas, e sendo a acción para tal declaración imprescritible, debemos preguntarnos se, diante dunha eventual declaración xudicial en tal sentido, poderiamos atoparnos co problema da invocación, de contrario, do instituto da usucapión por parte dos seus posuidores.
Como modo de adquirir, a usucapión (prescrición adquisitiva en termos do Código Civil) supón a atribución do dominio ou dun dereito real a quen ten sido posuidor, baixo determinadas condicións, durante certo tempo.
Así, segundo o artigo 1930 do CC, “por la prescripción se adquieren, de la manera y con las condiciones determinadas en la ley, el dominio y demás derechos reales”.
A usucapión (prescrición adquisitiva) ordinaria –artigos 1940 e seguintes do CC– ten por función corrixir, nunha adquisición derivativa do dominio ou doutro dereito real, a falla de transmisión provocada polo feito de que o
transmitente non sexa titular. Por tal motivo, ademais da posesión, se require boa fe e xusto título. Neste suposto o tempo de posesión é máis curto que o da usucapión extraordinaria (dez ou vinte anos).
A usucapión extraordinaria -artigo 1959-, pola contra, só require posesión e tempo, pero un tempo superior ao da usucapión ordinaria (trinta anos).
Evidentemente, a usucapión ordinaria non cabe, toda vez que require a existencia de boa fe e de xusto título por parte do posuidor, de tal forma que o título nulo o inexistente non resulta hábil para dar por cumprido o requisito de xusto título; así, a sentenza do Tribunal Supremo, Sala Primeira, de 20 outubro 1992 di:
“El motivo tercero, al amparo del art. 1692.5 LECiv, manifiesta que hubo infracción por no aplicación del art. 1957 del Código Civil, por cuanto el recurrente adquiría por la prescripción ordinaria el dominio de los bienes reclamados. El motivo ha de ser desestimado. La prescripción adquisitiva -usucapión- ordinaria, aparte de otros requisitos, exige en el usucapiente un justo título, que es lo que legalmente basta para transferir el dominio, purgando la usucapión precisamente el vicio de no ser propietario quien transmite. Aquí no hay justo título, porque los títulos absolutamente simulados nunca pueden merecer este calificativo, ni tampoco los títulos absolutamente nulos o inexistentes, como lo sería la presunta donación de doña María bajo la forma de compraventa por las razones expuestas en el Fundamento de Derecho segundo de esta sentencia”.
Polo demais, da existencia da simulación negocial que vimos de expoñer se deriva, sen xénero de dúbidas, a existencia de mala fe na posesión, alomenos durante os anos 1938 a 1975.
Maior problema podería existir no que á usucapión extraordinaria se refire, é dicir, a que se produce pola posesión ininterrompida dun ben durante trinta anos, sen necesidade de título, nin de boa fe, e sen distinción entre presentes e asusentes (artigo 1959 Código Civil).
Como afirma reiterada doutrina, a adquisición por usucapión, como tamén confirma o artigo 447 CC, require que se posúa civilmente ou en concepto de dono, é dicir, con intención de haber a cousa como propia (art. 430 CC), para cuxa constatación, como recalca a STS 18 setembro 2007, debe atenderse a actos obxectivos, a través dos que o posuidor se comporte socialmente como
propietario ou titular do dereito real de que se trate. Por tanto, como observa a STS 18 outubro 1994, para que poida entenderse que existe posesión en concepto de dono “non é suficiente a intención (aspecto subxectivo)” de quen a alega, senón que, como explica a STS 30 decembro 1994, a posesión que se invoca debe basearse en actos inequívocos, con clara manifestación externa no tráfico, polo que non é suficiente a simple tenencia material da cousa, senón que a ela debe engadirse o “plus dominical de actuar e presentarse no mundo exterior como efectivo dono e propietario da cousa sobre a que se proxectan os actos posesorios”. A certificación catastral, segundo a xurisprudencia, non pode ser, por si mesma, proba dunha posesión. A SSTS 2 decembro 1998 e 26 maio 2000 din, así, que “se as certificacións catastrais non proban a propiedade, non pasan de ser meros indicios que necesitan conxugarse con outros medios probatorios […] con máis razón non poden ser tampouco por si mesmas proba dunha posesión a título de dono”.
