Practica Elect

Preview:

Citation preview

PRÁCTICA DE MANEXO DO POLÍMETRO

Obxectivos: Utilizar o polímetro e montar diferentes circuítos eléctricos.

Material: Polímetro dixital, resistencias, placa board, cables e fonte alimentación/pila.

Fases:1. Montaxe do primeiro circuíto.2. Medición co polímetro do valor das resistencias3. Conectar pila o circuíto4. Medición co polímetro das voltaxes5. Cálculo da Intensidade do circuíto e da Potencia.6. Repetir o proceso para os diferentes circuítos.7. Comprobar a correcta medición do valor das resistencias

utilizando o código de colores.

Circuíto 1: Conexión en serie de tres resistencias.

Circuíto 2: Conexión en paralelo de tres resistencias.

Circuíto 3: Conexión mixta de tres resistencias.

Polímetros ou multímetros dixitales ou VOM (Voltios, Ohmios, Miliamperímetro)

Ten tres partes principais: pantalla de lectura, selector central de escala e magnitude e orificios de conexión das sondas.

O selector central sirve para escoller a medición máxima que se poderá visualizar e a magnitude que estamos medindo. As sondas deben estar conectadas nos orificios correspondentes.

!!! É moi importante escoller a función e o rango adecuados antes de realizar unha medición. Pódese danar o instrumento !!!

Medida de resistencias.

Para realizar a medida de resistencias debes colocar a sonda vermella no símbolo Ω e a negra en COM. O circuíto debe estar desconectado.

Selecciona Ω no selector de escalas, colocándoo no valor máximo. Se a medida da pantalla é pouco precisa baixaremos o selector ata dar ca medida máis exacta.

Medida de voltaxes.

Para realizar medidas de voltaxes o polímetro debe estar conectado en paralelo e o circuíto conectado. A sonda vermella no símbolo V e a negra en COM.

Selecciona DC no selector de escalas, colocándoo no valor máximo. Se a medida da pantalla é pouco precisa baixaremos o selector ata dar ca medida máis exacta.

Placa board ou protoboard

É unha placa usada para construír prototipos de circuítos eléctricos ou electrónicos. Normalmente utilízanse para a realización de probas experimentais de circuítos en proceso de deseño ou previamente deseñados, xeralmente de forma temporal.Teñen un conxunto de buracos ordenados matricialmente a un paso ou separación, xeralmente, de 2.54 milímetros. Está dividido en dúas áreas principais que son os buses e as pistas.Os buses teñen conexión e polo tanto conducen a todo o longo. As liñas vermellas e azuis indícanche como conducen os buses. Non existe conexión física entre eles é dicir, non hai condución entre as liñas vermellas e azuis.Nos buses afaise a conectar a fontes de alimentación que usan os circuítos. Pola súa banda, as pistas (en morado) provenche puntos de contacto para os pines ou terminais dos compoñentes que colocas no protoboard seguindo o esquemático do teu circuíto, e conducen como están debuxadas. Son iguais en todo o protoboard. As liñas moradas non teñen conexión física entre elas.

Código de colores das resistencias

Sobre as resistencias píntanse unhas bandas de cores. Cada cor representa un número que se utiliza para obter o valor final da resistencia. As dúas primeiras bandas indican as dúas primeiras cifras do valor da resistencia, a terceira banda indica cantos ceros hai que aumentarlle ao valor anterior para obter o valor final da resistencia. A cuarta banda indícanos a tolerancia.

Color da banda

Valor da 1°cifra

Valor da 2°cifra Multiplicador Tolerancia

Negro - 0 1 -

Marrón 1 1 10 ±1%

Vermello 2 2 100 ±2%

Laranxa 3 3 1 000 -

Amarelo 4 4 10 000 -

Verde 5 5 100 000 ±0,5%

Azul 6 6 1 000 000 -

Violeta 7 7 - -

Gris 8 8 - -

Branco 9 9 - -

Dourado - - 0.1 ±5%

Prateado - - 0.01 ±10%

Ningún - - - ±20%

Exemplo:Se unha resistencia ten as seguintes bandas de cores:

vermello amarelo Vermello Ouro

2 4 X 100 +/- 5 %

A resistencia ten un valor de 2400 Ohmios +/- 5 %

O valor máximo desta resistencia pode ser: 2520 Ω

O valor mínimo de esta resistencia pode ser: 2280 Ω

A resistencia pode ter calquera valor entre o máximo e mínimo calculados

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS

Alumn@.............................................................curso...............data.......................

Completa as seguintes cuestions cos resultados da práctica

1. Medir o valor das resistencias individualmente:

R1= R2= R3=

2. Montar circuito en serie:

Rt= V1= V2=

V3= Vt=

3. Montar o circuito en paralelo:

Rt= Vt=

4. Montar circuito mixto:

Rt= R2,3= V1=

V2,3= Vt=

5. Calcular as intensidades nos 3 circuitos anteriores:

SERIE: It=

PARALELO: I1= I2= I3=

MIXTO: I1= I2= I3=

6. Calcular o valor das resistencias polo código de colores:

R1= R2= R3=

Rt serie= Rt paralelo= Rt mixto=

7. Valor téorico da fonte de alimentación/pila: Vt=

8. Calcular as intensidades nos 3 circuitos anteriores cos valores dos puntos 6 e 7:

SERIE: It=

PARALELO: I1= I2= I3=

MIXTO: I1= I2= I3=

9. Calcular Potencia total con valores ideais e reais: