normas biblio

Preview:

DESCRIPTION

normas bibliocarballal

Citation preview

C.E.I.P. CARBALLAL

1ª Norma

Agora es socio da BIBLIOTECA. Pensa ben o que vas facer, porque aínda estas a tempo de cambiar de idea.

Se decides voltar atrás entón...

¡QUE TE PARTA UN RAIO!

¡QUE TE ABURRAS UN MONTÓN! E...

¡¡¡ QUE CHE DEAN MORCILLAS !!!

Se, polo contrario, decides seguir adiante e entrar na aventura de ler entonces...

¡FELICIDADES!

¡BENVIDO ó “Fantástico e Marabilloso

MUNDO dos LIBROS”!

2ª Norma Xa estás case preparado para ir á BIBLIOTECA. Lávate as mans, lávaas ben e comproba que non quedara nada de sucidade nelas para que poidas colaborar a manter a BIBLIOTECA limpa e tamén os LIBROS que hai alí e que queiras ler.

3ª Norma Asegúrate de que tódolos caramelos, bocadillos, gomas de mascar, etc., que tiñas para hoxe, xa os comiches ou os tes ben gardados para comelos despois.

4ª Norma

O nivel de ruído recomendado ten que ser tan baixiño que se poidan oír as moscas. Se precisas axuda para conseguilo: colócate un esparadrapo na boca. Os nervios deixaralos aparcados fóra da porta. Se para esto tamén precisas axuda: vai dar unha volta polo patio e logo volve.

5ª Norma

Se cumpres coas anteriores normas correctamente, xa podes entrar na BIBLIOTECA... se está aberta. E estará aberta no seguinte horario:

para nenos: tódolos recreos e nas sesións de lectura.

para ratos e trasnos: polas noites

6ª Norma

Unha vez dentro, podes devolver o libro que xa liches e coller outro para levar se es dos que tes este costume adquirido. Pero se nunca o fixeches ¡PRÓBAO! e verás qué sorpresa levas. Para levar un libro, ensina o carné ou dinos o teu número.

Os libros préstanse durante unha semana. Intenta con

tódalas túas forzas non atrasarte, aínda que, se non

che deu tempo a lelo, podes renovar o préstamo.

7ª Norma

Se vés á BIBLIOTECA e queres quedar un ratiño a ler non esquezas que:

es unha persoa ben educada es unha persoa moi respectuosa es moi, moi guai.

E deberás: Retirar os libros con coidado para que todo quede ben colocado. E se tes algunha dúbida

pide ós profes axuda.

E deberás: Retirar os libros con coidado para que todo quede ben colocado. E se tes algunha dúbida

pide ós profes axuda.

8ª Norma Os libros hai que coidar, non se deben estragar

(ou teralos que arranxar). Non te debes esquecer que os has de devolver

e non fagas esperar a quen os vai ler.

9ª Norma

A biblioteca non é só dos alumnos, e dos mestres, dos pais, de toda a comunidade educativa, polo que entre todos debemos colaborar a mantela limpa e ordenada e coidar os libros que lemos

para que os demais tamén poidan disfrutar da súa lectura.

10ª Norma

A biblioteca é un espazo para disfrutar, imaxinar, crear, divertirse, viaxar, ... Non é un

espazo para castigar.

11ª Norma

A biblioteca non é un museo, é un lugar cheo de VIDA, de historias, de anécdotas, de maxia,... É

un mundo que tedes que descubrir.

11ª Norma

A non é para ler o que queiran os mestres, os pais,... É un lugar para ler o que nos queiramos, o que nos guste, o que nos apeteza, o que nos apasione,...

12ª Norma

A biblioteca non é para deterse, senón é para medrar, para descubrir novos horizontes, para coñecer cousas novas, para viaxar a través do tempo, para facernos grandes, pequenos,...

13ª Norma

A biblioteca non é a túa escola, é o teu fogar, é o teu recuncho, onde podes facer miles de cousas: podeste trasformar nun trasno, ir ao mundo dos dinosaurios, ser un mago, ser unha princesa, aprender a cociñar, vivir noutro país,...

14ª Norma

A biblioteca non é só para estudar, senón tamén para soñar, descubrir, indagar,...

15ª Norma

A biblioteca non é un lugar para sentirse obrigado, senón para ir voluntariamente, cando un queira no horario establecido.

16ª Norma

A biblioteca non é un lugar para sentirse incómodo, é un lugar no que un ten que estar relaxado para poder disfrutar do lugar, dos libros, das aventuras,...

“Alguén escribiu un libro para ti.

Búscao e encóntrao: estate esperando”