Río Arnoia

Preview:

Citation preview

Río ArnoiaRío Arnoia

É o río máis longo (87 km) e coa cunca máis ampla da provincia de Ourense.

Concellos de Vilar de Barrio, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Verea, Ramirás, Gomesende e A Arnoia.

CUNCA

Superficie da cunca: 923 km2

CLIMAAtlántico con influencias mediterráneas

RÉXIMEPluvial, e nival en pequena proporción,

con augas altas no inverno.

Enchente en Baños de Molgas

NACEMENTO: Serra de San Mamede na parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio-Ourense).

PRADO

ARNUÍDE

PORTO

BAÑOS DE MOLGASMaceda

Tioira

Ambía

AMBÍA

XUNQUEIRA DE AMBÍA

Área recreativa e praia fluvial de O Veiro en Xunqueira de Ambía.

Canón do Arnoia en Xunqueira de Ambia.

O Arnoia en Xunqueira de Ambía.

ALLARIZ

O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se conservan os restos de varios muíños.

Canón do Arnoia no lugar de Muíño dos Mouros en Rubillós. Ponte Ermida

O Arnoia en Rubillós.

Ourille

O Arnoia no Freixo, entre Celanova e Cartelle.

Ourille

A Bola

O Arnoia na Pontenova (entre Ramirás e Cartelle)

Tuño

As Ellas

Gato

Desembocadura do río do Gato no Arnoia.

Canón do Arnoia entre os concellos de Gomesende, Cortegada, Cartelle e A Arnoia.

O Arnoia na Peneda.

Área recreativa do Inquiau (A Arnoia)

Ponte Arnoia (A Arnoia)

DESEMBOCADURA: Río Miño, entre Portocarreiro e Quinteiros (Arnoia).

XEOLOXÍADesde o seu nacemento ata xuntarse co Miño salva un desnivel de 1550 m e encáixase en numerosos tramos. As rochas dominantes son os granitos.

Antes de chegar ao concello da Arnoia forma

un canón de 7 km de lonxitude onde salva un desnivel de 300 metros,

entre penedías e fragas.

Fervenza da Peneda. O río salva unha altura de 7-8 m nun penedo granítico para caer nunha inmensa poza. Toda a zona atópase moi afectada pola existencia de varias instalacións de centrais eléctricas no cauce e nas marxes do río.

FLORA

A vexetación da zona é a típica das ribeiras. Ao ser un río de percorrido longo atopamos áreas con características moi variadas. Ao longo do curso do río atopamos bosques de ribeira con salgueiros, amieiras, freixos, avelairas, loureiros, sanguiños, estripos, carballos, cerquiños... e unha gran variedade de fentos, brións e outras plantas de zonas húmidas (xuncos, espadainas, lirios amarelos, espigas de auga, oucas, lentellas de auga, pe de boi...) Nas zonas máis encaixadas mantéñense áreas de bosque autóctono.

Xuncos Salgueiros e espadanas

Amieira (Alnus glutinosa) e detalle de froitos e flores inmaduras.

Espadaina (Typha latifolia). Atópase á beira das augas quedas.

Platanaria (Sparganium neglectum)

Brións e saxífragas no toro dunha árbore, na zona húmida e sombriza do bosque de ribeira.

Fento (Blecnum spicant)

Algunhas árbores senlleiras

Carballos no Parque de Baños de Molgas

Castiñeiros en Covas do Río

FAUNANo río podemos atopar peixes (troitas), reptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxas...), lesmas, sapos, insectos...

Eiruga de esfinxe dos salgueiros

(Smerintus ocellata).

Merlo rieiro (Cynclus cynclus). Rá (Rana perezi) e lentellas de auga nunha zona remansada.

Patinadores ou zapateiros (Gerris lacustris)

Parella de gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula).

ESPAZOS PROTEXIDOSRESERVA DA BIOSFERA: Terras de AllarizLIC: Bidueiral de Montederramo, LIC Río Arnoia

O LIC Río Arnoia (pendiente de aprobación): abrangue a case totalidade do curso do río Arnoia desde Calvelo (Baños de Molgas) ata a desembocadura no Miño, uns curtos tramos nos afluentes Tioira, Meván e Gato, as Brañas de Calvelo, os montes de Requeixo e Casnaloba, o val entre Allariz e Freixo, os cavorcos de Escudeiro e o val do río e afluentes na Arnoia.

APROVEITAMENTOCaptación de auga para regas, subministro urbán e produción de enerxía; lecer, pesca deportiva...

O Arnoia foi intensamente aproveitado para mover todo tipo de mecanismos tradicionais e máis tarde para xerar enerxía eléctrica en minicentrais.

Presa de Rubillós.

Muíño en Ponte Fechas

En Baños de Molgas, á beira do Arnoia abroian dous mananciais de augas termais a Burga e a Fonte quente. Son augas untuosas ao tacto, bicarbonatadas-sódicas, con calcio e silicatos cunha temperatura de entre 28ºC e 49,5ºC. Estas termas foron usadas polos romanos e por aquí pasaba a Vía Nova que comunicaba Braga con Astorga.

Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.

Museo do Coiro, en Allariz. Este museo está integrado nunha rede de instalacións relacionados co aproveitamento do río Arnoia recuperadas como elementos culturais.

Ecoespazo do Rexo en Requeixo de Valverde (Allariz). Acolle unha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola, sobre un espazo natural recentemente acondicionado. É un lugar de ocio que integra no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha queixaría.

O Arnoia na área recreativa de Baños de Molgas.

DATOS HISTÓRICOSAs beiras do Arnoia foron poboadas desde tempos moi antigos. Por Baños de Molgas pasaba unha vía romana. Ao longo do curso consérvase un rico patrimonio artístico e etnográfico: pontes, muíños, curtidurías, igrexas...

Baños de Molgas

Ponte romana do Freixo (entre Celanova e Cartelle). Declarada monumento histórico-artístico. Por ela pasaba un dos ramais secundarios da Vía romana XVIII do Itinerario Antonino.

Pontes e pontellas

Arnuíde

Arnuíde

Allariz Arnuíde

O Arnoia en Xunqueira de Ambía.

TRADICIÓNS-LENDASLenda da troita raíña: no pozo "Isabel" en Grixó, no río Arnoia hai unha troita raíña.As troitas e os salmóns eran considerados en Galicia animais máxicos, peixes de sabedoría e sagros, pois vivian nas augas limpas, coñecían os ciclos e percorridos dos ríos, remontando fervenzas, salvando remuiños e correntes.

PROBLEMASContaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas.Alteración do curso e dos ecosistemas por centrais eléctricas.Presenza de especies exóticas.

Escalas para os peicxes nunha central eléctrica.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Recommended