Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3...

Preview:

Citation preview

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

1

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e

Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas

GUÍA DO PRACTICUM

CURSO 2019-2020

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

2

1. INTRODUCIÓN

O Prácticum do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela está organizado en dous períodos:

a) O Prácticum I, de 4 créditos, orientado fundamentalmente a coñecer e interpretar a organización do centro educativo, os documentos en que se reflicte esa xestión, a relación do centro coa contorna e a implicación escolar dos distintos compoñentes que integran a comunidade educativa.

b) O Prácticum II, de 8 créditos, centrado máis directamente na especialidade de cada estudante e na adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área / módulo determinado ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa.

Todo o proceso de observación e intervención que se realice ao longo dos dous Prácticum debe ir acompañado dunha reflexión crítica e dunha interacción permanente coas persoas titoras para interpretar adecuadamente o que sucede no desenvolvemento desas tarefas.

Esta Guía recolle algunhas cuestións comúns ao Prácticum no seu conxunto (competencias, obxectivos, contidos, sistema de avaliación e participantes), e outras específicas de cada un (actividades, calendario, instrumento de avaliación e indicacións para a elaboración das memorias).

Cómpre ter en conta, en todo caso, que a Guía só ofrece un marco xeral de actuación para garantir unha homoxeneidade básica nos aspectos curriculares e nos criterios que deben rexer o desenvolvemento do Prácticum. As peculiaridades derivadas das distintas especialidades do Máster e das dinámicas singulares de cada centro educativo deben ser atendidas e concretadas no plan de actuación que elaboren cos estudantes os titores/as da universidade e de secundaria. 2. COMPETENCIAS

O Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.

O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:

- Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.

- Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.

Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias especificadas no título do Máster1, pero son específicas del as seguintes:

1http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/propostas_master_09_10/P3241_PROFESORADO_ES

O_BACHARELATO_FP_EI.pdf

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

3

a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.

b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.

c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.

d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.

e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.

f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias. 3. OBXECTIVOS

No seu conxunto, o Prácticum oriéntase á adquisición dos seguintes obxectivos:

- Coñecer as características do centro educativo, así como a súa estrutura organizativa e funcional.

- Analizar o contexto socioeconómico e cultural no que se insire o centro, a súa relación con institucións ou entidades extraescolares e a súa implicación en dinámicas da contorna.

- Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.

- Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.

- Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas tanto a nivel de centro como de área, módulo ou especialidade mediante a colaboración co titor/a/ nas súas funcións profesionais.

- Planificar, desenvolver e avaliar co asesoramento da persoa titora un proceso de intervención educativa no ámbito da especialidade. 4. CONTIDOS E ACTIVIDADES

O Prácticum I e o Prácticum II teñen unha función complementaria na formación dos estudantes e céntranse en aprendizaxes en parte comúns e en parte diferenciadas:

a) O Prácticum I está orientado primariamente a analizar as características do centro educativo, da súa organización e xestión, do clima escolar e profesional, e do contexto sociocultural en que se insire. Como preparación para o Prácticum II, debe permitir tamén un achegamento ao ámbito específico da especialidade a través da observación das dinámicas de ensino-aprendizaxe na aula e/ou das actividades do departamento de orientación educativa.

b) O Prácticum II está centrado fundamentalmente na especialidade de cada estudante e na adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área / módulo determinado ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa. Complementariamente

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

4

debe servir tamén para afondar na vida docente mediante a participación en tarefas colectivas de carácter curricular e extracurricular.

Contidos do Prácticum

Contidos do Prácticum I Contidos do Prácticum II

- O centro educativo: infraestruturas e recursos, órganos de goberno e xestión, departamentos, comisións, ensinanzas impartidas.

- Organización da vida escolar e da docencia a través dos documentos reitores: PEC, PAT, Proxecto lingüístico de centro, Plan de convivencia, Plan lector…

- Actividades de innovación educativa: desenvolvemento de proxectos, participación en programas, redes, etc.

- O centro e a contorna: participación das familias, relacións coa administración local e con asociacións ou institucións externas ao centro.

- O departamento da especialidade: organización, funcións, actuacións específicas..

