View
212
Download
0
Category
Preview:
DESCRIPTION
Programa provisional Grecia 2013 Actividade Extra-Académica Universidade de Vigo
Citation preview
Despois das experiencias previas do England Archaeological Tour 2010, da Türkiye 2011 Arkeoloji Eğitim Gezisi e mais do 3º Archäologischen Studienreise Deutschland 2012, o LAUV e mais a Delegación de Alumnos de Historia propoñemos a realización neste curso dunha nova viaxe de estudos arqueolóxicos: a Τέταρτη περιοδεία των αρχαιολογικών μελετών: Ελλάς 2013.
Como sempre, a filosofía que inspira estas viaxes culturais é que sexan diferentes, esto é, totalmente autoxestionadas, bastante alternativas e o mais low cost posible, moi lonxe dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. DATAS
Venres 08/02/2013 – Domingo 17/02/2012 [9 días durante a semana do Entroido] CARACTERÍSTICAS
Billetes de avión low cost: Lufthansa Madrid-Atenas-Madrid (por Frankfurt).
Desprazamento Ourense-Madrid (ida e volta) en automóbiles particulares achegados polos participantes, incluíndo gastos de gasolina, autoestrada e parking de longa duración en Barajas.
Desprazamentos por Grecia en automóbiles alugados (clase económica de 5 prazas e/ou furgonetas de 9 prazas), gastos de gasolina, autoestrada e parking incluídos.
Aloxamento en albergues e/ou hostais en cuartos múltiples, con ou sen baño no cuarto e normalmente co pequeno almorzo incluído.
Manutención por libre (non incluída no orzamento da viaxe). O habitual é aprovisionarse adecuadamente e facer as comidas nos sitios ou polo camiño; as ceas soen ser “de sentado” nas cidades onde se pernocta.
Xestión de entradas reducidas ou gratuítas nos xacementos, monumentos e Museos a visitar. PRAZAS
Máximo de 27 prazas disponibles (= 3 furgonetas de 9 prazas).
Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento, proxectos). Tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras licenciaturas afines da Uvigo e/ou doutras universidades.
PROGRAMA (provisional)
Venres 8 de febreiro VIAXE • Saída de Ouense (00:00) • Desprazamento automóbiles particulares Ourense-Madrid (00:00-06:30) • Avión Madrid-Atenas (08:20-17:00) • Desprazamento aeroporto-Atenas en transporte público (metro ou autobús) • Aloxamento en Atenas
Sábado 9 de febreiro ATENAS
• Visitas Atenas cidade (Acrópole e novo Museo, Museo Arqueolóxico Nacional, Ágora grega e romana, Biblioteca Adriano, Teatro Dionisio, Cerámico, Museo Bizantino, etc)
• Desprazamentos en Atenas (se fosen necesarios) en transporte público • Aloxamento en Atenas
Domingo 10 de febreiro ATENAS • Visitas Atenas cidade (Acrópole e novo Museo, Museo Arqueolóxico Nacional, Ágora grega e romana,
Biblioteca Adriano, Teatro Dioniso, Cerámico, Museo Bizantino, etc.) • Desprazamentos en Atenas (se fosen necesarios) en transporte público • Aloxamento en Atenas
Luns 11 de febreiro PELOPONESO
• Alugueiro de automóviles (08:00) e desprazamento ata a Argólida (Peloponeso oriental) • Visitas ós xacementos/museos de Epidauro, Tirinto, Micenas e Corinto • Desprazamento de volta e aloxamento en Atenas
Martes 12 de febreiro GRECIA CENTRAL/MACEDONIA
• Desprazamento ata Delfos (Grecia central) • Visita ó xacemento/museo de Delfos (santuario helénico) • Desprazamento ata Monte Olimpo (Macedonia) • Visita ó xacemento/museo de Dion (cidade grecorromana) • Desprazamento e aloxamento en Tesalónica
Mércores 13 de febreiro TESALÓNICA
• Visitas Tesalónica cidade (Murallas, Arco Galerio, igrexas bizantinas, Museo Arqueolóxico, etc.) • Aloxamento en Tesalónica
Xoves 14 de febreiro MACEDONIA • Desprazamentos pola rexión de Macedonia • Visita ós xacementos/museos de Vergina (necrópole real macedonia), Pella (capital macedonia) e Olinto
(cidade grega) • Desprazamento e aloxamento en Tesalónica
Venres 15 de febreiro TESALIA
• Desprazamento ata Kalambaka (norte de Tesalia) • Visita ós mosteiros rupestres medievais de Meteoras • Desprazamento ata Grecia central ou Ática • Aloxamento en Lamia, Chalkida ou Atenas
Sábado 16 de febreiro ÁTICA
• Desprazamentos pola rexión de Ática • Visita ós xacementos de Pentélico (canteiras mármore), Laurion (minas de prata) e Sunio (templo
Poseidón) • Entrega de automóbiles e noite no aeroporto
Domingo 17 de febreiro VIAXE
• Avión Atenas-Madrid (06:30-15:35) • Desprazamento automóbiles particulares Madrid-Ourense (16:00-22:30) • Chegada a Ourense (22:30)
ORZAMENTO (provisional)
o Automóbiles particulares Ourense-Madrid-Ourense (gasoil+autoestrada+parking) 032 €/persoa o Avión Madrid-Atenas-Madrid (e-dreams con Lufthansa) 163 €/persoa o Automóbiles Grecia 6 días, luns a sábado (alugueiro+gasoil+autoestrada+parking) 064 €/persoa o Metro aeroporto-Atenas (08-02-2013) 008 €/persoa o Albergues Grecia 8 noites (ca. 18€/persoa/noite) 144 €/persoa o Entradas Xacementos/Museos 024 €/persoa o Varios e imprevistos 020 €/persoa
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- TOTAL 455 €/persoa
PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN E PAGAMENTO
Tódolos interesados/as deberán preinscribirse telemáticamente ó traverso do blogue http://viaxesarqueou.blogspot.com.es, cubrindo e enviando os datos solicitados na ficha de inscrición. O prazo para facelo remata o domingo 28 de outubro de 2012. Neste blogue se informará puntualmente de tódalas novedades e asuntos relevantes que afecten á viaxe.
Aos preinscritos se lles comunicará persoalmente, por mail, a admisión definitiva na viaxe (ou se fican en lista de espera) e o sistema e prazos de pagamento. Previsiblemente, o primeiro prazo (necesario para comprar os billetes de avión) será de ca. 200 € na primeira quincena de novembro. Os prazos seguintes se comunicarán oportunamente, correspondéndose exclusivamente cos gastos dos que haxa que adiantar o diñeiro (reservas de aloxamento, alugueiro de automóbiles, etc.). Aquela parte do orzamento que non precise ser adiantada poderá ser pagada ata inicios de febreiro de 2013.
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Recommended