View
229
Download
1
Category
Preview:
DESCRIPTION
libro avos
Citation preview
CURSO 2012-2013
3º Ciclo
CEIP As Covas-Meaño
ÍNDICE
Tina e Esther
Carmen
Nélida
Tina e Avelino
Rosario e Juan
Teresa
Artemia e Camilo
Carmen e Ramón
Julia
RECEITA: PAN DE FARIÑA TRIGA E CENTEO
Fálannos: INFANCIA, FAMILIA, ESCOLA,
FESTAS,...
José Ramón e Esther Tina e David
PRESENTACIÓNS
FACEMOS PAN DE CENTEO E FARIÑA TRIGA
A TRABALLAR, DAVID !!!
BEN FEITO, JOSÉ RAMÓN !!!
QUE GUAPAS ESTÁN EXPLICANDO ANÉCDOTAS
DA SÚA VIDA !!!
NON PERDEMOS DETALLE, É MOI INTERESANTE !!!!
QUE BOA PINTA TEN O PAN !!!!
COMO COMEMOS, AS FAZULAS ESTÁN QUE REBOSAN...!!!
UNHA FOTO PARA O RECORDO !!!
PASÁMOLO XENIAL,...
GRAZAS POR TODO !!!!
AVOAS TINA E ESTHER
Hoxe ao colexio tivemos unha visita moi especial a
avoa de José Ramón e a miña. Chámanse: Esther e Tina
respectivamente . Viñéronnos a buscar á clase cando
estábamos facendo relixión e fomos á cociña con 5º.
Primeiro, Tina explicounos como facer pan e cando
rematou de amasar, pasamos á aula de música, e
explicáronnos entre as dúas cousas que facían antes
como por exemplo: a infancia, as receitas de cociña, a
escola, os traballos na infancia, as festas, as orquestras...
O que máis me chamou a atención é que antes ao
forno se lle botaba bosta de vaca na porta do forno, ou
que xa había orquestras tan boas como: os Satélites,
Compostela e París de Noia.
Paseino de marabilla coas avoas no colexio e o pan
estaba boísimo !!!!!!!
David 6º
TINA E ESTHER
Hoxe veu a avoa Tina que é a avoa de de David e a avoa
Esther que a miña. Viñeron a buscarnos na clase de
relixión e fomos a chamar tamén aos de 5º.
Entre outras cousas, David e mais eu aprendemos a
amasar.
Despois Tina mais Esther faláronnos da infancia: festas,
orquestras, amigos, compañeirismo, xogos, adolescencia,
emigración, aparellos electrónicos da época, o Nadal, a
familia, a vendima, os animais,...
Gustoume moito cando falaron do compañeirismo!
Tamén me gustou que viñera a miña avoa ao cole está na
casa comigo e me gusta moito o que fai de comer.
José Ramón 6º
Avoa Carmen
Receita: “torrijas” caseiras
Fálanos:
Cando emigrou a arxentina,
infancia,
escola,
familia,
festas, ...
CARMEN EMPEZA COAS “TORRIJAS”
RUBÉN DÁLLE BEN AO BATEDOR, NON ?
ATENDEMOS A TODO O QUE NOS CONTA
MOI CALADIÑOS !!!
ESTÁN PARA CHUPARSE OS DEDOS !!!
UNHA FOTO INOLVIDABLE !!!
GRACIÑAS CARMEN,
PASÁMOLO XENIAL !!!
A MIÑA AVOA
Hoxe veu a miña avoa a contar como se facían
torrixas. Emigrou a Arxentina con 21 anos, os
recibiron moi ben. A viaxe en barco foi á ida
que non lle gustou. Parou en Canarias e en
Brasil. O avó traballou nunha fábrica de
zapatos e tardaba 2 horas en ir e volver.
Despois traballou de porteiro dun edificio e
había xente importante.
RUBÉN 5º
A AVOA CARMEN
A avoa do noso compañeiro Rubén, nos ensinou
moitas cousas interesantes, unha das primeiras , foron
as torrixas de pan.
Primeiro cortamos o pan que sobra, por que daquela
non se estragaba o pan, despois enches un bol de leite e
outro de ovos mollas o pan no leite e nos ovos e pos a
fritir o pan. Mentres se fritían, nos falou que antes,
moita xente emigraba, como ela que emigrou a
Arxentina. Tiña moita familia alí na viaxe en barco
cantaban cancións e só tiñan literas, e choraban, e ao
chegar, pasou un tempo e súa avoa dixo:
-Vaite para alá coa túa nai!
