View
219
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
INFORME REDE DE VIXILANCIA DE
MOSQUITOS VECTORES DE
ENFERMIDADES HUMANAS E ANIMAIS
15-2-2018
1
INFORME DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES DE
ENFERMIDADES HUMANA E ANIMAL
José Manuel Pereira¹, Yasmina Martínez², Mª Isabel María Isabel Silva Torres3, José
Carlos Otero¹ & Josefina Garrido²
¹Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (España).
²Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Facultade de Bioloxía. Universidade de Vigo (UVIGO), Pontevedra (España).
3 Departamento de Patoloxía Animal, Grupo COPAR. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela (USC). Lugo (España)
1. INTRODUCIÓN
No marco das competencias atribuídas á Consellería de Sanidade e á Consellería do Medio Rural,
é unha función esencial, dentro da misión das Dirección Xerais de Saúde Pública e de Gandaría,
Agricultura e Industrias Alimentarias, o desenvolvemento de actuacións comunitarias para o
control dos riscos de enfermar asociados aos determinantes de saúde, tanto humana como
animal. Entre estas actuacións atópase a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidades
humanas e animais, como poden ser a enfermidade do virus do Nilo Occidental, dengue, zika,
malaria, leishmania, etc.
A necesidade da súa vixilancia parte da posible importación de casos, humanos ou animais,
dende países ou áreas onde as enfermidades son endémicas, ou por intercambio de animais e
persoas entres países e, que de existir aquí os vectores, como é o caso dos mosquitos vectores da
enfermidade do virus do Nilo Occidental, poderían dar lugar a casos autóctonos, tanto humanos
como animais. Igualmente, para certas enfermidades as aves migratorias desenvolven un papel
importante como reservatarios dos microorganismos, polo que poderían, se xa existe o vector,
introducilos na Comunidade Autónoma Galega.
Ademais, con motivo do cambio climático, especies de mosquitos, que neste momento parece
que non se atopan en Galicia, como é o caso dos Aedes albopictus e A. aegypti, podería resultar na
súa introdución e posterior instalación e, con iso, favorecer a aparición de casos autóctonos de
enfermidades das que, actualmente, só temos casos importados, como son os casos das
enfermidades dengue, zika ou chikungunya, no caso dos humanos.
Todas estas razóns fan imprescindible aumentar o coñecemento sobre as especies de mosquitos
vectores de interese sanitario presentes en Galicia, e tentar realizar unha detección temperá dos
que aínda pode que non estean presentes mais que poden facelo en calquera momento, como é o
caso do A. albopictus, vector de enfermidades nalgúns casos moi graves, que se está a expandir
cada vez máis en España, atopándose xa, neste momento, en Irún-País Vasco, ademais de toda a
2
costa mediterránea e, recentemente detectado na Rexión Norte de Portugal. Este feito, xunto
coas condicións de clima de Galicia, levan a pensar que, en non moito tempo, poida chegar a
Galicia.
O seguinte proxecto posúe como obxectivos a recompilación de datos acerca das especies de
mosquitos (O. Diptera, sub O. Nematocera, Fam. Culicidae) vectores de enfermidades, presentes
nas diferentes áreas de estudo, prestando especial atención ao caso do mosquito tigre (xénero
Aedes); así como o análise da dinámica de poboacións ó longo do ano e o rexistro das
características do medio ambiente e das actividades humanas. Isto permitirá elaborar unha
avaliación completa para tomar as medidas preventivas necesarias para diminuír, conter ou
evitar o contacto díptero-vector-ser humano. Tamén se identificarán aquelas áreas de risco para
a introdución dalgún tipo de mosquito-vector.
As mostraxes realizadas pola Universidade de Vigo (UVIGO) e a Universidade de Santiago de
Compostela (USC) no proxecto establecido pola Xunta de Galicia para o control de vectores
entomolóxicos de enfermidades humanas e animais conta cun total de 186 mostraxes repartidas
entre xullo e novembro de 2017 nun conxunto de 12 localizacións diferentes (entre as que se
inclúen as correspondentes á empresa Tragsatec), tal e como se pode ver nas táboas 1 e 2.
