View
221
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 1 de 15
Memoria final do departamento de
Relixión Católica
Curso 2017- 2018
IES A Xunqueira II.
Pontevedra.
Asdo. A xefatura de departamento.
Dª Olga López Míguez
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 2 de 15
Índice 1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas
motivacións. ............................................................................................................................................................................ 3
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores. ............................................... 4
3. Propostas para a revisión de: ......................................................................................................................................... 5
a. A programación didáctica para o curso seguinte. ...................................................................................................... 5
b. A concreción curricular. .............................................................................................................................................. 5
4. Funcionamento do departamento. ................................................................................................................................ 6
5. Composición do mesmo. ................................................................................................................................................ 6
6. Temas máis importantes tratados nas reunións. ........................................................................................................... 7
a. Setembro. ................................................................................................................................................................... 7
b. Outubro. ...................................................................................................................................................................... 7
c. Novembro. .................................................................................................................................................................. 8
d. Decembro. .................................................................................................................................................................. 8
e. Xaneiro. ....................................................................................................................................................................... 9
f. Febreiro. ...................................................................................................................................................................... 9
g. Marzo. ......................................................................................................................................................................... 9
h. Abril. .......................................................................................................................................................................... 10
i. Maio. ......................................................................................................................................................................... 10
j. Xuño. ......................................................................................................................................................................... 11
7. Informe de actividades complementarias e extraescolares. ........................................................................................ 12
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento
das competencias clave. ....................................................................................................................................................... 13
9. Libros de texto. ............................................................................................................................................................. 15
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 3 de 15
1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións.
As modificacións introducidas foron feitas na concreción para cada estándar de aprendizaxe
avaliable en canto a temporalización, así como no grao mínimo especificados nas rúbricas e
potenciar que, nos procedementos e instrumentos de avaliación, tivese preferencia a produción
dixital polos seguintes motivos:
Valoración das achegas dos alumnos na cooperación atendendo ás súas
necesidades para traballar en grupo na identificación de razóns, dende a posición
cristián, ante situacións reais ou supostas que se propoñen na clase.
Axudar aos alumnos para responder responsablemente os seus deberes, coñecer e
exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a
cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo,
afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre
mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse
para o exercicio da cidadanía democrática.
Agrupación dos alumnos de PMAR cos alumnos do grupo de referencia: Iso fai moi
difícil acertar nunha atención diversificada.
Incorporación de E-Dixgal polo que os alumnos de 1º ESO puideron acceder ós
contidos da plataforma.
O feito de mesturar grupos obriga a adaptar os estándares de aprendizaxe.
Que os alumnos estiveran facendo actividades complementarias e extraescolares doutras
materias fixo modificar a temporalización.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 4 de 15
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores.
En relación ás avaliacións do curso anterior os resultados son menos favorables.
Había dous alumnos de 2º ESO coa materia pendente e un deles non a recuperou.
Tamén sinalar que o alumno de 1º ESO en Atención domiciliaria acadou un resultado negativo.
En canto aos de 2º Bach que suspenderon foi porque abandonaron a materia tal como
fixeron con outras.
Os resultados para a materia de relixión, despois dalgunhas baixas no centro, foron os
seguintes para este curso 2017-2018:
Grupos Alumnos na materia Aprobados Suspensos
1º ESO A 10 10 0
1º ESO B 12 12 0
1º ESO D 28+1 en At. Domiciliaria 28 1
2ºA + 2ºPMAR 17 17 0
2ºB 20 20 0
2ºD 30 28 2
3º ESO A + 3ºPMAR 19 19 0
3º ESO B 18 18 0
3º ESO D 27 27 0
4º ESO A 22 22 0
4º ESO C+ 4ºESO D 26 26 0
1º Bach A+B 22 22 0
1º Bach D 11 11 0
2º Bach A+B+C 15 13 2
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 5 de 15
3. Propostas para a revisión de:
a. A programación didáctica para o curso seguinte.
Para o curso seguinte haberá que perseverar no esforzo de que os alumnos comprendan
mellor as tarefas a través de estándares de aprendizaxe e de que a avaliación non é só a nota
dun exame. De feito, na nosa materia a palabra “exame” xa non aparece.
Tendo en conta que unha sesión de cincuenta minutos por semana é moi pouco tempo,
haberá que seguir axustando os estándares de aprendizaxe á temporalización.
b. A concreción curricular.