Porque súa nai estaba en España, mentres que toda a
súa familia estaba en Arxentina.
En Arxentina coñeceu o avó de Rubén e estivera alí
sete anos e medio, despois marcharon para España xa
casados, e a viaxe en barco de volta foi mellor ca
anterior, ademais o porto de alí “non era dos mellores”
pero en cambio o barco era moito mellor: Tiña cama
para dúas persoas, e mellores habitacións.
Ademais no colexio viña a verlles o cura (“seica moi
pesado”), contando que daquela tiñan pecados mortais.
Tamén nos falou do mate que si o tomas quedas en
Arxentina, pero por si acaso non o tomou porque
quería ir a España. Era un dicir pero por se acaso non o
tomou.
O avó de Rubén daquela era porteiro, e non lle
deixaban ter fillos porque os nenos “seica o rompen
todo e estorban” iso só en Arxentina.
Despois tamén traballou nunha fábrica de zapatos e
como en Arxentina pasaba iso cos pequenos tiveron a
Rubén o pai de Rubén en España.
Tamén nos falaron do Cristo Redentor ou Cristo
Corcovado, e en Brasil ten un teleférico como en
Canarias.
E por último nos falou do Nadal, daquela en Arxentina
en decembro facía calor e o celebraban na terraza e
levabas champan ou calquera outra cousa e xa está, así,
co calor que fai en decembro.
Tania 5º
AVOA CARMEN
O martes 2 de outubro veu a visitarnos a avoa der
Rubén de 5º curso, Carmen. Na cociña preparou unhas
torrixas que mentres se fritían contounos sobre a
emigración, guerra, familia, etc. Na aula de música.
Cando contaba sobre o viaxe que fixo ata Bos Aires
chamoume a atención que cando o seu barco parou en
Montevideo, a miña tía-avoa Lola recibiuna ata que o
barco volveu a zarpar. Non sabía que se coñecían.
Tamén dixo que aínda que estivera en Bos Aires e lle
gustase quería volver canto antes a Galicia. Logo de
falarnos sobre todo iso volvemos á cociña a comer
torrixas que xa estaban listas e estaban boísimas!
Santi 6º
receita : “chulas”
FÁLANOS: AS VIAXES, A SÚA
INFANCIA,...
TOMAMOS NOTA DA RECEITA
AVOA E NETA COAS MANS NA MASA!!!
PASO A PASO, TODO@S CONTRIBUÍMOS !!
QUE BEN O FACEMOS !!!
QUE POSTAL MÁIS BONITA!!
GRAZAS NELUCHA,
APRENDEMOS MOITO CONTIGO !!!
A MIÑA AVOA NÉLIDA
A miña avoa veu ao colexio o martes 9 de outubro.
Fíxonos chulas e explicounos cousas sobre a súa vida. Ela
era a que facía a comida cando era xoven e que traballou
cinco anos de costureira e vinte no mercado. Todos os
anos vai a New York a visitar ao seu irmán e a súa
familia. Visitou moitos sitios e coñece a moita xente.
Deixou o colexio moi pronto para coidar do seu irmán e
para traballar no campo cos seus pais.
Ía a Vigo, a Coruña... para vender tornillos. Ao ir a New
York visitou sitios como Queen's, Manhattan, a Estatua da
Liberdade... En Galicia foi ás dunas de Corrubedo.
Gustoume moito que viñera a miña avoa.
Leila 6º
AVOA NÉLIDA
Hoxe veunos a visitar a avoa de Leila, Nélida. Fíxonos
chulas e estaban boísimas. Tamén nos contou porque lle
gusta viaxar tanto a New York, e que ten familia alí e que
viaxa todos os anos. Tamén da infancia e de que coñece
todo e a todos en Meaño e díxonos que o colexio o deixou
aos 13 ou 14 anos. Tamén traballou de costureira en
Paradela 5 anos, pero despois deixou de traballar porque
estaba embarazada. Agora ten unha tenda de mobles.
A min o que máis me gustou son as chulas. En New York
visitou Queens a estatua da Liberdade e aquí en España o
lago de Covadonga,...
Lidia 6º
O QUE BEN CHEIRA MELLOR SABE, NON?
UNHA BOA EXPLICACIÓN E EXIBICIÓN
OS ALUMNOS BEN ATENTOS E EXPERTOS CATADORES...
O MOSTO... QUE BEN SABE NON?
EXPERTOS EN MOSTO !!!
