View
1
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 1
Organismo: SECRETARÍA XERAL
Capítulo:
Epígrafe:
(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia)
SUMARIO:
Resolución do 10 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, pola que se establece o procedemento para o acceso á docencia
en diversas especialidades nos conservatorios superiores de música.
TEXTO:
(Escribir a dous espacios)
A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, establece no Capítulo V, varios
aspectos referidos ao carácter e competencias dos centros superiores de ensinanzas
artísticas. Concretamente o artigo 45 establece que os estudos superiores de música, terán a
condición de ensinanzas superiores a tódolos efectos. Así mesmo, o artigo 58, especifica que
dentro das facultades reguladoras que competen ao Goberno, regularanse as condicións
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 2
para a oferta de estudios de posgrao das ensinanzas artísticas superiores, e que os estudos
cursados neste nivel conducirán a títulos equivalentes, a tódolos efectos, aos títulos
universitarios de posgrao; e tamén que, tanto para realización dos estudos de grao e posgrao
nestes centros, como para o desenvolvemento das capacidades investigadoras inherentes a
estudos de carácter superior, os centros superiores de ensinanzas artísticas poderán
establecer convenios coas universidades.
O artigo 96 da dita Lei Orgánica establece no seu apartado 2º que o Goberno, logo de
consulta ás comunidades autónomas, poderá determinar outras esixencias para o
profesorado que as asuma, derivadas das condicións de inserción destas ensinanzas no
marco europeo da educación superior, o que esixe un profesorado cun grao de cualificación
similar ao que exerce a docencia universitaria, ao seren os títulos equivalentes para tódolos
efectos.
Coa aplicación da LOE, tendo en conta o alto nivel de especialización dos ditos estudos
superiores e para garantir o maior nivel de excelencia nos procesos de ensinanza e
aprendizaxe, cómpre regular de xeito específico a provisión de profesorado dos
conservatorios superiores na Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto, este profesorado
deberá responder a un perfil docente, interpretativo, creativo ou de investigación coa
suficiente especialización para o desenvolvemento da docencia e para a posta en marcha de
liñas de investigación e creación. En consecuencia, os sistemas de selección do profesorado
deberán garantir o cumprimento deste requisito, de maneira que cada convocatoria se axuste
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 3
ao perfil de cada praza, seguindo os procedementos establecidos noutras institucións de
educación superior.
Cómpre ter en conta a existencia de funcionarios de carreira do Corpo de profesores de
música e artes escénicas con destino definitivo nos actuais Conservatorios Profesionais de
Música de Galicia. O seu perfil profesional e a súa experiencia docente, xunto á
especialidade na que están acreditados, garantiza unha capacitación inicial para a provisión
dos postos de traballo docente que se determinen nos conservatorios superiores, sen
prexuízo das condicións de pertenza a especialidades, así como de titulación específica que
se poidan requirir en cada caso, ao abeiro desta resolución.
En consecuencia, esta resolución, no seu Anexo I, establece a especialidade que deberá
acreditar cada aspirante para optar ás prazas docentes específicas convocadas segundo as
especialidades e materias troncais recollidas no Decreto 183/2001, do 19 de xullo, polo que
se establece o currículo do grao superior das ensinanzas de música e o acceso ao dito grao.
Para lograr a maior adecuación entre o perfil académico e profesional e o perfil docente de
cada praza, o baremo que se presenta no Anexo II establece unha serie de criterios
específicos determinados polas singularidades da docencia que hai que impartir, entre os
que destacan a experiencia profesional no campo artístico obxecto de concurso, a
experiencia docente e a experiencia investigadora.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 4
Na súa virtude, esta Secretaría Xeral resolve:
Primeiro.- Obxecto da convocatoria
1. A presente resolución ten por obxecto convocar o procedemento para seleccionar ao
profesorado que poderá impartir docencia durante o curso 2008/09 nos conservatorios
superiores de música da Coruña e de Vigo, segundo o cadro de profesorado que se
relaciona no Anexo IV á presente resolución.
2. Tódolos participantes que reúnan os requisitos establecidos na presente resolución
poderán inscribirse para o acceso en cantos perfiles de competencia docente desexen dos
indicados na columna B do Anexo I, sempre que se atopen facultados pola súa especialidade
de procedencia segundo o recadro correlativo da mesma fila na columna A. En caso de optar
a máis de un perfil de competencia docente, deberán relacionalos na súa solicitude por orde
de preferencia.
