MEMORIA DE ACTIVIDAD - Agaxede XXIII... · 2018-12-05 · de accións solidarias. Actualmente, ......

Preview:

Citation preview

MEMORIA DE ACTIVIDAD

2

ÍNDICE

1. PRESENTACIÓN ........................................................................... 3

2. OBXECTIVOS.................................................................................. 4

3. DESENVOLVEMENTO

3.1. DESPRAZAMENTO URBANO ............................................... 5

3.2. ACTIVIDADES E XOGOS ....................................................... 9

3.3. MASTER CLASS.................................................................... 15

3.4. SORTEO DE REGALOS ........................................................ 16

4. VOLUNTARIOS ........................................................................... 17

5. COMUNICACIÓN ........................................................................ 20

6. DOSSIER DE PRENSA ............................................................... 21

3

1. PRESENTACIÓN

A Carreira Alternativa é unha actividade singular de natureza popular e

participativa que naceu en 1996, organizada pola Ente de Promoción

Deportiva "José María Cagigal" Asociación Española de Deportes para

Todos, entidade inscrita no Rexistro Deportivo do Consello Superior de

Deportes.

Na súa orixe trataba de manifestar o dereito de practicar a actividade

física e deportiva sen ningunha discriminación e nas súas distintas

edicións serviu como orador de diferentes reivindicacións e instrumento

de accións solidarias.

Actualmente, organizada por AGAXEDE consolidouse como unha das

ofertas deportivas tradicionais do calendario deportivo da cidade, xunto

co Día da Bicicleta, Día do Deporte na Rúa e o Miguelito de Judo, entre

outros.

Nesta edición, a XXIII Carreira Alternativa foi subvencionada pola

Deputación de A Coruña, contou coa colaboración de varias entidades

que realizan contribucións non monetarias, pero que contribúen

decisivamente á consecución dos obxectivos da actividade.

Coa finalidade de mellorar a seguridade desta actividade, José Luis

Gómez, un dos principais expertos europeos no ámbito da seguridade

en eventos, realizou unha auditoría da XXIII Carreira Alternativa.

4

2. OBXECTIVOS

● Conmemorar o Día Mundial contra a Obesidade.

● Concienciar aos cidadáns na defensa do dereito a un deporte

saudable, sen ningún tipo de discriminación, nunha sociedade

cada vez máis sedentaria que contribúe ao aumento alarmante da

obesidade.

● Celebrar unha xornada festiva e desburocratizada que se

caracteriza por permitir a participación e fomentar a integración

dos cidadáns de calquera condición, mediante un ocio activo

utilizando os espazos urbanos.

5

3. DESENVOLVEMENTO

3.1. DESPRAZAMENTO URBANO

A Carreira Alternativa é unha actividade de carácter gratuíto, que na súa

XXIII edición celebrada o 11 de Novembro de 2018, reuniu

aproximadamente 1500 participantes.

O desprazamento seguiu un itinerario urbano de 4´5Km, con saída ás

11 horas da praza de María Pita e rematando o recorrido no frontón de

Riazor. Nesta carreira está permitida calquera forma de desprazamento

sempre que sexa mediante o propio esforzo persoal ou dos

acompañantes e dicir, existe a posibilidade de ir andando, en bicicleta,

en patíns, correndo, en cadeira de rodas... Nesta carreira non hai que

chegar primeiro pois non se establece ningún tipo de competición máis

alá da que un realiza consigo mesmo, e por iso non se require inscrición

previa nin recoller dorsal.

Nesta edición, un ano máis tivemos a presenza de Fernando Romay,

voluntario de voluntarios en gran parte das edicións da Carreira, que foi

o encargado de dar o pistoletazo de saída.

Recorrido da XXIII Carreira Alternativa

7

Fernando Romay e Eduardo Blanco na saída de María Pita

8

Participantes saíndo de María Pita

Participantes facendo o recorrido entre María Pita e o frontón de Riazor

9

3.2. ACTIVIDADES E XOGOS

Unha vez finalizada a carreira no frontón de Riazor, os voluntarios

distribuíron as camisetas, ademais de Coca-Cola e auga Aquabona,

para continuar participando nas actividades distribuídas en estacións ao

longo e ancho da cancha do frontón. As actividades foron dinamizadas

mediante a locución do periodista Alberto Torres do periódico deportivo

Campeón.

A participación nas diferentes actividades foi estimulada coa entrega de

tíckets para o sorteo final de regalos.

As estacións de actividades foron as seguintes:

● Xogos alternativos (Mini-hockey /Lacrosse)

● Xogos de raqueta (Bádminton /Palas elásticas/ Indiacas)

● Exercicios hipopresivos

● Deslízate en patíns

● Medición da forza

● Zumba

● Iniciación á reanimación cardiopulmonar

● Ociobox

● Adestramento persoal

● Wushu

● Práctica deportiva adaptada

10

Actividade de Zumba

Estación de práctica deportiva adaptada

11

Estación de medición da forza

Vista xeral das actividades

12

Estación de Low Pressure Fitness

Estación de deslízate en patíns

13

Estación de xogos de raqueta

Estación de Ociobox

14

Estación de reanimación cardiopulmonar

Estación de adestramento persoal

15

3.3. MASTER CLASS

A actividade de peche nesta edición, consistiu nunha Master Class de

Low Pressure Fitness.

Master Class de Low Pressure Fitness

Master Class de Low Pressure Fitness

16

3.4. SORTEO DE REGALOS

A continuación, levouse a cabo o sorteo final de regalos entre os

participantes que foron doados polos nosos colaboradores: GADIS, JIM

SPORTS e BeOne.

Os regalos do sorteo foron entregados por:

→ Manolo Planas (Presidente da Federación Galega de Boxeo)

→ Eduardo Blanco (Presidente de Agaxede)

→ Fernando Romay (Vicepresidente de FAGDE)

→ José Luis Gómez Calvo (Experto en Seguridade)

Celebración do sorteo e entrega de regalos

17

4. VOLUNTARIOS

Para que esta actividade puidera levarse a cabo contouse coa

colaboración dos estudantes da Facultade de Ciencias do Deporte e a

Educación Física da UDC para dinamizar as actividades da Carreira

Alternativa, ademais de voluntarios de federacións, clubs, Protección

Civil e Policía Local. A todos eles o noso máis sincero agradecemento.

Estudantes da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC

Protección Civil de A Coruña con Eduardo Blanco e Fernando Romay

18

Voluntarios realizando cuestionarios de valoración a participantes

Voluntarios para a distribución de camisetas e refrixerio á chegada do desprazamento

19

Puzle XXIII Carreira Alternativa - 2018

20

5. COMUNICACIÓN

Durante os días previos ao desenvolvemento da Carreira Alternativa

repartíronse máis de 5.000 carteis e folletos explicativos da actividade.

A presentación oficial da carreira fíxose no Club Financeiro Atlántico, o 7

de Novembro de 2018.

Folleto XXIII Carreira Alternativa - 2018

Presentación oficial da Carreira, o 7 de novembro de 2018

21

6. DOSSIER DE PRENSA:

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

Recommended