Provincia Localización Nº de mostraxes
Total trampas/zona Adultos
BG- Sentinel2 Ovitrampa
BG-GAT
Pontevedra Cemiterio Pereiró 9 7 16 Pontevedra Área Portuaria Bouzas 8 6 14 Pontevedra Aeroporto Peinador 3 1 4 Pontevedra EDAR Guillarei 8 6 14
Pontevedra Parque Lourizán* 7 6 13
Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5
Ourense Hípica Allariz* 10 10 20
Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7
Total trampas/tipo 52 41 93 Táboa 1. Número de mostraxes obtidas pola UVIGO en función do tipo de trampa empregada (BG-Sentinel2 ou Ovitrampa BG-GAT) e do lugar nas que foron realizadas.*Empresa Tragsatec responsable da súa posta e recollida.
Provincia Localización Nº de mostraxes
Total trampas/zona Adultos
BG-Sentinel2 Ovitrampa
BG-GAT
A Coruña Aeroporto Lavacolla 5 5 10
A Coruña Porto de Ferrol* 12 10 22
Lugo Cemiterio de Ribadeo* 20 11 31
Lugo Explotación Morás-Xove* 20 10 30
Total trampas/tipo 57 36 93
Táboa 2. Número de mostraxes obtidas pola USC en función do tipo de trampa empregada (BG-Sentinel2 ou Ovitrampa BG-GAT) e do lugar nas que foron realizadas.*Empresa Tragsatec responsable da súa posta e recollida.
3
2. ÁREA DE ESTUDO
A selección das localidades de mostraxe establécese segundo varios criterios. Por unha parte
estudáronse as áreas con características xeográficas, climatolóxicas, sanitarias e culturais
similares a aquelas con problemas de estes vectores (carencia de condicións axeitadas de
saneamento básico, problemas na recollida de residuos sólidos, intercambio comercial e
migración, especialmente dende rexións endémicas de dengue, zika, chikungunya, etc.). Por
outra, aquelas zonas situadas próximas a reportes destes dípteros. Todas elas facilmente
accesibles e que se poden mostrexar ao longo do ano nos meses propostos, e sen interrupción.
1. Puntos de mostraxe dos que se ocupa Tragsatec e frecuencia (2017):
Trampas de adultos con frecuencia semanal:
Lugo: Ribadeo (Cemiterio).
Lugo: Morás-Xove (Explotación gandeira).
Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:
A Coruña: Ferrol (Porto).
Ourense: Allariz (Hípica).
Pontevedra: Lourizán (Parque).
2. Puntos de mostraxe dos que se ocupa a USC e frecuencia (2017):
Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:
A Coruña: Santiago de Compostela (Aeroporto).
Brión (domicilio particular)
3. Puntos de mostraxe dos que se ocupa a UVIGO e frecuencia. (2017)
Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:
Pontevedra: Vigo (Aeroporto).
Pontevedra: Vigo (Cemiterio).
Pontevedra: Vigo (Porto).
Pontevedra: Tui (EDAR).
Pontevedra: Frieira (Estación ferrocarril).
Lugo: Guitiriz (Estación de servizo).
O Rosal (domicilio particular)
Nº de trampas por punto:
1 Ovitrampa BG-GAT.
1 Trampa Adultos BG-Sentinel2.
4
Os diferentes puntos de mostraxe, onde se leva a cabo a vixilancia de vectores, poderán ser
avaliados posteriormente para posibles cambios, converténdose deste xeito, de momento, en
postos non permanentes de vixilancia. A altura á que se colocan as trampas de adultos
móstranse na táboa 3. As ovitrampas colócanse no chan.
No anexo poden verse as fotos dalgunhas das trampas colocadas.
Táboa 3: Características do lugar e altura das trampas de adultos
Lugar trampa adultos Altura (en metros) Características lugar
Cemiterio Pereiró (Vigo) 1,5 Ao carón dun estanque con vexetación
Porto de Vigo (Bouzas) 1,7 Na parede exterior da caseta dos vixilantes
Aeroporto de Peinador
(Vigo)
1,7 Zona con abundante vexetación e próxima a
un reservatario de auga
EDAR Guillarei (Tui) 1,9 Na zona próxima á de desinfección da EDAR ,
con árbores e unha balsa de experimentación
Pazo de Lourizán
(Pontevedra)
1,5 Abundante vexetación e auga nas
proximidades
Estación de Frieira-
Crecente
1,8 Zona próxima ao Río Miño con abundante
vexetación
Hípica de Allariz
(Ourense)
1,5 Zona próxima ás cortes dos cabalos
Estación de servicio
área de descanso de
Guitiriz
1,8 Zona próxima á edificación da área de servizo
da autovía
Porto de Ferrol 1 Zona próxima a pneumáticos vellos
Cemiterio de Ribadeo
(Lugo)
1,6 Árbore próxima á capela do cemiterio e de
nichos
Morás-Xove (Lugo) 2 Explotación gandeira situada fronte ao porto
de San Cibrao, a uns 800m de distancia do
porto
5
3. MATERIAL E MÉTODOS
3.1. CAPTURA DE ADULTOS: TRAMPAS DE SUCCIÓN TIPO BG-SENTINEL2
As trampas Adultos BG-Sentinel2 colócanse e recóllense cada 15 días (ou semanalmente no
caso dos puntos de mostraxe semanais). Emprégase un cebo que desprende sustancias volátiles.
