View
238
Download
8
Category
Preview:
DESCRIPTION
Â
Citation preview
MEMORIA DABIBLIOTECA ESCOLAR
CURSO 2012-13C.E.I.P. A MAÍA
BERTAMIRÁNS - AMES
...GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Aínda que os obxectivos propostos para este curso que remata foron acadados dun xeito
global, vémonos na obriga de resaltar as grandes dificultades coas que loitamos no dia a dia.
É certo que durante este ano escolar dispuxemos de algunha sesión mais para adicarlle á
biblioteca pero tamén que durante os recreos contamos con unha persoa menos para atender
aos múltiples servizos que ofrecemos durante os mesmos. Sempre temos a sensación de que
falta moito por facer para unha consecución total destes obxectivos. A biblioteca continuou
funcionando en todos os ámbitos nos que xa o viña facendo, habendo unha maior presencia do
préstamo informatizado posto que xa rematamos a catalogación dos fondos de ficción. Isto
axiliza e facilita moito a xestión e o control dos recursos. Neste aspecto, destacamos a alta
participación de todo o alumnado, especialmente de 1º e 2º ciclos. Durante os recreos
prestáronse 1265 volumes de xeito manual e 527 de xeito informatizado.
Iniciamos o uso do servidor do Centro como canle de formación de usuarios tanto para o
profesorado como para o alumnado; obxectivo que prentendemos continuar e ampliar na
medida do posible nos vindeiros cursos.
Puxemos en marcha a elaboración dos Itinerarios Lectores coas aportacións dos distintos
ciclos, coa finalidade de que vaian medrando e mudando ao longo do tempo.
Impulsamos a posta en marcha de amadriñamentos
lectores entre distintas aulas, de xeito puntual ou
periódico.
Coa partida extraordinaria para gastos de
mobiliario recibida durante o curso e a
aportación do Centro remodelamos a zona de
pre-lectores.
Tamén reorganizamos a zona de prensa para unha mellor accesibilidade ás
revistas.
1. HORARIO REAL DO RESPONSABLE DA BIBLIOTECA E
DO EQUIPO
A persoa responsable da biblioteca tivo este curso, tres sesións semanais de adicación
exclusiva á mesma. Ademáis de ser claramente insuficiente para un Centro tan grande, hai
que ter en conta que o resto do seu horario lectivo constou de 18 sesións de docencia
directa cos alumnos, tendo que desprazarse a dous edificios independentes e cun elevado
número de alumnos nas oito aulas onde imparte clase. Todo isto da unha suma de arredor
de 200 alumnos e alumnas, coa conseguinte carga de traballo que isto conleva (atención a
pais e nais, preparación de clases, atención á diversidade, corrección de cadernos,
avaliacións, etc.).
Debido ás múltiples varables que interveñen na organización dos horários nun Centro
tan grande é moi complicado conseguir que nunha sesión semanal coincidamos un
número significativo de integrantes do Equipo para coodinar, dinamizar e avaliar as
distintas actividades propostas.
No resto do Equipo só unha persoa conta con dúas sesións adicadas á biblioteca ainda
que, en casos esporádicos, outras necesidades do Centro requeriron da súa presenza
(substitucións de compañeiros e compañeiras ausentes).
2. IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE
EDUCATIVA
O uso da biblioteca escolar como centro de recursos fundamental na vida do
colexio é un reto a alcanzar a longo prazo pois son moitos os cambios, o traballo e o
tempo que esto implica. A pesares desta dificultade, acadamos un grao de
participación importante tanto do profesorado como do alumnado. O conxunto de
servizos, actividades e recursos que oferta a Biblioteca permiten diversos niveis de
participación, e tentan dar resposta a unha ampla variedade de intereses.
Cada titoría ten asignada unha sesión semanal. Ademáis os alumnos e alumnas
poden vir durante os recreos para coller libros prestados, ler na sala, facer deberes,
facer uso dos ordenadores e televisores, disfrutar de xogos de mesa, etc. Polas
tardes ofrecemos os mesmos servizos agás o uso do material multimedia e o
empréstito de libros. Logo están as exposicións periódicas e as actividades
puntuais, nas que a participación tamén adoita ser alta.
