View
754
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN
O movemento natural é o
crecemento da poboación dun
lugar por causas naturais
é dicir, como resultado dos nacementos e das defunción
O crecemento natural/vexetativo sería, entón, a diferenza entre a natalidade ( número de nacementos ) e a mortalidade ( nº de defuncións
nun ano )
A Voz de Galicia, 23 de xuño de 2005
NATALIDADE
Número de nacementos que se producen nunha
poboación nun momento concreto
Os datos referidos á natalidade exprésanse mediante unha serie de
índices
TAXA ( Bruta ) DE NATALIDADE
Esta taxa mide o número de nacementos que se producen ao ano
por cada mil habitantes
Para precisar a análise do comportamento dunha poboación cara á natalidade, os demógrafos empregan outras variables relacionadas coa fecundidade
TAXAS DE FECUNDIDADE
A fecundidade pódese tamén expresar mediante o denominado índice sintético que indica a media de fillos por muller
Alto: máis de 3,5Medio: 3,5-2,1
Baixo: 2 ou menos
Esta cifra considérase importante, posto que para conseguir o reemprazo xeracional e que a poboación non decreza é necesario que cada muller teña 2,1 fillos
Sendo 2 o número de fillos que posibilitan o reemprazo, engádese 0.1 para compensar aquelas persoas que morren antes de chegar a idade de procrear
O concepto fertilidade fai referencia á capacidade que ten a muller para a reproducción
Tende a confundirse coa fecundidade; a diferencia é que mentres que a fecundidade indica a reprodución efectiva ( nº de fillos ), a fertilidade sinala a capacidade de poder telos ( aínda que unha muller non teña fillos pode estar nun período fértil e posuír con iso a capacidade de ter fillos )
A evolución da taxa de natalidade española resulta similar á doutros países do noso entorno ( cuns ritmos diferentes )
O descenso da taxa de natalidade corespóndese co lóxico menor número de fillos por muller ( fecundidade )
De feito a taxa é tan baixa, 1,39 fillos por muller no ano 2007, está moi por debaixo do umbral de 2,1 fillos, límite necesario para posibilitar o reemprazo xeracional
Este descenso é evidente a partir de 1975/76
FACTORES QUE EXPLICAN O COMPORTAMENTO DA NATALIDADE
As razóns que explican o descenso da taxa
natalidade ata alcanzar un dos índices máis
baixos do mundo son múltiples
e están relacionados cos profundos cambios experimentados pola
sociedade española nos últimos anos
A. O desenvolvemento económico e social experimentado nas
últimas décadas propiciou un descenso
xeneralizado da taxa de mortalidade infantil
1. FACTORES DEMOGRÁFICOS
Como consecuencia do aumento do número de nenos nacidos vivos xa non é necesario multiplicar a descendencia para garantír a supervivencia dalgún dos nenos
B. O retraso na idade de casar ou formar parella tamén influiu no descenso da natalidade, ao reducir o nº de fillos que teñen as parellas
Taxa bruta de nupcialidade = (Matrimonios/Poboación) x 1000
A principios do século XX a idade media na que a muller casaba era 24 anos, hoxe en día a idade estaría nos 28/29 anos
2. FACTORES SOCIECONÓMICOS
Existe unha clara correspondencia entre o proceso de concentración e urbanización da poboación española, fenómeno asociado ao desenvolvemento económico español dos últimos 40 anos
e o descenso da natalidade
a cidade dificulta a existencia de familias numerosas
A incorporación da muller ao traballo está máis extendido no mundo urbano
Nas cidades está máis xeneralizado o emprego dos sistemas contraconceptivos
3. FACTORES CULTURAIS E IDEOLÓXICOS
Estarían relacionados co propio desenvolvemento económico e a mellora do nivel de instrucción
a maior formación corresponde,
normalmente, un menos desexo de ter
fillos
un retraso na idade de contraer matrimonio
máis probabilidades de incorporación da muller ao traballo
un maior coñecemento e empego dos métodos anticonceptivos
Todos estos factores redundarían no descenso da
fecundidade
DISTRIBUCIÓN ESPACIAL DAS TAXAS DEMOGRÁFICAS
En canto a distribución dos índices referidos á natalidade observamos
un descenso xeneralizado aínda que con unha desigual incidencia
segundo as distintas comunidades autónomas
Observando os datos constatamos un acusado contraste norte-sur: Andalucía, Canarias, Castela-A Mancha, Estremadura, Murcia e Ceuta e Melilla presentan uns índices superiores á media nacional
As cifras máis baixas danse naquelas comunidades afectadas polas correntes migratorias
As provincias cantábricas, as galegas e as dos interior son as máis afectadas pola emigración, fenómeno ademais que incide sobre todo na xente máis nova
As comunidades receptoras de
emigrantes, Madrid, Cataluña e
as do Levante manteñen un
índices superiores á emdia
Comentario de Selectividade
Evolución do índice de fecundidade
Recommended