Indicadores da concreción curricular:
1. Cumprimento da programación didáctica: Adecuada ás sesións e ás
concrecións metodolóxicas.
2. Informe aos alumnos dos criterios de avaliación e cualificación: Informe
total.
3. Informe os alumnos dos coñecementos mínimos: Si, por varias vías: nas
clases, nos taboleiros e na web do centro.
4. Selección dos estándares en función de cada grupo: Seguer axustándoa.
5. Programación das actividades segundo os contidos: Si.
6. Programación das actividades segundo os distintos grupos: Si.
7. Adopción de estratexias metodolóxicas diversas atendendo á diversidade dos alumnos: Na medida en que a mesturación de grupos o permita.
8. As relacións dentro da aula son correctas: Si, con algún caso de indisciplina
que afecta tamén a outras materias.
9. Fomento á colaboración entre os alumnos: Si.
10. Facilitar estratexias de aprendizaxe: Si.
11. Propoñer un plan de traballo antes de cada unidade: Si.
12. Utilizar medios audiovisuais e informáticos: Un 80%.
13. Aplicar os criterios de cualificación establecidos na programación: Si.
14. Seguir o plan programado para o fomento da lectura: Si, o establecido polo
Plan lector do centro máis o propia da materia segundo o establecido.
15. Corrixir e explicar os traballos e outras actividades: Sempre.
16. Informe do rendemento escolar dos alumnos: Sempre.
17. Informe do comportamento dos alumnos: Sempre.
18. Despois de valorar o aprendizaxe dos alumnos, plantexar no departamento propostas de mellora: As sinaladas anteriormente.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 6 de 15
4. Funcionamento do departamento.
Dado que o profesor D. Luis A. Seoane imparte clases en tres centros tivemos que adaptar
cada reunión semanal á única hora libre da que dispoñíamos en común.
As Actas redactadas atópanse no departamento de relixión nun A-Z destinado a tal efecto.
5. Composición do mesmo.
O departamento de relixión católica, neste curso 2017-2018, estivo composto polos
profesores D. Luis Antonio Seoane Ares (que tamén da clases noutros dous centros) e Dª Olga
López Míguez (que é xefa de estudos) que impartiron clases segundo a táboa seguinte:
Grupos Profesorado
1º ESO A Olga López Míguez
1º ESO B Olga López Míguez
1º ESO D Olga López Míguez
2ºA + 2ºPMAR Luis A. Seoane Ares
2ºB Olga López Míguez
2ºD Luis A. Seoane Ares
3º ESO A + 3ºPMAR Luis A. Seoane Ares
3º ESO B Olga López Míguez
3º ESO D Luis A. Seoane Ares
4º ESO A Luis A. Seoane Ares
4º ESO C+ 4ºESO D Luis A. Seoane Ares
1º Bach A+B Luis A. Seoane Ares
1º Bach D Luis A. Seoane Ares
2º Bach A+B+C Olga López Míguez
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 7 de 15
6. Temas máis importantes tratados nas reunións.
a. Setembro.
A) TEMAS TRATADOS: Estudamos os desaxustes de listas e de horarios esperando a que se estabilicen os
cambios e a incorporación de novos alumnos ao centro.
B) DECISIÓNS ADOPTADAS: Xa que o profesor Luis Seoane comparte tres centros e a profesora Olga
López é xefa de estudos acordamos que a reunión deste Departamento será os luns ás 13:20 horas.
Todos os alumnos terán un caderno en papel ou dixital.
En 1º ESO usaremos os materiais de E-Dixgal no momento en que os alumnos dispoñan do seu portátil.
Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases https://religente.wordpress.com
Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas coas que se valorará o blog do alumno
(sexa individual ou colaborativo)
b. Outubro.
A) TEMAS TRATADOS:
1. Tivemos as probas de avaliación inicial do 9 ao 11 de outono.
2. Notamos que os alumnos veñen, despois do verán, coma se unha goma de borrar eliminara o
adquirido durante o curso pasado.
3. Detectamos que bastantes alumnos veñen con maior competencia nas novas tecnoloxías.
4. O día 20 de novembro é o Día Universal da Infancia e o día 25 é o Día internacional contra a
violencia de xénero.
B) DECISIÓNS ADOPTADAS
1. Antes de comezar coa programación deste curso vemos preciso facer un repaso de cousas
elementais do curso pasado.
2. Axudar aos alumnos a usar correctamente a rede axundándolles a coñecer os perigos de Internet así
como as súas vantaxes.
3. Colaboramos coa Vicedirección do centro pasándolle ós alumnos de 1º ESO as fichas sobre
“Inventario de intereses” e “Mellora nas técnicas de estudo”.
4. Na penúltima semana de novembro traballaremos cos alumnos o Día Universal da Infancia e o Día
internacional contra a violencia de xénero.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 8 de 15
c. Novembro.
A) TEMAS TRATADOS:
1. Os alumnos que teñen esta materia de relixión pendente non mostran sinais de querer
recuperala pois pasaron curso por imperativo legal e non se dedican a estudar en ningunha materia.
2. Ter en conta que no mes de decembro será a Semana da Constitución e do estatuto de Autonomía
de Galicia, así como o Día internacional das persoas con discapacidade e o Día da Declaración
universal dos Dereitos Humanos.
B) DECISIÓN ADOPTADAS:
1. Falar cos alumnos que teñen esta materia pendente para facilitarlles a motivación e a recuperación
de cara á convocatoria das probas oficiais.
2. Agora que xa coñecemos un pouco máis aos alumnos de 1º ESO decidimos que este curso non
faremos con eles a saída á Catedral de Santiago porque detectamos que sería un risco innecesario
por mor do seu comportamento. Haberá que esperar a que maduren un pouco e teñan máis
disciplina no centro.
3. Usar as efemérides sinaladas para ir avaliando de cara á primeira avaliación no próximo mes.
d. Decembro.
A) TEMAS TRATADOS:
1. Ten sido un mes que pasou rapidamente polas pontes de festivos. Notamos que unha única sesión
por semana non é suficiente para levar a cabo a programación. A síntese relacionada coa
Constitución, co Estatuto de Autonomía de Galicia e coa Declaración Universal dos Dereitos
humanos tivemos que facela de xeito excesivamente curta.
2. No positivo fixemos aplicación moi práctica das dimensións persoal e social da participación activa.
B) DECISIÓN ADOPTADAS:
Adaptar as programación aos diversos niveis dos nosos alumnos facendo que sexa
prioritaria a fidelidade ao alumnado fronte a fidelidade a excesiva e longa programación do
currículo.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 9 de 15
e. Xaneiro.
A) TEMAS TRATADOS
1. Ao volver das vacacións do Nadal facemos referencia á Paz preparando as actividades pois o día 30 é
o día escolar da non violencia e da Paz.
2. De cara ao próximo mes axudar a tomar conciencia de que a alimentación, a sanidade, a educación,
a cultura básica e os dereitos humanos fundamentais son temas que afectan a todo ser humano e
non poden ser ignorados ou desprazados en función de outros intereses.
B) DECISIÓNS TOMADAS
1. Dar a coñecer a O.N.G. “Mans Unidas”. En que circunstancias e con que proxectos nace. Empezar a
animar aos alumnos para que participen en “clipmetrajesmanosunidas”.
2. Atención especial á xornada educativa da Campaña contra a fame no mundo, tendo en conta os
materiais ofrecidos desde a delegación de Mans Unidas.
f. Febreiro.
A) TEMAS TRATADOS
1. O próximo día 8 de marzo será o Día internacional da muller.
2. Día mundial dos dereitos do consumidor.
3. Do 5 ao 9 de marzo: Semana da prensa.
B) DECISIÓNS ADOPTADAS
Ter en conta eses días adaptándoos aos estándares de aprendizaxe.
g. Marzo.
A) TEMAS TRATADOS:
1. O 7 de abril será o día mundial da saúde.
2. Do 23 ao 27 de abril: Será a Semana do Libro e tamén a Semana da Música no noso centro.
B) DECISIÓNS ADOPTADAS:
1. Axudar aos alumnos a reflexionar sobre o respecto ao propio corpo (Non adicións, non alcohol, non
correr riscos innecesarios).
2. Mostrar que a Biblia é o libro por excelencia. Repasar acerca dela.
3. Facer un breve percorrido pola música sacra mostrando a beleza do relixioso na expresión artística.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 10 de 15
h. Abril.
A) TEMAS TRATADOS:
1. O próximo 9 de maio será o Día de Europa.
2. E do 14 ó 19 de maio: Semana das Letras galegas.
B) DECISIÓNS TOMADAS:
1. Participar en todo momento nas efemérides sinaladas aportando desde a nosa materia os valores
comúns coas outras materias que fan actividades complementarias neses días.