Como a fonte de atracción non é lumínica, pode estar activa tanto de día como de noite.
3.2. CAPTURA DE OVOS: OVITRAMPAS BG-GAT
As ovitrampas BG-GAT colócanse e recóllense cada 15 días (ou revísanse semanalmente no
caso dos puntos de mostraxe semanais). A cor negra das trampas BG-GAT atrae os mosquitos a
certa distancia polo que a trampa débese situar onde sexa facilmente visible, aínda que
protexida da choiva (non se debe ocultar entre os arbustos, matorrais…). As femias dos
mosquitos son atraídas pola auga accedendo desta forma ao interior da cámara traslúcida a
través do embude negro. Esta cámara ao estar impregnada en aceite vexetal impide a fuga dos
mosquitos.
Ademais, en cada colleita recollíanse, nunha ficha, as seguintes variables: Tempo atmosférico
(choiva, anubrado, vento), temperaturas máxima e mínima, coordenadas UTM e altitude, así
como incidencias, de habelas.
4. RESULTADOS
Polo momento, o total das 186 mostras obtidas pola UVIGO e USC no ano 2017 contan cunha
análise negativa para a presenza dos mosquitos-vectores de xénero Aedes e Anopheles. Non
obstante, conseguiuse a identificación de máis de 15 ordes e 19 familias diferentes, sendo as
seguintes as de maior interese por pertencer á suborde Nematocera (O. Diptera):
Cecidomyiidae
Ceratopogonidae
Chironomidae
Culicidae
Dixidae
Keroplatidae
Mycetophilidae
Psychodidae
Scatopsidae
Sciaridae
Tipulidae
6
Entre elas, tanto a familia Culicidae como a familia Psychodidae teñen importancia
entomolóxica como vectores de enfermidades, polo tanto son identificadas a niveis máis
concretos en cada unha das mostraxes. Deste xeito detectouse a presenza de mosquitos do
xénero Culex nun 75% do total das localizacións nas que se realizaron as colleitas,
tratándose na súa maioría da especie Culex pipiens, coñecido comunmente coma mosquito
común debido a súa ampla distribución. Esta especie tamén pode transmitir certas
enfermidades, como a encefalite producida polo virus do Nilo Occidental.
En canto á familia Psychodidae, a súa presenza foi rexistrada nun 83,33% do total das
localizacións con colleitas. Non obstante, non se confirma aínda a identificación de
flebótomos (sub Fam. Phlebotominae) pertencentes a esta familia e responsables da
transmisión da leishmaniase.
4.1. RESULTADOS: TRAMPAS ADULTOS BG-SENTINEL2
Táboa 4. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Cemiterio de Pereiró
(Vigo, Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as
familias de maior importancia entomolóxica.
Táboa 5. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Porto de Bouzas (Vigo,
Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias
de maior importancia entomolóxica.
Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex sp. 1♀ 1♀ - - -
Ceratopogonidae - 2 - - -
Chironomidae 1 6 - 2 2
Cecidomyiidae 3 9 2 1 2
Psychodidae - 2 - 4 -
Sciaridae 18 10 4 3 1
1. Cemiterio de Pereiró (Vigo)
Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens 1♀,1♂ 1♀ 1♀ 1♀ -
Ceratopogonidae - 1 - - 1
Chironomidae - - 4 2 -
Psychodidae - 1 9 1 -
Sciaridae - - 3 2 -
2. Porto de Bouzas (Vigo)
7
Táboa 6. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Aeroporto de Peinador
(Vigo, Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as
familias de maior importancia entomolóxica.
Táboa 7. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na EDAR de Guillarei (Tui,
Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias
de maior importancia entomolóxica.
Táboa 8. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 en Lourizán (Pontevedra)
en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de maior
importancia entomolóxica.
Táboa 9. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Estación ferrocarril de
Frieira (Crecente, Ourense) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En
vermello as familias de maior importancia entomolóxica.