AVELINO UN BO MESTRE DO VIÑO.
AS AVOAS MÁIS GUAPAS !!!
Todos os animaliños
ESTAN TODOS PRESENTES !!!
MOITAS GRAZAS !!!!!!
NON O OLVIDAREMOS.
A MIÑA CASA
Hoxe saímos á hora do recreo rumbo a miña casa.
Primeiro, fomos por carreteiras, por onde non transitan
coches e polo medio dun monte. Cando chegamos
estábannos esperando a nai de José Ramón Alfonso
García, Rosana e a avoa Esther e meu pai Alfredo, o meu
avó Avelino e miña avoa Tina. Tamén estaban as miñas
catro gatas: Mikala, Mikolo, Branca e Mikolón, as miñas
dúas pochas: Branca e Margaret e o meu porco: Roxelio.
O primeiro que fixemos foi: ver o forno que é donde miña
avoa fai o pan. Logo, pasamos a bodega e o meu avó fixo
viño catalán na estrugadora que estaba enriba dunha
cuba, logo pasou o, mosto a prensa e por último a un
caldeiro. Despois, fomos observar as pochas e o porco.
Por último, comemos chocolate “ Nestlé” cun trozo de
pan. Uuuuuuuuuuuuuuuum !!! estaba riquísimo,despois
mentres os profesores: Roser, Claire e Paulo falaban cos
familiares, nós estivemos xogando e falando. O que máis
me chamou a atención foi que a Mauro lle gustase tanto o
viño catalán, e o que máis me gustou foi o pan con
chocolate “Nestlé” no medio.
David 6º
CASA DE DAVID
Hoxe fomos todos os de 5º e 6º a casa de David para que
nos explicaran un pouco como fan o viño.
Saímos do colexio as 11:45 aproximadamente e tivemos
que ir polo monte arriba para dar coa casa.
Cando chegamos estaban alí para recibirnos Alfredo que
é o pai de David, Rosana que é a nai de José, Esther que e
a avoa de José, Avelino que é o avó de David e Tina que é
a avoa de David.
Avelino, empezou a ensinarnos como fan o mosto e tamén
nos ensinou a estrugadora.
Logo fumos a mirar os animais que tiñan e habían dúas
crías de gatos que eran moi bonitos.
Mais tarde, a avoa de David fixo pan para todo comemos
chocolate e pasámolo moi ben.
A min gustoume moito ir a casa de David porque
aprendín cousas que non sabía.
RAQUEL 6º
AVOA E AVÓ DE DAVID
Hoxe fomos 5º e 6º á casa de de David. Cando chegamos a avoa
de David ensinounos onde facía o pan, ese forno era moi antigo!
Logo nos ensinou a bodega, botaron o cesto de uva na
“estrugadora” que caía nunha tina. Da tina collían o viño
estrugado na lagareta e saía o viño prensado para o cesto.
E cando saía o mosto moitos compañeiros do ciclo beberon un
pouco del. Despois Tina deunos un anaco de pan e un pouco de
chocolate, deunos de beber coca cola.
Nos ensinou as dúas pochas que tiñan e tamén un porco. Eles
tamén tiñan unha gata que tiña tres gatiños. Despois
marchamos para o colexio.
Marta 5º
AVÓ DE DAVID
Hoxe fomos a casa de David
A “estrugadora” é unha máquina que ten coitelas que separan
as uvas dos racimos.
A prensa botas as uvas e despois de que pasan pola estrugadora
ten dúas táboas, paus e un ferro para aplastar as uvas.
O formo do pan ten unha porta que abre e cerra tamén ten algo
parecido a unha pala para coller o pan sen queimarse.
As pochiñas están nunha cuadra, xa son bastante grandes a
unha xa case se lle saíron os cornos a outra aínda non lle saíron
porque aínda é moi nova.
Matías 5º
FÁLANNOS:
O traballo nos barcos,
a casa,
os fillos,
infancia,....
ROSARIO E JUAN EXPLICÁNDONOS MOITAS ANÉCDOTAS.
ESTAMOS TOD@S MOI ATENTOS
SEGUIMOS CONVERSANDO NA COCIÑA
MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS !!
TAMÉN DEBULLAMOS MILLO !!
MOITAS GRAZAS AVÓS !!
OS MEUS AVÓS
Hoxe viñeron á escola os meus avós. Contáronnos a súa
vida e nos ensinaron a debullar millo.