En orde á proba de si se posúe, ou non, en concepto de dono, haberá, sen dúbida, que ter en conta a razón pola cal se ten a cousa. Por iso, en principio, hai que entender que non posúe en tal concepto o mero precarista (isto, ademais, en virtude do art. 1942 CC) ou administrador da leira, así como tampouco o que a recibe en virtude dun contrato que non teña finalidade translativa do dominio, senón a cesión do uso da mesma (arrendamento ou aparcería) ou unha actividade de xestión (mandato). O mesmo cabe dicir, respecto do usufructuario, que pretende posuír en concepto de dono os bens respecto dos cales o título constitutivo (comunmente, testamento) só lle atribúe facultades de uso e goce, pertencendo a súa núa propiedade aos herdeiros. Véxase neste sentido STS 10 abril 1990. Cabe que, iniciada a posesión, por exemplo, como arrendatario ou mandatario, posteriormente, comécese a posuír como dono: é o que se denomina investimento (ou interversión) da posesión. Con todo, o art. 436 CC presume que “a posesión se segue gozando no mesmo concepto en que se adquiriu, mentres non se probe o contrario”, afirmando, en consecuencia, a xurisprudencia, por exemplo, en STS 18 setembro 2007, que “non basta o mero cambio de intención no posuidor para modificar o concepto en que se posúe”, senón que o investimento do concepto posesorio “ha de basearse en actos inequívocos con clara manifestación externa no tráfico”. Véxase, así, SSTS 16 maio 1983, STS 11 xuño 2012 e STS 5 novembro 2012.
Así as cousas, podería pensarse que a posesión do Pazo pola familia Franco durante oitenta anos, dos que corenta (1978-2018) o foron de xeito público, pacífico e ininterrompido conleva, eventualmente, a aplicación da institución da prescrición adquisitiva extraordinaria.
Non obstante, non pode esquecerse que Francisco Franco recibiu o Pazo de Meirás na súa condición de Xefe do Estado, para o seu uso e servizo como residencia oficial estival, téndose levado a cabo no mesmo todo tipo de obras, acondicionamentos, ampliacións, adquisición de leiras lindeiras, arranxo de instalacións de acceso, con uso para actos oficiais, mesmo reunións do Consello de Ministros. En definitiva, se consideramos, como entendemos, que a dita adquisición se fixo a título de Xefe do Estado e para a súa incorporación ao Patrimonio Nacional, dita prescrición non operaría, na medida en que, como veremos, os bens do Patrimonio Nacional son imprescritibles, e dicir insusceptibles de prescrición adquisitiva algunha, ordinaria ou extraordinaria.
2.2.- Sobre a incorporación do Pazo de Meirás ao Patrimonio Nacional.
Tendo en conta o carácter simulado da compravenda realizada, e que o negocio traslativo ante o que realmente nos atopamos é unha doazón do Pazo de Meirás realizada con fondos públicos á Xefatura do Estado para uso do mesmo como segunda residencia oficial, cómpre valorar a eventual natureza xurídico pública do ben obxecto de controversia.
Como é ben sabido, e froito dunha inveterada tradición histórica, os bens destinados a uso e desfrute das Xefaturas do Estado, e nomeadamente ás Coroas, integran dende hai máis de oito séculos unha unidade patrimonial, independente dos bens das persoas titulares de ditas institucións, e como tal, ao servizo das mesmas.
O concepto e contido dos bens do Patrimonio da Coroa sufriron notables transformacións ao longo da súa historia. Porén, e a pesares dos cambios sufridos, pódese advertir un denominador común. O Patrimonio ao que nos referimos é o Patrimonio que ten por titular á Coroa, Institución Real ou Xefatura de Estado, é dicir, a masa patrimonial adscrita á máis alta maxistratura ou dignidade pública, destinada ao seu servizo como medio material para o cumprimento dos seus fins.
Así se recoñece dende mediados do século XIII. A Lei 1ª do título XVII da Partida Segunda establecía que “las heredades, que son rayzes” del rey (os bens inmobles actuais) son de dos tipos: “unos son quitamente del rey” (é dicir, enteiramente) e “otros pertenecen al reino”. Obviamente a dispoñibilidade duns e outros non é a mesma. Así, respecto dos bens del Reino “el Rey debe guardar que el Señoría sea siempre uno e no lo enajene ni lo departa (…) que cuando el Rey fuesse finado, el otro nuevo entrasse en su lugar, luego que jurase (…)”.