2. Analizar o drama dos inmigrantes e refuxiados situando os países dos que proceden e os países a
onde desean chegar e os motivos.
3. Dar a coñecer algún ámbitos de acollida para inmigrantes e refuxiados, tales como Comunidade de
Taizé – Francia, Diocese de Tanxer (P. Agrelo), Padre Pateras ( P. Isidoro Macías) en Andalucía ou
tamén https://www.accem.es
i. Maio.
A) TEMAS TRATADOS:
1. O luns pasado día 21 remataron as clases de 2º Bacharelato. Neste nivel había 15 alumnos con
unha actitude moi positiva cara a materia, agás dous alumnos que polas súas situacións persoais
acabaron abandonando.
2. No resto dos niveis nótase que as actividades complementarias e os exames influen no
desenvolvemento cotián do currículum.
B) DECISIÓNS TOMADAS:
1. Para o próximo curso será moi necesario que as actividades do departamento de relixión as
fagamos no primeiro trimestre.
2. Como o próximo día 5 de xuño será o Día mundial do medio ambente teremos en conta o
coidado da Terra e incidiremos nos temas de Deus Creador. A compatibilidade ciencia-fe.
3. Colaborar con Aldeas Infantiles a través das enquisas propostas polo departamento de Lengua
Castellana no blog http://titoogando.blogspot.com/2018/05/encuesta-para-adolescentes.html
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 11 de 15
j. Xuño.
A) TEMAS TRATADOS
1. Traballamos especialmente o Día Mundial do Medio o 5 de xuño usando o blog
2. https:// antesdequeseatarde2018. blogspot. com.es/ para unha campaña de concienciación
sobre o cambio climático, que se realiza de maneira altruísta e que utiliza o estupendo
documental de Leonardo Dicaprio. Todo gratuíto grazas á colaboración de FOX e National
Geographic.
B) DECISIÓNS ADOPTADAS
1. Informar do contido ecolóxico nos documentos eclesiais como chamada forte á
responsabilidade.
2. Axudar a comprender como asume a fe cristiana a responsabilidade ecolóxica e que significa
falar do Evanxelio da creación.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 12 de 15
7. Informe de actividades complementarias e extraescolares.
Decidimos non facer a visita á Catedral de Santiago de Compostela nin o paseo polos
tellados debido a que detectamos que os alumnos que chegaban a 1º ESO non viñan coas
disciplinas necesarias para asumir os riscos da viaxe.
Realizamos a visita á Basílica de Santa María de Pontevedra con resultados altamente
satisfactorios: Os alumnos aproveitaron notablemente o acompañamento e ensinanzas do
párroco e desfrutaron de estancias que, habitualmente, están pechadas ao público.
Realizamos o traballo de análise da sociedade pontevedresa: Todos os alumnos de
relixión durante as clases traballaron para identificar os principios da doutrina social da igrexa
presentes nos valores democráticos e cidadás.
Colaboramos coa campaña contra a Fame de Mans Unidas que axuda a erradicar a
pobreza extrema: Dentro do tema dos valores (austeridade, gratuidade e sinxeleza) os alumnos
descubren que noutras partes do mundo as condicións de vida son moito peores que as nosas.
Participamos nas actividades complementarias do Club de Lectura do centro así como na
Semana da Música e en todas os proxectos de Vicedirección nos que foi solicitada a nosa
participación.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 13 de 15
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.
Integración das TIC na práctica docente:
Neste curso 2017-2018 incorporáronse a E-Dixgal os alumnos de 1º ESO con resultados
altamente satisfactorios na súa motivación e nas súas tarefas.
No resto dos niveis tamén todos os alumnos de relixión católica ven sumamente integradas
as TIC na materia pois parte dos contidos son dixitais e moitos dos traballos de clase fanse nas
aulas TIC e nas aulas de informática. Así:
• Aula Virtual do centro.
• Creación de blogs unipersoais e colaborativos.
• Actividades de webs de relixión.
• Páxinas da igrexa católica e doutras igrexas.
• Páxinas con contidos bíblicos e/ou textos de valores universais.
• Voluntariado e labor social da igrexa, webs de ONGS.
• Historia e valores da nosa terra.
• Traballos e actividades de clase foron enviados e corrixidos no correo electrónico.
En canto ao fomento da lectura:
Colaboración e participación nas actividades organizadas pola Biblioteca do centro:
enquisas, exposicións, consulta de libros e crítica construtiva de artigos.