- O profesorado: clima relacional, tarefas docentes e de xestión…

- O alumnado: clima relacional, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe...

- O centro e a aula como ámbito de interacción: distribución do espazo, agrupamentos, relación docente-discentes…

- O departamento da especialidade: configuración, funcións, recursos...

- A área, especialidade ou departamento na vida do centro e na formación dos estudantes.

- A programación docente da área ou módulo / O plan de actividades do departamento de orientación.

- O profesorado: dinámicas e inquedanzas profesionais, concepción da materia, área ou especialidade.

- O alumnado: clima relacional, características ou problemáticas, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe na materia, área ou módulo.

- A aula como ámbito de interacción: metodoloxías dominantes, recursos que se utilizan, relación docente-discentes…

- A planificación didáctica na área ou módulo / a planificación de accións no departamento de orientación: criterios, fundamentos, aspectos a ter en conta.

- A intervención docente ou de orientación: desenvolvemento e aplicación da planificación, avaliación do proceso e dos resultados.

Os contidos do Prácticum I serán orientados complementariamente polas persoas

responsables da coordinación das prácticas e da titoría no centro de secundaria. Os do Prácticum II serán responsabilidade fundamentalmente do titor/a, aínda que coa coordinación necesaria a nivel de centro nas tarefas non específicas da especialidade

Como as especialidades do alumnado son moi diversas, estes contidos deben adaptarse ás peculiaridades de cada unha. Esta é unha tarefa que han de realizar as persoas titoras, tanto da universidade como de secundaria, nas indicacións específicas do plan de prácticas cos seus titorandos.

A continuación sinálanse os grandes bloques de actividades que deben servir para vehicular os ditos contidos cunha distribución horaria orientativa atendendo aos créditos ECTS de cada Prácticum.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

5

Actividades e distribución horaria orientativa

Prácticum I Prácticum II

Actividades Horas Actividades Horas

Coñecemento da organización e da documentación do centro.

Observación e análise da vida do centro, do clima escolar, das actividades docentes ou do departamento de orientación, segundo corresponda, etc.

Participación noutras reunións ou actividades diversas do centro.

Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.

Elaboración da memoria

Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria

Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade

25

25

10

10

20

5

5

Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación.

Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade (docencia ou orientación)

Deseño e planificación da proposta didáctica ou de orientación.

Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación.

Participación noutras actividades do centro ou departamento.

Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.

Elaboración da memoria

Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria

Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade

20

25

35

25

20

20

35

10

10

Total 100 Total 200

5. SISTEMA DE AVALIACIÓN

A avaliación do Prácticum realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo supervisor da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O supervisor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.

Para superar o Practicum, é preciso que tanto na cualificación do titor/a de centro como do supervisor/a de universidade se obteña a puntuación mínima de aprobado (5).

- Se o titor/a do centro realiza unha avaliación negativa, o alumnado suspenderá a materia completa, tendo que repetir a estancia nun centro de prácticas e presentar unha nova memoria, noutro curso académico.

- Se o supervisor/a da universidade avalía negativamente a memoria, deberá ser reelaborada e presentada na seguinte oportunidade do mesmo curso académico.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

6

O titor/a de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación de cada un dos Prácticum emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”2.

O supervisor/a universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas. O formato, extensión e apartados que debe recoller a memoria recóllense nun Anexo desta Guía. Para a súa valoración e cualificación débese atender ao tratamento que se fai dos aspectos que se citan a continuación:

Criterios para avaliar as memorias do Prácticum

Prácticum I Prácticum II

- Cumprimento das convencións formais propias dun traballo académico e dos requisitos indicados especificamente para a elaboración da Memoria.

- Textualización: corrección lingüística, claridade expositiva, organización e estrutura.

- Coñecemento documentado sobre o contexto de prácticas.

- Observación e análise do clima do centro e da aula / departamento de orientación, segundo proceda: amplitude e significatividade dos aspectos recollidos, madurez na súa interpretación, etc.

- Reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas no Prácticum e análise da relación entre teoría e práctica.

- Cumprimento das convencións formais propias dun traballo académico e dos requisitos indicados especificamente para a elaboración da Memoria.