Familia/especie
Culicidae/Culex pipiens
Chironomidae
Cecidomyiidae
Dixidae
Mycetophilidae
Psychodidae
Sciaridae
4 6
4 5
1
5 1
1 -
20 5
3. Aeroporto de Peinador (Vigo)
Outubro Novembro
- -
7
4. EDAR de Guillarei (Tui)
Familia/especie
Culicidae/Culex pipiens
Ceratopogonidae
Chironomidae
Cecidomyiidae
Psychodidae
Scatopsidae
Sciaridae
- - - -
3 52 359 11
- - 7 1
8 13 15 3
- - 3 -
593 64 10 5
Agosto Setembro Outubro Novembro
10♀♀,1♂ 2♀♀,3♂♂ 2♂♂ -
5. Lourizán (Pontevedra)
Familia/especie Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens - - 1♂ y 1♀
Cecidomyiidae - 2 -
Mycetophilidae - 1 -
Psychodidae - - -
Familia/especie Setembro
Culicidae/Culex pipiens -
Ceratopogonidae -
Chironomidae 4
Cecidomyiidae 1
Psychodidae 1
Sciaridae 1
-
9
1
6. Estación ferrocarril de Frieira (Crecente)
Outubro
-
5
-
8
Táboa 10. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Hípica de Allariz
(Ourense) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de
maior importancia entomolóxica
Táboa 11. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Estación de servizo de
Guitiriz (Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. Soamente se
identificaron as familias de maior importancia entomolóxica (en vermello).
Táboa 12. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Aeroporto de Lavacolla
(Santiago de Compostela, A Coruña) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas.
En vermello as familias de maior importancia entomolóxica
Familia/ especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens - - - - -
Ceratopogonidae - - - - -
Chironomidae - 4 - 4 4
Cecidomyiidae - 2 - - 2
Mycetophilidae - - - 1 -
Psychodidae 1 2 1 - -
Scatopsidae - - - 3 -
Sciaridae 4 9 4 44 11
7. Hípica de Allariz (Ourense)
8. Estación de servizo de Guitiriz (Lugo)
Familia/especie Agosto Setembro Outubro
Culicidae/Culex pipiens 4♀ 1♀ -
Psychodidae - - -
Familia/especie Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens 1♂ 5♂♂,3♀♀ 2♂♂ -
Chironomidae - 1 - 1
Cecidomyiidae - 1 2 -
Mycetophilidae - - - 17
Psychodidae 3 1 1 4
Sciaridae 4 4 4 3
9. Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)
9
Táboa 13. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Porto de Ferrol (A
Coruña) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de
maior importancia entomolóxica.
Táboa 14. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Cemiterio de Ribadeo
(Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de
maior importancia entomolóxica.
Táboa 15. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Explotación gandeira
Morás-Xoves (Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as
familias de maior importancia entomolóxica.
Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens - - - 1♂ -
Chironomidae - 2 1 1 9
Cecidomyiidae - 1 6 1 -
Mycetophilidae - 1 - - -
Psychodidae - - 6 2 -
Sciaridae - 2 139 27 10
Tipulidae 1 - - 2 -
10. Porto de Ferrol (A Coruña)
Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens 2♀♀ 2♀♀ - 1♂ -
Chironomidae - - 1 - -
Cecidomyiidae 7 8 7 9 -
Mycetophilidae - - - 37 5
Psychodidae 9 9 20 69 97
Sciaridae 83 10 48 96 64
11. Cemiterio de Ribadeo (Lugo)
Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro
Culicidae/Culex pipiens - 2♀♀ 1♀ 1♂,1♀ -
Chironomidae - 1 - - 1
Cecidomyiidae 15 10 3 2 -
Mycetophilidae - - - 2 1
Psychodidae 4 12 2 17 27
Sciaridae 10 19 57 123 99
Tipulidae - - - 4 7
12. Explotación gandeira Morás-Xove (Lugo)
10
4.2. RESULTADOS: OVITRAMPA BG-GAT
Táboa 16. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Cemiterio de Pereiró (Vigo,
Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul),
agosto (ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia
entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.
Táboa 17. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Porto de Bouzas (Vigo,
Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul),
agosto (ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia
entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.
Táboa 18. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Aeroporto de Peinador (Vigo,
Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados. En vermello as familias
de maior importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.
Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex sp. - - - -
Ceratopogonidae - - - -
Chironomidae - - - -
Cecidomyiidae - - - -
Psychodidae 2 - - -
Sciaridae 4 - - -
1. Cemiterio de Pereiró (Vigo)
Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex pipiens - - 1♀ -
Ceratopogonidae - 3 - -
Chironomidae 1 3 1 -
Psychodidae 15 24 23 3
Sciaridae - 1 1 -
2. Porto de Bouzas (Vigo)
Familia/especie
Culicidae/Culex pipiens
Chironomidae
Cecidomyiidae
Dixidae
Mycetophilidae
Psychodidae
Sciaridae
-
-
-
-
-
3. Aeroporto de Peinador (Vigo)
Outubro
-
1
11
Táboa 19. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na EDAR de Guillarei (Tui,
Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: setembro (set),
outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou
ningunha larva da suborde Nematocera.
Táboa 20. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT en Lourizán (Pontevedra) en función
das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: setembro (set), outubro (out), novembro
(nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou
ningunha larva da suborde Nematocera.
Táboa 21. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Estación ferrocarril de Frieira
(Crecente, Ourense) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados. En vermello as
familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva da suborde Nematocera
4. EDAR de Guillarei (Tui)
Familia/especie
Culicidae/Culex pipiens
Ceratopogonidae
Chironomidae
Cecidomyiidae
Psychodidae
Scatopsidae
Sciaridae 5 1 22 6
1 - 1 -
- - 1 -
1 1 - 4
3 - 1 -
- - 4♀♀ 1♀
- - - -
Agosto Ago-Set Set-Out Out-Nov
Familia/especie Set-Out Out-Nov Nov-Dec
Culicidae/Culex pipiens - - -
Cecidomyiidae - - -
Mycetophilidae - - -
Psychodidae - - -
5. Lourizán (Pontevedra)
Familia/especie Setembro Outubro
Culicidae/Culex pipiens - -
Ceratopogonidae - -
Chironomidae - 1
Cecidomyiidae - 1
Psychodidae - 2
Sciaridae - 1
6. Estación ferrocarril de Frieira (Crecente)
12
Táboa 22. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Hípica de Allariz (Ourense) en
función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),
setembro (set), outubro (out), novembro (nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior
importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.
Táboa 23. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Estación de servizo de Guitiriz (Lugo) en
función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: agosto (ago), setembro (set) e
outubro (out). Soamente se identificaron as familias de maior importancia entomolóxica (en vermello). Os
individuos adultos indícanse co número e o xénero, mentres que a abundancia das larvas (L) indícase en
intervalos de individuos: 1-50 (+), 50-100 (++), <50 (+++).
Táboa 24. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Aeroporto de Lavacolla (Santiago de
Compostela, A Coruña) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: agosto
(ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia
entomolóxica.
Familia/ especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov Nov-Dec
Culicidae/Culex pipiens - - - - -
Ceratopogonidae - - - - -
Chironomidae 3 4 - 7
Cecidomyiidae - - 4 - 6
Mycetophilidae - - - - -
Psychodidae 1 1 1 - -
Scatopsidae - 1 - - -
Sciaridae 7 6 7 1 1
7. Hípica de Allariz (Ourense)
Familia/especie Ago-Set Set-Out
Culicidae/Culex pipiens L+ 3♀, L+++
Psychodidae - -
8. Estación de servizo de Guitiriz (Lugo)
Familia/especie Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex pipiens 3♂♂ 1♂,4♀♀ -
Culicidae/Culiseta longiareolata - 1 -
Chironomidae - 7 1
Cecidomyiidae - - -
Mycetophilidae - - -
Psychodidae - 1 -
Sciaridae - 8 1
9. Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)
13
Táboa 25. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Porto de Ferrol (A Coruña) en función das
familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago) ,setembro (set),
outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.
Táboa 26. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Cemiterio de Ribadeo (Lugo) en función
das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),setembro (set),
outubro (out), novembro (nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.
Táboa 27. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Explotación gandeira Morás-Xoves (Lugo)
en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),
setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.