Segundo.- Requisitos de participación
Só poderá participar nesta convocatoria o profesorado que reúna os seguintes requisitos:
a) Ser funcionario de carreira, ou en prácticas, do corpo de profesores de música e artes
escénicas, con destino nun conservatorio da Comunidade Autónoma de Galicia, na
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 5
especialidade de procedencia, que para cada un dos perfiles de competencia docente se
sinalan no Anexo I desta resolución.
b) Acreditar o título superior de música ou equivalente, agás os funcionarios procedentes da
especialidade de Historia da Música onde será esixible o título de licenciado, enxeñeiro,
arquitecto ou equivalente. Asemade, cando se trate do acceso aos perfiles de competencia
docente das materias propias das especialidades de Composición, Musicoloxía e Pedagoxía,
especialidades para as que non existen funcionarios de carreira titulares das mesmas,
deberán acreditarse os requisitos de titulación específicos que se sinalan no Anexo I, na
columna C.
c) Acreditar o CELGA 4 ou o curso de perfeccionamento en lingua galega. A estes únicos
efectos, se entenderá que reúnen o requisito aquelas persoas que superasen as probas de
lingua galega ou fosen declarados exentos deste requisito nos correspondentes procesos
selectivos de ingreso ao corpo de profesores de música e artes escénicas. Asemade, os
aspirantes que obteñan praza nesta convocatoria e non estean en posesión deste requisito,
estarán obrigados, no prazo de dous anos contados a partir do seu nomeamento, a obter o
CELGA 4.
d) Presentar o proxecto docente ao que fai referencia o punto 6 do Anexo II desta resolución,
nas condicións alí descritas. Os aspirantes que opten a máis de un perfil de competencia
docente deberán presentar un proxecto por cada perfil dos recollidos no Anexo III da presente
resolución.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 6
Terceiro.- Solicitudes e presentación da documentación
1. O modelo de solicitude poderá ser recollido na Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, nas súas delegacións provinciais e na páxina web no enderezo:
www.edu.xunta.es profesorado/interinos- substitutos/convocatorias apertura de listaxes de
substitutos, servizo de secundaria (documentos relacionados).
2. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais contados a partir do día
seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
3- Os méritos alegados presentaranse en dúas partes separadas (A e B), e encadernadas
(tapas, chanel, espiral ou canutillo), coas páxinas numeradas correlativamente, e facendo
constar na portada a referencia á convocatoria así como os datos que permitan a
identificación do autor (nome e apelidos do concursante, e perfil de competencia docente á
que opta):
a) Folla/s de autobaremación, na que figurarán os méritos ordenados e indexados pola
mesma orde que figuran no baremo do Anexo II, seguidos da puntuación que lle corresponde
a xuízo do concursante.
b) Documentación acreditativa en copia cotexada dos méritos alegados, ordenados e
indexados pola mesma orde que figuran no baremo do Anexo II, de xeito que se permita o
cotexo simultáneo da folla de autobaremación e da documentación acreditativa.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 7
Cuarto.- Especialidades e materias
A relación de especialidades e materias convocadas, así como das especialidades das que
deben ser titulares os funcionarios e, se é o caso, das titulacións esixidas para acceder á
presente convocatoria, son as recollidas no Anexo I.
Quinto.- Procedemento de selección
1. O procedemento de selección consistirá na valoración dos méritos profesionais, docentes
e artísticos presentados polos participantes, conforme ao baremo que se publica como anexo
II da presente resolución.
2. Os posibles empates que se produzan na valoración total do procedemento selectivo,
resolveranse segundo a maior puntuación obtida en cada un dos apartados e subapartados
do baremo, na súa orde de aparición.
Sexto.- Comisión de selección
A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes levarase a cabo por unha
comisión baremadora nomeada polo secretario xeral da Consellería e Educación e
Ordenación Universitaria e constituída polos seguintes membros:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 8
Presidente: secretario xeral ou persoa en quen delegue.
Vogais:
• A xefa de Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, de Formación Profesional
e de Réxime Especial.
• O xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.
• Dous asesores-técnicos da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas
Especiais.
• Un funcionario/a da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará
como secretario ou secretaria, con voz pero sen voto.
Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto
144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas
expertas que se limitarán a prestar a súa colaboración.
Poderá asistir un representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial
de persoal docente non universitario, con voz pero sen voto.
A comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na
valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coide pertinentes.