Miña avoa só tiña uns zapatos. Ía ao colexio onde hoxe
en día e a miña parada de autobús. Na clase eran setenta
nenos e nenas pero en distintas aulas. Na escola estaban
de seis a catorce anos. Non levaba paraugas porque só
tiñan un que era o paraugas familiar, só cando chovía
moito llo deixaban levar.
Meu avó tamén só tiña uns zapatos, el ía á escola ao
Santo porque el vivía en Nantes. Cando chovía ía á
escola cun saco enriba da testa. Tamén eran uns setenta
rapaces e rapaces.
El foi a emigrar a Barcelona, estivo un mes sen traballar
e gastou todos os seus aforros, entón empezou a traballar
de albanel. Nuns cantos días acercouse ao porto e
déronlle traballo de cociñeiro nun barco. Estivo vinte
meses sen pisar terra firme.
Alí no barco pescaban setenta toneladas de peixe ao día
ese era o máximo.
Para debullar millo hai que coller unha espiga e outra xa
debullada e rascalas entre elas.
Gustoume moito que viñeran os meus avós.
Pablo 5º
OS AVÓS DE PABLO
Os avós de Pablo contáronnos moitas cousas. Cando ían
á escola e chovía tiñan que ir a correr, pero cando chovía
moito tiñan que ir cun saco na cabeza ou cun paraugas
que era para toda a familia. Na clase de Juan había unhas
70 persoas e antes de ir á escola tiñan que traballar na
eira.
Os avós de Pablo dixéronnos que antes había un par de
zapatos para todo o ano non como agora que temos seis
ou sete.
Os avós de Pablo viaxaron por: Lloret del Mar,
Barcelona centro e Badalona...
Antes había menos traballo que agora, aínda que pareza
imposible. O avó de Pablo era un dos afortunados que
tiña traballo, traballaba de cociñeiro nun barco. Nos dixo
que era unha cociña moi pequena, que máis ou menos
media doce metros de largo. Tamén traballou de albanel
e traballaban todos os días na horta.
O avó de Pablo nos contou que foi militar e que daquela
non había outra.
Cando Juan non estaba na casa Rosario tiña que facer o
dobre traballo de pai e de nai e era moi difícil.
Cando Juan estaba no barco era moi difícil que se
comunicara con ela que se chama Rosario e o tío de Pablo
``Jose´´ dicíalle:
-Papá cando ves?
Os avós de Pablo tamén nos ensinaron a debullar millo.
Cando unha candea de millo negro ``corvo´´ está ao
lado dunha candea de millo amarelo aparece millo negro
na candea de millo amarelo. Eloy 5º
Receita: “Biscoito”
Fálanos: infancia,escola,...
TERESA NA ESCOLA
COAS SÚAS COMPAÑEIRAS
TRABALLOS DA ESCOLA CANDO ERA PEQUENA
CO SEU NETO RODRIGO FACENDO UN BISCOITO
EXPLÍCANOS MOITAS COUSAS DA SÚA INFANCIA,
SOBRE TODO DO SEU PAI.
RODRIGO REPARTE O BISCOITO.
NON HAI DÚBIDA, ESTÁ RIQUÍSIMO !!!
UNHA FOTO PARA LEMBRAR.
MOITAS GRAZAS TERESA !!
A MIÑA AVOA TERESA
A miña avoa Teresa veu ás 9:30 ao cole o luns.
Invitei aos nenos de 5º a vir connosco á
cociña.Teresa explicounos que se facía un
biscoito de iogur e mentres se cocía no forno
explicounos a súa infancia. Díxonos moitísimas
cousas sobre o colexio, como que se tomaban
moi en serio a educación, o catecismo, a hixiene,
etc. Os seus compañeiros chamábanlle cousas
feas e sentíase mal. Tamén quería moitísimo ao
seu pai e a súa avoa. Cando falaba, notábaselle
que estaba un pouquiño nerviosa, pero o
biscoito, estaba boísimo.
Gustoume moito que viñera a miña avoa porque
fixo un biscoito moi rico.
RODRIGO 6º
Avoa Teresa
Hoxe veunos visitar a avoa de Rodrigo ás
9:30.
Preparounos biscoito e estivemos apuntando
os ingredientes e a elaboración, pero aínda
nos falta o debuxo.
Contounos que cando era pequena era moi
tímida e que foi a tres escolas e que tiña
animais vacas, porcos e galiñas e seu pai era
feirante e compraba porcos pequenos e
despois os vendía cando eran máis grandes.