- Textualización: corrección lingüística, claridade expositiva, organización e estrutura.

- Observación da vida do centro e especificamente da práctica profesional na área ou especialidade: amplitude e significatividade dos aspectos recollidos, madurez na súa interpretación, etc.

- Deseño da proposta relacionada co departamento didáctico ou de orientación: xustificación, rigor na súa elaboración e atención aos distintos elementos ou compoñentes.

- Análise e valoración da posta en práctica: identificación de fortalezas e debilidades, posibles reformulacións, etc.

- Reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas no Prácticum, análise da relación entre teoría e práctica, e autoavaliación das propias competencias profesionais.

2 Se houber unha causa xustificada que impida a asistencia regular ao centro durante o período establecido, o estudante afectado debe comunicalo coa máxima celeridade á coordinación do Máster para valorar a posibilidade de fórmulas alternativas.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

7

6. ORGANIZACIÓN E RESPONSABILIDADES

A organización do Prácticum implica unha colaboración estreita entre o centro universitario responsable do Máster e os centros de ensino secundario nos que deben realizar os estudantes este módulo formativo. Os aspectos básicos desta colaboración están regulados na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 18 de abril de 2011 (DOG do 13 de maio)3, que establece, entre outras cousas, que “o Prácticum do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas se desenvolverá en centros sostidos con fondos públicos en que se impartan todas ou algunha das ditas ensinanzas”.

Os centros e o profesorado interesado en participar como titores do Prácticum deben solicitalo e reunir uns requisitos fixados na mesma Orde para seren acreditados. A asignación de centro e titor/a efectúase dende a Coordinación do Máster atendendo á titulación dos estudantes, á localidade solicitada por eles e á dispoñibilidade de profesorado.

No desenvolvemento do Prácticum participan distintas figuras con funcións e responsabilidades específicas que cómpre articular para que este módulo formativo responda adecuadamente aos obxectivos propostos e contribúa de forma satisfactoria á consecución das competencias que leva asociadas. Estas figuras son o coordinador/a do Máster, as persoas que exercen a coordinación e a titoría no centro de secundaria, a persoa responsable da titoría na universidade e o propio alumnado en prácticas.

As funcións e obrigas de cada un son as seguintes: Coordinador/a do Máster:

Como encargado de organizar a docencia, é o responsable de articular a acción das demais figuras que participan no Prácticum, de trasladarlles a información pertinente e de asegurar que se atendan as directrices establecidas na Guía. Son funcións súas:

- Convocar as reunións informativas de preparación cos colectivos implicados.

- Asignar destinos de prácticas de acordo coa normativa vixente e atendendo no posible as peticións dos estudantes.

- Remitir aos centros a documentación necesaria para o desenvolvemento do Prácticum.

- Asegurar que se cumpran os prazos e as responsabilidades de todos os que participan no Máster.

- Xestionar todo o relacionado cos nomeamentos e a acreditación dos coordinadores e dos titores dos centros.

- Resolver calquera incidencia que xurda ao longo do Prácticum e para a que se reclame a súa intervención.

Coordinador/a no centro de secundaria:

A figura do coordinador/a de centro é clave para garantir unha comunicación eficaz entre a universidade e os centros de secundaria e para facilitar un axeitado desenvolvemento das tarefas que teñen que realizar os estudantes durante as prácticas escolares. Son responsabilidades súas:

- Recibir o alumnado en prácticas e facilitar a súa integración no centro mediante un plan de acollida.

3 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110513/AnuncioC3F1-030511-842_gl.pdf

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

8

- Distribuír e poñer en contacto os estudantes cos titores da especialidade correspondente seguindo os criterios que se lle facilitan desde a coordinación do Máster.

- Concretar cos titores o calendario e o procedemento para desenvolver as actividades recollidas na Guía do Prácticum.

- Informar ao alumnado en prácticas sobre a organización do centro e sobre os proxectos educativos en que participa, e facilitarlle o acceso aos documentos que os regulan e ás persoas responsables deles.

- Servir de enlace co coordinador do Máster para resolver calquera incidencia que se produza e para remitir nos prazos establecidos a documentación requirida.

