View
244
Download
13
Category
Preview:
Citation preview
Santa Catalina de Montefaro
O convento de Santa Catalina de Montefaro, está situado nun sobranceiro
emprazamento da península de Bezoucos na parroquia de Cervás do
concello de Ares , a máis de 260 metros do mar. Constitúe uns dos
principais bens do Patrimonio Cultural da contorna, sendo o monumento
máis importante do Concello de Ares.
Algúns autores falan da presenza de construcións anteriores, mesmo da
Orde do Temple. Foi fundado cara o ano 1145 polo Conde Pedro de
Osorio, da casa dos Traba, pasando logo baixo o mecenado dos
Andrade.
Foi Fernán Pérez de Andrade, O Boo, quen no ano 1393 fundou sobre á
primitiva construción o que sería o Convento da Orde Terceira de San
Francisco, mediante documento asinado polo Arcebispo compostelán
Juan García Manrique, en Burgos.
O convento, foi un histórico centro de control eclesiástico dos monxes
franciscanos, sobre unha ampla zona estendida ata o Concello de Miño,
sufrindo sucesivas reformas entre os séculos XVI ao XVIII co engadido
de novos claustros e a construción dunha nova igrexa de nova pranta,
formada por unha nave única dotada dunha torre balconada e un
monumental escudo.
Trala desamortización de Mendizábal, o conxunto pasou no ano 1897 a
ser empregado polo Exército de Terra.
No seu interior, a penas conserva da súa primeira época, os restos dunha
magnífica portada con chapiteis historiados e arquivoltas apuntadas que
se apoia sobre columnas pareadas, con chapiteis de decoración
zoomórfica e pasaxes da vida de San Francisco.
A antigua igrexa conventual debeu ter planta de cruz latina, sustituida no
século XVIII por unha nave única con cuberta de bóveda de cañón sobre
arcos dovelados e lunetos sobre o altar maior.
O retablo que a preside de madeira estofada e policromada, reproduce
un esquema barroco con retoques posteriores.
Son tamén barrocos os dous claustros, con arcadas de medio punto
sobre fiestras rectangulares, entablamento dórico e columnata de
pilastras.
A torre de formas macizas, e coroa con balaustrada e cimborrio ten un
marcado carácter churrigueresco.
Unha figura zoomórfica, animal heráldico da casa de Andrade, emprázase
no exterior da capela.
Teñen tamén un gran interese as desleixadas e pouco coidadas pinturas murais renacentistas.
Ademáis dunha serie de restos arrombados por diferentes lugares deste edificio, cumpre significar o traslado ao Museo Arqueolóxico de San Antón na Coruña, dun conxunto de importantes pezas artísticas como son o escudo coa banda de Andrade, doelas, chapiteis, etc.
O convento de Montefaro foi cedido ao Concello de Ares. A Asociación Cultural “ Amigos del Monasterio de Santa Catalina” conseguiron que as dependencias do edificio se puideran visitar, pero sempre conservando a súa esencia.
Recommended