Traballamos na clase con exercicios e prácticas de comprensión lectora da Biblia e dos
seus xéneros literarios, preguntas sobre o lido, extracción da idea principal e realización de
sínteses escritas ou exposicións orais do texto traballado. En xeral, na clase de relixión son
frecuentes as lecturas e exposicións de ideas e opinións persoais así como a interpretación de
murais ou distintos traballos realizados polo alumno que contribúen ao desenvolvemento da
comprensión dos escritos e á expresión oral.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 14 de 15
Desarrollo das competencias clave:
A materia de relixión católica contribúe o desenvolvemento das sete competencias clave:
1. O currículo de relixión católica válese dos elementos cristiáns presentes na contorna do
alumnado, das imaxes e símbolos, da linguaxe e outros recursos, para a comprensión da
relixiosidade propia de cada etapa evolutiva. Desenvólvese así a competencia en comunicación
lingüística (tanto na expresión oral como na escrita).Ademais o ensino relixioso católico na
escola sérvese da linguaxe académica e das linguaxes que conforman a cultura. O diálogo da fe
coa cultura contribúe á competencia en comunicación lingüística do alumno en relación cos
estándares de aprendizaxe.
2. O ensino relixioso tamén contribúe á competencia matemática ó axudar a que o alumno
relacione datos da Biblia coa historia, contabilice expresións de cifras e use estatísticas para a
descrición e a análise da realidade social.
3. O ensino relixioso axuda a desenvolver a competencia dixital integra as TIC para o tratamento da
información, para a súa obtención e selección crítica. É unha materia na que teñen un
importante papel os recursos tecnolóxicos ao alcance de estudantes e profesores, pois facilitan o
traballo tradicional e ofrecen novas aplicacións.
4. O ensino da relixión contribúe á competencia de aprender a aprender fomentando a atención,
memoria, experiencia, o impulso do traballo en equipo, a síntese da información e opinión. Fai
aos alumnos protagonistas da súa propia aprendizaxe como resposta á vontade de Deus de que o
ser humano colabore activa e libremente co plan divino.
5. A relixión favorece o desenvolvemento de competencias sociais e cívicas por a súa insistencia de
virtudes cívicas para o ben común da sociedade. Educa a dimensión moral e social da persoa,
favorecendo a corresponsabilidade, a solidariedade, a liberdade, a xustiza e a caridade.
6. A competencia do sentido de iniciativa e espírito emprendedor desenvólvese no estudante
partindo do verdadeiro coñecemento de si mesmo, das súas potencialidades, da súa dignidade e
do seu sentido. A formación relixiosa católica aporta á devandita competencia unha cosmovisión
que dá sentido á vida, á cultura e á identidade da persoa humana.
7. A relixión católica aporta á conciencia e expresións culturais o significado e valoración crítica de
tantas obras da nosa contorna, motivando o aprecio pola propia cultura galega e a estima
adecuada doutras tradicións culturais e relixiosas.
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.es
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 15 de 15
9. Libros de texto.
A novidade deste curso 2017-2018 foi o emprego de E-Dixgal cos alumnos de 1º ESO.
Aínda que os portátiles non chegaron ata case rematado o segundo trimestre polo que en vez de libros
de texto os alumnos foron acadando todo o necesario cos apuntamentos que lles proporcionaron os
profesores e algúns materiais no blog http://religente.wordpress.com
así como noutras webs contidas en http://www.ciberiglesia.net/red/clase-religion.htm
Cando foron necesarios, usáronse os libros de texto que hai no Departamento e que,
prioritariamente, foron os seguintes:
En 1º E.S.O: VV.., Religión Católica 1, Ithiel, Ed. Edebé, 2010, ISBN 978-84-236-6358-3
En 2º E.S.O: VV., Religión Católica 2,Ithiel, Ed. Edebé, 2011, ISBN 978-84-236-9916-2
En 3º E.S.O: VV., Religión Católica 3,Ithiel, Ed. Edebé, 2010, ISBN 978-84-236-7838-9
En 4º E.S.O: VV., VV., Religión Católica 4,Ithiel, Ed. Edebé, 2011, ISBN 978-84-236-9968-1
En 1º Bacharelato : CORTÉS J., CASTAÑO G. “Relixión Católica-Bacharelato”
de Ed. SM-PPC. ISBN 978-84-675-9864-3
En 2º Bacharelato: o mesmo que en 1º de Bacharelato.
Recommended