PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU · Para poder acceder á Universidade a nota media ser, como...

Preview:

Citation preview

Oficina de Información Universitaria – OiU Teléfonos: 881 81 20 00 – 881 81 10 00

www.usc.gal/oiu - oiu@usc.es

PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU

o ESTRUTURA DA PROBA:

A proba consta de dúas fases: Xeral e Específica.

Fase Xeral: De carácter obrigatorio, ten validez indefinida.

Esta fase consta de 5 exercicios:

• O primeiro exercicio consiste no comentario dun texto relacionado coa materia deLingua e Literatura Castelá.

• O segundo exercicio consiste no comentario, dun texto relacionado coa materia deLingua e Literatura Galega. Nota: o alumnado que estea exento de Lingua e LiteraturaGalega nalgún dos dous cursos de bacharelato ou non cursase en Galicia algún dosdevanditos cursos non terá que facer este exercicio .

• O terceiro exercicio versa sobre unha das seguintes materias elixida polo alumno:Historia da Filosofía ou Historia de España.

• O cuarto exercicio de lingua estranxeira, a elixir polo alumno entre: alemán, francés,inglés, italiano ou portugués.

• O quinto exercicio corresponde a unha materia de modalidade de segundo debacharelato elixida libremente polo alumno.

Fase Específica: De carácter voluntario, ten validez durante dous cursos académicos.

Nesta fase, o alumno pode examinarse dun máximo de catro materias de modalidade de segundo de bacharelato, elixidas libremente, distintas da realizada no quinto exercicio da fase xeral, salvo cando o alumno se examina das dúas fases en diferente convocatoria.

É aconsellable ter en conta as materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para a nota de acceso aos estudos que se desexen realizar.

o NOTA DE ADMISIÓN:

Para poder acceder á Universidade a nota media de acceso debe ser, como mínimo, de 5 puntos.

Para calcular dita nota media hai que multiplicar a nota do expediente de Bacharelato por 0,60 e sumala á cualificación da Fase Xeral das PAU multiplicada por 0,40. É necesario que a nota da Fase Xeral das PAU sexa, como mínimo, de 4 puntos.

Nota de acceso = 0,6*NMB + 0,4*CFG

o NMB = Nota media do Bacharelato

o CFG = Cualificación da fase xeral

• CFG ≥ 4

Non obstante esta nota de acceso pode ser mellorada coas cualificacións das materias examinadas na Fase Específica con cualificación superior a 5, mediante a seguinte fórmula:

Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFG + a*M1 + b*M2

o NMB = Nota media do Bacharelato

o CFG = Cualificación da fase xeral

o M1, M2 = As cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase

específica que proporcionen mellor nota de admisión

o a, b = Parámetros de ponderación das materias da fase específica

o REPETICIÓN DA PROBA E VALIDEZ DA MESMA:

É importante que os estudantes coñezan que:

• Poderán presentarse cantas veces o desexen para superar a cualificación da fase xeral e/ou da fase específica.

• A superación da fase xeral outorga acceso á universidade de maneira indefinida. • As materias superadas na fase específica teñen validez no curso que se superan e no

seguinte (poderanse usar nos procesos de admisión de dous cursos). Transcorridos eses dous cursos caducan as cualificacións da fase específica.

Recommended