Tamén foron á praia en verán, e no inverno
xa non tiñan mocos, díxonos que facía punto
e as bolas da árbore de Nadal as facían con
cocos e cartolinas.
No seu primeiro colexio aprendíao todo con
cancións, despois foi a Barrantes e despois
aos Franciscanos.
Gustoume moito o biscoito que nos fixo.
Eduardo 6º
FALÁRONNOS:
da infancia, do colexio, Da matanza do porco,...
BENVIDOS AO COLE !!
EXPLÍCANNOS ANÉCDOTAS MOI IMPORTANTES
E NÓS ATENDEMOS CON CURIOSIDADE
A TA ESTÁ MOI CONTENT
NÓTASE BEN ...
A CARA DE FELICIDADE DE MARTA !!
GRAZAS POR TODO,
FOI UN PRACER COMPARTIR UNHAS HORAS
CONVOSCO !!
OS MEUS AVÓS
Hoxe viñeron á escola os meus avós, Camilo e Artemia a
contarnos cousas da súa infancia e da matanza a 5º e 6º.
Dixeron que cando eran pequenos as rapazas e os rapaces
estaban en distinta clase.
A miña avoa contou que a súa aula era moi grande, que
eran corenta rapazas e que tiñan dous libros
(“manuscrito” e “lección de cosas”), que tiña que
substituír á profe, ás veces.
Tamén contou que a súa profe nunca lle pegara nin
castigara.
Ela dixo que aprendera a coser e facer cestas de mimbre.
Logo contou que tivera catro fillas.
O meu avó contou que emigrara a Holanda e que alí
traballara nunha fábrica de cable eléctrico.
Tamén contou que fora a música. Contaron que case
nunca foran ás festas.
Despois falaron da matanza do porco, que había que
darlle na cabeza, chamuscalo con palla, lavalo, abrilo por
dentro, quitarlle as tripas e o fígado e que logo había que
colgalo para o día seguinte cortalo. O meu avó contou
que de pequeno quería matar o porco pero non lle
deixaban e que agora xa non pode.
Por último a miña avoa Artemia cantou 3 cantigas, unha
de Simes e dúas da laranxa. Tamén nos contou un chiste
e que coñeceran a avoa de Pablo, Rosario e o avó de Eloy,
Victorino.
Marta 5º
Os avós de Marta
Viñeron a visitarnos Artemia e Camilo que son os avós de
Marta.
A avoa de Marta falounos de cando foi á escola. A escola
dela era moi grande, eran corenta rapazas. Había un
colexio para as rapazas e outro para os rapaces. Había
dous libros “manuscritos” e “lecciones de cosas”. Cando
faltaba a profe sempre quedaba Artemia de substituta. A
profe nunca castigou a Artemia. Tamén aprendeu a coser
e tivo catro fillas, unha é a nai de Marta.
Camilo o avó de Marta emigrou a Holanda para gañar
cartos e alá traballou nunha fábrica de cable eléctrico.
Tamén nos contaron sobre a matanza do porco. Viñan
catro homes, o agarraban e o poñían encima do carro das
vacas e o mataban dándolle un corte no pescozo. Despois
colgábano ata o día seguinte que o cortaban. A carne
repartíase unha pouca para a familia e outra para casa.
As tripas lavábanse ben e o de fóra poñíase para dentro e
facíanse chourizos.
Cantou unhas cantigas de Simes e contounos un chiste.
María 5º
Fálannos: infancia, viaxes,... Receita de cociña: Albóndegas.
CARMEN E RAMÓN PREPARAN AS ALBÓNDEGAS.
BEN ATENTOS COPIAMOS A RECEITA.
QUE FOTO MÁIS BONITA OS TRES XUNTIÑOS!!!
RAMÓN CÓNTANOS TRASNADAS DE NENO
MOOOOI DIVERTIDAS ...!!
CARMEN EMOCIONADA COMPARTE HISTORIAS
CONNOSCO
QUE BEN CHEIRA .... !!!!
QUE BEN LUCEN TODOS XUNTOS...
NETO E AVÓS !!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA
VISITA!!
Ramón e Carmen
Hoxe viñéronos a visitar os meus avós.
Viñeron a facer unha receita e máis a falar un
pouco deles dende que eran pequenos ata
agora. Mentres a miña avoa facía a receita o
meu avó falounos primeiro como:
É de Vilanova e de pequeno ía a casa do avó
do profe Paulo a collerlle froitos co seu
primo. Ía a un colexio onde dentro corrían
coas bicicletas a “chulearse” dos que non
tiñan. Cando acabou a miña avoa falounos
que foron de viaxe a Roma, a Polonia, a
Tenerife, a Suíza e máis a Alemania que foi
onde casaron.