Do mesmo xeito, e nos albores da longa ditadura franquista, aprobouse a Lei de 7 de marzo de 1940 do Patrimonio Nacional. Como ten destacado Laureano López Rodó (El Patrimonio Nacional. CSIC, Madrid 1954) “El objeto principal de la Ley es, como su preámbulo indica, restablecer la tradicional significación del Patrimonio de la Corona”. Esta lei que estaba vixente no momento de formalizarse a compravenda simulada do Pazo de Meirás.
Se como temos afirmado, o negocio translativo do ano 1941 non foi outro que unha doazón simulada á Xefatura do Estado para o exercicio das funcións que lle son inherentes, cómpre valorar se os bens adquiridos pola Xefatura do Estado para uso e exercicio da mesma se integran no Patrimonio Nacional e, de ser así, cales son os seus caracteres.
De conformidade co previsto no artigo 1 da Lei do 1940:
“Bajo el nombre de «Patrimonio Nacional» constituirán un todo o unidad jurídica indivisible, que se regirá por lo dispuesto en esta Ley, los bienes siguientes:
Primero.- El Palacio de Oriente y Parque del Campo del Moro.
Segundo.- El Monte y Palacio de El Pardo, con la Casita del Príncipe, Zarzuela y predio denominada La Quinta.
Tercero.- El Palacio de La Granja y edificios sitos en San Ildefonso. El Palacio de Riofrío, con sus aprovechamientos de arbolados, pastos y caza. El pinar y las matas de Balsaín.
Cuarto.- El Palacio de Aranjuez y Casita del Labrador con sus edificios y jardines. Los predios denominados Sotomayor y Legamarejo y demás fincas rústicas.
Quinto.- El Palacio de San Lorenzo de El Escorial, la Casita llamada del Príncipe, con huerta y terrenos de labor, así como el edificio y jardines de la Casita de Arriba.
Sexto.- Las fincas urbanas de Sevilla.
Séptimo.- El Palacio de la Almudaina y jardines en Palma de Mallorca (Baleares).
Octavo.- Aquellos otros bienes menores no mencionados, pertenecientes al Patrimonio y los que en lo sucesivo pudieran resultar de la pertenencia de dicho Patrimonio, o fuesen incorporados al mismo.”
Pola súa parte o artigo segundo prevé que:
“También formarán parte del Patrimonio Nacional todos los muebles y semovientes contenidos en los palacios, edificios y predios enumerados en el artículo anterior, salvo los pertenecientes a los arrendatarios, concesionarios, empleados y dependientes”.
Da lectura de ambos preceptos, e sen necesidade de acudir a criterio interpretativo algún, pode concluírse, seguindo a máxima de “in claris non fit interpretatio” que: primeiro, a relación de bens integrantes do Patrimonio Nacional que fai o artigo primeiro non é un numerus clausus, por canto cabe incorporar a dito patrimonio novos bens, sen que a lei prexulgue, limite ou concrete que tipo de negocios xurídicos poden facilitar a dita incorporación; e, segundo, que no caso de incorporar ao patrimonio un ben inmoble, tamén formarán parte do mesmo os mobles ou semoventes contidos nel. A Lei de 1940 parte dunha visión dinámica do Patrimonio Nacional, na que no mesmo non só figura o tradicional patrimonio da Coroa, senón que, tendo en conta a nova forma de Estado, tamén poderán formar parte non so os bens que puidesen resultar da pertenza de dito Patrimonio (por estar vinculados tradicionalmente á Coroa por exemplo), senón tamén os que no sucesivo se incorporen, por resultar propios do uso ou servizo do Xefe do Estado.
Así as cousas, cabería entender que, ao abeiro do previsto nos artigos un e dous da Lei do Patrimonio Nacional de 1940, o Pazo de Meirás e os bes mobles e semoventes contidos foron incorporados ao devandito Patrimonio en virtude do negocio simulado no ano 1941, polas razóns que de seguido se exporán.
En primeiro lugar, o singular valor artístico e histórico do Pazo (avalado pola súa declaración como BIC), xunto ao seu significado servizo á Xefatura do Estado para todo tipo de actos políticos e protocolarios conducen indefectiblemente á consideración do mesmo como un ben do Patrimonio Nacional. Así, a Lei prevé que os bens que integran o patrimonio Nacional quedan adscritos ao uso ou servizo do Xefe do Estado. Ou, a sensu contrario, os bens adscritos ao uso ou servizo do Xefe do Estado deben integrarse no Patrimonio Nacional, por canto é esta a concepción sobre a que se inspira a Lei.