Titor/a do centro de secundaria

O titor/a do centro de secundaria é o mesmo para os dous Prácticum e debe guiar o proceso de aprendizaxe do estudante facilitándolle a oportunidade de observar, colaborar, planificar, intervir e reflexionar sobre a actividade escolar do centro e da especialidade correspondente, o que obriga a unha relación e cooperación estreita entre eles durante todo o período. Asume, en concreto, as responsabilidades de:

- Informar e asesorar ao alumnado que lle corresponda sobre o funcionamento do centro e os seus órganos de xestión.

- Favorecer a observación e a reflexión dos estudantes en prácticas sobre os aspectos máis relevantes da vida do centro e sobre as tarefas específicas da súa especialidade.

- Fomentar a participación e a colaboración do alumnado en prácticas en actividades tanto de centro como de aula.

- Orientar a planificación da proposta didáctica que deben elaborar e poñer en práctica os estudantes.

- Animar a reflexión do alumnado sobre a experiencia observada e protagonizada durante o período de prácticas.

- Avaliar ao alumnado cubrindo o informe preceptivo e entregarllo ao coordinador do centro no prazo establecido.

Supervisor/a da universidade

Esta figura está representada por dous docentes do Máster, un para cada Prácticum, que son os responsables de establecer desde a universidade as pautas específicas, atendendo á especialidade dos estudantes e tratando de vincular o Prácticum coas outras materias do Máster. Isto esixe unha relación fluída cos estudantes e cos titores de secundaria que se debe concretar en función das circunstancias, pero que contemplará obrigatoriamente o seguinte:

a) Realizar, polo menos, dúas reunións co alumnado en cada Prácticum: unha previa, para concretar o plan de traballo, e outra, ao rematar as prácticas, para avaliar conxuntamente o seu desenvolvemento.

b) Establecer a fórmula que mellor facilite a relación cos titores de secundaria, pero con dúas comunicacións mínimas en cada Prácticum: unha no comezo de cada período de prácticas para presentarse e ofrecer a súa colaboración, e outra ao rematar para informarse de posibles incidencias e recibir achegas de mellora.

En concreto, son funcións súas as seguintes:

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

9

- Concretar cos estudantes o plan de traballo recollido nesta Guía en función das súas especialidades.

- Axudar á integración de coñecementos e estratexias abordadas nos outros módulos do Máster, para facilitar a construción de competencias profesionais.

- Estimular a reflexión sobre a actuación docente/orientadora, en relación cos distintos modelos teóricos de referencia.

- Colaborar cos titores de secundaria para conseguir o mellor aproveitamento do Prácticum por parte dos estudantes.

- Resolver –ou trasladar á coordinación do Máster, se é o caso- calquera imprevisto ou incidencia que xurda durante o período de prácticas.

- Analizar e valorar as memorias do Prácticum elaboradas polos estudantes.

- Avaliar o desenvolvemento e os resultados do Prácticum en colaboración co titor do centro de secundaria.

- Resolver posibles reclamacións e formalizar nas actas as cualificacións definitivas.

Alumnado:

A realización das tarefas formativas propias do Prácticum require a súa participación na vida do centro de secundaria no horario escolar da persoa encargada da súa titoría durante todo o período de prácticas. As responsabilidades concretas que debe asumir son:

- Cumprir os horarios e tarefas acordadas co profesorado que exerce a coordinación e a titoría no centro de prácticas.

- Participar na vida do centro e da área ou especialidade observando, colaborando e intervindo de acordo coas pautas facilitadas polos responsables da titoría e da coordinación das prácticas.

- Respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.

- Manter a confidencialidade de datos relativos a persoas relacionadas co centro.

- Non utilizar materiais e recursos do centro sen a correspondente autorización.

- Asistir ás sesións programadas polo titor/a da universidade e cumprir coas indicacións que nelas se establezan.

- Elaborar e entregar aos titores da universidade a memoria de prácticas nas datas fixadas.

7. CALENDARIO

Prácticum I:

­ Estadía nos centros de prácticas: entre o 25 de novembro e o 13 de decembro de 2019.