Disposición adicional
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 9
Os funcionarios de carreira con destino definitivo nos actuais conservatorios profesionais de
música de Galicia que resulten seleccionados nesta convocatoria serán nomeados en
comisión de servizos durante o curso escolar 2008-2009, podendo ser prorrogada a dita
comisión en tanto non se modifique o procedemento de adscrición aos conservatorios
superiores.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2008
Benito Fernández Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Insírase no DOG
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 10
ANEXO I
A B C
Especialidade de Procedencia (1) Perfiles Competencia Docente (2) Requisito específico de
titulación (indistintamente)
Especialidade de Acordeón -As materias propias da especialidade
de Acordeón
Especialidade de Canto -As materias propias da especialidade
de Canto
Especialidade de Clarinete -As materias propias da especialidade
Clarinete
Especialidade de Contrabaixo -As materias propias da especialidade
Contrabaixo
Especialidade de Coro -Educación auditiva (MT)
-Piano Complementario (MT)
Especialidade de Fagot -As materias propias da especialidade
de Fagot
Especialidade de Frauta traveseira -As materias propias da especialidade
de Frauta Traveseira
Especialidade de Fundamentos de
Composición
-Práctica Harmónico-contrapuntística
(MT)
-Análise (MT)
-Piano Complementario (MT)
Especialidade de Fundamentos de
Composición
-As materias propias da especialidade
de Composición
-Práctica Harmónico-contrapuntística
(MT)
Título Superior de Composición
ou
Profesor Superior de Harmonía,
Contrapunto, Composición e
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 11
-Análise (MT)
-Piano Complementario (MT)
Instrumentación
Especialidade de Guitarra -As materias propias da especialidade
de Guitarra
Especialidade de Historia da música -Historia da música (MT)
-Organoloxía (MT)
Especialidade de Historia da música -As materias propias da especialidade
de Musicoloxía
-Historia da Música (MT)
-Organoloxía (MT)
Título Superior de Musicoloxía,
Profesor Superior de Musicoloxía
ou Licenciado en Xeografía e Hª
especialidade de Musicoloxía,
Licenciado Historia e Ciencias da
Música
Especialidade de Linguaxe musical -Educación auditiva (MT)
-Piano Complementario (MT)
Especialidade de Linguaxe musical -As materias propias da especialidade
de Pedagoxía
-Educación auditiva (MT)
-Piano Complementario (MT)
Título Superior de Pedagoxía,
Profesor Superior de Pedagoxía
ou Licenciado en Psicopedagoxía
ou Diplomado en Maxisterio
Especialidade de Educación
Musical
Especialidade de Óboe -As materias propias da especialidade
de Óboe
Especialidade de Percusión -As materias propias da especialidade
de Percusión
Especialidade de Piano -As materias propias da especialidade
de Piano
-Piano Complementario (MT)
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 12
Especialidade de Saxofón -As materias propias da especialidade
de Saxofón
Especialidade de Trombón -As materias propias da especialidade
de Trombón
Especialidade de Trompa -As materias propias da especialidade
de Trompa
Especialidade de Trompeta -As materias propias da especialidade
de Trompeta
Especialidade de Tuba -As materias propias da especialidade
de Tuba
Especialidade de Viola -As materias propias da especialidade
de Viola
Especialidade de Violín -As materias propias da especialidade
de Violín
Especialidade de Violoncello -As materias propias da especialidade
de Violoncello
(1) Refírese ás especialidades reguladas no Real decreto 989/2000, do 2 de xuño, polo
que se establecen as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas, se
adscriben a elas os profesores do dito corpo e se determinan as materias que deberán
impartir.
(2) As competencias docentes refírense ás materias descritas nos cadros de
especialidades reguladas segundo o Decreto 183/2001, do 19 de xullo, polo que se establece
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 13
o currículo do grao superior das ensinanzas de música, que se imparten na Comunidade
Autónoma de Galicia. En relación coa atribución de competencia docente, deberá estarse ao
seguinte:
• Por materias propias da especialidade entenderanse, ademais da especialidade
instrumental de que se trate (Apartado A dos cadros de currículo das especialidades), as
referidas á letra d) do artigo 8º.1, (Apartado D dos cadros de currículo das especialidades)
segundo o establecido no citado Decreto 183/2001, do 19 de xullo.
• A sigla (MT) a seguir do nome da materia fai referencia ao carácter troncal da
mesma.
• Tódolos profesores das distintas especialidades instrumentais terán atribución
de competencia docente para a impartición das materias de conxunto, así como os titulares
da especialidade de Coro.
• O profesorado que acceda á especialidade de Piano realizará tamén, se é o
caso, as funcións de pianista acompañante.
