View
164
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
L ingua La t i na 4 º ESO
GUÍA DE VIAXE
En compañía de Alix, explorarás Roma cunha mirada distinta.
Os 10 itinerarios desta guía supoñen unha viaxe no tempo.
Reconstrución de templos, detalles dunha fachada, escenas da
vida cotiá, combates de gladiadores… as ilustracións desvelan
toda a historia de Roma e a súa metamorfose e serve de trama
aos paseos. Ademais, o visitante irá en busca dunha inscrición,
dunha ruela descoñecida e penetrará, grazas aos magníficos
debuxos orixinais, nos secretos da Cidade Eterna.
Cómic
V e r b a v o l a n t , s c r i p t a m a n e n t
LECTURAS
RECOMENDADAS
Curso 2012 -2013
L ingua La t i na 4 º ESO
CPI San V i cent e– A Baña
Páxina 2
MITOS, LENDAS E CLÁSICOS ADAPTADOS:
Lively, P., En busca de una patria, la historia de la
“Eneida”, Vicens Vives, 2006.
Versión resumida e adaptada das viaxes de Eneas, príncipe
de Dardania, que fuxe de Troia tras a guerra, ata chegar a
Italia onde fundará a cidade de Roma. Na súa longa viaxe terá
que superar numerosas probas de valentía e honor.
Ovidio, Metamorfosis, Vicens Vives, 2011.
A historia do mundo dende a súa orixe ata a morte de Xulio
César, narrada polo poeta Ovidio, combinando mitoloxía e
realidade e recollendo todas aquelas historias mitolóxicas nas
que os deuses experimentan cambios físicos para conseguir os
seus propópsitos.
Sautereau, F., Cuentos y leyendas del nacimiento de
Roma, Anaya, 2002.
Un príncipe celoso e avaro, unha princesa seducida por un
deus; dous bebés xemelgos, Rómulo e Remo, recollidos por
unha loba... Estrataxemas, combates a morte, o poder dos
deuses e o valor dos homes, todo se mestura nestas historias
para dar lugar á lenda dunha cidade, Roma.
Andrevon, J. P., Heroes de Roma en la Antigüedad,
Anaya, 2003.
A historia de Roma esperta a nosa imaxinación dende hai
séculos. Simples lexionarios ou personaxes de sobra coñeci-
dos, sabios, coma o emperador Constantino, rebeldes, coma
Espartaco, ou conquistadores, coma Xulio César, inimigos
despiadados, coma Aníbal, e grandes xenerais, coma Esci-
pión o Africano, todos son heroes desta poderosa civilización
que se extendeu ao longo de mil anos.
L ingua La t ina 4 º ESO
Páxina 7
Bas, J., Glabro, legionario de Roma, Anaya, 2002. Glabro é o mellor gladiador de Roma. Dende un ventanuco da galería onde
espera a súa quenda para enfrontarse a morte, Glabro observa os variados e
violentos encontros que se suceden durante todo un día entre gladiadores de todas clases e de estes con feras salvaxes. É o año 65 a.C. e Xulio César
é o anfitrión dos xogos.
Mentres agarda o momento do seu duelo cun enorme galo, Glabro recorda
os seus anos de lexionario no exército, cando loitou en Hispania na guerra
a favor de Sertorio, que combatía por unha república.
CINE E SERIES DE ROMANOS:
Graves, R., Yo, Claudio, Alianza Editorial, 2011.
Supuesta "autobiografía" de Claudio, emperador romano.
Graves debuxa sen concesións un escalofriante retrato sobre
a depravación, os crimes e as intrigas levadas a cabo durante
os reinados de Augusto e Tiberio. En Yo, Claudio
coñecemons tamén a Calígula, Mesalina, Livia e a poderosa
cidade de Roma.
Páxina 6
Pears, I., El sueño de Escipión, Seix Barral, 2002.
Unha apaixonante novela histórica de intriga.
Ambientada en Provenza en tres momentos históricos
críticos da civilización occidental, as historias dos tres
protagonistas están unidas por un texto clásico, O soño
de Escipión, unha obra de neoplatonismo que
reflexiona sobre cuestións filosóficas tan vixentes nos
séculos V, XIV, e mediados do século XX coma o son
hoxe en día.
Reid, L., Tigre, tigre, Bambú, 2011. Dous cachorros de tigre irmáns son arrancados da selva
e levados a Roma. Ao máis forte, Brutus, adéstrano
para matar no Coliseo. O pequeno, Botas, convírtese na
mascota de Aurelia, a filla do César. Ela quéreo con
loucura; e Iulius, o seu coidador, ensínalle como
tratalo. Pero, por unha desafortunada broma, comeza a
fatalidade ...
Comastri, D., Morituri te salutant, Santillana,
2005. Roma, año 45 d.C. O Ludus Magnus é o escenario dos
combates de gladiadores máis esperados da temporada,
presididos polo emperador Claudio e a súa esposa.
Tamén acudiu o senador Publio Aurelio, a quen
repugna este sanguento espectáculo. O momento
culminante chega cando Celidón, o favorito das damas,
está a punto de rematar co seu tridente ao seu
contrincante. xusto entón, o campeón cae a terra,
morto súbita e inexplicablemente.
Manfredi, V. M., Los idus de marzo, Debolsillo, 2011.
Manfredi nárranos nesta obra a súa visión das últimas
corenta e oito horas de vida de Xulio César, antes de
ser asasinado polos senadores de Roma. A historia
céntrase en dúas partes, por un lado, os conspiradores,
e por outro, un grupo de militares que, coñecedores da
noticia, tratan de chegar canto antes á cidade a levar a
alerta.
