Presencia da fenda Xosé de Cea - PoesiaGalega · 1 Eclesiastés (I, 8). Qohélet. 2 Miña tía...

Preview:

Citation preview

Presencia da fenda

Xosé de Cea

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Cea, Xosé de (2011 [2001]). Presencia da fenda. santiago de Compostela:

a.C. amaía, colección Letras de Cal. Reedición en poesiagalega.org.Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.<http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/862>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Cea, Xosé de (2001). Presencia da fenda. santiago de Compostela: a.C.amaía, colección Letras de Cal.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 29 de maio de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar-

quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais

de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per-

tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al-

ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este

texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co-

laboración de autores e editores.

Xosé de Cea

Presencia da fenda1º PREMIO DE POESÍA LETRAS DE CAL

Xosé de Cea

Presencia da fenda1º Premio de Poesía Letras de CaL

Presencia da fenda Xosé García Rodríguez

Letras de Cal

Ilustración:Anxo Pastor

Edita:A. C. Amaía

Apdo. 142, CompostelaGaliza, xaneiro 2001

Imprime:Litosprint, S.L. - Pontevedra

ISBN: 84-931169-1-2

Depósito Legal: PO-9/2001

©

I. A Fenda

Cal si a atraisón do abismo misteriosaRosalía de Castro

Et la mer à la ronde roule son bruit[de crânes sur les grèves

Saint-John Perse

9

réñomede vertixeao saltar dos cantísá noitevastano marinabranguíbelescuromar de noitependuradona espera na anguria na fuxidada verdadeque presinto.

10

ertixeé o irpara unha alma montesíaao martralo fisterraata o corazónda Fenda.

Paráfrase deturpada de Emily Dickinson

11

aten as ondasescuras na volúbelbeiramar.

O peso da xerfa é a evidencia do baleiro.

12

marfendeumecantís en furnas.Aqueles que críarocha esencialsaben agorada Fenda.

13

uererque un istmode sereasnos inoculeo desexoa navegármono-loperiplomar a dentronon é en sio seu canto?

14

inou a luzco derradeirosolpore do abalodeste océanode tebrasforon testemuñaos farallóns.

15

ungaesa marusíaa penas perceptíbelsibilinaque todo o anega:Fenda,furnas,fisterra...Fun mete-los fuciños no fedor.

16

o báculo da extinciónnon habitou ser algúnas vísceras de alcatrándeste monstro de petróleo.

Cómpre gaivota suicidapra ter constancia do feito.

17

obran as ondas a mortoespiral de bronce antigoas estremas deste océanode atroz volubilidademutan as súas fasquíassegundo as formas dos límites da Vida.

18

inde illas

de arquipélagosafastadísimos

en negras lonxaníasistmos

a dezmarxeometricamente

cursos fluviaispra acadando

ninguresen ningures

finar

19

otarna arelasalabardopra acadarsó galdruchoxeracións enteirasen prearilladaspolo seu sol lamacentoen fonda noite.

20

uixeronencherbaleiro de océanocoas víscerasdos náufragosnos istmose mesmocoas propiasquiméricasventrechas.Xamaisbaleiroencheu baleiro.

21

aiquen pulapor acadarconstelaciónsde sereas.Na singraduranin albiscanafastadísimasestremasde interludioalén vidasempre.Degaxannáufragosde firmamentosna fondurado fuscallo.

22

lgúnsafiúzanse enquillapra superarestes baixíosde carne fósilestratosde arela mortasepultandofría anguriaperenne-vooscamiñosofuscannun deltade tebras.Sonnáufragos fluviais,sedimento último.

23

rreguizode sombraxeadaé todoao mergullarsaberdelazono segredoco devezoembalsamacantísen furnassocavados.

24

strolabios de ferruxee ollos calcinados na salitrepresentesque con mans balorentasofrendancaterva de estadeasaforcadasno seu propio ronsel.

25

esdeixar labirintoe desterraloa corrosión perennede sombrase salobres xeadasconleva implícitarenunciaao achadodo centro.

26

on haicaderno de bitácoraque termeas caducas follasneste outono iconoclasta.

27

tribocismano errático baixeldo eterno retornonas cíclicas vagasde negrume infindanamentresa praiaalicerce da citaniaesfarélaseno vagaroso suicidioda noitesen volta.

28

on mitraque crebea penedía da xerfanon incensoque purgueo fedor da marusíanin altarde pesadafría pedraque transcendaos istmos do naufraxio.Sótransparenteceibe viáticoen senlleiraderrotanon écomungarpresas de salpra golsarseabraiadosna certezada fochanca.

29

índa hoxeno solladodos paquebotes pantasmamomiasdesfáno seusorrisofarrapentode fuscallocara a nósen efluviosde foiradendefosaen océanosde formol.

30

ecemosinúteis farrapose enchémolosde medo e anguriaata acadarenrango de rostrosvizososde aceno escualoe alentadoscoescuro salobre sanguedevougos corazónsque xa cortanvagasno fisterra.