• Das competencias docentes daqueles que accedan á especialidade de
Musicoloxía exceptúanse as materias de Harmonía I-III e Contrapunto I-III propias da
especialidade, das que a competencia docente queda adscrita á especialidade de
Composición.
ANEXO II
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 14
1. ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA DOCENCIA (máximo 5 puntos).
Experiencia docente previa como funcionarios de carreira do corpo de profesores de música e
artes escénicas: 0,5 puntos por ano.
Documentación acreditativa: folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Persoal
ou, no seu defecto, certificación da secretaria ou secretario do centro co visto e prace da
dirección, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade,
así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles en
que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.
2. EXPEDIENTE ACADÉMICO E OUTRAS TITULACIÓNS (máximo 5 puntos).
2.1. Expediente académico na titulación alegada: máximo 1 punto (6,5 a 7,5: 0,5 puntos; 7,5 a
10: 1 punto).
Documentación acreditativa: expediente académico persoal orixinal ou fotocopia cotexada, en
que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos esixidos para a
obtención do título alegado.
2.2. Diploma de estudos avanzados, título oficial de máster, suficiencia investigadora ou
calquera título equivalente na especialidade a que se opta: 0,15 puntos.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 15
Documentación acreditativa: no caso do DEA, suficiencia investigadora, ou titulación
equivalente, certificación académica ou fotocopia cotexada do diploma. No caso do máster,
certificación orixinal ou copia cotexada da súa superación.
2.3. Título de doutor: 1 punto.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor
ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de
1988 (BOE do 13 de xullo).
2.4. Outras titulacións superiores: 0,5 puntos.
Por cada titulación superior distinta á alegada para o acceso á especialidade correspondente:
0,5 por titulación, ata un máximo de 1 punto.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada do título ou, se é o
caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE
do 13 de xullo).
2.5. Outras titulacións de primeiro ciclo: 0,25 puntos.
Por estudos rematados correspondentes ao primeiro ciclo: 0,25 por titulación, ata un máximo
de 0,5 puntos. A estes efectos non se consideran equivalentes os estudos de grao medio de
música ou de danza.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada en que se
acredite a súa superación.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 16
2.6. Outros títulos de doutor: 1 punto.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor
ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de
1988 (BOE do 13 de xullo).
2.7. Premio extraordinario na titulación alegada: 0,3 puntos.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada en que se
acredite a súa obtención.
2.8. Premio extraordinario de doutoramento: 0,5 puntos.
Documentación acreditativa: certificación académica ou fotocopia cotexada en que se
acredite a súa obtención.
3. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN (máximo 5 puntos).
3.1. Cursos superados relacionados coa especialidade a que se opta organizados polas
administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en
materia educativa, polas institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou
recoñecidos polas citadas administracións así como os organizados polas universidades: 0,10
puntos cada 10 horas.
Documentación acreditativa: certificado en que conste de modo expreso o número de horas
de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 17
acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.
3.2. Por cursos impartidos relacionados coa especialidade a que se opta organizados polas
administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en
materia educativa, polas institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou
recoñecidos polas citadas administracións así como os organizados polas universidades: 0,20
puntos cada 10 horas.
Documentación acreditativa: certificado en que conste de modo expreso o número de horas
de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá
acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.
4. ACTIVIDADE INVESTIGADORA (máximo 5 puntos).
4.1. Por libro publicado como autor, directamente relacionado coa especialidade á que se
opta: 0,5 puntos por libro.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN ou ISSN, en virtude do disposto no Decreto
2984/1972, do 2 de novembro, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o
seu editor.
4.2. Por publicacións, artigos, capítulos de libros directamente relacionados coa especialidade
á que se opta: 0,15 cada publicación, artigo, ou capítulo de libro.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 18
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN ou ISSN, en virtude do disposto no Decreto
2984/1972, do 2 de novembro, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o
seu editor.
4.3. Por cada participación en proxectos de investigación relacionados coa especialidade á
que se opta: 0,5 puntos.
Documentación acreditativa: Certificado que acredite a participación do aspirante no proxecto,
a descrición deste e a súa duración.
4.4. Contribución a congresos internacionais relacionados coa especialidade á que se opta:
0,3 puntos por ponencia e 0,1 por comunicación.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada da comunicación escrita e do índice de
contidos do libro do congreso.
4.5. Contribución a congresos nacionais relacionados coa especialidade á que se opta: 0,15
puntos por ponencia e 0,05 por comunicación.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada da comunicación escrita e do índice de
contidos do libro do congreso.