L ingua La t ina 4 º ESO
Páxina 3
HISTORIA E CIVILIZACIÓN
Farman, John, La superbreve historia de los Romanos, Molino, 1999.
Breve, divertida e curiosísima historia de Roma para abrir boca.
Matthews, R., 100 cosas que deberías
saber sobre los gladiadores, Susaeta.
Macdonald, F., 100 cosas que deberías saber sobre la
Antigua Roma, Susaeta.
Gracias a estes libros podedes adentrarvos nas características mais
interesantes da cultura e a civilización Romana. Cen feitos,
acompañados de fotografías e detalladas ilustracións que vos
cautivarán, ademáis das adivinanzas, feitos curiosos e demáis
actividades propostas.
Laurence, Ray, Guía del viajero a la Antigüedad: Roma en el año 300,
Océano Ámbar, 2009.
Imaxina poder viaxar no tempo e que podes visitar a cidade que dominou o mundo
durante case mil anos.
Atoparás en Roma todo o que poidas desexar e imaxinar: rúas empedradas e
ruidosas rebosantes de vida, amplas avenidas, o grandioso Coliseo, as imponentes
termas, os nobres, os lexionarios, ... Tamén poderás visitar os lugares máis
importantes da península Itálica seguindo as vías romanas que parten da cidade
imperial.
Ángela, A., Un día en la Antigua Roma, La esfera de Libros, 2009.
Imaxina que espertas na Roma do século II d. C., durante o goberno de Traxano.
Durante un día poderás vivir nesa enorme urbe e ver como vivían os seus
habitantes, desde os más humildes ata as mansións dos senadores.
Verás como viven, que comen, visitarás as termas, asistirás a un combate de
gladiadores, a un banquete, percorrerás os foros e templos, as tendas, as tabernas…
todo aquilo que che gustaría coñecer da Roma antiga.
Goñi Zubieta, C., Una de romanos: un paseo por la historia de Roma,
Ariel, 2007.
Un repaso á historia de Roma dividido en capítulos moi breves e fáciles de ler. O
máis atractivo, un pequeno apartado ao final de cada capítulo que o autor chama
"Ad libitum" no cal vai comentado cada capítulo e relacionando cada feito
explicado con situacións actuais. Case sempre acaba demostrando o pouco que
temos cambiado “nihil novum sub sole”.
Páxina 4
Ficción:
Molina, Mª Isabel, De Victoria para Alejandro,
Alfaguara, 1994.
En el año 67 de nuestra era,Victoria, una joven
romana convertida al cristianismo, viaja hasta
Palestina. Atrás, en Roma, se ha quedado Alejandro,
el joven del que está enamorada y al que puede perder
para siempre.
Gándara, L., Guárdate de los Idus, SM, 2002.
Roma, últimos días da República. Druso e Porcia
viven na casa de seu tío, o senador Mario Dimitio.
Pero unha noticia cambia o rumbo da súa existencia:
César morreu, víctima dunha conxura; e Mario
Dimitio figura entre os conxurados. Antes que perder
a súa dignidade, prefire morrer, e os sobriños teñen
que asistirlle no suicidio e fuxir. Ademais, Druso
posúe un documento polo que hai quen está disposto a
matar. Os dous irmáns necesitarán moita astucia e
coraxe para lograr escapar a Hispania con súa nai.
Gándara, L., A escura luz do Tíber, Rodeira,
2005.
Con pano de fondo dos anos do Imperio Romano, baixo
o mandato do emperador Nerón, Marcia relátanos nos
seus tres diarios os momentos de alegría, inocencia e
dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade,
a xenerosidade, a forza da fe e o amor. Tamén
experimentará a traizón e o odio ata chegar ao
asasinato.
L ingua La t ina 4 º ESO
Páxina 5
Calderón, E., El último crímen de Pompeya,
Edelvives, 2009.
No ano 79, o Vesubio entra en erupción e sepulta Pompeia
baixo un mar de lava. Case 2000 años despois, Chema, un
estudante malagueño que realiza as súas prácticas de
Arqueoloxía nesa cidade, atopa un calco que chama a súa
atención. Trátase de dous homes, uno dos cales está
apuñalando ao outro. Chema inicia entón unha investigación
que o leva a descubrir feitos históricos sorprendentes.
Schacht, A., El oro del gladiador, Anaya, 2009.
O gladiador Globulus falece nun espectáculo no Coliseo
e a fortuna que gardaba está nun lugar descoñecido. Uns
amigos do gladiador farán todo o posible por localizar o
tesouro agochado e impedir así que o xefe da escola de
gladiadores roube o botín. Os mozos detectives atoparán
algunha sorpresa no camiño. Unha novela de intriga que
vos achega ao mundo da antiga Roma dun xeito
accesible e entretido.
Sánchez Escalonilla, A., Ana y la Sibila, Bambú.
Ana y Mario teñen 14 años, non se soportan e se atopan
en Roma de viaxe de estudios. Mentres contemplan a
Capela Sixtina, Ana recibe unha chamada de socorro da
Sibila de Cumas, unha misteriosa adiviña dos tempos
antigos condenada a envellecer durante mil años. Esa
mesma noite, a moza escapa do hotel e emprende un
rescate a través do tempo, nada menos que ata a Roma
imperial. Mario sospeita algo e, no último momento,
decide non deixala soa na súa aventura.
Recommended