3.ACTIVIDADES
Actividades permanentes relativas ao funcionamento da Biblioteca
Préstamo de libros ao alumnado durante os recreos. O profesorado tamén retirou da
biblioteca, en préstamo temporal, todos os exemplares que necesitou, tanto para as Mochilas
Viaxeiras coma para seren utilizados nas aulas, na Hora de Ler ou en relación aos temas
curriculares que estean traballando.
Utilización dos diversos espazos e materiais multimedia durante os recreos: ordenadores,
vídeo, audio, ludoteca, prensa, lectura individual e en grupo. Os alumnos de 3º ciclo seguiron
implicándose nas tarefas de colocación de libros e mantemento do orden nos recreos. O
chamado Contrato de Axudantes segue a ser un elemento estimulante coa finalidade de
explicitarlles por escrito os termos da súa colaboración, facendo que se sintan máis
implicados/as. O mesmo efecto ten a entrega dun diploma de participación e agradecemento
así como algún agasallo a finais de cada curso. Asesoramento ao profesorado para a selección
de materiais para as Mochilas Viaxeiras e para a súa práctica docente, así como recollida
das súas suxestións para adquirir o material que consideren oportuno.
Actualización de fondos: Adquirimos novos fondos en formato impreso e
dixital, procurando incluír títulos de interese dentro da literatura infantil
e ampliar tamén a sección de libros informativos, tentando acadar um
equilibrio entre as dúas linguas oficiais da nosa comunidade. As novidades
adquiridas continúan sendo expostas primeiro na sala de profesores e
despois nun expositor específico na Biblioteca antes de ocupar o lugar
correspondente.
Xestión de equipos informáticos e audiovisuais.
Labores de mantemento e catalogación: neste aspecto sempre avanzamos
máis lentamente do que nos gustaría. Cremos que remataremos o curso
acadando a cifra de 4600 volumes catalogados dun total de aproximadamente
8000.
Con respecto ao Proxecto Lector
Mochilas Viaxeiras: foi levada a cabo este curso por todo o alumnado de Primaria.
Esta iniciativa foi de novo valorada moi positivamente polos pais/nais e o alumnado,
como queda reflectido nos Cadernos Viaxeiros,
Hora de Ler: como novidade, e de xeito experimental, cambiouse o horario con
respecto ao curso anterior. En lugar de desenvolverse durante os vinte minutos antes
do recreo, organizouse xusto despois do mesmo. A valoración foi moi positiva pola
meirande parte do profesorado pois fomentou a relaxación dos nenos e nenas antes de
retomar ás últimas sesións de clase da mañán e facilitou un mellor aproveitamento
deste tempo de lectura.
Animación á lectura: gran parte da actividade da Biblioteca vai orientada a esta
finalidade, pero ímonos referir neste punto ás accións orixinadas e realizadas nas
titorías e outros Equipos docentes, en torno ao coñecemento dalgúns escritores e
ilustradores. Dende a Biblioteca achegamos a bibliografía existente, adquirimos en
ocasións novos volumes e colaboramos na ambientación do espazo. Todos eles deixan
a súa adicatoria no libro de visitas da biblioteca (anexo III), e, ás veces, algunhas
ilustracións tanto para a biblioteca como para as aulas. (Desde aquí o noso
agradecemento pois os alumnos/as valórano moito.)
Care Santos, co
alumnado de 3º
curso.
Anxo Moure, co
alumnado de 1ºcurso
de Primaria.
Inacio Vilariño para Infantil.
Abraham Carreiro, cos nenos
e nenas de 6º curso.
Jacobo Fernández Serrano
para o 2º curso.
Tamén contamos coa aportación do departamento de Lingua estranxeira con distintas
sesións de contacontos e animación á lectura (neste caso en inglés), para o alumnado de
1ºciclo e de 6º de primaria, respectivamente.
En colaboración co Departamento de Música, tivo lugar na biblioteca unha
sesión de achegamento ao mundo da ópera a cargo do profesor José Mª Miranda
para o alumnado de 4º de primaria. Con esta sesión pretendeuse non só traballar
a ópera a nível musical, senon utilizar a actividade como motivación para a
lectura e escoita de libros-cd sobre esta temática.