4.6. Pola organización de congresos internacionais, e a edición das súas actas, relacionados
coa especialidade á que se opta: 0,5 puntos.
Documentación acreditativa: Certificado expedido pola entidade organizadora do congreso
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 19
onde se acredite o traballo desenvolvido polo aspirante.
4.7. Pola organización de congresos nacionais, e a edición das súas actas, relacionados coa
especialidade á que se opta: 0,25 puntos.
Documentación acreditativa: Certificado expedido pola entidade organizadora do congreso
onde se acredite o traballo desenvolvido polo aspirante.
4.8. Dirección de teses de doutoramento: 1 punto por cada unha.
Documentación acreditativa: Certificado expedido pola Universidade correspondente onde se
acredite a dirección da Tese exercida polo aspirante.
4.9. Dirección do Diploma de estudos avanzados (DEA): 0,10 punto por cada unha.
Documentación acreditativa: Certificado expedido pola Universidade correspondente onde se
acredite a dirección do DEA exercida polo aspirante.
5. ACTIVIDADE MUSICAL E MÉRITOS ARTÍSTICOS (máximo 7 puntos).
5.1. Por concertos como solista musical nos últimos dez anos, na especialidade á que se opta
(director musical, solista individual ou de música de cámara ata formación de trío): 0,2 puntos
por concerto.
Documentación acreditativa: Fotocopias cotexadas do contrato ou contratos laborais
establecidos coa institución organizadora do concerto. No seu defecto, fotocopia cotexada do
programa do concerto, indicando lugar de celebración e contido do mesmo.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 20
5.2. Por concertos como músico de cámara, nos últimos dez anos, en formación de cuarteto
ou máis instrumentistas, na especialidade á que se opta: 0,1 puntos por concerto.
Documentación acreditativa: Fotocopias cotexadas do contrato ou contratos laborais
establecidos coa institución organizadora do concerto. No seu defecto, fotocopia cotexada do
programa do concerto, indicando lugar de celebración e contido do mesmo.
5.3. Por instrumentista de orquestras ou bandas profesionais nos últimos dez anos, na
especialidade á que se opta: 0,01 puntos por concerto.
Documentación acreditativa: Fotocopias cotexadas do contrato ou contratos laborais
establecidos coa institución organizadora do concerto. No seu defecto, fotocopia cotexada do
programa do concerto, indicando lugar de celebración e contido do mesmo.
No suposto de instrumentistas que teñan un contrato estable cunha orquestra profesional, a
cuantificación deste subepígrafe farase por anos completos, cunha puntuación de 0,3 puntos
por ano.
5.4. Por cada composición musical orixinal, exenta e editada para un instrumento solista ou
grupo instrumental: 0,2 puntos.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN, ISSN, ISMN ou Depósito legal non serán valoradas,
así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.
5.5. Por cada composición musical orixinal, exenta e editada para orquestra, con ou sen
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 21
solistas: 0,3 puntos.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN, ISSN, ISMN ou Depósito legal non serán valoradas,
así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.
5.6. Por cada composición musical orixinal, conxunta e editada: 0,1 puntos.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN, ISSN, ISMN ou Depósito legal non serán valoradas,
así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.
5.7. Por cada arranxo ou transcrición, exenta e editada para un instrumento solista ou grupo
instrumental: 0,1 puntos.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN, ISSN, ISMN ou Depósito legal non serán valoradas,
así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.
5.8. Por cada arranxo ou transcrición, exenta e editada para orquestra, con ou sen solistas:
0,2 puntos.
Documentación acreditativa: os exemplares correspondentes, ou fotocopias cotexadas. As
publicacións que non consignen o ISBN, ISSN, ISMN ou Depósito legal non serán valoradas,
así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.
5.9. Por cada gravación como solista musical, na especialidade á que se opta (director
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 22
musical, solista individual ou de música de cámara ata formación de trío): 0,2 puntos por
gravación.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada do texto do CD onde conste o programa, os
intérpretes, o selo discográfico e o código de rexistro.
5.10. Por cada gravación como músico de cámara, en formación de cuarteto ou máis
instrumentistas, na especialidade á que se opta: 0,1 puntos por gravación.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada do texto do CD onde conste o programa, os
intérpretes, o selo discográfico e o código de rexistro.
5.11. Por cada gravación como instrumentista de orquestras profesionais, na especialidade á
que se opta: 0,01 puntos por gravación.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada do texto do CD onde conste o programa, os
intérpretes, o selo discográfico e o código de rexistro.