31

emorarunha postrema notano caderno de bitácora,guindar pola bordaastrolabios e sextantese derrotar cara a eidos sen luzdeixando os cantísen sombra.Na erma singraduraproclamaransebaleirofendana escrita dos ronseis,sen lúas nin horizontes posíbeisque deveñan en ciclos,na perenne monotoníada desidianeste martan salgado como as bágoas,naufragandoa cada milla,quizais imaxinando istmos,quizais imaxinando astros,ata que asomnámbula inconscienciaarribeao derradeiro océano,

32

tan afastado de toda vidaque unha vida xa non chegapra transgrediloou rexeitalo,e fícase nel,e inoculaun vagaroso fuscallode suicidios,sen saber,fenecendo e finandopor finna fin,alén furnas e fisterras,alén todo,ata adefinitivainfalíbel nada.

II. Na fenda

35

euronas licuadas pingandotempo gris na clepsidra da existenciavasta queila de orballo somnolentoescoa de parálise ante os duros cristais da realidadeextorsionado no desexodunha posíbel rebeliónque esnaquice a xeometría do caosen anacos tan ínfimosexequias aos espacios de silencio.

36

troz quimioterapiana raia a ningureseste ou aquel ou aqueloutro desertoonde enterra-los pés na lamae agarda-lo velenode augas estancadasnoutra liña de sombracíclica ou latexar de mortearañeira cosida nas retinasonde viúva negrainocula a constancia suicidade ser alguén na ambigua certezada paranoia críbel e aceptada.

37

risol de caosciscado aos catro ventos de multiplicidaderenxen as miñas articulaciónsun rumor de queilanarquíamanipulando a hipótese conscienciaif the doors of perception were cleansed...¿E a chave?teño nas mansa cinza da sombra da mentiracoa que espremo o cerebrono fastío monomórfico cotiáncalquera vila apodrentadaé opio ao seu poboe fende as miñas carnesguindándollas ao tediocon gadoupas rañaceos.A verdade da nogueira de albae os electro-shocks da vella montañaterman do pulso vital da estadeaque a penas acerto a serna cova da Hidra melancolíaesgrevio encefalograma de loucuraampeando nun punto indefinidodo escuro túnel submarinoheart of darknessno que vivimos sós como soñamose onde soñamos cómo vivirmos

38

monicreques cousificadoslambendo o caramelo de desexocando o melmoria devén nun fellonxano.

39

aigames furando baleirona incerteza nómada da posibilidadesachando ventoremexendo ventocravuñándolle gadoupas na buscaao ventoun tempo pra buscar e un tempo pra perdertempo pra buscartempo pra ofuscartempo pra buscar e non atopar nadatempo pra perdernadaeterno retornoaos arrabaldos da espiralesmolando faíscasda totalidade incertaalone, alone, all all alone alone on the wide wide Seavelame roto en pairo desoladoinconformista na conformidadedo absurdomalsá paciencia paranoicaque me fas ver silenciosonde só habita o baleiro,raigames furando baleiro.

40

rquivoltas de desesperaciónmosaico ciclocancrocadafalso de espellosclonando tumbasonde ergo os tocóns nun prece mudoá absoluta xordeiraaturar este pesode berce mutiladoembigueira de mar terríbelsen máis substrato nas raícesque a vertixe do medoenvurulladona constancia do planctomillóns de millonésimas de mortetea de pel furadaterra decapitada que me extingue.

41

1 Eclesiastés (I, 8). Qohélet.

2 Miña tía Hermitas berrándolles aos porcos da ceba.

iario Secreto de Hermitas Vázquez Mendoza.

Tódalas verbas se esgotan:ninguén acada a expresarse.1

¡Calade, calade!2

III. Tras Fenda

45

exeitado da túa mesaasumo o enigmático arrolodo camiñoe acadarte furtivona delongada noite de buscaonde o máis afastado dos niñosé redención da morte vesaniaesperanza sen verbainsignificanteno tumulto voraz da queilasignificas.

46

uizais

TI

só sexasque o pulodo corazónesculpa a vidasen xugos nin louvanzaspero non hai ninguénque corroboreeste azardo ubicuo.

Este libro rematouse de imprimir nos talleres de Litosprint

cando se facían 115 anos do nacemento de Castelao

na vila de Rianxo

Xosé de Cea naceu en Barcelona un martes trece de ou tubro de 1970. Fillo de emigrantes que o deron to-do polos seus fillos e que regresaron en 1984 á Te rra que os viu nacer: Palas de Rei. O seu paraíso per dido soa coma o arabesco nº 1 de De bussy no lu minoso Mediterráneo ou o rumor de auga e follas nos vizosos bosques de Ribeira da Ulloa. Só unha pa tria posíbel, Soqui, «coma peirao quedo en bravías augas». Presencia da fenda é o seu cuarto poemario e o pri meiro que publica. Desarraigo, dispersión, ba lei ro, bus ca... fenda. Como a vida mesma.

Recommended