Outras actividades de fomento da lectura e dinamización dos recursos
•Realizamos unha exposición permanente en torno ao lema do curso “A saúde do noso
contorno, a nosa saúde”, con libros e DVD relativos á saúde, deporte, hábitos hixiénicos,
medio ambiente, contaminación, reciclaxe.etc. ademáis de todas as relacionadas con
celebracións habituais do calendario escolar:
Día das Bibliotecas
O Samaín
o Nadal
a Paz
o Entroido
Día de Rosalía de Castro
as Letras Galegas
No Samaín, organizamos unha serie de lecturas co medo como tema principal, que
tiveron lugar durante os recreos e realizaron nenos e nenas de distintos cursos. Especial
seguimento tivo a lectura de “Adiviñas monstruosas” de Gloria Sánchez, por parte do
alumnado de 4º para o 1º ciclo pois repartíronse agasallos para os acertantes das
mesmas.
Para conmemorar o Día da Paz, fixemos unha selección de lecturas axeitadas aos
distintos niveis que recorreu todas as aulas de Primaria nun carriño adaptado para tal
fin. Debido a que a “viaxe” se prolongou no tempo, este “carriño da paz” converteuse en
“carriño da paz e do amor” por coincidir co dia dos namorados. Deste xeito non só
adaptamos os fondos aos nenos maiores, senón que engadimos libros con esa temática.
Promovimos a realización de “amadriñamentos lectores” entre as distintas aulas.
Enfocamos a actividade dando duas opcións: amadriñamentos puntuais onde o
profesorado preparou determinadas lecturas dramatizadas e as representou nas aulas de
Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, e amadriñamentos estables onde se emparellan
duas aulas e durante todo o curso comparten lecturas e actividades diversas.
En torno ao mes de abril, e seguindo o exemplo e a experiencia doutros Centros
integrados no PLAMBE, organizamos un mercadillo solidario de libros usados,
consistente no intercambio de libros procedentes do expurgo da biblioteca e das aulas,
por material escolar.
A actividade tivo unha grande acollida e participación tanto por parte do
profesorado como do alumnado e de toda a comunidade educativa. O material
recadado foi doado a Cáritas. A actividade supuxo unha grande inversión de tempo,
pois ademais da preparación do posto e a selección de libros, establecimos horarios
para os distintos grupos e adaptamos os materiais expostos ás idades dos nenos que
acudían ao mercadillo cada día.
Nun centro tan grande á organización previa destas actividades é fundamental para
acadar os obxectivos propostos.
O material recadado foi doado a Cáritas
Actividades de formación de usuarios
Como cada ano, ao comezo deste curso, os alumnos e alumnas de 3ºciclo que quixeron ser
axudantes da biblioteca durante os recreos, asistiron a unhas sesións de formación para
lembrar a distribución espacial da biblioteca, a colocación dos fondos, as normas de uso...etc.
Isto axúdalles a asesorar a outros compañeiros, recolocar os libros devoltos e manter as
estanterías en orden. Éste ano completamos as explicacións con presentacións en formato
dixital para un mellor entendemento e aproveitamento das sesións de formación, que tiveron
lugar durante dúas semanas na Hora de Ler, para non interferir nas outras materias.
Os axudantes da biblioteca co diploma de colaboradores
Durante o mes de setembro, co alumnado de 1º de Primaria realízanse visitas guiadas á
biblioteca nas que reciben información detallada e explícita da distribución dos fondos, das
normas e do funcionamento do préstamo nos recreos, facéndose un pequeno simulacro sobre
o mesmo. Desta maneira pasan a ser usuarios autónomos durante os recreos, posto que en
Infantil poden facer uso dos servizos da biblioteca acompañados do profesorado, pero non
levar libros prestados á casa.
Como mencionamos anteriormente, comenzamos a utilizar o servidor do
Centro como medio de transmisión de información e coñecemento para o
profesorado, e, en consecuencia, para o alumnado. Deste xeito, elaboramos unha
guia de uso sobre as búsquedas no catálogo de Meiga. Isto empeza a ser útil na
medida en que as tarefas de catalogación van avanzando tímidamente. A idea é
continuar explotando este medio privilexiado e útil con máis formación de
usuarios e usuarias en cursos vindeiros.