Familia/especie Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex pipiens - - -
Chironomidae - - -
Cecidomyiidae - - -
Mycetophilidae - - -
Psychodidae - - -
Sciaridae - - -1
10. Porto de Ferrol (A Coruña)
Xul-Ago
-
-
-
-
-
Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex pipiens - - - -
Chironomidae - - - 1
Cecidomyiidae - - - -
Mycetophilidae - - - -
Psychodidae - - - -
Sciaridae 1 1 1 3
11. Cemiterio de Ribadeo (Lugo)
Familia/ especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov
Culicidae/Culex pipiens - - - -
Chironomidae - - - -
Cecidomyiidae - - 2 -
Mycetophilidae - - - -
Psychodidae - - - -
Sciaridae - 2 - -
12. Explotación gandeira Morás-Xove (Lugo)
14
ESPECIES DE INTERESE SANITARIO
FAMILIA CULICIDAE:
Culex pipiens Linnaeus, 1758
Culiseta longiareolata (Mcquart, 1838)
INCIDENCIAS DETECTADAS NESTE PRIMEIRO ANO
A escaseza de capturas detectadas nalgúns dos puntos de colleita, levaron a decidir
cambios de lugar para esas trampas, polo cal se decidiron os seguintes cambios:
Cemiterio de Pereiró (Vigo) por Nigrán (EDAR)
Hípica de Allariz (Ourense) por Hípica de Xinzo de Limia
Porto de Ferrol por Ortigueira (explotación de équidos)
Ademais, decidiuse aumentar os puntos de colleita a:
O Valadouro (explotación gandeira)
Concello de Monforte de Lemos (un instituto de Monforte de lemos, próximo ao Río
Cabe).
Sanxenxo (Explotación de équidos)
O feito de seleccionar mais puntos dentro de explotacións de équidos ven
determinada polo feito de que estes animais serven como sentinela para a
detección de encefalite producida polo virus de Nilo Occidental, xa que, ao igual
que o home, actúan como fondo de saco na infección por este virus, pero teñen a
vantaxe de estar mais expostos ás picaduras dos mosquitos co que a detección de
enfermidade neles sirve como detección temperá da circulación do virus.
Igualmente, decidiuse empregar 5 trampas de luz branca para colleita de adultos,
para comparar a eficiencia entre os dous modelos de trampas de adultos, xa que
pode haber diferenza entre un tipo e outro de trampa segundo os diferentes
vectores.
15
CONCLUSIÓNS
Detectáronse especies do xénero Culex nun 75% das localizacións, sendo o mais
frecuente a especie Culex pipiens, con capacidade vectorial intermedia para o
virus do Nilo Occidental.
Detectáronse especies da familia Psychodidae, á que pertencen os flebotominos,
pero non se detectaron especies de interese na transmisión da leishmaniase.
Non se detectaron exemplares, nin adultos nin ovos do xénero Aedes.
É preciso recolocar trampas con poucas capturas noutros concellos.
É preciso valorar a eficiencia da trampa BG-Senntinel fronte a un modelo con luz
branca, especialmente para o xénero culex.
16
ANEXO: Imaxes das trampas de adultos e ovitrampas
Cemiterio Pereiró (Vigo)
Figura 1.- Trampa Adultos BG-
Sentinel2 no Cemiterio de Pereiró,
situada a 1,5 m do chan e ao carón dun
estanque con abundante vexetación
(13/07/2017).
Figura 3.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada no porto
de Vigo (Bouzas) a 1,7 m do chan (13/06/2017).
Figura 2.- Ovitrampa BG-GAT no Cemiterio de Pereiró, ubicada
nunha zona húmida, preto dun estanque (13/07/2017).
Figura 4.- Ovitrampa BG-GAT situada no porto de
Vigo (Bouzas) (13/06/2017).
17
Figura 5.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada no
Aeroporto de Peinador (Vigo) a 1,7 m de altura
aproximadamente e conectada por medio de batería. A
zona seleccionada presenta abundante vexetación e
está próxima a un reservorio de auga (04/10/2017).
Figura 6.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada fóra do
edificio de desinfección da EDAR de Guillarei (Tui),
dentro do recinto, a uns 1,9 m de altura (27/09/2017).
Esta segunda ubicación, na que se realizaron 4 mostraxes,
foi seleccionada co obxectivo de obter maior diversidade
de familias de nematóceros.
Figura 7.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada
na hípica de Allariz (Ourense) a 1,5 m de altura
aproximadamente (19/07/2017).
Figura 8.- Ovitrampa BG-GAT situada na hípica de Allariz
(Ourense) nunha zona húmida rodeada de vexetación
(19/07/2017).
18
Figura 9.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada
no cemiterio de Ribadeo (Lugo) a 1,5 m de altura
aproximadamente.
Figura 10.- Ovitrampa BG-GAT situada no
cemiterio de Ribadeo (Lugo) a altura do chan.
Figura 11.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada
na estación de servizo de Guitiriz (Lugo).
Figura 12.- Ovitrampa BG-GAT situada na
estación de servizo de Guitiriz (Lugo).
Recommended