View
217
Download
4
Category
Preview:
DESCRIPTION
MEDRAMOS EN VALORES NO ISAAC DÍAZ PARDO
Citation preview
Proxecto de Bulebule para o curso 2011-2012
Aquí estamos de novo coa ilusión dun curso por diante.
Seguiremos xuntos coas boas lecturas que nos fan ir medrando. Lecturas
que nos axudan a coñecernos mellor, a ser máis solidarios, coñecer e
respectar o noso planeta, coidar da natureza…
En definitiva, ler fainos mellores.
Querémosvos facer partícipes dun novo proxecto que imos desenvolver este
curso baixo o epígrafe “Medrando en valores”.
Educar en valores supón educar nas normas de conducta e actitudes
segundo as cales despois nos comportamos. Os valores son fundamentais,
por iso a responsabilidade que temos nesa educación é compartida,
mestres e familia.
Educar en valores→ Dimensións a) Cognitiva
b) De sentimento
c) De vontade
Estes tres apartados implican á nosa razón, aos nosos sentimentos e ás
nosas accións.
Trataremos de relacionar o que ocorre no noso entorno cunha mirada
máis universal, que nos vincule co conxunto da humanidade e así
aprender e comprender criticamente o mundo no que vivimos, actuar con
criterio e procurar o ben de cada un e da comunidade da que formamos
parte.
Estes valores, traballados e temporalizados nos tres trimestres, están
vinculados tamén á celebración de determinadas datas significativas.
Estruturamos o desenrolo do proxecto en torno ás palabras que
representan valores.
Clasificamos ditas palabras para poder traballalas trimestralmente con
máis facilidade.
Primeiro trimestre
O mundo será máis feliz e agarimoso se nós tamén o somos. Velaí unas
palabriñas para irvos axudando nesta tarefa.
Os valores a traballar neste trimestre van falar de Nós.
As palabras seleccionadas para este trimestre son: autocontrol, saúde,
confianza, bondade, paciencia, respecto, lealdade, alimentación,
responsabilidade, alegría, amizade, esforzó, creatividade.
As conmemoracións relacionadas son:
Outubro
17- Día Internacional para a eliminación da Pobreza.
Novembro
20- Día Mundial da Infancia.
25- Día Mundial da non violencia contra as Mulleres.
Decembro
3- Día Internacional dos Discapacitados.
6- Día da Constitución Española.
10- Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Segundo trimestre
Os valores para este trimestre xiran en torno a Medrar no mundo.
As palabras seleccionadas son: paz, diversidade, traballo en equipo,
xustiza, liberdade, solidariedade, integración.
As conmemoracións máis salientables son:
xaneiro
30.- Día Mundial da Paz.
Febreiro
21- Día Internacional da Lingua Materna.
Marzo
27- Día Mundial do Teatro.
Terceiro trimestre
Para finalizar trataremos de Medrar en conciencia ecolóxica.
Palabras seleccionadas: ecoloxismo, reciclaxe, urbanidade,
responsabilidade, positividade, respecto pola natureza, compromiso,
consumo responsable, sostenibilidade.
Conmemoracións que nos poden interesar:
Abril
23- Día Internacional do Libro.
Maio
17- Día das Letras Galegas.
21- Día Mundial da Diversidade Cultura..
Xuño
5- Día Mundial do Medio Ambiente.
Cada ciclo escollerá aquelas palabras que lle resulten máis atractivas
para traballar cos alumnos. Abondará con poucas palabras (3 ou 4) para
participar.
Podedes tamén colaborar aportándonos outras palabras que tamén vos
parezan importantes.
En pouco tempo a biblioteca repartirá un listado de libros e coleccións por
trimestres que se relacionen co proxecto. Tamén aquí admitimos con moito
agrado a vosa valiosa cooperación.
Procurarase que se traballe a resolución de conflitos que se solucionarán
con esa palabra. Se non hai conflito pódeno imaxinar eles e ver como se
solucionaría.
Tamén pensamos que as páxinas do calendario que se vai elaborar no
colexio deberan inspirarse nas palabras a traballar.
Esperamos que o tema vos resulte motivador e agardamos a vosa
colaboración no desenrolo do proxecto, profes e familias, para a súa
consecución a través do cal sementaremos entre todos o xerme da
tolerancia.
Grazas pola vosa implicación.
Un bico:
Bulebule.
Recommended