4. PRODUCIÓN DE MATERIAIS
Guías de lectura: Elaboramos unha guía de lecturas de medo e Samaín; unha guía de
Nadal que foi entregada en papel ao alumnado ; unha guia de libros de Paz, amor e
amizade; unha guia de lecturas de Medio Ambiente, co gallo do Día Internacional do Medio
Ambiente; e unha guía de verán que será difundida a través da revista escolar.Todas estas
guias foron publicadas no blog e algunhas delas proxectadas na televisión da entrada do
colexio.
Elaboración do libro das lecturas do verán. Ésta actividade implicou a todo o
alumnado de Primaria. En setembro, e como inauguración das actividades propostas
pola biblioteca, repartimos unhas plantillas con forma de folla de árbore, para que os
alumnos e alumnas escribiran o nome do seu libro preferido lido no verán. Decoraron
as follas e, posteriormente, expúxemolas nunha árbore na entrada do colexio e nos
corredores: fixemos a árbore dos libros lidos no verán. Finalmente, elaboramos o libro
das lecturas do verán con todas as follas do colexio. Todos os alumnos e alumnas
tiveron a oportunidade de ver o resultado do seu traballo e os libros preferidos dos
compañeiros porque o libro elaborado percorreu todas as aulas. Esta actividade engloba
o fomento da lectura a través das recomendacións dos rapaces, o gusto polo traballo
colaborativo, a competencia en comunicación lingüística,artística, etc.
Mantemento do blog da Biblioteca: www.biblioceipamaia.blogspot.com ,
iniciado hai dous anos, acadou neste un grande desenvolvemento. Para fomentar a súa
difusión o enderezo do blog está exposto en varios cartaces ao longo dos corredores do
Centro, tanto no edificio de infantil como de Primaria. Neste senso, e para difundir máis as
actividades da biblioteca, habilitamos un taboleiro no 1º andar, onde figuran listados de
alumnado colaborador (motívaos moito), das quendas de uso dos equipos multimedia nos
recreos, e as diversas actividades programadas.
5. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN
Durante este curso participamos nas seguintes:
Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia:
Francisco Varela Núñez.
Rosa García Garrido.
Dolores Corujo Martínez.
Pilar Munín Cajade.
Mª del Carmen Fontenla Armadá.
Educación Documental I:
Rosa García Garrido
Mª del Carmen Fontenla Armadá
Encontros dos Centros integrantes no PlAMBE
Mª del Carmen Fontenla Armadá.
6.AVALIACIÓNRealizamos unha avaliación continua a fin de ir coñecendo o grao de consecución dos
obxectivos e tomar as medidas correctoras necesarias durante a realización das actividades,
diagnóstica para coñecer se o que facemos se orienta aos obxectivos previstos e final que nos
permita correxir posibles erros e futuras actuacións.
Este ano, como novidade fomos quen de realizar unha enquisa da valoración sobre o
funcionamento da biblioteca. A idea é ir poco a poco elaborando enquisas para a toda a
comunidade educativa para ir analizando os resultados e utilizando as conclusións para
mellorar os aspectos que fagan falta. Como primeiro paso, este curso escollimos un grupo de
alumnos por ciclo de Primaria, concretamente un grupo de 2º, outro de 4º e outro de 6º . Os
resultados e conclusións aparcen no anexo VII.
En conclusión, valoramos positivamente:
o grao de consolidación que presenta o funcionamento da biblioteca.
a estabilidade que presenta o Equipo de Dinamización da mesma, con profesorado definitivo e
que perdura no tempo, na súa meirande parte.
a participación dos usuarios e usuarias nas diversas actividades.
que a pesar da gran cantidade de alumnos e alumnas que acuden á biblioteca conséguese
manter un certo clima lector e un ambiente bastante agradable.
que damos por finalizada a catalogación dos fondos de ficción o que nos da pé para centrarnos
nos fondos de divulgación (catalogación, reorganización da zona, sinalización da mesma…), así
como a axilizar as labores de préstamo, a mellorar o control dos fondos, a facilitar as búsquedas
no catálogo, etc.
que puxemos e marcha os
itinerarios lectores e
empezamos a experimentar cos
amadriñamentos entre aulas.