­ Data límite para que os estudantes entreguen a memoria de prácticas ao titor/a da universidade: 13 de xaneiro de 2020.

­ Data límite para que os coordinadores do Prácticum envíen os informes de avaliación dos titores do seu centro á coordinación do Máster: 13 de xaneiro de 2020.

Prácticum II:

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

10

­ Estadía nos centros de prácticas: entre o 23 de marzo e o 30 de abril de 2020.

­ Data límite para que os estudantes entreguen a memoria de prácticas ao titor/a da universidade: 18 de maio de 2020.

­ Data límite para que os coordinadores do Prácticum envíen os informes de avaliación dos titores do seu centro á coordinación do Máster: 18 de maio de 2020.

Protocolo para a entrega da documentación:

As memorias serán entregadas en formato papel polos estudantes aos supervisores da universidade e deben levar o Visto e Prace do titor/a de secundaria na portada.

Os titores dos centros deben entregar os informes de avaliación dos seus titorados ao coordinador/a do seu centro, quen os remitirá ao coordinador/a do Máster no Campus que corresponda:

­ Alumnado do campus de Santiago: Máster de Secundaria, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, Avda. Xoán XXIII, 15782 Santiago de Compostela.

­ Alumnado do campus de Lugo: Máster de Secundaria, Facultade de Formación do Profesorado, Avda. Ramón Ferreiro, 27071 Lugo.

8.- BIBLIOGRAFÍA

Castro, M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.

Coll, C. (coord.) (2010) Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó

Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.

Feito, R. (coord.) (2010) Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó

Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.

Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.

Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI

García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.

González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.

Imbernón, F. (coord.) (2010) Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó

Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.

Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.

Pérez, A. (coord.) (2012) Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó

Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

11

Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de propesores y alumnos. Barcelona: Graó.

Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.

Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/4517

Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.

Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf

Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.

Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf

Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.

Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.

Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

12

INDICACIÓNS PARA A REDACCIÓN DA MEMORIA DO PRÁCTICUM I

NOTA PREVIA: A memoria debe ter índice, estar paxinada e ter unha extensión orientativa de 15-20 páx. Como documento académico que é, a memoria de prácticas debe aterse ás convencións de presentación e redacción que son propias deste tipo de textos. As indicacións que se dan a continuación só pretenden unha homoxeneización formal básica.

PORTADA. Incluirá os seguintes datos:

[Identificación da institución que organiza o Máster]

Universidade de Santiago de Compostela

Máster en Profesorado de Educación Secundaria

Campus: Santiago de Compostela / Lugo

[Identificación do documento]

MEMORIA DO PRÁCTICUM 1

CURSO ACADÉMICO 2019-2020

[Identificación do estudante e profesorado participante]

- Apelidos, nome e DNI do alumno/a

- Especialidade

- Supervisor/a da universidade

- Titor/a do centro de secundaria

- Centro e localidade de prácticas

NÚCLEOS OU APARTADOS DA MEMORIA4:

- Introdución explicativa do contexto de prácticas: centro, especialidade, niveis educativos, titor/a, tarefas realizadas, etc.

- O centro de prácticas: organización funcional, relacións do centro coa comunidade e coas familias, implicación en proxectos de innovación…

- Observación e análise do clima do centro a través dos distintos colectivos que forman a comunidade escolar.

- Observación e análise do funcionamento da aula ou do departamento de orientación (segundo a especialidade do estudante).

4 Non pretenden ser títulos de apartados. Débense entender como núcleos xenéricos de contidos dos que hai que dar conta, pero que o estudante pode titular e organizar internamente como considere. Os titores do centro de secundaria e da universidade poden dar instrucións máis detalladas.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

13

- Reflexión persoal sobre todos eses aspectos e análise da relación entre teoría e práctica.

- Conclusión valorativa da experiencia de prácticas e das achegas á súa formación como docente.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

14

INDICACIÓNS PARA A REDACCIÓN DA MEMORIA DO PRÁCTICUM II

NOTA PREVIA: A memoria debe ter índice, estar paxinada e ter unha extensión orientativa de 25-30 páxinas, podendo incluír, a maiores, anexos con materiais ou documentos que se consideren pertinentes. Formalmente, debe aterse ás convencións de presentación e redacción propias dun texto académico. As indicacións que seguen só pretenden unha homoxeneización formal básica.