Como di López Rodo, analizando o articulado da Lei,
“(…) sería de desear que se excluyeran del patrimonio todos aquellos bienes que no sirven para uso del Jefe de Estado ni tienen especial interés artístico o histórico, en lugar de facultar simplemente su enajenación. Hay todavía en el Patrimonio una serie de bienes que se vienen arrastrando a través de la larga evolución histórica que hemos estudiado y no están en consonancia con los fines que actualmente se le asignan. No es necesario conservar dentro de una agrupación de bienes, que goza de especiales privilegios, ciertas fincas rústicas y urbanas que en nada se diferencian de las que se hallan sujetas al derecho común.”
En definitiva, para este privilexiado intérprete da lei, sería de desexar que se incluíran e mantiveran no Patrimonio Nacional os bens, que como o Pazo, serven para o uso do Xefe do Estado e teñen un especial interese artístico e histórico.
En segundo lugar, o propio Tribunal Supremo ten avalado a posibilidade de incorporar ao Patrimonio Nacional de bens ou entidades que nada teñen que ver co tradicional patrimonio vinculado á institución da Coroa. Así en Sentencia de 2 de outubro de 1989 se afirmou que
“Respecto de la integración, anterior a la entrada en vigor de la Ley 23/82 de la «Fundación Generalísimo Franco-Industrias Artísticas Aplicadas» en el Patrimonio Nacional, se ha de precisar que si bien la Ley de la Jefatura del Estado de 7 de marzo de 1940 (RCL 1940\401 y NDL 23379), reguladora del Patrimonio Nacional, en su art. 1.º dispone que bajo el nombre de «Patrimonio Nacional», constituirán un todo o unidad jurídica indivisible, que se regirá por lo dispuesto en esta Ley, entre otros bienes aquellos bienes menores no mencionados entre los pertenecientes al Patrimonio y los que en lo sucesivo pudieran resultar de
la pertenencia de dicho Patrimonio o fuesen incorporados al mismo, permitió la integración en tal Patrimonio de la Fundación Generalísimo Franco, mediante un acto formal derivado del propio contenido de la Ley de 7 de marzo de 1940, en función del acto de la Jefatura del Estado contenido en la escritura de 4 de diciembre de 1962, que al modificar el art. 5 de los estatutos precisó que el Patronato de la Fundación citada corresponde al Jefe del Estado y al igual que los Patronatos a que se refiere la Ley de 7 de marzo de 1940 quedará integrado en el Patrimonio Nacional”
En definitiva, o artigo 1 da Lei de Patrimonio Nacional do ano 1941 permite a incorporación de novos bens a dito Patrimonio, aínda cando os mesmos nada teñen que ver co tradicional patrimonio vinculado á Coroa.
Cuestión distinta é a de si os bens incorporados ao Patrimonio Nacional ao longo da ditadura franquista deben ou non manterse integrados no mesmo na actualidade.
A vixente Lei 23/1982, do 16 de xuño, reguladora do Patrimonio Nacional establece no seu artigo segundo que:
“Tienen la calificación jurídica de bienes del Patrimonio Nacional los de titularidad del Estado afectados al uso y servicio del Rey y de los miembros de la Real Familia para el ejercicio de la alta representación que la Constitución y las leyes les atribuyen.
Además se integran en el citado Patrimonio los derechos y cargas de Patronato sobre las Fundaciones y Reales Patronatos a que se refiere la presente Ley.”
Seguidamente no seu artigo cuarto fai un relatorio de cales son os bens que no momento da aprobación da Lei integran dito Patrimonio, sen prexuízo, por suposto, das novas incorporacións que se podan facer en diante, ao amparo do previso no apartado oito do artigo. Estes bens son:
Uno. El Palacio Real de Oriente y el Parque de Campo del Moro.
Dos. El Palacio Real de Aranjuez y la Casita del Labrador, con sus jardines y edificios anexos.
Tres. El Palacio Real de San Lorenzo de El Escorial, el Palacete denominado la Casita del Príncipe, con su huerta y terrenos de labor, y la llamada «Casita de Arriba», con las Casas de Oficios de la Reina y de los Infantes.
Cuatro. Los Palacios Reales de la Granja y de Riofrío y sus terrenos anexos.
Cinco. El monte de El Pardo y el Palacio de El Pardo, con la Casita del Príncipe. El Palacio Real de la Zarzuela y el predio denominado «La Quinta», con su Palacio y edificaciones anexas; la Iglesia de Nuestra Señora del Carmen, el Convento de Cristo y edificios contiguos.