Ao mesmo tempo a valoración doutros aspectos non é satisfactoria, pois recoñecemos:
que temos dificultades para por en marcha dun xeito máis sistemático actividades de
formación de usuarios.
que cómpre mellorar a sinalización dos fondos, especialmente dos informativos.
que a privilexiada accesibilidade coa que conta a biblioteca desde o exterior ten as súas
contrapartidas, pois se convirte no patio cuberto de gran parte dos alumnos que sólo entran
nos recreos nos días fríos ou de choiva, coa conseguinte dificultade de manter os distintos
espazos cun mínimo de orden e un certo ambiente lector . Ademáis de que a afluencia de nenos
e nenas á zona de ludoteca aumenta considerablemente.
que en determinadas épocas do ano, os servizos ofertados vense mermados polo feito de
que outras necesidades do Centro requiren do uso deste espazo, pois unha característica
inherente ao lugar que ocupa esta biblioteca é que tamén cumple a función de salón de actos,
feito que asumimos como tal e non ten solución,
pero consideramos debe ser resaltado como
unha dificultade engadida neste apartado da
presente memoria. Algunhas das actividades
ou charlas que teñen lugar neste espazo, si
teñen relación coas funcións da biblioteca,
como lecturas en voz alta, representación de
contos, títeres, etc.
Sempre é máis o proxectado que o que damos feito, polo que queda unha grande satisfación
polo traballo realizado pero un certo sabor agridulce polo que queda por facer, especialmente
polo feito de rematar cada curso coa incertidume do que nos deparará o seguinte, con
respecto ao tempo que lle poderemos adicar a manter e ampliar os servizos da Biblioteca
Escolar.
É polo que, con respecto á Administración, queremos seguir insistindo na necesidade de
que se regule dunha vez por todas a figura do Responsable do Equipo da Biblioteca Escolar,
en canto a número de horas exactas que se lle deban conceder, para que ésta poida exercer as
múltiples funcións que se lle piden.
A pesares de todo o exposto anteriormente, valoramos positivamente o esforzo
económico que se está levando a cabo dende a Administración, a organización de xornadas,
encontros, cursos de formación e o apoio incondicional por parte da Asesoría de Bibliotecas, do
Equipo Directivo e de todo o profesorado, especialmente titores e titoras, pola implicación nas
actividades organizadas desde a Biblioteca e por facer de canle de comunicación entre este
Equipo e o alumnado, imprescindible nun Centro tan numeroso, sendo conscientes da gran
carga de traballo que recae moitas veces sobre as titorías. Tamén recoñecemos e agradecemos
a amplitude da comunicación e do intercambio de materiais que circulan entre as bibliotecas
escolares do PLAMBE.
7.PREVISIÓNS DE FUTURO
A modo de resumo as principias actuacións de cara ao vindeiro curso, que aparecen
pormenorizadas no Proxecto 2012/13, serían:
•Continuar coa catalogación dos fondos como base para a elaboración de actividades,
estadísticas, control máis eficaz e fluído do préstamo.etc.
•Seguir adquirindo fondos de xeito equilibrado e adaptado aos nosos/as alumnos/as.
•Seguir coordinando o Plan Lector e realizando actividades de fomento da lectura.
•Priorizar o deseño de actividades de formación de usuarios e educación documental.
•Seguir realizando tarefas de formación de alumnos/as do 3º ciclo para mellorar a
efectividade da axuda que prestan nos recreos.
•Continuar a elaboración dos Itinerarios Lectores e mellorar a súa difusión.
•Favorecer a realización de proxectos documentais.
•Promover algunha iniciativa que poña en contacto ao alumnado con outras bibliotecas.
•Repetir, se as circunstancias o permiten, o mercadillo solidario de libros usados.
•Manter vivo e actualizado o blog da biblioteca, dándolle maior difusión tanto entre o
profesorado como o alumnado e abrindo a posibilidade da súa participación a través dos
seus comentarios.
•Utilizar con mais intensidade os recursos cos que conta o Centro para aumentar a
presenza da Biblioteca no Centro (Servidor, televisión da entrada)
•Difundir con mais intensidade as actividades no foro do PLAMBE, para a súa publicación
posterior no blog da Asesoría.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
CEIP A MAÍA -BERTAMIRÁNS -AMES
Recommended