View
1.431
Download
11
Category
Preview:
Citation preview
RESUMO DO LIBRO “ O TRASNO DA CATEDRAL DE SANTIAGO”
Un home chamadoBartolo ía paseando cando atopou un señor, case morto, tirado nun
banco, e Bartolo preguntoulle se estaba ben. O home respondeulle que estaba
morrendoe necesitaba pedirlle un favor: que fora á Catedral de Santiago de Compostela
e que alí había un trasno ao que lle tiña que entregar unha carta porque o trasno
concedía desexos.
Bartolo dixo que iso era imposible e o señor deulle a carta, unha chave e uns papeis
afirmando a teoría do trasno e tamén poñía qe se vería o día 18 dese mes cando se
producise unha eclipse.
O home morreu . Días despois, Bartolo seguía mirando os escritos, ata que decidiu que
todo iso era verdade e ía ir a Santiago.
Era casualidade que a muller que lle gustaba a Bartolo , Loliña, tamén era de Santiago e
con isto el e ela puideron manter unha conversa.
Un día Bartolo colleu o tren cara a Santiago, e neste mesmo había un grupo de rapaces
que foran coa escola visitar a cidade. Un deles fedellou nos escritos de Bartolo e el
enfadouse.
Cando chegaron ao seu destiño, Bartolo fixo o plan que estaba escrito nos documentos
do vello que morrera para conseguir entrar na torre na que ía estar o trasno sen que o
garda o descubrise, e así o fixo, só que mentres estaba facendo o plan, Diego, o rapaz
que lle andara nos escritos no tren estaba alí porque tamén quería ver ao trasno e
pedirlle un desexo.
Despois de moito enredar e estar a punto de que os descubrise o garda, por fin lograron
chegar á porta que conducía á torre. A porta estaba pechjada, pero abrírona grazas á
chave que tamén lle dera o home morto.
Cando aconteceu a eclipse, o trasno apareceu e Bartolo deulle a carta. Ésta poñía que se
por favor podía que volvera agromar unha mimosa que tiá na súa casa condo era rapaz,
e así foi, o trasno concedeullo.
Diego díxolle o seu desexo, que era ter a agulla dun costureiro para sua nai, e así ela
poder coser mais rápido, ero o trasno dixo que só concedía un desexo e fora xa o da
carta, aínda que despois concedueullo tamén e o neno quedou moi contento .
Respecto a Bartolo, volveu para a súa terra e casou con Loliña.
Xiana Nieves- 1º C
Recommended