Seis. El Palacio de la Almudaina con sus jardines, sito en Palma de Mallorca.
Siete. Los bienes muebles de titularidad estatal, contenidos en los reales palacios o depositados en otros inmuebles de propiedad pública, enunciados en el inventario que se custodia por el Consejo de Administración del Patrimonio Nacional.
Ocho. Las donaciones hechas al Estado a través del Rey y los demás bienes y derechos que se afecten al uso y servicio de la Corona.”
Así mesmo, e de conformidade co previsto no artigo quinto, integran o Patrimonio Nacional os dereitos de padroado ou de goberno e administración sobre as seguintes fundacións denominadas “Reales Patronatos”:
“Uno. La Iglesia y Convento de la Encarnación.
Dos. La Iglesia y Hospital del Buen Suceso.
Tres. El Convento de las Descalzas Reales.
Cuatro. La Real Basílica de Atocha.
Cinco. La Iglesia y Colegio de Santa Isabel.
Seis. La Iglesia y Colegio de Loreto, en Madrid, donde también radican los citados en los apartados precedentes.
Siete. El Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, sito en dicha localidad.
Ocho. El Monasterio de Las Huelgas, en Burgos.
Nueve. El Hospital del Rey, sito en dicha capital.
Diez. El Convento de Santa Clara, en Tordesillas.
Once. El Convento de San Pascual, en Aranjuez.
Doce. El Copatronato del Colegio de Doncellas Nobles, en Toledo.”
Como se pode observar, a «Fundación Generalísimo Franco-Industrias Artísticas Aplicadas» non figura entre a enumeración que fai a vixente Lei. E isto é as, porque o lexislador de 1982, por razóns que a ninguén se lle agachan, decidiu expresamente excluíla de dita institución.
Obviamente, o lexislador de 1982 tamén podería ter adoptado unha decisión de similar natureza no caso de que o Pazo de Meirás estivese integrado, como debera estalo, no Patrimonio Nacional. Pero o certo é que non se tivo a oportunidade de tomar tal decisión por canto Francisco Franco eludiu incorporar dito ben a través do negocio simulado de compravenda do mesmo.
En definitiva, a non inclusión no ano 1982 do Pazo de Meirás entre os bens integrantes do Patrimonio Nacional non exclúe a posibilidade do seu recoñecemento como ben integrante do mesmo ao abeiro do previsto na Lei de 1940, trala anulación do negocio de compravenda simulada.
Outra cuestión será a do procedemento a seguir para o seu recoñecemento como tal na actualidade, o que pode esixir mesmo unha reforma lexislativa, co fin de incluílo na relación de bens integrantes do mesmo.
En todo caso, o seu recoñecemento xudicial como ben integrante do Patrimonio Nacional con anterioridade a entrada a vigor da Lei do 1982 garante a súa incorporación ao patrimonio público, na medida en que o apartado segundo da disposición transitoria segunda da Lei do Patrimonio Nacional de 1982 establece que:
“Los bienes afectados al Patrimonio Nacional con anterioridad a la entrada en vigor de esta Ley, no incluidos en la relación del artículo cuarto, se integrarán en el Patrimonio del Estado”
2.3.- Sobre a natureza xurídica dos bens do Patrimonio Nacional.
De conformidade co previsto no artigo 5 da Lei do patrimonio Nacional de 1940:
“Los bienes que integran el Patrimonio Nacional, cuya propiedad corresponde al Estado, son inalienables e imprescriptibles, y no podrán sujetarse a ningún gravamen real ni a ninguna otra Responsabilidad. No obstante, podrán enajenarse, previa autorización por Decreto acordado en Consejo de Ministros y a condición de ingresar su importe en el Tesoro, o ser dedicado al saneamiento y mejora de los bienes constitutivos del Patrimonio, aquellos bienes inmuebles que carezcan de valor artístico o histórico y no sean aptos, por su naturaleza y la cuantía de sus productos, para ser mantenidos en el Patrimonio. (…)”
A configuración destes bens como bens extra comercium é un denominador común da maior parte das normas reguladoras dos mesmos, e tamén da vixente Lei 23/1982, de 16 de xuño, reguladora do Patrimonio Nacional que no apartado segundo do seu artigo sexto establece que “los bienes y derechos integrados en el Patrimonio Nacional serán inalienables, imprescriptibles e inembargables, gozarán del mismo régimen de exenciones tributarias que los bienes de dominio público del Estado, y deberán ser inscritos en el Registro de la Propiedad como de titularidad estatal”.