Ao terminar comemos al albóndegas e os
bolos de cebola.
Tamén nos trouxo caramelos.
Gustoume moito!
Mateo 6º
Avós de Mateo
No colexio andaban en bici e escribían con
pluma.
O avó de Mateo roubáballe ao avó do profe
Paulo as mazás da horta.
El tivo diferentes traballos coma carnicería e
albanel.
En cambio Carmen foi a o colexio de Lores, e
se non saudabas á profesora volvías a entrar.
As rapazas xogaban ao avión mentres que os
rapaces xogaban ás bolas.
No colexio escribía co pizarrín.
O avó Ramón foise a Alemaña antes de ir ao
servizo militar e alí casou con Carmen.
Tamén nos contaron un refrán:
“Hai que estirar o pé segundo sexa a manta”
Ademais fixeron unhas albóndegas
boísimas.
Foi unha boa mañá.
Mauro 6º
FÁLANOS DA SÚA VIDA
JULIA RODEADA DOS NEN@S
EXPLICANDO ANÉCDOTAS.
QUE EXPERIENCIA MÁIS ENTRAÑABLE...!!!!
QUE GUAPAS ESTÁN AS DÚAS !!!!!
MOITAS GRAZAS JULIA !!
A MIÑA AVOA JULIA
Onte, viunos visitar a miña avoa. Cando
chegou, fomos os de quinto e sexto a aula
de música para escoitala falar da súa vida.
Ela explicounos cousas como estas:
Cando era pequena ía ao colexio pero non
tiñan cartos para o libro, tampouco tiñan
baño, a súa nai sufriu moito porque o seu
home ía con malas compañías. Máis adiante
comprou unha casa, casou e tivo oito fillos.
O seu home embarcou durante moito
tempo e cando volvía os fillos non o
querían...
A miña avoa, díxonos que sufriu moito na
súa vida pero que a xente a quería moito.
Tamén dixo, que na actualidade xa non ten
tantos problemas e que segue na mesma
casa vivindo co seu home, unha filla e dúas
netas.
A min gustoume moito que viñera a miña
avoa xa que os meus compañeiros e eu
aprendemos moito da súa vida.
Raquel 6º
AVOA JULIA
Hoxe que é xoves 29 de novembro do ano
2012 veunos a visitar Julia que é a avoa de
Raquel. Julia explicounos que a súa familia era
pobre e que tiña que roubar mazás nas
árbores de outras persoas. Tamén nos contou
que a familia do seu marido era un pouco
máis ricos que a familia de Julia, e querían
casalo con alguén máis rica, pero ao final
conseguiron casar e tiveron 8 fillos.
Eduardo 6º
Clausura da actividade dos avós
Durante este trimestre recibimos a visita de
moitos de vós para falarnos da vida, da infancia,
da emigración, do traballo, das experiencias da
vida (as boas e as malas). Ah! Non nos
esquezamos das marabillosas e riquísimas receitas
que fixestes para nós.
Con toda esa información redactamos textos,
tivemos debates, elaboramos preguntas,
traballos...
Aprendemos moito coas vosas historias e visitas a
escola. Queremos darvos as grazas por ensinarnos
tantas cousas.
“Sodes prata no voso pelo pero sodes ouro no voso
corazón”.
Grazas por:
-Vir á escola.
-Cociñar tan ben.
-Axudarnos cando o necesitamos.
-Por ser tan bos mestres.
-Darnos tantas cousas.
-Darnos unha familia.
-Coidarnos.
-Querernos tanto, tanto.
-Estar tan pendentes de toda a familia.
-Por ensinarnos a ser educados.
Todos necesitamos un avó para crecer máis
seguros no mundo grazas por estar xunto a nós.
Sentimos o voso cariño no noso corazón,
esperamos tamén que sintades o noso amor.
Unha avoa é unha persoa especial que non nos
vendería nin por todo o diñeiro do mundo, nós
tampouco o fariamos.
Os vosos netos e netas al igual que os profesores e
profesoras estamos moi orgullosos de todos os
av@s que coa súa colaboración fixeron e fan que
cada día teñamos un gran sorriso e vexamos a
vida de forma diferente, como eles nola
mostraron.
Sodes uns verdadeiros mestres !!
Foi un pracer compartir esta
experiencia convosco.
Ata pronto !!!!!
Recommended