5.12. Por cada premio como instrumentista, director musical ou compositor de ámbito
internacional: 0,2 puntos.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada do premio, con indicación expresa da
institución convocante do certame.
5.13. Por cada premio como instrumentista, director musical ou compositor de ámbito nacional
ou autonómico: 0,1 puntos.
Documentación acreditativa: Fotocopia cotexada do premio, con indicación expresa da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 23
institución convocante do certame.
6. PROXECTO DOCENTE (máximo 7 puntos).
Proxecto docente orixinal, que non terá carácter eliminatorio, cunha extensión máxima de 50
páxinas incluídos os anexos de ser o caso, formato DIN A-4, escritos por unha soa cara, a
dobre espazo, cunha letra tipo times new roman, tamaño 12, marxes 2,5 cm., que faga
referencia aos seguintes aspectos de obrigatorio tratamento:
a) Xustificación legal
b) Obxectivos.
c) Contidos da materia.
d) Metodoloxía pedagóxica.
e) Criterios e ferramentas de avaliación.
f) Bibliografía.
g) Recursos materiais.
O proxecto docente versará para cada un dos perfiles de competencia docente, sobre dúas
das materias que se inclúan neste perfil, sendo unha das materias de entre as relacionadas
na columna A, e outra de entre as relacionadas na columna B, de acordo co disposto no
Anexo III desta resolución, agás na materia de Piano complementario na que só cumprirá
desenvolver o proxecto para dita materia.
A comisión de selección poderá determinar discrecionalmente a defensa persoal do proxecto
por parte do/a candidato/a, do que se advertirá coa debida antelación. O tempo de defensa
non superará os 30 minutos.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 24
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 25
ANEXO III
Perfiles Competencia Docente Materias sobre as que versará o Proxecto (dúas)
A B
Acordeón Acordeón Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Canto Canto Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Clarinete Clarinete Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Contrabaixo Contrabaixo Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Composición
Composición Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Educación auditiva (MT) – Piano
complementario
Educación Auditiva Piano complementario
Fagot Fagot Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Frauta Traveseira Frauta Traveseira Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Guitarra Guitarra Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Historia da música (MT) - Organoloxía
(MT)
Historia da Música Organoloxía
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 26
Musicoloxía
Historia da música antiga e
medieval; Historia da música
moderna e contemporánea
(elixir unha)
Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Óboe
Óboe Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Pedagoxía
Didáctica da Música Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Percusión Percusión Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Piano Piano Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Piano complementario Piano complementario
Práctica Harmónico-contrapuntística
(MT) - Análise (MT)
Práctica Harmónico-
contrapuntística
Análise
Saxofón Saxofón Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Trombón Trombón Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Trompa Trompa Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Trompeta Trompeta Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Tuba Tuba Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Viola Viola Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 27
Violín Violín Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Violoncello Violoncello Unha materia propia da
especialidade ou de conxunto
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 28
ANEXO IV
Cadro de prazas de profesores dos conservatorios superiores de música de Galicia
Perfiles Competencia Docente Número de prazas
Acordeón 1
Canto 4
Clarinete 6
Contrabaixo 2
Composición 6
Educación auditiva (MT) - Piano Complementario (MT) 3
Fagot 2
Frauta Traveseira 4
Guitarra 6
Historia da música (MT) - Organoloxía (MT) 4
Musicoloxía 2
Óboe 2
Pedagoxía 3
Percusión 4
Piano 22
Piano complementario 18
Práctica Harmónico-contrapuntística (MT) - Análise (MT) 4
Saxofón 4
Trombón 3
Trompa 3
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 29
Trompeta 4
Tuba 2
Viola 3
Violín 10
Violoncello 4
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 30
ANEXO IV
Cuadro de plazas de profesores de los conservatorios superiores de música de
Galicia
Perfiles Competencia Docente Número de plazas
Acordeón 1
Canto 4
Clarinete 6
Contrabajo 2
Composición 6
Educación auditiva (MT) - Piano Complementario (MT) 3
Fagot 2
Flauta Travesera 4
Guitarra 6
Historia de la música (MT) - Organología (MT) 4
Musicología 2
Oboe 2
Pedagogía 3
Percusión 4
Piano 22
Piano complementario 18
Práctica Harmónico-contrapuntística (MT) - Análisis (MT) 4
Saxofón 4
Trombón 3
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral 31
Trompa 3
Trompeta 4
Tuba 2
Viola 3
Violín 10
Violoncello 4
Recommended