En definitiva, o pazo de Meirás, en canto ben integrado no Patrimonio Nacional, é un ben imprescritible e insusceptible de ser alleado, tendo en conta o seu singular valor histórico e artístico, o que supón que, unha vez incorporado ao Patrimonio Nacional, o feito de que teña sido posuído por mais de 75 anos pola familia Franco carece de relevancia algunha a efectos da súa caracterización como ben de titularidade do devandito Patrimonio.
En conclusión, a posesión de boa ou mala fe por mais de 80 anos do ben pola familia Franco en nada afecta a consideración do ben como integrante do Patrimonio Nacional dada a natureza imprescritible destes bens.
2.4.- Sobre a posible recuperación do ben para o Patrimonio Nacional
Sen prexuízo do recoñecemento do Pazo de Meirás como ben integrante do Patrimonio Nacional dende o ano 1941, o certo é que o mesmo vén sendo posuído polo ditador e a súa descendencia dende a dita data sen solución de continuidade.
Non sendo o obxecto principal deste informe determinar o procedemento de recuperación para o patrimonio público de tan sinalado ben, o certo é que o acerto das conclusións ás que poidamos chegar sobre a súa natureza carece de relevo algún se non coubese a posibilidade de recuperar o mesmo.
A estes efectos debemos ter en conta o previsto na disposición adicional cuarta da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP), que prevé que:
“El régimen jurídico del Patrimonio Nacional será el establecido en la Ley 23/1982, de 16 de junio y Reglamento para su aplicación, aprobado por Real Decreto 496/1987, de 18 de marzo, y disposiciones complementarias, aplicándose con carácter supletorio las disposiciones de esta ley y sus normas de desarrollo, a las que el organismo "Consejo de Administración del Patrimonio Nacional" deberá ajustarse en el régimen de gestión de sus bienes propios.”
Esta previsión supón que o silencio que mantén a vixente Lei de Patrimonio Nacional sobre o procedemento a seguir para a recuperación dos bens integrantes deste Patrimonio debe suplirse co previsto na citada LPAP. A estes efectos, o artigo 55.1 da mesma Lei prevé que:
“Las Administraciones públicas podrán recuperar por sí mismas la posesión indebidamente perdida sobre los bienes y derechos de su patrimonio”.
En canto ao prazo para o exercicio da correspondentes accións o apartado segundo do mesmo artigo establece que
“Si los bienes y derechos cuya posesión se trata de recuperar tienen la condición de demaniales, la potestad de recuperación podrá ejercitarse en cualquier tiempo”.
Dita previsión é aplicable aos bens do Patrimonio Nacional dado o seu carácter imprescritible.
En definitiva, cabe que as institucións xestoras do Patrimonio Nacional insten a recuperación de oficio do Pazo de Meirás no momento que consideren oportuno, sen que a posesión do mesmo por parte da familia Franco por mais de 70 anos afecte, en modo algún, como acabamos de dicir ao exercicio da devandita acción recuperatoria.
Así pois, a recuperación de oficio é unha potestade coa que a administración procede á recuperación por si mesma da posesión indebidamente perdida dos seus bens e dereitos, cando, como no caso que nos ocupa, se ten producido unha perturbación posesoria. Non obstante, e como ten sinalado o TS, entre outras, na súa Sentenza do 3 de marzo de 2004:
“...y para el ejercicio legítimo de tal prerrogativa (recuperación de oficio da posesión perdida) que se traduce, es verdad, en una medida provisoria orientada a la defensa de la posesión de tales bienes con reserva, en todo caso, a la jurisdicción civil de la determinación definitiva de los derechos de propiedad basta con la condición de demanial del bien (ou a condición de ben coas mesmas características que os demaniais, como ocorre cos integrantes do Patrimonio Nacional) que la Administración Local trata de recuperar de oficio, sin necesidad de que aquélla tenga que acreditar además la efectividad de una posesión pública del bien”.
En definitiva será a xurisdición civil quen, de conformidade coas consideracións contidas no presente informe, deberá proceder a cuestionar a validez do negocio xurídico obxecto de inscrición rexistral, procedendo a posteriori a Administración á recuperación de oficio da posesión do Pazo.
Este informe responde ao leal saber e entender dos abaixo asinantes, que someten o mesmo a calquera outra opinión máis fundada en Dereito
Santiago de Compostela a 27 de febreiro de 2018.
Recommended