PORTADA. Incluirá os seguintes datos:

[Identificación da institución que organiza o Máster]

Universidade de Santiago de Compostela

Máster en Profesorado de Educación Secundaria

Campus: Santiago de Compostela / Lugo

[Identificación do documento]

MEMORIA DO PRÁCTICUM II

CURSO ACADÉMICO 2019-2020

[Identificación do estudante e dos titores]

- Apelidos, nome e DNI do alumno/a

- Especialidade

- Supervisor/a da universidade

- Titor/a do centro de secundaria

- Centro e localidade de prácticas

NÚCLEOS OU APARTADOS DA MEMORIA5:

- Introdución explicativa do contexto de prácticas, con identificación dos aspectos que xustifican as actividades desenvolvidas durante o Prácticum.

- Descrición interpretativa da observación realizada, sexa do proceso didáctico na área, sexa das accións desenvolvidas polo departamento de orientación.

- Descrición e valoración das tarefas escolares realizadas en colaboración co titor/a do centro de secundaria.

5 Non pretenden ser títulos de apartados. Débense entender como núcleos xenéricos de contidos dos que hai que dar conta, pero que o estudante pode titular e organizar internamente como considere. Os titores do centro de secundaria e da facultade poden dar instrucións máis específicas.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

15

- Planificación da proposta didáctica ou da acción de orientación educativa de acordo coa estrutura e pautas facilitadas polos titores correspondentes.

- Reflexión persoal sobre o desenvolvemento desas propostas e presentación argumentada de posibles reformulacións.

- Conclusión valorativa da experiencia de prácticas e das achegas á súa formación como docente.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

16

PRÁCTICUM I - INFORME DO TITOR/A - Curso 2019-20206

Nome e apelidos do titor/a:

NIF: E-mail:

Centro e localidade:

Tfno.: E-mail:

Nome e apelidos do supervisor/a da Facultade:

E-mail:

DNI, Nome e apelidos do alumno/a:

Especialidade:

Valoración (Valore de 0 a 10, coa máxima precisión posible, os ítems que se sinalan a

continuación)

Cumprimento de horario e obrigas (ver aptado. “Avaliación” na Guía do

Prácticum)

Actitude, interese e disposición en relación coas tarefas do Prácticum

Capacidade para observar, analizar e interpretar documentos ou situacións

Capacidade para reflexionar, interpretar e resolver situacións educativas

Grao de adquisición das aprendizaxes propias do Prácticum 1

Cualificación global

Aspectos máis positivos no labor do estudante:

Aspectos nos que debe mellorar:

Lugar e data:

Sinatura do titor/a

6 Entregar un exemplar por alumno á persoa coordinadora das prácticas no centro para que o remita á coordinación do Máster no Campus correspondente.

Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado

17

PRÁCTICUM II - INFORME DO TITOR/A - Curso 2019-20207

Nome e apelidos do titor/a:

NIF: E-mail:

Centro e localidade:

Tfno.: E-mail:

Nome e apelidos do supervisor/a da Facultade:

E-mail:

DNI, Nome e apelidos do alumno/a:

Especialidade:

Valoración (Valore de 0 a 10, coa máxima precisión posible, os ítems que se sinalan a

continuación)

Cumprimento de horario e obrigas (ver aptado. “Avaliación” na Guía do

Prácticum)

Actitude, interese e disposición en relación coas tarefas do Prácticum

Capacidade para observar, analizar e interpretar documentos ou situacións

Capacidade para reflexionar, interpretar e resolver situacións educativas

Grao de adquisición das aprendizaxes propias do Prácticum 2

Cualificación global

Aspectos máis positivos no labor do estudante:

Aspectos nos que debe mellorar:

Lugar e data:

Sinatura do titor/a

7 Entregar un exemplar por alumno á persoa coordinadora das prácticas no centro para que o remita á coordinación do Máster no Campus correspondente.

Recommended